Lei 14/1992, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1993

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: DOG 254 31/12/1992
Departamento: Parlamento de Galicia
Estado: En vigor
Texto Texto con anotaciones
Inclúe a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993.

A formación dos estados de gastos aprobados para 1993 realizouse nun momento de recesión económica, cuns axustes presupostarios do gasto a nivel estatal que necesariamente influíron de maneira negativa na expansión desexada ó repercutir nos recursos que debería percibi-la Comunidade Autónoma como consecuencia do mecanismo de financiamento.

Non obstante, e a pesar dos acordos de converxencia alcanzados, que limitan sensiblemente o endebedamento público, mantéñense, aplicándolle medidas moi restrictivas ó gasto corrente, niveis de crecemento similares a exercicios anteriores para os gastos de capital, con obxecto de continua-lo fundamental apoio ó desenvolvemento económico da Comunidade.

Neste sentido, as decisións adoptadas a que se fai referencia no parágrafo anterior permitiron, despois de consolida-la anualidade correspondente á planificación económica do exercicio a través dos programas de gasto, dedicarlle unha atención especial á implantación dos obxectivos establecidos na Lei de ordenación xeral do sistema educativo; isto constitúe, sen lugar a dúbidas, un elemento esencial de crecemento no campo socio-económico de Galicia.

Igualmente contemplan estes presupostos un amplo abano de accións en materia de normalización lingüística e de fomento e desenvolvemento da lingua galega, cunha dotación que vén posibilitada a través dos acordos de financiamento derivados da revisión do modelo inicial, que veu rexendo ata o ano 1992.

Por outra banda, tamén debe resaltarse que a entrada en vigor, o día 15 de outubro de 1992, da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia reduciu o articulado da lei e, en consecuencia, só aqueles preceptos de carácter temporal ou que non son propios daquela constitúen o contido principal deste corpo legal.

E, finalmente, cabe tamén sinala-la inclusión nos presupostos dun novo organismo autónomo, a Academia Galega de Seguridade, creada pola Lei 4/1992, do 9 de abril, que vén cubrir unha lagoa en tan importante área formativa, e o Instituto Galego de Promoción Económica, como ente público creado pola Lei 5/1992, do 10 de xuño, e destinado a impulsa-lo sector productivo galego.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo, en nome de El -Rei, a Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1993.

Título I Da aprobación dos presupostos e das súas modificacións

Capítulo I Créditos iniciais e financiamento dos mesmos

Artigo 1. Dos créditos iniciais.

Un. Apróbanse os presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 1993, integrados por:

a) O presuposto da Comunidade Autónoma.

b) Os presupostos dos organismos autónomos da Comunidade Autónoma de carácter administrativo.

c) Os presupostos dos organismos autónomos da Comunidade Autónoma de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo.

d) O presuposto da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e os das sociedades para a xestión dos servicios públicos de radiodifusión e televisión.

e) Os presupostos das sociedades públicas galegas de carácter mercantil.

f) O presuposto do ente de dereito público Instituto Galego de Promoción Económica.

Dous. No estado de gastos dos presupostos da Comunidade Autónoma concédense créditos para atende-lo cumprimento das súas obrigas por un importe de 491.564.848.000 pesetas.

O presuposto de gastos da Comunidade Autónoma financiarase:

a) Cos dereitos económicos que se liquiden no exercicio, estimados nun importe de 432.564.848.000 pesetas.

b) Co endebedamento neto resultante das operacións que se regulan no artigo 15 desta lei.

Os créditos correspondentes ós servicios transferidos do Instituto Nacional de Servicios Sociais, por un importe de 6.575.050.000 pesetas, están incluídos nos créditos consignados no estado de gastos citado e o seu financiamento nos dereitos económicos referidos neste número.

Os beneficios fiscais que afectarán ós tributos cedidos á Comunidade Autónoma estímanse en 4.636.400.000 pesetas. O seu detalle recóllese no anexo 4 desta lei.

Tres. Os estados de gastos e ingresos dos organismos autónomos de carácter administrativo que se aproban ascenden a 187.418.558.000 pesetas, co seguinte detalle.

[figura]

Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993, onde di quot;Instituto Galego de Estatística... 391.720quot; debe dicir quot;Instituto Galego de Estatística... 391.721quot;.

Os estados de gastos e ingresos dos organismos autónomos de carácter comercial, industrial, financeiro ou análogo que se aproban, e nos que se inclúen os movementos das súas contas de operacións comerciais, ascenden a 19.709.222.000 pesetas, co seguinte detalle:

[figura]

Catro. No presuposto da Compañía de Radio-Televisión de Galicia concédense as dotacións necesarias para atende-lo desenvolvemento das súas actividades por un importe de 1.285.000.000 de pesetas, estimándose os seus recursos en igual contía.

Nos presupostos das sociedades para a xestión dos servicios públicos de radiodifusión e televisión a que se refire a Lei 9/1984, do 11 de xullo, concédense as seguintes dotacións:

Televisión de Galicia, Sociedade Anónima, por un importe total de 8.205.000.0000 de pesetas, ascendendo os recursos a igual contía.

