Norma Consolidada
Publicado en: DOG 42 28/02/2013
Departamento: Parlamento de Galicia
Estado: En vigor
Inclúe a corrección de erros publicada no DOG núm. 59, do 25 de marzo de 2013.
I
A situación económica nacional e internacional no momento de elaborar estes orzamentos non pode ser máis complexa. Como é sabido, en España a tardanza en recoñecer os graves desaxustes estruturais nos mercados da vivenda e financeiro e no sector produtivo en xeral tradúcese nunha perda de competitividade alarmante respecto do resto do mundo, e, máis aínda, a falta de adopción nun prazo óptimo de medidas de axuste estrutural non fixo senón agravar unha situación que de seu era certamente complicada. A fuxida cara a adiante do período 2009-2011, no que se substituíron as necesarias reformas estruturais de calado por gasto público financiado con endebedamento, levou os sectores públicos e privados a unha situación límite en termos de liquidez.
A parte máis dramática deste cúmulo de erros de diagnóstico e de falta de determinación para aplicar as medidas de axuste estrutural necesarias é unha xeración de desemprego que chega ata límites insoportables nalgunhas rexións do país.
Galicia conta cunha economía máis aberta que a media nacional, o que permite mellorar a demanda externa, e iso unido á fortaleza do sector primario fan que a nosa economía manteña o diferencial co resto das economías rexionais españolas en 2013.
Por outra banda, un axeitado desempeño fiscal no ámbito público autonómico galego favoreceu un proceso de consolidación ordenado sen recortes nin impagamentos dramáticos. Para este efecto convén salientar que o cumprimento da senda de consolidación fiscal e os obxectivos de estabilidade orzamentaria, máis que o alcance dun obxectivo contable e o cumprimento dunha norma, supón a garantía aos cidadáns e ás empresas de que van cobrar as súas prestacións, subvencións e contratos.
No ano 2013, a senda de consolidación fiscal implicará un forte axuste nas contas autonómicas, cunha minoración da necesidade de financiamento da Comunidade Autónoma de máis de 460 millóns de euros, que se une ao forte axuste no financiamento finalista procedente do Estado e á debilidade para manter ingresos, propio dunha conxuntura económica adversa como a que se acaba de describir.
Neste sentido, e en liña coas previsións dos principais organismos públicos internacionais e o Instituto Galego de Estatística, procedeuse a cambiar o cadro macroeconómico presentado co teito de gasto por un máis acomodado á realidade. Segundo esta revisión espérase un produto interior bruto (PIB) para 2013 de – 0,9 %.
É por iso polo que a Xunta, de acordo con este obrigado proceso de redución do endebedamento neto e dos axustes que implica na parte do gasto público, da realidade socioeconómica da comunidade autónoma de Galicia e da situación da economía real, actuou sobre os ingresos cunha batería de medidas que melloran a recadación prevista e sobre os gastos, continuando coa senda de racionalización do gasto público iniciada a mediados de 2009.
En efecto, adaptándose á forte caída de ingresos, experimentada nestes últimos anos, a Xunta de Galicia vén realizando desde o ano 2009 un esforzo continuado de redución do gasto, concentrándose no de carácter improdutivo para garantir a sustentabilidade dos servizos públicos básicos.
Durante 2013 proséguese con axustes importantes no gasto improdutivo e menos prioritario. Na medida en que os orzamentos precedentes reduciron á súa mínima expresión esta marxe, este axuste débese completar cun esforzo especial en materia de persoal.
O gasto non financeiro axústase ao teito de gasto aprobado polo Parlamento de Galicia o 2 de agosto e acada os 8.481 millóns de euros, o que supón unha variación dun 7,2 % sobre o orzamento inicial de 2012.
Esta importante mingua levaría, de non actuar sobre a súa composición estrutural, a que os gastos de persoal superasen un 42 % deste, o que o faría incompatible cos obxectivos arriba indicados. Por iso actuouse sobre a masa salarial axustando o seu importe, tanto a través da redución das bolsas de IT e o control da taxa de reposición de efectivos coma no importe das retribucións.
Así o capítulo I supón agora un 40 % do gasto non financeiro, cando en 2004, data na que o orzamento consolidado mostraba a magnitude de gasto non financeiro máis próxima á actual, supoñía un 34 %.
As actuacións de racionalización e axuste do gasto público levaron a reducir o número de consellarías en cinco, o número de altos cargos e o gasto en persoal eventual, e mais a impulsar importantes políticas de aforro en gasto corrente e de racionalización do sector público, que cos dous plans implementados supuxeron a eliminación e reorganización dun número importante de entes instrumentais. Todo iso para gastar máis nos cidadáns e menos na Administración en si mesma, así como tratando de mellorar a eficiencia da Administración autonómica, facendo máis con menos.
Este acervo, que parte da elaboración e execución dos orzamentos, trasladouse á actitude dos xestores de gasto, pasando dunha forma de ver o plan financeiro anual da Xunta como unha variación de cantidades sobre as do último exercicio (criterio incrementalista) á realización de políticas de gasto para cumprir cuns obxectivos (orzamentación por obxectivos), a través de actuacións de gasto para a consecución de resultados, enmarcadas nun teito financeiro e nun plan estratéxico (orzamentación encamiñada a resultados).
Esta formulación, xunto coa aplicación efectiva dunhas políticas de transparencia, debe colaborar a crear unha Administración autonómica máis eficiente e obxectiva, que dea solucións á saída da crise e favoreza a dinamización económica e a creación de emprego, e non se converta nun problema máis para os cidadáns e as empresas.
Neste contexto creouse a Axencia Tributaria de Galicia, que contará por primeira vez con obxectivos concretos e transparentes de recadación, tratando de compensar as importantes bolsas de fraude fiscal e economía mergullada existentes no noso país, que están a afectar de xeito importante a capacidade de prestación de servizos públicos das administracións.
Así mesmo, estase a aplicar, por primeira vez, un plan de financiamento das universidades que garante a participación do seu financiamento no orzamento autonómico, e vincula a asignación dos fondos do sistema ao cumprimento de obxectivos en docencia e investigación, de forma que se esixe un retorno á sociedade galega dos máis de 1,1 millóns de euros diarios que a Facenda pública autonómica destina ás universidades.
Igualmente, ordenouse por primeira vez a Administración instrumental, eliminando os entes cuxo desempeño poida ser asumido por outros máis eficientes ou pola Administración, establecendo unha xestión encamiñada a resultados e racionalizando as retribucións dos seus cadros directivos.
Convertéronse diferentes servizos e entes sectoriais en axencias que funcionarán e renderán contas en función dos seus resultados.
Preserváronse, sen renunciar aos axustes que a situación económica require, as políticas básicas sobre as que a Xunta ten competencias, como a sanidade, a educación e os servizos sociais, mantendo, grazas ao esforzo dos traballadores da Xunta de Galicia e dos seus entes instrumentais e mais á priorización deste gasto na planificación financeira, o groso destes, tanto en número coma en intensidade.
Malia os menores recursos financeiros, a Xunta de Galicia non decae fronte á crise e reacciona garantindo os servizos públicos básicos e estimulando ao máximo as políticas de fomento da actividade económica e de desenvolvemento dun novo modelo de crecemento. Para iso, dentro do modelo organizativo descrito anteriormente, crea as axencias de modernización e de innovación, que teñen por obxectivo a implantación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na nosa comunidade autónoma e o financiamento de proxectos de I+D+i enfocados ás empresas e á creación de emprego.
Igualmente, créase un fondo para o crecemento, que, con novos recursos e priorizando outros que deberon axustarse, aglutina políticas estratéxicas de crecemento para a nosa Comunidade Autónoma por un importe superior a 386 millóns de euros. Este fondo vertebra actuacións arredor de cinco liñas prioritarias: a potenciación da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación; o fortalecemento das infraestruturas de comunicación, co melloramento da conectividade de Galicia, tanto a nivel nacional coma internacional; a dinamización económica, co melloramento do tecido empresarial e industrial; a mellora do posicionamento estratéxico dos sectores agrogandeiro, acuícola e pesqueiro; o fomento do emprego, e, finalmente, a mellora das infraestruturas sociais.
Son, polo tanto, dous os piares que rexen o orzamento do 2013: a necesaria consolidación fiscal e as políticas de saída da crise, blindando o gasto social e dedicando todos os recursos posibles ás políticas que deben asentar o novo patrón de crecemento económico de Galicia, baseado na especialización, na mellora da competitividade e no coñecemento.
II
De acordo coa xurisprudencia do Tribunal Constitucional, no contido da Lei de orzamentos distínguense dous tipos de preceptos: en primeiro lugar, os que responden ao contido mínimo, necesario e indispoñible desta, que está constituído pola determinación da previsión de ingresos e a autorización de gastos; en segundo lugar, os que conforman o que se denominou como o contido eventual, na medida en que se trata de materias que gardan relación directa coas previsións de ingresos, as habilitacións de gastos ou os criterios de política económica xeral, que sexan complemento para a máis doada interpretación e máis eficaz execución dos orzamentos e da política económica do Goberno.
Así mesmo, o alto Tribunal sinala que, malia a Lei de orzamentos poder cualificarse como unha norma esencialmente temporal, nada impide que accidentalmente poidan formar parte da lei preceptos de carácter plurianual ou indefinido.
A parte dispositiva da lei estrutúrase en seis títulos, vinte e unha disposicións adicionais, tres disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e sete disposicións derradeiras.
O título I, relativo á aprobación dos orzamentos e ao réxime das modificacións de crédito, comeza por delimitar o ámbito dos orzamentos, incorporando a tipoloxía de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico previstas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Este título recolle a parte esencial do orzamento e inclúe, no seu capítulo I, os ingresos e gastos que compoñen os orzamentos da Comunidade Autónoma, integrados polos da Administración xeral, os dos órganos estatutarios, os dos organismos autónomos, os correspondentes ás entidades públicas instrumentais de asesoramento e consulta que para efectos orzamentarios teñen a consideración de organismos autónomos, os das axencias públicas autonómicas, os das entidades públicas empresariais, os dos consorcios autonómicos, os das sociedades mercantís e os das fundacións.
Dentro deste mesmo capítulo I detállanse os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado e sinálase o importe das subvencións reguladoras consideradas na normativa de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Finalmente, dentro dos artigos especificamente destinados aos orzamentos das entidades instrumentais, autorízanse as dotacións iniciais das subvencións de explotación e de capital ás entidades públicas empresariais e ás sociedades mercantís.
No capítulo II deste título regúlanse os principios que rexen as modificacións orzamentarias, con expresión das regras de vinculación que afectan os créditos orzamentarios, a determinación dos que teñen natureza de créditos ampliables e as limitacións aplicables ás transferencias de créditos.
O título II, relativo aos gastos de persoal, divídese en tres capítulos. O capítulo I regula as retribucións do persoal funcionario, docente, dos altos cargos, do persoal directivo das entidades instrumentais do sector público autonómico, do laboral ou ao servizo das institucións sanitarias, que non experimentan ningún incremento respecto do exercicio anterior, sen ter en conta a redución aprobada pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público. Ademais, durante o ano 2013, establécese que o dito persoal percibirá o 60 % de media das dúas pagas extra, que unicamente estarán formadas polo soldo base, os trienios e o complemento de destino, ou cantidade equivalente. Este axuste retributivo, que ten carácter progresivo, enmárcase na necesidade de manter a sustentabilidade das contas públicas, nun escenario de redución do obxectivo de déficit para o ano 2013 á metade (o 0,7 % do PIB), coa correlativa diminución da capacidade de endebedamento en 400 millóns de euros, o que supón a necesidade de manter estes niveis retributivos ata que se acaden ingresos en termos similares ao momento en que se incorporou o complemento específico nas pagas extra.
Coa publicación da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, levouse a cabo un esforzo en materia de gastos de persoal que tivo os seus efectos durante o ano 2012 e que seguirá a telos en 2013, o que determina que as retribucións se vexan afectadas en menor medida que no pasado exercicio.
Por outra banda, esta medida retributiva enmárcase nun contexto de outorgar estabilidade aos empregados públicos, coa derrogación do punto 3 do artigo 5 da mencionada Lei 1/2012, do 29 de febreiro, mantendo a xornada laboral íntegra para o persoal interino.
Así mesmo, durante o 2013, proseguirá suspendida a aplicación dos pactos ou acordos que contiveren incrementos retributivos para ese exercicio.
O capítulo II, dedicado a outras disposicións en materia de réxime de persoal, recolle que para o ano 2013 non se procederá á incorporación de persoal no sector público, salvo que poida derivar da oferta de emprego público de exercicios anteriores e agás nos sectores, as funcións e as categorías profesionais que se estimen absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais, nos que a taxa de reposición será do 10 %. Como novidade para o ano 2013, tampouco se van recoller no anexo de persoal as prazas das correspondentes relacións de postos de traballo que se encontren vacantes, e as entidades instrumentais deberán amortizar todas as prazas vacantes sen ocupación dentro do seu cadro de persoal. No resto do capítulo mantéñense as normas vixentes en 2012.
O capítulo III, dedicado ás universidades, recolle o límite máximo dos custos de persoal das tres universidades galegas, así como as retribucións adicionais do persoal ao seu servizo e a autorización de convocatorias para a provisión de persoal laboral fixo en casos excepcionais.
No título III, relativo ás operacións de endebedamento e garantía, establécese para o 2013 a posición neta debedora da Comunidade Autónoma, que se incrementará nunha contía máxima equivalente ao 0,7 % do produto interior bruto rexional, acomodándose aos límites establecidos polo Consello de Política Fiscal e Financeira para este exercicio.
En canto ao apoio financeiro aos proxectos empresariais, mantense para o 2013 a contía máxima dos avais que pode conceder o Instituto Galego de Promoción Económica, cun importe de 500 millóns de euros.
No título IV, dedicado á xestión orzamentaria, mantéñense os preceptos relativos á intervención limitada, ás modificacións dos contratos de transporte escolar, á fiscalización das operacións de endebedamento da Comunidade Autónoma, á fiscalización dos nomeamentos ou de contratos de substitución do persoal, á identificación dos proxectos de investimento, á autorización do Consello da Xunta para a tramitación de determinados expedientes de gasto; a revisión de prezos contidos en contratos e concertos; a regulación das transferencias de financiamento; as subvencións nominativas; o pagamento mensual de axudas e subvencións que se conceden a persoas físicas para financiar estudos de investigación; o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Facenda, que, sen prexuízo da análise de risco que realice o xestor, determina os efectos sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, nos préstamos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, e mais a acreditación do cumprimento de obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social.
O título V, dedicado ás corporacións locais, estrutúrase en dous capítulos. O primeiro, dedicado ao financiamento e á cooperación con estas entidades, detalla as transferencias que lles corresponden como consecuencia de convenios e subvencións, así como a participación dos concellos nos tributos da Comunidade Autónoma a través do Fondo de Cooperación Local.
En relación con este fondo, a lei fixa unha porcentaxe homoxeneizada de participación, que corresponde na súa totalidade ao fondo base. Establécese o sistema de distribución entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e os concellos para o fondo base, de maneira que estes recibirán segundo o coeficiente de repartición que lles correspondeu no 2012.
O capítulo II deste título regula o procedemento de compensación e retención de débedas dos municipios contra os créditos que lles corresponden pola súa participación no Fondo de Cooperación Local sen recoller ningunha variación respecto do ano 2012.
O título VI, relativo ás normas tributarias, enmárcase na necesidade de conciliar o incremento dos ingresos públicos, necesario para acadar o obxectivo de estabilidade, coa finalidade de adecuar a imposición indirecta ao marco xeral. No capítulo referente aos tributos propios establécense modificacións nas taxas vixentes e a creación de novas, ademais de modificar as leis que regulan o imposto sobre o dano medioambiental para adaptalas á reorganización da Administración tributaria, que se levará a cabo coa creación da Axencia Tributaria de Galicia e o inicio da súa actividade. Tamén se incorpora un artigo no que se modifica a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e que recolle a obriga para as entidades subministradoras de auga de presentaren autoliquidación cuadrimestral das cantidades repercutidas polo canon da auga. Por último, inclúese un artigo para establecer os criterios de afectación do imposto sobre o dano medioambiental e o canon eólico.
No capítulo referente aos tributos cedidos establécense varias modificacións. En primeiro lugar, e en relación coas taxas fiscais sobre o xogo, establécese unha maior seguridade xurídica, ao recoller que todos os xogos quedan sometidos ás taxas administrativas.
En relación co imposto sobre a renda das persoas físicas, en primeiro lugar, procédese á supresión da dedución por fomento do autoemprego como consecuencia da Sentenza 161/2012, do Tribunal Constitucional, do 20 de setembro de 2012. Ademais, duplícase a dedución do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), aumentando o límite de dedución aos 8.000 euros, para as persoas que invistan en accións ou participacións sociais de novas entidades ou de recente creación co obxecto de incentivar a actividade dos «Business Angels», e esténdese a dedución anterior ás persoas mozas emprendedoras implicadas na xestión ordinaria cunha nova dedución no seu imposto persoal (IRPF) do 20 % das cantidades investidas (cun límite de dedución de 4.000 euros) na creación de novas empresas ou na ampliación da actividade de empresas de recente creación.
No referido ao imposto sobre o patrimonio e coa finalidade de atender mellor a prestación de gastos de carácter social e as políticas de emprego, modifícanse os tipos de gravame da escala para o cálculo da cota íntegra.
En canto ao imposto sobre sucesións e doazóns, e coa finalidade de fomentar as actividades de emprendemento, recóllese unha redución na base impoñible nos supostos de sucesións ou doazóns a fillos e fillas e descendentes de diñeiro destinado á creación dunha empresa ou dun negocio, tendo en conta o patrimonio preexistente da persoa donataria.
Polo que se refire ao imposto sobre transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados, co obxectivo de acadar unha neutralidade fiscal axeitada, os tipos de gravame xerais equipáranse á imposición sobre o valor engadido. Para introducir elementos de progresividade mantéñense tipos bonificados co fin de facilitar o acceso á vivenda e ao crédito para o seu financiamento para determinados colectivos, como as persoas discapacitadas, as familias numerosas ou os menores de trinta e seis anos, establecendo límites a estes tipos bonificados en atención ao prezo de adquisición da vivenda e aos niveis de patrimonio dos contribuíntes, así como mediante a súa incompatibilidade con outros beneficios fiscais establecidos pola Comunidade Autónoma con idéntica finalidade. Na modalidade actos xurídicos documentados establécese unha dedución, tanto na transmisión de inmobles destinados a local comercial coma nos préstamos para adquirilos.
En relación co imposto sobre hidrocarburos modifícase o capítulo V do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que actualmente regula o imposto sobre as vendas retallistas de determinados hidrocarburos (IVRDH), imposto que foi derrogado pola disposición derrogatoria terceira da Lei 2/2012, do 29 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2012, con efectos para o 1 de xaneiro de 2013, e pasa a se integrar dentro do imposto sobre hidrocarburos, regulado no capítulo VII do título I da Lei 38/1992, do 28 de decembro, de impostos especiais.
Finalmente, en canto ás medidas procedementais e ás obrigas formais, e coa finalidade de sistematizar e aclarar a normativa vixente ata agora, facilitar a xestión e mais mellorar a loita contra a fraude fiscal, dáselle unha nova redacción á regulación dos beneficios fiscais non aplicables de oficio no imposto sobre sucesións e doazóns e no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados no que se refire aos requisitos formais para a súa aplicación e ás consecuencias do incumprimento dos requisitos materiais previstos en cada un deles, co obxecto de sistematizar e aclarar a normativa vixente ata agora. Ademais, introdúcense novas obrigas informativas en relación co imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, como a de presentar declaracións informativas sobre outorgamento de concesións, ou actos e negocios administrativos asemellados para efectos do referido imposto, e información sobre bens mobles usados.
As vinte e unha disposicións adicionais consideran aspectos diversos, como a información ao Parlamento, o plan de restablecemento do equilibrio nos orzamentos das entidades públicas instrumentais, os orzamentos iniciais das axencias públicas autonómicas, a venda de solo empresarial polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, as prestacións extraordinarias para beneficiarios de pensións e subsidios non contributivos, as prestacións familiares por coidado de fillos, a obriga de adecuar os importes dos contratos, concertos e convenios de colaboración ás condicións retributivas establecidas no título II, relativo aos gastos de persoal e o persoal contratado ao abeiro do Plan nacional de formación e inserción profesional, que xa estaban reguladas na Lei de orzamentos para o ano 2012.
Como novidade regúlanse no ano 2013 as porcentaxes de gastos xerais de estrutura para aplicar nos contratos de obra de acordo co establecido na artigo 131.1 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Así mesmo, inclúese tamén a posibilidade de modificar os contratos administrativos e convenios cando sexa necesario para o cumprimento do obxectivo de estabilidade.
Tamén se incorporan, como novidades, unha disposición adicional na que se establece a obriga de adecuar estados financeiros das entidades instrumentais ás transferencias, outras tres que establecen reducións nas subvencións destinadas a financiar gastos de persoal, nas tarifas das encomendas de xestión e nas transferencias a entidades financiadas maioritariamente pola Comunidade Autónoma de Galicia, e outra que incorpora normas de especial aplicación en materia de recursos educativos complementarios de ensino público.
Por último, e consecuencia da prórroga do orzamento para o ano 2013, establécense normas para a imputación das operacións de gasto do orzamento prorrogado aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2013.
A lei conta con tres disposicións transitorias. A correspondente á adecuación das entidades públicas instrumentais xa se recollía na Lei de orzamentos de 2012.
É novidade o réxime de transitoriedade para o canon eólico, como consecuencia das modificacións da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para adaptala á reorganización da Administración tributaria que se leva a cabo coa creación da Axencia Tributaria de Galicia e o inicio da súa actividade, para dar validez ás actuacións dos obrigados tributarios en tanto non se leve a cabo o desenvolvemento regulamentario da lei e, por outro lado, a dotación gradual do Fondo de Continxencia de Execución Orzamentaria.
Como se fixo mención anteriormente, tamén se establece na lei unha disposición derrogatoria para deixar sen efecto a habilitación do Consello da Xunta para acordar a redución da xornada coa correspondente redución retributiva do persoal interino ou temporal.
A lei conclúe con sete disposicións derradeiras. A primeira delas recolle dúas modificacións do texto articulado da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: unha, para darlle o tratamento extraorzamentario ás operacións xeradas na liquidación das herdanzas intestadas a favor da Comunidade Autónoma, e a outra, para recoller o Fondo de Continxencia de Execución Orzamentaria en virtude do artigo 31 da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
A segunda das disposicións derradeiras modifica a Lei de subvencións de Galicia co obxecto de recoller a normativa vixente en materia de contratos.
A terceira e cuarta refírense, respectivamente, á afectación do canon de saneamento creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, da Administración hidráulica de Galicia, e á modificación da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; por un lado, para adaptala á reorganización da Administración tributaria que se leva a cabo coa creación da Axencia Tributaria de Galicia e o inicio da súa actividade, e, por outro, para regular a contía dispoñible do Fondo de Compensación Ambiental.
As tres últimas regulan o desenvolvemento, a vixencia e a entrada en vigor da lei.
Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.º.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24.º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.
Artigo 1. Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais
O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2013, nos que se integran:
a) Os orzamentos da Administración xeral, nos que se incorporarán os órganos estatutarios e consultivos.
b) Os orzamentos dos organismos autónomos.
c) Os orzamentos das entidades públicas instrumentais de asesoramento ou consulta, que consonte a disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, terán a consideración de organismos autónomos para efectos orzamentarios.
d) Os orzamentos das axencias públicas autonómicas.
e) Os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas empresariais ás que fai referencia o artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
f) Os orzamentos dos consorcios autonómicos aos que fai referencia o artigo 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
g) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís públicas autonómicas ás que fai referencia o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
h) Os orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico ás que fai referencia o artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.
i) En todo caso, os orzamentos das demais entidades que estean clasificadas como Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas normas do Sistema europeo de contas, agás as universidades públicas.
Artigo 2. Orzamentos da Administración xeral, dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas
Un. Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas autonómicas consígnanse créditos por importe de 9.479.889.414 euros, distribuídos da forma seguinte:
As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, dos organismos autónomos e das axencias públicas representan 3.862.898.041 euros, distribuídos segundo o seguinte detalle:
Dous. A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira:
Tres. A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:
Catro. Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos dos seus organismos autónomos e nos das axencias públicas autonómicas recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 9.479.889.414 euros, distribuídos da seguinte forma:
Cinco. Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 134.548.742 euros, consonte o seguinte detalle:
– Imposto sobre sucesións e doazóns: 82.453.559 euros.
– Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 14.642.112 euros.
– Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 77.862.033 euros.
En cumprimento do establecido no artigo 55.2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 176.419.179 euros.
Artigo 3. Orzamento das restantes entidades públicas instrumentais
Un. Entidades públicas empresariais.
Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas empresariais ás que se refire a letra e) do artigo 1 desta lei, que recollen as súas estimacións de gastos e as previsións de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1.
Dous. Consorcios autonómicos.
Apróbanse os estados de gastos e ingresos dos consorcios aos que se refire a letra f) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1.
Tres. Aprobación de subvencións de explotación e de capital das entidades públicas empresariais.
Autorízanse as dotacións de subvencións de explotación e de capital ás entidades públicas empresariais ás que se refire a letra e) do artigo 1 desta lei, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 2.
No caso de que se teñan que superar tales contías máximas, a consellaría competente en materia de facenda daralle conta ao Parlamento de Galicia das razóns que xustificasen tal aumento.
Artigo 4. Orzamentos doutras entidades instrumentais
Un. Sociedades mercantís públicas autonómicas.
Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís públicas autonómicas ás que se refire a letra g) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1.
Dous. Fundacións do sector público autonómico.
Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico ás que se refire a letra h) do artigo 1 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 1.
Tres. Aprobación de subvencións de explotación e de capital das sociedades mercantís públicas autonómicas.
Autorízanse as dotacións de subvencións de explotación e de capital das sociedades mercantís públicas autonómicas ás que se refire a letra g) do artigo 1 desta lei, polos importes e coa distribución que se relacionan no anexo 2.
No caso de que se teñan que superar tales contías máximas, a consellaría competente en materia de facenda daralle conta ao Parlamento de Galicia das razóns que xustificasen tal aumento.
Artigo 5. Réxime xeral das modificacións orzamentarias
Un. As modificacións de créditos orzamentarios serán autorizadas consonte os requisitos establecidos no Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do indicado neste capítulo.
Dous. As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, e recollerán adecuadamente os motivos que as xustifican, tanto os relativos á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista.
Á comunicación a que se refire a disposición adicional segunda do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, uniráselle unha explicación sobre os motivos que a xustifican en relación co novo gasto proposto e a súa repercusión, se é o caso, sobre os obxectivos do programa afectado con respecto aos inicialmente previstos.
Artigo 6. Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias
Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, atribúenselle á persoa titular da Consellería de Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:
a) Para incorporar os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea, de acordo co previsto nos regulamentos do período de programación 2007-2013 que resulten aplicables, así como para as reasignacións destes créditos a que se refire a alínea Dous do artigo 10.
b) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.
c) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga dos créditos xerados, con destino ao financiamento de gastos derivados da realización de probas de selección de persoal, como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos no artigo 30, «Taxas administrativas».
d) Para incorporar o crédito de exercicios anteriores, que non acadase a fase de recoñecemento da obriga, no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou, se é o caso, nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.
e) Para incorporar o crédito de exercicios anteriores, que non acadase a fase de recoñecemento da obriga, destinado á atención das obrigas derivadas de expedientes de expropiacións.
f) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas e dos prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas seccións orzamentarias no anexo 3 desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 10.
g) Para xerar crédito polo importe que corresponda aos maiores ingresos pola prestación do servizo de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.
h) Para xerar crédito, na sección orzamentaria correspondente, por contía igual ao importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.
i) Para xerar crédito na sección 12, Consellería do Medio Rural e do Mar, polo importe que corresponda ao produto da venda do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais e provinciais, con destino aos fins previstos na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996 e na disposición adicional cuarta da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego. Para tal fin, por pedimento da consellaría interesada, a Consellería de Facenda tramitará o oportuno expediente de desafectación, de acordo co disposto no artigo 10 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e nos artigos 24 e seguintes do seu regulamento de execución.
j) En relación co orzamento do Servizo Galego de Saúde:
1. Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Servizo Galego de Saúde:
– 30, «Taxas administrativas».
– 37, «Ingresos por ensaios clínicos».
– 36, «Prestacións de servizos sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.
2. Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ao financiamento dos centros e servizos sanitarios transferidos á Comunidade Autónoma polas corporacións locais, sempre que excedan as cifras orzadas inicialmente por eses conceptos no correspondente exercicio.
3. Para xerar crédito en relación cos ingresos derivados de acordos transaccionais formalizados coas corporacións locais en materia de financiamento dos hospitais transferidos.
k) Para xerar crédito no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferenza que poida existir entre a liquidación definitiva de exercicios anteriores correspondentes aos distintos mecanismos financeiros do sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e a estimada no estado de ingresos para o dito concepto.
l) Para xerar crédito no capítulo VIII de gastos cos ingresos do capítulo IX procedentes das operacións a que se refiren o parágrafo terceiro da alínea Un e a letra b) da alínea Dous do artigo 40 desta lei.
m) Para xerar crédito nas entidades públicas instrumentais polos ingresos que se produzan nelas cando resulten beneficiarias das ordes de convocatorias de axudas realizadas por calquera Administración que non estivesen orzadas inicialmente.
n) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecuar os créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito e a súa baixa en contabilidade.
No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.
ñ) Para introducir as variacións que sexan necesarias nos programas de gasto das entidades públicas instrumentais para reflectir as repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
o) Para realizar as adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, da posta en marcha de organismos autónomos e axencias públicas autonómicas ou do traspaso de competencias nas que estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire aos dous primeiros supostos, poida orixinarse incremento de gasto.
p) Autorizar transferencias de créditos entre programas incluídos en distinto grupo de función, correspondentes a servizos dunha mesma consellaría, cando teñan por obxecto cofinanciar incorporacións de remanentes de crédito de exercicios anteriores correspondentes a financiamento condicionado.
q) Autorizar transferencias de créditos entre programas incluídos en distinto grupo de función, correspondentes a servizos dunha mesma ou de distinta consellaría, cando teñan por obxecto redistribuír remanentes de crédito do capítulo I.
r) Para efectuar no orzamento de capital do Instituto Galego de Promoción Económica as modificacións que sexan precisas para a disposición do préstamo autorizado na alínea Dous do artigo 40 desta lei.
Artigo 7. Vinculación de créditos
Un. Os créditos consignados nos estados de gastos destes orzamentos quedarán vinculados ao nivel establecido no artigo 56 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con excepción dos créditos que se relacionan a seguir, que serán vinculantes co grao de vinculación que se indica:
120.20, «Substitucións de persoal non docente».
120.21, «Substitucións de persoal docente».
120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos/as substitutos/as docentes ».
120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente».
121.07, «Sexenios».
130.02, «Complemento de perigosidade, penosidade e toxicidade».
131, «Persoal laboral temporal».
131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal».
132, «Persoal laboral temporal (profesorado de relixión)».
133, «Persoal laboral temporal indefinido».
136, «Persoal investigador en formación».
226.01, «Atencións protocolarias e representativas».
226.02, «Publicidade e propaganda».
226.06, «Reunións, conferencias e cursos».
226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».
227.06, «Estudos e traballos técnicos».
228, «Gastos de funcionamento de centros e servizos sociais».
229, «Gastos de funcionamento de centros docentes non universitarios».
A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 11.04.312E.227.65, «Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal», así como os créditos correspondentes á aplicación 07.A1.512B.600.3, «Expropiacións en materia de estradas», e ás diferentes aplicacións do capítulo VI correspondentes a mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A, ou entidade pública que se subrogue na súa posición.
O concepto 160, «Cotas sociais», vinculará a nivel de sección, agás ás entidades con personalidade xurídica de seu, as cales vincularán a nivel de servizo.
Os conceptos 480, «Transferencias correntes a familias», e 481, «Transferencias correntes a institucións sen fin de lucro», por unha parte, e os conceptos 780, «Transferencias de capital a familias», e 781, «Transferencias de capital a institucións sen fin de lucro», pola outra, serán vinculantes entre si. A mesma consideración terán os créditos dos subconceptos 221.07, «Comedores escolares», e 223.08, «Transporte escolar», que vincularán entre eles.
Así mesmo, terán carácter vinculante, co nivel de detalle económico co que aparezan nos estados de gastos, as transferencias de financiamento das entidades instrumentais do sector público autonómico.
Dous. As transferencias a que se refire o artigo 67 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas pola persoa titular da Consellería de Facenda.
Artigo 8. Créditos ampliables
Un. Con independencia dos supostos previstos no punto 1 do artigo 64 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:
a) Os incluídos nas aplicacións 06.A2.621A.227.07 e 06.A2.621A.227.08, destinados ao cumprimento dos convenios para a xestión e liquidación e os premios de cobranza autorizados pola recadación en vía executiva.
b) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferenza existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.
c) Os destinados ao pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.
d) Os créditos destinados ao pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referidos aos traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.
e) Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas ata o importe dos remanentes da tesouraría que resulten como consecuencia da súa xestión.
f) Os incluídos na aplicación 21.01.811B.460.2, con destino ao pagamento da liquidación de exercicios anteriores, que corresponde ao Fondo de Cooperación Local.
g) Os créditos vinculantes incluídos nas aplicacións 120.20, «Substitucións de persoal non docente», 120.21, «Substitucións de persoal docente», e 120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos/as substitutos/as docentes», que se considerarán ampliables unicamente con retencións noutros créditos do capítulo I da propia sección orzamentaria ou do organismo autónomo.
h) Os créditos incluídos na aplicación 05.11.313D.480.0, destinados ao pagamento de axudas periódicas a mulleres que sofren violencia de xénero.
i) Os incluídos na aplicación 23.03.621A.890.00, destinados ao Fondo de Garantía de Avais.
Esta ampliación financiarase con baixa nas dotacións da aplicación 08.01.741A.732.05 e das correspondentes ao Instituto Galego de Promoción Económica.
j) Os créditos da sección 09, «Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria », a que se refire o artigo 58 desta lei.
k) Os créditos destinados ao pagamento do complemento autonómico ás pensións non contributivas de xeito que permitan dar cobertura a todos os solicitantes que cumpran os requisitos exixidos pola Administración.
l) Os créditos destinados ao pagamento da renda de integración social de Galicia (Risga).
Dous. Para os efectos do previsto no artigo 64.1.g) do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán a consideración de seccións orzamentarias as secretarías xerais da Presidencia.
Tres. O financiamento das ampliacións de crédito, ademais de por medio dos mecanismos previstos no artigo 64.2 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderá tamén realizarse con baixas de crédito noutros conceptos orzamentarios.
Artigo 9. Transferencias de crédito
Un. Con independencia das limitacións a que se refire o artigo 68.1 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.
Esa restrición non lles será aplicable:
a) Cando se destinen á atención de gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras situacións de natureza análoga e carácter excepcional, logo da declaración polo Consello da Xunta da situación excepcional, catastrófica ou de análoga natureza.
b) Aos incrementos do capítulo I que, se é o caso, poidan orixinarse polo desenvolvemento de procesos de regularización derivados de acordos sobre materias de función pública subscritos entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais.
c) Aos incrementos do capítulo I derivados do cumprimento de sentenzas xudiciais firmes ou autos de obrigada execución.
d) Aos incrementos do capítulo I derivados do previsto na alínea Cinco do artigo 34 desta lei.
e) Excepcionalmente, cando as características das actuacións que se deban executar para o cumprimento da finalidade do programa orzamentario previsto esixan a adecuación da natureza económica do gasto.
f) Cando teñan por obxecto atender as obrigas a que se refire o artigo 60.2 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, sempre que se xustifique a imposibilidade de as tramitar con cargo a gasto corrente.
g) As transferencias para atender xuros de mora cando se xustifique a imposibilidade de as tramitar con cargo a gasto corrente.
Dous. Polo que se refire ás seccións 09, «Cultura, Educación e Ordenación Universitaria », 10, «Sanidade», e 11, «Traballo e Benestar», no que afecte créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada na alínea anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 5 % das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20 % para o Servizo Galego de Saúde.
No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementaren créditos do capítulo I destinados ao asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación sexa de realización de obra ou servizo prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.
Tres. Sen prexuízo do disposto no resto de alíneas deste artigo, as transferencias de crédito axustaranse ás seguintes regras:
a) Poderán incrementarse os créditos autorizados inicialmente nas aplicacións orzamentarias dos subconceptos 131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal », e 120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente», mediante transferencias de crédito do concepto 131, cun límite máximo conxunto do 30 % dos créditos iniciais do devandito concepto. A superación deste límite con cargo a outros conceptos do capítulo I deberá ser autorizada polo Consello da Xunta por proposta do departamento solicitante e con informe previo da Intervención Xeral e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.
b) Non se incrementarán os créditos autorizados inicialmente nas aplicacións orzamentarias do subconcepto 226.02, «Publicidade e propaganda»; 227.06, «Estudos e traballos técnicos»; 226.01, «Atencións protocolarias», e 226.06, «Reunións, conferencias e cursos ».
Con todo, a limitación que atinxe o 226.02, «Publicidade e propaganda», non afectará a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nin o Servizo Galego de Saúde cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer públicas medidas de seguridade en materia de protección civil derivadas da existencia de riscos non previstos ou medidas sanitarias sobre riscos para a saúde pública.
c) Non se poderán diminuír os créditos consignados no programa 312D, «Servizos sociais de atención ás persoas dependentes», agás cando financien créditos que teñan a condición de ampliables consonte o previsto na letra l) do artigo 8 desta lei.
d) Non se poderán tramitar transferencias de crédito do capítulo VIII aos restantes capítulos do orzamento.
Catro. As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nas letras b) e c) do artigo 68 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non afectarán as transferencias de crédito que se refiran ás transferencias de financiamento das entidades instrumentais do sector público autonómico.
Con independencia do anterior, esas mesmas limitacións entenderanse referidas, no orzamento do Servizo Galego de Saúde, ao orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non aos orzamentos totais.
Cinco. Ás transferencias de crédito que afecten unicamente a clasificación orgánica e que se efectúen entre centros de gasto do Servizo Galego de Saúde non lles serán aplicables as limitacións previstas no artigo 68 do Decreto lexislativo 1/1999, de 7 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, por teren a consideración de simples redistribucións de crédito.
Para os efectos do sinalado no parágrafo anterior, terán tamén a condición de redistribución de crédito as transferencias dentro dos centros que teñan a consideración de estruturas de xestión integrada, sempre que non afecten a clasificación económica.
Así mesmo, para os efectos de facilitar a xestión entre diferentes centros de gasto dentro dunha mesma sección, as transferencias de crédito que afecten os gastos de funcionamento (221, 222, 227.00, 227.01 e 229) serán autorizadas polo seu titular, por teren a consideración de redistribucións de crédito.
Seis. Ás transferencias de crédito que afecten as aplicacións do Servizo Galego de Saúde e que financien sociedades mercantís e fundacións do sector público de Galicia de carácter sanitario non lles serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68.1 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Así mesmo, quedan exceptuadas das limitacións establecidas no artigo sinalado no parágrafo anterior as transferencias entre partidas que financien sociedades públicas autonómicas cando estean afectadas por procesos de reordenación administrativa funcional autorizados polo Consello da Xunta de Galicia.
Sete. Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nas alíneas anteriores deste artigo, o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellaría durante este exercicio non poderá diminuír as consignacións iniciais, ao nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20 %.
O indicado no parágrafo anterior non será aplicable nos seguintes casos:
a) Cando teñan por obxecto incrementar conceptos do capítulo I de gastos.
b) Cando se refiran á sección 23, «Gastos de diversas consellarías».
c) Cando se refiran ao centro de xestión 5001 do Servizo Galego de Saúde.
d) Cando se refiran a fondos propios que pasen a cofinanciar proxectos con fondos europeos.
e) Cando se refiran aos créditos consignados no capítulo V de gastos.
f) Cando se refiran a axudas ou subvencións, no caso de que a orde de convocatoria pola que se rexe a súa concesión asigne o gasto a diversas aplicacións orzamentarias e non sexa posible determinar previamente a contía imputable a cada unha delas.
g) As que se refiren ás transferencias de financiamento das entidades instrumentais do sector público autonómico.
h) Cando se realicen entre créditos dos capítulos VI e VII do estado de gastos.
i) Cando teñan por obxecto atender gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras actuacións de natureza análoga e carácter excepcional.
j) Cando teñan por obxecto adecuar a natureza económica dos créditos necesarios para o mantemento dos centros de saúde de titularidade municipal, na medida en que se produza a transferencia da súa titularidade ao Servizo Galego de Saúde.
k) Cando teñan por obxecto adecuar a natureza económica dos créditos dun programa orzamentario que permita o cumprimento da súa finalidade.
l) Cando se trate de modificacións de crédito derivadas das obrigas a que se refire o artigo 60.2 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
m) Cando afecten transferencias entre o capítulo II.
n) Cando afecten transferencias entre o capítulo IV.
ñ) Cando se refiran aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades, sempre que non afecten o importe total do Plan de financiamento de universidades.
Artigo 10. Adecuación de créditos
Un. Para facilitar a consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2013, os créditos incluídos nos estados de gastos poderán experimentar os axustes necesarios para acomodar o seu importe ao dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas.
Sen prexuízo do indicado na letra n) do artigo 6 desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumprir o previsto no parágrafo anterior.
Dous. Para conseguir o máximo grao de execución posible dos fondos procedentes da Unión Europea, os créditos incorporados que non amparen compromisos de gastos debidamente adquiridos nos exercicios anteriores poderán ser reasignados a outras actuacións, da mesma ou distinta consellaría ou organismo, con suxeición aos respectivos plans financeiros e ás disposicións dos programas operativos e da normativa que os regula, por proposta motivada dos organismos intermedios da autoridade de xestión dos respectivos programas, ou da autoridade de xestión no caso do Feader.
Artigo 11. Transferencia de remanentes líquidos de tesouraría
Os organismos autónomos e as entidades públicas empresariais transferiranlle ao orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesouraría non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.
A Consellería de Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», unha vez analizada a súa repercusión e os seus efectos sobre a estabilidade orzamentaria.
Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Facenda poderalles limitar os libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria.
As axencias públicas autonómicas para a incorporación do remanente de tesouraría non afectado aplicarán o disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. De non se realizar a incorporación procederase conforme o disposto neste artigo para os organismos autónomos e as entidades públicas empresariais.
Artigo 12. Consello de Contas
Con suxeición ás limitacións e aos requisitos establecidos con carácter xeral, as autorizacións de ampliacións e transferencias de crédito que se lle atribúen á persoa titular da Consellería de Facenda entenderanse referidas ao órgano competente do Consello de Contas cando correspondan ao orzamento do citado consello.
As modificacións autorizadas deberanlle ser comunicadas para a súa instrumentación á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.
Artigo 13. Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal
Un. As retribucións íntegras do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non poderán experimentar no ano 2013 ningún incremento con respecto ás vixentes o 31 de decembro de 2012, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade, e sen ter en conta a redución aprobada pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público.
Todas as mencións desta lei ás retribucións vixentes o 31 de decembro de 2012 ou devengadas no dito ano deberán entenderse feitas ás que resultan da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, sen ter en conta a supresión da paga extraordinaria e da paga adicional ou equivalente do mes de decembro aprobada pola Lei 9/2012, do 3 de agosto.
Dous. As retribucións que percibirá no ano 2013 o persoal funcionario ao que lle resulta aplicable o artigo 76 do Estatuto básico do empregado público incluído no ámbito de aplicación do Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta do citado estatuto básico, no concepto de soldo e trienios, nas nóminas ordinarias de xaneiro a decembro de 2013, que corresponda ao grupo ou subgrupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza a persoa funcionaria, referidas a doce mensualidades, serán as seguintes:
Os funcionarios aos que se refire a alínea anterior percibirán, en cada unha das pagas extraordinarias dos meses de xuño e decembro no ano 2013, no concepto de soldo e trienios, as seguintes contías:
Tres. Para os efectos do disposto na alínea anterior, as retribucións que percibirá o persoal funcionario que ata a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 viñan referenciadas aos grupos de titulación previstos na lexislación da función pública galega, e que se corresponden nos mesmos termos cos grupos recollidos no Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, pasan a estar referenciadas aos grupos e subgrupos de clasificación profesional establecidos no artigo 76 e na disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, sen experimentar outras variacións que as derivadas desta lei. As equivalencias entrambos os sistemas de clasificación son as seguintes:
Catro. Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos deberán experimentar a oportuna adecuación, resultando inaplicables as cláusulas que establezan calquera tipo de incremento. Debido ás actuais circunstancias económicas excepcionais, suspéndese a aplicación dos pactos ou acordos asinados que supoñan incrementos retributivos para o ano 2013.
Cinco. O disposto nas alíneas precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos. Se for o caso, axustaranse ao establecido na lexislación básica do Estado, modificándose automaticamente a raíz de calquera cambio nesta normativa, de xeito que as medidas retributivas incluídas nesta lei serán obxecto da oportuna actualización para adaptarse ás novas circunstancias e serán absorbidas por elas.
Seis. Este artigo aplicaráselle ao persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos, o devandito sector público está constituído por:
a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.
b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.
c) As entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento a que se refire a disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
d) As axencias públicas autonómicas.
e) As entidades integrantes do Sistema universitario de Galicia.
f) As entidades públicas empresariais a que se refire o artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
g) Os consorcios autonómicos a que se refire o artigo 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
h) As sociedades mercantís públicas autonómicas a que se refire o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
i) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma a que se refire o artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Artigo 14. Criterios retributivos aplicables ao persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non sometido á lexislación laboral
Un. As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico non experimentarán ningún incremento con respecto ás vixentes o 31 de decembro de 2012, tendo en conta o disposto na alínea Un do artigo 13 desta lei, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.
As pagas extraordinarias do persoal incluído no ámbito de aplicación deste artigo, e que se percibirán nos meses de xuño e decembro, serán o importe de soldo e trienios, se é o caso, establecido no artigo 13. Dous desta lei e dunha mensualidade de complemento de destino ou concepto ou contía equivalente en función do réxime retributivo dos colectivos aos que este artigo resulte aplicable.
Dous. O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, non experimentará ningún incremento con respecto ás vixentes o 31 de decembro do ano 2012, tendo en conta o disposto na alínea Un do artigo 13 desta lei, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.
Durante o exercicio 2013 estas retribucións reduciranse nunha porcentaxe equivalente á derivada da aplicación do indicado na letra d) da alínea Un do artigo 21 desta lei para o persoal funcionario.
Tres. Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.
Catro. As indemnizacións por razón do servizo rexeranse pola súa normativa específica.
Cinco. As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinado persoal funcionario da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ás persoas beneficiarias conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.
Artigo 15. Persoal eventual e de gabinete
Un. O persoal eventual de gabinete da Administración da Xunta de Galicia unicamente poderá ser adscrito aos departamentos nos que figuren as persoas que formen parte do Consello do Goberno galego.
Dous. A Xunta de Galicia publicará na súa páxina web a información referida á totalidade do dito persoal e aprobará, no prazo máximo de tres meses, unha norma que o regule.
Tres. Prohíbese a contratación de persoal de gabinete por calquera das entidades instrumentais dependentes da Xunta de Galicia, así como por parte das súas delegacións territoriais.
Artigo 16. Retribucións dos consellos de administración
As retribucións dos consellos de administración das sociedades mercantís públicas ou das entidades públicas empresariais non poderán exceder o 85 % das contías globais estimadas para o ano 2011.
Artigo 17. Criterios retributivos en materia de persoal laboral
A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican na alínea Seis do artigo 13 desta lei, que non experimentará ningún incremento con respecto á vixente o 31 de decembro de 2012, sen terse en conta a redución aprobada pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, estará integrada polo conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e os gastos de acción social establecidos no artigo 3 da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, devengados polo devandito persoal no ano 2012.
Durante o exercicio 2013 as retribucións salariais deste persoal reduciranse nunha porcentaxe equivalente á derivada da aplicación do indicado na letra d) da alínea Un do artigo 21 desta lei para o persoal funcionario.
Exceptúanse en todo caso:
a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.
b) As cotizacións ao sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.
c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.
d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tiver que realizar o traballador ou a traballadora.
As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ao réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2013 deberase satisfacer a totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas dos convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2013 e todas as que se produzan ao longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ao devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.
As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos con respecto ao ano 2012.
Artigo 18. Retribucións dos altos cargos e outro persoal directivo
Un. As retribucións do presidente da Xunta reduciranse nun 7 % e as do vicepresidente e conselleiros nun 6,6 % respecto das vixentes o 31 de decembro de 2012, sen terse en conta a redución aprobada pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que lles puider corresponder de conformidade coa normativa vixente, e quedan, polo tanto, establecidas nas seguintes contías:
Presidente da Xunta: 66.923,04 €.
Vicepresidente e conselleiros: 58.659,48 €.
As retribucións dos secretarios xerais, secretarios xerais técnicos, directores xerais, delegados territoriais e asimilados reduciranse nun 6,3 % respecto das vixentes o 31 de decembro de 2012, sen terse en conta a redución aprobada pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que lles puider corresponder de conformidade coa normativa vixente, e quedan, polo tanto, establecidas nas seguintes contías:
Secretarios xerais, secretarios xerais técnicos, directores xerais, delegados territoriais e asimilados: 51.593,54 €.
Dous. As retribucións do conselleiro maior do Consello de Contas reduciranse nun 6,9 % e as dos conselleiros nun 6,6 % respecto das vixentes o 31 de decembro de 2012, sen terse en conta a redución aprobada pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, e quedan, polo tanto, establecidas nos seguintes importes referidos a doce mensualidades:
Conselleiro maior: 62.223,84 €.
Conselleiros: 58.659,48 €.
Tres. As retribucións do presidente do Consello Consultivo de Galicia reduciranse nun 6,9 % e as dos conselleiros nun 6,6 % respecto das vixentes o 31 de decembro de 2012, sen terse en conta a redución aprobada pola Lei 9/2012, do 3 de agosto, e quedan, polo tanto, establecidas nos seguintes importes referidos a doce mensualidades:
Presidente: 62.223,84 €.
Conselleiros: 58.659,48 €.
Catro. As retribucións totais do persoal directivo a que se refire o artigo 7 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, minoraranse nas porcentaxes abaixo indicadas sobre as contías axustadas dimanantes da aplicación do dito decreto, sen prexuízo das contías que lles puideren corresponder en concepto de antigüidade de conformidade coa normativa vixente.
As retribucións do restante persoal previsto neste decreto e as retribucións dos altos cargos das entidades públicas instrumentais de consulta e asesoramento axustaranse na mesma proporción que as retribucións dos altos cargos da Xunta de Galicia que teñan retribucións análogas.
Cinco. Por proposta da persoa titular da consellaría á que se atopen adscritas, as retribucións iniciais das persoas titulares das presidencias e vicepresidencias e, se é o caso, das direccións xerais das entidades a que se refire a alínea anterior deste artigo serán autorizadas, logo do informe conxunto da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, pola persoa titular da Consellería de Facenda.
Artigo 19. Complemento persoal
O persoal funcionario designado para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas autonómicas que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento manteña unha relación de servizo permanente, non contractual, con algunha Administración pública non poderá percibir retribucións inferiores ás que tiña asignadas no posto de procedencia.
Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferenza entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servizos extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle correspondan polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.
O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.
Os complementos persoais e transitorios permanecerán coas mesmas contías que o 31 de decembro do ano 2012.
Artigo 20. Retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior
As contías das retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior para o ano 2013 non poderán experimentar ningún incremento respecto das vixentes o 31 de decembro do ano 2012, sen prexuízo do dereito ás indemnizacións, as axudas de custo e a aplicación de coeficientes por razón de servizo que poidan corresponderlles por residencia no estranxeiro. Así mesmo terán dereito a percibir os trienios que poidan ter recoñecidos como persoal funcionario e persoal ao servizo das administracións públicas.
Durante o exercicio 2013 estas retribucións reduciranse nunha porcentaxe equivalente á derivada da aplicación do indicado na letra d) da alínea Un do artigo 21 desta lei para o persoal funcionario.
Artigo 21. Retribucións do persoal funcionario da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación do Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público
Un. De conformidade co establecido no artigo 13 desta lei, as retribucións que percibirá no ano 2013 o persoal funcionario incluído no ámbito de aplicación do Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, que desempeñe postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade Autónoma aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei, serán as seguintes:
a) O soldo e os trienios que correspondan ao grupo ou subgrupo en que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o persoal funcionario, de acordo coas contías reflectidas no artigo 13.Dous desta lei referidas a doce mensualidades.
b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ao ano, percibiranse de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989. O importe de cada unha destas pagas será a suma do soldo e dos trienios establecidos no artigo 13.Tres desta lei e dunha mensualidade de complemento de destino.
Cando o persoal funcionario preste unha xornada de traballo reducida durante os seis meses anteriores aos meses de xuño e decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente redución proporcional.
c) O complemento de destino correspondente ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:
No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos en que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ao posto de traballo.
d) O complemento específico anual que, se é o caso, estea fixado ao posto que se desempeñe. Este complemento experimentará, respecto da súa contía o 1 de xaneiro de 2012, unha redución equivalente á suma das pagas adicionais correspondentes aos meses de xuño e decembro, e percibirase en doce mensualidades.
e) O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou a iniciativa con que o persoal funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 69.3.c) do Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.
O complemento de produtividade establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría correspondente e logo do informe da Dirección Xeral da Función Pública, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, unha vez escoitados os órganos de representación do persoal. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.
As contías asignadas por complemento de produtividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.
f) As gratificacións por servizos extraordinarios.
Estas gratificacións serán concedidas logo de autorización do Consello da Xunta por proposta da consellaría respectiva, cando a súa contía exceda, para todo o exercicio 2013, de 25.000 euros en total ou de 2.000 de euros por persoa. No caso contrario a súa autorización corresponderalle á consellaría.
En todo caso, as devanditas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servizos extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.
g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989.
Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2013, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. Non se considerarán en ningún caso os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios, para estes efectos.
Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ao producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.
Dous. O persoal funcionario interino incluído no ámbito de aplicación da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, percibirá a totalidade das retribucións básicas, incluídos trienios e pagas extraordinarias, e a totalidade das retribucións complementarias que correspondan ao posto de traballo para o que sexa nomeado, excluído o que estea vinculado á condición de persoal funcionario de carreira.
Tres. O complemento de produtividade poderáselle atribuír, se é o caso, ao persoal funcionario interino a que se refire a alínea anterior, así como ao persoal funcionario en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do dito complemento ao persoal funcionario que desempeñe análogos postos de traballo, agás que ese complemento estea vinculado á condición de persoal funcionario de carreira.
Artigo 22. Retribucións do persoal ao servizo das institucións sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia
Un. En aplicación do previsto na disposición transitoria sexta.1.a) da Lei 55/2003, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, o persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os ditos conceptos retributivos no artigo 21. Un.a), b) e c) desta lei.
O importe anual das retribucións correspondentes ao complemento específico, ao complemento de produtividade fixa e mais ao complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade experimentará, respecto da súa contía o 1 de xaneiro de 2012, unha redución equivalente á suma das dúas pagas adicionais correspondentes aos meses de xuño e decembro, e percibirase en doce mensualidades.
As retribucións dos complementos de atención continuada, carreira profesional e a distribución do complemento de produtividade, determinado consonte os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c) e a disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987 e no artigo 43.2 da Lei 55/2003 e mais nas demais normas ditadas para o seu desenvolvemento, reduciranse na contía precisa para acadar unha porcentaxe equivalente á derivada da aplicación do indicado na letra d) da alínea Un do artigo 21 desta lei para o persoal funcionario.
Dous. As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde non experimentarán ningún incremento, consonte o previsto no artigo 13 desta lei.
Durante o exercicio 2013 estas retribucións reduciranse nunha porcentaxe equivalente á derivada da aplicación do indicado na letra d) da alínea Un do artigo 21 desta lei para o persoal funcionario.
Tres. Nos supostos de pactos e acordos que establezan a asignación de conceptos retributivos ligados á prestación dunha xornada complementaria ou adicional á fixada nos propios acordos como xornada ordinaria, o aboamento dos ditos conceptos requirirá a acreditación da prestación efectiva dos servizos.
Non se poderán satisfacer en ningún caso percepcións retributivas ou asignacións económicas, incluíndo as suplementarias ou mediadas, derivadas de atención continuada, gardas ou concepto equivalente cando non exista prestación efectiva dos servizos motivada por situacións de incapacidade temporal, agás naqueles supostos expresamente previstos nunha norma con rango de lei.
Catro. Os requisitos para a modificación das retribucións do persoal a que se refire este artigo serán os establecidos no artigo 28 desta lei.
Artigo 23. Retribucións do persoal dos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza
As retribucións do persoal dos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza reduciranse, en termos anuais, nunha porcentaxe equivalente á porcentaxe resultante da aplicación do indicado na letra d) da alínea Un do artigo 21 desta lei. Esta redución aplicarase mediante a dedución do complemento específico e do complemento autonómico transitorio.
Artigo 24. Prohibición de ingresos atípicos
O persoal comprendido dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daquel sometido ao réxime de arancel, non poderá percibir ningunha participación nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á Administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servizo ou xurisdición, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estean normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre gozo de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.
Artigo 25. Relacións de postos de traballo
Non se inclúen no anexo de persoal desta lei, e polo tanto non teñen dotación orzamentaria, aquelas prazas das correspondentes relacións de postos de traballo que se encontren vacantes sen ocupación, agás as derivadas das necesidades de cobertura a través dos sistemas de provisión e selección que se formalicen, así como as que poidan xurdir por razóns urxentes e inaprazables.
As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2013 deberán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei, debéndose amortizar as prazas que non teñan dotación orzamentaria. A proposta de modificación da relación de postos de traballo deberase efectuar no prazo máximo de tres meses, contados a partir da entrada en vigor desta lei.
As relacións de postos de traballo poderán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas á creación de prazas derivadas de sentenzas xudiciais firmes que recoñezan unha situación laboral de carácter indefinido, cando non se poidan adscribir a un posto de traballo vacante sen ocupación.
Se a persoa declarada laboral indefinida non se puider adscribir a un posto de traballo vacante, procederase a incluíla na relación de postos de traballo da consellaría ou do organismo afectado como posto de persoal funcionario, ou excepcionalmente de persoal laboral cando a natureza das súas funcións así o requira, de tal xeito que, unha vez modificada a relación de postos de traballo, a persoa afectada será adscrita ao posto de nova creación.
A proposta de modificación da relación de postos de traballo deberase efectuar no prazo máximo de tres meses, contados a partir da data de firmeza da sentenza xudicial. O devandito posto proverase ben a través dos sistemas de provisión legalmente establecidos ou ben a través da oferta pública de emprego.
Artigo 26. Cadros de persoal das entidades instrumentais
As entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma deberán amortizar todas as prazas vacantes sen ocupación do seu cadro de persoal.
No prazo máximo de tres meses, desde a entrada en vigor desta lei, deberán adaptar o seu cadro de persoal ao establecido neste artigo, para o que será necesaria a emisión de informe favorable pola Consellería de Facenda.
Artigo 27. Outras normas comúns
Un. Cando as retribucións percibidas no ano 2012 non se correspondan coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 14/2010, do 27 de decembro, e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, non experimentarán no ano 2013 ningún incremento sobre as vixentes o 31 de decembro do ano anterior, tendo en conta o disposto na alínea Un do artigo 13 desta lei.
Dous. Na Administración da Comunidade Autónoma e nas entidades instrumentais do sector público autonómico con personalidade xurídica de seu, nos casos de adscrición durante o ano 2013 de persoal funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ao posto de traballo ao que se adscribe, o devandito persoal funcionario percibirá as retribucións que correspondan ao posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Dirección Xeral da Función Pública por proposta das consellarías interesadas.
Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Dirección Xeral da Función Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do persoal funcionario.
A Dirección Xeral da Función Pública comunicaralle estas autorizacións á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos para o seu coñecemento.
Tres. As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.
Catro. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ao persoal funcionario, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciba este nos seus importes líquidos.
Artigo 28. Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario
Un. Será necesario informe favorable emitido conxuntamente pola Dirección Xeral da Función Pública e pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos para determinar ou modificar as condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ao servizo de:
a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.
b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.
c) As entidades públicas instrumentais de consulta ou asesoramento a que se refire a disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
d) As axencias públicas autonómicas.
e) As entidades integrantes do Sistema universitario de Galicia.
f) As entidades públicas empresariais a que se refire o artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
g) Os consorcios autonómicos a que se refire o artigo 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
h) As sociedades mercantís públicas autonómicas a que se refire o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
i) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da Comunidade Autónoma a que se refire o artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Dous. Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2013, deberase solicitar da Consellería de Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que poidan contraerse como consecuencia dos ditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante o ano 2012.
Cando como consecuencia de convenios ou acordos colectivos resulte a obriga de recoñecementos de complementos persoais de carácter transitorio, deberase establecer que estes complementos serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza nos exercicios sucesivos, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. Non se considerarán en ningún caso o complemento de antigüidade, o complemento de produtividade nin as horas extraordinarias para estes efectos.
Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo cuxas retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante o ano 2012.
Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe a que se refire a alínea Un deste artigo.
Tres. Para os efectos das alíneas anteriores, entenderase por determinación ou modificación das condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:
a) A determinación das retribucións dos postos de nova creación.
b) O asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados na alínea Un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.
c) A aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.
d) A fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.
e) O outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.
f) A determinación das retribucións correspondentes ao persoal contratado no exterior.
Catro. Co fin de emitir o informe sinalado na alínea Un deste artigo, as consellarías, os organismos e os entes remitiranlles á Dirección Xeral da Función Pública e á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos o correspondente proxecto, con carácter previo ao seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, xunto coa achega da valoración de todos os seus aspectos económicos.
Cinco. O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2013 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ao control do seu crecemento.
Seis. Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ao que determinen as futuras leis de orzamentos.
Sete. Non se poderán autorizar gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2013 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.
Artigo 29. Persoal de alta dirección das entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma
Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.
Artigo 30. Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos
Un. As consellarías da Xunta de Galicia, os organismos autónomos e as axencias públicas autonómicas poderán formalizar durante o ano 2013 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:
a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servizos que teñan a natureza de investimentos.
b) Que tales obras ou servizos correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
c) Que pola natureza das obras ou dos servizos non poidan ser executados por persoal fixo.
d) Que se refiran a obras e proxectos concretos.
Do cumprimento dos anteriores requisitos deberase deixar constancia no correspondente expediente de contratación.
Dous. Os contratos teranse que formalizar seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Nos contratos farase constar a obra ou o servizo para cuxa realización se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puideren derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
O gasto xerado por estas contratacións, con excepción das suxeitas normativamente ao Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, así como o gasto que corresponda ás contratacións de persoal temporal dedicado á extinción de incendios forestais e ás contratacións de persoal temporal asociado a proxectos de investigación, imputaranse ao concepto correspondente do artigo 13 no programa e na consellaría de que se trate.
Tres. A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos en que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada do departamento, ou órgano equivalente, certificará, despois da proposta fundamentada do xestor, que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.
Catro. A contratación poderá exceder o exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servizos que excedan o devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Cinco. O servizo xurídico do departamento ou organismo emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades exixidos pola lexislación laboral.
Seis. Non se poderán realizar contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.
Sete. Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ao 31 de decembro de 1999 poderán continuar imputándose ao capítulo VI do orzamento de gastos do correspondente departamento ata o seu termo.
Artigo 31. Nomeamento de profesorado interino a tempo parcial en centros docentes non universitarios
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá efectuar, nos centros docentes non universitarios, o nomeamento de profesorado interino con horarios de traballo inferiores aos establecidos con carácter xeral, que percibirán as retribucións básicas e complementarias de forma proporcional á xornada traballada.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tratará de completar o horario docente do persoal interino, compartindo, de ser necesario, varios centros de ensino, para minimizar deste xeito o número de prazas ofertadas segundo o parágrafo anterior.
No caso de ser necesario o nomeamento para prazas a tempo parcial, daráselle preferencia para optar a estas ao profesorado que voluntariamente queira acceder a elas, sobre todo a aquelas persoas que aleguen necesidades de conciliación da vida familiar e laboral.
Artigo 32. Profesores e profesoras de corpos docentes
Sen prexuízo do establecido con carácter xeral no artigo 74, punto 5, do Texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e atendendo as peculiaridades do persoal docente, recoñecidas polo artigo 1, punto 2, do referido texto refundido, os profesores e as profesoras dos corpos docentes previstos no ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderán percibir ata o total das súas retribucións tanto básicas coma complementarias cando sexan autorizados para o gozo de licenzas por estudos durante o curso escolar, nos supostos, termos, prazos e condicións que determine a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co informe favorable da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.
Artigo 33. Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal
Un. Durante o ano 2013, non se procederá á incorporación de novo persoal no sector público ao que se refire a alínea Seis do artigo 13 desta lei, salvo a que poida derivar da execución de procesos selectivos correspondentes a ofertas de emprego público de exercicios anteriores. Esta limitación non será aplicable aos sectores determinados na lexislación básica do Estado, nos que, de acordo con ela, a taxa de reposición de efectivos se fixará ata un máximo do 10 %, e concretarase nos sectores, as funcións e as categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais. Para estes efectos, consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. Dentro deste límite, a oferta de emprego incluirá todos os postos e prazas desempeñados por persoal laboral contratado ou persoal interino nomeado, ao que se refire a letra a) do punto 1 do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, excepto aqueles sobre os que exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de provisión ou se decida a súa amortización. Tamén se incluirán aqueles postos aos que se adscribiran os afectados por unha resolución xudicial de recoñecemento dunha relación laboral de carácter indefinido non fixo. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 10 desta lei.
En consecuencia co anterior, durante o exercicio do 2013, as incorporacións de persoal funcionario, laboral e estatutario fixo, derivadas dos procesos de selección e provisión, non poderán supoñer en ningún caso un incremento dos efectivos que ocupen prazas dotadas orzamentariamente.
En calquera caso, as prazas correspondentes aos nomeamentos a que se refiren os artigos 10.1.a) da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, e 9.2 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal dos servizos de saúde, e as contratacións de persoal interino por vacante computarán para os efectos de cumprir o límite máximo da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao mesmo ano en que se produza o nomeamento ou a contratación, e, se non for posible, na seguinte oferta de emprego público, salvo que se decida a súa amortización.
Dous. O Consello da Xunta poderá autorizar, coa limitación establecida na alínea Un deste artigo, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública ou, se é o caso, das consellarías competentes na materia, e co informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, a convocatoria das prazas vacantes de persoal funcionario e do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
Tres. Durante o ano 2013 non se autorizarán convocatorias de postos ou prazas vacantes de persoal laboral das entidades instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, que deberán ser autorizadas pola Dirección Xeral de Función Pública e pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.
Co obxecto de posibilitar a adecuada optimización dos recursos humanos existentes no sector público autonómico, o persoal funcionario ou laboral fixo procedente do sector público da Comunidade Autónoma poderá prestar servizos nas entidades instrumentais da Comunidade Autónoma de acordo co disposto na normativa de función pública.
Catro. Durante o ano 2013 amortizaranse na Administración xeral da Xunta de Galicia, nos organismos autónomos e nas demais entidades do sector público autonómico a que se refire a alínea Seis do artigo 13 desta lei un número de prazas equivalente, polo menos, ao das xubilacións que se produzan, agás nos sectores, as funcións e as categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais. No caso do persoal funcionario, as prazas amortizadas serán do mesmo grupo e subgrupo profesional en que se produza a xubilación, conforme a clasificación prevista no artigo 76 e na disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e, no caso do persoal laboral, do mesmo grupo profesional. Habilítase a Consellería de Facenda para establecer os termos e o alcance desta amortización.
Artigo 34. Contratación de persoal laboral temporal e nomeamento de persoal funcionario interino no ámbito da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos e axencias públicas
Un. Durante o ano 2013 non se procederá á contratación de novo persoal laboral temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal, nin ao nomeamento de persoal funcionario interino, nos supostos previstos no artigo 9.2 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal dos servizos de saúde, e na letra a) da alínea Un do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no ámbito ao que se refire a letra b) da alínea Seis do artigo 13 desta lei, xa se trate de postos reservados nas relacións de postos de traballo a persoal laboral, estatutario ou a persoal funcionario.
Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior, en casos excepcionais, para cubrir necesidades urxentes e inaprazables e sempre que non poidan ser atendidas mediante unha redistribución de funcións dos efectivos existentes:
a) Persoal docente, non docente e laboral de centros docentes.
b) Persoal dos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde.
c) Persoal de centros e residencias de servizos sociais.
d) Persoal adscrito ao Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais.
e) Persoal laboral e persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.
f) Persoal adscrito ao sistema integrado de Emerxencias e Protección Civil.
As devanditas contratacións adecuaranse estritamente ás necesidades do servizo e terán como límite máximo as previsións orzamentarias establecidas para o efecto.
As direccións xerais competentes remitiranlle á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, con periodicidade mensual, a relación de todas as contratacións de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino e persoal estatutario interino realizados con base nesta excepción. Xunto coa relación achegarase unha memoria explicativa que xustifique a necesidade urxente e inaprazable e o carácter imprescindible para o funcionamento do servizo.
Excepcionalmente, poderán realizarse contratacións de persoal laboral temporal ou nomearse persoal funcionario interino para a cobertura de postos vacantes cuxa necesidade de cobertura xurda ao longo do ano 2013 nas relacións de postos de traballo, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral de Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos. Para estes efectos, o departamento solicitante deberá remitir unha memoria xustificativa de que a cobertura do posto resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento do servizo.
Dous. Durante o ano 2013 poderán atenderse os excesos ou as acumulacións de tarefas mediante a contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino sen adscrición a praza, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, e de acordo cos límites que se establecen na letra a) da alínea Tres do artigo 9 desta lei. O gasto derivado destas contratacións imputarase necesariamente aos subconceptos 131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal», e 120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente».
Para estes efectos, o departamento solicitante deberá remitir unha memoria xustificativa de que a contratación resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento do servizo e de que non puido ser atendida mediante unha redistribución de funcións dos efectivos existentes.
Tres. Así mesmo, poderán acordarse as substitucións transitorias, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, sempre que non poidan ser atendidas mediante unha redistribución de funcións dos efectivos existentes e dentro das limitacións orzamentarias previstas, e que, cando unha vez valorada polos responsables de xestión a duración prevista da devandita situación, resulten absolutamente imprescindibles para o funcionamento do servizo.
Quedan exceptuadas, sempre que non poidan ser atendidas mediante unha redistribución de funcións dos efectivos existentes e dentro das limitacións orzamentarias previstas, as seguintes substitucións:
a) Persoal docente, non docente e laboral de centros docentes.
b) Persoal dos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde.
c) Persoal de centros e residencias de servizos sociais.
d) Persoal adscrito ao Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais.
e) Persoal veterinario que preste os seus servizos en matadoiros e lonxas ou nos servizos de Sanidade e Produción Animal dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar.
f) Persoal administrativo que preste os seus servizos nas oficinas de rexistro unificadas da Administración da Comunidade Autónoma.
g) Persoal funcionario e laboral ao servizo da Administración de xustiza.
h) Persoal adscrito ao sistema integrado de Emerxencias e Protección Civil.
i) Persoal que se atope en situación de permiso por parto, adopción ou acollemento.
Catro. De conformidade co establecido neste artigo, a aplicación dos pactos e acordos que prevexan medidas relativas á cobertura das ausencias do persoal das institucións sanitarias deberá respectar o carácter absolutamente imprescindible das substitucións transitorias do persoal. En consecuencia, serán os órganos de xestión das institucións sanitarias os que, atendendo as necesidades asistenciais, determinarán as medidas axeitadas para manter a cobertura asistencial, adecuándose, asemade, aos principios e criterios de responsabilidade na xestión do gasto e de eficiencia na asignación e o emprego dos recursos públicos, atendendo a situación económica e o cumprimento do principio de sustentabilidade financeira, consonte o preceptuado na Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.
Cinco. Poderá efectuarse o nomeamento de persoal funcionario interino para a execución de programas de carácter temporal, segundo o previsto no artigo 10.1.c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, logo do informe conxunto da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, cos seguintes requisitos:
a) O financiamento debe proceder de fondos da Unión Europea ou da Administración estatal.
b) A duración do nomeamento non poderá exceder a execución do programa.
c) O persoal funcionario interino non ocupará prazas da relación de postos de traballo e a súa selección e nomeamento axustaranse ao procedemento establecido polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Artigo 35. Contratación de persoal temporal no ámbito das restantes entidades públicas instrumentais
Un. Durante o ano 2013 non se procederá á contratación de novo persoal laboral temporal, nin ao nomeamento de persoal funcionario interino, nin de persoal estatutario temporal, para a cobertura de postos vacantes, no ámbito ao que se refiren as letras c), d), f), g), h) e i) da alínea Seis do artigo 13 desta lei. Excepcionalmente, poderán realizarse contratacións de persoal temporal ou nomearse persoal funcionario interino ou persoal estatutario interino para a cobertura de postos vacantes e substitucións transitorias cuxa necesidade de cobertura xurda ao longo do ano 2013 nos cadros de persoal ou nas relacións de postos de traballo, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, que se poderá conceder con carácter excepcional tras a debida xustificación motivada da entidade solicitante de que a cobertura resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento da entidade.
Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables:
a) Persoal dedicado á defensa contra incendios forestais.
b) Persoal que preste servizo nas unidades asistenciais das sociedades sanitarias e fundacións sanitarias.
c) Persoal de centros e residencias de servizos sociais.
Dous. Durante o ano 2013 non se procederá á contratación de novo persoal laboral temporal na modalidade de obra ou servizo determinado, nin na modalidade de acumulación de tarefas no ámbito ao que se refiren as letras c), d), f), g), h) e i) da alínea Seis do artigo 13 desta lei. Excepcionalmente, poderán realizarse contratacións de persoal laboral temporal na modalidade de obra ou servizo determinado e na modalidade de acumulación de tarefas cando a súa duración sexa superior a quince días ou cando non exista unha partida axeitada e suficiente prevista no orzamento inicial da entidade para esta finalidade, logo da autorización conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, que se poderá conceder con carácter excepcional tras a debida xustificación motivada da entidade solicitante de que a cobertura resulta absolutamente imprescindible e de que a necesidade non pode ser satisfeita mediante unha redistribución de funcións dos efectivos existentes.
Para estes efectos, deberase remitir unha memoria xustificativa da necesidade da contratación solicitada e da adecuación da modalidade contractual. Así mesmo, incluirase unha memoria económica na que se valoren todos os aspectos económicos da solicitude e da forma de financiamento.
Tres. Con periodicidade mensual deberáselle remitir á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos a información referida a todas as contratacións realizadas durante o período pola entidade, independentemente da modalidade contractual e da súa duración.
Artigo 36. Contratación de persoal vinculado a encomendas de xestión
Durante o ano 2013 as encomendas de xestión que realicen a Administración da Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos ou as axencias públicas ás entidades a que se refiren as letras f), h) e i) da alínea Seis do artigo 13 desta lei non poderán supoñer a contratación de persoal temporal por parte das devanditas entidades con cargo ás contías recibidas como contraprestación da realización das encomendas de xestión.
Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as contratacións de persoal temporal que estiveren previstas no programa de actuación, investimento e financiamento.
Esta limitación non será aplicable a proxectos financiados con fondos finalistas do Estado e da Unión Europea.
Artigo 37. Custos de persoal das universidades de Galicia
Un. De conformidade co establecido no artigo 81.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e en concordancia coa evolución da masa salarial do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma, quedan autorizados como límite máximo os seguintes custos do persoal das universidades, en miles de euros:
Dous. As retribucións do persoal ao servizo das entidades integrantes do Sistema universitario de Galicia reduciranse nunha porcentaxe equivalente á obtida da aplicación do indicado na letra d) da alínea Un do artigo 21 desta lei sobre as retribucións íntegras anuais do persoal funcionario da Xunta de Galicia, e este axuste deberá supoñer no seu conxunto un 5 % da masa salarial de cada entidade.
Tres. A devandita redución aplicarase sobre os conceptos retributivos dos que a súa regulación non sexa de competencia estatal e acordarase ao abeiro das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, respectando o exercicio da autonomía universitaria. Esta redución seralle aplicable a todo o persoal conforme as súas retribucións íntegras anuais e independentemente da súa relación laboral e da aplicación orzamentaria coa que se financie.
Catro. Para o caso de que ao longo do exercicio 2013 se modifique a normativa básica do Estado en materia retributiva, esta redución será absorbida por ela.
Artigo 38. Retribucións adicionais do persoal ao servizo das entidades integrantes do Sistema universitario de Galicia
Un. O importe das retribucións adicionais correspondentes aos complementos retributivos autonómicos vinculados ao recoñecemento ao labor docente, ao labor investigador, polos cargos de xestión e á excelencia curricular docente e investigadora que, se é o caso, lle correspondan ao persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor queda fixado nas seguintes contías:
– Complemento de recoñecemento ao labor docente: a contía anual será de 950 euros.
– Complemento de recoñecemento ao labor investigador: a contía anual será de 855 euros.
– Complemento de recoñecemento polos cargos de xestión: a contía anual do tramo concedido será de 228 euros.
– Complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora: a contía do tramo concedido será de 380 euros.
Dous. Sobre as anteriores contías practicaranse os axustes precisos para acadar a redución sinalada no artigo 37.
Artigo 39. Oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal do Sistema universitario de Galicia
As universidades integradas no Sistema universitario de Galicia aplicarán a normativa básica prevista no artigo 33 desta lei. Excepcionalmente, poderán autorizarse convocatorias para a provisión de persoal laboral fixo vinculadas a necesidades docentes que precisen a súa cobertura con persoal fixo de xeito urxente e inaprazable e a programas de investigadores de carácter nacional e/ou internacional.
Para estes efectos, a institución solicitante deberá remitir unha memoria xustificativa de que a cobertura do posto con persoal fixo resulta absolutamente imprescindible para o funcionamento normal do servizo.
Estas convocatorias deberán contar coa autorización previa da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e serán publicadas no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 40. Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano
Un. A posición neta debedora da Comunidade Autónoma poderase incrementar durante o ano 2013 nunha contía máxima equivalente ao 0,7 % do produto interior bruto da Comunidade Autónoma.
Para estes efectos, tomarase a posición neta debedora de todos os organismos autónomos, axencias públicas autonómicas e demais entidades instrumentais de calquera condición que, conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria, estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da Comunidade Autónoma consonte as normas do Sistema europeo de contas nacionais e rexionais.
Co obxecto de optimizar a carga financeira global da Comunidade Autónoma, a posición neta debedora da Administración xeral poderá incrementarse coa finalidade de amortizar préstamos dos organismos, os entes e as sociedades indicados no parágrafo precedente, no mesmo importe que se amortice.
Dous. A posición neta debedora será efectiva ao termo do exercicio, podendo ser excedida no curso deste, e quedará automaticamente revisada:
a) Polas desviacións que poidan xurdir entre as previsións de ingresos contidas nesta lei e a súa evolución real.
b) Nas contías necesarias para financiar as adquisicións de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.b) do artigo 2 da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, que poidan xurdir ao longo do exercicio.
c) Na contía necesaria para a adquisición de activos financeiros por parte do Instituto Galego de Promoción Económica, por un importe máximo de 50.000.000 de euros, para dispoñer da liña do Banco Europeo de Investimentos. Ese posible maior endebedamento debe estar destinado á adquisición de activos financeiros de suxeitos non comprendidos no mencionado punto 1.b) do artigo 2 da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
d) Nas contías asumidas en concepto de débeda polas variacións na composición do sector da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, en termos do Sistema europeo de contas nacionais e rexionais, como consecuencia de que entes que estaban nel considerados pasan a deixar de o estar ou viceversa.
e) Na contía máxima do endebedamento autorizado nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia dos catro últimos exercicios que non fose utilizado, sempre que estea dentro dos límites establecidos nos programas de endebedamento acordados co Ministerio de Economía e Facenda.
f) Polos anticipos reintegrables ou préstamos concertados con outras administracións públicas para o financiamento de investimentos incluídos en plans ou programas conxuntos.
g) Polos importes adicionais que se amparen nos acordos do Consello de Política Fiscal e Financeira en materia de endebedamento.
Tres. No ámbito da Administración xeral, autorízase a persoa titular da Consellería de Facenda para formalizar as operacións de endebedamento a que se refire este artigo. A formalización poderá realizarse de maneira fraccionada, en función das necesidades de financiamento da Comunidade Autónoma. Estas operacións poderán instrumentarse mediante a emisión de débeda pública, a concertación de créditos ou calquera outro instrumento financeiro dispoñible no mercado.
Igualmente, facúltase para converter ou renegociar as operacións de endebedamento xa formalizadas, co obxecto de conseguir a xestión máis adecuada do conxunto do endebedamento da Comunidade Autónoma.
Así mesmo, poderá acordar operacións con instrumentos financeiros derivados que permitan xestionar o risco ou a carga financeira da Comunidade Autónoma.
Catro. A Axencia Galega de Infraestruturas subrogarase na posición debedora da Sociedade Pública de Investimentos desde o momento da súa liquidación.
Artigo 41. Débeda da tesouraría
Un. A Comunidade Autónoma, para a atención de necesidades da Administración xeral, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesouraría, por prazo inferior a un ano, conforme o disposto no artigo 31 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15 % da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e mais o concepto 400.
Dous. Autorízase a persoa titular da Consellería de Facenda a determinar as condicións concretas e a formalizar estas operacións de crédito ou emisión de débeda pública, en calquera das súas modalidades.
Artigo 42. Outras operacións financeiras
A formalización de calquera operación de carácter financeiro a medio ou longo prazo non referida nos artigos precedentes, como instrumentos de leasing, factoring e outros, por parte dos órganos da Administración xeral e de calquera das entidades públicas instrumentais, cando o seu importe acumulado exceda os 200.000 euros, deberá contar coa correspondente autorización da Consellería de Facenda, a través da dirección xeral competente en materia de política financeira.
Artigo 43. Endebedamento das entidades instrumentais do sector público
Un. As entidades instrumentais do sector público autonómico, así como calquera outra entidade incluída no sector de sociedades non financeiras dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesouraría, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10 % da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación dese límite deberá ser autorizada pola Consellería de Facenda.
Independentemente do anterior, o saldo vivo o 31 de decembro de 2013 non poderá superar por estas operacións o saldo vivo o 31 de decembro do exercicio anterior, agás autorización expresa da Consellería de Facenda.
Dous. Para concertar, renovar ou modificar as condicións de financiamento de calquera tipo de operacións de endebedamento a longo prazo ou de cobertura sobre elas, as entidades instrumentais do sector público autonómico, así como calquera outra entidade incluída no sector de sociedades non financeiras dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán conseguir a autorización da Consellería de Facenda.
Tres. O endebedamento autorizado ao Instituto Galego de Promoción Económica na alínea Dous do artigo 40 terá por obxecto o financiamento de actividades que lle son propias e, en consecuencia, outorgará préstamos, directamente ou a través de entidades financeiras, a pequenas e medianas empresas. O importe autorizado poderá ser disposto nunha ou en sucesivas operacións, sen que en ningún caso o importe acumulado disposto sexa superior ao importe global dos préstamos outorgados e dispostos ás pequenas e medianas empresas.
Catro. O Instituto Galego da Vivenda e Solo, como medida para facilitar o acceso á vivenda, poderá concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ao financiamento de actuacións en materia de vivenda de promoción pública, sen que poidan establecerse cláusulas das que deriven responsabilidades do referido instituto unha vez realizada a subrogación, sen prexuízo da previsión nos procedementos de execución hipotecaria, da cesión do remate ou da adxudicación por parte da entidade financeira executante a favor do Instituto Galego da Vivenda e Solo, cando sexa imprescindible para garantir o destino e o réxime legal da vivenda.
O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2013 non poderá superar en ningún caso os 24.000.000 de euros. Non obstante, o volume da débeda viva na fin do exercicio non excederá o do 31 de decembro do ano anterior, agás con autorización expresa da Consellería de Facenda.
Cinco. O réxime de autorización establecido nas alíneas anteriores realizarase a través da dirección xeral competente en materia de política financeira, que asesorará as mencionadas entidades nas distintas operacións financeiras co obxecto de elixir o instrumento máis apropiado, obter as mellores condicións dos mercados financeiros e conseguir unha mellor administración do conxunto do endebedamento da Comunidade Autónoma.
Co mesmo fin, as mencionadas entidades dependentes da Comunidade Autónoma deberanlle remitir á Consellería de Facenda, a través da referida dirección xeral, nos primeiros quince días de cada trimestre, e de conformidade coas instrucións que esta estableza, a seguinte información relativa á fin do trimestre inmediato anterior:
a) Detalle da situación de endebedamento, desagregando cada operación financeira.
b) Detalle das operacións financeiras activas.
Artigo 44. Avais
Un. Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o importe máximo dos avais que a Xunta de Galicia poderá conceder durante o ano 2013 será de 30.000.000 de euros.
Dous. Adicionalmente, poderase avalar o puntual e íntegro cumprimento de todas as obrigas financeiras e pecuniarias do Instituto Galego de Promoción Económica que puideren derivar dos contratos de financiamento asinados co Banco Europeo de Investimentos.
Nos primeiros quince días de cada trimestre, o Instituto Galego de Promoción Económica deberalle remitir á Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, e de conformidade coas instrucións que esta estableza, a información relativa ás disposicións, as aplicacións e as amortizacións efectuadas das operacións avaladas ante o Banco Europeo de Investimentos.
Tres. Consonte o disposto no artigo 45 do mesmo texto legal, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá conceder, durante o ano 2013, avais en contía que non supere en ningún momento o saldo efectivo vixente de 500.000.000 de euros.
Co obxecto de atender proxectos de axuda ao desenvolvemento no exterior, e dentro do saldo indicado no parágrafo anterior, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá avalar operacións de crédito ata 30.000.000 de euros.
Por cada operación de aval e por cada liña ou programa de avais dotarase unha provisión para atender posibles falidos na contía que determine a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, ben en relación co importe da operación individual, ben en consideración ao montante total da liña ou do programa. O importe destas provisións destinarase ao Fondo de Garantía de Avais de acordo co sinalado na letra i) do artigo 8 desta lei.
Nos primeiros quince días de cada trimestre o Instituto Galego de Promoción Económica deberalle remitir á Consellería de Facenda, a través da referida dirección xeral, e de conformidade coas instrucións que esta estableza, a información relativa aos avais existentes á fin do trimestre inmediato anterior.
Catro. O Consello da Xunta, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda, poderá acordar, logo da petición fundada dos interesados á consellaría correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ao abeiro do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á Comunidade Autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, afectar grave ou substancialmente o mantemento da capacidade produtiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.
Artigo 45. Intervención limitada
A contía a que se refire o artigo 97.1.a) do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, queda establecida no importe fixado para ter a consideración de contratos menores de subministración na lexislación reguladora da contratación do sector público.
Artigo 46. Modificacións de contratos de transporte escolar
Os contratos administrativos de transporte escolar poderán modificarse por razóns de interese público e para atender causas imprevistas debidamente xustificadas, de conformidade co previsto no Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
As modificacións consistentes na variación dos percorridos, así como na reestruturación dos itinerarios, motivadas por razóns técnicas, dado o carácter esencial e impostergable dos servizos de transporte escolar, poñeranse en práctica de xeito inmediato, unha vez comprobado o cumprimento das condicións referidas ao comezo, así como a existencia de crédito orzamentario necesario para levalas a adiante.
Estas modificacións estarán excepcionadas do informe previo da asesoría xurídica cando a súa contía non supere o 20 % do prezo do contrato/día que se vai modificar e o importe anual que represente a modificación non supere os 18.000 euros, IVE excluído.
Con independencia do establecido no artigo 97.1 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non estarán sometidas a intervención previa as devanditas modificacións cando non excedan dos límites sinalados no parágrafo anterior.
Malia o anterior, a Intervención Delegada da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comprobará, antes da fiscalización do primeiro pagamento, o cumprimento de todos os requisitos exixidos para autorizar e comprometer o gasto.
Artigo 47. Fiscalización das operacións de endebedamento da Comunidade Autónoma
A intervención previa dos procedementos de contratación de operacións de endebedamento da Comunidade Autónoma realizarase no momento procesual inmediatamente anterior ao compromiso que se adquire coa asinamento do contrato, e comprobarase o cumprimento de todos os requisitos exixidos para aprobar e comprometer o gasto.
Artigo 48. Fiscalización de nomeamentos ou de contratos para substitucións de persoal
A fiscalización de nomeamentos e de contratos para substitucións de persoal por razóns de necesidade e de urxencia conxuntural realizarase con carácter previo á alta en nómina, mediante a verificación da adecuación do proceso de selección coa normativa vixente e da existencia de nomeamento ou de contrato, así como de crédito adecuado e suficiente.
Artigo 49. Identificación dos proxectos de investimento
As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Artigo 50. Autorización do Consello da Xunta para a tramitación de determinados expedientes de gastos
Un. Requirirá autorización por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de contratación e de encomendas de xestión cando o valor estimado ou o importe do gasto, respectivamente, sexa superior a 4.000.000 de euros.
Dous. A tramitación de expedientes que comporte a modificación de convenios que fosen previamente autorizados polo Consello da Xunta requirirá autorización do mesmo órgano. Non obstante, non será precisa esta autorización cando a modificación non supoña unha alteración do obxecto nin comporte incremento do importe total ou no número de exercicios orzamentarios, sempre que a distribución do importe correspondente a cada exercicio respecte os límites a que fai referencia o artigo 58.3 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Tres. Logo de se obter a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ao órgano de contratación da consellaría ou da entidade instrumental do sector público autonómico que xestione o crédito.
Artigo 51. Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios
Con carácter xeral, as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2013 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos e as entidades públicas instrumentais comprendidas no artigo 45 da Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, non poderán referenciarse por riba do 85 % da evolución do índice de prezos ao consumo de Galicia. Igualmente, as revisións de prezos e tarifas que afecten concertos ou convenios xa subscritos non poderán experimentar un incremento superior ao do 85 % do índice de prezos ao consumo galego do anterior exercicio.
Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, a persoa titular da Consellería de Facenda, por proposta do departamento correspondente, poderá autorizar a inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.
Artigo 52. Transferencias de financiamento
Un. Teñen a consideración de transferencias de financiamento as achegas en diñeiro nominativas a favor dos organismos e das entidades vinculadas ou dependentes da Administración da Comunidade Autónoma destinadas a financiar global ou parcialmente a súa actividade con carácter indiferenciado.
Dous. As achegas de natureza corrente deberanse librar con carácter mensual por doceavas partes, salvo que mediante convenio se regule outro réxime diferente de pagamento. Este convenio deberase someter a informe da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma sobre a adecuación do réxime de libramento proposto ao ritmo de execución do gasto corrente da entidade.
Os convenios que, de ser o caso, estiveren vixentes á entrada en vigor desta lei deberán ser revisados nos tres primeiros meses do exercicio para os efectos de axustarse ao disposto neste artigo.
Tres. As achegas de capital libraranse atendendo o ritmo de execución do gasto de capital da entidade.
Catro. Os convenios que se formalicen para regular o réxime de libramentos das transferencias de financiamento non precisarán de autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.
Cinco. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma verificará a correcta aplicación destas achegas mediante o uso das técnicas de fiscalización e auditoría previstas no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e nas normas que a desenvolven.
Artigo 53. Subvencións nominativas
Un. Non poderán incrementarse os créditos previstos nesta lei para subvencións nominativas.
Dous. Os convenios ou as resolucións en que se estableza a concesión de subvencións nominativas regularán así mesmo o réxime de xustificación, pagamentos e anticipos que, se é o caso, se poidan librar. Estes convenios ou resolucións só necesitarán a autorización previa do Consello da Xunta cando de xeito excepcional, logo da xustificación da súa ineludible necesidade, prevexan un pagamento a conta ou ben un anticipo superior aos permitidos nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.
Artigo 54. Concesión directa de axudas e subvencións
A resolución de concesión de subvencións correntes e de capital que con carácter excepcional se realicen ao abeiro do disposto nos artigos 19.4.c) e 26.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requirirá autorización do Consello da Xunta cando a súa contía supere o importe de 6.010 euros por beneficiario e ano, ou as concedidas por cada departamento da Administración autonómica excedan globalmente os 60.100 euros no exercicio, exceptuadas as que vaian ser formalizadas mediante convenio ou instrumento bilateral, ás que lles será aplicable o réxime xeral previsto no artigo 26.3 da devandita Lei 9/2007. Os importes elevaranse a 12.000 euros e 120.300 euros, respectivamente, para a sección 04, servizo 10, Secretaría Xeral da Presidencia.
Artigo 55. Simplificación da acreditación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social
De acordo co previsto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a obriga de presentar a certificación que acredita o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos seguintes casos:
a) As subvencións ou as axudas que se concedan con cargo ao artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario ou beneficiaria e axuda o importe de 1.500 euros.
b) As concedidas aos beneficiarios e ás beneficiarias para a mellora da condición de financiamento que se paguen a través das entidades financeiras correspondentes.
c) As axudas que se concedan para incentivar a contratación de seguros no sector agrario e acuícola, amparados no Plan de seguros agrarios combinados.
d) As axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnizatorio.
Artigo 56. Pagamento de axudas e subvencións
O pagamento, mediante aboamentos mensuais, das bolsas que se concedan a persoas físicas beneficiarias directas, destinadas expresamente a financiar estudos e investigación en centros públicos ou privados, poderá efectuarse de forma anticipada, con suxeición ao establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 57. Préstamos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma
Un. Sen prexuízo da análise de riscos, competencia e responsabilidade do centro xestor do gasto, será preceptivo e vinculante o informe da Consellería de Facenda para a concesión de préstamos con cargo aos créditos do capítulo VIII dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
O citado informe terá por obxecto determinar o efecto que as condicións de concesión dos préstamos poidan ter sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e, atendendo as devanditas consideracións, determinará a procedencia da concesión das operacións propostas.
No suposto de préstamos que se vaian conceder a través de procedementos de concorrencia, o citado informe emitirase no momento anterior á aprobación da convocatoria.
Dous. Os beneficiarios dos préstamos deberán acreditar que se atopan ao corrente do pagamento das obrigas de reembolso de calquera outro préstamo concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma.
Correspóndelle ao centro xestor do gasto comprobar o cumprimento destas condicións con anterioridade ao pagamento, exixindo, cando non se poida acreditar doutro xeito, unha declaración responsable do beneficiario ou certificación do órgano competente de este ser unha Administración pública.
Tres. Mediante orde da Consellería de Facenda poderanse ditar as instrucións que sexan precisas para o cumprimento desta disposición.
Artigo 58. Expedientes de dotación artística
Á entrada en vigor desta lei, o 80 % dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial nin con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea nin con fondos propios que cofinancien, será obxecto de ampliación de crédito na Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a conta das retencións de crédito previstas, para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.
A ampliación de crédito indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa antedita Lei 12/1991 lles corresponde aos traballos de dotación artística, e non lle serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e na alínea Sete do artigo 9 desta lei.
Artigo 59. Módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados
Un. De acordo co establecido nos puntos segundo e terceiro do artigo 117 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o importe do módulo económico por unidade escolar, para os efectos de distribución da contía global dos fondos públicos destinados ao sostemento dos centros concertados para o ano 2013, é o fixado no anexo 4 desta lei.
Dous. As retribucións do persoal docente terán efectividade desde o 1 de xaneiro de 2013, sen prexuízo da data en que se asinen as táboas salariais para 2013 do V Convenio colectivo de empresas do ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.
As contías sinaladas para salarios do persoal docente, incluídas cargas sociais, serán aboadas directamente pola Administración, mediante pagamento delegado, sen prexuízo da relación laboral entre o profesorado e o titular do centro respectivo. A distribución dos importes que integran os «Gastos variables» efectuarase de acordo co establecido nas disposicións reguladoras do réxime de concertos.
A Administración só aboará as categorías funcionais directivas de director e xefe de estudos do centro, así como os trienios destas dúas categorías. Non aboará ningunha outra categoría funcional directiva, e, singularmente, as denominadas xefaturas de departamento, aínda que figure expresamente recollido no convenio colectivo vixente. No ano 2013 a Administración autonómica tampouco subscribirá acordos nin ditará instrucións ou resolucións para o aboamento da paga extraordinaria por antigüidade na empresa prevista no V Convenio colectivo de empresas do ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos, publicado por Resolución do 28 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Traballo (BOE do 7 de xaneiro de 2007).
Os compoñentes do módulo destinados a «Outros gastos» e «Persoal complementario» terán efectos a partir do 1 de xaneiro de 2013.
As contías correspondentes ao módulo de «Outros gastos» aboaranse mensualmente, e os centros poden xustificar a súa aplicación ao rematar o correspondente exercicio económico de forma conxunta para todas as ensinanzas concertadas do centro.
As contías correspondentes ao módulo de persoal complementario tamén se aboarán mensualmente, e os centros deberán xustificar estes importes ao remate do exercicio económico e separadamente do módulo de «Outros gastos».
Tres. Os centros que impartan os catro cursos da educación secundaria obrigatoria serán dotados do financiamento dos servizos de orientación educativa. Esta dotación realizarase sobre a base de calcular o equivalente a unha xornada completa do profesional axeitado a estas funcións, en función do número de unidades de educación secundaria obrigatoria que teña concertadas o centro e ata un máximo de vinte e cinco horas por centro. Os custos do orientador, que se incluirán na nómina de pagamento delegado do centro, serán os correspondentes ao salario, os gastos variables e o complemento retributivo segundo o establecido nos módulos económicos por unidade escolar do primeiro e segundo cursos ou do terceiro e cuarto cursos de educación secundaria obrigatoria, respectivamente.
Catro. Facúltase o Consello da Xunta para fixar as relacións profesor/unidade concertadas adecuadas para impartir o plan de estudos vixente en cada nivel obxecto do concerto, calculadas con base nas xornadas de profesor con vinte e cinco horas semanais.
A Administración non asumirá os incrementos retributivos, as reducións horarias ou calquera outra circunstancia que conduza a superar o previsto para cada centro nos correspondentes módulos económicos, segundo o establecido no anexo 4 desta lei.
Cinco. A relación profesor/unidade dos centros concertados poderá ser incrementada en función do número total de profesores afectados polas medidas de recolocación que se viñesen adoptando ata o momento da entrada en vigor desta lei e se atopen na nómina de pagamento delegado.
Artigo 60. Créditos asignados ás corporacións locais
O montante total dos créditos que se asignan ás corporacións locais nos estados de gastos que se detallan no artigo 2 desta lei, derivados da súa participación no Fondo de Cooperación Local e da subscrición de convenios e da concesión de subvencións, ascende a 280.473.654 euros, coa distribución funcional que figura no anexo 5.
Artigo 61. Dotación e distribución do Fondo de Cooperación Local
Un. Conforme o indicado na disposición adicional quinta da Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, a porcentaxe, debidamente homoxeneizada, de participación do Fondo de Cooperación Local na recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración xeral queda establecida no 2,3654321 % para o exercicio de 2013 e corresponde na súa totalidade ao fondo base.
No exercicio 2013 o índice de evolución correspondente á recadación dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos é negativo con respecto á do 2012 e á do 2011, polo que non se repartirá fondo adicional entre os concellos.
Dous. O crédito orzamentario inicial destinado ao pagamento das entregas a conta correspondentes á participación das entidades locais nos tributos da Comunidade Autónoma ascende a 112.972.806 euros, que corresponden ao fondo base.
Tres. Con anterioridade ao reparto do fondo base deducirase un importe equivalente ao 1 %, sen que poida exceder de 600.000 euros anuais, que se destinarán aos gastos de mantemento propios da Federación Galega de Municipios e Provincias. A cantidade restante será obxecto de distribución entre todos os concellos de Galicia, consonte os coeficientes que se establecen no anexo 6.
Catro. O disposto nas alíneas Un e Tres será aplicable na distribución da entrega a conta e da liquidación definitiva do exercicio 2013. A distribución das liquidacións definitivas que, pola participación dos concellos no Fondo de Cooperación Local, se satisfagan durante o ano 2013 realizarase aplicando a cada concello o coeficiente de reparto que lle correspondeu na entrega a conta do exercicio que se liquida.
Cinco. Cando no transcurso do exercicio se poña fin a procedementos de fusión ou de incorporación de concellos, o concello resultante da fusión ou incorporación percibirá a suma das entregas a conta correspondentes a cada concello fusionado ou incorporado e, se é o caso, as liquidacións definitivas que para cada un deles se satisfagan no ano 2013. Do mesmo xeito, o concello resultante destes procedementos terá dereito a percibir a suma das liquidacións que polo exercicio 2013 correspondan aos concellos fusionados ou incorporados.
Artigo 62. Transferencias derivadas de convenios ou subvencións
As transferencias ás entidades locais de Galicia derivadas da subscrición de convenios ou da concesión de subvencións, que figuran recollidas nos diferentes programas dos estados de gastos que se detallan no artigo 2 desta lei, ascenden a 166.405.356 euros, coa distribución funcional que figura no anexo 7.
Artigo 63. Débedas obxecto de compensación
Un. As cantidades que lle correspondan a cada concello como participación no Fondo de Cooperación Local serán susceptibles de compensación coas débedas firmes, líquidas e exixibles que teñan contraídas coa Comunidade Autónoma e as entidades instrumentais do sector público autonómico que actúen no exercicio das súas potestades administrativas.
Dous. Ademais, poderán ser obxecto de compensación coa participación no Fondo de Cooperación Local as achegas dos concellos que, en virtude de convenio coa Xunta de Galicia e as súas entidades instrumentais, teñan expresamente atribuído o seu carácter de firmeza, liquidez e exixibilidade.
Tres. Por último, poderán ser obxecto de retención as cantidades que as entidades locais municipais deban satisfacer ás mancomunidades a que pertenzan de acordo co disposto na lexislación da Administración local, ou a outras mancomunidades, concellos e consorcios que xestionen servizos en común, como consecuencia da súa obriga de participar no financiamento e mantemento destes servizos e sempre que así se estableza de xeito expreso no instrumento regulador asinado entre as partes, e que este instrumento lle sexa comunicado, con carácter previo ao seu asinamento, á Consellería de Facenda para que autorice a utilización do procedemento de compensación.
Artigo 64. Procedemento para a compensación das débedas e posterior retención nas entregas a conta
Un. No caso de débedas firmes, líquidas e exixibles coa Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos, as axencias públicas e as demais entidades instrumentais do sector público autonómico que actúen no exercicio de potestades administrativas, o procedemento de retención iniciarase por solicitude do órgano ao que lle corresponde a competencia no procedemento executivo de recadación da débeda, quen previamente terá ditado o oportuno acordo de compensación desta e llo terá notificado ao concello debedor.
Neste suposto, corresponderalle ao órgano encargado da xestión do Fondo de Cooperación Local ditar o acordo de retención, tanto nas entregas a conta do fondo que se lle deben realizar ao concello debedor durante o exercicio corrente coma na liquidación definitiva anual del que se realice durante o devandito exercicio, tendo en conta o establecido no artigo seguinte en canto á orde de prelación de débedas nos supostos de concorrencia.
Dous. O procedemento previsto na alínea anterior tamén se aplicará ás débedas incluídas na alínea Dous do artigo 63. Non obstante, cando o propio convenio estableza expresamente a posibilidade de realizar a retención no Fondo de Cooperación Local, o procedemento limitarase ao sinalado respecto do acordo de retención.
Tres. No caso de débedas con entidades locais que non dependen da Comunidade Autónoma, o procedemento de retención iniciarase por solicitude do alcalde ou presidente da entidade local acredora da débeda, que acompañará a esta solicitude a certificación do seu responsable de recadación, na que se faga constar a denominación, o concepto e o importe da débeda cuxa retención se solicita e mais a data en que se produciu o vencemento do período de pagamento comunicado para facela efectiva. Ademais, á solicitude incorporarase copia compulsada do documento (estatutos da entidade, convenio de prestación de servizos ou calquera outro) do que dimane a vinculación xurídica entre as partes e ampare a obrigatoriedade da débeda reclamada.
Neste suposto, corresponderalle ao órgano encargado da xestión do Fondo de Cooperación Local ditar o acordo de retención, tanto nas entregas a conta do fondo que se lle deben realizar ao concello debedor durante o exercicio corrente coma na liquidación definitiva anual del que se realice durante o devandito exercicio, tendo en conta o establecido no artigo seguinte en canto á orde de prelación de débedas en supostos de concorrencia.
Artigo 65. Orde de prelación na concorrencia de débedas
Un. Cando concorran varias débedas que deba satisfacer o mesmo concello, a retención practicarase tendo en conta a seguinte orde de prelación:
1. A débeda correspondente á liquidación anual do Fondo de Cooperación Local, cando esta tiver carácter negativo.
2. As restantes débedas previstas no artigo 63.
Dous. No caso de que a liquidación anual do Fondo de Cooperación Local ao concello teña carácter negativo, procederase á súa retención, por partes iguais nas entregas a conta correspondentes ás catro mensualidades inmediatamente seguintes ao coñecemento da liquidación, podendo alcanzar ata o 100 % da contía asignada a cada entrega a conta.
Se a contía desta liquidación negativa supera o importe desas catro mensualidades, continuará a practicarse a retención, conforme as condicións anteriormente sinaladas, nas mensualidades sucesivas ata que se extinga a débeda.
Tres. Cando o importe que haxa que reter da liquidación anual de carácter negativo o permita e, no acordo de retención, concorran outras débedas previstas no artigo 63, a retención, ata a extinción total das débedas, poderá alcanzar ata o 100 % da contía asignada, tanto en cada entrega a conta coma na liquidación definitiva anual correspondente á participación no fondo, ao respectivo concello. Esta retención aplicarase ás débedas seguindo estritamente a orde de prelación establecida neste artigo.
Catro. Se no acordo de retención existe concorrencia das débedas previstas no grupo 2 da alínea Un deste artigo e cando a contía de todas elas supere a cantidade máxima susceptible de retención, esta ratearase entre aquelas en función dos seus importes.
Cinco. A contía que haxa que reter no conxunto do exercicio poderase reducir cando se xustifique a existencia de graves desfasamentos de tesouraría xerados pola prestación daquelas obrigas relativas a:
– O cumprimento regular das obrigas de persoal;
– A prestación dos servizos públicos obrigatorios en función do número de habitantes do municipio;
– A prestación de servizos sociais, protección civil e extinción de incendios, para cuxa realización non se exixa ningunha contraprestación en forma de prezo público ou taxa equivalente ao custo do servizo realizado.
Non se poderá establecer en ningún caso unha porcentaxe de retención para o conxunto das restantes débedas previstas na alínea Un deste artigo inferior ao 50 % da entrega a conta ou da liquidación definitiva anual correspondente ao concello.
Nos procedementos de redución da porcentaxe de retención, o órgano xestor do Fondo de Cooperación Local ditará a resolución correspondente, tendo en conta a situación financeira da entidade e a necesidade de garantir a prestación dos servizos públicos obrigatorios. Para iso, a entidade local deberá achegar, con carácter imprescindible e non exclusivo:
– Certificado expedido polos órganos de recadación das entidades acredoras polo que se acredite ter atendido o pagamento das obrigas correntes nos doce meses precedentes ao mes inmediato anterior á data de solicitude da certificación.
– Informe da situación financeira actual subscrito polo interventor local que inclúa o cálculo do remanente de tesouraría na data de solicitude da redución da porcentaxe de retención e poña de manifesto os termos en que a dita situación afecta o cumprimento das obrigas recollidas no parágrafo primeiro desta alínea.
– Plan de saneamento, aprobado polo pleno, que inclúa o exercicio en curso.
Na resolución fixarase o período de tempo en que a porcentaxe de retención deberá ser reducida, sen que caiba a extensión deste máis alá da finalización do exercicio económico. En todo caso, tal redución estará condicionada á aprobación pola entidade local dun plan de saneamento, ou á verificación do cumprimento doutro en curso.
Seis. As débedas obxecto de retención nun exercicio que non se extinguisen ao termo deste recibirán, dentro do grupo a que se refire a alínea Un deste artigo, tratamento preferente para o exercicio seguinte, de maneira que as débedas pertencentes ao mesmo grupo, cuxa compensación se solicite nese exercicio, concorrerán con aquelas só cando a aplicación dos límites porcentuais que, en cada caso, prevexa este artigo o permita.
Sete. As resolucións en que se declara a extinción das débedas con cargo ás cantidades que se retivesen corresponderán, en cada caso, ao órgano legalmente competente que teña atribuída a xestión recadatoria, de acordo coa normativa específica aplicable, e producirán os seus efectos, na parte concorrente da débeda, desde o momento en que se efectuou a retención.
Artigo 66. Taxas
Un. Introdúcense as seguintes modificacións na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa redacción vixente:
1) Modifícanse os puntos 1 e 2 do artigo 6, que quedan redactados como segue:
«1. Os instrumentos regulados nesta lei rexeranse polas normas contidas nela e polas normas regulamentarias ditadas no seu desenvolvemento.
2. Serán aplicables o Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e mais a Lei xeral tributaria e as demais disposicións xerais en materia tributaria, así como aquelas disposicións ditadas no seu desenvolvemento, en canto resulten aplicables, de acordo co réxime xurídico establecido nesta lei en concreto para cada instrumento».
2) Introdúcese un artigo novo, coa seguinte redacción:
«Artigo 6 bis. Potestade sancionadora
1. A potestade sancionadora en materia dos instrumentos regulados nesta lei exercerase conforme os principios reguladores en materia administrativa coas especialidades previstas na Lei xeral tributaria, e serán aplicables as disposicións xerais contidas nela.
2. A clasificación das infraccións e sancións en materia de taxas e exaccións reguladoras rexeranse polo establecido na Lei xeral tributaria e nas demais disposicións que a desenvolvan e complementen.
3. Constitúen infraccións en materia de prezos públicos as accións ou omisións dolosas ou culposas con calquera grao de neglixencia que se tipifican a seguir:
a) Deixar de ingresar dentro do prazo establecido na normativa que sexa aplicable para cada prezo público a totalidade ou parte da débeda que deba resultar da correcta autoliquidación del, agás que concorresen as circunstancias establecidas no artigo 191 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. A infracción cualificarase consonte o disposto no devandito artigo.
b) Incumprir a obriga de presentar de forma completa e correcta declaracións ou documentos necesarios para practicar a adecuada liquidación daqueles prezos públicos que non sexan exixibles mediante autoliquidación, agás que concorresen as circunstancias establecidas no artigo 192 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. A infracción cualificarase consonte o disposto no devandito artigo.
c) Obter indebidamente devolucións derivadas da normativa de cada prezo público. A infracción cualificarase consonte o disposto no artigo 193 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
d) Solicitar indebidamente devolucións derivadas da normativa de cada prezo público, mediante a omisión de datos relevantes ou a inclusión de datos falsos nas autoliquidacións, comunicacións de datos ou solicitudes, sen que se obtivesen as devolucións. A infracción cualificarase consonte o disposto no artigo 194.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
e) Solicitar indebidamente bonificacións, descontos, reducións, deducións ou calquera outro beneficio que supoña un menor importe por pagar do prezo público, mediante a omisión de datos relevantes ou a inclusión de datos falsos, sempre que como consecuencia da devandita conduta non proceda impoñer ao mesmo obrigado ao pagamento do prezo público sanción por algunha das infraccións tipificadas nas letras a) ou b) anteriores. A infracción cualificarase consonte o disposto no artigo 194.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
f) Non presentar en prazo autoliquidacións ou declaracións sempre que non se producise ou non se puidese producir prexuízo económico á Facenda pública galega. A infracción cualificarase consonte o disposto nos apartados 1, 2 e 3 do artigo 198 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
g) Presentar de forma incompleta, inexacta ou con datos falsos autoliquidacións ou declaracións sempre que non se producise ou non se puidese producir prexuízo económico á Facenda pública galega, ou contestacións a requirimentos individualizados de información. A infracción cualificarase consonte o disposto no artigo 199 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
h) A resistencia, obstrución, escusa ou negativa ás actuacións da Administración competente para a aplicación dos prezos públicos. Enténdese producida esta circunstancia cando o suxeito infractor, debidamente notificado para estes efectos, realizase actuacións tendentes a dilatar, entorpecer ou impedir as actuacións da Administración competente para a aplicación dos prezos públicos en relación co cumprimento das súas obrigas. Inclúense neste apartado, entre outras, as seguintes condutas: non atender algún requirimento debidamente notificado; a incomparecencia, agás causa xustificada, no lugar e tempo sinalado; non facilitar o exame de documentos, informes, antecedentes, libros, rexistros, ficheiros, facturas, xustificantes, programas e arquivos informáticos, sistemas operativos e de control e mais calquera outro dato con transcendencia para a aplicación do prezo público. A infracción cualificarase consonte o disposto no artigo 203 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
4. As infraccións establecidas no apartado anterior sancionaranse mediante a imposición das sancións establecidas en cada un dos artigos da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, aos que remite cada un dos subapartados para a cualificación de cada unha das infraccións, e seranlles aplicables os criterios de graduación e redución contidos na Lei xeral tributaria e segundo as regras establecidas nos devanditos artigos.
5. As infraccións que se cometesen no ámbito dos instrumentos financeiros regulados nesta lei que establecesen subvención reguladora e que tivesen como consecuencia a aplicación da subvención reguladora de forma indebida cualificaranse e sancionaranse consonte o réxime sancionador establecido para o instrumento financeiro do que se trate.
6. O procedemento para a imposición de sancións en materia dos instrumentos regulados nesta lei rexerase polo establecido na Lei xeral tributaria e nas demais disposicións que a desenvolvan e complementen.
7. O exercicio da potestade sancionadora regulada neste artigo correspóndelles aos órganos ou ás unidades administrativas competentes da Administración tributaria da consellaría competente en materia de facenda que se determine regulamentariamente».
3) Modifícase o punto 1 do artigo 17, que queda redactado como segue:
«1. Con carácter xeral, a xestión e a liquidación de cada taxa corresponderanlles aos suxeitos aos que se refire o artigo 3 desta lei que concedan a utilización privativa, a ocupación ou o aproveitamento especial do dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia, subministren o ben, presten o servizo ou realicen a actividade gravados, mediante os procedementos de xestión.
Non obstante, cando a natureza da taxa, a súa especial incidencia ou as circunstancias da tarifa ou tarifas concretas así o aconsellen, a consellaría competente en materia de facenda mediante resolución, na que se determinará o seu grao e alcance, asumirá a xestión tributaria da tarifa ou tarifas que nela sinale».
4) Modifícase o punto 6 do artigo 27, Suxeito pasivo, que queda redactado como segue:
«6. Na tarifa 99 da modalidade de actuacións profesionais, relacionada no anexo 3, serán suxeitos pasivos as seguintes persoas ou entidades:
– Das tarifas X-1 e X-2, os armadores ou os seus representantes ou os consignatarios dos barcos que utilicen os servizos gravados, así como os depositarios ou os responsables designados, cando con ocasión dun procedemento xudicial ou administrativo se acordase a retención, a conservación ou o depósito dun buque, da mercadoría ou dos medios de transporte ou carga na zona de servizo dun porto.
– Da tarifa X-3, os armadores ou os consignatarios dos barcos que utilicen o servizo e os propietarios do medio de transporte cando a mercadoría entre e saia do porto por medios exclusivamente terrestres, así como os depositarios ou os responsables designados, cando con ocasión dun procedemento xudicial ou administrativo se acordase a retención, a conservación ou o depósito dun buque, da mercadoría ou dos medios de transporte ou carga na zona de servizo dun porto.
– Da tarifa X-4, o armador do buque ou quen na súa representación realice a primeira venda, así como os depositarios ou os responsables designados, cando con ocasión dun procedemento xudicial ou administrativo se acordase a retención, a conservación ou o depósito dun buque, da mercadoría ou dos medios de transporte ou carga na zona de servizo dun porto.
– O suxeito pasivo deberá facer repercutir o importe da tarifa X-4 sobre o primeiro comprador da pesca, de o haber, polo que este queda obrigado a soportar a devandita repercusión, que se fará constar de maneira expresa e separada na factura ou no documento equivalente. As controversias que se susciten entre o suxeito pasivo e o comprador repercutido serán da competencia da Xunta Superior de Facenda.
– Da tarifa X-5, con carácter solidario, o titular da embarcación ou o seu representante autorizado e, de ser o caso, o titular do dereito de uso preferente do amarre ou da ancoraxe, así como os depositarios ou os responsables designados, cando con ocasión dun procedemento xudicial ou administrativo se acordase a retención, a conservación ou o depósito dun buque, da mercadoría ou dos medios de transporte ou carga na zona de servizo dun porto.
Nas zonas de concesión nas que o titular desta se subrogue na obriga dos suxeitos pasivos, nos termos establecidos na regra décimo primeira, letra b), desta tarifa X-5, o concesionario será o substituto do contribuínte e terá que cumprir no lugar daquel as obrigas formais e materiais derivadas da obriga tributaria.
– Da tarifa polo exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos, o titular da actividade, calquera que sexa a natureza do seu título habilitante, así como os depositarios xudiciais ou os responsables designados xudicialmente.
Así mesmo, no caso de concesións ou autorizacións de ocupación, utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público portuario nas que se permita á persoa titular a cesión a terceiras persoas do uso de superficies ou instalacións incluídas na concesión ou autorización para o exercicio de actividades suxeitas a esta taxa, as devanditas terceiras persoas estarán obrigadas ao aboamento a Portos de Galicia da taxa correspondente á actividade de que se trate».
5) Modifícase o artigo 28, que queda redactado como segue:
«Artigo 28. Bonificacións
1. Establécese unha bonificación dun 25 % do importe das tarifas da taxa pola autorización autonómica previa á licenza municipal en solo rústico e pola autorización en materia de costas cando sexan exixibles as dúas tarifas por unha mesma actuación que requira a dobre autorización.
2. Establécese unha bonificación dun 20 % nas tarifas da taxa por certificación da etiqueta ecolóxica, para solicitantes regulados no sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental EMAS ou certificado conforme a norma ISO 14001, de conformidade co disposto no anexo III.1 do Regulamento 66/2010 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á etiqueta ecolóxica da Unión Europea».
6) Modifícase o punto 1 do artigo 40, que queda redactado como segue:
«1. Estarán exentos das tarifas 01, 03 e 05, contidas no anexo 5, os suxeitos pasivos que teñan a condición de institucións e corporacións públicas ou sen ánimo de lucro cando a actividade que desempeñen sobre o dominio público non leve consigo unha utilidade económica ou, aínda existindo a dita utilidade, a utilización ou o aproveitamento entrañe as condicións ou contraprestacións para o beneficiario que anulen ou fagan irrelevante aquela.
Para o recoñecemento desta exención bastará con que se faga unha declaración responsable do cumprimento dos requisitos sinalados no parágrafo anterior e se achegue a xustificación adecuada xunto coa solicitude da autorización, da concesión administrativa, do permiso de ocupación temporal ou de calquera outra autorización ou título habilitante previsto na normativa de patrimonio. A exención entenderase concedida con carácter provisional e condicionada ao cumprimento, durante todo o tempo que dure a utilización privativa, o aproveitamento especial ou a ocupación do dominio público, dos requisitos exixibles».
7) Modifícase o punto 2.c) do artigo 40, Bonificacións e exencións, que queda redactado como segue:
«c) Cando na instalación e na actividade obxecto de concesión ou autorización se implante un sistema de xestión medioambiental ou de xestión da calidade na prestación dos servizos, e se acredite estar en posesión dunha certificación medioambiental ou de calidade, específica da concesión ou autorización, serán aplicables as seguintes bonificacións sobre o valor resultante da taxa de ocupación de terreos e augas do porto:
A) EMAS: a bonificación será do 1,5 %.
B) ISO 14001: a bonificación será do 0,5 %.
C) Bandeira azul: a bonificación será do 1 %.
D) Q de calidade: a bonificación será do 1,5 %.
As bonificacións por certificación EMAS e ISO 14001 son incompatibles entre si, e as correspondentes á bandeira azul e Q de calidade tamén son incompatibles entre si.
A bonificación aplicarase anualmente logo da presentación da citada certificación».
8) Engádese unha nova excepción no punto 2.j) do artigo 40, que queda redactada como segue:
«– Os particulares ou as empresas concesionarias cando a ocupación do dominio público ou o aproveitamento de obras e instalacións se corresponda con terreos ou bens incorporados á zona de servizo do porto a través dunha expropiación ou cesión aboada ou achegada integramente polo dito concesionario».
9) Modifícase o punto 4 do artigo 42, que queda redactado como segue:
«4. No caso da tarifa 05, contida no anexo 5, será aplicable o seguinte:
a) A base sobre a que se aplican os tipos de gravame establecidos no apartado 01, así como as bases sectoriais e a base adicional, para o caso de servizos executados a través de canalizacións de titularidade da Administración autonómica, contidas no apartado 02, actualizaranse anualmente segundo o coeficiente de actualización que se estableza na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano.
b) Na tarifa contida no apartado 01, cando se empreguen procedementos de licitación pública para o outorgamento de concesións, os pregos das bases poderán conter, entre os criterios para a súa resolución, o de que os licitadores oferten importes adicionais aos establecidos para esta taxa. Neste caso, o tipo de gravame da taxa virá determinado pola suma de dous compoñentes:
– A porcentaxe vixente no momento do devengo e
– A mellora determinada polo adxudicatario na proposición sobre a que se realiza a concesión, expresada en puntos porcentuais».
10) Modifícase o artigo 48, que queda redactado como segue:
«Artigo 48. Aplicación de prezos públicos
1. Con carácter xeral, a xestión e a liquidación de cada prezo público correspóndelles aos suxeitos relacionados no artigo 3 que entreguen os bens, presten os servizos ou realicen as actividades que dean lugar á obriga de pagamento do prezo público.
Non obstante, cando a natureza do prezo, a súa especial incidencia ou as circunstancias do caso concreto así o aconsellen, a consellaría competente en materia de facenda mediante resolución, na que se determinará o seu grao e alcance, asumirá a xestión do prezo ou dos prezos públicos que nela sinale.
2. A fiscalización, o control contable e as funcións de inspección, así como a potestade sancionadora en materia de prezos públicos, correspóndenlle á consellaría competente en materia de facenda. As funcións relativas aos procedementos de recadación corresponderanlle á consellaría competente en materia de facenda e levarana os órganos de recadación que regulamentariamente e por proposta desta se determinen.
3. En todo caso, os suxeitos relacionados no artigo 3 que entreguen os bens, presten os servizos ou realicen as actividades que dean lugar á obriga de pagamento do prezo público deberán:
a) Levar rexistros separados de ingresos e gastos, de xeito que resulte posible a súa determinación tanto conxuntamente coma polo tipo de ben ou servizo producido.
b) Poñer en coñecemento do órgano da Administración da Comunidade do que dependan calquera situación económica adversa que provoque un desequilibrio orzamentario da súa xestión.
c) Someterse regularmente aos controis e ás inspeccións que correspondan pola consellaría competente en materia de facenda.
4. Os ingresos derivados de prezos públicos estarán sometidos ao réxime orzamentario da entidade perceptora.
5. Os prezos públicos poderanse exixir desde que se efectúe a entrega dos bens ou se inicie a prestación dos servizos que xustifican a súa exixencia.
Tamén poderá exixirse a anticipación ou o depósito previo do importe total ou parcial dos prezos públicos na forma que, por proposta da consellaría competente en materia de facenda, se determine regulamentariamente.
6. O pagamento dos prezos públicos realizarase en efectivo ou mediante o emprego de efectos timbrados ou doutros instrumentos de pagamento que autorice a consellaría competente en materia de facenda.
7. As débedas por prezos públicos exixiranse mediante o procedemento administrativo de constrinximento cando non fosen satisfeitas nos prazos establecidos na normativa aplicable.
8. Cando por causas non imputables ao obrigado ao pagamento do prezo non se realice a actividade ou non se preste o servizo, procederá a devolución do importe que corresponda».
11) Modifícase o artigo 52, que queda redactado como segue:
«Artigo 52. Aplicación de prezos privados
1. Con carácter xeral, a xestión e a liquidación de cada prezo privado correspóndelles aos suxeitos relacionados no artigo 3 que entreguen os bens, presten os servizos ou realicen as actividades que dean lugar á obriga de pagamento do prezo privado.
Non obstante, cando a natureza do prezo, a súa especial incidencia ou as circunstancias do caso concreto así o aconsellen, a consellaría competente en materia de facenda mediante resolución, na que se determinará o seu grao e alcance, asumirá a xestión do prezo ou dos prezos privados que nela sinale.
2. A fiscalización, o control contable e as funcións de inspección correspóndenlle á consellaría competente en materia de facenda. As funcións relativas aos procedementos de recadación corresponderanlle á consellaría competente en materia de facenda e levarana os órganos de recadación que regulamentariamente e por proposta desta se determinen.
3. En todo caso, os suxeitos relacionados no artigo 3 que entreguen os bens, presten os servizos ou realicen as actividades que dean lugar á obriga de pagamento do prezo privado quedarán sometidos ás obrigas enumeradas no artigo 48.3».
12) Introdúcese unha nova disposición transitoria, coa seguinte redacción:
«Disposición transitoria terceira. Título de ocupación de dominio público
As ocupacións de dominio público mediante medios persoais de inmobles afectos a dependencias administrativas existentes antes do 1 de xaneiro de 2011, baseadas en título suficiente, vixente ou prorrogado consonte a norma, seguiranse rexendo polo disposto no seu título ata a extinción deste. No caso de modificación ou prórroga del, deberán adaptarse ao disposto nesta lei».
13) Modifícase a subalínea 01 da alínea 07 do anexo 1, que queda redactada como segue:
«01 Autorización de explotación e autorización de instalación e localización (por cada máquina incluída nela):
– Máquinas tipo “A especial” 58,28
– Máquinas tipo “B” ou “B especial” 95,46
– Máquinas tipo “C” 190,79
– Autorización de instalación e localización de máquinas tipo A (por cada máquina incluída nela) 47,77»
14) Modifícase a alínea 19 do anexo 1, que queda redactada como segue:
«19 Inscrición para a realización de probas ordinarias e extraordinarias de aptitude para a obtención dos certificados profesionais de pesca e mergullo:
Probas de aptitude para a obtención do certificado profesional de patrón local de pesca 17,87
Probas de aptitude para a obtención do certificado profesional de patrón costeiro polivalente 17,87
Probas de aptitude para a obtención do certificado profesional de mariñeiro pescador 17,87
Probas de aptitude para a obtención do certificado de extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo 17,87
Probas de aptitude para a obtención da validación do certificado de extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo 17,87
Probas de aptitude para a obtención da titulación de iniciación ao mergullo profesional 17,87
Probas de aptitude para a obtención da titulación de mergullador profesional de 2.ª clase restrinxido 17,87
Probas de aptitude para a obtención da titulación de mergullador profesional de 2.ª clase 17,87
Probas de aptitude para a obtención da titulación de mergullador profesional de 1.ª clase 17,87
Probas de aptitude para a obtención das especialidades subacuáticas profesionais 17,87»
15) Modifícase a subalínea 02 da alínea 22 do anexo 1, que queda redactada como segue:
«02 Dilixenciado de libros de xogo
Libros de 0 ata 300 páxinas 50,00
Libros de 300 ata 600 páxinas 100,00
Libros de 600 ata 1000 páxinas 150,00
Libros a partir de 1001 páxinas será 0,15 € folio/páxina».
16) Modifícase a subalínea 01 da alínea 51 do anexo 1, que queda redactada como segue:
«01 Actividades de empresas de fabricación e importación de material de apostas
– Inscrición da empresa 238,00
– Modificación ou cancelación da inscrición 160,00»
17) Modifícase a subalínea 02 da alínea 51 do anexo 1, que queda redactada como segue:
«02 Actividades de empresas comercializadoras e explotadoras de apostas
Inscrición da empresa comercializadora e explotadora e autorización de comercialización e explotación 238,00
Modificación da inscrición 160,00
Revisión da vixencia de autorización de comercialización e explotación cada cinco anos 180,00
Modificación das condicións de autorización de comercialización e explotación 160,00»
18) Modifícase a subalínea 03 da alínea 51 do anexo 1, que queda redactada como segue:
«03 Establecementos e lugares de apostas
– Autorización de tendas de apostas (por cada tenda) 1.000,00
– Modificación ou cancelación de tendas de apostas 160,00
– Autorización de instalación de espazos de apostas en salóns de xogo, bingos e casinos. Por cada máquina instalada 100,00
– Extinción da autorización 100,00
– Autorización de instalación de espazos de apostas en recintos deportivos e autorización temporal de espazos de apostas en actividades feirais de actividades deportivas. Por cada máquina instalada 100,00»
19) Modifícase a subalínea 05 da alínea 51 do anexo 1, que queda redactada como segue:
«05 Autorización da instalación e localización de máquinas auxiliares de apostas (en locais de hostalaría). Por cada máquina auxiliar instalada
– Autorización da instalación e localización 100,00
– Comunicación de instalación 25,00»
20) Engádese a alínea 54 no anexo 1 e as subalíneas 01, 02 e 03, que quedan redactadas como segue:
«54 Actuacións relacionadas coas avaliacións ou cos informes do profesorado universitario
01 Avaliacións ou informes previos á contratación do profesorado universitario
– Pola primeira figura contractual 50,00
– Pola segunda figura contractual e terceira (por cada unha) 25,00
02 Duplicado das resolucións correspondentes ás avaliacións ou aos informes do profesorado universitario 7,89
03 Certificación das resolucións correspondentes ás avaliacións ou aos informes do profesorado universitario 3,27»
21) Modifícase a redacción da subalínea 01 da alínea 01 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«01 Outorgamento, transmisión, visado, rehabilitación, canxe e exención de autorización habilitante para o exercicio de actividades de transporte 26,66»
22) Modifícase a redacción da subalínea 05 da alínea 01 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«05 Outorgamento, modificación ou prórroga de autorizacións para servizos de transporte público regular permanente de uso especial, regular temporal, ou para servizos de transporte a lugares de lecer 26,66»
23) Modifícase a redacción da subalínea 06 da alínea 01 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«06 Competencia profesional para o exercicio de actividades de transporte, así como para o exercicio de conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas
– Recoñecemento: por cada modalidade de transporte 21,40
– Realización das probas para a obtención do certificado: por cada unha das modalidades 21,40
– Expedición do certificado: por cada modalidade 21,40»
24) Modifícase a subalínea 07 da alínea 01 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«07 Actuacións relativas ás concesións de servizos de transporte regular permanente ou temporal de uso xeral:
– Outorgamento e ampliación das concesións:
Por cada quilómetro medio diario 0,607385
O número medio diario de quilómetros percorridos será o resultado de dividir o número de quilómetros por percorrer nas expedicións previstas ao longo do ano na concesión ou ampliación solicitada por 365.
– Por modificacións que deban ser obxecto de comunicación á Administración 53,00
– Por modificacións que supoñan a incorporación de novos tráficos: Pola primeira relación de tráficos incluída 53,00
Por cada unha das restantes relacións de tráficos incluídas 0,20
– Por modificacións que supoñan a supresión de tráficos autorizados:
Pola primeira relación de tráficos incluída 53,00
Por cada unha das restantes relacións de tráficos incluídas 0,20
– Por modificacións que supoñan supresións ou incrementos de liñas, rutas e/ou expedicións:
Pola primeira liña, ruta e/ou expedición incrementada ou reducida 53,00
Por cada unha das restantes liñas e/ou rutas incrementadas e/ou reducidas 5,00
Por cada unha das restantes expedicións incrementadas e/ou reducidas 2,00
– Por modificacións que supoñan cambios de horarios e/ou calendarios:
Pola primeira liña, ruta e/ou expedición na que se introduzan modificacións 53,00
Por cada unha das restantes liñas, rutas e/ou expedicións nas que se introduzan modificacións 2,00
Neste importe estimarase incluído o visado pola Administración dos novos cadros de horarios.
– Por outras modificacións non previstas anteriormente 53,00
– Cando o obrigado tributario incorpore a unha única solicitude modificacións que inclúan varias das previstas anteriormente, aboará unha única taxa, que se calculará coa suma dos importes que correspondan polos seguintes conceptos:
Pola modificación solicitada 53,00
Pola primeira relación de tráfico que incorpore e/ou suprima 30,00
Por cada relación adicional de tráfico que incorpore e/ou suprima 0,20
Por cada liña e/ou ruta incrementada e/ou reducida 5,00
Por cada expedición incrementada e/ou reducida 2,00
Por cada liña, ruta e/ou expedición na que se introduzan modificacións de horarios e/ou calendarios 2,00
– Visado dos cadros de tarifas 26,66
Cando os cadros de tarifas presentados para a súa validación coincidan cos editados e achegados ás empresas previamente pola propia Administración titular do servizo público, e este procedemento se efectúe de xeito telemático no contorno das aplicacións informáticas postas en operativa pola propia Administración, o anterior importe minorarase nun 90 %».
25) Suprímese a subalínea 08 da alínea 01 do anexo 2.
26) Suprímese a subalínea 10 da alínea 01 do anexo 2.
27) Modifícase a subalínea 18 da alínea 01 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«18 Expedición de tarxeta de cualificación do condutor ou renovación desta 21,40
Cando o interesado solicite que a tarxeta de cualificación de condutor lle sexa remitida ao seu domicilio esta taxa verase incrementada nun 50 %».
28) Engádese unha subalínea 19 na alínea 01 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«19 Pola expedición de certificados comprensivos de servizos de transporte público de persoas: por cada servizo de transporte obxecto de certificación 21,40
Pola expedición de copias simples de documentos correspondentes a expedientes de autorización administrativa de transporte, ou de servizo público regular de uso xeral de transporte de persoas, que conste en poder da Administración:
Pola primeira páxina 10,00
Por cada unha das demais páxinas 0,30
No caso de copias compulsadas destes expedientes ou copias en cor, os importes anteriores incrementaranse nun 25 %».
29) Modifícase o punto décimo segundo da subalínea 02 da alínea 07 do anexo 2, que queda redactado como segue:
«Por cada determinación inmunolóxica de anticorpos, antíxenos ou similar, en relación coa sanidade animal 1,50
No caso de diagnóstico inmunolóxico solicitado por agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG), sempre e cando respecten a normativa aplicable, cumpran os seus programas sanitarios e non superen os máximos establecidos de remisión de mostras, aplicarase a anterior taxa de xeito reducido, aplicándose unha tarifa por cada 15 determinacións ou fracción».
30) Suprímese o punto 02 da subalínea 28 da alínea 07 do anexo 2.
31) Modifícase a alínea 20 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«20 Por autorización previa á licenza municipal en solo rústico
Sobre o importe do proxecto suxeito a autorización 1 %
Mínimo de 220,44
Máximo 1.000,00»
32) Modifícase a alínea 21 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«21 Por autorización en materia de costas
Sobre o importe do proxecto suxeito a autorización 1%
Mínimo de 220,44
Máximo 1.000,00»
33) Modifícase a denominación da alínea 35 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«Informes técnicos e outras actuacións facultativas realizadas polo persoal técnico ao servizo da Administración hidráulica, cando deban facerse como consecuencia das disposicións en vigor ou dos termos propios das concesións e autorizacións outorgadas».
34) Modifícase a subalínea 01 da alínea 44 do anexo 2, que queda redactada como segue:
01 Análises de biotoxinas mariñas en moluscos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura:
– Análise de toxinas lipofílicas por bioensaio en rato segundo o método de Yasumoto 1978 47,52…
– Análise de toxinas lipofílicas por bioensaio en rato segundo o método de Yasumoto 1984 54,32
– Análise de toxinas lipofílicas por cromatografía líquida con detección de espectrometría de masas (LC-MS/MS) 95,20
– Análise de toxicidade tipo PSP por bioensaio en rato segundo o método da AOAC 47,52
– Análise de toxicidade tipo ASP por cromatografía líquida de alta eficacia segundo o método da AOAC 47,52
– Análise combinada nunha mesma mostra de toxinas lipofílicas por bioensaio en rato segundo o método Yasumoto 1978, análise de toxicidade tipo PSP por bioensaio en rato segundo o método da AOAC e análise de toxicidade tipo ASP por cromatografía líquida de alta eficacia, método da AOAC 101,86
– Análise combinada nunha mesma mostra de toxinas lipofílicas por bioensaio en rato segundo o método Yasumoto 1984, análise de toxicidade tipo PSP por bioensaio en rato segundo o método da AOAC e análise de toxicidade tipo ASP por cromatografía líquida de alta eficacia, método da AOAC 108,65
– Análise combinada nunha mesma mostra de toxinas lipofílicas por cromatografía líquida con detección de espectrometría de masas (LC-MS/MS), análise de toxicidade tipo PSP por bioensaios en rato segundo o método da AOAC e análise de toxicidade tipo ASP por cromatografía líquida de alta eficacia segundo o método da AOAC 150,00»
35) Modifícase a subalínea 02 da alínea 44 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«02 Análises de mostras en auga de mar:
– Identificación e reconto de fitoplancto mariño mediante microscopía óptica 151,33
– Identificación e reconto de fitoplancto tóxico mariño mediante microscopía óptica 133,33
– Análise de carbono orgánico disolto 50,93
– Análise de nutrientes inorgánicos disoltos 35,00
– Análise de pigmentos fotosintéticos (clorofila “a”) por espectrofluorimetría: 16,98»
36) Modifícase a subalínea 03 da alínea 44 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«03 Análises microbiolóxicas en moluscos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura:
– Cuantificación de Escherichia coli 101,86
– Detección de Salmonella spp. 169,75
– Enumeración de Escherichia coli en moluscos bivalvos vivos pola técnica de medida directa de impedancia co sistema BacTrac 4300: 68,00»
37) Engádese a subalínea 06 na alínea 44 do anexo 2, que queda redactada como segue:
«06 Emisión de certificacións e informes técnicos e outras actuacións por petición do interesado
Emisión de certificados por petición dos interesados, sobre as actuacións levadas a cabo polo instituto 10,00
Emisión de informes técnicos por petición do interesado (euros por hora ou fracción) 40,00»
38) Modifícase a denominación da tarifa contida na alínea 01 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Informes técnicos e outras actuacións facultativas realizadas por persoal técnico ao servizo da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais dependentes dela, cando deban facerse como consecuencia de disposicións en vigor ou dos termos propios das concesións e autorizacións outorgadas».
39) Modifícase a denominación da tarifa contida na subalínea 07 da alínea 07 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«07 Rexistro de entidades habilitadas para impartiren cursos sobre regulamentos de seguridade industrial».
40) Modifícase a denominación da tarifa contida na subalínea 14 da alínea 07 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«14 Modificación ou cesamento no rexistro de entidades habilitadas para impartiren cursos sobre regulamentos de seguridade industrial. Sobre a tarifa consignada na subalínea 07 devengarase o 50 % dela».
41) Engádese a subalínea 26 na alínea 07 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«26 Comunicación de inicio de cursos teórico-prácticos polas entidades habilitadas para impartiren cursos sobre regulamentos de seguridade industrial 47,00»
42) Modifícase a alínea 09 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«09 Inscrición no Rexistro industrial así como as preceptivas actualizacións
– Base de aplicación. Importe da maquinaria e instalacións
– Ata 3.000 € 35
– De 3.000,01 ata 7.500 € 45
– De 7.500,01 ata 15.000 € 60
– De 15.000,01 ata 30.000 € 80
– De 30.000,01 ata 45.000 € 100
– De 45.000,01 ata 60.000 € 120
– Por cada 6.000 € ou fracción de exceso ata 6.000.000 de euros 5
– Por cada 6.000 € ou fracción que exceda de 6.000.000 de euros 1
No caso de denegación de inscrición devengarase o 50 % da tarifa anterior».
43) Modifícase a tarifa contida na alínea 15 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«15 Posta en servizo de guindastres torre 25+(alcance en m*carga en kg)/1000»
44) Modifícase a denominación da tarifa contida na alínea 17 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«17 Rexistro de instalacións con equipos a presión Sobre a tarifa consignada na alínea 09 100 %»
45) Modifícase a tarifa contida na alínea 18 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«18 Rexistro de instalacións de transporte e distribución de enerxía eléctrica e gas
Sobre a tarifa consignada na alínea 09 150 %
Transformadores 25+0,6* (pot. en kW)»
46) Modifícase a alínea 19 do anexo 3 e engádenselle as subalíneas 01, 02, 03, 04, 05, 06, 07, 08, 09, 10, 11 e 12, que quedan redactadas como segue:
«19 Rexistros de instalacións afectadas por regulamentos de seguridade industrial
01 Ascensores 25+(percorrido en m*carga do ascensor (100 kg))/2
02 Bombonas de gas 25+0,05* (peso en kg)
03 Depósitos de gas 25+10* (capacidade en m³)
04 Eléctricas receptoras 25+0,6* (pot. en kW)
05 Frigoríficas 25+0,6* (pot. do compresor en kW)
06 Guindastres móbiles autopropulsados 25
07 Guindastres torre 25
08 Instalacións térmicas nos edificios 25+0,6* (pot. en kW térmicos)
09 Interiores de auga 25+2,4* (caudal en l/s)
10 Petrolíferas 25+3* (capacidade en m³)
11 Protección contra incendios 25+10*nivel de risco+ 0,01* (superficie en m²)
12 Receptoras de gas 25+0,6* (pot. en kW)»
47) Modifícase a denominación da tarifa contida na alínea 25 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«25 Emisión de certificados de verificación periódica ou de verificación tras a reparación ou modificación, emitidos directamente pola Administración, cando os ensaios os realice un laboratorio designado por ela. Por instrumento, non inclúe a tarifa do ensaio, que deberá ser aboada ao laboratorio designado pola Administración».
48) Modifícase a subalínea 01 da alínea 25 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«01 Aparellos, instrumentos ou sistemas de medida que non teñan taxa específica 10,40»
49) Suprímense as subalíneas 02, 03, 04, 05, 06, 07, 08, 09, 10, 16 e 19 da alínea 25 do anexo 3.
50) Modifícase a subalínea 13 da alínea 25 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«13 Instrumentos de medida de son: sonómetros, calibradores acústicos e medidores persoais de exposición sonora 10,40»
51) Modifícase a subalínea 14 da alínea 25 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«14 Instrumentos de medida de velocidade: cinemómetros 10,40»
52) Modifícase a subalínea 15 da alínea 25 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«15 Opacímetros e analizadores de gases de escape 10,40»
53) Modifícase a subalínea 17 da alínea 25 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«17 Medidores de concentración de alcohol en aire expirado: etilómetros 10,40»
54) Modifícase a subalínea 02 da alínea 26 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«02 Verificación de contadores eléctricos realizada directamente pola Administración, por instrumento 83,00»
55) Modifícase a subalínea 03 da alínea 26 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«03 Verificación de contadores de auga fría de menos de 40 mm de diámetro, con caudais comprendidos entre 0,0125 m³/h e 20 m³/h, realizada directamente pola Administración, por instrumento 73,00»
56) Modifícase a subalínea 04 da alínea 26 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«04 Verificación de contadores de gas de paredes deformables G 1.6 a G 10 e caudais de 16 l/h ata 16 m³/h realizada directamente pola Administración, por instrumento 92,00»
57) Modifícase a letra b) da alínea 27 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«27 b) Recoñecemento de vehículos reformados
– Conforme o proxecto 14,44
– Sen proxecto 7,18
– Amparada por un conxunto funcional 14,44»
58) Suprímese a letra l) da alínea 27 do anexo 3.
59) Modifícase a alínea 35 do anexo 3 e engádenselle as subalíneas 01, 02, 03 e 04, que quedan redactadas como segue:
«35 Establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves
01 Inspección anual dos establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves 249,34
02 Notificación obrigatoria antes da construción dos establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves 916,70
03 Notificación obrigatoria antes da explotación dos establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves 1.466,70
04 Comunicación obrigatoria por calquera cambio significativo dos establecementos afectados polo Regulamento de accidentes graves 366,70»
60) Modifícase a subalínea 01 da alínea 36 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«01 Prórroga e cambio de dominio inter vivos ou mortis causa de establecementos produtivos e experimentais
* Viveiros flotantes e parques de cultivo 93,75
* Plantas de acuicultura (mariña e continental) na zona terrestre 148,50»
61) Modifícase a denominación da tarifa contida na subalínea 02 da alínea 36 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«02 Modificacións na estrutura e cambio de sistema dos establecementos produtivos ou experimentais, excepto as que afectan o volume de edificabilidade ou o dominio público marítimo-terrestre dos situados na zona terrestre».
62) Modifícase a denominación da tarifa contida na subalínea 03 da alínea 36 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«03 Modificacións no cultivo (cambio de especies ou das técnicas de cultivo) dos establecementos produtivos ou experimentais».
63) Modifícase a denominación da tarifa contida na subalínea 05 da alínea 36 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«05 Cambio de localización de establecementos produtivos e experimentais 173,85
Nas actuacións en materia de acuicultura das subalíneas 01, 02, 03 e 05, de ser preciso saír máis dunha vez para inspección e informes incrementarase a tarifa sinalada nesas subalíneas en 67,89 € por cada saída».
64) Modifícase a subalínea 09 da alínea 36 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«09 Outorgamento de títulos habilitantes para novos establecementos de produción e modificacións que afecten o volume de edificabilidade ou o dominio público marítimo-terrestre dos situados na zona terrestre
* Na zona terrestre (granxas, criadeiros, piscifactorías) 300,00
* Na zona marítima e marítimo-terrestre (parques de cultivo, viveiros) 93,75»
65) Modifícase a subalínea 10 da alínea 36 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«10 Autorización de inmersión 7,35»
66) Engádese a subalínea 11 na alínea 36 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«11 Autorización para a constitución de hipotecas e outros dereitos de garantía 9,15»
67) Suprímese a subalínea 01 da alínea 52 do anexo 3.
68) Modifícase a subalínea 04 da alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«04 Inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia:
– Pequeno produtor de residuos perigosos (lt;10 t/ano) 172,95
– Produtor de residuos perigosos (gt;10 t/ano) 172,95
– Produtor de residuos non perigosos (gt;1.000 t/ano) 172,95
– Transportista profesional de residuos perigosos e de residuos non perigosos 172,95
– Recolledor profesional sen instalación de residuos perigosos e de residuos non perigosos 172,95
– Negociante para residuos perigosos e para residuos non perigosos 172,95
– Axente para residuos perigosos e para residuos non perigosos 172,95»
69) Suprímese a subalínea 08 da alínea 52 do anexo 3.
70) Suprímese a subalínea 09 da alínea 52 do anexo 3.
71) Engádese a subalínea 14 na alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«14 Baixa da autorización de xestor de residuos para actividades de almacenamento, valorización e eliminación de residuos 172,95»
72) Engádese a subalínea 15 na alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«15 Baixa da inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia 43,26»
73) Engádese a subalínea 16 na alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«16 Modificación das autorizacións de xestores de valorización e eliminación 172,95»
74) Engádese a subalínea 17 na alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«17 Modificación das autorizacións de xestores de almacenamento de residuos 43,26»
75) Engádese a subalínea 18 na alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«18 Autorización e prórroga dos sistemas individuais de responsabilidade ampliada do produtor 172,95»
76) Engádese a subalínea 19 na alínea 52 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«19 Autorización e prórroga dos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor 691,85»
77) Modifícanse as subalíneas 01, 02, 03, 04, 05 e 06 da alínea 55 do anexo 3, que quedan redactadas como segue:
«01 Operacións de ensaio e contraste de ouro e, de ser o caso, contraste
Por gramo ou fracción 0,154500
Por ensaio 42
02 Operacións de ensaio de platino e, de ser o caso, contraste
Por gramo o fracción 0,215600
Por ensaio 42
03 Operacións de ensaio de prata e, de ser o caso, contraste
Por gramo ou fracción 0,055190
Por ensaio 42
04 Análise consultiva de ouro e certificación de lei 58,90
05 Análise consultiva de platino e certificación de lei 235,52
06 Análise consultiva de prata e certificación de lei 44,16»
78) Engádese a alínea 69 e as subalíneas 01, 02, 03, 04 e 05 no anexo 3, que quedan redactadas como segue:
«69 Actuacións en relación co Rexistro de Control Metrolóxico
01 Inscrición no Rexistro de Control Metrolóxico de Fabricantes, Importadores, Comercializadores ou Arrendadores. Primeira inscrición. 58,37
02 Inscrición no Rexistro de Control Metrolóxico de Fabricantes, Importadores, Comercializadores ou Arrendadores. Cesamento ou modificación. 26,05
03 Declaración responsable de reparadores de instrumentos de medida suxeitos a control metrolóxico. Primeira inscrición. 58,37
04 Declaración responsable de reparadores de instrumentos de medida suxeitos a control metrolóxico. Cesamento ou modificación. 26,05
05 Preasignación de códigos de precintos aos reparadores inscritos no Rexistro de Control Metrolóxico. 10,40»
79) Engádese a alínea 70 e as subalíneas 01 e 02 no anexo 3, que quedan redactadas como segue:
«70 Plans ou proxectos
01 Tramitación dun plan ou proxecto sectorial de incidencia supramunicipal 4.250
02 Tramitación dun proxecto industrial estratéxico 4.250»
80) Engádese a alínea 71 no anexo 3, que queda redactada como segue:
«71 Verificación do marcado CE como consecuencia de reclamación ou de denuncia 970»
81) Engádese a alínea 72 no anexo 3, que queda redactada como segue:
«72 Rexistro extemporáneo de instalación afectada por regulamento de seguridade industrial
Sobre tarifa consignada na alínea 19 correspondente 400 %»
82) Engádese a alínea 73 no anexo 3, que queda redactada como segue:
«73 Laboratorio Oficial de Vehículos Históricos
Acreditación e inscrición 220,44
– Renovación da acreditación e inscrición: sobre a tarifa anterior devengarase o 50 % dela».
83) Engádese a alínea 74 no anexo 3, que queda redactada como segue:
«74 Concesión da etiqueta ecolóxica
Con carácter xeral 650
Para pequenas e medianas empresas 400
Para microempresas 250
No caso de rexistrar máis dun produto ou servizo, as tarifas anteriores incrementaranse nun 20 %, por cada produto ou servizo adicional».
84) Engádese a alínea 75 no anexo 3, que queda redactada como segue:
«75 Certificación para desgravación fiscal por investimento medioambiental
Ata 100.000 € de investimento certificado 50
A partir de 100.001 € de investimento certificado 525»
85) Engádese a alínea 76 no anexo 3, que queda redactada como segue:
«76 Valoracións tributarias de bens inmobles situados na Comunidade Autónoma de Galicia que vaian ser obxecto de adquisición ou de transmisión, realizadas por técnicos ao servizo da Axencia Tributaria de Galicia para os efectos dos tributos cuxa xestión lle corresponda (por cada ben inmoble):
01 Pisos, locais, garaxes, almacéns, predios rústicos ata 10 ha sen edificacións 20
02 Casas, naves, edificios ou partes dun edificio, hoteis 40
03 Solos urbanos, urbanizables, mixtos e asimilados 40
04 Predios rústicos de máis de 10 ha, con melloras ou con edificacións 40
05 Inmobles singulares do patrimonio histórico e resto de bens ou dereitos 60»
86) Engádese un segundo parágrafo no punto V nas Regras xerais de aplicación e definicións da alínea 99 do anexo 3, que queda redactado como segue:
«No caso de que existan discrepancias ou sempre que existan dúbidas sobre as dimensións totais reais da embarcación, Portos de Galicia poderá realizar a medición directa da embarcación. As dimensións resultantes da medición directa da embarcación servirán de base para a aplicación das tarifas portuarias, e entenderase por eslora máxima ou total a distancia entre os puntos máis extremos da embarcación, incluíndo todos aqueles elementos fixos ou desmontables que formen parte dela, aínda que poidan eliminarse sen afectar a integridade estrutural da embarcación».
87) Suprímese o parágrafo terceiro da regra novena da tarifa X-1 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3.
88) Modifícase a regra décima da tarifa X-1 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Portos de Galicia poderá establecer convenios anuais para a liquidación desta tarifa con asociacións profesionais do sector que agrupen a varias embarcacións destinadas ao servizo de acuicultura, cunha redución adicional do 75 % sobre a base impoñible resultante».
89) Modifícase o parágrafo segundo da regra décimo quinta da tarifa X-2 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactado como segue:
«Portos de Galicia poderá establecer convenios anuais para a liquidación desta tarifa con asociacións profesionais do sector que agrupen a varias embarcacións destinadas ao servizo de acuicultura, cunha redución adicional do 90 % na contía da tarifa. As embarcacións deberán pertencer a unha asociación profesional do sector, e o concerto establecerase en función do período e da ocupación da liña de atracada».
90) Modifícase o último parágrafo da regra décima da tarifa X-3, contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactado como segue:
«Neste concerto poderase establecer unha redución da contía da tarifa de ata o 90 % dependendo do número de bateas adscritas a el, segundo os tramos establecidos no seguinte cadro:
91) Modifícase a regra décimo segunda da tarifa X-4 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Décimo segunda. O aboamento desta tarifa a Portos de Galicia exime o buque pesqueiro do pagamento das restantes tarifas por servizos xerais por un prazo máximo dun mes a partir da data de iniciación das operacións de descarga ou transbordo. No suposto de que a embarcación dispoña dunha praza reservada para o seu uso exclusivo en peiraos, embarcadoiros ou pantaláns flotantes, o importe da X-4 para liquidar será como mínimo de 10 € ao mes. Este prazo poderase ampliar aos períodos de inactividade forzosa, por temporais, vedas costeiras ou licenzas referidas ás súas actividades habituais, expresa e individualmente acreditados por certificación da autoridade competente. No caso de inactividade forzosa prolongada, a autoridade competente fixará os lugares nos que estes barcos deban permanecer ancorados ou atracados, atendendo as dispoñibilidades de atracada.
Nos demais casos os buques estarán suxeitos ao aboamento das citadas tarifas xerais X-1, “Entrada e estadía de barcos” , e X-2, “Atracada”».
92) Modifícase a regra primeira da tarifa X-5 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Primeira. Esta tarifa abrangue a utilización polas embarcacións deportivas ou de lecer, incluso as destinadas a fins lucrativos, e polos seus tripulantes e pasaxeiros, das augas do porto e das súas instalacións de balizamento, das axudas á navegación, das bacías, dos accesos terrestres e viais de circulación dos portos e, de ser o caso, das instalacións de ancoraxe e atracada en peiraos ou embarcadoiros, así como dos servizos específicos dispoñibles».
93) Modifícase a regra sexta da tarifa X-5 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Sexta. A contía da tarifa estará composta polos seguintes conceptos:
A) Pola utilización das augas dos portos e mais das instalacións portuarias.
B) Polos servizos utilizados de atracada, ancoraxe ou estadía en seco das embarcacións.
C) Pola dispoñibilidade doutros servizos específicos.
O importe da tarifa X-5 será o resultado da suma dos conceptos A), B) e C), indicados anteriormente, que lle sexan aplicables en función dos servizos prestados.
A contía dos conceptos dos que se compón a tarifa X-5, por metro cadrado arredondado por exceso e por día natural ou fracción, será a seguinte:
A) Pola utilización das augas do porto e mais das instalacións portuarias:
Zona I: 0,034893 euros.
Zona II: 0,020935 euros.
B) Polos servizos utilizados de atracada, ancoraxe ou estadía en seco das embarcacións:
1. Atracada en punta: 0,038380 euros.
2. Atracada de costado: 0,095952 euros.
3. Atracada a banqueta ou dique: 0,019191 euros.
4. Ancoraxe: 0,038380 euros.
5. Embarcacións en seco:
5.1. Embarcacións en seco que aboen durante o mesmo período o concepto A) desta tarifa X-5: 0,061062 euros.
5.2. Embarcacións en seco que non aboen durante o mesmo período o concepto A) desta tarifa X-5: 0,081416 euros.
C) Pola dispoñibilidade doutros servizos específicos:
1. Por cada finger en cada posto de atracada: 0,016282 euros.
2. Por brazo de amarre ou por tren de ancoraxe para amarre por popa de embarcacións atracadas: 0,008142 euros.
3. Toma de auga: 0,005815 euros.
4. Toma de enerxía eléctrica: 0,005815 euros.
Cando o organismo portuario acoute especificamente zonas do porto para ancoraxe ou depósito de embarcacións deportivas, as contías dos apartados 4 e 5 do concepto B) terán unha bonificación do 50 %, sempre que previamente se solicitasen os correspondentes servizos a Portos de Galicia.
As contías dos conceptos A), B) e C) para as embarcacións de paso no porto serán as anteriormente indicadas multiplicadas por 1,50.
As contías dos conceptos A), B) e C) para as embarcacións tradicionais debidamente acreditadas, conforme o establecido na normativa aplicable e nas disposicións que se diten en interpretación ou aclaración desta, no suposto exclusivamente de embarcacións dedicadas á promoción e a conservación do patrimonio marítimo tradicional sen fins lucrativos, serán as anteriormente indicadas cunha bonificación de ata un 60 %. A dita bonificación calcularase en función da antigüidade, das características, da actividade á cal se dedica e da tonelaxe da embarcación. Esta bonificación non será acumulable ás bonificacións descritas na regra oitava desta tarifa X-5.
Para os efectos da aplicación da bonificación indicada terase en conta o seguinte:
A bonificación será do 40 % para as embarcacións orixinais e do 20 % para as réplicas, e aplicarase sobre a suma das contías dos conceptos A), B) e C) resultante.
Ademais, se é o caso, serán aplicables sobre a suma das contías dos conceptos A), B) e C) resultante as seguintes bonificacións adicionais:
1. O 10 % para réplicas construídas con anterioridade ao ano 1950.
2. O 15 % para as embarcacións de porte superior ás 50 toneladas de rexistro bruto.
3. O 20 % para as embarcacións pertencentes a asociacións náuticas ou culturais sen ánimo de lucro.
As bonificacións adicionais dos apartados 1, 2 e 3 non son acumulables entre si.
Consideraranse embarcacións tradicionais aquelas nas que no seu proceso construtivo se utilizaron técnicas artesanais e que teñan un interese identitario ou patrimonial, podendo distinguir entre embarcacións orixinais, aquelas construídas con anterioridade ao ano 1950, seguindo deseños ancestrais en liñas, materiais e técnicas construtivas, e réplicas, aquelas embarcacións construídas de forma exacta ás orixinais, aplicando os mesmos deseños, materiais e técnicas construtivas que aquelas.
Enténdese por ancoraxe a dispoñibilidade dunha superficie de espello de auga destinada para tal fin e debidamente autorizada.
Enténdese por atracada en punta a dispoñibilidade dun elemento de amarre fixo a embarcadoiro, peirao, banqueta ou dique que permita fixar un dos extremos (proa ou popa) da embarcación.
Enténdese por embarcación en seco aquela que permaneza nas instalacións portuarias, fóra da lámina de auga, tanto en estadía transitoria non dedicada a invernada coma en estadías prolongadas en zonas habilitadas para tal fin.
Enténdese por dispoñibilidade dos servizos de auga e enerxía, dos apartados 3 e 4 do concepto C), a existencia nas proximidades do punto de atracada, a peirao ou embarcadoiro, de tomas de subministración de auga ou enerxía, con independencia do aboamento da tarifa E-3 que lle sexa aplicable polos consumos efectuados.
5. Servizo de mariñeiría a embarcacións atracadas:
Para embarcacións de menos de 12 metros de eslora, 19,72 €/m²/ano, e de 22,17 €/m²/ano para o resto de embarcacións, correspondendo os metros cadrados á superficie nominal da praza teórica que ocuparía cada embarcación, e aplicando a parte proporcional ao período autorizado.
O servizo de mariñeiría inclúe as axudas á atracada e desatracada e mais o control e a xestión das instalacións.
No suposto de que o servizo de mariñeiría non inclúa a parte proporcional do servizo de vixilancia continuada, as contías serán as indicadas anteriormente multiplicadas por 0,65».
94) Suprímese o segundo parágrafo da regra oitava da tarifa X-5 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3.
95) Modifícase a regra décimo primeira da tarifa X-5 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Décimo primeira. As embarcacións atracadas ou ancoradas en instalacións propias de concesións, cuxas atracadas sexan xestionadas polo concesionario na súa totalidade, agás que no título concesionario se determine outra cousa, aboarán en todo caso o concepto A) da regra sexta e os demais sumandos B) e C) por aqueles servizos prestados en instalacións alleas á concesión. Para o seu aboamento o concesionario poderá optar:
a) Pola liquidación directa da tarifa polo organismo portuario ao suxeito pasivo baseándose na documentación que o concesionario lle entregará a Portos de Galicia, cos datos diarios precisos para que este lles poida liquidar a tarifa tanto ás embarcacións de paso coma ás que teñen base na concesión, de acordo co procedemento e o formato que Portos de Galicia determine. A domiciliación bancaria poderá ser exixida por Portos de Galicia de o considerar conveniente para a xestión tarifaria das instalacións.
b) Polo aboamento da tarifa, subrogándose na obriga dos suxeitos pasivos. Neste caso, o concesionario entregaralle a Portos de Galicia a documentación que lle sexa requirida, consonte o procedemento e o formato que sinale este organismo, cos datos necesarios para realizar a liquidación que practicará Portos de Galicia. Neste caso, Portos de Galicia poderá acordar unha redución de ata un 15 % da contía base da tarifa que lle corresponda; esta redución será dun 5 % se a relación de embarcacións de base declaradas é inferior a 100, do 10 % se está entre 101 e 200 e do 15 % se é superior a 201. Para as embarcacións en tránsito que ocupen prazas de uso público a redución na contía da tarifa base será do 5 %».
96) Modifícase a regra décimo segunda da tarifa X-5 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Décimo segunda. Nas instalacións deportivas construídas e xestionadas parcialmente por Portos de Galicia que sexan explotadas por particulares mediante a correspondente concesión ou autorización administrativa poderase aplicar, para as embarcacións en tránsito que ocupen prazas de uso público, unha redución na contía da tarifa do 5 %, dependendo da composición e do porte da frota afectada, sempre que o xestor se subrogue na obriga dos suxeitos pasivos. Neste caso, o xestor da instalación entregaralle a Portos de Galicia a documentación que por este organismo lle sexa requirida, consonte o procedemento e o formato que se determine.
Nas instalacións descritas no parágrafo anterior que á entrada en vigor desta lei incluísen nos pregos de condicións a redución da contía da tarifa X-5 de ata o 15 %, por subrogarse nas obrigas de pagamentos dos suxeitos pasivos que utilicen as instalacións, manterase esta redución mentres estea vixente ese título administrativo. No caso de modificación ou prórroga deste, aplicarase o disposto nesta regra décimo segunda, aplicable unicamente ás embarcacións en tránsito que ocupen prazas de uso público».
97) Modifícase a regra terceira da tarifa E-1 contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Terceira. Para guindastres tipo pluma, a base para a liquidación desta tarifa será o tempo de dispoñibilidade do correspondente guindastre e o número de manobras. Para a liquidación de guindastres tipo pórtico será a eslora máxima da embarcación e o número de manobras.
No suposto de que a embarcación sexa deportiva ou de lecer, a base de liquidación será, tanto para guindastre tipo pluma coma para o tipo pórtico, a eslora máxima da embarcación e o número de manobras».
98) Modifícase a regra décimo primeira da tarifa E-1 contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Décimo primeira. Con carácter xeral, as contías da tarifa por hora de utilización do guindastre tipo pluma ou por eslora máxima do guindastre tipo pórtico serán as seguintes:
Para as embarcacións deportivas ou de lecer, as contías da tarifa por eslora máxima no guindastre tipo pluma serán as seguintes:
As embarcacións que realicen manobras de subida e baixada nun prazo de vinte e catro horas terán un desconto do 25 %.
Portos de Galicia poderá establecer concertos para a utilización dos guindastres cos usuarios habituais, e fixará como tarifa mensual unha estimación da utilización do guindastre baseada para cada porto no tipo e na composición da frota usuaria, nas condicións de abrigo das augas e na superficie de peirao dispoñible para a ancoraxe».
99) Modifícase a regra cuarta da tarifa E-3 contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Cuarta. As contías da tarifa por subministración de auga potable serán as seguintes:
– Por metro cúbico de auga ou fracción subministrada a través das tomas propiedade de Portos de Galicia: 1,019049 €.
– Por metro cúbico de auga ou fracción subministrada nas restantes instalacións: 0,611430 €.
As contías indicadas nos dous parágrafos anteriores serán incrementadas sempre que estas sexan inferiores á contía aplicable por parte da empresa subministradora. Nese suposto as contías da tarifa por metro cúbico de auga subministrada serán as seguintes:
A tarifa aplicada pola empresa subministradora cun recargo do 35 %, cando esta sexa superior a 1,019049 €/m³, incluído o canon da auga, para tomas propiedade de Portos de Galicia.
A tarifa aplicada pola empresa subministradora cun recargo do 10 %, cando esta sexa superior a 0,611430 €/m³, incluído o canon da auga, para o resto das instalacións».
100) Suprímese a regra décimo quinta da tarifa E-3 contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3.
101) Engádese a regra décimo cuarta na tarifa E-4 contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:
«Décimo cuarta. As contías pola subministración de elementos de apertura ou peche de control de accesos instalados nos portos serán as seguintes:
Tarxetas magnéticas: 15,02 €/unidade.
Mandos a distancia: 50,61 €/unidade».
102) Modifícase o número 5 da letra A) do punto 3.2 da subalínea 03 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactado como segue:
«5. Taxa polo exercicio de actividade polo desenvolvemento de actividades portuarias inherentes á xestión e a explotación de lonxas.
A cota polo desenvolvemento de actividades portuarias inherentes á xestión e a explotación de lonxas establécese por servizo prestado, en función dos quilogramos de peixe vendido en lonxa.
O importe da taxa será de 0,0015 euros por quilogramo de peixe vendido na lonxa.
O importe da taxa anual será como máximo o 1 % do importe anual da cifra neta de negocio polas actividades portuarias inherentes á xestión e a explotación da lonxa, ata un máximo de 30.000 euros.
O importe anual da cifra neta de negocios para considerar será o resultante de lle aplicar ao importe do volume total anual de vendas efectuadas na lonxa a porcentaxe autorizada na concesión correspondente en concepto de tarifa para cobrar polo adxudicatario do servizo pola prestación deste».
103) Engádese un novo número 6 na letra A) do punto 3.2 da subalínea 03 da alínea 99 do anexo 3, coa seguinte redacción:
«6. Restantes servizos e actividades comerciais e industriais portuarias.
A cota anual da taxa polo exercicio de actividades comerciais ou industriais portuarias non previstas nos artigos anteriores establecerase por unha porcentaxe en función do importe anual da cifra neta de negocios da actividade desenvolvida no porto ao amparo da autorización, de acordo coa seguinte táboa:
A anterior listaxe de actividades posúe para estes efectos un carácter indicativo e non limitativo.
Para aquelas concesións, autorizacións ou calquera outro título habilitante outorgado con anterioridade ao 12 de decembro de 2003, data de entrada en vigor desta lei, para o exercicio de actividades comerciais ou industriais portuarias previstas neste punto, a cota máxima anual da taxa será de 30.000 euros para as actividades ás que se lles aplique o tipo do 1 % e de 60.000 euros para aquelas actividades ás que se lles aplique o tipo do 1,50 %.
Ás concesións, autorizacións ou calquera outro título habilitante, indicadas no parágrafo anterior, que sexan actualizadas ou modificadas respectando o prazo inicial da orixinal e manteñan o seu destino e actividade conforme os títulos habilitantes iniciais, a taxa para aplicarlles será de acordo co indicado no parágrafo anterior.
Para aquelas concesións, autorizacións ou calquera outro título habilitante outorgado con posterioridade ao 12 de decembro de 2003, data de entrada en vigor desta lei, para o exercicio de actividades comerciais ou industriais portuarias previstas neste punto, a cota máxima anual da taxa será de 60.000 euros para as actividades ás que se lles aplique o tipo do 1 % e que veñan expresamente indicadas na parte correspondente do cadro anterior, e de 120.000 euros para aquelas actividades ás que se lles aplique o tipo do 1,50 % ou para aquelas actividades que non veñan expresamente enumeradas no cadro anterior».
104) Modifícase a alínea 03 do anexo 4, que queda redactada como segue:
«03 Venda de libro de mantemento de instalación en materia de seguridade industrial 9,60»
105) Modifícase o punto 2 da alínea 02 contido no anexo 5, que queda redactado como segue:
«2. O tipo de gravame anual aplicado á base impoñible será o seguinte:
a) No suposto de ocupación de terreos e de augas do porto:
– Nas áreas destinadas a usos portuarios pesqueiros onde se desenvolvan actividades de lonxa, coas súas correspondentes cámaras de frío, fábricas de xeo e naves de redes: o 2,5 %.
– Nas áreas destinadas a outros usos portuarios pesqueiros, usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, aos relativos ao desenvolvemento de servizos portuarios e aos servizos básicos que se prestan nunha instalación náutico-deportiva: o 5 %.
– Nas áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e os servizos comerciais que correspondan a empresas industriais ou comerciais: o 6 %.
– Nas áreas destinadas a usos que non estean relacionados directamente coas actividades portuarias, ou complementarias ou auxiliares das portuarias: o 7 %.
Respecto do espazo de auga para recheo, o 2,5 % do valor da base mentres o concesionario efectúa as obras de recheo no prazo fixado na concesión. Ao finalizar este prazo, o tipo será do 5 %.
b) No caso de ocupación do voo ou subsolo de terreos ou espazos somerxidos:
– O 2,5 % do valor da base impoñible que corresponda aos respectivos terreos ou augas, agás que o seu uso impida a utilización da superficie. Neste caso o tipo de gravame será o que corresponda de acordo co previsto na letra a) anterior.
c) No caso de ocupación de obras e instalacións:
– Nas áreas destinadas a usos portuarios pesqueiros onde se desenvolvan actividades de lonxas, coas súas correspondentes cámaras de frío, fábricas de xeo e naves de redes: o 2,5 % dos valores dos terreos, do espazo de auga e das obras e instalacións, e o 25 % do valor da depreciación anual asignada.
– Nas áreas destinadas a outros usos portuarios pesqueiros, usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, aos relativos ao desenvolvemento de servizos portuarios e aos servizos básicos que se prestan nunha instalación náutico-deportiva: o 5 % dos valores dos terreos, do espazo de auga e das obras e instalacións, e o 100 % do valor da depreciación anual asignada.
– Nas áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e os servizos comerciais que correspondan a empresas industriais ou comerciais: o 6 % dos valores dos terreos, do espazo de auga e das obras e instalacións, e o 100 % do valor da depreciación anual asignada.
– Nas áreas destinadas a usos que non estean relacionados directamente coas actividades portuarias, ou complementarias ou auxiliares das portuarias: o 7 % dos valores dos terreos, do espazo de auga e das obras e instalacións, e o 100 % do valor da depreciación anual asignada.
Para os efectos da aplicación deste artigo consideraranse actividades relacionadas co intercambio dos modos de transporte e servizos portuarios os seguintes: servizo de practicaxe, servizos técnico-náuticos, servizo á pasaxe, servizo de manipulación e transporte de mercadorías e servizo de recepción de refugallos xerados polos buques.
Así mesmo consideraranse servizos básicos para prestar nunha instalación náuticodeportiva os seguintes: amarre e desamarre, servizo de duchas, vestiarios e lavandaría, servizo de subministración de auga e enerxía, servizo contra incendios, vixilancia e seguridade, servizos administrativos da instalación náutica, servizos de información, servizos de correo e comunicacións, servizo de vixilancia e control das instalacións.
d) No suposto de uso consuntivo: o 100 % do valor dos materiais consumidos».
106) Modifícase a contía da base sectorial «– Distribución de hidrocarburos», contida na subalínea 02 da alínea 05 do anexo 5, e pasa a ser de 1,58 €/m.
107) Modifícase a contía da base sectorial «– Telefonía e telecomunicacións», contida na subalínea 02 da alínea 05 do anexo 5, e pasa a ser de 2,91 €/m.
108) Modifícase a fórmula do cálculo do coeficiente de densidade de poboación, Cd, contida na subalínea 02 da alínea 05 do anexo 5, e pasa a ser a seguinte:
109) Modifícase o derradeiro parágrafo da subalínea 02 do anexo 5, que queda redactado como segue:
«O tipo de gravame aplicable nos supostos de aproveitamento especial será do 50 %».
Corrección de erros. Artigo 66 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 59, do 25 de marzo de 2013.
Artigo 67. Imposto sobre o dano medioambiental
Un. Modifícase o artigo 15 da Lei 15/2008, do 19 de decembro, do imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, que queda redactado como segue:
«Artigo 15. Prazos e lugar de presentación
1. As declaracións ás que se refire o artigo 13 deberán presentarse nos prazos que estableza a orde da consellaría competente en materia de facenda que aprobe os modelos de declaración.
2. As autoliquidacións ás que se refire o artigo 14 deberán presentarse nos prazos que estableza a orde da consellaría competente en materia de facenda que aprobe o modelo de autoliquidación.
3. As declaracións e autoliquidacións anteriores deberán presentarse ante o órgano ou a unidade administrativa competente consonte o sinalado no artigo 20».
Dous. Modifícase o artigo 20 da Lei 15/2008, do 19 de decembro, do imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, que queda redactado como segue:
«Artigo 20. Órganos competentes
O exercicio das funcións de aplicación e de revisión do imposto así como o exercicio da potestade sancionadora en materia tributaria corresponderanlles aos órganos ou ás unidades administrativas competentes da Administración tributaria da consellaría competente en materia de facenda que determine a súa norma organizativa».
Artigo 68. Repercusión do canon da auga
Modifícase o punto 7 do artigo 63 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, que queda redactado como segue:
«7. Establécese a obriga das entidades subministradoras de auga de presentaren autoliquidación durante os meses de xaneiro, maio e setembro, en relación cos respectivos cuadrimestres naturais de cada ano, das cantidades repercutidas ou que se debesen repercutir en concepto de canon da auga, no lugar e na forma que se determinen regulamentariamente ».
Artigo 69. Criterios de afectación de determinados tributos
Un. A totalidade dos ingresos previstos polo imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, establecido pola Lei 15/2008, do 19 de decembro, financiará actuacións comprendidas nos programas 541B e 551B, en concreto os gastos de investimento destinados ao saneamento, a protección e a mellora do medio natural, así como a realización de transferencias para levar a cabo obras e servizos hidráulicos. Para tal efecto, consignarase, polo seu importe, unha transferencia de capital específica no estado de ingresos da entidade pública empresarial Augas de Galicia.
Dous. A metade da dotación anual que, cos recursos do canon eólico, lle corresponde ao Fondo de Compensación Ambiental, establecido pola Lei 8/2009, do 22 de decembro, financiará os gastos de investimento consignados nos programas 541B, 551B e 713B do estado de gastos.
Artigo 70. Taxas fiscais sobre o xogo
Modifícase o artigo 33 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, que queda redactado como segue:
«Artigo 33
A autorización, organización ou celebración de xogos e actividades comprendidas nesta lei queda sometida ás correspondentes taxas fiscais sobre xogos de sorte, envite ou azar e sobre rifas, tómbola, apostas e combinacións aleatorias».
Artigo 71. Imposto sobre a renda das persoas físicas
Modifícase o artigo 5 do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que queda redactado como segue:
«Artigo 5. Deducións na cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas
Un. Normas xerais.
A práctica das deducións na cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas quedará en todo caso condicionada á xustificación documental adecuada e suficiente do suposto de feito e aos requisitos que determinen a súa aplicabilidade.
Dous. Dedución por nacemento ou adopción de fillos.
O contribuínte poderá deducir da cota íntegra autonómica 300 euros por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo que conviva co contribuínte na data de devengo do imposto.
No caso de parto múltiple esta dedución ascenderá a 360 euros por cada fillo.
A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte na data de devengo do imposto que lle corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e límites de renda:
a) 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF estivese comprendida entre 22.001 e 31.000 euros.
b) 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF fose menor ou igual a 22.000 euros.
Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción, ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os proxenitores a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.
Tres. Dedución por familia numerosa.
O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devengo do imposto poderá deducir da cota íntegra autonómica as seguintes cantidades:
a) 250 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral.
b) 400 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría especial.
Cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 %, a dedución anterior será de 500 e 800 euros respectivamente.
Esta dedución practicaraa o contribuínte con que convivan os restantes membros da familia numerosa. Cando convivan con máis dun, o importe será rateado por partes iguais.
Catro. Dedución por acollemento.
Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra autonómica a cantidade de 300 euros por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que convivan co menor cento oitenta e tres ou máis días durante o período impositivo e non teñan relación de parentesco. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo for inferior a cento oitenta e tres días e superior a noventa días, o importe da dedución por cada menor acollido será de 150 euros.
Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produciu a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación, se for o caso, da dedución por adopción.
No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito a que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles, de optaren pola declaración individual.
Cinco. Dedución por coidado de fillos menores.
Os contribuíntes que por motivos de traballo, por conta propia ou allea, teñan que deixar os seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís de 0-3 anos poderán deducir da cota íntegra autonómica o 30 % das cantidades satisfeitas no período, co límite máximo de 200 euros, sempre que concorran os seguintes requisitos:
a) Que na data de devengo do imposto os fillos teñan tres ou menos anos de idade.
b) Que ambos os pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
c) Que, no caso de que a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada do fogar, esta estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
d) Que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.
Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles.
Seis. Dedución por suxeitos pasivos discapacitados, de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos, que precisen axuda de terceiras persoas.
Os contribuíntes de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos afectados por un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 % e que precisen axudas de terceiras persoas poderán deducir da cota íntegra autonómica o 10 % das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:
a) A base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.
b) Se acredite a necesidade da axuda de terceiras persoas.
c) O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.
Sete. Dedución por alugamento de vivenda habitual.
O contribuínte poderá deducir da cota íntegra autonómica o 10 %, cun límite de 300 euros por contrato de arrendamento, das cantidades que satisfixese durante o período impositivo en concepto de alugamento da súa vivenda habitual, coa condición de que concorran os seguintes requisitos:
a) Que a súa idade, na data do devengo do imposto, sexa igual ou inferior a trinta e cinco anos.
b) Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
c) Que presente xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou ben copia compulsada da denuncia presentada perante o devandito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.
d) Que a base impoñible do período, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar, non sexa superior a 22.000 euros.
Cando, cumprindo estes requisitos, dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total desta, sen exceder o límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.
No caso de tributación conxunta o requisito da idade deberá cumprilo polo menos un dos cónxuxes ou, se for o caso, o pai ou a nai.
Oito. Dedución por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos.
Os contribuíntes que durante o exercicio accedan á internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade poderán deducir da cota íntegra autonómica o 30 % das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cun límite máximo de 100 euros e segundo os seguintes requisitos:
a) Só poderá aplicarse no exercicio en que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.
b) A liña de alta velocidade contratada estará destinada ao uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
c) Non resultará aplicable se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior se realizou noutro exercicio. Tampouco resultará aplicable cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, ao mesmo tempo, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.
d) O límite máximo da dedución aplícase respecto de todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, ben correspondan a un só contrato de conexión, ben a varios que se manteñan simultaneamente.
Nove. Dedución por creación de novas empresas ou a ampliación da actividade de empresas de recente creación.
Os contribuíntes poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite de 4.000 euros, o 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, anónimas laborais ou limitadas laborais, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
a) A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
b) A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
1.º Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
2.º Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para tal efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
3.º Debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas con contrato laboral e a xornada completa, dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social e con residencia habitual en Galicia, durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
4.º No caso de que o investimento se realizase mediante unha ampliación de capital, a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e que ademais, durante os vinte e catro meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos, en dúas persoas respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos doce meses anteriores, e que o devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros vinte e catro meses.
Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
c) As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
d) As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.
Dez. Dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación.
Os contribuíntes poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite de 8.000 euros, o 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, anónimas laborais ou limitadas laborais, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
a) A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
b) A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
1.º Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
2.º Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para tal efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
3.º Debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas con contrato laboral e a xornada completa, dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social e con residencia habitual en Galicia, durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
4.º No caso de que o investimento se realizase mediante unha ampliación de capital, a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e que ademais, durante os vinte e catro meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos, en dúas persoas respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos doce meses anteriores, e que o devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros vinte e catro meses.
Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
c) O contribuínte pode formar parte do consello de administración da sociedade en que materializou o investimento, pero en ningún caso pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de dez anos. Tampouco pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante ese mesmo prazo.
d) As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
e) As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.
Once. Dedución por investimento en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista.
1. Os contribuíntes poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite de 4.000 euros, o 15 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005.
A dedución total calculada conforme o parágrafo anterior ratearase por partes iguais no exercicio en que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes.
2. Para poder aplicar a dedución a que se refire a alínea 1 deben cumprirse os seguintes requisitos:
a) A participación conseguida polo contribuínte na sociedade obxecto do investimento non pode ser superior ao 10 % do seu capital social.
b) As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de tres anos, como mínimo.
c) A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia, e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), contado desde a data de adquisición da participación.
d) As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
3. O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal.
4. A dedución contida neste artigo resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coa dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación».
Artigo 72. Imposto sobre o patrimonio
Introdúcese un artigo 13 bis no Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que queda redactado como segue:
«Artigo 13 bis. Cota íntegra
A base liquidable do imposto gravarase aos tipos da seguinte escala:
Artigo 73. Imposto sobre sucesións e doazóns
Un. Modifícase a alínea Dous do artigo 7 do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que queda redactado como segue:
«Dous. Normas comúns.
1. As reducións previstas neste artigo non se aplicarán de oficio e deberán ser solicitadas polo suxeito pasivo/contribuínte conforme o establecido no artigo 23 desta lei.
2. A porcentaxe de redución aplicarase sobre o resultado de deducir do valor do ben ou dereito o importe das cargas e dos gravames que prevé o artigo 12 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, así como a parte proporcional do importe das débedas e gastos que sexan deducibles de acordo cos artigos 13 e 14 da mesma lei, sempre que estes últimos se tivesen en conta na fixación da base impoñible individual do habente causa.
3. O habente causa non poderá facer, nos períodos de mantemento establecidos en cada redución, actos de disposición ou operacións societarias que, directa ou indirectamente, poidan dar lugar a unha minoración substancial do valor de adquisición».
Dous. Modifícase a alínea Dous do artigo 8 do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que queda redactado como se expresa a continuación:
«Dous. Normas comúns.
1. As reducións previstas neste artigo non se aplicarán de oficio e deberán ser solicitadas polo suxeito pasivo/contribuínte conforme o establecido no artigo 23 desta lei.
2. A porcentaxe de redución aplicarase sobre o resultado de deducir do valor do ben ou dereito o importe das cargas e dos gravames que prevé o artigo 12 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, así como a parte proporcional do importe das débedas que sexan deducibles de acordo co artigo 17 da mesma lei, sempre que estes últimos se tivesen en conta na fixación da base impoñible individual do habente causa.
3. O habente causa non poderá facer actos de disposición ou operacións societarias que, directa ou indirectamente, poidan dar lugar a unha minoración substancial do valor de adquisición».
Tres. Engádese unha epígrafe Oito no artigo 7 do Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, co seguinte contido:
«Oito. Redución pola adquisición de diñeiro destinado á creación ou constitución dunha empresa ou negocio profesional.
1. Nas adquisicións mortis causa, por fillos e descendentes, de diñeiro destinado á constitución ou adquisición dunha empresa ou negocio profesional establécese unha redución do 95 % da base impoñible do imposto sobre sucesións e doazóns, cun límite de 118.750 euros. No caso de que o habente causa acredite un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 %, o límite será de 237.500 euros.
Este límite é único e aplícase no caso dunha ou varias adquisicións mortis causa, sempre que sexan a favor da mesma persoa, proveñan dun ou de distintos ascendentes.
Por constitución dunha empresa ou negocio profesional entenderase o inicio do exercicio dunha actividade económica por unha persoa física ou por medio dunha das entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, xeral tributaria, ou a constitución de calquera forma de sociedade que teña como obxecto a realización dunha actividade económica, sempre que o número de socios ou partícipes non sexa superior a cinco.
Para os efectos da aplicación da redución, entenderase producida a constitución cando se cause alta por primeira vez no censo de empresarios, profesionais e retedores como consecuencia do establecido no artigo 3.2.a) do Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e dos procedementos de xestión e inspección tributaria. No caso de persoas xurídicas societarias ou entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, xeral tributaria, os socios ou partícipes deben ser persoas físicas que non estean ou estivesen con anterioridade de alta no citado censo.
Por adquisición dunha empresa ou negocio profesional entenderase a adquisición do pleno dominio dun conxunto patrimonial de bens e dereitos afectos ao exercicio dunha actividade económica ou a adquisición do pleno dominio de accións ou participacións que permitan o control dunha sociedade, sen que se poida considerar como tal a adquisición de elementos illados.
Para determinar se existe actividade económica e se un elemento patrimonial está afecto a unha actividade económica haberá que aterse ao disposto no imposto sobre a renda das persoas físicas, sen que a redución sexa aplicable en ningún caso á actividade de arrendamento de inmobles nin cando a actividade principal sexa a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
2. Para a aplicación da redución deben cumprirse os seguintes requisitos:
a) O habente causa deberá ser menor de trinta e cinco anos.
b) A suma da base impoñible total menos o mínimo persoal e familiar para os efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas do habente causa, correspondente ao último período impositivo, cuxo prazo regulamentario de declaración estivese concluído na data do devengo da primeira transmisión hereditaria, non poderá ser superior a 30.000 euros. Na mesma data e conforme as regras de valoración establecidas no imposto sobre o patrimonio, o patrimonio neto do habente causa non poderá superar o importe de 250.000 euros, excluída a súa vivenda habitual.
c) A aceptación da transmisión hereditaria ha de formalizarse en escritura pública, na que se exprese a vontade de que o diñeiro se destine á constitución ou adquisición dunha empresa ou negocio profesional. Non se poderá aplicar a redución se esta declaración non consta no documento público, nin tampouco en caso de que se fagan rectificacións do documento co fin de emendar a súa omisión, agás que se fagan dentro do período voluntario de autoliquidación do imposto.
d) A constitución ou adquisición da empresa ou do negocio profesional debe producirse no prazo de seis meses, contados desde a data de formalización da aceptación da transmisión hereditaria. No caso de haber varias, o prazo computarase desde a data da primeira. A redución non se aplicará ás transmisións hereditarias de diñeiro posteriores á constitución ou adquisición da empresa ou do negocio profesional, agás nos supostos de pagamento aprazado ou financiamento alleo para a constitución ou adquisición da empresa ou do negocio profesional que tivese lugar nos corenta e dous meses anteriores á transmisión hereditaria, sempre que se acreditase que no prazo de seis meses o importe do diñeiro se destina ao pagamento do prezo pendente ou á cancelación total ou parcial do crédito.
e) O centro principal de xestión da empresa ou do negocio profesional, ou o domicilio fiscal da entidade, debe atoparse situado en Galicia e manterse durante os catro anos seguintes á data de devengo do imposto.
f) Neste período de tres anos deberanse formalizar e manter dous contratos laborais e a xornada completa, cunha duración mínima de dous anos e con alta no réxime xeral da Seguridade Social, con persoas con residencia habitual en Galicia distintas do contribuínte que aplique a redución e dos socios ou partícipes da empresa ou do negocio profesional.
g) Durante o mesmo prazo deberán manterse a actividade económica e o nivel de investimento que se tome como base da redución».
Catro. Engádese unha epígrafe Oito no artigo 8 do Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, co seguinte contido:
«Oito. Redución pola adquisición de diñeiro destinado á creación dunha empresa ou negocio profesional.
1. Nas doazóns a fillos e descendentes de diñeiro destinado á constitución ou adquisición dunha empresa ou negocio profesional establécese unha redución do 95 % da base impoñible do imposto sobre sucesións e doazóns, cun límite de 118.750 euros. No caso de que o donatario acredite un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 %, o límite será de 237.500 euros.
Este límite é único e aplícase tanto no caso dunha soa doazón como no caso de doazóns sucesivas, sempre que se outorguen a favor do mesmo donatario, proveñan dun ou de distintos ascendentes.
Por constitución dunha empresa ou negocio profesional entenderase o inicio do exercicio dunha actividade económica por unha persoa física ou por medio dunha das entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, xeral tributaria, ou a constitución de calquera forma de sociedade que teña como obxecto a realización dunha actividade económica, sempre que o número de socios ou partícipes non sexa superior a cinco.
Para os efectos da aplicación da redución, entenderase producida a constitución cando se cause alta por primeira vez no censo de empresarios, profesionais e retedores como consecuencia do establecido no artigo 3.2.a) do Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e dos procedementos de xestión e inspección tributaria. No caso de persoas xurídicas societarias ou entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, xeral tributaria, os socios ou partícipes deben ser persoas físicas que non estean ou estivesen con anterioridade de alta no citado censo.
Por adquisición dunha empresa ou negocio profesional entenderase a adquisición do pleno dominio dun conxunto patrimonial de bens e dereitos afectos ao exercicio dunha actividade económica ou a adquisición do pleno dominio de accións ou participacións que permitan o control dunha sociedade, sen que se poida considerar como tal a adquisición de elementos illados.
Para determinar se existe actividade económica e se un elemento patrimonial está afecto a unha actividade económica haberá que aterse ao disposto no imposto sobre a renda das persoas físicas, sen que a redución sexa aplicable en ningún caso á actividade de arrendamento de inmobles nin cando a actividade principal sexa a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
2. Para a aplicación da redución deben cumprirse os seguintes requisitos:
a) O donatario deberá ser menor de trinta e cinco anos.
b) A suma da base impoñible total menos o mínimo persoal e familiar para os efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas do donatario, correspondente ao último período impositivo, cuxo prazo regulamentario de declaración estivese concluído na data do devengo da primeira doazón, non poderá ser superior a 30.000 euros. Na mesma data e conforme as regras de valoración establecidas no imposto sobre o patrimonio, o patrimonio neto do donatario non poderá superar o importe de 250.000 euros, excluída a súa vivenda habitual.
c) A doazón ha de formalizarse en escritura pública, na que se exprese a vontade de que o diñeiro doado se destine á constitución ou adquisición dunha empresa ou negocio profesional. Non se poderá aplicar a redución se esta declaración non consta no documento público, nin tampouco en caso de que se fagan rectificacións do documento co fin de emendar a súa omisión, agás que se fagan dentro do período voluntario de autoliquidación do imposto.
d) A constitución ou adquisición da empresa ou do negocio profesional debe producirse no prazo de seis meses, contados desde a data de formalización da doazón. No caso de haber varias doazóns, o prazo computarase desde a data da primeira doazón. A redución non se aplicará ás doazóns de diñeiro posteriores á constitución ou adquisición da empresa ou do negocio profesional, agás nos supostos de pagamento aprazado ou financiamento alleo para a constitución ou adquisición da empresa ou do negocio profesional que tivese lugar nos corenta e dous meses anteriores á doazón, sempre que se acreditase que no prazo de seis meses o importe do diñeiro se destina ao pagamento do prezo pendente ou á cancelación total ou parcial do crédito.
e) O centro principal de xestión da empresa ou do negocio profesional, ou o domicilio fiscal da entidade, debe atoparse situado en Galicia e manterse durante os catro anos seguintes á data de devengo do imposto.
f) Neste período de tres anos deberanse formalizar e manter dous contratos laborais e a xornada completa, cunha duración mínima de dous anos e con alta no réxime xeral da Seguridade Social, con persoas con residencia habitual en Galicia distintas do contribuínte que aplique a redución e dos socios ou partícipes da empresa ou do negocio profesional.
g) Durante o mesmo prazo deberán manterse a actividade económica e o nivel de investimento que se tome como base da redución».
Artigo 74. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Un. Modifícase o artigo 14 do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que queda redactado como segue:
«Artigo 14. Tipo de gravame na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas
Un. Tipo de gravame xeral.
1. Con carácter xeral, na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable á transmisión de bens inmobles, así como na constitución e cesión de dereitos reais que recaian sobre estes, agás os dereitos reais de garantía, será do 10 %.
2. Con carácter xeral, na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo aplicable á transmisión de bens mobles e semoventes, así como na constitución e cesión de dereitos reais que recaian sobre estes, agás os dereitos reais de garantía, será do 8 %.
3. Na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, a cota tributaria correspondente á transmisión de automóbiles turismo e todoterreos, cun uso igual ou superior a quince anos, será a seguinte:
Dous. Tipo de gravame aplicable na adquisición de vivenda habitual.
Na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable ás transmisións de inmobles que vaian constituír a vivenda habitual do contribuínte será do 8 %, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
1. Que a suma do patrimonio dos adquirentes para os cales vaia constituír a súa vivenda habitual e, de ser o caso, dos demais membros das súas unidades familiares non supere a cifra de 200.000 euros, máis 30.000 euros adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda o primeiro. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio referidas á data da adquisición do inmoble, incluíndo este polo seu valor de adquisición e sen dedución das débedas asumidas nos supostos de adquisición con prezo aprazado ou financiamento alleo.
Para os efectos da valoración anterior, cando o adquirente sexa titular doutra vivenda, non se terá en conta o valor dela nin das débedas contraídas para o seu financiamento, sempre que se proceda á súa venda no prazo máximo de dous anos e se acredite que o importe obtido se destina ao pagamento do prezo pendente ou á cancelación total ou parcial do crédito obtido para a adquisición de calquera das vivendas sinaladas dentro do mesmo prazo. O xustificante documental que acredite este destino deberá presentarse perante a oficina xestora competente no prazo dun mes desde a venda da vivenda.
2. A adquisición da vivenda deberá documentarse en escritura pública, na cal se fará constar expresamente a finalidade de destinala a constituír a súa vivenda habitual.
3. No caso de ter gozado da redución establecida no artigo 8.Tres deste texto refundido, o tipo reducido aplicarase ao importe resultante de minorar a base liquidable na contía do importe da doazón.
4. No suposto de que o inmoble sexa adquirido por varias persoas e non se cumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores en todos os adquirentes, o tipo reducido aplicaráselle á parte proporcional da base liquidable correspondente á porcentaxe de participación na adquisición dos contribuíntes que si os cumpran.
Tres. Tipo de gravame para a adquisición de vivenda habitual por discapacitados.
Na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable ás transmisións de inmobles que vaian constituír a vivenda habitual do contribuínte será do 4 %, sempre que este cumpra os seguintes requisitos:
1. Que na data de devengo do imposto o adquirente sexa unha persoa discapacitada física, psíquica ou sensorial cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 % e destine o inmoble adquirido á súa vivenda habitual.
2. No momento de presentación do imposto, o contribuínte debe achegar a xustificación documental adecuada e suficiente da condición de discapacidade e do grao de minusvalidez consonte o disposto no artigo 3.Tres deste texto refundido.
3. A adquisición da vivenda deberá documentarse en escritura pública, na cal se fará constar expresamente a finalidade de destinala a constituír a súa vivenda habitual.
4. No suposto de que o inmoble sexa adquirido por varias persoas e non se cumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores en todos os adquirentes, o tipo reducido aplicarase á parte proporcional da base liquidable correspondente á porcentaxe de participación na adquisición dos contribuíntes que si os cumpran.
Catro. Tipo de gravame para a adquisición de vivenda habitual por familias numerosas.
Na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable ás transmisións de inmobles que vaian constituír a vivenda habitual do contribuínte será do 4 %, sempre que este cumpra os seguintes requisitos:
1. Que na data de devengo do imposto o adquirente sexa membro dunha familia numerosa que teña recoñecida tal condición co título oficial en vigor e destine o inmoble adquirido a vivenda habitual da súa familia.
2. Que a suma do patrimonio de todos os membros da familia numerosa non supere a cifra de 400.000 euros, máis 50.000 euros adicionais por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio referidas á data da adquisición do inmoble, incluíndo este polo seu valor de adquisición e sen dedución das débedas asumidas nos supostos de adquisición con prezo aprazado ou financiamento alleo.
Para os efectos da valoración anterior, cando o adquirente sexa titular doutra vivenda, non se terá en conta o valor dela nin das débedas contraídas para o seu financiamento, sempre que se proceda á súa venda no prazo máximo de dous anos e se acredite que o importe obtido se destina ao pagamento do prezo pendente ou á cancelación total ou parcial do crédito obtido para a adquisición de calquera das vivendas sinaladas dentro do mesmo prazo. O xustificante documental que acredite este destino deberá presentarse perante a oficina xestora competente no prazo dun mes desde a venda da vivenda.
3. No caso de ter gozado da redución establecida no artigo 8.Tres deste texto refundido, o tipo reducido aplicarase ao importe resultante de minorar a base liquidable na contía do importe da doazón.
4. A condición de familia numerosa acreditarase mediante o título oficial en vigor establecido para o efecto no momento de presentación da declaración do imposto, de acordo co establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.
5. A adquisición da vivenda deberá documentarse en escritura pública, na cal se fará constar expresamente a finalidade de destinala a constituír a súa vivenda habitual.
6. No suposto de que o inmoble sexa adquirido por varias persoas e non se cumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores en todos os adquirentes, o tipo reducido aplicaráselle á parte proporcional da base liquidable correspondente á porcentaxe de participación na adquisición dos contribuíntes que si os cumpran.
Cinco. Tipo de gravame para a adquisición de vivenda habitual por menores de trinta e seis anos.
Na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable ás transmisións de inmobles que vaian constituír a vivenda habitual do contribuínte será do 4 %, sempre que este cumpra os seguintes requisitos:
1. Que na data de devengo do imposto o adquirente teña unha idade inferior a trinta e seis anos.
2. Que a suma do patrimonio dos adquirentes para os cales vaia constituír a súa vivenda habitual e, de ser o caso, dos demais membros das súas unidades familiares non supere a cifra de 200.000 euros, máis 30.000 euros adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda o primeiro. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio referidas á data da adquisición do inmoble, incluíndo este polo seu valor de adquisición e sen dedución das débedas asumidas nos supostos de adquisición con prezo aprazado ou financiamento alleo.
Para os efectos da valoración anterior, cando o adquirente sexa titular doutra vivenda, non se terá en conta o valor dela nin das débedas contraídas para o seu financiamento, sempre que se proceda á súa venda no prazo máximo de dous anos e se acredite que o importe obtido se destina ao pagamento do prezo pendente ou á cancelación total ou parcial do crédito obtido para a adquisición de calquera das vivendas sinaladas dentro do mesmo prazo. O xustificante documental que acredite este destino deberá presentarse perante a oficina xestora competente no prazo dun mes desde a venda da vivenda.
3. No caso de ter gozado da redución establecida no artigo 8.Tres deste texto refundido, o tipo reducido aplicarase ao importe resultante de minorar a base liquidable na contía do importe da doazón.
4. A adquisición da vivenda deberá documentarse en escritura pública, na cal se fará constar expresamente a data de nacemento do adquirente e a finalidade de destinala a constituír a súa vivenda habitual.
5. No suposto de que o inmoble sexa adquirido por varias persoas e non se cumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores en todos os adquirentes, o tipo reducido aplicaráselle á parte proporcional da base liquidable correspondente á porcentaxe de participación na adquisición dos contribuíntes que si os cumpran.
Seis. Tipo de gravame aplicable á transmisión de embarcacións de lecer e motores mariños.
No imposto sobre transmisións patrimoniais onerosas, o tipo de gravame aplicable ás transmisións de embarcacións de lecer e motores mariños será do 1 %».
Dous. Modifícase o artigo 15 do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que queda redactado como segue:
«Artigo 15. Tipo de gravame na modalidade de actos xurídicos documentados
Un. Tipo de gravame xeral nos documentos notariais.
Con carácter xeral, nas primeiras copias de escrituras ou actas notariais suxeitas á modalidade de actos xurídicos documentados, cota variable dos documentos notariais, do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable será do 1,5 %.
Dous. Tipo de gravame aplicable na adquisición de vivenda habitual e na constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento.
Na modalidade de actos xurídicos documentados, cota variable dos documentos notariais, do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable nas primeiras copias de escrituras que documenten a adquisición da vivenda habitual do contribuínte ou a constitución de préstamos ou créditos hipotecarios destinados ao seu financiamento será do 1 %, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
1. Que a suma do patrimonio dos adquirentes para os cales vaia constituír a súa vivenda habitual e, de ser o caso, dos demais membros das súas unidades familiares non supere a cifra de 200.000 euros, máis 30.000 euros adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda o primeiro. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio referidas á data da adquisición do inmoble, incluíndo este polo seu valor de adquisición e sen dedución das débedas asumidas nos supostos de adquisición con prezo aprazado ou financiamento alleo.
Para os efectos da valoración anterior, cando o adquirente sexa titular doutra vivenda, non se terá en conta o valor dela nin das débedas contraídas para o seu financiamento, sempre que se proceda á súa venda no prazo máximo de dous anos e se acredite que o importe obtido se destina ao pagamento do prezo pendente ou á cancelación total ou parcial do crédito obtido para a adquisición de calquera das vivendas sinaladas dentro do mesmo prazo. O xustificante documental que acredite este destino deberá presentarse perante a oficina xestora competente no prazo dun mes desde a venda da vivenda.
2. A adquisición da vivenda ou a constitución do préstamo ou crédito hipotecario deberá documentarse en escritura pública, na cal se fará constar expresamente a finalidade de destinala a constituír a súa vivenda habitual.
3. No caso de ter gozado da redución establecida no artigo 8.Tres deste texto refundido, o tipo reducido aplicarase ao importe resultante de minorar a base liquidable na contía do importe da doazón.
4. No suposto de que o inmoble sexa adquirido por varias persoas e non se cumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores en todos os adquirentes, o tipo reducido aplicaráselle á parte proporcional da base liquidable correspondente á porcentaxe de participación na adquisición dos contribuíntes que si os cumpran.
Tres. Tipo de gravame aplicable na adquisición de vivenda habitual por discapacitados e na constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento.
Na modalidade de actos xurídicos documentados, cota variable dos documentos notariais, do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable nas primeiras copias de escrituras que documenten a adquisición da vivenda habitual do contribuínte ou a constitución de préstamos ou créditos hipotecarios destinados ao seu financiamento será do 0,5 %, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
1. Que na data de devengo do imposto o adquirente sexa unha persoa discapacitada física, psíquica ou sensorial cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 % e destine o inmoble adquirido á súa vivenda habitual.
2. No momento de presentación do imposto, o contribuínte debe achegar a xustificación documental adecuada e suficiente da condición de discapacidade e do grao de minusvalidez consonte o disposto no artigo 3.Tres deste texto refundido.
3. A adquisición da vivenda deberá documentarse en escritura pública, na cal se fará constar expresamente a finalidade de destinala a constituír a súa vivenda habitual.
4. No suposto de que o inmoble sexa adquirido por varias persoas e non se cumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores en todos os adquirentes, o tipo reducido aplicaráselle á parte proporcional da base liquidable correspondente á porcentaxe de participación na adquisición dos contribuíntes que si os cumpran.
Catro. Tipo de gravame para a adquisición de vivenda habitual por familias numerosas e a constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento.
Na modalidade de actos xurídicos documentados, cota variable dos documentos notariais, do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable nas primeiras copias de escrituras que documenten a adquisición de vivenda habitual do contribuínte ou a constitución de préstamos ou créditos hipotecarios destinados ao seu financiamento será do 0,5 %, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
1. Que na data de devengo do imposto o adquirente sexa membro dunha familia numerosa que teña recoñecida tal condición co título oficial en vigor e destine o inmoble adquirido á vivenda habitual da súa familia.
2. Que a suma do patrimonio de todos os membros da familia numerosa non supere a cifra de 400.000 euros, máis 50.000 euros adicionais por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio referidas á data da adquisición do inmoble, incluíndo este polo seu valor de adquisición e sen dedución das débedas asumidas nos supostos de adquisición con prezo aprazado ou financiamento alleo.
Para os efectos da valoración anterior, cando o adquirente sexa titular doutra vivenda, non se terá en conta o valor dela nin das débedas contraídas para o seu financiamento, sempre que se proceda á súa venda no prazo máximo de dous anos e se acredite que o importe obtido se destina ao pagamento do prezo pendente ou á cancelación total ou parcial do crédito obtido para a adquisición de calquera das vivendas sinaladas dentro do mesmo prazo. O xustificante documental que acredite este destino deberá presentarse perante a oficina xestora competente no prazo dun mes desde a venda da vivenda.
3. No caso de ter gozado da redución establecida no artigo 8.Tres deste texto refundido, o tipo reducido aplicarase ao importe resultante de minorar a base liquidable na contía do importe da doazón.
4. A condición de familia numerosa acreditarase mediante o título oficial en vigor establecido para o efecto no momento de presentación da declaración do imposto, de acordo co establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.
5. A adquisición da vivenda deberá documentarse en escritura pública, na cal se fará constar expresamente a finalidade de destinala a constituír a súa vivenda habitual.
6. No suposto de que o inmoble sexa adquirido por varias persoas e non se cumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores en todos os adquirentes, o tipo reducido aplicaráselle á parte proporcional da base liquidable correspondente á porcentaxe de participación na adquisición dos contribuíntes que si os cumpran.
Cinco. Tipo de gravame aplicable na adquisición de vivenda habitual por menores de trinta e seis anos e a constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento.
Na modalidade de actos xurídicos documentados, cota variable dos documentos notariais, do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable nas primeiras copias de escrituras que documenten a adquisición da vivenda habitual do contribuínte ou a constitución de préstamos ou créditos hipotecarios destinados ao seu financiamento, será do 0,5 %, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
1. Que na data de devengo do imposto o adquirente teña unha idade inferior a trinta e seis anos.
2. Que a suma do patrimonio dos adquirentes para os cales vaia constituír a súa vivenda habitual e, de ser o caso, dos demais membros das súas unidades familiares non supere a cifra de 200.000 euros, máis 30.000 euros adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda o primeiro. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio referidas á data da adquisición do inmoble, incluíndo este polo seu valor de adquisición e sen dedución das débedas asumidas nos supostos de adquisición con prezo aprazado ou financiamento alleo.
Para os efectos da valoración anterior, cando o adquirente sexa titular doutra vivenda, non se terá en conta o valor dela nin das débedas contraídas para o seu financiamento, sempre que se proceda á súa venda no prazo máximo de dous anos e se acredite que o importe obtido se destina ao pagamento do prezo pendente ou á cancelación total ou parcial do crédito obtido para a adquisición de calquera das vivendas sinaladas dentro do mesmo prazo. O xustificante documental que acredite este destino deberá presentarse perante a oficina xestora competente no prazo dun mes desde a venda da vivenda.
3. No caso de ter gozado da redución establecida no artigo 8.Tres deste texto refundido, o tipo reducido aplicaráselle ao importe resultante de minorar a base liquidable na contía do importe da doazón.
4. A adquisición da vivenda deberá documentarse en escritura pública, na cal se fará constar expresamente a data de nacemento do adquirente e a finalidade de destinala a constituír a súa vivenda habitual.
5. No suposto de que o inmoble sexa adquirido por varias persoas e non se cumpran os requisitos sinalados nos apartados anteriores en todos os adquirentes, o tipo reducido aplicaráselle á parte proporcional da base liquidable correspondente á porcentaxe de participación na adquisición dos contribuíntes que si os cumpran.
Seis. Tipo de gravame para as sociedades de garantía recíproca.
Na modalidade de actos xurídicos documentados, cota variable dos documentos notariais, do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable nas primeiras copias de escrituras ou actas notariais que formalicen a constitución, modificación e cancelación de dereitos reais de garantía, cando o suxeito pasivo sexa unha sociedade de garantía recíproca con domicilio social no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será do 0,1 %.
Sete. Tipo de gravame no caso de renuncia á exención no imposto sobre o valor engadido.
Na modalidade de actos xurídicos documentados, cota variable dos documentos notariais, do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, o tipo de gravame aplicable nas primeiras copias de escrituras que documenten transmisións de bens inmobles en que se renunciase á exención do imposto sobre o valor engadido, tal e como se prevé no artigo 20.Dous da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, será do 2 %».
Tres. Engádese unha epígrafe Sete no artigo 17 do Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, co seguinte contido:
«Sete. Dedución nas adquisicións de local de negocios para a constitución dunha empresa ou negocio profesional.
1. Establécese unha dedución do 100 %, cun límite de 1.500 euros, na cota gradual da modalidade de actos xurídicos documentados no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, para o suposto de primeiras copias de escrituras notariais que documenten a adquisición de locais de negocio, sempre que o adquirente destine o local á constitución dunha empresa ou negocio profesional.
Por constitución dunha empresa ou negocio profesional entenderase o inicio do exercicio dunha actividade económica por unha persoa física ou por medio dunha entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, xeral tributaria, ou a constitución de calquera forma de sociedade que teña como obxecto a realización dunha actividade económica, sempre que o número de socios ou partícipes non sexa superior a cinco.
Para os efectos da aplicación da dedución, entenderase producida a constitución cando se cause alta por primeira vez no censo de empresarios, profesionais e retedores como consecuencia do establecido no artigo 3.2.a) do Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e dos procedementos de xestión e inspección tributaria. No caso de persoas xurídicas societarias ou entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, xeral tributaria, os socios ou partícipes deben ser persoas físicas que non estean ou estivesen con anterioridade de alta no citado censo.
Para determinar se existe actividade económica e se o local está afecto a unha actividade económica haberá que aterse ao disposto no imposto sobre a renda das persoas físicas, sen que sexa aplicable en ningún caso á actividade de arrendamento de inmobles nin cando a actividade principal sexa a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
2. Para a aplicación da dedución deben cumprirse os seguintes requisitos:
a) A adquisición do inmoble ha de formalizarse en escritura pública, na que se exprese a vontade de que se destine á realización dunha actividade económica. Non se poderá aplicar a dedución se esta declaración non consta no documento público, nin tampouco en caso de que se fagan rectificacións do documento co fin de emendar a súa omisión, agás que se fagan dentro do período voluntario de autoliquidación do imposto.
b) A constitución da empresa ou do negocio profesional debe producirse no prazo de seis meses anteriores ou posteriores á data da escritura de adquisición do inmoble.
c) O centro principal de xestión da empresa ou do negocio profesional, ou o domicilio fiscal da entidade, debe atoparse situado en Galicia e manterse durante os tres anos seguintes á data de devengo do imposto.
d) Durante o mesmo prazo deberán manterse a actividade económica e o nivel de investimento que se tome como base da dedución.
3. No caso de ter gozado das reducións establecidas nos artigos 7.Oito ou 8.Oito deste texto refundido, a dedución aplicaráselle á cota resultante de minorar a base liquidable na contía do importe da base das reducións.
4. Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desta dedución respecto do mesmo local de negocios, a dedución aplicarase de forma conxunta, sen prexuízo da imputación a cada contribuínte da parte proporcional correspondente á súa porcentaxe de participación na adquisición.
5. O incumprimento dos requisitos e das condicións establecidas leva consigo a perda do beneficio fiscal, e o contribuínte deberá ingresar a cantidade derivada do beneficio fiscal xunto cos xuros de mora. Para estes efectos, o suxeito pasivo deberá practicar a correspondente autoliquidación e presentala no prazo de trinta días hábiles, contados desde o momento en que se incumpran os requisitos».
Catro. Engádese unha epígrafe Oito no artigo 17 do Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, co seguinte contido:
«Oito. Dedución na constitución e modificación de préstamos e créditos hipotecarios concedidos para o financiamento das adquisicións de local de negocios para a constitución dunha empresa ou negocio profesional.
Establécese unha dedución do 100 %, cun límite de 1.500 euros, na cota gradual da modalidade de actos xurídicos documentados no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, para o suposto de primeiras copias de escrituras notariais que documenten a constitución ou modificación de préstamos ou créditos hipotecarios destinados a financiar a adquisición de locais de negocio, beneficiada pola dedución sinalada na alínea Sete anterior».
Artigo 75. Imposto sobre hidrocarburos
Modifícase o capítulo V do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que queda redactado como segue:
«CAPÍTULO V. Imposto sobre hidrocarburos
Artigo 18. Tipo de gravame autonómico no imposto sobre hidrocarburos
O tipo de gravame autonómico aplicable pola Comunidade Autónoma de Galicia, no imposto sobre hidrocarburos, será o seguinte:
a) Produtos comprendidos nas epígrafes 1.1, 1.2.1, 1.2.2 e 1.13 do artigo 50 da Lei 38/1992, do 28 de decembro, de impostos especiais: 24 euros por 1.000 litros.
b) Produtos comprendidos nas epígrafes 1.3 e 1.14 do artigo 50 da Lei 38/1992, do 28 de decembro, de impostos especiais: 12 euros por 1.000 litros.
c) Produtos comprendidos na epígrafe 1.5 do artigo 50 da Lei 38/1992, do 28 de decembro, de impostos especiais: 1 euro por tonelada.
d) Produtos comprendidos na epígrafe 1.11 do artigo 50 da Lei 38/1992, do 28 de decembro, de impostos especiais: 24 euros por 1.000 litros.
Artigo 76. Disposicións formais e procedementais en materia de tributos cedidos
Un. Modifícase o artigo 23 do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que queda redactado como segue:
«Artigo 23. Beneficios fiscais non aplicables de oficio
Un. Os beneficios fiscais que dependan do cumprimento polo contribuínte de calquera requisito nun momento posterior ao devengo non se aplicarán de oficio, deberán solicitarse expresamente polo contribuínte no período regulamentario de presentación da declaración do imposto, e practicaranse os devanditos beneficios fiscais na correspondente autoliquidación.
No caso de declaración extemporánea sen requirimento previo, a solicitude deberá realizarse na presentación da declaración, e practicaranse os devanditos beneficios fiscais na correspondente autoliquidación.
No suposto de que na autoliquidación presentada non se aplicasen os citados beneficios fiscais, non poderá rectificarse con posterioridade en canto á aplicación do beneficio fiscal, agás que a solicitude de rectificación se presentase no período regulamentario de declaración.
A falta de solicitude do beneficio fiscal dentro do prazo regulamentario de declaración ou a falta da súa aplicación na autoliquidación entenderase como unha renuncia á súa aplicación.
Dous. En caso de incumprimento dos requisitos que haxa que cumprir con posterioridade ao devengo do imposto, deberá ingresarse a cantidade derivada do beneficio fiscal xunto cos xuros de mora. Para estes efectos, o suxeito pasivo deberá practicar a correspondente autoliquidación e presentala no prazo sinalado na norma que regula o beneficio fiscal, contado desde o momento en que se incumpran os requisitos. Cando a norma que regula o beneficio fiscal non estableza un prazo, o ingreso e a presentación da autoliquidación faranse dentro do prazo regulamentario de declaración establecido nas normas reguladoras de cada tributo».
Dous. Modifícase o artigo 27 do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, que queda redactado como segue:
«Artigo 27. Comprobación de valores
Un. Comprobación de valores. Norma xeral.
Para efectuar a comprobación de valores, a Administración tributaria poderá utilizar, indistintamente, calquera medio dos previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
A Comunidade Autónoma de Galicia recoñécelles eficacia xurídica aos valores establecidos por outra Comunidade Autónoma para os bens inmobles situados no seu territorio, en virtude dalgún dos medios de valoración incluídos no artigo 57.1.º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e poderá aplicar estes valores para os efectos dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Dous. Estimación por referencia aos valores que figuren nos rexistros oficiais de carácter fiscal.
Nas comprobacións de valor de inmobles polo medio establecido no artigo 57.1.º.b) da Lei 58/2003, xeral tributaria, a Administración tributaria poderá aplicar coeficientes multiplicadores que se aproben e publiquen mediante orde da consellaría competente en materia de facenda aos valores contidos no catastro inmobiliario. Tratándose doutro tipo de bens, a comprobación de valores poderá referirse directamente aos que figuren nos rexistros oficiais de carácter fiscal que determine a Administración tributaria galega, a cal poderá declarar o recoñecemento como rexistro oficial de carácter fiscal de calquera rexistro elaborado ou asumido como oficial pola Xunta de Galicia que inclúa valores deses bens, sempre que se aproben e publiquen mediante orde da consellaría competente en materia de facenda. Na aplicación dos valores procedentes destes rexistros poderase proceder á súa actualización mediante os índices de variación de prezos publicados polas distintas administracións públicas ou por institucións especializadas.
Tres. Prezos medios de mercado.
1. Nas comprobacións de valor de inmobles polo medio establecido no artigo 57.1.º.c) da Lei 58/2003, xeral tributaria, a Administración tributaria aprobará e publicará a metodoloxía empregada no seu cálculo, que incluirá as táboas dos propios prezos medios resultantes ou ben as táboas das compoñentes ou dos valores básicos (solo, construción e gastos/ beneficios), así como dos coeficientes singularizadores en adaptación dos prezos medios á realidade física do ben que se valore. Esta normativa técnica aprobarase mediante orde da consellaría competente en materia de facenda.
As táboas actualizaranse periodicamente conforme as variacións do mercado inmobiliario, e poden adoptarse, para este caso, os índices de variación de prezos inmobiliarios publicados polas distintas administracións públicas ou por institucións especializadas en estatística inmobiliaria.
Será suficiente a motivación da comprobación de valor que inclúa unha correcta identificación do ben, unha aplicación do prezo medio que corresponda e unha adaptación deste ao caso concreto a través dos coeficientes singularizadores que determine a normativa técnica sinalada no parágrafo primeiro.
2. As comprobacións de valor dos inmobles a través de prezos medios de mercado poderán realizarse de forma automatizada a través de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos de acordo co establecido no artigo 96 da Lei 58/2003, xeral tributaria.
Catro. Ditame de peritos da Administración.
1. Nas comprobacións de valor de inmobles polo medio establecido no artigo 57.1.º.e) da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, estas poderán tomar como referencia, para os efectos de motivación suficiente, os valores contidos nos rexistros oficiais de carácter fiscal do artigo 27.Dous deste texto refundido, os valores básicos e prezos medios de mercado a que alude a normativa técnica mencionada no artigo 27.Tres deste texto refundido ou ben os valores establecidos por outra Comunidade Autónoma para os bens inmobles situados no seu territorio.
2. Cando nas comprobacións de valor de empresas, negocios, participacións en entidades e en xeral calquera outra forma de actividade económica, polo medio establecido no artigo 57.1.º.e) da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o perito utilice sistemas de capitalización, o tipo de xuro que debe empregar será o xuro de mora a que se refire o artigo 26.6 da mesma norma».
Tres. Engádese un artigo 37 no Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, co seguinte contido:
«Artigo 37. Subministración de información sobre outorgamento de concesións
1. As administracións públicas que outorguen concesións ou actos e negocios administrativos, calquera que sexa a súa modalidade ou denominación, polos que, como consecuencia do outorgamento de facultades de xestión de servizos públicos ou da atribución do uso privativo ou do aproveitamento especial de bens de dominio ou uso público, se orixine un desprazamento patrimonial en favor de particulares, están obrigadas a poñer en coñecemento da Axencia Tributaria de Galicia as citadas concesións, actos ou negocios outorgados, con indicación da súa natureza, data e obxecto da concesión, así como os datos identificativos do concesionario ou autorizado.
2. A consellaría competente en materia de facenda establecerá os procedementos, a estrutura, o formato, os prazos e as condicións en que debe ser remitida a declaración informativa».
Catro. Engádese un artigo 38 no Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, co seguinte contido:
«Artigo 38. Subministración de información sobre bens mobles usados
Os empresarios dedicados á revenda, con ou sen transformación, de bens mobles usados, cuxas adquisicións deban tributar polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas, deberán presentar unha declaración informativa das adquisicións de bens realizadas.
Esta declaración informativa substitúe a presentación do documento comprensivo do feito impoñible á que se refiren os artigos 98 e 101 do Regulamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, aprobado polo Real decreto 828/1995, do 29 de maio.
A consellaría competente en materia de facenda determinará os modelos de declaración e prazos de presentación, o contido da información que se debe remitir, así como as condicións en que a presentación mediante soporte directamente lexible por ordenador ou mediante transmisión por vía telemática será obrigatoria. En ambos os casos, estas declaracións terán a consideración de tributarias para todos os efectos regulados na Lei xeral tributaria».
Disposición adicional primeira. Información ao Parlamento
Un. A Consellería de Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referida ás seguintes actuacións:
a) As ampliacións de crédito realizadas para atender o pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma.
b) As operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola Comunidade Autónoma, polos seus organismos autónomos, polas axencias públicas autonómicas ou polas restantes entidades instrumentais do sector público autonómico, conforme as autorizacións contidas nesta lei.
c) Os avais amortizados, os pagamentos efectuados por falidos, os importes recuperados e o risco acumulado, tanto no que respecta aos avais concedidos pola Comunidade Autónoma coma aos concedidos polas entidades instrumentais do sector público autonómico.
d) As autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do índice de prezos ao consumo.
e) A enumeración nominal e individualizada das concesións de subvencións ou axudas autorizadas polo Consello da Xunta ás que se refire o artigo 26.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Os plans a que se refire a disposición adicional segunda desta lei.
Dous. A Consellería de Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:
a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizadas consonte o previsto na letra o) do artigo 6 desta lei.
b) As modificacións efectuadas conforme o indicado no artigo 10.
c) Os orzamentos dos organismos autónomos, das axencias públicas autonómicas, das entidades públicas empresariais e das sociedades mercantís públicas autonómicas que poidan entrar en funcionamento ao longo do 2013.
Tres. A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., ou entidade que se subrogue na súa posición, comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que subscriba no desenvolvemento da súa actividade.
Disposición adicional segunda. Porcentaxes de gastos xerais de estrutura de contrato de obra
En virtude da previsión establecida no artigo 131.1 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, determínase, con carácter uniforme para todos os contratos de obra que concerten os órganos de contratación da Xunta de Galicia e do seu sector público, a seguinte distribución de gastos xerais de estrutura que sobre eles inciden:
a) O 13 % en concepto de gastos xerais da empresa, gastos financeiros, cargas fiscais (imposto sobre o valor engadido excluído), taxas da Administración, que inciden sobre o custo das obras e demais derivados das obrigas do contrato.
b) O 6 % en concepto de beneficio industrial do contratista.
Disposición adicional terceira. Supeditación dos contratos e convenios concertados pola Administración xeral da Comunidade Autónoma e as entidades instrumentais do sector público autonómico aos principios de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira
Un. Para os efectos do disposto na lexislación de contratos do sector público, considerarase que concorren motivos de interese público para as modificacións dos proxectos e das prestacións dos contratos concertados pola Administración xeral da Comunidade Autónoma e as entidades instrumentais do sector público autonómico que se realicen durante o exercicio orzamentario do ano 2013 e que teñan como finalidade o logro dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
As ditas modificacións terán por obxecto a redución do volume das obrigas ou a ampliación do seu prazo de execución.
Naqueles supostos en que os principios indicados fagan necesario que a prestación se execute en forma distinta á pactada inicialmente e a modificación exixida exceda os límites previstos na lexislación de contratos do sector público para o exercicio desta potestade, os órganos de contratación promoverán a resolución dos contratos para evitar unha lesión grave aos intereses públicos, de acordo co indicado na lexislación aplicable.
Dous. Os órganos de contratación da Administración xeral da Comunidade Autónoma e as entidades instrumentais do sector público autonómico incorporarán para as novas contratacións, de acordo co disposto no artigo 106 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, nos pregos de cláusulas administrativas ou, se é o caso, pregos de condicións, previsións expresas de eventuais modificacións á baixa dos contratos necesarias para o cumprimento dos principios de sustentabilidade financeira e estabilidade orzamentaria.
Tres. Os convenios subscritos pola Administración xeral da Comunidade Autónoma e as entidades instrumentais do sector público autonómico poderán ser obxecto de modificación cando teñan como finalidade o logro dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
As ditas modificacións terán por obxecto a redución do volume das obrigas ou a ampliación do seu prazo de execución.
Disposición adicional cuarta. Entidades públicas instrumentais
As entidades públicas instrumentais que, se é o caso, poidan presentar perdas de explotación están obrigadas a elaborar un plan coa finalidade de restablecer a situación de equilibrio nos seus orzamentos.
O citado plan deberáselle remitir á Consellería de Facenda para a súa aprobación dentro dos tres meses seguintes a aquel en que se detectase a situación de desequilibrio ou, en todo caso, a partir da aprobación das contas anuais en que esta circunstancia se reflicta.
Disposición adicional quinta. Autorización de orzamentos en entidades instrumentais de nova creación
Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Facenda, a aprobar os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas instrumentais con orzamento estimativo que se constitúan ou entren en funcionamento ao longo do ano 2013.
Disposición adicional sexta. Adecuación dos estados financeiros das entidades instrumentais
Os órganos de goberno das entidades públicas empresariais, das sociedades mercantís públicas autonómicas, das fundacións do sector público autonómico e das demais entidades con orzamento estimativo incluídas no ámbito de aplicación desta lei deberán adecuar os orzamentos de explotación e capital e os demais estados financeiros ás transferencias de financiamento consignadas nos estados de gastos desta lei no prazo dun mes desde a entrada en vigor desta norma.
Disposición adicional sétima. Orzamento inicial das axencias públicas autonómicas e requisitos de creación
Un. Para as axencias públicas que se poidan constituír ata o 31 de decembro do ano 2013 e asuman funcións doutros centros directivos, organismos ou entidades, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e por iniciativa da consellaría da que dependa a axencia pública, establecerá as dotacións do seu orzamento inicial.
O orzamento financiarase mediante a minoración dos créditos que teña atribuídos o centro, o organismo ou a entidade cuxas funcións asuma, sen que supoña un incremento do gasto público, e terá a vinculación orzamentaria establecida para axencias na normativa vixente en materia de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Dous. Con todo, cando a axencia que se constitúa asuma na súa totalidade funcións dun organismo autónomo, procederase á adaptación do orzamento do organismo ao previsto para as axencias na normativa vixente en materia de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, de conformidade co seguinte:
A vinculación do orzamento a partir da entrada en vigor do estatuto da axencia será a prevista para as axencias na normativa vixente en materia de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Para incorporar ao orzamento do organismo os recursos e as dotacións correspondentes ás operacións comerciais que, de ser o caso, realice, tramitarase un expediente de modificación orzamentaria, que autorizará a persoa titular da Consellería de Facenda, manténdose o equilibrio orzamentario.
Tres. No caso de que polas datas de aprobación dos estatutos ou por calquera outra circunstancia que dificulte a aplicación do disposto nas alíneas anteriores se considere procedente non alterar durante o ano 2013 a estrutura e o réxime orzamentario dos centros ou organismos afectados, esta circunstancia farase constar no decreto polo que se aprobe o correspondente estatuto.
Disposición adicional oitava. Prestacións familiares por coidado de fillos
Aquelas persoas que, na data do 1 de xaneiro de 2013, teñan ao seu cargo fillos menores de tres anos terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2011, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estean obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
Disposición adicional novena. Alleamento de solo empresarial polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo, nos supostos de alleamento de terreos destinados á creación de solo industrial e residencial, así como a parcelas ou a polígonos empresariais ou residenciais terminados que se realicen a favor das sociedades públicas con participación maioritaria polo anterior organismo, para que o alleamento se poida efectuar con pagamento aprazado non superior a dez anos e sen repercusión de xuros.
Disposición adicional décima. Prestacións extraordinarias para beneficiarios de pensións e subsidios non contributivos
No ano 2013 as persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, de pensións do Fondo de Asistencia Social e do subsidio de garantía de ingresos mínimos terán dereito á percepción dunha prestación única non superior a 210 euros, nas condicións que estableza o Consello da Xunta por proposta da consellaría con competencias en materia de benestar social.
Disposición adicional décimo primeira. Concertos, contratos e convenios de colaboración
Os importes dos concertos, contratos e convenios de colaboración que teña subscritos a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as demais entidades do sector público adecuaranse ás condicións retributivas que derivan das previsións desta lei.
En particular, no ámbito do ensino privado concertado suspéndese o Acordo do 24 de abril de 2008, polo que se autoriza o asinamento do acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as organizacións patronais e as organizacións sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre condicións laborais e a calidade do ensino, publicado mediante Resolución do 15 de maio de 2008, no relativo ao establecido na súa cláusula terceira sobre o incremento interanual do 2 % no complemento retributivo da Comunidade Autónoma e o incremento de 45 euros brutos mensuais para todo o profesorado en pagamento delegado e xornada completa.
Disposición adicional décimo segunda. Modificación dos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde
Correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización das modificacións, dentro de cada centro de xestión, dos cadros de persoal estatutario, de persoal MIR e de calquera outro tipo de persoal de institucións sanitarias dependentes do organismo non incluídos nas relacións de postos de traballo, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo correspondente do devandito centro.
En idénticas condicións correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización da modificación prevista no parágrafo anterior dos cadros de persoal funcionario sanitario pertencentes ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares.
En todo caso, daráselle conta á Consellería de Facenda así que se tramitase a correspondente modificación.
Disposición adicional décimo terceira. Transferencias a entidades financiadas maioritariamente pola Comunidade Autónoma de Galicia
As entidades non comprendidas na alínea Seis do artigo 13 desta lei e cuxos ingresos proveñan en máis do cincuenta por cento da Comunidade Autónoma de Galicia verán reducidas as súas transferencias na parte equivalente aos axustes retributivos derivados do título II desta lei.
Disposición adicional décimo cuarta. Encomendas de xestión
As tarifas das encomendas de xestión ás entidades declaradas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma e demais entes, organismos e entidades dependentes reduciranse na parte equivalente aos axustes retributivos derivados do título II desta lei.
Disposición adicional décimo quinta. Subvencións destinadas a financiar gastos de persoal
As subvencións destinadas a financiar gastos de persoal de entidades ás que resulten aplicables os axustes retributivos derivados do título II desta lei minorarán o seu importe proporcionalmente aos ditos axustes. Cando o importe da subvención veña establecido nunha porcentaxe sobre o custo da actividade, a minoración respectará esta porcentaxe sobre o custo axustado.
Disposición adicional décimo sexta. Persoal contratado ao abeiro do Plan nacional de formación e inserción profesional
O persoal contratado ao abeiro do Plan nacional de formación e inserción profesional (Plan FIP) nos centros de formación profesional ocupacional dependentes da Xunta de Galicia que continúe a prestar servizos como persoal laboral indefinido en cumprimento dunha resolución xudicial que declarase a devandita condición percibirá durante os períodos en que exerza esa actividade as retribucións establecidas para o grupo profesional no Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia que lle correspondese en función da titulación mínima requirida do curso que imparta. No caso de que non exista categoría laboral concreta equiparable, aplicaránselle as retribucións xenéricas do grupo respectivo, e nos grupos III, IV e V as mínimas do grupo profesional.
Disposición adicional décimo sétima. Medidas en relación co V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia
Durante o ano 2013 quedará suspendida a aplicación do artigo 19 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
Disposición adicional décimo oitava. Evolución da subvención fixa correspondente ao financiamento estrutural previsto no Plan de financiamento do Sistema universitario de Galicia 2011-2015
Co obxecto de recoller os novos acordos alcanzados na Comisión de Seguimento do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia, para a dotación da partida 09.02.422C.444.0 aplicáronse, sobre a evolución prevista no plan de financiamento, as correccións dirixidas a recoller a previsión da regularización resultante do incremento dos ingresos de matrícula derivados da aplicación dos prezos públicos que se establezan sobre os vixentes no curso académico 2011-2012.
Disposición adicional décimo novena. Actuacións en relación co orzamento prorrogado
Un. A imputación das operacións de gasto do orzamento prorrogado aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2013 realizarase consonte o establecido no punto 3 do artigo 54 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Dous. As modificacións orzamentarias que determine a Consellería de Facenda realizadas ata a entrada en vigor desta lei terán efectividade nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2013. As modificacións aplicaranse segundo a estrutura orzamentaria incorporada aos estados de ingresos e gastos.
Disposición adicional vixésima. Normas de especial aplicación en materia de recursos educativos complementarios de ensino público
Durante os exercicios económicos 2013, 2014 e 2015 non serán aplicables aos contratos, convenios e demais expedientes de gastos que dan soporte aos recursos educativos complementarios do ensino público galego as actualizacións dos prezos, derivadas do incremento de prezos ao consumo (IPC galego) anual, así como de calquera outra fórmula de revisión prevista normativa ou convencionalmente.
Concretamente, as contías globais ás que ascendan as aplicacións dos índices de prezos ao consumo aos contratos e convenios dos exercicios 2013, 2014 e 2015 serán aboadas de xeito proporcional ao longo dos exercicios 2016 a 2020, actualizándose os prezos correspondentes ao exercicio 2016 tomando como referencia para o cálculo os prezos do exercicio base 2015 sen actualizacións.
Disposición adicional vixésimo primeira. Control da información económico-financeira
Para os efectos de garantir a exactitude da información económico-financeira subministrada pola Administración xeral, polos organismos autónomos e polas axencias públicas autonómicas, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma verificará mediante técnicas de auditoría que os datos e a información con transcendencia económica proporcionados polos órganos xestores como soporte da información contable reflictan razoablemente as operacións derivadas da súa actividade. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma establecerá o procedemento, o alcance e a periodicidade das actuacións que se deban desenvolver.
Disposición transitoria primeira. Adecuación das entidades públicas instrumentais
O disposto nesta lei para as entidades incluídas na alínea Cinco da disposición transitoria terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aplicaráselles ás axencias públicas autonómicas que resulten da adaptación das súas normas estatutarias de organización e funcionamento.
Disposición transitoria segunda. Canon eólico
Un. As declaracións de alta, modificación e baixa a que se refire o artigo 17 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, en tanto en canto non entre en vigor a orde a que se refire o devandito artigo, presentaranse no prazo dun mes desde o día seguinte ao de inicio do primeiro período impositivo ao que se produza a modificación ou ao que se produza o desmantelamento do parque segundo cada caso, mediante o modelo e consonte as instrucións establecidas na Orde da Consellería de Economía e Industria do 15 de xaneiro de 2010, pola que se aproba o modelo de declaración de alta, modificación e baixa do canon eólico creado pola Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Dous. As autoliquidacións do canon eólico a que se refire o artigo 17 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, en tanto en canto non entre en vigor a orde a que se refire o devandito artigo, presentaranse no prazo dun mes desde o día seguinte á data de devengo, mediante o modelo e consonte as instrucións establecidas na Orde da Consellería de Economía e Industria do 7 de xaneiro de 2010, pola que se aproba o modelo de autoliquidación do canon eólico creado pola Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Disposición transitoria terceira. Dotación do Fondo de Continxencia
A dotación do Fondo de Continxencia de Execución Orzamentaria a que se refire a alínea Dous da disposición derradeira primeira desta lei realizarase gradualmente durante os exercicios 2013 a 2015 ata alcanzar o seu importe legal neste último exercicio. Para o ano 2013 a porcentaxe mínima será do 1,1 % e, con carácter excepcional, poderá empregarse para financiar os desaxustes que puideren xurdir no capítulo I.
Disposición derrogatoria única
Queda derrogada o punto 3 do artigo 5 da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira primeira. Modificación do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario
Un. Réxime económico-financeiro dos procedementos de liquidación dos patrimonios diferidos.
Modifícase o punto 4 do artigo 46 do Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que queda redactado como segue:
«4. Logo da autorización do conselleiro de Economía e Facenda poderán xestionarse como operacións extra orzamentarias aquelas nas que a actividade da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das sociedades públicas autonómicas de carácter non mercantil se limite á realización de funcións de intermediación na súa xestión.
En todo caso, terán a consideración de operacións extra orzamentarias aquelas xeradas nos procedementos de liquidación dos patrimonios deferidos a favor da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia de procesos de sucesión legal intestada. Logo de acadar firmeza a resolución de liquidación, procederase a imputar ao orzamento os dereitos e as obrigas que lle correspondan á Comunidade Autónoma».
Dous. Fondo de Continxencia de Execución Orzamentaria.
Engádese o artigo 55 bis no Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, co seguinte contido:
«Artigo 55 bis. Fondo de Continxencia de Execución Orzamentaria
1. Nas seccións 50.01 e 23 do orzamento da Xunta de Galicia recollerase un fondo para atender as necesidades que poidan xurdir no exercicio corrente e sexan inaprazables, de carácter non discrecional e que non tivesen en todo ou en parte a axeitada dotación orzamentaria.
2. Este fondo dotarase por importe conxunto do 2 % do total dos recursos propios para operacións non financeiras, e será dedicado unicamente a financiar, cando proceda, as seguintes modificacións:
a) As ampliacións de crédito reguladas no artigo 64 e mais no correspondente da Lei de orzamentos de cada exercicio.
b) Os créditos extraordinarios e os suplementos de crédito que se instrumenten mediante norma de rango legal, de conformidade co previsto no artigo 62.
Os créditos extraordinarios e os suplementos de crédito do Servizo Galego de Saúde.
c) As incorporacións de crédito recollidas no artigo 71, agás as que se financien con fondos que deban ingresarse durante o exercicio corrente.
Non poderá aplicarse en ningún caso o fondo para financiar modificacións que teñan por fin dar cobertura a gastos ou actuacións que deriven de decisións discrecionais da Administración e carezan de cobertura orzamentaria.
3. No expediente de aplicación do fondo a sección solicitante deberá acreditar que non conta con dispoñibilidade no seu orzamento para financiar a necesidade sobrevida.
4. A aplicación do Fondo de Continxencia aprobarase, por proposta do conselleiro de Facenda, mediante acordo do Consello da Xunta previamente á autorización das respectivas modificacións de crédito.
5. A Xunta de Galicia remitiralle ao Parlamento de Galicia, a través do conselleiro de Facenda, un informe trimestral acerca do emprego do fondo regulado neste artigo.
Disposición derradeira segunda. Modificación da Lei de subvencións de Galicia
Modifícase o artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que queda redactado como segue:
«3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención».
Disposición derradeira terceira. Afectación do canon de saneamento creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, da Administración hidráulica de Galicia
Os ingresos derivados do canon de saneamento creado pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, da Administración hidráulica de Galicia, aplicados na execución orzamentaria do exercicio 2012 e seguintes quedarán afectados ao desenvolvemento dos programas de gasto indicados no artigo 44 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, no relativo ao canon da auga.
Disposición derradeira cuarta. Canon eólico e Fondo de Compensación Ambiental
Un. Modifícase o artigo 17 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, que queda redactado como segue:
«Artigo 17. Presentación de declaracións e autoliquidacións
1. Para os efectos de aplicación do canon eólico, os suxeitos pasivos están obrigados a declarar inicialmente os datos, as características e as circunstancias necesarias para a cuantificación do tributo, así como as modificacións dos datos previamente declarados, nos prazos e lugar e mediante os modelos e consonte as instrucións que estableza a consellaría competente en materia de facenda mediante orde. Así mesmo, estarán obrigados a presentar unha declaración de baixa, no suposto de desmantelamento do parque eólico.
2. A Administración establecerá un rexistro obrigatorio de parques eólicos, dos aeroxeradores neles existentes e das características destes. A estrutura, o contido e a sede do rexistro así como os procedementos para a súa formación e o seu mantemento determinaranse mediante orde da consellaría competente en materia de facenda.
3. Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar autoliquidación do canon eólico, determinando a débeda tributaria correspondente, e ingresarán o seu importe na forma, nos prazos e no lugar e mediante os modelos e consonte as instrucións que estableza a consellaría competente en materia de facenda mediante orde».
Dous. Modifícase o artigo 18 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, que queda redactado como segue:
«Artigo 18. Liquidacións provisionais
Os órganos da Administración tributaria poderán ditar a liquidación provisional que proceda de conformidade co disposto na Lei xeral tributaria».
Tres. Modifícase o artigo 19 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, que queda redactado como segue:
«Artigo 19. Utilización de tecnoloxías informáticas e telemáticas
A consellaría competente en materia de facenda poderá dispoñer que as declaracións e autoliquidacións do canon se efectúen mediante os programas informáticos de axuda que, de ser o caso, se aproben.
Así mesmo, poderá dispoñer a obrigatoriedade da súa presentación e o pagamento mediante medios telemáticos».
Catro. Modifícase o artigo 20 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, que queda redactado como segue:
«Artigo 20. Aplicación do canon eólico
1. A consellaría competente en materia de facenda aprobará as normas de aplicación do tributo.
2. O exercicio das funcións de aplicación e de revisión do canon así como o exercicio da potestade sancionadora en materia tributaria corresponderanlles aos órganos competentes da Administración tributaria da consellaría competente en materia de facenda, segundo a norma de organización da Administración tributaria.
3. Sen prexuízo do establecido na alínea anterior, os órganos administrativos competentes nas materias de medio ambiente, enerxía e industria auxiliarán os órganos de aplicación deste tributo e colaborarán con eles, no marco das súas respectivas competencias, para a liquidación, comprobación e investigación do tributo, mediante, entre outras actuacións, a elaboración de informes por petición deles, a expedición de certificados oficiais dos datos necesarios para a liquidación do tributo e/ou a cesión informática dos datos sinalados».
Cinco. Modifícase o punto 1 do artigo 21 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, que queda redactado como segue:
«1. A potestade sancionadora en materia tributaria exercerase conforme os seus principios reguladores en materia administrativa e as especialidades previstas na Lei xeral tributaria, e serán aplicables as disposicións xerais contidas nela».
Seis. Modifícanse os puntos 2 e 3 do artigo 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, que quedan redactados como segue:
«2. Despois de aplicar o disposto na alínea anterior, destinarase como mínimo o 50 % da contía dispoñible do fondo ás entidades cuxo termo municipal se atope dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico ou resulten afectadas polas correspondentes instalacións de conexión para a realización de:
a) Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e mais á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.
b) Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.
c) Outras actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural.
3. Os custos elixibles, para efectos de distribución do fondo, son os seguintes:
a) Investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipos e instalacións. Cando no investimento participe directamente persoal da entidade local procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.
b) Custos de proxecto e dirección de obra, se se trata de contratacións externas.
c) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente e do espazo natural. No caso de utilizar persoal da entidade local procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado».
Sete. Modifícase a disposición derradeira primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, que queda redactada como segue:
«Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa
A Xunta de Galicia ditará cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento regulamentario desta lei. Autorízase a consellaría competente en materia de facenda para aprobar as disposicións que sexan precisas para a aplicación do canon eólico».
Disposición derradeira quinta. Desenvolvemento da lei
Facúltase a Xunta de Galicia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.
Disposición derradeira sexta. Vixencia
As disposicións desta lei terán vixencia exclusiva para o ano 2013, agás os artigos 66, 67, 68, 70, 71, 72, 73, 74, 75 e 76 e as disposicións derradeiras primeira, segunda, terceira e cuarta, que terán vixencia permanente.
Disposición derradeira sétima. Entrada en vigor
Esta lei entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, agás os números 9 e 106 ao 109 da alínea Un do artigo 66, que producirán efectos desde o día 1 de xaneiro de 2013.
Corrección de erros. Disposición derradeira sétima redactada conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 59, do 25 de marzo de 2013.
Santiago de Compostela, vinte e sete de febreiro de dous mil trece
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.