lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se modifican as ordes de aplicación de impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e das taxas fiscais sobre o xogo.

Publicado en: DOG 6 12/01/2021

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública

Estado: En vigor

PDF

A Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, regula no seu artigo 60 que o pagamento en efectivo das débedas tributarias poderá realizarse polos medios e na forma que regulamentariamente se establezan e engade que a normativa tributaria regulará os requisitos e condicións para que o pagamento poida efectuarse utilizando técnicas e medios electrónicos, informáticos ou telemáticos e, na mesma liña, no seu artigo 96.2 dispón que, cando sexa compatible cos medios técnicos de que dispoña a Administración tributaria, os cidadáns poderán relacionarse con ela para exercer os seus dereitos e cumprir coas súas obrigas a través de técnicas e medios electrónicos, informáticos ou telemáticos coas garantías e requisitos previstos en cada procedemento. Así mesmo, o Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, tras recoller, no seu artigo, 33.2, a posibilidade de pagamento das débedas por vía telemática, cando así estea previsto na normativa vixente, sinala como medio de pagamento, no artigo 34, ademais do cheque, a transferencia bancaria e a domiciliación bancaria, a tarxeta de crédito e débito, que pode ser empregada cos requisitos e condicións que se establecen no propio regulamento e seguindo o procedemento que se dispoña. Por último, o artigo 36.4 remite á Administración correspondente o establecemento das condicións para utilizar este medio de pagamento por vía telemática.

Así mesmo, a comunicación por medios electrónicos das persoas coas administracións públicas e, en concreto, a posibilidade de efectuar pagamentos por medios electrónicos constitúe un dereito recoñecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que require que se articulen os medios precisos que fagan posible o seu exercicio. En concreto, o artigo 53.1.h) da lei prevé, entre os dereitos das persoas interesadas nun procedemento administrativo, o consistente en cumprir as obrigas de pagamento a través dos medios electrónicos previstos no artigo 98.2 da dita lei, entre os que se atopa, na súa letra a), a tarxeta de crédito e débito.

O artigo 91 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, prevé que os medios de pagamento admisibles polas caixas da Tesourería poderán consistir en diñeiro de curso legal, cheques nominativos, xiros, transferencias ou calquera outro medio de pagamento legalmente establecido.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, atribúe a esta as competencias e funcións que en materia de facenda se establecen no Estatuto de autonomía, exercéndose a través da Axencia Tributaria de Galicia (en adiante, Atriga) as funcións de xestión recadatoria de determinados ingresos de dereito público, de acordo co disposto no Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

Actualmente, os progresos xerais tecnolóxicos e de mercado no ámbito dos pagamentos, en constante renovación, deron lugar á aparición de novos medios alternativos aos tradicionais como son o uso xeneralizado de tarxetas de crédito e débito que presentan a novidade da súa potencial utilización a través da internet mediante sistemas informáticos xestionados polas entidades financeiras (TPV virtual) ou mediante hardware asociado a un lector da tarxeta (datáfonos ou TPV físico).

Así, co obxecto de simplificar e facilitar o cumprimento das obrigas de pagamento dos recursos xestionados pola Atriga, considerouse conveniente, xunto á posibilidade de ingreso a través de entidades colaboradoras autorizadas, dar un paso máis no emprego de medios electrónicos posibilitando o pagamento con tarxeta de crédito ou de débito, a través de sistemas de TPV.

A necesidade de prever esta nova modalidade de pagamento xunto co feito da inexistencia, na actualidade, de oficinas de entidades colaboradoras nas delegacións da Atriga que asuman funcións en materia recadatoria, conforme o previsto no artigo 2 do Decreto 104/2006, do 22 de xuño, polo que se regula a colaboración das entidades de crédito na recadación dos ingresos xestionados pola Consellería de Facenda, debido á resolución, de común acordo, dos convenios de colaboración subscritos para tal efecto, xustificaron a aprobación dun novo decreto que derrogase aquel e que recollese un réxime actualizado.

Con esta finalidade aprobouse o Decreto 95/2020, do 25 de xuño, polo que se regula o pagamento de recursos xestionados pola Axencia Tributaria de Galicia a través de entidades de crédito colaboradoras e mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal punto de venda. Por medio del regúlase o pagamento das débedas tributarias e outros ingresos de dereito público xestionados pola Atriga a través de entidades de crédito colaboradoras e mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda. Isto último supón unha novidade e consiste na regulación da posibilidade de que os pagamentos se poidan realizar tamén mediante tarxetas de crédito ou débito e en condicións de comercio electrónico seguro mediante un sistema terminal punto de venda (TPV) virtual e, no caso dos tributos que se poidan pagar de xeito presencial, este poderá ser efectuado mediante un terminal punto de venda (TPV) físico en calquera das delegacións da Atriga. A prestación deste servizo require a contratación cunha entidade de crédito. Como consecuencia da habilitación deste novo sistema de pagamento, cómpre actualizar todas as disposicións normativas en que se regulan os procedementos de pagamento de débedas tributarias. As ordes que regulan a presentación e pagamento do imposto sobre sucesións e doazóns e do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados están actualmente sendo revisadas e en tramitación. Cómpre, polo tanto, adaptar as disposicións que regulan o pagamento e os seus xustificantes para o resto dos impostos xestionados pola Atriga, mediante a modificación das súas ordes de aplicación, sendo este o obxecto desta disposición.

Ademais, mediante esta orde adáptanse as disposicións necesarias da Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, á modificación da regulación do suxeito pasivo introducida na Lei 15/2008, do 19 de decembro, do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, pola Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

En concreto, a Lei 7/2019, do 23 de decembro, no seu artigo 6, modificou o artigo 9 da Lei 15/2008, do 19 de decembro, para recoller un réxime específico para o suposto en que se produce a utilización dun mesmo aproveitamento por máis dun suxeito e ningún deles é o titular do aproveitamento, co fin de arbitrar un sistema que simplificase a xestión. Así, nestes casos nos cales o contribuínte non coincide co titular da concesión, e os usuarios da toma de auga son unha pluralidade de persoas, a lei, na súa nova redacción, atribúe o carácter de suxeito pasivo substituto do contribuínte ao titular do aproveitamento hidráulico. Será, polo tanto, o substituto do contribuínte quen deba cumprir coas obrigas tributarias de declaración no censo electrónico de aproveitamentos hidráulicos para usos industriais e de autoliquidación e ingreso da débeda tributaria, e poderá exixir dos contribuíntes o importe das obrigas tributarias satisfeitas, na proporción do seu uso respecto ao total, caso en que os contribuíntes quedarán obrigados a resarcir ao suxeito pasivo substituto as cantidades satisfeitas no seu lugar.

Modificada a lei conforme o exposto, cómpre adaptar a terminoloxía empregada na orde do 25 de marzo de 2011, que se refería ao contribuínte como o obrigado tributario chamado a realizar as declaracións e autoliquidacións reguladas na propia orde.

Por outra banda, unha vez que se modifican as ordes actualmente vixentes polos motivos expostos, acométese, así mesmo, a revisión delas, para actualizar a redacción dalgúns artigos e expresións que se contiñan nalgunha delas, especialmente as de redacción máis antiga, e incluso se engade algún artigo novo, de xeito que todas as normas garden a debida correspondencia e sexan o máis homoxéneas posible, en atención ao principio de seguridade xurídica.

A orde contén en 8 artigos as modificacións correspondentes a cada unha das ordes reguladoras da presentación e pagamento dos impostos que gravan o xogo realizado en casinos, o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, o xogo do bingo, o xogo realizado a través de máquinas de xogo, a contaminación atmosférica, o xogo de apostas deportivas e de competición, do canon eólico e do imposto compensatorio ambiental mineiro. Por último, a orde contén unha única disposición derradeira que regula a súa entrada en vigor.

Na elaboración desta disposición observáronse os trámites previstos na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na restante normativa de obrigado cumprimento.

A orde adecúase aos principios de boa regulación recollidos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; en concreto, respéctanse os principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia e eficiencia.

Así, en virtude do exposto e de acordo coas competencias establecidas nas normas de rango legal reguladoras de cada un dos impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e das taxas fiscais sobre o xogo, e de acordo co ditame do Consello Consultivo,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se regula a presentación e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

A Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se regula a presentación e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, queda modificada como segue:

Un. Modifícase o artigo 4, que queda redactado como segue:

«Artigo 4. Procedemento para a confección, pagamento e presentación electrónicos das autoliquidacións correspondentes á taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

1. Os suxeitos pasivos deberán practicar a autoliquidación do tributo, determinando a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo, ingresala, de ser o caso, e presentar electronicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) o modelo correspondente ás autoliquidacións a que se refire o artigo 2 desta orde, no prazo sinalado no artigo 3.

Para isto, os usuarios a que se refire o artigo 1 empregarán a aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na oficina virtual tributaria (OVT), consonte coas instrucións recollidas a este respecto no modelo 044 e seguindo o procedemento establecido neste artigo.

2. Os usuarios accederán á OVT, na aplicación denominada Taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, e iniciarán a confección do modelo 044 aplicando a tarifa anual vixente á base impoñible acumulada desde o comezo do ano natural ata o último día do trimestre de que se trate, aplicando a cada un dos tramos de base o tipo correspondente da tarifa e deducindo da cota total resultante o importe correspondente ás autoliquidacións presentadas nos trimestres anteriores do mesmo ano. No caso de iniciación da actividade despois de que o ano dese comezo, a acumulación empezará con ela e terminará, en todo caso, ao final do ano natural. Unha vez calculado o importe a ingresar, cando este sexa positivo, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento no anexo de datos de pagamento do modelo. No caso de que marcase un importe a aprazar ou fraccionar, deberá presentar ante a Atriga solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación. No caso de que recoñeza débeda por algún importe, transcorrido o prazo voluntario do seu pagamento sen facelo efectivo, exixirase pola vía de constrinximento, nas condicións establecidas na normativa tributaria. A cantidade que, de ser o caso, deba ingresar deberá facela efectiva de calquera das formas sinaladas no número 3.

3. Os usuarios poderán pagar a débeda ordenando a súa domiciliación consonte coa normativa vixente na materia e/ou de calquera das formas seguintes:

a) De forma presencial en calquera das entidades de crédito colaboradoras autorizadas, mediante a carta de pagamento que, para estes efectos, xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. A aplicación informática xerará dous exemplares da carta de pagamento debidamente cubertos cos datos que o usuario facilitase na aplicación informática. Con estes dous exemplares da carta de pagamento acudirase á entidade colaboradora para realizar o pagamento. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao usuario o exemplar para o interesado co selo da entidade, coa data do ingreso, co número e co importe, así como co NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel. O NRC identificativo do ingreso realizado será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación electrónica da autoliquidación.

b) De forma electrónica. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades de crédito colaboradoras na recadación autorizadas para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerarase o correspondente NRC, para completar a presentación electrónica da autoliquidación. Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo a que se refire o número 2 do artigo 5.

4. O NRC a que se refire o número 2 é un código xerado informaticamente mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01‑13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola oficina virtual tributaria. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: caracteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo II.

5. A xeración do NRC e a inclusión del nun recibo entregado ao obrigado tributario implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación que se indica nel e non a outra.

c) Que a partir do momento de xeración deste pola entidade de crédito, e sempre que o NRC non fose anulado consonte coa normativa tributaria en materia de recadación, queda a entidade obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe que figura no devandito recibo, e o obrigado tributario queda liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda, salvo que poida probarse de forma fidedigna a inexactitude da data ou do importe que conste na validación do xustificante.

6. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que sexa anulado consonte coa normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade, e o suxeito pasivo deberá presentar, de ser o caso, ante a Administración tributaria, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentada. Pola súa banda, a entidade deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC.

7. Para concluír co proceso e, de ser o caso, tras a operación de pagamento, o usuario deberá proceder á presentación electrónica da autoliquidación, de xeito que transmitirá os datos da autoliquidación coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unicamente a sinatura correspondente ao seu certificado.

8. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 044 debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao importe a ingresar e, de ser o caso, co ingreso realizado e coa data do ingreso e/ou coa débeda recoñecida, coa data da presentación e validado cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres. Este modelo serviralle de xustificante da presentación do número da autoliquidación impreso nel na data sinalada no propio modelo e do seu pagamento, de ser o caso.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o usuario deberaos emendar mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación é orixinado por un motivo non emendable, o usuario deberá repetir a presentación».

Dous. Modifícase o artigo 5, que queda redactado como segue:

«Artigo 5. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de autoliquidacións

1. No caso de que o usuario opte polo pagamento de forma presencial nunha entidade colaboradora, o exemplar para o interesado da carta de pagamento que esta entregue nos termos previstos no artigo 4.3.a) servirá de xustificante do pagamento do número da autoliquidación impreso nel.

2. Se o usuario opta polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que o obrigado tributario deberá conservar, no cal se identificará o número da conta ou da tarxeta de crédito ou de débito que realiza o pagamento, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.

3. A presentación da autoliquidación do tributo e a súa data acreditaranse mediante o documento (modelo 044) xerado pola aplicación informática en que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da declaración, da liquidación e da cantidade que se debe ingresar e, de ser o caso, do ingreso e/ou da débeda recoñecida, así como as datas do ingreso, de ser o caso, e da presentación. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca a autoliquidación presentada electronicamente coa xerada pola aplicación informática e entregada. Esta xustificará, así mesmo e de ser o caso, o pagamento da cantidade positiva resultante dela nos termos previstos no número 8 do artigo 4.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos números anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3. Os obrigados tributarios deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación.

5. Os xustificantes a que se refire o número 3 poderán ser verificados por calquera persoa de forma permanente e inmediata mediante a introdución do seu CSV no servizo de verificación de documentos da OVT da Atriga. Para estes efectos, poderanse establecer mecanismos de verificación automática do CSV a través de servizos web ou similares cos colectivos que se estableza».

Tres. Engádese o artigo 6, coa seguinte redacción:

«Artigo 6. Accesos á OVT

1. Os usuarios poderán en calquera momento acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade para cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde.

2. Para estes efectos, os usuarios deberán acceder na sección Usuarios autorizados á aplicación informática denominada TAXA FISCAL SOBRE O XOGO REALIZADO EN CASINOS. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións. Para estes efectos, cada unha das declaracións mostrará o estado de situación en que se encontra. Con ocasión de cada acceso os usuarios poderán comezar unha operación ou, de ser o caso, retomar as operacións pendentes e continualas.

3. Os estados de situación poden ser:

a) Pendente de pagamento e presentación: é o estado en que se encontra o modelo 044 a ingresar cando foi confirmado polo usuario mais non foi realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.

b) Pendente de pagamento: é o estado en que aparece o modelo 044 a ingresar confirmado polo usuario, cando o importe a ingresar no anexo de datos de pagamento foi tramitado para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 4.3.a) mais o usuario non concluíu a transacción de pagamento.

c) Pendente de presentación: é o estado en que aparece o modelo 044 validado polo usuario, cando seleccionase a/as forma/s de pagamento da débeda tributaria no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, ingresase a cantidade positiva a ingresar que figurara no dito anexo, consonte co disposto no artigo 4.3, mais o modelo aínda non fose presentado.

d) Presentado: estado en que aparece o modelo 044 cando, unha vez confeccionado e validado, e, de ser o caso, realizadas as operacións reguladas nesta orde, o usuario o presentase electronicamente ante a Atriga».

Catro. Modifícase a disposición adicional terceira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice o pagamento deste tributo

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas á taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, a entidade de crédito conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Artigo 2. Modificación da Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada

A Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, queda modificada como segue:

Un. Modifícase o artigo 5, que queda redactado como segue:

«Artigo 5. Procedemento para a confección, pagamento e presentación electrónicos das autoliquidacións

1. Os suxeitos pasivos deberán practicar a autoliquidación do imposto, determinando a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo, ingresala, de ser o caso, e presentar electronicamente ante a Atriga o modelo 011, seguindo as instrucións contidas no propio modelo e consonte co procedemento establecido neste artigo, nos vinte primeiros días naturais seguintes á finalización de cada período impositivo. O prazo anterior entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período sexa inhábil ou sábado.

Para isto, os usuarios a que se refire o artigo 1 empregarán a aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na oficina virtual tributaria. Os suxeitos pasivos deberán estar previamente identificados co código de aproveitamento no censo electrónico de aproveitamentos hidráulicos para usos industriais.

2. Os usuarios declararán os datos necesarios para calcular a débeda tributaria e, unha vez calculada esta, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento consonte as instrucións do modelo 011 no anexo de datos de pagamento. No caso de que marque un importe a aprazar ou fraccionar, deberá presentar ante a Atriga solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación. No caso de que recoñecera débeda por algún importe, transcorrido o prazo voluntario do seu pagamento sen facelo efectivo, exixirase pola vía de constrinximento, nas condicións establecidas na normativa tributaria. No caso de que teña que ingresar algún importe, procederá consonte o disposto no número seguinte.

3. Os usuarios poderán pagar a débeda ordenando a súa domiciliación consonte coa normativa vixente na materia e/ou de calquera das formas seguintes:

a) De forma presencial en calquera das entidades de crédito colaboradoras autorizadas, mediante a carta de pagamento que, para estes efectos, xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. A aplicación informática xerará dous exemplares da carta de pagamento debidamente cubertos cos datos que o usuario facilitase na aplicación informática. Con estes dous exemplares da carta de pagamento acudirase á entidade colaboradora para realizar o pagamento. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao usuario o exemplar para o interesado co selo da entidade, coa data do ingreso, co número e co importe, así como co NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel. O NRC identificativo do ingreso realizado será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación electrónica da autoliquidación.

b) De forma electrónica. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades de crédito colaboradoras na recadación autorizadas para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerarase o correspondente NRC, para completar a presentación electrónica da autoliquidación. Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo a que se refire o número 2 do artigo 10.

4. O NRC a que se refire o número 3 é un código xerado informaticamente mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01‑13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola oficina virtual tributaria. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: caracteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo IV.

5. A xeración do NRC pola entidade e a inclusión del nun recibo entregado ao obrigado tributario implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación que se indica nel e non a outra.

c) Que a partir do momento de xeración deste pola entidade de crédito, e sempre que o NRC non fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, queda a entidade obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe que figura no devandito recibo, e o obrigado tributario queda liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda, salvo que se poida probar de forma fidedigna a inexactitude da data ou do importe que conste na validación do xustificante.

6. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fose anulado consonte coa normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade, e o suxeito pasivo deberá presentar, de ser o caso, ante a Atriga, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentada. Pola súa banda, a entidade deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC.

7. Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o seu pagamento, para concluír co proceso o usuario deberá presentar a autoliquidación electronicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unicamente a sinatura correspondente ao seu certificado.

8. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 011 debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao importe a ingresar e, de ser o caso, co ingreso realizado e coa data do ingreso e/ou coa débeda recoñecida, coa data da presentación e validado cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres. Este modelo serviralle de xustificante da presentación do número da autoliquidación impreso nel na data sinalada no propio modelo e do seu pagamento, de ser o caso.

No suposto de que a presentación fose rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o usuario deberaos emendar mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación fose orixinado por un motivo non emendable, o usuario deberá repetir a presentación».

Dous. Modifícase o artigo 10, que queda redactado como segue:

«Artigo 10. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de autoliquidacións e declaracións

1. No caso de que o usuario opte polo pagamento de forma presencial nunha entidade colaboradora, o exemplar para o interesado da carta de pagamento que esta entregue nos termos previstos no artigo 5.3.a) servirá de xustificante do pagamento do número da autoliquidación impreso nel.

2. Se o usuario opta polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que o obrigado tributario deberá conservar, no cal se identificará o número da conta ou da tarxeta de crédito ou de débito que realiza o pagamento, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.

3. A presentación da autoliquidación do imposto e a súa data acreditarase mediante o documento (modelo 011) xerado pola aplicación informática en que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da declaración, da liquidación e da cantidade que se debe ingresar e, de ser o caso, do ingreso e/ou da débeda recoñecida, así como as datas do ingreso, de ser o caso, e da presentación. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca as autoliquidacións presentadas electronicamente coas xeradas pola aplicación informática e entregadas. Estas xustificarán, así mesmo e de ser o caso, o pagamento das cantidades positivas resultantes delas nos termos previstos no número 8 do artigo 5.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos números anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3. Os obrigados tributarios deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación.

5. Unha vez que a aplicación informática acepte a presentación de calquera declaración realizada mediante o modelo 010 polo usuario, xerarase o modelo 010 debidamente cuberto cos datos declarados e validado cun CSV formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de alta ou da declaración de modificación segundo corresponda, na data sinalada no propio modelo. O obrigado tributario deberá conservar a declaración aceptada e validada co correspondente CSV.

6. Os xustificantes a que se refiren os números 3 e 5 poderán ser verificados por calquera persoa de forma permanente e inmediata mediante a introdución do seu CSV no servizo de verificación de documentos da OVT da Atriga. Para estes efectos, poderanse establecer mecanismos de verificación automática do CSV a través de servizos web ou similares cos colectivos que se estableza».

Tres. Engádese o artigo 12, coa seguinte redacción:

«Artigo 12. Accesos á OVT

1. Os usuarios poderán en calquera momento acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade, para cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde.

2. Para estes efectos, os usuarios deberán acceder na sección Usuarios autorizados á aplicación informática denominada IMPOSTO SOBRE O DANO MEDIOAMBIENTAL CAUSADO POR DETERMINADOS USOS E APROVEITAMENTOS DA AUGA ENCORADA. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións. Para estes efectos, cada unha das declaracións mostrará o estado de situación en que se encontra. Con ocasión de cada acceso, os usuarios poderán comezar unha operación ou, de ser o caso, retomar as operacións pendentes e continualas.

3. Os estados de situación poden ser:

a) Borrador: é o estado en que se encontra a declaración 010 cando foi confeccionada e gardada sen ser presentada.

b) Pendente de pagamento e presentación: é o estado en que se encontra o modelo 011 a ingresar cando foi confirmado polo usuario mais non foi realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.

c) Pendente de pagamento: é o estado en que aparece o modelo 011 a ingresar confirmado polo usuario, cando o importe a ingresar no anexo de datos de pagamento foi tramitado para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 5.3.a) mais o usuario non concluíu a transacción de pagamento.

d) Pendente de presentación: é o estado en que aparece o modelo 011 validado polo usuario, cando seleccionase a/as forma/s de pagamento da débeda tributaria no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, ingresase a cantidade positiva a ingresar que figurara no dito anexo, consonte co disposto no artigo 5.3, mais o modelo aínda non foi presentado.

e) Presentado: estado en que aparecen os modelos 010 e 011 cando, unha vez confeccionados e validados, e, de ser o caso, realizadas as operacións reguladas nesta orde, o usuario os presentase electronicamente ante a Atriga».

Catro. Modifícase a disposición adicional terceira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice o pagamento deste imposto

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas ao imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, a entidade de crédito conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Artigo 3. Modificación da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico

A Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico, queda modificada como segue:

Un. Modifícase o artigo 14, que queda redactado como segue:

«Artigo 14. Procedemento para a confección electrónica da autoliquidación

1. Os usuarios deberán confeccionar electronicamente, no prazo sinalado no artigo 6.2, o modelo 012, en que practicarán a autoliquidación do canon e determinarán a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo.

Para realizar esta declaración os suxeitos pasivos deberán estar previamente identificados co código do parque no CEPEG e empregarán o modelo 012, que conformarán consonte coas instrucións aprobadas a este respecto no propio modelo, coa aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na OVT nas condicións e de acordo co procedemento previsto neste artigo.

2. Os usuarios accederán á OVT, na aplicación denominada CANON EÓLICO e, unha vez identificados consonte co sinalado no número anterior, iniciarán a confección do modelo 012 correspondente ao período impositivo a que se refira a autoliquidación, para o que deberán confirmar os datos que a aplicación informática lles mostra, baseados nos datos declarados por eles e consignados no CEPEG.

3. Unha vez confirmados os datos, mostrarase o modelo 012 debidamente cuberto, que debe ser confirmado polo usuario.

Se ten que modificar os datos, deberá facelo mediante a presentación dun modelo 007 para modificar os datos do CEPEG, consonte co procedemento establecido no capítulo III e, unha vez presentada a declaración de modificación, procederá do xeito sinalado con anterioridade, volvendo mostrar a aplicación o modelo 012 debidamente cuberto, que debe ser confirmado polo usuario.

4. Unha vez confirmados os datos, a aplicación calculará a débeda tributaria correspondente, que debe ser confirmada polo usuario, momento en que se lle asignará un número identificativo do modelo. O usuario, para concluír o proceso de confección do modelo 012, deberá confirmalo.

5. Unha vez confirmado o modelo 012, no mesmo prazo e previamente á súa presentación e sempre que resulte un importe a ingresar, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento consonte as instrucións do modelo no anexo de datos de pagamento. No caso de que marcase un importe a aprazar ou fraccionar, deberá presentar ante a Atriga solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación. No caso de que recoñecera débeda por algún importe, transcorrido o prazo voluntario do seu pagamento sen facelo efectivo, exixirase pola vía de constrinximento, nas condicións establecidas na normativa tributaria. No caso de que teña que ingresar algún importe, procederá consonte o disposto no artigo 15.

No mesmo prazo establecido no artigo 6.2 e, de ser o caso, tras a operación de pagamento, deberá proceder á presentación electrónica do modelo 012, consonte co disposto no artigo 16.

6. Se, presentada a autoliquidación correspondente a un período impositivo, se presentara un modelo 007 consonte co sinalado nos artigos 9, 10 ou 12, os suxeitos pasivos deberán presentar un modelo 012 para axustar a débeda tributaria do período impositivo. Para estes efectos, o usuario deberá confeccionar electronicamente, no prazo sinalado no artigo 6.3, o modelo 012, en que practicará a autoliquidación do canon, determinará a débeda tributaria correspondente ao período impositivo da cal descontará o importe ingresado na/nas autoliquidación/s precedente/s, determinando o importe a ingresar ou o importe a devolver derivado da normativa, consonte co sinalado neste artigo. Unha vez confirmado o modelo 012, no mesmo prazo e previamente á súa presentación, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento consonte as instrucións do modelo no anexo de datos de pagamento da cantidade positiva resultante da autoliquidación, consonte co disposto no número anterior. No mesmo prazo establecido no artigo 6.3 e, de ser o caso, tras a operación de pagamento, deberá proceder á presentación electrónica do modelo 012, consonte co disposto no artigo 16».

Dous. Modifícase o artigo 15, que queda redactado como segue:

«Artigo 15. Procedemento electrónico para o pagamento da débeda tributaria

1. Unha vez confeccionado e confirmado o correspondente modelo 012, conforme o sinalado no artigo 14, cando o usuario determine un importe positivo a ingresar no anexo de datos de pagamento, deberá realizar o seu pagamento de calquera das formas sinaladas no número 2.

2. Os usuarios poderán pagar a débeda ordenando a súa domiciliación consonte coa normativa vixente na materia e/ou de calquera das formas seguintes:

a) De forma presencial en calquera das entidades de crédito colaboradoras autorizadas, mediante a carta de pagamento que, para estes efectos, xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. A aplicación informática xerará dous exemplares da carta de pagamento debidamente cubertos cos datos que o usuario facilitase na aplicación informática. Con estes dous exemplares da carta de pagamento acudirase á entidade colaboradora para realizar o pagamento. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao usuario o exemplar para o interesado co selo da entidade, coa data do ingreso, co número e co importe, así como co NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel. O NRC identificativo do ingreso realizado será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación electrónica da autoliquidación.

b) De forma electrónica. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades de crédito colaboradoras na recadación autorizadas para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerarase o correspondente NRC, para completar a presentación electrónica da autoliquidación. Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo a que se refire o número 2 do artigo 17.

3. O NRC a que se refire o número 2 é un código xerado informaticamente mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01‑13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola OVT. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: caracteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo IV.

4. A xeración do NRC pola entidade e a inclusión del nun recibo entregado ao obrigado tributario implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación que se indica nel e non a outra.

c) Que a partir do momento de xeración deste pola entidade de crédito, e sempre que o NRC non fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, queda a entidade obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe que figura no devandito recibo, e o obrigado tributario queda liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda, salvo que se poida probar de forma fidedigna a inexactitude da data ou do importe que conste na validación do xustificante.

5. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que sexa anulado consonte coa normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade, e o suxeito pasivo deberá presentar, de ser o caso, ante a Atriga, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentada. Pola súa parte, a entidade deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC».

Tres. Modifícase o artigo 16, que queda redactado como segue:

«Artigo 16. Procedemento para a presentación electrónica da autoliquidación

1. Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o pagamento desta ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento/fraccionamento, para concluír co proceso, o usuario deberá proceder á presentación da autoliquidación electronicamente, de xeito que transmitirá os datos dela coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unicamente a sinatura correspondente ao seu certificado.

2. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 012 debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao importe a ingresar ou a devolver e, de ser o caso, co ingreso realizado e coa data do ingreso e/ou coa débeda recoñecida, coa data da presentación e validado cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres. Este modelo serviralle de xustificante da presentación do número da autoliquidación impreso nel na data sinalada no propio modelo e, de ser o caso, do seu pagamento ou da presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do imposto.

No suposto de que a presentación sexa rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o usuario deberaos emendar mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación é orixinado por un motivo non emendable, o usuario deberá repetir a presentación».

Catro. Modifícase o título do capítulo IV, que pasa a ser o seguinte:

«Capítulo IV

Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de declaracións e autoliquidacións e accesos á OVT»

Cinco. Modifícase o artigo 17, que queda redactado como segue:

«Artigo 17. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de autoliquidacións e declaracións

1. No caso de que o usuario opte polo pagamento de forma presencial nunha entidade colaboradora, o exemplar para o interesado da carta de pagamento que esta entregue nos termos previstos no artigo 15.2.a) servirá de xustificante do pagamento do número da autoliquidación impreso nel.

2. Se o usuario opta polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que o obrigado tributario deberá conservar, no cal se identificará o número da conta ou da tarxeta de crédito ou de débito que realiza o pagamento, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.

3. A presentación da autoliquidación do canon eólico e a súa data acreditarase mediante o documento (modelo 012) xerado pola aplicación informática en que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da declaración, da liquidación e da cantidade que se debe ingresar ou devolver e, de ser o caso, do ingreso e/ou da débeda recoñecida, así como as datas do ingreso, de ser o caso, e da presentación. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca as autoliquidacións presentadas electronicamente coas xeradas pola aplicación informática e entregadas. Estas xustificarán, así mesmo e de ser o caso, o pagamento das cantidades positivas resultantes delas ou a presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do tributo nos termos previstos no número 2 do artigo 16.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos números anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3. Os suxeitos pasivos deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación.

5. Unha vez que a aplicación informática acepte a presentación de calquera declaración realizada mediante o modelo 007 polo usuario, xerarase o modelo 007 debidamente cuberto cos datos declarados e validado cun CSV formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de alta ou da declaración de modificación segundo corresponda e, de ser o caso, da solicitude de recoñecemento do beneficio fiscal recollido no artigo 16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, na data sinalada no propio modelo. O obrigado tributario deberá conservar a declaración aceptada e validada co correspondente CSV.

6. Os xustificantes a que se refiren os números 3 e 5 poderán ser verificados por calquera persoa de forma permanente e inmediata mediante a introdución do seu CSV no servizo de verificación de documentos da OVT da Atriga. Para estes efectos, poderanse establecer mecanismos de verificación automática do CSV a través de servizos web ou similares cos colectivos que se estableza».

Seis. Engádese o artigo 18, coa seguinte redacción:

«Artigo 18. Accesos á OVT

1. Os usuarios poderán en calquera momento acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade, para cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde.

2. Para estes efectos, os usuarios deberán acceder na sección Usuarios autorizados á aplicación informática denominada CANON EÓLICO. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións. Para estes efectos, cada unha das declaracións mostrará o estado de situación en que se encontra. Con ocasión de cada acceso, os usuarios poderán comezar unha operación ou, de ser o caso, retomar as operacións pendentes e continualas.

3. Os estados de situación poden ser:

a) Borrador: é o estado en que se encontra a declaración 007 cando foi confeccionada e gardada sen ser presentada.

b) Pendente de pagamento e presentación: é o estado en que se encontra o modelo 012 a ingresar cando foi confirmado polo usuario mais non foi realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.

c) Pendente de pagamento: é o estado no que aparece o modelo 012 a ingresar confirmado polo usuario, cando o importe a ingresar no anexo de datos de pagamento foi tramitado para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 15.2.a) mais o usuario non concluíu a transacción de pagamento.

d) Pendente de presentación: é o estado en que aparece o modelo 012 validado polo usuario, cando aínda non foi presentado, e, no caso de que sexa a ingresar, unha vez seleccionada/s a/as forma/s de pagamento da débeda tributaria no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, ingresada a cantidade positiva a ingresar que figurase no dito anexo, consonte co disposto no artigo 15.2, mais o modelo aínda non fose presentado.

e) Presentado: estado en que aparecen os modelos 007 e 012 cando, unha vez confeccionados e validados, e realizadas as operacións reguladas nesta orde en cada caso, o usuario os presentase electronicamente ante a Atriga».

