lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia.

Publicado en: DOG 45 06/03/2000

Departamento: Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

Estado: En vigor

PDF

Modificacións
Segundo a disposición derradeira terceira do Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, todas as referencias que se realicen no Decreto 42/2000 á quot;Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventudequot;, deberán entenderse no actual decreto como quot;Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariadoquot;.
En canto non se procede a constituír o Observatorio Galego da Familia e da Infancia continuarán en vigor a sección II, capítulo II, título I, do Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia, así como o Decreto 184/2008, do 24 de xullo, polo que se crea o Observatorio Galego da Infancia.

A familia é unha das estructuras básicas da integración social, que é obxecto dunha protección integral no artigo 39 da Constitución española, que impón ós poderes públicos a obriga de dispensarlle unha protección xurídica, económica e social. Este precepto supón un dobre cambio cualitativo: lexitima unha actuación pública de protección familiar comprensiva dun conxunto de políticas de contido plural -dada a súa conexión cos campos do traballo, da cultura, da vivenda, da sanidade, etc.- e, ó mesmo tempo, supera a antítese público-privado no ámbito do dereito da familia.

Pola súa parte o Estatuto de autonomía de Galicia lexitima a actuación lexislativa da Comunidade Autónoma no campo da protección da familia, da infancia e da adolescencia nos títulos competenciais xenéricos de asistencia social e de promoción do desenvolvemento comunitario (artigo 27, números 23º e 24º), dos que o primeiro deles deu lugar ás transferencias de funcións nas materias de servicios e asistencia sociais (Real decreto 2411/1982, do 24 de xullo) e de institucións de protección e tutela de menores (Real decreto 1108/1984, do 29 de febreiro).

Con base na referida atribución competencial, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais (DOG nº 76, do 23 de abril), que ordena e regula os aspectos básicos dun sistema integrado de protección social, definido como servicio público da Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo como área especializada de atención social a de familia, infancia e xuventude. No que aquí interesa como consecuencia desta lei e das modificacións organizativas da Xunta de Galicia dictouse o Decreto 134/1994, do 13 de maio, polo que se modifican os decretos 437/1990 e 120/1992, polos que se crean as comisións técnicas interinstitucionais sobre o menor e a Comisión Galega Interinstitucional do Menor, respectivamente, e a Orde do 19 de marzo de 1996, pola que se establece a composición da Comisión Galega Interinstitucional do Menor.

En resposta ás novas necesidades e á demanda na sociedade de cambios substanciais lévase a cabo unha reforma das institucións reguladas no Código civil, recollendo o espírito dos tratados internacionais ratificados por España, especialmente a Convención dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas do 20 de novembro de 1985 e o convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional feito na Haia, do 29 de maio de 1993, ámbolos dous ratificados por España.

Así promúlgase a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil.

Para adaptar algunha das previsións recollidas neses convenios internacionais ás competencias da Comunidade Autónoma publicouse o Decreto 34/1996, do 12 de xaneiro, polo que se regula a habilitación de entidades colaboradoras de adopción internacional.

Así mesmo, de acordo coa Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, díctase a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia (DOG nº 118, do 20 de xuño) que establece un marco normativo xeral de actuacións públicas en materia de protección e asistencia á familia, á infancia e á adolescencia, así como a protección e asistencia dos menores que se atopen nunha situación de posible desprotección, desamparo ou conflicto social, sen prexuízo da competencia estatal naqueles aspectos institucionais que sexan da súa exclusiva competencia.

Froito desa actuación pública e como consecuencia do desenvolvemento da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia, publicouse toda unha serie de decretos:

-Decreto 202/1997, do 24 de xullo, polo que se crea o Observatorio Galego da Familia, modificado polo Decreto 186/1998, do 11 de xuño.

-Decreto 279/1997, do 1 de outubro, polo que se regulan os gabinetes de orientación familiar.

-Decreto 172/1998, do 5 de xuño, polo que desenvolve a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia, no relativo a réxime sancionador.

-Decreto 169/1999, do 14 de maio, polo que se regulan as medidas de protección de menores e a adopción.

Da relación de disposicións expostas despréndese a dispersión normativa existente sobre esta materia; por iso, dentro do programa de racionalización normativa, razóns de índole práctica aconsellan unificar e refundir nun único texto legal as disposicións regulamentarias anteriormente citadas, ó tempo que se aproveita a ocasión para facer aquelas adaptacións ou actualizacións necesarias, fundamentalmente procedementais debido ás modificacións feitas pola Lei 4/1999 á Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Preténdese con este labor de racionalización normativa favorece-la seguridade xurídica do cidadán respecto á normativa aplicable a esta materia, ó mesmo tempo que se aspira a conseguir unha maior facilidade e axilidade á hora de manexa-los textos normativos.

Sistematicamente, o decreto articúlase nun título preliminar e tres títulos máis, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións derradeiras.

No título preliminar articúlanse disposicións comúns sobre a planificación de actuacións e a programación de recursos, así como os principios rectores da actuación dos poderes públicos de Galicia en materia de asistencia e protección da familia, da infancia e da adolescencia, para concluír cunha referencia ás competencias autonómicas e locais así como ás funcións de colaboración.

O título I recolle a normativa sobre o Observatorio Galego da Familia e os gabinetes de orientación familiar. O primeiro, concibido como instrumento de análise e coordinación das políticas autonómicas dirixidas á familia, mentres que os gabinetes de orientación familiar se conciben como recurso especializado no apoio e promoción da calidade familiar, e na atención das diferentes situacións problemáticas ou de risco á continuidade da adecuada convivencia familiar.

O título II dedícase a regula-la protección do menor, tanto desde a perspectiva da prevención como desde o punto de vista das medidas de protección. Abórdanse detalladamente as distintas modalidades de protección existentes nos supostos de situacións de desamparo de menores: a tutela, a garda, o acollemento familiar e o acollemento residencial. Do mesmo xeito, entra detalladamente no capítulo cuarto deste título na regulación da adopción como institución que lle permite ó menor integrarse nunha familia cos mesmos dereitos e deberes que un menor nacido no seu seo. O capítulo V contén a regulación para a habilitación das entidades colaboradoras de adopción internacional. E finalmente, os capítulos VI e VII recollen como órganos colexiados a Comisión Galega Interinstitucional do Menor e as Comisións Técnicas Interinstitucionais sobre o Menor.

No contido do título III intégrase a tipificación das infraccións establecendo un réxime sancionador co fin de que a protección que ofrece este regulamento non se vexa impunemente burlada por aquelas persoas ou entidades que atenten contra os dereitos nela recoñecidos.

Por todo o exposto, por proposta da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de xaneiro de dous mil,

DISPOÑO:

TÍTULO PRELIMINAR Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

1. É obxecto deste regulamento a refundición da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia, referida á protección integral dos menores que residan ou se atopen transitoriamente no territorio da dita comunidade; así como da relativa ó establecemento dos requisitos de habilitación das entidades colaboradoras de adopción internacional que leven a cabo servicios de mediación e que teñen como finalidade a integración dos nenos e adolescentes nunha familia.

2. Do mesmo xeito refúndense no presente articulado as normas reguladoras das institucións de promoción e apoio á familia, así coma a tipificación das infraccións e sancións que se orientará, en todo caso, á persecución dun sistema de protección onde rexa o pleno respecto ós principios inspiradores dos dereitos que nesta norma se protexen.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

1. Son familias, para os efectos deste regulamento, os conxuntos de persoas unidas por vínculos de matrimonio ou de parentesco, ou as unidades de convivencia cando constitúan núcleos estables de vida en común.

2. Para os efectos desta norma, enténdese por infancia o período da vida das persoas comprendido desde o nacemento ata a idade de 12 anos e, por adolescencia, desde a dita idade ata a maioría establecida por lei.

Artigo 3º.-Principios rectores.

Serán principios rectores da actuación dos poderes públicos de Galicia no exercicio das funcións de asistencia e protección á familia, á infancia e á adolescencia:

1. O respecto ós dereitos da familia, da infancia e da adolescencia recoñecidas na normativa vixente.

2. O impulso dunha política integral de apoio á familia que teña en conta as súas necesidades básicas e as dos seus membros, tales como a vivenda, a educación, a cultura, a saúde e o traballo, de xeito que lles permita alcanza-la plenitude do seu desenvolvemento e autonomía.

3. A primacía do interese do neno e da nena e da adolescencia sobre calquera outro interese que inspirase as actuacións públicas ou privadas encargadas da súa protección.

4. O favorecemento da integración sociofamiliar dos menores, procurando, sempre que sexa posible, a permanencia no seu ámbito familiar e contorno comunitario.

5. A estimulación do desenvolvemento persoal dos nenos e das nenas, da adolescencia e dos restantes compoñentes da familia, así como a potenciación de tódolos ámbitos de socialización que lles son propios.

6. A globalización no estudio da problemática da familia, da infancia e da adolescencia, e na aplicación dos programas e das medidas tanto preventivas coma paliativas.

7. A aplicación racional dos recursos normalizados, xa sexa a través dos servicios primarios ou dos especializados.

8. O fomento da solidariedade e da sensibilidade social ante os problemas que afecten a familia, a infancia e a adolescencia.

9. A coordinación de actuacións con todo tipo de organismos e institucións, públicas ou privadas, que interveñan na protección, defensa e atención á familia, á infancia e á adolescencia, promovendo criterios comúns e actuacións múltiples nas ordes familiar, educativa, sanitaria, cultural e social.

10. A confidencialidade de tódalas actuacións que promovan as administracións públicas e institucións privadas en interese e defensa da infancia e da adolescencia.

11. A planificación das políticas de apoio á familia inspirarase no principio de responsabilidade pública, así como nos de universalidade, pluralidade, participación, autonomía persoal e social e solidariedade.

Artigo 4º.-Atribución de competencias.

1. A Xunta de Galicia, no exercicio das competencias que ten atribuídas na materia deste regulamento, e a través das consellerías competentes, levará a cabo:

a) A dirección, planificación, programación e ordenación de obxectivos e medidas, regulamentarias e de xestión, así como a coordinación de actuacións.

b) A xestión pública do procedemento adoptivo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) A avaliación e o seguimento dos programas de asistencia e protección á infancia e á adolescencia, así como a promoción do seu ambiente familiar.

d) A autorización, habilitación, inspección e control das entidades e dos centros que presten servicios de atención á familia, á infancia e á adolescencia.

e) A creación e xestión dos centros e programas que pola súa natureza, ámbito ou outras circunstancias concorrentes asuma a Administración autonómica.

f) A tutela dos menores desamparados e o exercicio das funcións de protección deles segundo a lexislación vixente.

2. Os municipios, sen prexuízo do disposto na lexislación de réxime local e na Lei galega de servicios sociais, exercerán as súas competencias en materia de protección á familia, á infancia e á adolescencia a través das seguintes actuacións:

a) A participación na detección das necesidades de carácter sanitario, educativo, económico, sociolaboral, familiar ou outras análogas que afecten as familias, os nenos e as nenas e os adolescentes e as adolescentes que residan no seu territorio.

b) A provisión directa de servicios e prestacións destinados ás familias residentes no respectivo territorio que presenten aspectos carenciais.

c) O fomento da participación das familias nos asuntos públicos que directamente as afecten.

d) A información e orientación acerca dos recursos destinados á familia, á infancia e á adolescencia, xa sexan de carácter primario ou especializado.

e) A prevención, apreciación e intervención nas situacións de risco nas que poidan atoparse os menores, de conformidade co disposto no artigo 17 da Lei orgánica 1/1996,de protección xurídica do menor, así como a colaboración no seguimento das medidas de protección adoptadas pola Xunta de Galicia, todo isto sen prexuízo das competencias que esta ten na materia. Para tales efectos, a Xunta de Galicia prestaralles ós municipios a asistencia técnica necesaria para o efectivo cumprimento destas funcións.

3. Ás deputacións provinciais, de conformidade coas competencias que lles atribúe a lexislación de réxime local, a Lei galega de servicios sociais e a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia, correspóndelles garanti- la prestación integral e adecuada, na totalidade do territorio provincial, dos servicios de competencia municipal establecidos no punto anterior, coadxuvando ó seu mantemento e financiamento especialmente respecto dos municipios de menos de 20.000 habitantes, e naqueles casos nos que, para a súa prestación, sexa necesario acudir ás asociacións de municipios.

Artigo 5º.-Deber de colaboración.

1. Todo aquel que teña algunha responsabilidade sobre un neno ou unha nena ou un adolescente ou unha adolescente estará obrigado a dispensarlle a atención e os coidados necesarios, dentro das súas posibilidades, e en función da súa situación, para que poida gozar dunhas condicións de vida dignas que favorezan o seu desenvolvemento integral.

2. Así mesmo, constitúe un deber legal dos cidadáns a colaboración coas autoridades e cos axentes na promoción de actuacións públicas orientadas ós fins da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia e deste regulamento.

TÍTULO I Da protección da familia

Capítulo I Principios rectores

Artigo 6º.-Principios rectores.

1. A Xunta de Galicia coidará do cumprimento dos deberes que a lei impón nas relacións familiares e promoverá o acceso á vida social, cultural e educativa de tódolos seus membros, especialmente daqueles dos que as posibilidades de integración sexan máis difíciles.

2. A Xunta de Galicia, no ámbito da Comunidade Autónoma e no exercicio das súas competencias, garantirá unha protección integral da familia e arbitrará as medidas necesarias para evitar toda discriminación dela ou dos seus membros por razón do seu propio carácter, tanto na orde xurídica coma na económica e social.

3. En cumprimento destes fins, a Xunta de Galicia realizará as seguintes actuacións xerais:

a) Coordina-lo sistema xeral de recursos dispoñibles para a atención das necesidades familiares básicas e promove-la acción conxunta e sistemática dos diversos órganos e entidades da Administración pública galega que teñan atribucións no ámbito da protección familiar co fin de obter unha correcta prestación de servicios.

b) Establece-las condicións de calidade que deban reuni-los diversos centros e servicios de atención familiar e os seus requisitos de funcionamento, así como as condicións para acceder a eles. Así mesmo, prestaralles asistencia técnica ás entidades titulares daquelas.

c) Regular aquelas prestacións, xa sexan económicas ou técnicas, que teñan por obxecto incidir favorablemente nas situacións de carencia familiar.

d) Procurar, a través de planificación e coordinación, unha adecuada cobertura territorial da protección integral ás familias.

e) Integra-las políticas sociais, educativas e sanitarias coa promoción, defensa e tutela da familia.

Artigo 7º.-Actuacións preventivas e asistenciais.

No exercicio destas competencias, a Xunta de Galicia, por si ou en colaboración coas corporacións locais e cos axentes sociais, se é o caso, desenvolverá as seguintes actuacións tanto na orde preventiva coma na asistencial:

1. Garantirá a creación de servicios de información e asesoramento ás familias que, a través de persoal especializado, orienten sobre o exercicio da paternidade responsable e a planificación familiar e procuren a busca de solucións adecuadas ás distintas problemáticas que poden darse no seo da familia.

2. Informará, a través de campañas divulgativas e de sensibilización social, sobre as causas máis frecuentes que están na orixe dos procesos de desestructuración familiar, tales como o alcoholismo e a droga.

3. No sistema sanitario desenvolveranse medidas de prevención da minusvalidez, diagnóstico prenatal, seguimento do embarazo e rehabilitación de discapacidades.

4. Fomentará a calidade de vida das familias, elaborando programas que lles faciliten o acceso ós bens de primeira necesidade e ós sistemas ordinarios de atención primaria, todo iso co fin de evita-la exclusión social.

5. Desenvolverá a través do sistema educativo medidas orientadas a implicar directamente as familias nos recursos educativos e garantirá a creación de escolas infantís e servicios de atención á infancia e á adolescencia como recursos que contribúen ó desenvolvemento integral dos nenos e das nenas e dos adolescentes e das adolescentes e, se é o caso, ó logro dunha maior autonomía familiar. Para estes efectos, a Xunta de Galicia elaborará e desenvolverá un plan de dotación de recursos no que se coordinen as súas actuacións coas das diferentes administracións públicas e as entidades privadas.

6. Establecerá un sistema de prestacións económicas tendentes a procurarlles ás familias que carezan de medios suficientes un salario digno que se corresponda coa composición familiar e co grao de obrigas familiares asumidas, así como axudas destinadas a paliar situacións de emerxencia social para cubrir necesidades específicas da familia de carácter básico e urxente.

7. Desenvolveranse programas de axuda a domicilio como medio de atender, desde unha perspectiva integral e normalizadora, as necesidades da familia no seu conxunto ou dalgún dos seus membros que, por imposibilidade de feito, non poidan satisfacelas por si mesmos.

8. Articulará no marco da política de vivenda programas de axuda que teñan por finalidade favorece-la adquisición, en réxime de pleno dominio ou de arrendamento, da vivenda destinada a servir de residencia á familia, cando esta careza dela ou sexa notoriamente inapropiada a actualmente posuída. Así mesmo, velará porque a oferta de vivendas sexa diversificada e adaptable ó carácter propio das distintas familias e ás necesidades específicas de cada unha delas.

9. Xestionará plans e programas que procuren a autonomía familiar. Prestaralles apoio ás familias menos favorecidas e desenvolverá programas e accións encamiñados a facer compatibles a familia e mailo traballo.

10. Favorecerá, dentro das políticas de apoio á pequena e mediana empresa e mediante instrumentos específicos, a competitividade das empresas familiares a través de prestacións técnicas e económicas. En particular, a Xunta de Galicia, na súa planificación económica, dispensaralles un trato preferente ás explotacións familiares rurais, articulando programas tendentes á modernización das súas estructuras e mais coadxuvando na compensación dos danos producidos polos riscos inherentes ás súas actividades e fomentando o uso de formas de previsión de tales riscos.

Artigo 8º.-Actuacións integradoras en favor da familia.

1. A Xunta de Galicia, en colaboración coas corporacións locais e cos axentes sociais, desenvolverá medidas de integración orientadas a promove-lo papel cultural e socioeconómico da familia na sociedade, así como a cohesión social e a solidariedade entre xeracións. De maneira especial:

a) Promoveranse as capacidades de autoorganización das familias ante as necesidades sociais, incentivando o voluntariado con base familiar e as formas de asociacionismo solidario entre familias que comparten un mesmo problema. As administracións, nas súas respectivas competencias, arbitrarán recursos e estructuras materiais de apoio.

b) Constituirase un observatorio permanente da problemática familiar na Comunidade Autónoma galega, en conexión co Observatorio Europeo de Políticas da Familia.

c) Fomentaranse os elementos culturais que propicien a participación igualitaria nas responsabilidades familiares así como a igualdade de trato e de oportunidades entre home e muller.

d) Desenvolveranse programas de integración para as familias de inmigrantes e a favor das familias galegas asentadas fóra da Comunidade Autónoma, ben facilitando directamente o acceso ós beneficios sociais que se establezan na lexislación vixente na materia, ben a través de convenios con entes públicos do territorio no que residan.

2. As institucións públicas teñen a obriga de lles garantir ás mulleres que no núcleo familiar son víctimas de vexación, malos tratos ou calquera tipo de agresión, a asistencia necesaria que lles permita superar esta situación.

Capítulo II Institucións de promoción e apoio á familia

Sección primeira Gabinetes de orientación familiar

Artigo 9º.-Obxecto.

1. Os gabinetes de orientación familiar constitúense como recurso especializado no apoio e promoción da calidade de vida das familias, e na atención das diferentes situacións problemáticas, ou de risco, que pola súa natureza poidan estar asociadas a procesos de desintegración familiar

2. O ámbito de intervención preferente será o sistema de relacións interpersonais establecidas entre os membros da familia.

Artigo 10º.-Composición.

Os gabinetes de orientación familiar terán un carácter multidisciplinar e o persoal adscrito a eles, formado por empregados públicos expertos en intervención sociofamiliar e en dereito de familia, realizará as funcións que se especifican nesta sección.

Artigo 11º.-Dependencia orgánica.

Os gabinetes de orientación familiar adscribiranse ós servicios de Familia, Infancia e Menores dependentes das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, con independencia das funcións específicas que desenvolven na área da muller.

Artigo 12º.-Obxectivos.

Os gabinetes de orientación familiar terán os seguintes obxectivos:

1. Informar e asesorar tecnicamente as familias sobre as problemáticas sociais, psicolóxicas e xurídicas nas que puideran estar envoltas.

2. Proporcionarlles ás familias o acceso a recursos adecuados ás súas necesidades para o desenvolvemento de canles normalizadas de convivencia.

3. Dota-las familias das habilidades necesarias para afronta-las súas necesidades, proporcionándolle- la autonomía suficiente para superaren as súas propias dificultades e favorecendo a relación entre os seus membros.

4. Evita-la instrumentalización dos fillos ante diferentes situacións de conflictividade, fundamentalmente conxugal, desde os puntos de vista xurídico, económico e emocional.

5. Fomenta-lo mantemento da cooperación parental como protectora da imaxe que os fillos teñen dos seus pais, asegurando a continuidade da relación cos proxenitores e a súa permanencia no contorno social, material e afectivo.

6. Informar, asesorar e prestar asistencia psicolóxica ás mulleres, particularmente a aquelas que se atopen inmersas en procesos de conflictividade familiar.

Artigo 13º.-Principios de actuación.

Os gabinetes de orientación familiar, no ámbito da súa actuación e dentro das obrigas ou responsabilidades legalmente asignadas, someteranse ós seguintes principios:

1. Universalidade: poderán ser beneficiarios deste servicio tódolos cidadáns españois e comunitarios residentes en Galicia e os estranxeiros ós que lles sexa de aplicación, segundo o disposto nos tratados internacionais.

2. Non interferencia: as actuacións levadas a cabo polos gabinetes respectarán escrupulosamente outras intervencións, das que puideran beneficiarse os usuarios, efectuadas desde outros dispositivos de benestar social, e evitarán, en todo caso, entrar en confrontación ou competencia con eles.

3. Coordinación: co fin de obte-la máxima rendibilidade asistencial e evitar duplicidades e solapamentos, os gabinetes contactarán, difundirán a súa actividade e coordinaranse reciprocamente con outros servicios de interese socioasistencial.

4. Voluntariedade: a atención das diferentes problemáticas familiares por parte dos gabinetes só poderá ser levada a cabo por petición directa e voluntaria dos propios usuarios.

5. Neutralidade: serán respectados e tidos en consideración tódolos membros da familia, especialmente os fillos menores de idade, evitando posicionamentos a favor duns en prexuízo ou detrimento doutros.

6. Confidencialidade: tódalas intervencións levadas a cabo polos gabinetes e as informacións ás que poidan ter acceso como consecuencia da súa actividade estarán suxeitas a reserva e non poderán ser utilizadas sen o consentimento dos usuarios.

No caso de menores de idade a confidencialidade manterase en todo caso tal e como establece a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia, no seu artigo 8i) e a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, no seu artigo 4.

Artigo 14º.-Modalidades de intervención.

Os gabinetes de orientación familiar, para a consecución dos seus obxectivos, poderán desenvolve- las seguintes modalidades de intervención:

1. Información e orientación sobre os diferentes servicios de interese social e comunitario, tanto públicos como privados, que posibiliten a integración das persoas en redes de apoio social.

2. Asesoramento xurídico-legal en casos de separación matrimonial, divorcio e incumprimento de acordos ou convenios reguladores, cun carácter obxectivo e imparcial. Atención e información sobre cuestións especificamente relacionadas co dereito de familia.

3. Mediación familiar, como conxunto de intervencións específicas dirixidas a promover procesos de negociación entre os membros da parella co obxecto de acadar acordos entre ámbalas dúas partes nos procesos de separación e divorcio

4. Apoio e orientación psicosocial ante casos de conflictividade ou crise familiar, conxugal ou interxeracional. Prevención e intervención ante crises específicas nos procesos de educación e crianza dos fillos. Apoio e orientación ás familias en procesos de reestructuración por entrada ou saída dalgún membro no sistema familiar.

Artigo 15º.-Características das demandas.

1. Os gabinetes de orientación familiar atenderán problemas relacionados con procesos de conflictividade familiar, dificultades de relación entre os membros da familia e situacións que impliquen un risco de ruptura dela con consecuencias desfavorables para os seus integrantes.

2. De forma máis específica, os gabinetes de orientación familiar atenderán, entre outras, demandas das seguintes características:

a) Conflictos por ruptura da convivencia. Crises relacionadas con algún tipo de ruptura da convivencia da parella.

b) Crises conxugais. Conflictos que, sen supera-los límites da parella, non implican unha ruptura da súa convivencia ou outras complicacións asociadas a ela.

c) Crises paterno-filiais. Conflictos que, superando os cónxuxes, alcancen e dificulten as relacións entre pais e fillos.

d) Crises da familia extensa. Relacións conflictivas ou interferencias que, dalgún modo, dificulten a estructura e funcionalidade do núcleo familiar e nas que se ven envoltos outros membros da familia extensa.

e) Crises mixtas. Conflictos que comporten simultaneamente aspectos recollidos nas anteriores letras.

f) Outras. Dificultades e problemáticas non recollidas nas letras anteriores e que se refiran a cuestións enmarcadas no contexto familiar, especialmente as orixinadas por situacións de malos tratos ou agresións sexuais dirixidas contra a muller no seo familiar.

Sección segunda Observatorio Galego da Familia

Decreto 43/2019, do 11 de abril.

Artigo derrogado:Artigo 16 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 43/2019, do 11 de abril.

Artigo derrogado:Artigo 17 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 43/2019, do 11 de abril.

Artigo derrogado:Artigo 18 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 43/2019, do 11 de abril.

Artigo derrogado:Artigo 19 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 43/2019, do 11 de abril.

Artigo derrogado:Artigo 20 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 43/2019, do 11 de abril.

Artigo derrogado:Artigo 21 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 43/2019, do 11 de abril.

Artigo derrogado:Artigo 22 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 43/2019, do 11 de abril.

Artigo derrogado:Artigo 23 derrogado por disposición derrogatoria única.

TÍTULO II Protección do menor

Capítulo I Disposicións xerais

Artigo 24º.-Protección dos menores por parte dos poderes públicos.

1. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, exercerá a protección integral dos menores que residan ou se atopen transitoriamente en Galicia e asumirá a tutela dos que estivesen desamparados nos casos e termos establecidos pola lexislación vixente, e sen prexuízo das competencias que sobre eles lles poidan corresponder a outras administracións públicas.

2. Promoverá, así mesmo, actuacións tendentes a garanti-los dereitos do menor e a diminuí-las situacións de risco, desamparo ou marxinación en que poidan atoparse.

Artigo 25º.-Competencias da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

1. Correspóndelle á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Familia, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega, a realización dunha política social a prol do menor tanto na orde preventiva como de protección propiamente dita.

2. No desenvolvemento desta política poderanse atopar, entre outras, as seguintes medidas: apoio ás familias, garda, tutela administrativa, acollemento familiar, acollemento residencial e proposta de adopción.

Artigo 26º.-Competencias exercidas nesta materia polas delegacións provinciais.

1. As competencias establecidas neste título serán exercidas polas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos seus respectivos ámbitos territoriais.

2. As delegacións provinciais, para o exercicio destas competencias, terán baixo a súa dependencia os equipos técnicos do menor, que serán de carácter pluridisciplinar e desenvolverán, entre outras, as seguintes funcións:

a) O desenvolvemento dos programas preventivos e de intervención que elabore e poña en marcha a Dirección Xeral de Familia.

b) A recepción dos casos de menores que se poidan atopar nunha situación de desprotección e a investigación e avaliación da súa situación persoal, familiar, educativa e social.

c) A elaboración do plan de actuación e elevación ó delegado provincial da proposta de actuación máis axeitada para cada menor.

d) A execución do plan de actuación e seguimento das medidas que fosen adoptadas.

e) A valoración técnica da idoneidade dos solicitantes de acollemento familiar e de adopción, e a elevación ó delegado provincial das correspondentes propostas.

f) A supervisión do bo funcionamento e o asesoramento técnico ás institucións de atención a menores no seu ámbito de actuación.

g) A coordinación das actuacións que se van desenvolver coas persoas e institucións implicadas na problemática dos menores atendidos.

3. Os informes e as propostas elaborados polos equipos técnicos terán carácter preceptivo e non vinculante.

4. As delegacións provinciais solicitarán os informes sociais, médicos, psicolóxicos, pedagóxicos ou policiais oportunos, así como calquera outro que fose necesario no exercicio das competencias na materia; tamén poderán recadar información doutras persoas ou institucións sobre a situación do menor ou da súa familia ou gardadores.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 26 apartado 3 nova numeración e novo apartado 3 engadido por artigo 1º.

Artigo 27º.-Competencias atribuídas ós municipios nesta materia.

Correspóndelles ós municipios, sen prexuízo do disposto na lexislación de réxime local e na Lei galega de servicios sociais, as seguintes funcións:

1. A prevención, apreciación e intervención nas situacións de risco nas que poidan atoparse os menores.

Enténdese por situación de risco aquela en que poida atoparse o menor cando, a causa das súas circunstancias persoais, familiares ou por influencias do seu contorno, se estea prexudicando o seu desenvolvemento persoal ou social, sen acada-la gravidade suficiente para xustifica-la declaración de desamparo e a separación do menor da súa familia.

Nas situacións de risco, a actuación administrativa dirixirase a procura-las necesidades básicas do menor, mellorando o seu medio familiar e eliminando os factores de risco.

2. A comunicación á delegación provincial competente dunha posible situación de desamparo e a colaboración no seguimento das medidas de protección adoptadas pola Xunta de Galicia.

Artigo 28º.-O dereito á intimidade do menor.

Na súa intervención no eido da protección de menores as administracións públicas deberán actuar coa debida reserva e confidencialidade, e procurarán evitar que as decisións ou medidas que se adopten poidan repercutir innecesariamente na vida do menor, co fin de garantir adecuadamente os seus dereitos, fundamentalmente o dereito á intimidade.

Artigo 29º.-Denuncia das situacións de risco.

1. Toda persoa ou autoridade, e en especial quen por razón da súa profesión, ou función teña coñecemento dunha situación de grave risco ou posible desamparo dun menor, e sen prexuízo de prestarlle o auxilio inmediato que precise, poñerao en coñecemento do Ministerio Fiscal, da autoridade xudicial ou do organismo administrativo competente, que garantirá a reserva absoluta e anonimato.

2. Así mesmo, quen teña coñecemento de que un menor non está escolarizado ou non asiste ó centro escolar de forma habitual e sen xustificación, durante o período obrigatorio, deberá poñelo en coñecemento das autoridades públicas competentes, que adoptarán as medidas necesarias para a súa escolarización.

3. As autoridades e as persoas que pola súa profesión ou función coñezan o caso actuarán coa debida reserva.

Capítulo II Da prevención e apoio á familia

Artigo 30º.-Políticas de prevención.

1. A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en colaboración coas corporacións locais e os axentes sociais, desenvolverá con carácter prioritario unha política de prevención de posibles situacións de risco ou desprotección infantil a través das medidas que con carácter xeral se establecen no artigo 15 da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia.

2. En todo caso, o apoio á familia será o principal recurso de carácter preventivo e dirixirase a cubri-las necesidades básicas do menor e mellora-lo seu ambiente familiar, co obxecto de garanti-lo seu dereito a permanecer nel en condicións que permitan o seu desenvolvemento integral.

Artigo 31º.-Apoio á familia.

O apoio á familia poderá ser:

1. De tipo económico, a través das prestacións que se habiliten, cando a causa determinante do risco para o desenvolvemento integral do menor proceda de situacións de carencia ou insuficiencia de recursos.

2. De tipo psicosocial, educativo ou asistencial de carácter voluntario, cando sexa necesario facilitar ou restablece-lo exercicio responsable das funcións parentais, mellora-las relacións sociofamiliares e promove-lo desenvolvemento e benestar do menor, a través de programas e medidas tales como: educadores familiares, escolas infantís, gabinetes de orientación familiar e demais que se poidan establecer.

Capítulo III Da protección do menor

Sección primeira Da tutela administrativa dos menores desamparados

Artigo 32º.-Tutela administrativa dos menores desamparados.

1. A tutela administrativa dos menores desamparados prevista no artigo 172.1º do Código civil será asumida e exercida pola delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude que corresponda ó domicilio do menor.

2. As delegacións provinciais asumirán provisionalmente a tutela dun menor en situación de desamparo que se atope transitoriamente no seu territorio, e notificaranlle á Administración pública competente na que tivese o seu domicilio o menor para que esta adopte as medidas protectoras que considere convenientes. Co obxecto de garanti-la protección do menor, a tutela asumida nestes casos subsistirá ata que desaparezan as causas que a motivaron ou o caso sexa asumido pola Administración competente.

3. No caso de menores estranxeiros en situación de desamparo que se atopen na Comunidade Autónoma de Galicia, a delegación provincial competente adoptará as medidas protectoras que correspondan, de conformidade coa normativa vixente reguladora dos dereitos e liberdades dos extranxeiros en España.

4. No exercicio da tutela administrativa, logo de informe preceptivo dos equipos técnicos, poderanse adopta-las medidas previstas no artigo 21 da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia.

Artigo 33º.-Incoación de expediente de tutela administrativa.

1. Os delegados provinciais, cando tivesen constancia por calquera medio da existencia dun menor que puidese estar en situación de desamparo, ordenarán a incoación do oportuno expediente.

2. Consideraranse situacións de desamparo:

a) O abandono do menor.

b) A existencia de malos tratos físicos ou psíquicos ou de abusos sexuais por parte das persoas da unidade familiar ou de terceiros con consentimento destas.

c) A inducción á mendicidade, delincuencia ou prostitución.

d) A drogadicción ou o alcoholismo habitual do menor co consentimento ou coa tolerancia dos pais ou gardadores.

e) O trastorno mental grave dos pais ou gardadores que impida o nomal exercicio da patria potestade ou da garda.

f) A convivencia nun medio sociofamiliar que deteriore gravemente a integridade moral do menor ou prexudique o desenvolvemento da súa personalidade.

g) A falta de persoas ás cales lles corresponde exerce-las funcións de garda ou cando estas persoas estean imposibilitadas para exercelas ou en situación de exercelas con perigo grave para o menor.

h) Calquera outra situación de desprotección que se produza de feito a causa do incumprimento ou do imposible ou inadecuado exercicio dos deberes de protección establecidos polas leis para a garda de menores e que xeren que estes queden privados da necesaria asistencia moral ou material.

Artigo 34º.-Investigación e avaliación da situación de desamparo.

1. Os equipos técnicos do menor iniciarán e desenvolverán o proceso de investigación e avaliación da situación e, se é o caso, proporán a declaración de desamparo.

2. Na súa intervención durante o proceso de avaliación deberán escoita-lo menor de máis de 12 anos, o de menos de 12 se ten a suficiente madurez, e os pais, titores ou gardadores, logo da citación deles, na que se fará constar expresamente que de non comparecer adoptaranse as medidas oportunas para a protección do menor. En supostos da patria potestade compartida deberán ser escoitadas ámbalas dúas partes.

Artigo 35º.-Trámite de audiencia.

En calquera caso, en cumprimento do preceptivo trámite de audiencia, os pais ou gardadores do menor poderán comparecer ante os equipos técnicos e achegar cantos informes e documentos estimen convenientes para unha mellor defensa dos seus dereitos e coñecementos dos feitos e circunstancias relevantes para o expediente. Neste caso, faranse constar documentalmente as manifestacións dos pais ou gardadores.

Artigo 36º.-Proposta de actuación.

Unha vez completada a información necesaria á que se refiren os artigos anteriores, os equipos técnicos do menor elaborarán a proposta de actuación, que será elevada ó delegado provincial.

Artigo 37º.-Resolución de asunción da tutela administrativa.

1. Os delegados provinciais dictarán resolución na que declararán o desamparo e asumirán a tutela administrativa, que subsistirá mentres non desaparezan as causas que a motivaron ou se proceda á constitución da tutela ordinaria, o menor sexa adoptado, se emancipe ou acade a maioría de idade.

A resolución será motivada, e nela indicaranse as causas que a orixinaron, os plans de actuacións que se efectuaron, as medidas que se adopten, así como o dereito a recorrer contra ela perante a autoridade xudicial competente sen necesidade de reclamación administrativa previa.

2. A resolución seralle comunicada ó Ministerio Fiscal e notificada, no prazo de 48 horas, ós pais, ó titor, ó gardador ou ós familiares que ultimamente convivisen co menor, e sempre que sexa posible, serán informados de forma presencial e de modo claro e comprensible das causas que deron lugar á intervención da Administración e dos efectos da decisión adoptada.

Os pais ou gardadores disporán dun prazo de 2 días, contados a partir do día seguinte ó da notificación, para facer entrega voluntaria do menor, ben no centro de acollida residencial ou ben nos servicios de atención a menores.

3. Non obstante, en caso de urxencia con grave risco para o menor, a delegación provincial competente poderá, de modo inmediato, declara-lo desamparo e asumi-la tutela, adoptando as medidas de protección que considere adecuadas, sen prexuízo de que con posterioridade e no menor prazo de tempo posible se notifique axeitadamente e se lle dea cumprimento ó trámite de audiencia ós interesados.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 37 apartado 3 nova redacción por artigo 2º.

Artigo 38º.-Solicitude de auxilio xudicial.

Cando os pais, titores ou gardadores dun menor impedisen a execución da medida de protección acordada na resolución de tutela ou non fixesen entrega do menor tutelado no prazo sinalado na resolución, a delegación provincial competente presentará ante o órgano xudicial competente solicitude de auxilio xudicial para facer efectiva a medida acordada, sen prexuízo das intervencións inmediatas que poidan realizarse se están ante unha situación que implique a vulneración de dereitos fundamentais das persoas ou se están en perigo a vida ou a integridade física do menor.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 38 nova redacción por artigo 3º.

Artigo 39º.-Dereito do menor a relacionarse cos seus pais.

1. O menor separado dos seus pais terá dereito a relacionarse con estes, agás se fose adoptado por outros ou cando así se acorde por resolución xudicial. No caso dun menor tutelado pola delegación provincial, esta poderá regula-las condicións do exercicio dese dereito atendendo ó interese do menor, e se houbese oposición dos pais, resolverá o xuíz, oído o Ministerio Fiscal.

2. Se a gravidade da situación o require e o interese do menor o aconsella, a delegación provincial poderá suspender cautelarmente o dereito de relacionarse cos seus pais comunicándolle a resolución inmediatamente ó Ministerio Fiscal, para os efectos correspondentes.

3. Respecto dos demais parentes e achegados, non poderán impedirse, sen xusta causa, as relacións persoais entre estes e o menor, de acordo co disposto no artigo 160 do Código civil.

Artigo 40º.-Suspensión do exercicio da patria potestade ou tutela ordinaria.

A asunción da tutela pola Administración implicará a suspensión do exercicio da patria potestade ou da tutela ordinaria durante o tempo de aplicación da medida, sen prexuízo do que dispoña a autoridade xudicial competente. Non obstante, serán válidos os actos de contido patrimonial que realicen os pais ou titores en representación do menor e que sexan beneficiosos para el.

Artigo 41º.-Actuación da delegación provincial como titor.

