lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se engade un anexo V á Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado en: DOG 210 02/11/2021

Departamento: Consellería Cultura, Educación e Universidade

Estado: En vigor

PDF

Mediante a Orde do 18 de outubro de 2010 establecéronse os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia. Procede incluír na relación de centros e postos cualificados de especial dificultade aos centros de menores.

En consecuencia, esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DISPÓN:

Artigo único. Engádese un anexo V á Orde do 18 de outubro pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia coa seguinte redacción:

ANEXO V

Centros de menores

[figura]

Disposición derradeira. Efectos da presente orde

Única.

Esta orde terá efectos desde o día 1 de setembro de 2010.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021

Román Rodríguez González

Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia