lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.

Publicado en: DOG 169 29/08/1996

Departamento: Consellería de Presidencia e Administración Pública

Estado: En vigor

PDF

Inclúe a corrección de erros publicada no DOG núm. 190, do 27 de setembro de 1996.

A Lei de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. O mesmo artigo establece no seu apartado 2 que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos terrritorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia.

Tendo en conta o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa reunión do día un de xullo de mil novecentos noventa e seis, aínda que os topónimos correspondentes ás entidades de poboación que figuran como anexo ó presente decreto xa foron obxecto de aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia, e como consecuencia da corrección dalgún deles, faise necesario aproba-lo nomenclátor correspondente á provincia de Orense como corpo único que recolla a forma oficial das ditas entidades.

Polo exposto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-

Queda aprobado o nomenclátor correspondente as entidades de poboación da provincia de Orense que figura como anexo ó presente decreto.

Disposición adicional

Única.-

Do establecido no presente decreto e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

Única.-

O presente decreto entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Anexo

[táboa]

Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 190, do 27 de setembro de 1996, onde día onde di: «RIVADAVIA», debe dicir: «RIBADAVIA».

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia