lex.gal dereito galego consolidado

Preguntas frecuentes

  • Lex.gal recolle, de forma sistematizada e consolidada, todas as normas con rango de lei (leis e decretos lexislativos) aprobadas polo Parlamento de Galicia no período de 1981 a 2023, e mais os decretos, publicados na sección «Disposicións xerais» do Diario Oficial de Galicia, no período 1995-2023.

    Lex.gal é un proxecto vivo, obxecto de actualización e mellora constante. Progresivamente, iranse ampliando os seus contidos e completando as versións consolidadas das normas, de xeito que desde o ano 2021 se foron engadindo as ordes e resolucións publicadas na sección «Disposicións xerais» e as ordes de maior relevancia publicadas na sección «Outras disposicións» do Diario Oficial de Galicia, desde 1995 ata a actualidade.

    Con carácter xeral, e salvo supostos puntuais, a base de datos non dá conta de como afectan as normas incorporadas á mesma as resolucións publicadas noutras seccións do DOG distintas da sección «Disposicións xerais» (este dato é especialmente relevante nos casos dos anexos das normas) ou daqueloutras derivadas dos pronunciamentos tanto do Tribunal Constitucional como da xurisdicción ordinaria.

    As normas figuran co seu índice, para facilitar a consulta.

  • As versións consolidadas das normas están elaboradas a partir dos textos publicados no Diario Oficial de Galicia, mais non teñen carácter oficial.

    Aínda que o noso obxectivo é manter actualizada a base de datos, non se garante a continuidade na posta á disposición das normas e dos textos consolidados nin se asumen responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles, dado o seu carácter meramente informativo e xuridicamente non vinculante. A utilización por parte das persoas usuarias da información ofrecida na base de datos realizarase pola súa conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a responsabilidade fronte a terceiras persoas dos danos que, de xeito directo ou indirecto, puidesen derivar deste feito.

  • Partindo da norma inicial, fóronse creando novas versións coas sucesivas modificacións que a norma foi experimentando. Deste xeito, pódese atopar tanto a redacción consolidada e vixente no momento en que se consulta como a norma consolidada e vixente nunha data concreta ou no intervalo de tempo que á persoa usuaria de Lex.gal lle interese consultar.

    Polo momento, a base de datos non dá conta das modificacións das normas incorporadas a ela levadas a cabo polas ordes e resolucións publicadas noutras seccións do DOG (este dato é especialmente relevante nos casos dos anexos das normas) ou daqueloutras derivadas dos pronunciamentos tanto do Tribunal Constitucional como da xurisdición ordinaria.

  • Na parte superior dereita, unha pestana permite consultar as distintas redaccións da norma desde a súa entrada en vigor.

    Así mesmo, o buscador que figura na parte esquerda da pantalla permite buscar a norma actualmente vixente, a norma derrogada, a norma parcialmente derrogada, a norma en vacatio legis ou a norma vixente entre dúas datas.

  • Si. No despregable «normas afectadas» poden consultarse as normas afectadas por aquela obxecto da consulta.

    Con carácter xeral, e salvo supostos puntuais, a base de datos non dá conta de como afectan as normas incorporadas á mesma as resolucións publicadas noutras seccións do DOG distintas da sección «Disposicións xerais» (este dato é especialmente relevante nos casos dos anexos das normas) ou daqueloutras derivadas dos pronunciamentos tanto do Tribunal Constitucional como da xurisdicción ordinaria.

     

  • Ademais de poder consultarse o despregable correspondente, ao inicio de cada norma contense un elenco das modificacións operadas sobre os seus distintos preceptos. Nel indícase a norma mediante a cal se levou a cabo cada unha das modificacións. En cada unha delas, unha ligazón redirixe ao precepto afectado, no que, de estimarse preciso, figura unha nota aclaratoria dos termos en que se realizou a modificación.

  • Unha vez seleccionada a norma que se desexa consultar, indicarase se esta está en vigor, derrogada, parcialmente derrogada ou en vacatio legis. Non obstante, nalgúns casos particulares poderán introducirse notas aclaratorias dos termos en que ten lugar a súa entrada en vigor ou, eventualmente, a súa derrogación.

    Con carácter xeral, e salvo supostos puntuais, a base de datos non dá conta de como afectan as normas incorporadas á mesma as resolucións publicadas noutras seccións do DOG distintas da sección «Disposicións xerais» (este dato é especialmente relevante nos casos dos anexos das normas) ou daqueloutras derivadas dos pronunciamentos tanto do Tribunal Constitucional como da xurisdicción ordinaria.

  • Si. Poderase xerar un arquivo PDF coas distintas versións das normas.

  • Na sección «Escolma» pódense consultar, por ámbitos materiais, as normas vixentes máis relevantes publicadas no portal.

  • No apartado «Última normativa publicada» da sección «Novidades» pódense consultar as normas publicadas no portal nos últimos dous meses. A través da correspondente ligazón poden verse as normas que, eventualmente, fosen modificadas por estas.

  • No apartado «Última normativa consolidada» da sección «Novidades» pódense consultar os textos consolidados das normas incorporadas a Lex.gal que sufriron modificacións nos últimos dous meses.

  • Este boletín avisa á persoa usuaria, a través do correo electrónico, das últimas normas publicadas no portal.

    Para subscribirse ao boletín só é necesario acceder ao apartado «Boletín de novidades», premer no botón «Alta» e introducir un enderezo de correo electrónico. A continuación, o sistema enviaralle unha mensaxe para activar a subscrición.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia