Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais
NORMA CONSOLIDADA
- Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal
- Capítulo I do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 1 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 2 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Capítulo II do regulamento modificado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 3 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 4 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 5 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 6 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 7 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 9 apartado 1 do regulamento modificado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 10 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 12 do regulamento modificado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 13 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 14 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 15 do regulamento modificado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 16 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 18 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 19 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 20 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 21 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 22 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 23 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 24 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 25 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 26 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Capítulo III do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 27 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 28 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 29 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Capítulo IV do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 30 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 31 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 32 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Artigo 33 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Disposición adicional única derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
- Disposición transitoria primeira derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
- Disposición transitoria segunda derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
- Disposición transitoria terceira derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
- Disposición transitoria cuarta derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
- Disposición derrogatoria primeira derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
- Disposición derrogatoria segunda derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
- Disposición derradeira primeira derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
- Disposición derradeira segunda derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
- Anexo I derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
- Anexo II derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Preámbulo
Os incendios forestais son unha ameaza que afecta, hoxe en día, de xeito xeral non só ao patrimonio de millóns de propietarios forestais e de comunidades de montes veciñais, senón aos recursos naturais e ao mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural.
Durante os dez últimos anos houbo en Galicia unha media de 10.000 incendios, que representan o 50% de todo o Estado español, atinxindo en 2005 ao 33% da superficie estatal, con preto de 12.000 incendios forestais e 58.000 ha queimadas.
Esta situación evidencia a necesidade dun novo enfoque na loita contra os incendios forestais en Galicia, a partir dun tratamento que contemple os diversos factores que interveñen neste fenómeno.
Malia o escaso tempo transcorrido desde a publicación do Decreto 21/2005, do 20 de xaneiro, de prevención de incendios e regulación de aproveitamentos forestais, detéctanse nel insuficiencias que atinxen, entre outras cousas, aos mecanismos de protección e conservación dos montes, sinaladamente aqueles que teñen que ver coa loita contra os incendios forestais.
Cómpre un novo enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan todo o territorio aínda que, para unha maior eficacia do uso dos recursos, hai que priorizar as zonas clasificadas polo Goberno galego como zonas de alto risco de incendio de acordo cos seus plans de protección de bosques.
Xa que logo, o presente decreto, tendo en conta o previsto nos artigos 27.10º do Estatuto de autonomía de Galicia; 148.1.8º e 149.1.23º da Constitución de 1978; 43, 44.3º, 48 e 50 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, modificada pola Lei 10/2006, do 28 de abril; 80.2º c) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e 25.2º c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, vén desenvolver normativamente un novo marco na regulación e prevención en materia de incendios forestais, de acordo cos seguintes obxectivos:
1. Establecer un marco normativo común, con obxectivos claros e integradores que refunda a normativa de carácter non coxuntural, como forma de intervención na prevención dos incendios forestais.
2. Dispór por parte da Administración de instrumentos axeitados que permitan a regulación das actividades que poden ter incidencia nos incendios forestais.
3. A ordenación dos usos das superficies agroforestais buscando un equilibrio entre os aproveitamentos agrícola, gandeiro e forestal no marco da prevención de incendios no medio rural.
4. A mellora da calidade do medio rural, e o reforzo de todos os resortes para que as actividades que se desenvolven no medio rural, especialmente a agricultura e a silvicultura se integren no medio natural, con responsabilidades directas na súa conservación.
5. A corresponsabilidade de toda a sociedade na política de prevención como principio básico dun sistema de dereitos e deberes.
Así, as novidades máis importantes que presenta este decreto son as seguintes:
a) O establecemento de novas medidas en relación coa protección do espacio rural fronte a incendios forestais, plasmadas na configuración das faixas de especial protección e dos planos de prevención e defensa aplicables ás zonas de alto risco de incendios;
b) A regulación do réxime de comunicacións e autorizacións de queimas en canto que medidas preventivas contra incendios forestais;
c) A regulación de repoboacións forestais nos perímetros de asentamentos de poboación.
Finalmente, a entrada en vigor da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, recompilou no seu título VII o réxime sancionador nesa materia, sen prexuízo do que dispoña ao respecto a lexislación autonómica. Non obstante, a norma antes citada non establece atribucións competenciais concretas para a imposición das sancións e medidas que prevé, limitándose no seu artigo 73.1º a conter unha indicación recoñecendo a facultade aos órganos da comunidade autónoma que teñan atribuída a competencia en cada caso. Tendo en conta esta circunstancia, faise necesario realizar o desenvolvemento regulamentario de tal atribución competencial no presente decreto.