A delegación provincial procederá a lles dar cumprimento a tódalas obrigas que como titor lle corresponden de acordo co establecido no Código civil e adoptará as medidas que considere necesarias para a conservación dos dereitos do menor tutelado, debendo proceder a comunicárllelo ás persoas que se indican no artigo 37º, parágrafo segundo deste regulamento.

Artigo 42º.-Menores nos que concorran causas de incapacitación.

Cando se trate de menores nos que concorra calquera das causas de incapacitación, de conformidade co disposto nos artigos 200 e seguintes do Código civil, o delegado provincial, a través dos gabinetes xurídicos territoriais, promoverá perante a autoridade xudicial o oportuno proceso declarativo de incapacidade.

Sección segunda Da garda

Artigo 43º.-Asunción da garda.

1. Cando os pais ou titores, por circunstancias graves, cumpridamente avaliadas, non poidan coida- lo menor poderán solicitar da delegación provincial competente que asuma a garda polo tempo necesario. Así mesmo, a delegación provincial asumirá a garda cando así o acorde o xuíz nos casos nos que legalmente proceda.

2. Nos supostos de garda de feito ós que se refiren os artigos 303 e seguintes do Código civil, a actuación da delegación provincial orientarase á súa regularización mediante algunha das medidas de protección previstas na Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia e neste regulamento.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 43 apartado 1 nova redacción por artigo 4º.

Artigo 44º.-Solicitude da garda.

A solicitude de garda formulada polos pais, titores ou gardadores deberá presentarse perante a delegación provincial que lle corresponda segundo o seu domicilio ou ante os servicios sociais de atención primaria, quen lla remitirá á delegación competente.

Artigo 45º.-Procedemento.

1. Unha vez formulada a solicitude de garda, iniciarase o expediente correspondente, onde constará a información acreditativa das circunstancias graves concorrentes, que se escoitou o menor de máis de 12 e o de menos de 12 anos se ten suficiente madurez, e o plan de traballo que se vai levar a cabo para procura-la permanencia ou retorno do menor á súa familia.

2. Os equipos técnicos valorarán a solicitude e a documentación que consta no expediente e formularán as propostas de actuación que elevarán ó delegado provincial para a súa resolución, que se dictará no prazo de 6 meses desde a solicitude. Se a resolución é favorable á garda, os pais deberán asumi-los compromisos que desde a Administración se lles sinalen.

3. Cando da valoración da solicitude da garda se deduza que esta non é a medida máis axeitada, o delegado provincial dictará resolución denegatoria e proporalles ós solicitantes outras medidas de apoio.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 45 apartados 2 e 3 nova redacción por artigo 5º.

Artigo 46º.-Formas de exercicio da garda.

1. A garda asumida pola delegación provincial competente exercerase mediante o acollemento familiar ou residencial do menor, para o que se solicitarán os pertinentes consentimentos. Na resolución, que se lles noficará ós interesados, deixarase constancia de que os pais ou titores foron informados das responsabilidades que seguen mantendo respecto do menor, así como da maneira na que se vai exerce-la medida.

2. En todo caso, coa asunción da garda, buscarase sempre o interese do menor e procurarase, cando non sexa contrario a ese interese, a súa reinserción na propia familia e que a garda dos irmáns se lle confie á mesma institución ou persoa.

3. Calquera variación no exercicio da garda será fundamentada e deberalles ser notificada ós responsables do menor e comunicada ó Ministerio Fiscal.

Artigo 47º.-Persoas que poden exerce-la garda.

A garda poderá exercela, baixo a vixilancia da delegación provincial, a persoa ou persoas que reciban en acollemento o menor ou o director do centro residencial no que se interne, debendo facilitarlle a aquela información periódica sobre a situación e atención do menor, sen prexuízo do seguimento que efectúen os servicios correspondentes.

Artigo 48º.-Da relación dos menores cos seus pais.

Cando a garda solicitada polos pais se exerza nunha institución ou centro, procurarase fomentar ó máximo a relación do menor con eles mediante as saídas ó seu domicilio, e favorecendo as visitas daqueles ó centro, respectando o horario que este tivese establecido.

Artigo 49º.-Cesación da garda.

1. A garda temporal do menor cesará por petición dos pais ou titores cando estean en situación de facerse responsables del, ou por decisión da delegación provincial competente cando, en interese do menor, considere non xustificado o mantemento desta medida, o que dará lugar ás actuacións oportunas.

2. De xurdiren problemas graves de convivencia entre o menor e a persoa ou persoas ás que fose confiado en garda, aquel ou a persoa interesada poderá solicita-la remoción da garda.

Sección terceira Do acollemento familiar

Artigo 50º.-Concepto.

1. O acollemento familiar produce a plena participación do menor na vida da familia, outorgándolle polo tempo necesario a súa garda a unha persoa ou grupo familiar coa obriga de velar por el, telo na súa compañía, alimentalo, educalo e procurarlle unha formación integral.

2. Para a adopción desta medida teranse en conta os seguintes criterios orientadores:

a) Darlle prioridade á súa utilización sobre o acollemento residencial.

b) Evitar, na medida do posible, a separación de irmáns e procura-lo seu acollemento por unha mesma familia.

c) Favorece-la permanencia do menor no seu propio ambiente, procurando que o acollemento se produza en familia extensa, agás que non fose aconsellable para o interese do menor ou dos menores do grupo familiar acolledor.

3. O acollemento familiar, atendendo a súa finalidade, poderá adoptar algunha das seguintes modalidades: acollemento familiar simple, permanente ou preadoptivo, nos termos previstos no artigo 26 da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia.

Artigo 51º.-Formalización do acollemento.

1. O acollemento formalizarase por escrito, co consentimento da delegación provincial competente, teña ou non a tutela ou garda do menor, das persoas que reciban o menor, e deste se tivese 12 anos cumpridos. Poderá ser oído o de menos de 12 anos se tivese a suficiente madurez. Os pais se son coñecidos e se non están privados da patria potestade ou os titores, se é o caso, deberán presta-lo seu consentimento por escrito, agás que se trate dun acollemento familiar provisional.

2. Se os pais ou titores non consenten ou se opoñen ó acollemento, este só poderá ser acordado polo xuíz, en interese do menor, conforme os trámites da Lei de axuizamento civil. Non obstante, a delegación provincial competente poderá acordar en interese do menor un acollemento familiar provisional, que subsistirá ata tanto se produza resolución xudicial. Unha vez realizadas as dilixencias oportunas, a delegación provincial competente deberalle presenta-la proposta ó xuíz de maneira inmediata e, en todo caso, no prazo máximo de 15 días.

Artigo 52º.-Compensación económica.

O acollemento familiar poderá ser compensado economicamente cando existan circunstancias que aconsellen facilitarlle este apoio á persoa ou persoas acolledoras polo mantemento do menor.

Artigo 53º.-Solicitude e documentación que se debe presentar.

1. As persoas que desexen acoller un menor sen finalidade preadoptiva presentarán a correspondente solicitude ante a delegación provincial do seu domicilio, xunto coa seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Informe ou certificado médico de saúde física e psíquica conforme poden prestar unha adecuada atención ó menor.

c) Certificado de convivencia no que consten tódalas persoas que viven no domicilio.

d) Certificado literal de nacemento dos solicitantes.

e) Se é o caso, fotocopia do libro de familia.

f) Fotocopia da última declaración de renda ou, no seu defecto, certificación negativa expedida pola Axencia Tributaria.

g) Calquera outro documento que se coide conveniente.

2. No caso de acollementos simples, deberanlle xuntar tamén á solicitude un compromiso de que non se solicitará a adopción mentres dure o acollemento do menor.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 53 nova numeración apartados e apartado 2 engadido por artigo 6º.

Artigo 54º.-Inscrición no rexistro das solicitudes de acollemento familiar.

1. As solicitudes das persoas que desexen acoller a menores sen finalidade adoptiva inscribiranse no rexistro de solicitudes de acollemento familiar.

2. O rexistro consta de catro seccións, adscritas a cada unha das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. O encargado do rexistro de acollementos inscribirá a solicitude abrindo ficha rexistral, na que fará consta-la súa data e asignaralle un número de rexistro. Na ficha rexistral constará:

a) Número de rexistro.

b) Data da inscrición.

c) Datos identificativos dos solicitantes.

d) Estado da solicitude.

4. A orde de inscrición neste rexistro en ningún caso suporá prioridade para optar ó acollemento familiar dun menor.

Artigo 55º.-Valoración da idoneidade dos solicitantes.

1. Os equipos do menor efectuarán a valoración da idoneidade dos solicitantes e elevarán, se é o caso, a correspondente proposta de acollemento familiar ó respectivo delegado provincial. Na dita proposta deberán constar tódolos extremos necesarios para formalizar, se é o caso, o acollemento, así como o plan de traballo que se vai desenvolver co menor.

2. Vista a proposta do equipo, o delegado provincial proporalle ó xulgado a constitución do acollemento nos casos nos que legalmente proceda ou, asinará, se é o caso, o correspondente documento de formalización do acollemento xunto cos acolledores, os pais ou titores do menor e este, se tivese máis de 12 anos cumpridos.

Artigo 56º.-Documento de formalización do acollemento.

1. O documento de formalización do acollemento deberá conter, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Os consentimentos necesarios.

b) A modalidade do acollemento.

c) A duración prevista.

d) Os dereitos e deberes de cada unha das partes, e en particular:

-Réxime de visitas por parte da familia do menor acollido, concretando a periodicidade delas e os lugares en que se levarán a cabo.

-O sistema de cobertura por parte da entidade pública ou doutros responsables civís dos danos que sufra o menor ou dos que poida causarlle a terceiros.

-A asunción dos gastos de manutención, educación e atención sanitaria.

e) A compensación económica que, se é o caso, van recibi-los acolledores.

f) Se os acolledores actúan con carácter profesionalizado.

g) O informe do equipo técnico no que conste o contido do seguimento que vaian realizar e o compromiso de colaboración dos acolledores e os servicios sociais de atención primaria.

2. O documento de formalización no caso de acollemento simple deberá recolle-lo compromiso dos acolledores de non solicita-la adopción mentres dure o acollemento.

3. O documento de formalización do acollemento familiar remitiráselle o Ministerio Fiscal.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 56 apartado 2 nova numeración e novo apartado 2 engadido por artigo 7º.

Artigo 57º.-Actuación dos equipos técnicos do menor.

Os equipos técnicos do menor no seguimento dos acollementos realizarán as seguintes actuacións:

1. Seguimento do plan de traballo proposto.

2. Prestarlle o apoio necesario á familia biolóxica co obxecto de facilita-la reintegración do menor nela, se é o caso.

3. Prestarlle apoio e orientacion necesarios á familia acolledora e mais ó menor para favorece-la efectividade da medida.

Artigo 58º.-Cesación do acollemento.

1. O acollemento familiar do menor cesará:

a) Por decisión xudicial.

b) Por decisión das persoas que o teñen acollido, logo da comunicación destas á entidade pública.

c) Por petición do titor ou dos pais que teñan a patria potestade e reclamen a súa compañía.

d) Por decisión da delegación provincial que teña a tutela ou a garda do menor, cando o considere necesario para salvagarda-lo interese deste, oídos os acolledores.

2. Será precisa resolución xudicial de cesación cando o acollemento sexa disposto polo xuíz de conformidade co disposto no artigo 173.3º do Código civil.

3. Tódalas actuacións de formalización e cesación do acollemento practicaranse coa debida reserva.

Sección cuarta Do acollemento residencial

Artigo 59º.-Concepto.

1. O acollemento dun menor nun centro ou institución efectuarase cando se esgoten tódalas posibilidades de mantemento del na súa familia a través da utilización de tódolos recursos preventivos e o acollemento familiar ou adopción non sexan posibles ou se consideren inadecuados.

2. Esta medida manterase polo tempo estrictamente necesario e promoverase a integración do menor no contorno social e a accesibilidade ós sistemas ordinarios educativos, sanitarios e laborais, entre outros, procurándose sempre que redunde en interese do menor, a convivencia e a relación entre irmáns, agás que esta resulte prexudicial para o menor.

Artigo 60º.-Centros de acollida.

1. Os menores acollidos en centros serán obxecto dun tratamento educativo individualizado que terá en conta as súas circunstancias persoais e sociofamiliares e que se reflectirá nun proxecto educativo para cada menor.

2. Tódolos centros de atención a menores contarán cun proxecto educativo xeral e un regulamento de réxime interno. En canto ós seus contidos mínimos haberá que se ater ó establecido na normativa pola que se regulen estes, debendo respecta-los dereitos dos menores.

Capítulo IV Da adopción

Sección primeira Disposicións xerais

Artigo 61º.-A adopción.

Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, a través da Comisión de Adopcións e das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a xestión dos procedementos de adopción no ámbito territorial de Galicia, agás nos casos nos que non se requira a proposta previa da delegación provincial competente de acordo co disposto no artigo 176.2º do Código civil.

Artigo 62º.-Requisitos dos adoptantes.

Para poder ser adoptante, requirirase:

1. Ter como mínimo vintecinco anos cumpridos. En caso de solicitude conxunta por cónxuxes ou parellas con relación estable análoga á conxugal, bastará con que un deles teña a dita idade. En todo caso, o adoptante deberá ter, polo menos, catorce anos máis có adoptado.

2. Ter residencia habitual na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Estar inscrito no Rexistro de Adopcións da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Ser considerados os solicitantes persoas idóneas para a adopción tralo correspondente procedemento de valoración.

Artigo 63º.-Adopcións fóra de Galicia.

Cando se considere conveniente que un menor sexa adoptado fóra de Galicia, solicitaranse candidatos valorados idóneos ós servicios competentes doutras comunidades autónomas. De haber posibles candidatos que aínda non fosen declarados idóneos pola súa Comunidade Autónoma, a valoración da idoneidade poderá realizala o equipo técnico da delegación provincial que teña a tutela do menor. Nestes casos non se esixirá o requisito de residencia.

Artigo 64º.-Requisitos dos adoptados.

Unicamente poderán ser adoptados os menores non emancipados. Por excepción, será posible a adopción dun maior de idade ou dun menor emancipado cando, inmediatamente antes da emancipación, existise unha situación non interrompida de acollemento ou convivencia, iniciada antes de que o adoptando cumprise os 14 anos.

Sección segunda A Comisión de Adopcións

Artigo 65º.-Comisión de Adopcións.

1. A Comisión de Adopcións é o órgano colexiado de apoio á Dirección Xeral de Familia na xestión do procedemento de adopción de acordo co establecido neste regulamento. Son funcións desta comisión:

a) O seguimento dos procedementos de adopción.

b) Dictar instruccións para o mellor desenvolvemento do dito procedemento.

c) Emitir informes e formular propostas de actuación en materia de adopción.

2. Para o desenvolvemento destas funcións poderá solicita-la colaboración de profesionais e institucións que actúen no ámbito da integración familiar.

Artigo 66º.-Composición da Comisión de Adopcións.

A Comisión de Adopcións terá a seguinte composición:

-Presidente: director xeral de Familia.

-Vocais: os delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou persoas que estes designen.

-Dous funcionarios ou técnicos designados polo director xeral de Familia.

Actuará como secretario, con voz pero sen voto, o responsable do Rexistro de Adopcións.

Artigo 67º.-Exercicio das funcións da Comisión de Adopcións.

1. Para o exercicio das súas funcións a Comisión de Adopcións reunirase semestralmente, e con carácter extraordinario sempre que se considere conveniente por convocatoria do seu presidente.

2. A Comisión de Adopcións axustarase no seu funcionamento e, no non previsto na presente sección, ó disposto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sección terceira O Rexistro de Adopcións

Artigo 68º.-Rexistro de Adopcións.

1. Na dirección xeral competente en materia de familia constituirase o Rexistro de Adopcións da Comunidade Autónoma de Galicia. O Rexistro de Adopcións constará de dúas seccións, divididas á súa vez en varias subseccións:

1. Sección primeira: adopción nacional.

a) Subsección primeira: solicitudes de adopción nacional.

b) Subsección segunda: solicitantes idóneos para adopción nacional.

c) Subsección terceira: acollementos preadoptivos formalizados de adopción nacional.

d) Subsección cuarta: adopcións nacionais constituídas.

2. Sección segunda: adopción internacional.

a) Subsección primeira: solicitudes de adopción internacional.

b) Subsección segunda: solicitantes idóneos para adopción internacional.

c) Subsección terceira: preasignacións de menores.

d) Subsección cuarta: adopcións internacionais constituídas.

2. Os datos consignados no Rexistro de Adopcións, que recollerán as circunstancias e variacións xurdidas no proceso, inscribiranse nel coa debida reserva.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 68 apartado 1 nova redacción por artigo 8º.

Artigo 69º.-Subsección primeira. Solicitudes de adopción.

1. Na subsección primeira da sección primeira do rexistros de adopción nacional e da sección segunda de adopción internacional efectuaranse as inscricións das solicitudes recibidas.

2. Expedirase certificación, que se remitirá ás delegacións provinciais respectivas, na que constará a data de inscrición e o número de rexistro asignado.

3. A delegación provincial comunicarálle-lo certificado ós interesados e procederá á apertura dun expediente individualizado.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 69 nova redacción por artigo 9º.

Artigo 70º.-Subsección segunda. Solicitantes idóneos para a adopción.

1. Na subsección segunda da sección primeira do rexistro de adopción nacional e da sección segunda de adopción internacional constará a relación dos solicitantes declarados idóneos.

2. No rexistro de adopcións nacionais figurará unha lista dos solicitantes idóneos menores de 40 anos para a adopción de nenos menores dun ano. A orde de antigüidade destes estará determinada pola data de presentación das súas solicitudes.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 70 nova redacción por artigo 10º.

Artigo 71º.-Subsección terceira.

1. Na subsección terceira da sección primeira do rexistro de adopcións nacionais anotaranse as resolucións de formalización dos acollementos preadoptivos, remitíndose a cada delegación provincial a certificación expedida. Así mesmo, anotarase a data de presentación das propostas de adopción.

2. Na subsección terceira da sección segunda do rexistro de adopcións internacionais, anotaranse as preasignacións de menores efectuadas polo país de orixe do menor ós adoptantes.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 71 nova redacción por artigo 11º.

Artigo 72º.-Subsección cuarta. Adopcións constituídas.

Na subsección cuarta da sección primeira do rexistro de adopción nacional e da sección segunda de adopción internacional anotarase a data da resolución xudicial firme de constitución de adopción e farase consta-lo arquivo do expediente administrativo.

No caso de adopción nacional, seralles notificado ós interesados.

No caso de adopción internacional, arquivarase o expediente unha vez finalizados os seguimentos que esixe o país de orixe do menor

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 72 nova redacción por artigo 12º.

Sección cuarta Solicitudes de adopción

Artigo 73º.-Presentación de solicitudes.

1. As persoas que desexen adoptar un neno deberán presentar solicitude normalizada dirixida á delegación provincial correspondente ó seu domicilio. Esta solicitude poderase presentar en calquera dos rexistros que establece o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. No caso de emigrantes galegos con previsión de retorno, estes poderán dirixi-la súa solicitude ó delegado provincial da consellería na provincia na que vaian fixa-la súa residencia. Se no prazo dun ano desde a data de presentación da solicitude non se xustificase a residencia efectiva na Comunidade Autónoma galega, a antedita solicitude arquivarase para tódolos efectos.

3. Nos supostos previstos no artigo 63º deste regulamento, os interesados deberán presenta-la correspondente solicitude que se inscribirá no rexistro facendo constar esta circunstancia especial.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 73 apartado 1 nova redacción por artigo 13º.

Artigo 74º.-Documentación que deberá achegarse coa solicitude.

1. Coa solicitude deberán achegarse os seguintes documentos por parte de cada solicitante:

a) Certificación literal de nacemento.

b) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

c) Certificado de empadroamento e residencia.

d) Certificado médico ordinario.

e) Fotocopia da última declaración da renda ou, en defecto, certificación negativa expedida pola Axencia Tributaria e, se é o caso, declaración de bens patrimoniais.

f) Documento acreditativo da cobertura sanitaria.

g) Libro de familia ou certificado de convivencia, se é o caso.

h) Sentencia de separación ou divorcio, se é o caso.

i) Dúas fotografías tamaño carné de cada solicitante.

j) Certificación de antecedentes penais ou, no seu defecto, certificación negativa, expedida polo Ministerio de Xustiza.

2. A delegación provincial remitiralle á Dirección Xeral de Familia, para a súa inscrición no Rexistro de Adopcións as solicitudes presentadas, así como certificación de que a documentación presentada é correcta.

Sección quinta Procedemento de valoración de idoneidade

Artigo 75º.-A valoración de idoneidade.

Correspóndelles ás delegacións provinciais da consellería, a través dos seus equipos técnicos, a valoración da idoneidade dos solicitantes de adopción domiciliados na súa provincia e dos emigrantes galegos con previsión de retorno a esta.

Artigo 76º.-Orde que se vai seguir no procedemento de valoración.

Presentada a solicitude, valoraranse, con carácter xeral, os solicitantes segundo a orde cronolóxica de presentación das solicitudes. Excepcionalmente, poderá alterarse esta orde, cando haxa carencia de solicitantes adecuados para algún menor con especiais dificultades.

Artigo 77º.-Aspectos que se terán en conta neste procedemento.

1. No proceso de valoración teranse en conta, polo menos, os seguintes aspectos:

a) Que entre o solicitante e o menor haxa unha diferencia de idade axeitada que non sexa superior ós corenta anos, agás que os solicitantes estean en dispoñibilidade de aceptar grupos de irmáns ou menores con especiais dificultades, caso en que a diferencia de idade poderá ser superior.

b) Que o medio familiar dos solicitantes reúna condicións adecuadas para a atención integral do menor no referente á vivenda, medios de subsistencia, capacidade educativa, integración social e relación estable e positiva entre os seus membros.

c) Existencia de motivacións e aptitudes adecuadas para a adopción. No caso de cónxuxes ou parellas con relación estable análoga á conxugal, esas motivacións e aptitudes deberán ser compartidas.

d) Condicións de saúde física e psíquica dos solicitantes que permitan atender correctamente o menor.

2. En ningún caso se aceptarán condicionamentos á adopción referidos a trazos físicos, sexo ou antecedentes sociofamiliares dos adoptandos.

Artigo 78º.-Proposta razoada sobre a idoneidade dos solicitantes.

Finalizada a valoración, o equipo técnico do menor elevaralle ó delegado provincial unha proposta razoada sobre a idoneidade dos solicitantes. Recibida a proposta, o delegado provincial emitirá resolución no prazo máximo de seis meses desde a data da solicitude. De non dictarse resolución expresa no dito prazo, a solicitude considerarase denegada por silencio administrativo.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 78 nova redacción por artigo 14º.

Artigo 79º.-Resolución.

A resolución sobre a idoneidade será motivada e notificaráselles ós interesados. A devandita resolución non implica a finalización do proceso de valoración, senón que este poderá continuar co obxecto de flexibiliza-la demanda e as motivacións dos solicitantes, o que poderá facerse a través dun proceso de formación.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 79 nova redacción por artigo 15º.

Artigo 80º.-Ratificación da valoración inicial.

1. Os solicitantes de adopción terán que lle comunicar á delegación provincial calquera cambio das súas circunstancias, no momento que se produza e que poida influír nesta valoración, o que levará á revisión polo equipo técnico da valoración inicial.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, transcorridos tres anos desde a declaración de idoneidade dun solicitante sen que se formalice un acollemento preadoptivo, deberá ratificarse a valoración inicial ou realizarse unha nova en caso de variar significativamente as circunstancias que a motivaron.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 80 apartado 1 engadido e nova redacción apartado 2 por artigo 16º.

Artigo 81º.-Presentación de nova solicitude.

Cando unha persoa sexa declarada non idónea para a adopción, poderá presentar nova solicitude transcorridos tres anos desde a resolución, procedéndose nestes casos a realizar unha nova valoración, seguindo o procedemento ordinario.

Sección sexta Procedemento de selección para asignación do menor

Artigo 82º.-A selección de solicitantes idóneos.

1. Correspóndelles ás delegacións provinciais a selección dos adoptantes idóneos para cada menor, de acordo co procedemento seguinte:

a) Cando se trate dun neno ou unha nena menor de 1 ano en situación legal de ser adoptado e que non presente ningún problema de saúde, deficiencia significativa ou circunstancia especial que demande un tratamento diferenciado, a delegación provincial remitiralle ó responsable do Rexistro de Adopcións a ficha do menor, requirindo solicitante ou solicitantes idóneos para el.

O responsable do rexistro de adopcións remitiralle á delegación provincial os datos dos solicitantes que estean situados en primeiro lugar na lista que figura na subsección segunda da sección primeira do rexistro de adopción nacional.

b) No caso dun neno ou nena de máis dun ano ou que presente algún tipo de necesidade especial, a delegación provincial, por proposta do equipo técnico, seleccionará de entre os solicitantes da súa provincia declarados idóneos, os que máis se axeitan ás características ou circunstancias do menor. A selección farase de acordo cos criterios de preferencia seguintes: 1º Orde cronolóxica da solicitude e 2º Idade dos solicitantes.

2. No procedemento de selección do parágrafo primeiro, alínea b) deste artigo, cando entre os solicitantes declarados idóneos da provincia non haxa ningún que se axeite ás características do menor, a delegación provincial remitiralle o seu expediente ó responsable do Rexistro de Adopcións, requirindo solicitante ou solicitantes idóneos. O responsable do Rexistro de Adopcións reclamará das demais provincias que propoñan os solicitantes que ofrezan maiores condicións de aptitude en función das características do menor. Recibidas as propostas, o responsable do rexistro remitirallas á delegación provincial demandante para que esta seleccione a máis axeitada, seguindo os criterios establecidos no punto anterior.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 82 apartados 1.a) e 1.b) nova redacción por artigo 17º.

Artigo 83º.-Solicitude de candidatos a outras comunidades.

De non haber solicitantes idóneos para un menor na Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral de Familia solicitará candidatos a outras comunidades autónomas.

Sección sétima O acollemento preadoptivo e proposta de adopción

Artigo 84º.-Acollemento preadoptivo.

1. O delegado provincial competente emitirá a proposta de adopción que elevará ó xuíz competente, xunto co informe dos servicios de Atención ó Menor, e formalizará o acollemento familiar preadoptivo, sempre que se reúnan as seguintes circunstancias:

a) Que os acolledores reúnan os requisitos necesarios para adoptar, fosen seleccionados, e presten ante a delegación provincial competente o seu consentimento á adopción.

b) Que o menor se atope en situación xurídica adecuada para a súa adopción.

2. Con anterioridade á presentación da proposta de adopción ante a autoridade xudicial, a delegación provincial poderá formalizar un acollemento familiar preadoptivo, cando fose necesario establecer un período de adaptación do menor á familia. Este período, que será o máis breve posible, non poderá exceder do prazo dun ano.

3. No caso de emigrantes galegos, só se poderá formaliza-lo acollemento preadoptivo unha vez fixada a súa residencia efectiva en Galicia.

Artigo 85º.-Menores con especiais dificultades.

Cando se trate de menores con especiais dificultades, a formalización do acollemento preadoptivo non terá que ser inmediata, debendo establecerse un plan de integración familiar progresivo en función das necesidades do menor e a familia.

Artigo 86º.-Proposta de adopción.

1. Correspóndelle ó equipo técnico do menor da delegación provincial competente o seguimento dos acollementos preadoptivos, que non poderán ter unha duración superior a un ano.

2. Unha vez verificada a adaptación positiva entre o menor e a familia acolledora, a delegación provincial emitirá a proposta de adopción que presentará coa maior brevidade posible perante o xuíz competente.

Artigo 87º.-Consentimentos, criterios, informes e propostas.

Coa proposta de adopción achegaranse os consentimentos dos adoptantes e do adoptando maior de doce anos, así como os asentimentos recollidos e, no seu defecto, expresaranse os motivos polos que non foi posible obtelos. Así mesmo, especificaranse os criterios seguidos para a selección deses adoptantes e incorporaranse os informes de valoración de idoneidade e as correspondentes propostas e resolución de idoneidade e selección deles.

Capítulo V Da adopción internacional

Sección primeira. Disposicións xerais

Artigo 88º.-Autoridade competente.

A Dirección Xeral de Familia é a autoridade central da Comunidade Autónoma de Galicia encargada de darlles cumprimento ás obrigas que impón o convenio relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional feito na Haia o 29 de maio de 1993, ratificado por España o 30 de xuño de 1995.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 88 modificado por artigo 18.

Artigo 89º.-Tramitación do proceso de adopción internacional.

1. A Dirección Xeral de Familia, as delegacións provinciais ou as entidades colaboradoras de adopción internacional debidamente habilitadas, informarán os solicitantes sobre a tramitación necesaria para proceder á adopción internacional e sobre os requisitos específicos que se esixen nos diferentes países.

2. As solicitudes de adopción internacional tramitaranas:

a) A Dirección Xeral de Familia

b) As entidades colaboradoras de adopción internacional debidamente habilitadas e, en todo caso, as ditas entidades cando asi o esixa o país de orixe do menor.

3. A solicitude formularase para un país concreto. Iniciados os trámites dunha solicitude, será necesario finalizar ou cancela-lo proceso de adopción para poder iniciar unha nova tramitación no mesmo ou noutro país.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando nun país se paralice a tramitación de tódolos expedientes de adopción internacional xa iniciados, sen que poida preverse unha continuación destes en prazo próximo, a Dirección Xeral de Familia, logo de petición do interesado, poderá autoriza-la tramitación dun segundo expediente nun país distinto. No caso de producirse unha continuación dos expedientes paralizados, os solicitantes deberán optar por un dos dous abertos e desistir do outro.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 89 modificado por artigo 18.

Artigo 90º.-Valoración de idoneidade.

1. As persoas interesadas en adoptar un menor estranxeiro e residente nun país estranxeiro deberán formular solicitude de valoración de idoneidade ante a delegación provincial correspondente ó seu domicilio.

2. O estudio e valoración para a declaración de idoneidade axustarase ó procedemento establecido na sección quinta do capítulo IV do título II deste regulamento, coas seguintes especialidades:

a) Teranse en conta os requisitos e circunstancias que concorran no país ó que se lle formulará a petición de adopción. Entre outros aspectos, valorarase especialmente a aceptación das diferencias raciais, étnicas e culturais.

b) Finalizada a valoración polo equipo técnico do menor, o delegado provincial elevaralle unha proposta de resolución sobre a idoneidade dos solicitantes á Dirección Xeral de Familia. Recibida a proposta, a dirección xeral emitirá resolución no prazo máximo de seis meses desde a data da solicitude.

c) Correspóndelle a dirección xeral a expedición dos certificados de idoneidade, e cando o esixa o país de orixe do menor, a expedición do compromiso de seguimento previamente aceptados polos solicitantes.

d) Certificado de idoneidade e os informes de valoración dos solicitantes, seranlle enviados ó organismo competente do país de orixe do menor, directamente ou mediante ECAI habilitada para actuar no país correspondente, sen prexuízo das persoas interesadas a obter copias.

En todo caso, o certificado de idoneidade só será válido para o país para o que se solicitase.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 90 modificado por artigo 18.

Artigo 91º.-Tramitación do expediente.

A tramitación do expediente de adopción axustarase ó procedemento establecido polo Convenio da Haia, do 29 de maio de 1993, relativo á protección do neno e á cooperación en materia de adopción internacional.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 91 modificado por artigo 18.

Artigo 92º.-Países que non teñen asinado protocolo de colaboración ou ratificado o Convenio da Haia.

1. No suposto de que o país no que se pretenda solicita-la adopción dun menor non tivese asinado protocolo de colaboración ou ratificado o Convenio da Haia, facilitaráselles ós interesados o enderezo e a información sobre o organismo oficial ó que deben dirixi-la súa solicitude, ben directamente, ben a través dunha ECAI debidamente acreditada. En calquera caso orientaranse os solicitantes que se dirixan ós países que teñan ratificado o Convenio da Haia ou asinado un protocolo de colaboración nesta materia.

2. Nestes casos, o certificado de idoneidade e os informes psicosociais dos solicitantes serán remitidos pola Dirección Xeral de Familia ó organismo competente do país de orixe do menor, ou á súa representación diplomática, directamente ou a través da ECAI.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 92 modificado por artigo 18.

Artigo 93º.-Preasignación dun menor.

De conformidade co Convenio da Haia, a preasignación dun menor será estudiada pola delegación provincial competente, que emitirá un informe-proposta. Este informe, xunto coa aceptación da familia á preasignación, serán elevados á Dirección Xeral de Familia, que certificará a conformidade ou non coa preasignación do menor, así como a continuación do procedemento se é o caso. Os solicitantes comunicaránlle á delegación provincial a constitución da adopción e a chegada do menor á Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 93 modificado por artigo 18.

Sección segunda. Concepto de actuación e réxime xurídico das entidades colaboradoras de adopción internacional

Artigo 94º.-Entidades colaboradoras de adopción internacional.

1. Para os efectos deste decreto enténdese por entidades colaboradoras de adopción internacional aquelas que sen ánimo de lucro e legalmente constituídas, teñan nos seus estatutos como fin a protección de menores e que, reunindo os requisitos previstos nesta norma, obteñan a correspondente habilitación da Dirección Xeral de Familia, para intervir en funcións de mediación, determinadas por esta dirección xeral, en adopción internacional nos termos e condicións establecidas neste regulamento.

2. As entidades colaboradoras terán como referencia e respectarán na súa actuación o ordenamento xurídico español e a lexislación do país de orixe do neno e o que se establece neste regulamento.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 94 modificado por artigo 18.

Artigo 95º.-Ámbito de actuación.

1. Nesta sección regúlanse as actuacións das entidades colaboradoras de adopción internacional que se leven a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No estranxeiro, a intervención da entidade colaboradora estará referida ó país ou países para os que fose habilitada pola Dirección Xeral de Familia e autorizada polas autoridades competentes dos ditos países.

3. A entidade colaboradora intervirá en funcións de mediación para a adopción internacional, solicitada por residentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ó país ou países para os que sexa habilitada, para as actividades e nos termos e condicións establecidas pola Dirección Xeral de Familia.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 95 modificado por artigo 18.

Artigo 96º.-Réxime xurídico.

O procedemento de tramitación das adopcións internacionais e o funcionamento das entidades colaboradoras de adopción internacional axustaranse ó que estableza a normativa internacional, estatal e autonómica aplicable, e a este regulamento, e especialmente ó Convenio da Haia, do 29 de maio de 1993, sobre a protección do neno e a cooperación en materia de adopción internacional.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 96 modificado por artigo 18.

Sección terceira. Requisitos para a habilitación

Artigo 97º.-Requisitos para a habilitación.

A entidade colaboradora debe reuni-los seguintes requisitos:

1. Que se trate dunha entidade constituída legalmente e inscrita no rexistro correspondente de acordo co seu ámbito territorial de actuación, así como no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais desta consellería.

2. Que teña como finalidade nos seus estatutos a protección de menores de acordo co previsto na lexislación española e os principios recollidos na Convención de Dereitos do Neno e demais normas internacionais aplicables.

3. Que persiga fins non lucrativos.

4. Que a súa traxectoria no desenvolvemento das actividades para a consecución dos obxectivos estatutarios sexa correcta e adecuada.

5. Que teña aptitudes para cumprir correctamente as funcións que vaia asumir.

6. Que no proxecto de actuación que presente quede suficientemente garantido o respecto ós principios e normas da adopción internacional e a debida intervención dos organismos administrativos e xudiciais competentes do país estranxeiro no que vai efectua-la súa actuación.

7. Que dispoña dos medios materiais necesarios para o desenvolvemento das súas funcións.

8. Que conte con equipos intradisciplinares formados como mínimo por unha persoa licenciada en dereito, un psicólogo ou psicóloga e un traballador ou traballadora social, competentes profesionalmente e con experiencia no ámbito da infancia, adolescencia e familia, así como coñecementos das cuestións relativas á adopción internacional.

9. Que estea dirixida e administrada por persoas cualificadas pola súa integridade moral e pola súa formación e/ou experiencia para actuar no ámbito da adopción internacional.

10. Que recolla nos seus estatutos os principios e as bases segundo os cales poden repercutir nos solicitantes de adopción os gastos derivados da tramitación efectuada pola entidade colaboradora.

11. Que actúe a través de establecementos radicados en Galicia e representación no país estranxeiro para o cal solicita a habilitación.

12. Que xustifique mediante estudio económico os custos e gastos directos, incluídos os honorarios profesionais, derivados da tramitación xurídico-administrativa das solicitudes e procesos de adopción internacional para acreditar que non poderán obter beneficios indebidos.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 97 modificado por artigo 18.

Decreto 192/2015, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 97 apartados 8 e 11 nova redacción por disposición derradeira primeira apartados 1 e 2.

Sección cuarta. Procedemento para a habilitación

Artigo 98º.-Procedemento para a habilitación de entidades colaboradoras.

1. A habilitación dunha entidade colaboradora para actuar en adopcións internacionais poderá realiza- la directamente a Dirección Xeral de Familia, unha vez comprobado que reúne tódolos requisitos establecidos no artigo 97 deste decreto ou ben por concurso público. A habilitación a través de convocatoria pública regularase mediante decreto.

2. Recorrerase á convocatoria pública na que se seleccionarán, entre as entidades que reúnan tódolos requisitos, as que ofrezan maiores garantías de calidade e respecto ós principios internacionais que deben rexe-la adopción, nos seguintes casos:

a) Cando exista unha desproporción entre o número de entidades que solicitan a habilitación para un determinado país e o número de preasignacións que anualmente se obteñen nel.

b) Cando sexa necesario reduci-lo número de entidades colaboradoras habilitadas para o mesmo país.

c) Cando sexa adecuado fomenta-la presentación de solicitudes de habilitación para determinados países.

d) Cando outras circunstancias excepcionais e xustificadas o aconsellen.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 98 modificado por artigo 18.

Artigo 99º.-Solicitude de documentación.

1. A habilitación dunha entidade colaboradora para actuar en adopcións internacionais supón a súa vontade previa de solicitala en modelo normalizado (anexo I), que deberá presentarse coa seguinte documentación:

a) Acreditación da identidade do asinante da solicitude e, se é o caso, da representación que exerza.

b) Copia autenticada da acta ou acordo de creación da entidade e dos seus estatutos así como certificado de inscrición no rexistro ou rexistros correspondentes á súa natureza.

c) Copia da tarxeta de identificación fiscal.

d) Documento acreditativo da composición do órgano de dirección, no que exprese o nome completo de cada membro e o seu documento nacional de identidade, así como do persoal que vai prestar servicios na entidade colaboradora co seu historial profesional.

e) Relación detallada dos medios materiais e patrimoniais dos que dispoñan para o desenvolvemento das súas funcións.

f) Documento que acredite a formación ou experiencia para actuar no ámbito da adopción internacional.

g) Proxecto de actuación do representante no país, no que se detallarán tódalas súas actuacións, previas e posteriores á asignación do menor, nas diferentes fases administrativas e xudiciais e as zonas onde se vai traballar, indicando a metodoloxía de traballo.

h) Plan económico sobre ingresos e gastos con indicación das percepcións que se prevexan cobrar ós solicitantes de adopción ó longo de todo o proceso.

i) Declaración na que consten os motivos polos que desexa actuar en materia de adopción internacional no país para o que solicita a habilitación.

j) Declaración de que cumpre os requisitos previstos neste capítulo e mailas instruccións dictadas pola consellería competente en materia de familia.

Toda esta documentación deberá presentarse debidamente compulsada.

2. A solicitude e maila documentación dirixiranse á Dirección Xeral de Familia, e poderá presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Cando do exame da documentación presentada se apreciase falta ou defecto nela, requirirase o asinante para que, nun prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese se considerará desistido da súa petición, logo de resolución na que se declare esta circunstancia.

4. A intervención en procesos de adopción de menores estranxeiros precisará de habilitacións diferentes con respecto a cada un dos países nos que a entidade colaboradora desexe intervir, para o que deberá presentar unha solicitude por cada un deles.

5. A Dirección Xeral de Familia, unha vez tramitado o oportuno expediente administrativo e comprobado que se cumpren tódolos requisitos previstos, dictará e notificará a resolución outorgando, se é o caso, a habilitación da entidade no prazo máximo de seis meses.

6. O titular ou representante legal da entidade colaboradora deberá poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Familia todas aquelas modificacións que afecten os datos sinalados neste artigo.

7. Unha vez concedida a habilitación pola Dirección Xeral de Familia, anotarase no correspondente rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais da consellería competente en materia de familia coa denominación de entidade colaboradora de mediación en adopción internacional.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 99 modificado por artigo 18.

Artigo 100º.-Efectividade da resolución.

A habilitación outorgada á entidade colaboradora pola Dirección Xeral de Familia queda condicionada:

a) Á obtención pola entidade colaboradora no prazo máximo dun ano de autorización para actuar no dito país polas autoridades competentes mediante resolución formal.

b) Á constitución dun fondo de reserva en calquera dos establecementos financeiros legalmente autorizados en España por un valor non inferior a dez veces a contía dos gastos indirectos por expediente que perciban dos solicitantes. Este fondo responderá das continxencias improntas que afecten a continuación dos expedientes ou o funcionamento da propia entidade, e non poderá ser utilizado sen autorización previa da Dirección Xeral de Familia.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 100 modificado por artigo 18.

Artigo 101º.-Duración.

1. A habilitación terá unha duración de dous anos e quedará prorrogada tacitamente por períodos anuais, excepto que a entidade colaboradora solicite a súa baixa cun prazo de antelación de seis meses á data de vencemento; neste caso estará obrigada a finaliza-la tramitación de tódolos expedientes que iniciase con anterioridade á dita solicitude. Á súa finalización, a ECAI está obrigada a lle entregar á Administración tódolos expedientes tramitados nun prazo máximo de 3 meses.

2. Non se producirá a prórroga tácita nos supostos recollidos nos artigos 98.2º b) e 104.1º deste regulamento.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 101 modificado por artigo 18.

Artigo 102º.-Revogación.

A Dirección Xeral de Familia poderá, mediante resolución motivada, logo de instrucción do oportuno procedemento, deixar sen efecto a habilitación, definitiva ou temporalmente, se a entidade colaboradora deixase de reuni-los requisitos e condicións esixidas, incumprise algunha norma legal ou as condicións e termos fixados polo órgano habilitante ou non tramitase ningún expediente de adopción internacional durante o período de dous anos.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 102 modificado por artigo 18.

Artigo 103º.-Efectos da revogación.

1. Na resolución pola que se revogue a habilitación dunha entidade colaboradora, establecerase, logo de audiencia dos interesados, se a entidade colaboradora está obrigada a finalizar por si mesma os expedientes iniciados, ou se a tramitación será continuada por outra entidade ou pola entidade pública no caso de que fose posible, afrontando a entidade as responsabilidades, incluso económicas, que poida supoñer. Nos supostos que a ECAI non finalice os expedientes por si mesma, deberá remitilos á Dirección Xeral de Familia, calquera que sexa a fase de tramitación, trasladandolle á Administración a titularidade e control dos que se atopen nos organismos competentes do país de orixe do menor.

2. Así mesmo, deberá efectua-la liquidación das cantidades percibidas dos solicitantes, xustificando o seu destino tanto nas aplicadas a gastos directos como indirectos. As cantidades percibidas a conta, que no momento da revogación da habilitación non se aplicaran ós gastos para as que estaban destinadas, serán devoltas ós solicitantes.

3. A liquidación da entidade colaboradora deberá ser remitida, co correspondente informe de auditoría, á Dirección Xeral de Familia para a súa aprobación.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 103 modificado por artigo 18.

Artigo 104º.-Limitación.

1. Se algún dos países de orixe dos menores susceptibles de adopción establece un límite no número de entidades colaboradoras de mediación en adopción internacional para actuar no seu territorio, a Dirección Xeral da Familia cooperará cos órganos competentes das comunidades autónomas e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para facer posible a habilitación do número máximo de entidades colaboradoras determinado polo límite referido, denegando as solicitudes das restantes entidades interesadas.

2. Cando se constate ou prevexa que haxa unha desproporción entre o número de expedientes en trámite e o número de asignacións que unha entidade colaboradora está obtendo nun determinado país ou países, a Dirección Xeral de Familia poderá acordar mediante resolución motivada, a suspensión do envío de novos expedientes a esta entidade colaboradora.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 104 modificado por artigo 18.

Sección quinta. Réxime de funcionamento

Artigo 105º.-Obrigas das entidades colaboradoras.

1. A entidade colaboradora, unha vez habilitada pola Dirección Xeral de Familia, terá as seguintes obrigas:

a) Deberá ter coñecemento detallado e cumpri-la lexislación sobre protección de menores e adopción, tanto estatal e autonómica, como do país estranxeiro para o que estea habilitada.

b) Deberá asegurarse da ausencia de compensación pola adopción do menor.

c) Deberá ter á disposición dos usuarios tanto as habilitacións concedidas como os prezos dos servicios que presta.

d) Informará mensualmente a Dirección Xeral de Familia sobre:

-Os solicitantes que rexistre tanto de alta como de baixa.

-Os expedientes que envíe a cada país.

-Os menores adoptados ou tutelados co fin de adopción que chegasen a España, nos que interviñera na súa tramitación, en favor de persoas ou familias residentes no territorio da Comunidade Autónoma.

e) Manterá reunións periódicas cos responsables de adopcións internacionais da Dirección Xeral de Familia e técnicos das delegacións provinciais, para os efectos de poder establecer criterios comúns de traballo.

f) Porá á disposición da Dirección Xeral de Familia, cando esta o requira, tódolos documentos que teñan que ver coa actividade para a cal foi habilitada.

g) Comunicaralle á Dirección Xeral de Familia calquera modificación dos datos relevantes achegados coa solicitude de habilitación ou proxecto de actuación, co fin de que, se é o caso, esta lle outorgue a oportuna autorización á modificación de que se trate.

h) Remitiralle á Dirección Xeral de Familia unha memoria anual, antes do 31 de marzo, na que se incluirá:

-Informe sobre as actividades realizadas e sobre a situación da entidade.

-Copia dos balances e orzamentos.

-Informe emitido por auditor autorizado.

-Informe sobre a dispoñibilidade das contas correntes.

-Informe sobre a situación contractual do persoal.

-Calquera outra información que lle requira a dirección xeral.

i) Deberá concertar un seguro de responsabilidade civil para garantir calquera tipo de responsabilidade deste carácter que derive do seu funcionamento.

j) Deberá manter unha xestión, infraestructura e programa orzamentario totalmente independente da entidade á que pertenza.

k) Deberá garantir e preserva-la confidencialidade de tódolos datos ós que poida acceder nas súas actuacións ou traballo, de acordo co recollido na normativa vixente en materia de protección de datos.

2. Así mesmo, a entidade colaboradora deberá informa-las autoridades competentes sobre calquera irregularidade, abuso ou ganancia indebida da que teña coñecemento, entendida esta última como beneficio financeiro distinto daqueles gastos que fosen precisos para cubri-los estrictamente necesarios que poidan derivar da adopción de nenos que residen noutro país.

3. A entidade prestará alomenos media xornada diaria de atención presencial e telefónica ó público.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 105 modificado por artigo 18.

Artigo 106º.-Réxime especial do persoal.

As persoas que presten servicios nunha entidade colaboradora estarán suxeitas ó seguinte réxime de actuación:

1. Estarán obrigadas a gardar segredo da información á que teñan acceso sobre adoptantes e adoptandos.

2. Non poderán simultanea-la súa actividade con outra no sector público en traballos relacionados coas materias obxecto de actuación da entidade.

3. Non poderán facer uso dos servicios dela.

4. Non poderán intervir nas funcións de mediación de adopción internacional cando concorran as seguintes circunstancias:

-Ter interese persoal no asunto tratado, ou noutro asunto que poida influír na resolución do primeiro.

-Ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.

-Ter parentesco de consanguinidade ata o cuarto grao ou de afinidade ata o segundo grao, con calquera dos interesados, asesores, representantes legais ou mandatarios que interveñan no proceso de mediación, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con aqueles para o asesoramento, a representación ou o mandato.

-Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas no parágrafo anterior.

-Ter intervido como perito ou testemuña no proceso de que se trate.

-Ter relación de servicio coa persoa interesada directamente no asunto, ou ter prestado servicios profesionais de calquera tipo ou en calquera circunstancia nos dous últimos anos.

5. Os representantes que realicen actos en nome da ECAI, deberán someter estes actos á supervisión da Dirección Xeral de Familia. Por estes actos responde a entidade que representa.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 106 modificado por artigo 18.

Artigo 107º.-O representante da ECAI no país de orixe do menor.

A ECAI deberá ter un representante no país de orixe do menor que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ser unha persoa física. Excepcionalmente poderá ser unha persoa xurídica se así o prevé a normativa do estado de orixe.

b)

c) Ter experiencia acreditada en materia de menores.

d) Ter coñecemento a nivel legal e social da situación do país de orixe do menor.

e) O representante estará vinculado á ECAI mediante contrato laboral, mercantil ou mandato civil. En ningún caso, a súa remuneración consistirá nunha cantidade por cada expediente finalizado.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 107 modificado por artigo 18.

Decreto 192/2015, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 107 apartado b) suprimido por disposición derradeira primeira apartado 3.

Artigo 108º.-Particularidades da tramitación.

1. A entidade colaboradora non poderá admitir a trámite nova solicitude daquelas persoas que xa teñen en trámite unha solicitude anterior de adopción internacional nesa ou noutra entidade colaboradora ou directamente a través da entidade pública.

2. A entidade colaboradora non poderá tramitar un mesmo expediente en varios países á vez. Iniciados os trámites dunha solicitude, será necesario finalizar ou cancela-lo proceso de adopción para poder iniciar unha nova tramitación no mesmo ou noutro país, agás a excepción prevista no artigo 89.3º deste decreto.

3. As solicitudes de adopción que se tramiten a través da entidade colaboradora deberán estar referidas a menores susceptibles de adopción do país ou países para os que fose habilitada.

4. Poderán intervir nos trámites tendentes á constitución de adopcións plenas, ou institucións xurídicas que posibiliten e autoricen expresamente a constitución da adopción plena en España, cando a lexislación do país de orixe estableza unicamente esta posibilidade para a adopción por estranxeiros.

5. Igualmente intervirán nos trámites conducentes á constitución no país de orixe dos menores de adopcións non plenas, naqueles supostos en que se prevé que posteriormente en España se pode constituí-la adopción plena dese menor.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 108 modificado por artigo 18.

Sección sexta. Funcións e actuacións das entidades colaboradoras

Artigo 109º.-Actuacións previas á adopción das entidades colaboradoras.

Previamente á constitución da adopción, as funcións da entidade colaboradora en España serán as seguintes:

1. Desenvolverá actividades de información e asesoramento.

2. Levará un rexistro das solicitudes de tramitación de adopción internacional recibidas, que inscribirá por orde de entrada, reflectindo a data de recepción do certificado de idoneidade dos adoptantes, así como, se é o caso, o compromiso de seguimento

En todo caso, o certificado de idoneidade, que será emitido pola Dirección Xeral de Familia, e o seu correspondente informe psicosocial, así como o compromiso da familia de someterse ó seguimento e o da Dirección Xeral de Familia de efectualo, serán remitidos directamente desde a dirección xeral á entidade colaboradora.

3. Encargarase, por petición dos solicitantes, de completa-lo expediente de adopción internacional, para o que reclamará os documentos necesarios, procederá, se é o caso, á súa traducción, e efectuará as xestións necesarias para a súa legalización e autenticación.

4. Desenvolverá actividades de preparación e formación para a adopción internacional, se así se indica na resolución administrativa de habilitación, orientadas a persoas que están tramitando a adopción a través desa entidade colaboradora.

5. Remitirá a documentación que conforme o expediente, incluídos o certificado de idoneidade e o compromiso de seguimento emitidos pola Dirección Xeral de Familia e citados no artigo 90º deste regulamento, dirixíndoa ó seu representante no país de orixe do menor, informando disto a delegación provincial correspondente.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 109 modificado por artigo 18.

Artigo 110º.-Actuacións no país de orixe do menor.

As funcións e actividades da entidade colaboradora no país de orixe do menor serán as seguintes:

1. Fará chega-la documentación do expediente de adopción, a través do seu representante, á autoridade pública competente nese país ou ó organismo privado habilitado para o efecto polas autoridades deste e ante o que está autorizada a entidade colaboradora española para tramita-las solicitudes de adopción.

2. Seguirá e activará o procedemento de adopción, mantendo os oportunos contactos cos organismos públicos administrativos e xudiciais competentes na adopción. Para tal efecto, reclamará, cando sexa necesario, os documentos pertinentes dos organismos que correspondan.

3. Será informada periodicamente, a través do seu representante, sobre a situación da tramitación, co fin de poder manter informados os solicitantes e a correspondente delegación provincial.

4. Recibirá do organismo oficial do país de orixe do menor, e a través do seu representante, o documento referente á preasignación do menor.

5. Comunicaralle esta preasignación á correspondente delegación provincial que, en virtude das facultades recollidas no artigo 93º deste regulamento, emitirá informe ó respecto e dará traslado á Dirección Xeral de Familia para que esta resolva motivadamente sobre a súa aprobación ou non á preasignación.

6. Igualmente, informará da preasignación e da decisión da Dirección Xeral de Familia ós interesados, facilitándolles tódolos datos dispoñibles sobre o menor de que se trate, solicitando a súa aceptación ou non para a adopción dese menor.

7. Presentará, a través do seu representante no organismo oficial do país de orixe do menor do que recibiu a preasignación, o documento de aprobación ou non aprobación da Dirección Xeral de Familia, e, se é o caso, o de aceptación dos solicitantes.

8. Xestionará, cando sexa necesario, o outorgamento de poderes por parte dos interesados para a actuación de avogados e procuradores ante os órganos xudiciais competentes do país de orixe do menor.

9. Será informada polo seu representante, se durante a tramitación se solicita, por parte das autoridades competentes do país de orixe do menor, algún novo documento ou a actualización dalgún dos xa presentados, co fin de poder comunicárllelo ós interesados. Por petición destes, encargarase de reclamalo, xestiona-la súa legalización e autenticación, e, se é o caso, traducción, e presentarállelo ás autoridades que o solicitasen.

10. Asegurarase de que o menor reúna tódolos requisitos para a entrada e a residencia en España, e de que dispoña de toda a documentación pertinente para o recoñecemento da eficacia da resolución estranxeira no noso país.

11. Informará os interesados do momento en que poidan trasladarse ó país de orixe do menor para ultima-los trámites da adopción.

12. Axudará os interesados nas xestións de legalización, así como naqueloutras que deban realizarse ante as dependencias consulares españolas no país de orixe do menor.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 110 modificado por artigo 18.

Artigo 111º.-Actuacións posteriores á constitución da adopción.

Unha vez constituída a adopción, a entidade colaboradora terá as seguintes funcións e actuacións en España ou no país de orixe do menor adoptado:

1. Comunicaralle á correspondente delegación provincial a constitución da adopción ou, se é o caso, a tutela legal con fins de adopción en España e a chegada do menor ó noso país, facilitando unha copia compulsada da resolución de adopción ou de tutela.

2. Remitiralle ó organismo competente do país de orixe do menor, cando así o requira e coa periodicidade que se sinale, os informes de seguimento da adaptación do menor á súa nova familia remitidos pola correspondente delegación provincial.

3. Asesorará e instará os adoptantes para que soliciten a inscrición da adopción no Rexistro Civil Central, no caso de que non se realizara a dita inscrición no consulado español do país de orixe do menor antes da súa partida del.

4. Preocuparase, nos supostos en que se constituíse unha adopción non plena ou unha tutela legal con fins de adopcións en España, que lle propoña ó órgano xudicial competente español á correspondente delegación provincial ou directamente ó interesado, segundo proceda legalmente, a constitución da dita adopción.

5. Informará mensualmente a correspondente delegación provincial, sobre os menores adoptados ou tutelados con fins de adopción que chegasen a España como consecuencia de expedientes tramitados a través de entidade colaboradora.

6. Comunicaralle á correspondente delegación provincial e ó organismo competente do país de orixe do menor que a resolución de adopción se inscribiu no Rexistro Civil Central ou consular correspondente. Á delegación provincial facilitaralle unha copia da inscrición rexistral.

7. Prestará servicios de apoio ó menor adoptado e, se é o caso, tutelado con fin de adopción, e ós adoptantes.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 111 modificado por artigo 18.

Sección sétima. Aspectos financeiros

Artigo 112º.-Disposición xeral.

Cando os ingresos anuais da entidade colaboradora de adopción internacional, tanto procedentes de subvencións de organismos públicos, percepcións por gastos de tramitación ou outros ingresos que poida percibir, sexan superiores ós gastos desta, o excedente poderá destinarse, logo de autorización da Dirección Xeral de Familia, a repercutir na reducción dos custos de tramitación de novos expedientes e/ou ó financiamento de programas ou actuacións dirixidas á protección dos menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia ou no estado de orixe deles.

En ningún caso a entidade colaboradora poderá recibir doazóns procedentes de persoas que teñan realizado unha adopción internacional nos dous anos anteriores, a estean tramitando ou vaian facelo, nin dos seus familiares.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 112 modificado por artigo 18.

Artigo 113º.-Gastos.

As entidades colaboradoras poderán percibir dos solicitantes de adopción para facer fronte ós gastos derivados da xestión específica de tramita-la adopción internacional, unha compensación económica polos seguintes conceptos:

1º Gastos indirectos: comprenderán os gastos xerais de mantemento, infraestructura e persoal da entidade, así como os do representante no país de orixe do menor.

2º Gastos directos, que comprenderán os seguintes conceptos:

a) Gastos de tramitación e de obtención, traducción, autenticación de documentos e xestións similares que, se é o caso, realice a entidade colaboradora tanto en España como no estranxeiro.

b) Os que poidan repercutir nos adoptantes correspondentes á manutención do menor nos países nos que a súa lexislación así o requira, non podendo ser anteriores á data en que o adoptante aceptou a preasignación do menor.

a) Doazóns humanitarias nos países nos que os orfanatos ou residencias infantís dependen das doazóns dos adoptantes que sexan autorizadas pola Dirección Xeral de Familia unha vez comprobado que estas non contraveñan os principios que regulan a adopción internacional e acreditada a legalidade destas doazóns, as súas contías e condicións pola autoridade central do país.

Os gastos correspondentes ós pagamentos directos tanto se se produciran en España como no país de orixe do menor serán sempre realizados pola entidade colaboradora que os xustificará posteriormente, mediante comprobantes ou facturas, unha vez finalizada cada fase de tramitación, ou resolta a relación contractual.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 113 modificado por artigo 18.

Artigo 114º.-Publicidade dos custos.

A entidade colaboradora informará as persoas que soliciten o seu asesoramento, ou que demanden os seus servicios do importe aproximado dos gastos que, salvo imprevisibles, ocasionarán os trámites de adopción. Igualmente, porá en coñecemento da Dirección Xeral de Familia as sucesivas actualizacións dos custos de tramitación.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 114 modificado por artigo 18.

Artigo 115º.-Retribucións do persoal.

1. O importe das retribucións do persoal non poderá ser superior ó que está establecido, legal ou convencionalmente, de forma xeral no territorio e para a actividade que vaian desenvolver. En ningún caso percibirán as súas retribucións en función das tramitacións ou xestións realizadas.

2. Os membros dos órganos de goberno da ECAI non poderán percibir ningunha remuneración con cargo a esta, salvo cando excepcionalmente e debidamente autorizados pola entidade pública, realicen persoalmente funcións de mediación. En todo caso non poderán percibir por estas funcións máis da cantidade que se estableza por estas funcións na resolución de autorización.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 115 modificado por artigo 18.

Artigo 116º.-Conta corrente.

Tódolos pagamentos que deban realiza-los solicitantes serán ingresados por estes na conta corrente única da entidade, desde a que se realizarán os pagamentos que procedan ou as oportunas transferencias bancarias. No caso de que algún dos gastos directos deba realizarse en moeda estranxeira, a xustificación posterior precisará a data e o tipo de cambio ó que se realizou, agás que a entidade fora autorizada a dispoñer dunha segunda conta corrente en divisa estranxeira para o pagamento destes costes directos.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 116 modificado por artigo 18.

Artigo 117º.-Contabilidade.

En todo caso, a súa contabilidade estará adecuada ó Plan Xeral Contable e ás normas que para o efecto poida dicta-la Comunidade Autónoma.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 117 modificado por artigo 18.

Sección oitava. Inspección

Artigo 118º.-Disposicións xerais.

1. A inspección sobre estas entidades colaboradoras no referente ás súas actividades de mediación en adopcións de menores estranxeiros para as que foi habilitada, corresponderalle ó órgano de inspección da consellería competente en materia de familia.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, a Dirección Xeral de Familia efectuará a supervisión e o control das entidades colaboradoras. Para tales efectos, levarase un rexistro de reclamacións formuladas polas persoas que acudan ás entidades colaboradoras habilitadas. Así mesmo, informará a dirección xeral competente nesta materia do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, das entidades colaboradoras habilitadas para que, pola súa vez, o poña en coñecemento do órgano competente do país estranxeiro onde vaia actuar.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 118 modificado por artigo 18.

Artigo 119º.-Coordinación con outras comunidades autónomas.

Cando a mesma entidade colaboradora sexa habilitada tamén noutra ou noutras comunidades autónomas, a Dirección Xeral da Familia establecerá a oportuna coordinación cos órganos competentes delas para efectos deste control.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 119 modificado por artigo 18.

Sección novena. Arbitraxe

Artigo 120º.-Sometemento a arbitraxe.

As controversias que poidan suscitarse entre os solicitantes de adopción internacional e a entidade colaboradora que tramite o seu expediente, someteranse obrigatoriamente a arbitraxe ante a Dirección Xeral de Familia, atenderase ó establecido na lexislación vixente nesta materia, sendo o laudo que se dicte de obrigado cumprimento para ámbalas dúas partes.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 120 modificado por artigo 18.

Capítulo VI Comisión Galega Interinstitucional do Menor

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 121 modificado por artigo 19.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 121 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 122 modificado por artigo 19.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 122 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 123 modificado por artigo 19.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 123 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 124 modificado por artigo 19.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 124 derrogado por disposición derrogatoria única.

Capítulo VII Comisións técnicas interinstitucionais sobre o menor

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 125 modificado por artigo 20.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 125 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 126 modificado por artigo 20.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 126 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 127 modificado por artigo 20.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 127 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 128 modificado por artigo 20.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 128 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 129 modificado por artigo 20.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 129 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 130 modificado por artigo 20.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 130 derrogado por disposición derrogatoria única.

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 131 modificado por artigo 20.

Decreto 184/2008, do 24 de xullo.

Artigo derrogado:Artigo 131 derrogado por disposición derrogatoria única.

TÍTULO III Infraccións e sancións

Capítulo I Disposicións xerais

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 132 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 132 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Capítulo II Infraccións

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 133 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 133 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 134 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 134 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 135 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 135 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 136 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 136 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 137 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 137 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Capítulo III Sancións

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 138 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 138 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 139 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 139 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 140 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 140 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Capítulo IV Procedemento sancionador

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 141 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 141 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 142 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 142 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Decreto 406/2003, do 29 de outubro.

Artigo modificado:Artigo 143 nova numeración por artigo 21.

Lei 3/2011, do 30 de xuño.

Artigo derrogado:Artigo 143 derrogado por disposición derrogatoria única apartado c).

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto neste regulamento e, en particular:

1. Decreto 134/1994, do 13 de maio, polo que se modifican os decretos 437/1990 e 120/1992, polos que se crean as comisións técnicas interinstitucionais sobre o menor e a Comisión Galega Interinstitucional do Menor, respectivamente (DOG nº 99, do 25 de maio de 1994).

2. Decreto 34/1996, do 12 de xaneiro, polo que se regula a habilitación de entidades colaboradoras de adopción internacional (DOG nº 27, do 7 de febreiro).

3. Decreto 202/1997, do 24 de xullo, polo que se crea o Observatorio Galego da Familia (DOG nº 151, do 7 de agosto), e Decreto 186/1998, do 11 de xuño, polo que se procede á reforma do artigo 5 do Decreto 202/1997, do 24 de xullo, polo que se crea o Observatorio Galego da Familia (DOG nº 123, do 29 de xuño de 1998).

4. Decreto 279/1997, do 1 de outubro, polo que se regulan os gabinetes de orientación familiar (DOG nº 195, do 9 de outubro).

5. Decreto 172/1998, do 5 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e a adolescencia, no relativo ó réxime sancionador (DOG nº 116, do 18 de xuño de 1998).

6. Decreto 169/1999, do 14 de maio, polo que se regulan as medidas de protección de menores e a adopción (DOG nº 108, do 8 de xuño).

7. Orde do 19 de marzo de 1996 pola que se establece a composición da Comisión Galega Interinstitucional do Menor (DOG nº 71, do 11 de abril).

Disposicións derradeiras

Primeira.-

Facúltase a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para que dicte cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-

Este decreto entrará en vigor ós vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de xaneiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

[Documento]

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia