Instrución da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela pola que se complementa a instrución V/2017 da Xerencia pola que se modifican os tipos de dedución de IVE soportado na codificación económica e funcional

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0522
Departamento: Xerencia
Estado: En vigor

En relación coa imputación de gastos en atencións protocolarias e representativas no orzamento da USC, a instrución V/2017 da Xerencia modifica o tipo de dedución de IVE soportado aplicable e actualiza ou habilita novos subconceptos económicos para a imputación deste gasto atendendo aos criterios de oportunidade e elixibilidade do mesmo. En base a este último criterio non se habilitou o subconcepto “atencións protocolarias e representativas” no concepto 641 “Proxectos de investigación”

Esta última restrición require que sexa matizada en relación coas actividades que se desenvolven no marco de programas financiados que admiten este tipo de gasto como elixibles. Nestas actividades, se ben non se admiten os gastos en atencións protocolarias, si poden ter a consideración de gasto elixible os gastos en comidas de traballo asociados á organización de reunións de coordinación ou eventos específicos recollidos na memoria técnica da actividade. Para permitir a execución deste tipo de gastos, dáse de alta na clasificación económica do concepto 641 o seguinte subconcepto:

64119 “Gastos de hostalaría derivados de reunións de I+D”

Os gastos imputados a este subconcepto teñen unha dedución do 0% do IVE soportado.

Esta instrución derroga a Instrución complementaria da Instrución V/2017 de 16 de marzo de 2017

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

O xerente,

José Manuel Villanueva Prieto

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Volver