Xa que logo, no uso das atribucións concedidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concordante, e por proposta da Consellería do Medio Rural, oído o Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e dous de xuño de dous mil seis,
DISPOÑO:
Artigo derrogado: Artigo 1 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 2 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 3 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 4 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 5 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 6 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 7 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo 8º.-Obrigas urbanísticas.
1. As autorizacións para construción de instalacións en solo rústico queimado previstas na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, requirirá, durante un prazo de tres anos contados desde a data en que tivo lugar o incendio forestal cando o incendio fose superior a unha hectárea, do informe favorable da consellería competente en materia forestal. Exceptúanse do previsto neste punto as instalacións previstas nos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal regulado polo Decreto 80/2000, do 23 de marzo, así como aqueles proxectos sometidos á avaliación de impacto ambiental.
2. Para os efectos anteriores, a consellería competente en materia forestal facilitaralle ao órgano competente para a concesión daquelas autorizacións a identificación mediante sistemas xeorreferenciados e cartografía a escala axeitada, dos solos que, por teren sufrido os efectos do lume, deban considerarse como solo rústico de protección forestal.
Artigo 9º.-Limitacións á actividade cinexética.
2. Nos terreos cinexeticamente ordenados, cando o número de incendios forestais ou a suma de superficies queimadas ao longo do ano así o aconselle, a dirección xeral competente en materia cinexética poderá, logo de solicitude motivada da consellería competente en materia forestal, acordar a revisión do contido dos plans de ordenación de aproveitamento cinexético ou ben suspender temporalmente a actividade cinexética.
3. O reinicio da actividade cinexética logo da suspensión temporal prevista no número dous deste artigo, será acordado pola dirección xeral competente en materia cinexética, oído o comité de caza correspondente e os titulares do aproveitamento, logo do informe favorable da consellería competente en materia forestal.
Artigo modificado: Artigo 9 apartado 1 do regulamento modificado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 10 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Sección terceira Limitacións e medidas preventivas contra incendios forestais
Artigo 11º.-Limitacións á utilización de explosivos.
1. Cando se empreguen explosivos para aperturas de estradas, traballos de canteiras, prospeccións mineiras e outras actividades que inclúan o uso dos citados materiais en terreos forestais, deberán establecerse medidas e persoal con dotación de material para a extinción dos incendios forestais que eventualmente se puidesen producir, de conformidade coas normas ditadas pola dirección xeral competente en materia forestal. Esta obriga esténdese a aquelas actividades complementarias de sinalización e mantemento que empreguen elementos con chama ou produtos de restos incandescentes.
2. Deberase comunicar cun prazo mínimo de 15 días de antelación aos servizos provinciais de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais a execución de tales traballos, que se poderán limitar ou prohibir cando o índice de perigo de incendios o faga necesario.
Artigo 12º.-Prohibicións e regulacións de carácter xeral.
1. Con carácter xeral, prohíbense as seguintes actividades:
e) A utilización, nas épocas de alto risco de incendios, nos montes e nas áreas rurais situadas nunha franxa de 400 metros arredados daqueles, de maquinaria non forestal nin agrícola con ferramentas que poidan producir chispas ou soldaduras de calquera tipo, agás autorización expresa da dirección xeral competente en materia forestal, logo de solicitude presentada segundo o modelo do anexo V na cal se achegará unha memoria explicativa dos traballos e as medidas previstas de prevención e extinción de incendios. A autorización virá condicionada en todo o caso ao cumprimento das devanditas medidas.
Artigo modificado: Artigo 12 do regulamento modificado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 13 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 14 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo 15º.-Comunicacións e autorizacións de queima.
2. A comunicación de queima precisarase para a queima de restos agrícolas amoreados en terreos agrícolas situados a menos de 400 metros do monte, que se presentará cunha antelación mínima de dous días ante a dirección xeral competente en materia forestal, nas oficinas provinciais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, nas oficinas dos distritos forestais, na delegación provincial da consellería competente en materia forestal ou nos lugares que se habiliten para tal efecto, facilitándose ademais a súa presentación por medios telefónicos ou telemáticos. Se a comunicación se presentase en calquera dos rexistros a que fai referencia o artigo 38.4º b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberase realizar cunha antelación mínima de dez días.
3. A autorización de queima precisarase para queimas de restos forestais, ben estean amoreados ou non e con independencia de que estas teñan lugar nun terreo agrícola ou forestal, para queimas controladas en matogueiras, pasteiros, cercados ou similares e calquera outro tipo de queima que non estea comprendida no punto anterior.
A solicitude de autorización para queima presentarase cunha antelación mínima de sete días, perante a dirección xeral competente en materia forestal, nas oficinas provinciais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, nas oficinas dos distritos forestais, na delegación provincial da consellería competente en materia forestal ou nos lugares que se habiliten para tal efecto. Se a solicitude de autorización se presentase en calquera dos rexistros a que fai referencia o artigo 38.4º b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberase realizar cunha antelación mínima de quince días.
Estas autorizacións outorgaraas, se procede, o delegado provincial que corresponda, sen prexuízo do emprego de calquera dos mecanismos previstos no capítulo I, do título II, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, establecéndose nestas o día ou días nos cales se autoriza a realización da queima.
Cando as autorizacións de queima se refiran a terreos cualificados, segundo o artigo 9 da Lei 9/2001, de 21 de agosto, de conservación da natureza, como espazos naturais protexidos ou se atopen delimitados dentro de hábitats para a conservación de aves silvestres, conforme prevé a Directiva 79/409/CEE, do consello, do 2 de abril de 1979, relativa á conservación de aves silvestres e o Real decreto 439/1980, do 30 de marzo, polo que se regula o Catálogo Nacional de Especies Ameazadas, situados en espazos naturais protexidos, serán informadas, no prazo de tres días, pola Conselllería de Medio Ambiente.
4. Tanto no caso das comunicacións como das autorizacións, o prazo para realizar as queimas será regulado pola dirección xeral competente en materia forestal.
5. Toda queima que se realice, tanto agrícola como forestal, deberá aterse ás seguintes prescricións:
a) A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida dúas horas antes do momento da súa posta.
b) Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.
c) Non poderá iniciarse ningunha queima cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, se iniciados os traballos se producise a aparición de vento, suspenderase inmediatamente a operación procedendo a apagar o lume.
d) Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.
e) En toda queima autorizada deberase contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control. Dado o elevado risco que supoñen este tipo de queimas para a seguridade e saúde do persoal que as leva a cabo, en ningún caso se poderán realizar individualmente, mesmo no caso de que a súa extensión sexa pequena e en principio se considere que o risco é mínimo.
6. O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais poderá suspender temporalmente as comunicacións e autorizacións de queima, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.
Así mesmo, o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais ou dos distritos forestais poderá suspender a realización de calquera queima ou prescribir calquera outra disposición de seguridade que estime, a teor das circunstancias do momento.
En caso de que as circunstancias climatolóxicas e do servizo o aconsellen, poderanse establecer días para realizar as queimas por parroquias cando tres ou máis veciños solicitasen as queimas.
7. A comunicación das queimas ou a autorización de queimas outorgada de acordo co previsto neste artigo non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos e perdas a que houber lugar no caso de producirse un incendio forestal polo uso do lume cando concorra neglixencia ou imprudencia.
8. Na época de alto risco de incendios non se procederá a tramitar as comunicacións de queima nin a autorizar as queimas, agás cando concorran circunstancias excepcionais e así o autorice a dirección xeral competente en materia de montes.
Artigo modificado: Artigo 15 do regulamento modificado por disposición derrogatoria única apartado 1
Sección cuarta Zonas de alto risco de incendios forestais
Artigo derrogado: Artigo 16 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo 17º.-Limitacións en zonas de alto risco.
1. Nas zonas de alto risco de incendios forestais incluídas na relación que se publique anualmente, queda prohibida a utilización do lume para eliminar restos de aproveitamentos forestais e de tratamentos silvícolas, agás xustificación técnica de inexistencia doutras alternativas viables, caso en que a delegación provincial da consellería competente en materia de política forestal poderá autorizar a utilización do lume, logo de solicitude presentada conforme o anexo VI.
2. Se a Administración forestal non emitise resolución expresa no prazo dun mes, entenderase estimada por silencio administrativo.
3. A resolución que autorice a utilización do lume, sexa expresa ou presunta, non exime da solicitude da correspondente autorización de queima a que fai referencia o artigo 15º do presente decreto.
Artigo derrogado: Artigo 18 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 19 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 20 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 21 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 22 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 23 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 24 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 25 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 26 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 27 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 28 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 29 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 30 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 31 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 32 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Artigo 33 do regulamento derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Disposición adicional única derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Disposición transitoria primeira derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Disposición transitoria segunda derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Disposición transitoria terceira derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Disposición transitoria cuarta derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Disposición derrogatoria primeira derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Disposición derrogatoria segunda derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Disposición derradeira primeira derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Disposición derradeira segunda derrogada por disposición derrogatoria única apartado 1
Santiago de Compostela, vinte e dous de xuño de dous mil seis.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
Alfredo Suárez Canal
Conselleiro do Medio Rural
Artigo derrogado: Anexo I derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Artigo derrogado: Anexo II derrogado por disposición derrogatoria única apartado 1
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.