Sete. Modifícase a disposición adicional terceira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice o pagamento deste tributo

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas ao canon eólico, a entidade de crédito conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Artigo 4. Modificación da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola o que se regula a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo

A Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola o que se regula a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo, queda modificada como segue:

Un. Modifícase o artigo 12, que queda redactado como segue:

«Artigo 12. Procedemento para a confección electrónica da autoliquidación

1. Para cumprir as obrigas a que se refiren os números 2 e 3 do artigo 11, os usuarios a que se refire o artigo 4 accederán á OVT, na aplicación denominada TAXA FISCAL SOBRE O XOGO REALIZADO EN BINGOS, e iniciarán a confección do modelo 043 correspondente á actividade do xogo do bingo declarada no modelo D-043 previamente cargado e confirmado referido ao mesmo período.

A aplicación informática mostraralle de forma diferenciada o resumo dos datos declarados consonte co deseño do modelo 043. O usuario deberá confirmar os datos. Se ten que modificalos, deberá facelo mediante a carga e a confirmación dun novo modelo D-043 cos datos rectificados. Cando o usuario modifique os datos do modelo D-043, a aplicación presentaralle novamente o resumo dos datos consonte co último D-043 cargado e confirmado.

2. Cando a autoliquidación corresponda a calquera dos meses naturais do ano anteriores ao último mes natural do período impositivo, unha vez confirmados os datos, a aplicación informática calculará o pagamento á conta da débeda tributaria definitiva, aplicando o tipo de gravame á base impoñible provisional acumulada correspondente ao ano en curso desde a data de devindicación ata o último día do período a que se refire a autoliquidación, descontando do resultado os pagamentos á conta, correspondentes ao período impositivo, que anteriormente se tivesen autoliquidado.

3. Cando a autoliquidación corresponda ao último mes natural do período impositivo, unha vez confirmados os datos, a aplicación informática calculará a débeda tributaria correspondente ao dito período impositivo, así como, de ser o caso, o importe a ingresar ou a devolver, aplicando o tipo de gravame á base impoñible acumulada correspondente ao ano a que se refire a autoliquidación e descontando da débeda tributaria resultante o importe dos pagamentos á conta correspondentes ao período impositivo, que anteriormente se tivesen autoliquidado.

4. Unha vez calculados os importes a que se refiren os números 2 e 3, o usuario deberá confirmalos, momento en que se lle asignará un número identificativo da operación. O usuario, para concluír o proceso de confección do modelo 043, deberá confirmar a operación.

5. Unha vez confirmada a operación, no mesmo prazo que para a súa presentación, previamente a esta e sempre que resulte unha cantidade positiva a ingresar, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento consonte as instrucións do modelo no anexo de datos de pagamento. No caso de que marque un importe a aprazar ou fraccionar, deberá presentar ante a Atriga solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinalados na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación. No caso de que recoñeza débeda por algún importe, transcorrido o prazo voluntario do seu pagamento sen facelo efectivo, exixirase pola vía de constrinximento, nas condicións establecidas na normativa tributaria. No caso de que teña que ingresar algún importe, procederá consonte o disposto no artigo 13.

6. Unha vez cuberto o anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, tras a operación de pagamento, nos mesmos prazos sinalados no artigo 11, deberá proceder á presentación electrónica do modelo 043, consonte o disposto no artigo 14».

Dous. Modifícase o artigo 13, que queda redactado como segue:

«Artigo 13. Procedemento electrónico para o pagamento da débeda tributaria

1. Unha vez confeccionado e confirmado o impreso 043 conforme o sinalado no artigo 12, cando o usuario determine unha cantidade positiva a ingresar no anexo de datos de pagamento, deberá realizar o seu pagamento de calquera das formas sinaladas no número 2.

2. Os usuarios poderán pagar a débeda ordenando a súa domiciliación consonte coa normativa vixente na materia e/ou de calquera das formas seguintes:

a) De forma presencial en calquera das entidades de crédito colaboradoras autorizadas, mediante a carta de pagamento que, para estes efectos, xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. A aplicación informática xerará dous exemplares da carta de pagamento debidamente cubertos cos datos que o usuario facilitase na aplicación informática. Con estes dous exemplares da carta de pagamento acudirase á entidade colaboradora para realizar o pagamento. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao usuario o exemplar para o interesado co selo da entidade, coa data do ingreso, co número e co importe, así como co NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel. O NRC será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación electrónica da autoliquidación

b) De forma electrónica. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades de crédito colaboradoras para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerarase o correspondente NRC, para completar a presentación electrónica da autoliquidación. Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo a que se refire o artigo 22.

3. O NRC a que se refire o número 2 é un código xerado informaticamente mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01‑13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola oficina virtual tributaria. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: caracteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo X.

4. A xeración do NRC pola entidade e a inclusión del nun recibo entregado ao obrigado tributario implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación que se indica nel e non a outra.

c) Que a partir do momento de xeración deste pola entidade de crédito, e sempre que o NRC non fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, queda a entidade obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe que figura no devandito recibo, e o obrigado queda tributario liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda, salvo que se poida probar de forma fidedigna a inexactitude da data ou do importe que conste na validación do xustificante.

5. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade, e o suxeito pasivo deberá presentar, de ser o caso, ante a Atriga, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentada. Pola súa banda, a entidade deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC».

Tres. Modifícase o artigo 14, que queda redactado como segue:

«Artigo 14. Procedemento para a presentación electrónica das autoliquidacións

1. Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o seu pagamento, para concluír co proceso o usuario deberá presentar a autoliquidación electronicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unicamente a sinatura correspondente ao seu certificado.

2. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo D-043 e o modelo 043 debidamente cubertos, con cadanseu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao importe a ingresar ou a devolver e, de ser o caso, co ingreso realizado e coa data do ingreso e/ou coa débeda recoñecida, coa data da presentación e validado cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres. Estes modelos serviranlle de xustificante da presentación dos números da declaración e da autoliquidación impresos neles na data sinalada nos propios modelos e, de ser o caso, do seu pagamento ou da presentación da solicitude de devolución derivada da normativa da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

No suposto de que a presentación fose rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o usuario deberaos emendar mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación foi orixinado por un motivo non emendable, o usuario deberá repetir a presentación».

Catro. Modifícase o título da sección 7ª do capítulo III, que pasa a ser o seguinte:

«Sección 7ª. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de solicitudes, declaracións e autoliquidacións e accesos á OVT»

Cinco. Modifícase o artigo 22, que queda redactado como segue:

«Artigo 22. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de solicitudes, declaracións e autoliquidacións

1. No caso de que o usuario opte polo pagamento de forma presencial nunha entidade colaboradora, o exemplar para o interesado da carta de pagamento que esta entregue nos termos previstos no artigo 13.2.a) servirá de xustificante do pagamento do número da autoliquidación impreso nel.

2. Se o usuario opta polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que o obrigado tributario deberá conservar, no cal se identificará o número da conta ou da tarxeta de crédito ou de débito que realiza o pagamento, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.

3. A presentación das declaracións da taxa fiscal que grava o xogo do bingo e a súa data acreditaranse mediante os documentos (modelos D-043 e 043) xerados pola aplicación informática en que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da declaración, da liquidación e da cantidade que se debe ingresar ou devolver e, de ser o caso, do ingreso e/ou da débeda recoñecida, así como as datas do ingreso, de ser o caso, e da presentación. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca as declaracións presentadas electronicamente coas xeradas pola aplicación informática e entregadas. O modelo 043 xerado pola aplicación xustificará, así mesmo e de ser o caso, o pagamento das cantidades positivas resultantes del ou a presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do tributo nos termos previstos no número 2 do artigo 14.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos números anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3. Os obrigados tributarios deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación.

5. Unha vez que a aplicación informática acepte a presentación de calquera declaración realizada polo suxeito pasivo mediante o modelo 006, xerarase o dito modelo debidamente cuberto cos datos declarados e validado cun CSV formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de modificación na data sinalada no propio modelo. O suxeito pasivo deberá conservar a declaración afectada e validada co correspondente CSV.

6. Os xustificantes a que se refiren os números 3 e 5 poderán ser verificados por calquera persoa de forma permanente e inmediata mediante a introdución do seu CSV no servizo de verificación de documentos da OVT da Atriga. Para estes efectos, poderanse establecer mecanismos de verificación automática do CSV a través de servizos web ou similares cos colectivos que se estableza».

Seis. Engádese o artigo 23, coa seguinte redacción:

«Artigo 23. Accesos á OVT

1. Os usuarios poderán en calquera momento acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade, para cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde.

2. Para estes efectos, os usuarios deberán acceder na sección Usuarios autorizados á aplicación informática denominada TAXA FISCAL SOBRE O XOGO REALIZADO EN BINGOS. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións e solicitudes. Para estes efectos, cada unha delas mostrará o estado de situación en que se encontra. Con ocasión de cada acceso, os usuarios poderán comezar unha operación ou, de ser o caso, retomar as operacións pendentes e continualas.

3. Os estados de situación poden ser:

a) Borrador: é o estado en que se encontran as declaracións 006 e D-043 cando foron confeccionadas e gardadas sen ser presentadas.

b) Pendente de pagamento e presentación: é o estado en que se encontra o modelo 043 a ingresar cando foi confirmado polo usuario mais non foi realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.

c) Pendente de pagamento: é o estado en que aparece o modelo 043 a ingresar confirmado polo usuario, cando o importe a ingresar no anexo de datos de pagamento foi tramitado para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 13.2.a) mais o usuario non concluíu a transacción de pagamento.

d) Pendente de presentación: é o estado en que aparece o modelo 043 validado polo usuario, cando aínda non foi presentado, e, no caso de que sexa a ingresar, unha vez seleccionada/s a/as forma/s de pagamento da débeda tributaria no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, ingresada a cantidade positiva a ingresar que figurase no dito anexo, consonte co disposto no número 2 do artigo 13.

e) Presentado: estado en que aparecen as solicitudes e os modelos 006, D-043 e 043 cando, unha vez confeccionados e validados e, de ser o caso, realizadas as operacións reguladas nesta orde, o usuario os presentase electronicamente ante a Atriga».

Sete. Modifícase a disposición adicional terceira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice o pagamento deste tributo

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas ao tributo sobre o xogo realizado en bingos, a entidade de crédito conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Artigo 5. Modificación da Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a xestión e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo

A Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a xestión e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo, queda modificada como segue:

Un. Modifícase o artigo 9, que queda redactado como segue:

«Artigo 9. Procedemento electrónico para o pagamento da débeda tributaria

1. Unha vez xerado o modelo 046 consonte co artigo 8, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento consonte as instrucións do modelo no anexo de datos de pagamento. No caso de que marque un importe a aprazar ou fraccionar, deberá presentar ante a Atriga solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación. No caso de que recoñecese débeda por algún importe, transcorrido o prazo voluntario do seu pagamento sen facelo efectivo, exixirase pola vía de constrinximento, nas condicións establecidas na normativa tributaria. No caso de que teña que ingresar algún importe, procederá consonte o disposto no número 2.

2. Os usuarios poderán pagar a débeda ordenando a súa domiciliación consonte coa normativa vixente na materia e/ou de calquera das formas seguintes:

a) De forma presencial en calquera das entidades de crédito colaboradoras autorizadas, mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. A aplicación informática xerará dous exemplares da carta de pagamento debidamente cubertos cos datos que o usuario facilitase na aplicación informática. Con estes dous exemplares da carta de pagamento acudirase á entidade colaboradora para realizar o pagamento. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao usuario o exemplar para o interesado co selo da entidade, coa data do ingreso, co número e co importe, así como co NRC. O NRC identificativo do ingreso realizado será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación electrónica.

b) De forma electrónica. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pagamento das correspondentes autoliquidacións que amparara a carta de pagamento, a través das entidades de crédito colaboradoras na recadación autorizadas para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerarase o correspondente NRC, para completar a presentación electrónica da autoliquidación. Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo a que se refire o artigo 12.2.

3. O NRC a que se refire o número 2 é un código xerado informaticamente mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a carta de pagamento correspondente ás autoliquidacións presentadas simultaneamente por un mesmo suxeito pasivo ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01‑13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante da carta de pagamento á que se refire o número 2. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: caracteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo VII.

4. A xeración do NRC pola entidade e a inclusión del nun recibo entregado ao obrigado tributario implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde ás autoliquidacións incorporadas nel e non a outras.

c) Que a partir do momento de xeración deste pola entidade de crédito, e sempre que o NRC non fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, queda a entidade obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe que figura no devandito recibo, e o obrigado tributario queda liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda, salvo que se poida probar de forma fidedigna a inexactitude da data ou do importe que conste na validación do xustificante.

5. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade, e o suxeito pasivo deberá presentar, de ser o caso, ante a Atriga, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentada. Pola súa banda, a entidade deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC.

6. Para os efectos sinalados neste artigo, atribuirase a cantidade sinalada no anexo de datos de pagamento do modelo 046 como ingresada, de xeito sucesivo e seguindo a orde das autorizacións relacionadas no modelo D-046 ata o seu esgotamento total, a cada modelo 045 na modalidade de pagamento denominada como ingresada e distribuíndo seguidamente de xeito sucesivo e seguindo a dinámica descrita, a/as cantidade/s sinalada/s no anexo de datos de pagamento do modelo 046 como domiciliada, marcada para aprazamento ou fraccionamento e recoñecida como débeda ata o esgotamento total de cada unha delas a cada modelo 045 correspondente».

Dous. Modifícase o artigo 10, que queda redactado como segue:

«Artigo 10. Procedemento para a presentación electrónica das autoliquidacións

1. Unha vez xerado o modelo 046 e, de ser o caso, realizado o pagamento da débeda tributaria, para concluír co proceso, o usuario deberá presentar o modelo 046 electronicamente, de xeito que transmitirá os datos del coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado. A presentación do modelo 046 suporá a presentación dunha autoliquidación por cada unha das máquinas amparadas pola súa correspondente autorización que o usuario determinase na aplicación informática e mais a presentación do modelo D-046 empregado para a confección daqueles.

2. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 046 debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, os modelos 045 coas autoliquidacións de cada débeda tributaria, cos datos correspondentes ao importe a ingresar e, de ser o caso, co ingreso realizado e coa data do ingreso e/ou coa débeda recoñecida, coa data da presentación, así como o modelo D-046 debidamente cuberto cos datos declarados e validados e coa data da presentación, cada un deles cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres. Estes modelos serviranlle de xustificante da presentación dos números da declaración e das autoliquidacións impresos neles na data sinalada nos propios modelos e do pagamento da débeda tributaria, de ser o caso.

No suposto de que a presentación fose rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o usuario deberaos emendar mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación é orixinado por un motivo non emendable, o usuario deberá repetir a presentación».

Tres. Modifícase o título do capítulo IV do título II, que pasa a ser o seguinte:

«Capítulo IV

Accesos á OVT e xustificantes do pagamento e da presentación de declaracións e autoliquidacións»

Catro. Modifícase o artigo 11, que queda redactado como segue:

«Artigo 11. Accesos á OVT

1. Os usuarios poderán en calquera momento acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade, para cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde.

2. Para estes efectos, os usuarios deberán acceder na sección Usuarios autorizados á aplicación informática denominada TAXA FISCAL SOBRE O XOGO DE MÁQUINAS. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións. Para estes efectos, cada unha delas mostrará o estado de situación en que se encontra. Con ocasión de cada acceso, os usuarios poderán comezar unha operación ou, de ser o caso, retomar as operacións pendentes e continualas.

3. Os estados de situación poden ser:

a) Borrador: é o estado en que se encontra a declaración D-046 cando foi confeccionada e gardada sen ser presentada.

b) Pendente de pagamento e presentación: é o estado en que se encontra o modelo 046 cando foi confirmado polo usuario mais non foi realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.

c) Pendente de pagamento: é o estado en que aparece o modelo 046 confirmado polo usuario, cando o importe a ingresar no anexo de datos de pagamento foi tramitado para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 9.3.a) mais o usuario non concluíu a transacción de pagamento.

d) Pendente de presentación: é o estado en que aparece o modelo 046 validado polo usuario, cando o usuario seleccionase a/as forma/s de pagamento da débeda tributaria no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, ingresase a cantidade positiva a ingresar que figurase no dito anexo, consonte co disposto no artigo 9, mais aínda non foi presentado.

e) Presentado: estado en que aparecen os modelos D-046 e 046 cando o usuario os validou, procedeu a seleccionar a/as forma/s de pagamento no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, pagou a cantidade positiva a ingresar correspondente e os presentou electronicamente ante a Atriga».

Cinco. Modifícase o artigo 12, que queda redactado como segue:

«Artigo 12. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de autoliquidacións e declaracións

1. No caso de que o usuario opte polo pagamento de forma presencial nunha entidade colaboradora, o exemplar para o interesado da carta de pagamento que esta entregue nos termos previstos no artigo 9.2.a) servirá de xustificante do pagamento das autoliquidacións correspondentes ás máquinas que se relacionan no anexo á carta de pagamento.

2. Se o usuario opta polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que o obrigado tributario deberá conservar, no cal se identificará o número da conta ou da tarxeta de crédito ou de débito que realiza o pagamento, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento do número da carta de pagamento impreso neste.

3. A presentación das declaracións que regula esta orde e a súa data acreditaranse mediante os documentos (modelos D-046, 046 e 045) xerados pola aplicación informática nos cales constarán os datos identificativos do suxeito pasivo e das máquinas declaradas, da liquidación de cadansúa cota trimestral vixente, da cantidade que se debe ingresar e, de ser o caso, do ingreso e/ou da débeda recoñecida, así como as datas do ingreso, de ser o caso, e da presentación. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca as declaracións presentadas electronicamente coas xeradas pola aplicación informática e entregadas. Os modelos 046 e cada un dos 045 xerados pola aplicación xustificarán, así mesmo e de ser o caso, o pagamento da correspondente débeda tributaria nos termos previstos no número 2 do artigo 10.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos números anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3. Os obrigados tributarios deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación.

5. Os xustificantes a que se refire o número 3 poderán ser verificados por calquera persoa de forma permanente e inmediata mediante a introdución do seu CSV no servizo de verificación de documentos da OVT da Atriga. Para estes efectos, poderanse establecer mecanismos de verificación automática do CSV a través de servizos web ou similares cos colectivos que se estableza».

Seis. Modifícase a disposición adicional terceira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional cuarta. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice o pagamento deste tributo

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas ao tributo sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo, a entidade de crédito conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Artigo 6. Modificación da Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica

A Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica, queda modificada como segue:

Un. Modifícanse os números 4 a 7 do artigo 18, que quedan redactados como segue:

«4. Para cumprir as obrigas tributarias reguladas neste artigo e no artigo 17, os usuarios a que se refire o artigo 3 accederán á OVT, na aplicación denominada IMPOSTO SOBRE A CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA, e unha vez identificados de acordo co sinalado neste artigo iniciarán a confección do modelo que corresponda en cada caso, seguindo as instrucións contidas nel.

5. Unha vez confirmados os datos, mostrarase o modelo 002 ou 003, segundo corresponda, debidamente cuberto, que debe ser confirmado polo usuario. Tras a aceptación, a aplicación calculará a débeda tributaria correspondente, que debe ser confirmada polo usuario, momento en que se lle asignará un número identificativo do modelo. O usuario, para concluír o proceso de confección do modelo que corresponda, deberá confirmalo.

6. Unha vez confirmado o modelo, no mesmo prazo e previamente á súa presentación e sempre que resulte unha cantidade positiva a ingresar, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento consonte as instrucións do modelo no anexo de datos de pagamento. No caso de que marque un importe a aprazar ou fraccionar, deberá presentar ante a Atriga solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinalados na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación. No caso de que recoñecera débeda por algún importe, transcorrido o prazo voluntario do seu pagamento sen facelo efectivo, exixirase pola vía de constrinximento, nas condicións establecidas na normativa tributaria. No caso de que teña que ingresar algún importe, procederá consonte o disposto no artigo 19.

7. Unha vez cuberto o anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, tras a operación de pagamento, nos mesmos prazos sinalados no artigo 17, o usuario deberá proceder á presentación electrónica do modelo correspondente, consonte o disposto no artigo 20».

Dous. Modifícase o artigo 19, que queda redactado como segue:

«Artigo 19. Procedemento electrónico para o pagamento da débeda tributaria consignada nos modelos 002 e 003

1. Unha vez confeccionado e confirmado o modelo 002 ou 003 segundo corresponder, conforme o sinalado no artigo 18, cando o usuario determinase unha cantidade positiva a ingresar no anexo de datos de pagamento, deberá realizar o seu pagamento de calquera das formas sinaladas no número 2.

2. Os usuarios poderán pagar a débeda ordenando a súa domiciliación consonte coa normativa vixente na materia e/ou de calquera das formas seguintes:

a) De forma presencial en calquera das entidades de crédito colaboradoras autorizadas, mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. A aplicación informática xerará dous exemplares da carta de pagamento debidamente cubertos cos datos que o usuario facilitase na aplicación informática. Con estes dous exemplares da carta de pagamento acudirase á entidade colaboradora para realizar o pagamento. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao usuario o exemplar para o interesado co selo da entidade, coa data do ingreso, co número e co importe, así como co NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel. O NRC identificativo do ingreso realizado será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación electrónica da autoliquidación.

b) De forma electrónica. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades de crédito colaboradoras na recadación autorizadas para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerarase o correspondente NRC, para completar a presentación electrónica da autoliquidación. Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo na conta a que se refire o número 2 do artigo 21.

3. O NRC a que se refire o número 2 é un código xerado de forma informática mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01‑13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola OVT. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: caracteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo V.

4. A xeración do NRC pola entidade e a inclusión del nun recibo entregado ao obrigado tributario implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación que se indica nel e non a outra.

c) Que a partir do momento de xeración deste pola entidade de crédito, e sempre que o NRC non fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, queda a entidade obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe que figura no devandito recibo, e o obrigado tributario queda liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda, salvo que se poida probar de forma fidedigna a inexactitude da data ou do importe que conste na validación do xustificante.

5. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade, e o suxeito pasivo deberá presentar, de ser o caso, ante a Atriga, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentada. Pola súa banda, a entidade deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC».

Tres. Modifícase o artigo 20, que queda redactado como segue:

«Artigo 20. Procedemento para a presentación electrónica da autoliquidación

1. Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o seu pagamento, para concluír co proceso o usuario deberá presentar a autoliquidación electronicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unicamente a sinatura correspondente ao seu certificado.

2. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 002 ou 003 segundo corresponda, debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao importe a ingresar ou a devolver e, de ser o caso, co ingreso realizado e coa data do ingreso e/ou coa débeda recoñecida, coa data da presentación e validado cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres. Este modelo serviralle de xustificante da presentación do número da autoliquidación impreso nel na data sinalada no propio modelo e, de ser o caso, do seu pagamento ou da presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do imposto.

No suposto de que a presentación fose rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o usuario deberaos emendar mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación é orixinado por un motivo non emendable, o usuario deberá repetir a presentación».

Catro. Modifícase o título da sección terceira do capítulo III, que pasa a ser o seguinte:

«Sección 3ª. Xustificantes do pagamento e da presentación de declaracións e autoliquidacións e accesos á OVT»

Cinco. Modifícase o artigo 21, que queda redactado como segue:

«Artigo 21. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de autoliquidacións e declaracións

1. No caso de que o usuario opte polo pagamento de forma presencial nunha entidade colaboradora, o exemplar para o interesado da carta de pagamento que esta entregue nos termos previstos no artigo 19.2.a) servirá de xustificante do pagamento do número da autoliquidación impreso nel.

2. Se o usuario opta polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que o obrigado tributario deberá conservar, no cal se identificará o número da conta ou da tarxeta de crédito ou de débito que realiza o pagamento, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.

3. A presentación das autoliquidacións do imposto sobre a contaminación atmosférica e a súa data acreditarase mediante o documento (modelo 002 ou 003, segundo corresponda) xerado pola aplicación informática en que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da declaración, da liquidación, da cantidade que se debe ingresar ou devolver e, de ser o caso, do ingreso e/ou da débeda recoñecida, así como as datas do ingreso, de ser o caso, e da presentación. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca as declaracións presentadas electronicamente coas xeradas pola aplicación informática e entregadas. Estas xustificarán, así mesmo e de ser o caso, o pagamento das cantidades positivas resultantes delas ou a presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do imposto nos termos previstos no número 2 do artigo 20.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos números anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3. Os obrigados tributarios deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación.

5. Unha vez que a aplicación informática acepte a presentación de calquera declaración realizada mediante o modelo 004 polo usuario, xerarase o dito modelo debidamente cuberto cos datos declarados e validado cun CSV formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de alta ou da declaración de modificación segundo corresponda, na data sinalada no propio modelo. O obrigado tributario deberá conservar a declaración aceptada e validada co correspondente CSV.

6. Os xustificantes a que se refiren os números 3 e 5 poderán ser verificados por calquera persoa de forma permanente e inmediata mediante a introdución do seu CSV no servizo de verificación de documentos da OVT da Atriga. Para estes efectos, poderanse establecer mecanismos de verificación automática do CSV a través de servizos web ou similares cos colectivos que se estableza».

Seis. Engádese o artigo 22, coa seguinte redacción:

«Artigo 22. Accesos á OVT

1. Os usuarios poderán en calquera momento acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade para cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde.