Radio-Televisión de Galicia, Sociedade Anónima, por un importe total de 825.000.000 de pesetas, ascendendo os recursos a igual contía.

Cinco. Nos presupostos do ente público Instituto Galego de Promoción Económica e das sociedades públicas galegas de carácter mercantil inclúense as estimacións de gastos e previsións de ingresos referidos ós mesmos e ós seus estados financeiros en atención á peculiaridade da súa actividade específica.

Corrección de erros. Artigo 1 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993.

Artigo 2. Distribución funcional dos créditos, a súa clasificación orgánica e económica, transferencias internas entre entes e ingresos consolidados.

Un. Os créditos incluídos nos capítulos I ó IX dos estados de gastos dos presupostos da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos agrúpanse en programas en función dos obxectivos que hai que conseguir. O seu importe consolidado, que ascende a 675.999.240.000 pesetas, segundo o anexo 1, distribúese, en atención á índole das funcións que hai que realizar e polas contías que se detallan, en miles de pesetas, como segue:

[figura]

Dous. As transferencias internas entre os entes referidos no artigo 1, punto Un, letras a), b) e c), importan 22.693.388.000 pesetas. Os créditos necesarios para a súa realización están incluídos nos importes consignados no artigo 1, e teñen o seguinte detalle:

[figura]

Tres. Os ingresos dos entes a que se refire o punto anterior distribúense como segue:

[figura]

Catro. Os créditos a que se refire o punto Un anterior distribúense orgánica e economicamente, expresados en miles de pesetas, como se especifica a continuación:

[figura]

Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993, na páxina 9.938, no cadro do presuposto consolidado para 1993, na columna do capítulo II, na ringleira do Total Xunta, onde di quot;22.448.760quot; debe dicir quot;22.446.760quot;; na mesma páxina, no mesmo cadro, na columna do capítulo I, na ringleira Total presuposto consolidado, onde di quot;230.558.904quot; debe dicir quot;230.360.904quot;, e na mesma ringleira, na columna correspondente ó capítulo II, onde di quot;66.364.527quot; debe dicir quot;66.264.257quot;.

Capítulo II Competencias específicas en materia de modificacións presupostarias

Artigo 3. Competencias específicas en materia de modificacións presupostarias.

Sen prexuízo do establecido na Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia e con validez exclusiva para 1993 autorízanselle ó conselleiro de Economía e Facenda as seguintes competencias específicas en materia de modificacións presupostarias:

a) Para incorporar ó presuposto de 1993 os créditos de exercicios anteriores, cando correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Comunidade Económica Europea.

b) Para incorporar ó presuposto de 1993 o remanente do crédito 04.09.121A.164.00, «Gastos sociais de persoal», do presuposto de 1992.

c) Para incorporar ó presuposto de 1993 o crédito 09.03.212A.486, de 1992, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para incorporar ó presuposto de 1993 os créditos que figuraron en 1992 destinados á construcción de centros de ensino universitario, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

e) Para incorporar ós estados de gastos das distintas consellerías e transferir ó Instituto Galego de Promoción Económica os remanentes de crédito que no exercicio de 1992 estaban destinados a actuacións que debe realizar dito Instituto.

f) Para incorporar ó presuposto de 1993 os créditos destinados á cobertura do Fondo Galego de Solidariedade, da Lei 12/1988 e dos decretos 373/1990 e 17/1992, así como do Decreto 222/1992, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

g) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferencia que poida existir entre a liquidación definitiva da porcentaxe de participación nos ingresos do Estado para 1992 e a estimada no estado de ingresos de 1993 para o dito concepto.

h) Para ampliar ata unha suma igual ás obrigas que se recoñezan, logo do cumprimento das formalidades legalmente establecidas ou das que se establezan, os créditos que, incluídos no presuposto da Comunidade Autónoma, nos dos organismos autónomos e/ou nos doutros entes públicos aprobados por esta lei, se enumeran a seguir:

1. Os destinados ó pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Xunta de Galicia, dándolle conta ó Parlamento no prazo de un mes.

2. Os destinados a satisface-las cantidades que deben percibi-los liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doacións.

3. Os créditos destinados ó pagamento dos premios de cobranza e participación en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, predios, locais e edificacións complementarias correspondentes ó Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes ós traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito Instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

4. Os destinados ó pagamento dos premios de cobranza dos tributos e demais ingresos de dereito público da Comunidade Autónoma.

5. O crédito 09.03.212A.487, destinado á cobertura da renda de integración social de Galicia, ata un límite máximo de 2.000.000.000 de pesetas.

6. O crédito 08.02.721C.880, destinado á achega ó Fondo Patrimonial de Garantía de Pequenos e Medianos Estaleiros, Sociedade de Reconversión, S.A., ata un límite de 1.000.000.000 de pesetas.

7. As obrigas de carácter periódico contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas, pola diferencia existente entre o precio das divisas previsto e o custo real das mesmas no momento do pagamento.

8. Os créditos que sexan necesarios nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflecti-las repercusións que nos mesmos teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

9. Os créditos de transferencias a favor da Xunta de Galicia que figuren nos presupostos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da Tesourería que resulten como consecuencia da xestión dos mesmos.

i) Para ampliar ou minorar créditos no presuposto do Servicio Galego de Saúde, por un importe igual á diferencia que poida resultar entre a desviación, positiva ou negativa, que experimente a execución do presuposto do INSALUD non transferido e a estimada no concepto de presupostos de ingresos do SERGAS para 1993, de acordo co previsto no apartado E), letra e), punto 2, parágrafo final, e no apartado E), letra f), punto 2, parágrafo final, e no apartado E), letra f), punto 2, último parágrafo, do anexo ó Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios do Instituto Nacional de Saúde.

Corrección de erros. Artigo 3 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993.

Título II Dos gastos de persoal

Capítulo I Retribucións do persoal

Artigo 4. Retribucións do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma.

Un. As retribucións íntegras do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma con efectos do 1 de xaneiro de 1993 non experimentarán variación con respecto ás establecidas no exercicio de 1992 para cada posto de traballo, sen prexuízo da aplicación da cláusula de revisión salarial para 1992, que se pactara mediante convenio ou acordo.

Dous. O presente artigo aplicaráselle ó persoal ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos.

c) A Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades para a xestión dos servicios públicos de radiodifusión e televisión.

d) O ente de dereito público Instituto Galego de Promoción Económica.

e) As universidades.

Tres. Con efectos do 1 de xaneiro de 1993, a contía dos compoñentes das retribucións do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma, excepto o sometido á lexislación laboral, será a seguinte:

a) As retribucións básicas deste persoal, así como as complementarias de carácter fixo e periódico asignadas ós postos de traballo que desempeña, non experimentarán variación con respecto ás establecidas no exercicio de 1992, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente co contido de especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade do mesmo.

b) O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, non experimentará variación con respecto ó do exercicio de 1992, sen prexuízo das modificacións que se deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para o mesmo e do resultado individual da súa aplicación.

c) Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

d) As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial de Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ós beneficiarios conforme ó que determinen as leis anuais de presupostos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

e) As indemnizacións por razón do servicio rexeranse pola súa normativa específica.

Catro. A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no número Dous non poderá experimentar ningún incremento respecto da correspondente a 1992, sen prexuízo do que se puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da productividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cunha distribución e aplicación individual que se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e os gastos de acción social devengados durante 1992 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio presupostario, exceptuándose, en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ó sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realiza-lo traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade do mesmo coma ó réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para 1993 deberase satisface-la totalidade das retribucións do persoal derivadas do pertinente acordo e tódalas que se produzan ó longo do ano 1993, agás as que lle corresponda devengar ó devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores ós que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Cinco. Sen prexuízo do previsto nos números anteriores do capítulo I, «Retribucións do persoal », faranse as previsións necesarias para atende-la terceira fase da aproximación salarial do persoal laboral ó funcionario.

Corrección de erros. Artigo 4 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993.

Artigo 5. Retribucións dos altos cargos.

Un. As retribucións totais e exclusivas, incluídas as pagas extraordinarias, dos altos cargos fíxanse para o ano 1993 nas seguintes contías:

Presidente: 10.596.384 pesetas.

Conselleiros: 8.725.884 pesetas.

Secretarios xerais técnicos, directores xerais e asimilados: 6.946.920 pesetas.

Dous. Os altos cargos terán dereito á percepción dos trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Tres. As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das entidades de dereito público a que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia serán autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da Consellería á que se atopen adscritos.

Artigo 6. Retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías para 1993 serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta de Galicia, tanto na súa contía coma respecto dos conceptos que as compoñen.

Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 7. Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio.

Un. De conformidade co establecido no artigo 4.3 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 1993 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

A) O soldo e os trienios que correspondan ó grupo no que se atope clasificado o corpo o a escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades.

[figura]

B) As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas de unha mensualidade do soldo e trienios e que se devengarán de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988.

C) O complemento de destino correspondente ó nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

[figura]

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos en que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

D) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ó posto que se desempeñe, do que a súa contía non experimentará variación con respecto á aprobada para o exercicio de 1992, sen prexuízo do previsto no artigo 4. Tres.a) desta lei.

E) O complemento de productividade que, se é o caso, se destine a retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou a iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio.

O complemento de productividade concederase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Os complementos de productividade deben facerse públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

F) As gratificacións por servicios extraordinarios que concederá o Consello da Xunta de Galicia por proposta da Consellería correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servicios extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

G) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 1993, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ó producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, incluso as que poidan derivarse do cambio de posto de traballo.

Dous. Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídos os que están vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres. O complemento de productividade poderá atribuírselle, se é o caso, ós funcionarios interinos a que se refire o punto anterior, así como ós funcionarios eventuais e ós funcionarios en prácticas cando as mesmas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 8. Retribucións en casos especiais.

Un. Os funcionarios pertencentes ás clases de médicos titulares, farmcéuticos titulares, veterinarios oficiais, practicantes titulares e matronas titulares que presten os seus servicios en postos de traballo propios da súa clase non experimentarán en 1993 variación sobre as correspondentes retribucións básicas percibidas no ano 1992. Igualmente non experimentarán variacións as retribucións básicas dos funcionarios que presten servicios en casas de socorro e hospitais municipais con respecto ó ano 1992.

As retribucións complementarias destes funcionarios fixaranse de acordo coa normativa vixente que lles sexa aplicable.

O resto do persoal sanitario funcionario non comprendido nos parágrafos anteriores percibirá as retribucións básicas e complementarias que lle correspondan en aplicación do disposto no artigo 4 desta lei.

Malia o disposto nos parágrafos anteriores, o sistema retributivo do persoal pertencente á clase de veterinarios oficiais estará suxeito ó disposto no Decreto 237/1992, do 30 de xullo, polo que se determina o réxime xurídico aplicable ó persoal que presta os servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dous. O persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional de Saúde, percibirá as súas retribucións básicas e complementarias nas contías que resulten da súa propia lexislación.

Capítulo II Outras disposicións en materia de réxime do persoal activo

Artigo 9. Prohibición de ingresos atípicos.

Durante o ano 1993, os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación da presente lei, con excepción daqueles sometidos ó réxime de arancel, non poderán percibir participación ningunha nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á Administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servicio ou xurisdicción, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídos ós mesmos, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo e sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades.

Artigo 10. Outras normas comúns.

Un. Cando as retribucións percibidas no ano 1992 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 15/1991 e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título da presente lei, continuaranse percibindo as mesmas retribucións ca no ano 1992.

Dous. Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante 1993 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta das consellerías interesadas.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres. As referencias relativas a retribucións contidas na presente lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ós funcionarios entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban os mesmos nos seus importes líquidos.

Correccion de erros. Artigo 10 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993.

Artigo 11. Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un. Durante o ano 1993 será preciso informe favorable conxunto da Consellería de Economía e Facenda e da da Presidencia e Administración Pública para proceder a determinar ou modifica-las condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ó servicio de:

a) A Administración da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos.

b) A Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades autónomas.

c) O ente de dereito público Instituto Galego de Promoción Económica.

d) As universidades.

Dous. Con carácter previo ó comezo das negociacións de convenios ou acordos colectivos que se celebren no ano 1993, deberá solicitarse da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que se poidan contraer como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas en 1992.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo, do cal as retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberán comunicárselle á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante 1992.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe a que se refire o punto Un do presente artigo.

Tres. Para os efectos dos puntos anteriores, entenderase por determinación ou modificación de condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) Asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no punto anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións ós mesmos.

b) Aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións ós mesmos.

c) Fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) Outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que se deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro. Co fin de emiti-lo informe sinalado no punto Un deste artigo, as consellerías, os organismos e os entes remitiranlles ás consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública o correspondente proxecto, con carácter previo ó seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, acompañando a valoración de tódolos seus aspectos económicos.

Cinco. O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que se deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 1993 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ó control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto no artigo 4.Catro desta lei.

Seis. Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ó que determinen as futuras leis de presupostos.

Sete. Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para 1993 sen o cumprimento dos requisitos establecidos no presente artigo.

Correccion de erros. Artigo 11 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993.

Artigo 12. Contratación de persoal laboral con cargo ós créditos de investimentos.

Un. Con cargo ós respectivos créditos para investimentos, as consellerías e organismos autónomos poderán formalizar contratacións de persoal nos seguintes casos:

Contratación de persoal para a dirección de obras de investimentos, así como para a redacción de proxectos e liquidación de obras.

Contratación de persoal en réxime laboral con carácter temporal, sempre que concorran os seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servicios que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servicios correspondan a investimentos previstos e aprobados nos presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que as obras ou os servicios non poidan ser executados co persoal fixo do cadro de persoal e non exista dispoñibilidade suficiente no crédito presupostario destinado á contratación de persoal.

Dous. Os contratos terán que formalizarse seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme ó disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración pública. Nos contratos farase constar, cando proceda, a obra ou o servicio para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que se puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Tres. A contratación poderá exceder do exercicio presupostario cando se trate de obras ou servicios que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia ou nesta propia Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1993.

Catro. O servicio xurídico da Consellería, organismo ou entidade terá que emitir informe sobre os contratos, con carácter previo á súa formalización, e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Cinco. A realización dos contratos regulados no presente artigo será obxecto de fiscalización previa nos casos en que a mesma resulte preceptiva de conformidade co disposto nos artigos 93 a 117 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia. Para estes efectos, os créditos de investimentos entenderanse axeitados para a contratación de persoal eventual se non existe crédito suficiente para iso no concepto presupostario destinado especificamente á devandita finalidade.

Nos organismos autónomos da Comunidade Autónoma con actividades industriais, comerciais, financeiras e análogas, esta contratación requirirá informe favorable do correspondente interventor delegado, que versará sobre a non dispoñibilidade de crédito no concepto presupostario destinado á contratación de persoal eventual no capítulo correspondente. No caso de desconformidade co informe emitido, o organismo autónomo poderá elevarlle o expediente á Consellería de Economía e Facenda para a súa resolución.

Artigo 13. Autorización dos custos de persoal das universidades de competencia da Comunidade Autónoma.

Un. De conformidade co disposto no artigo 54.4 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación coa súa disposición final segunda, autorízanse os custos de persoal funcionario docente e non docente e contratado docente das universidades de competencia da Administración autónoma para 1993 e polos importes detallados no anexo 2 desta lei.

Dous. As universidades de competencia da Administración da Comunidade Autónoma ampliarán os seus créditos do capítulo I en función da distribución que do crédito 07.04.322C.440 realice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, caso no que non será aplicable o contido no artigo 55.1 da citada Lei orgánica de reforma universitaria.

Correccion de erros. Artigo 13 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993.

Título III Das operacións financeiras

Capítulo I Avales

Artigo 14. Avales.

De conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, o importe máximo dos avales que poderá concede-la Comunidade Autónoma durante o ano 1993 será de 6.500.000.000 de pesetas.

Capítulo II Operacións de crédito

Artigo 15. Operacións de crédito.

Un. Autorízase ó Consello da Xunta de Galicia para que, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, proceda, tanto no interior coma no exterior, a emitir débeda pública da Comunidade en calquera das súas modalidades, negociable ou non negociable, así como a concertar con institucións financeiras operacións de crédito amortizable por prazo superior a un ano ata un importe máximo de 59.000.000.000 de pesetas.

De acordo co previsto no artigo 32 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, a variación máxima da posición neta debedora da Comunidade Autónoma ó final do exercicio de 1993 non poderá exceder de 57.567.200.000 pesetas.

Dous. Autorízase ó Instituto Galego da Vivenda e Solo para concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ó financiamento de actuacións en materia de vivenda e solo.

O importe dos créditos hipotecarios vivos en 1993 non poderá superar en ningún caso os 4.000.000.000 de pesetas, nin o prazo de subrogación polos respectivos adquirentes exceder de un ano.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 16. Débeda da Tesourería.

Un. Ó abeiro do disposto no artigo 31 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, durante o exercicio de 1993, o Goberno, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, poderá emitir débeda da Tesourería e concertar operacións de crédito por importe máximo do 10% da consignación que figura no estado de ingresos por porcentaxe na participación nos ingresos do Estado.

Dous. Así mesmo, con destino ó Servicio Galego de Saúde, o Goberno, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar operacións de crédito como anticipo de financiamento, ata un importe máximo de 5.651.253.000 pesetas, que se cancelarán no momento no que se produza o ingreso da liquidación á que se refire o apartado E), letra f), último parágrafo, do anexo ó Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios do INSALUD.

Título IV Normas tributarias

Capítulo único Tributos propios

Artigo 17. Taxas.

1. Elévanse os tipos de taxas de contía fixa establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, precios e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,05 ás contías esixibles.

Considéranse como de contía fixa cando non estea determinada por unha porcentaxe da base ou esta non se valore en unidades monetarias.

Exceptúanse deste incremento aquelas taxas que se recaden mediante efectos timbrados.

2. Engádese un novo parágrafo no artigo 23 do Decreto lexislativo 1/1992, ó que se refire o número anterior, co seguinte texto:

«19. Actuacións en materia de turismo.

0.1. Clasificación, cambios de grupo e categoría, ampliacións e melloras de pazos, establecementos hoteleiros e extrahoteleiros:

Establecementos de ata 20 unidades de aloxamento: 8.000.

Establecementos de 21 a 50 unidades de aloxamento: 14.000.

Establecementos de 51 a 100 unidades de aloxamento: 20.000.

Establecementos de máis de 100 unidades de aloxamento: 25.000.

0.2. Clasificación, cambios de grupo e categorías, ampliacións e melloras de fondas e casas de hóspedes: 5.000.

0.3. Autorización de apertura de campamentos de turismo:

Campamentos de turismo de ata 100 prazas: 10.000.

Campamentos de turismo de 101 a 200 prazas:15.000.

Campamentos de turismo de máis de 200 prazas: 20.000.

0.4. Concesión do título. Licencia de axencia de viaxe: Axencia de viaxe: 12.000. Sucursais: 6.000.

0.5. Clasificación, cambios de categoría, ampliacións e melloras de restaurantes e cafeterías: 5.000.

0.6. Expedición do carné de guía e guía-intérprete de turismo: 2.000.

0.7. Inscrición para participar nos exames para a habilitación de guías e guías-intérpretes de turismo: 5.000.»

Artigo 18. Prórroga.

Prorrógase a entrada en vigor do recargo sobre a taxa que grava o xogo nos casinos, creado pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo, ata o 1 de xaneiro de 1994.

Título V Dos procedementos de xestión presupostaria

Capítulo único Dos procedementos de xestión presupostaria

Artigo 19. Contía mínima de aprobación de gastos de investimentos polo Consello da Xunta.

