Modificación Regulamento TFG do Grao en Enxeñaría Informática (10/2025)
NORMA CONSOLIDADA
Na reunión de Xunta de Escola do día 2 de outubro de 2025 acordouse aprobar as seguintes modificacións no Regulamento de Traballo Fin de Grao de Enxeñaría Informática:
Artigo único.
- No artigo 21 “diferencias” foi substituído por “diferenzas”, como adaptación ao galego normativo. Susbtitúese tamén estadístico por estatístico por erro ortográfico. E finalmente substitúese formatos PDF por formato PDF como corrección de tipo morfosintáctico por concordancia gramatical.
- No artigo 24 onde figuraba “A cualificación máxima que poderá obterse nesta modalidade é de 7,5 puntos sobre 10” agora figuraría “A cualificación máxima que podera obterse nesta modalidade é de 8 puntos sobre 10”.
- No artigo 29 se substitúe a palabra “completitude” por “completude”.
- No artigo 37 onde di “A presente normativa entrará en vigor no curso 2023-24” debe dicir “A presente normativa entrará en vigor no curso 2025-26”.
Santiago de Compostela, data da sinatura dixital.
Visto e Prace
Julia González Álvarez
Directora da ETSE
Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.