Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se engade un anexo V á Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia
NORMA CONSOLIDADA
Mediante a Orde do 18 de outubro de 2010 establecéronse os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia. Procede incluír na relación de centros e postos cualificados de especial dificultade aos centros de menores.
En consecuencia, esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade
DISPÓN:
Artigo único. Engádese un anexo V á Orde do 18 de outubro pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia coa seguinte redacción:
ANEXO V
Centros de menores
Disposición derradeira. Efectos da presente orde
Única.
Esta orde terá efectos desde o día 1 de setembro de 2010.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.