Un. A realización de gastos de investimento en contía superior a 500.000.000 de pesetas requirirá a aprobación do Consello da Xunta.

Dous. A aprobación a que se refire o apartado anterior implica a autorización do Consello da Xunta para contratar.

Tres. Autorízaselles ós órganos de contratación, con carácter xeral, a tramitación urxente, prevista no artigo 26 da Lei de contratos do Estado, para a contratación de obras de ata 500.000.000 de pesetas, aínda que o prazo de presentación de proposicións non será inferior a quince días.

Catro. Para efectos do establecido no presente artigo son órganos de contratación da Xunta de Galicia as respectivas consellerías.

Artigo 20. Contratación directa de obras.

Un. O Consello da Xunta, por proposta das consellerías interesadas, poderá autoriza-la contratación directa de proxectos de obras que se inicien durante o exercicio de 1993, calquera que sexa a orixe dos fondos, cando o presuposto das mesmas exceda de 25.000.000 de pesetas e non supere os 50.000.000 de pesetas.

Dous. A contratación directa das obras farase baixo os principios de obxectividade, publicidade e concorrencia. En todo caso, previamente publicaranse nos xornais da provincia na que se vaia executa-la obra as condicións técnicas e económicas da mesma.

Tres. Terán a consideración de gastos menores os referentes á contratación de obras, servicios, subministracións, adquisicións, asistencias e traballos específicos e concretos non habituais por importe non superior a 1.100.000 pesetas. Para a súa tramitación só será esixible proposta de adxudicación ou adquisición razoada e certificación de existencia de crédito e, para o seu aboamento, factura ou xustificación correspondente, podendo acumularse nun só acto as devanditas fases.

Artigo 21. Outros gastos de investimento.

Un. Poderán estenderse a exercicios posteriores a aquel en que se acorden os compromisos de gasto que sexan consecuencia da subsidiación de tipos de interese que se concedan coa finalidade de apoia-los investimentos que se vaian realizar na creación de novas empresas e na súa ampliación ou modernización. Regulamentariamente fixarase o prazo a que os citados compromisos poden estenderse.

Dous. Por acordo do Consello da Xunta, adoptado mediante o procedemento descrito no número Un anterior, poderanse adquirir compromisos de gasto de carácter plurianual, cando se trate de adquisicións de vivendas para a cualificación de promoción pública, de adquisición de terreos para a construcción de vivendas de protección oficial, de concesión de préstamos para a promoción de vivendas mediante convenios, para axudas económicas persoais e para o apoio financeiro a vivendas sociais, así como da concesión de subvencións para subsidiación de intereses de préstamo para vivendas de protección oficial.

Tres. A Xunta de Galicia daralle conta semestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos de tódalas operacións que se realicen ó abeiro do presente artigo.

Artigo 22. Adaptación do estado de gastos do Servicio Galego de Saúde.

O estado de gastos do organismo autónomo Servicio Galego de Saúde presentará a súa estructura funcional e por programas conforme ó sistema da Seguridade Social. Para estes efectos establécese a táboa de equivalencias que figura como anexo 3 entre esta estructura e a correspondente ó resto dos entes e organismos con carácter xeral.

Artigo 23. Proxectos de investimento.

Un. Os proxectos de investimento incluídos no «Anexo de investimentos reais» que se achegan ós presupostos da Xunta de Galicia e dos seus organismos autónomos identificaranse mediante o código do proxecto que nos ditos anexos se lles asigne, co fin de establece-lo seguimento presupostario da súa realización.

Dous. O código asignado a cada un destes proxectos non poderá ser alterado ata a súa finalización. En consecuencia, as modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos requirirán a asignación pola Consellería de Economía e Facenda do código novo correspondente.

Artigo 24. Subvencións e axudas con cargo ós presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

1. Ó abeiro do artigo 78 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia poderán concederse na forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que se deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e entes públicos e privados para a prestación de servicios públicos ou subministración de bens de interese público que supoñan a afectación do crédito.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social e cultural ou para promove-la consecución dun fin público non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 1.000.000 de pesetas por beneficiario e ano e as concedidas por cada consellería non excedan globalmente de 10.000.000 de pesetas no exercicio. Estes importes elevaranse a 3.000.000 e 20.000.000 de pesetas, respectivamente, para a sección 04, servicio 01, Secretaría Xeral do Presidente.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello, dándolle conta á Comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

2. Sen prexuízo da xustificación ou liquidación definitiva das subvencións a que se refire o artigo 78.5 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia e do control e da fiscalización posterior do gasto incorrido, así como das funcións de inspección e control financeiro pertinentes, poderán efectuarse anticipos de pagamento sobre a subvención ou axuda concedida nos casos e coas condicións seguintes:

A) Subvencións correntes: para aquelas que non superen o importe de 300.000 pesetas, poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata un 80%, librándose o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións para a que foi concedida.

Nos demais casos, poderán acordarse pagamentos parciais co carácter de anticipo a conta da liquidación ata a porcentaxe que estableza a norma reguladora da convocatoria, que nunca será superior ó 80% da subvención concedida.

Así mesmo, poderanse contemplar períodos especiais de pagamento para aquelas axudas do capítulo IV que polas súas características así o esixan. Para lle dar efectividade ó determinado neste apartado, a orde de convocatoria establecerá os medios documentais que deberán achega-los interesados.

B) Subvencións de capital.

Naquelas que non excedan de 1.000.000 de pesetas poderán efectuarse pagamentos a conta a medida que o beneficiario xustifique os investimentos efectuados. Estes pagamentos non superarán o 80% da subvención concedida.

Por resolución motivada da Consellería correspondente poderase autorizar un anticipo ata o 50% da subvención naqueles casos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos.

Nas subvencións que sexan consecuencia de convenios con entes públicos ou privados, haberá que aterse ó réxime de pagamentos alí previstos. No seu defecto, poderanse acordar pagamentos parciais a medida en que o beneficiario proceda a xustifica-los gastos en que incorreu na acción obxecto de subvención.

Cando en calquera dos supostos anteriores o beneficiario sexa unha Corporación local, a certificación emitida polo órgano competente expresiva dos importes investidos ou executados na acción subvencionada será xustificación suficiente para ordena-lo anticipo. Respecto do Fondo de Cooperación Local atenderase á normativa reguladora do mesmo.

Cando se trata de subvencións concedidas para a creación ou ampliación de empresas e o seu importe total supera a cifra de 1.000.000 de pesetas, poderanse efectuar pagamentos a conta con cargo a liquidacións parciais cando concorran as circunstancias seguintes:

a) Que o interesado o solicite.

b) Que se xustifique non só o investimento senón tamén os pagamentos efectuados ata ese momento con cargo ó proceso investidor aprobado.

c) Que o importe parcial da subvención que se vai satisfacer non exceda da contía da anualidade prevista para o exercicio presupostario de que se trate.

d) O importe que se pode satisfacer por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso do 80% do montante total da subvención concedida.

e) Non se poderán solicitar pagamentos parciais mentres non quede acreditado que o destinatario da subvención aplicase ó proceso investidor a totalidade dos recursos propios previstos no plan financeiro aprobado.

f) Os pagamentos parciais quedan condicionados ó resultado da liquidación definitiva da subvención e para estes efectos estarán garantidos con aval bancario ou de entidade aseguradora que se considere suficiente e por tempo indefinido.

Este aval estará á disposición da Consellería xestora e soamente se poderá levantar unha vez que a subvención se liquide definitivamente de conformidade. O citado aval garantirá o principal e os intereses calculados polo interese legal do diñeiro e por un prazo que medie entre a data da solicitude e o último día no que, de acordo coas normas de concesión da subvención, esta deba ser xustificada.

C) As ordes correspondentes das consellerías fixarán o prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a quince días hábiles.

Artigo 25. Da asistencia sanitaria da Seguridade Social.

Unha vez que se materialice o préstamo que o Estado lle conceda á Seguridade Social para a cancelación das obrigas do INSALUD non satisfeitas a 31 de decembro de 1991, nos termos que se establezan na Lei de presupostos xerais do Estado para 1993, o importe que lle corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia destinarase á cancelación de obrigas do Servicio Galego de Saúde non imputadas ó presuposto na data arriba indicada.

Artigo 26. Adscrición de seccións presupostarias.

Sen prexuízo do establecido no artigo 29 da Lei 15/1991, do 28 de decembro, a Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda xestionará o estado de gastos do servicio 01 da sección 23, «Gastos de diversas consellerías».

Artigo 27. Xestións que vaia realiza-lo Instituto Galego de Promoción Económica.

Ó Instituto Galego de Promoción Económica poderáselle encomendar, ben por acordo da Xunta de Galicia ou mediante convenio cos distintos órganos da Comunidade Autónoma, e no ámbito da súa competencia, a xestión de acordos, contratos e outras actuacións, subrogándose nos dereitos e obrigas dimanantes dos mesmos.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira

As entidades que constitúen a Administración institucional da Comunidade Autónoma transferiranlle á Xunta de Galicia o importe dos remanentes líquidos de Tesourería resultantes das liquidacións dos correspondentes exercicios presupostarios.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar con este importe crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Segunda

Autorízase ó conselleiro de Economía e Facenda para ordena-las cancelacións das subvencións concedidas ó tipo de interese dos préstamos concertados a través dos convenios de axuda financeira a pequenas e medianas empresas, ó sector productivo agrario e ós concellos, en calquera dos exercicios anteriores, mediante un pagamento dunha soa vez, actualizando o seu importe na data de cancelación ó tipo de interese legal do diñeiro, destinándose necesariamente o dito importe á amortización do préstamo.

A Consellería de Economía e Facenda comunicaralle semestralmente á Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Presupostos, as cancelacións feitas ó abeiro desta disposición adicional.

Terceira

Suprímese o apartado 4 do artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, correndo os numerais.

Cuarta

Correspóndelle ó Servicio Galego de Saúde a autorización das modificacións dos cadros de persoal estatutario e persoal MIR dentro de cada centro de xestión, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo 12 do devandito centro.

En todo caso, daráselle conta á Consellería de Economía e Facenda unha vez tramitada a correspondente modificación.

Quinta

As limitacións contidas nos apartados b) e c) do artigo 68 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, entenderanse referidas, no presuposto do Servicio Galego de Saúde, ó presuposto individualizado de cada un dos centros de gasto e non ós presupostos totais.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira. Retribucións do persoal contratado administrativo.

As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria terceira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, ata tanto non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, non experimentarán variación respecto das establecidas en 1992.

Segunda. Complemento variable da renda de integración social de Galicia.

Para o ano 1993 a contía do complemento variable da prestación económica da renda de integración social de Galicia, en función do número de membros do fogar, prevista no artigo 12.2 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, será a seguinte:

5.600 pesetas polo primeiro membro adicional.

4.500 pesetas polo segundo membro adicional.

3.400 pesetas por cada un dos restantes membros adicionais.

Terceira. Revisión salarial.

Se durante a execución presupostaria as retribucións ás que se refire o artigo 4.1 desta lei experimentasen algún incremento para o persoal ó servicio da Administración do Estado, o Consello da Xunta de Galicia poderá realizar un anticipo de tesourería con obxecto de que o persoal ó servicio da Comunidade Autónoma poida percibilo nas mesmas condicións.

Remitiráselle ó Parlamento o proxecto de lei que recoñeza a citada modificación.

As retribucións dos altos cargos para 1993 serán as establecidas no artigo 5.

Correccion de erros. Disposición transitoria terceira redactada conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 15, do 25 de xaneiro de 1993.

Cuarta. Suspensión temporal parcial da oferta de emprego público.

Un. Durante o ano 1993 suspéndese no ámbito da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos a vixencia do artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no relativo á necesidade de que a oferta de emprego público conteña a totalidade das prazas dotadas presupostariamente e que se encontren vacantes, xa que a publicación da oferta obriga ós órganos competentes a proceder, dentro do primeiro trimestre de cada ano natural, á convocatoria das probas selectivas de acceso para as prazas vacantes comprendidas na mesma e ata un 10% adicional.

Dous. No ano 1993 non poderán convocarse prazas para ingreso de novo persoal funcionario estatutario e laboral ó servicio da Comunidade Autónoma, dos organismos autónomos e dos entes públicos, con excepción das relativas ó persoal sanitario e persoal docente.

Así mesmo, o Consello da Xunta poderá autorizar, excepcionalmente, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública ou, se é o caso, das consellerías competentes na materia, e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de todas aquelas que considere que poidan afectar ó funcionamento dos servicios públicos esenciais.

Tres. A tramitación de expedientes para a contratación de persoal laboral con carácter temporal, incluso a que teña que financiarse con cargo a créditos de investimentos, requirirá autorización previa conxunta das consellerías da Presidencia e de Economía e Facenda.

Quinta

Autorízase ó Consello da Xunta de Galicia para que, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poida instrumentar, coa estructura presupostaria que estime máis axeitada ós fins perseguidos, a inclusión no presuposto do Servicio Galego de Saúde dos créditos destinados ó funcionamento dos hospitais que fosen transferidos polas deputacións provinciais.

Da dita instrumentación daráselle conta á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento.

Sexta

Considérase con vixencia para o exercicio de 1993 a disposición adicional sexta da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1992.

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

Primeira

Autorízase á Consellería de Economía e Facenda para que efectúe no presuposto de gastos da Comunidade Autónoma as adaptacións técnicas que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas co fin de crea-los programas, as seccións, os servicios e os conceptos presupostarios que sexan necesarios e autoriza-las transferencias de crédito correspondentes. Estas operacións en ningún caso darán lugar a un incremento do gasto.

Informarase de todas elas á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento dentro do mes en que aquelas se producisen.

Segunda

O Consello da Xunta dictará, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei, que entrará en vigor o día de 1 de xaneiro de 1993.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1992

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

ANEXO I

PRESUPOSTO POR PROGRAMAS

[táboas]

ANEXO II

Custos de persoal das universidades de competencia da Comunidade Autónoma

Conforme ó disposto no artigo 13 desta lei, o custo de persoal funcionario docente e non docente e contratado docente ten o seguinte detalle por universidades, en miles de pesetas, sen incluír trienios, Seguridade Social nin as partidas que, en aplicación do Real decreto 1.558/1986, do 28 de febreiro (BOE do 31 de xullo), e das disposicións que o desenvolven, veñan incorporar ó seu presuposto as universidades das institucións sanitarias correspondentes, para financia-las retribucións das prazas vinculadas.

[figura]

ANEXO III

[táboa]

ANEXO IV

Estado de beneficios fiscais

[figura]

[táboas]

Corrección de erros: Na páxina 9.975, onde di: quot;Sección 08. Consellería de Industria e Comercioquot;, debe dicir: quot;Sección 09, Consellería de Traballo e Servicios Sociaisquot;.

Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.

Volver