2. Para estes efectos, os usuarios deberán acceder na sección Usuarios autorizados á aplicación informática denominada IMPOSTO SOBRE A CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións. Para estes efectos, cada unha delas mostrará o estado de situación en que se encontra. Con ocasión de cada acceso, os usuarios poderán comezar unha operación ou, de ser o caso, retomar as operacións pendentes e continualas.

3. Os estados de situación poden ser:

a) Borrador: é o estado en que se encontran a declaración 004 cando foi confeccionada e gardada sen ser presentada.

b) Pendente de pagamento e presentación: é o estado en que se encontran os modelos 002 e 003 a ingresar cando foron confirmados polo usuario mais non foi realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.

c) Pendente de pagamento: é o estado en que aparecen os modelos 002 e 003 a ingresar confirmados polo usuario, cando o importe a ingresar no anexo de datos de pagamento foi tramitado para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 19.2.a) mais o usuario non concluíu a transacción de pagamento.

d) Pendente de presentación: é o estado en que aparecen os modelos 002 e 003 validados polo usuario, cando aínda non foron presentados e, no caso de que sexan a ingresar, unha vez seleccionada/s a/as forma/s de pagamento da débeda tributaria no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, ingresada a cantidade positiva a ingresar que figurase no dito anexo, consonte co disposto no número 2 do artigo 19.

e) Presentado: estado en que aparecen os modelos 004, 002 e 003 cando, unha vez confeccionados e validados e, de ser o caso, realizadas as operacións reguladas nesta orde, o usuario os presentase electronicamente ante a Atriga».

Sete. Modifícase a disposición adicional terceira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice o pagamento deste imposto

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas ao imposto sobre a contaminación atmosférica, a entidade de crédito conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Artigo 7. Modificación da Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias

A Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias, queda modificada como segue:

Un. Modifícase o artigo 8, que queda redactado como segue:

«Artigo 8. Procedemento electrónico para a confección das autoliquidacións correspondentes a apostas deportivas e de competición

1. Para cumprir as obrigas tributarias do artigo 7, os usuarios a que se refire o artigo 3 accederán á OVT, na aplicación denominada TAXA FISCAL SOBRE O XOGO DE APOSTAS DEPORTIVAS E DE COMPETICIÓN, e iniciarán a confección do modelo 041 correspondente á actividade de apostas declarada no modelo D-041 previamente cargado e confirmado referido ao mesmo período.

A aplicación informática mostraralle de forma diferenciada o resumo dos datos declarados consonte co deseño do modelo 041. O usuario deberá confirmar os datos. Se ten que modificalos, deberá facelo mediante a carga e a confirmación dun novo modelo D-041 cos datos rectificados. Cando o usuario modifique os datos do modelo D-041, a aplicación presentaralle novamente o resumo dos datos consonte co último D-041 cargado e confirmado.

2. Cando a autoliquidación corresponda a calquera dos tres primeiros períodos trimestrais do ano, unha vez confirmados os datos, a aplicación informática calculará o pagamento á conta da débeda tributaria definitiva, aplicando o tipo de gravame á base impoñible provisional acumulada correspondente ao ano en curso desde a data de devindicación ata o último día do período a que se refire a autoliquidación, descontando do resultado os pagamentos á conta, correspondentes ao período impositivo, que anteriormente se tivesen autoliquidado.

3. Cando a autoliquidación corresponda ao último trimestre do período impositivo, unha vez confirmados os datos, a aplicación informática calculará a débeda tributaria correspondente ao dito período impositivo, así como, de ser o caso, o importe a ingresar ou a devolver, aplicando o tipo de gravame á base impoñible acumulada correspondente ao ano a que se refire a autoliquidación e descontando da débeda tributaria resultante o importe dos pagamentos á conta correspondentes ao período impositivo, que anteriormente se tivesen autoliquidado.

4. Unha vez calculados os importes a que se refiren os números 2 e 3, o usuario deberá confirmalos, momento en que se lle asignará un número identificativo da operación. O usuario, para concluír o proceso de confección do modelo 041, deberá confirmar a operación.

5. Unha vez confirmada a operación, no mesmo prazo que para a súa presentación e previamente a esta e sempre que resulte unha cantidade positiva a ingresar, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento consonte as instrucións do modelo no anexo de datos de pagamento. No caso de que marque un importe a aprazar ou fraccionar, deberá presentar ante a Atriga solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación. No caso de que recoñeza débeda por algún importe, transcorrido o prazo voluntario do seu pagamento sen facelo efectivo, exixirase pola vía de constrinximento, nas condicións establecidas na normativa tributaria. No caso de que teña que ingresar algún importe, procederá consonte o disposto no artigo 9.

6. Unha vez cuberto o anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, tras a operación de pagamento, nos mesmos prazos sinalados no artigo 7, deberá proceder á presentación electrónica do modelo 041, consonte o disposto no artigo 10».

Dous. Modifícase o artigo 9, que queda redactado como segue:

«Artigo 9. Procedemento electrónico para o pagamento da débeda tributaria

1. Unha vez confeccionado e confirmado o impreso 041 conforme o sinalado nos artigos anteriores, cando o usuario determinase unha cantidade positiva a ingresar no anexo de datos de pagamento, deberá realizar o seu pagamento de calquera das formas sinaladas no número 2.

2. Os usuarios poderán pagar a débeda ordenando a súa domiciliación consonte coa normativa vixente na materia e/ou de calquera das formas seguintes:

a) De forma presencial en calquera das entidades de crédito colaboradoras autorizadas, mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. A aplicación informática xerará dous exemplares da carta de pagamento debidamente cubertos cos datos que o usuario facilitase na aplicación informática. Con estes dous exemplares da carta de pagamento acudirase á entidade colaboradora para realizar o pagamento. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao usuario o exemplar para o interesado co selo da entidade, coa data do ingreso, co número e co importe, así como co NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel. O NRC identificativo do ingreso realizado será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación electrónica da autoliquidación.

b) De forma electrónica. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades de crédito colaboradoras na recadación autorizadas para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerarase o correspondente NRC, para completar a presentación electrónica da autoliquidación. Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo a que se refire o artigo 12.2.

3. O NRC a que se refire o número 2 é un código xerado informaticamente mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01‑13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola OVT. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: caracteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo V.

4. A xeración do NRC pola entidade e a inclusión del nun recibo entregado ao obrigado tributario implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación que se indica nel e non a outra.

c) Que a partir do momento de xeración deste pola entidade de crédito, e sempre que o NRC non fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, queda a entidade obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe que figura no devandito recibo, e o obrigado tributario queda liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda, salvo que se poida probar de forma fidedigna a inexactitude da data ou do importe que conste na validación do xustificante.

5. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade, e o suxeito pasivo deberá presentar, de ser o caso, ante a Atriga, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentada. Pola súa banda, a entidade deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC».

Tres. Modifícase o artigo 10, que queda redactado como segue:

«Artigo 10. Procedemento para a presentación electrónica das autoliquidacións

1. Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o seu pagamento, para concluír co proceso o usuario deberá presentar a autoliquidación electronicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unicamente a sinatura correspondente ao seu certificado.

2. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo D-041 e o modelo 041 debidamente cubertos, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao importe a ingresar ou a devolver e, de ser o caso, co ingreso realizado e coa data do ingreso e/ou coa débeda recoñecida, coa data da presentación e validados cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres. Estes modelos serviranlle de xustificante da presentación dos números da declaración e da autoliquidación impresos neles na data sinalada nos propios modelos e, de ser o caso, do seu pagamento ou da presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do imposto.

No suposto de que a presentación fose rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o usuario deberaos emendar mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación é orixinado por un motivo non emendable, o usuario deberá repetir a presentación».

Catro. Modifícase o título da sección 3ª do capítulo II, que pasa a ser o seguinte:

«Sección 3ª. Accesos á OVT e xustificantes do pagamento e da presentación de declaracións e autoliquidacións»

Cinco. Modifícase o título do artigo 11, que pasa a ser o seguinte:

«Artigo 11. Accesos á OVT»

Seis. Modifícase o artigo 11, que queda redactado como segue:

«1. Os usuarios poderán en calquera momento acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade, para cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde.

2. Para estes efectos, os usuarios deberán acceder na sección Usuarios autorizados á aplicación informática denominada TAXA FISCAL SOBRE O XOGO DE APOSTAS DEPORTIVAS E DE COMPETICIÓN. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións. Para estes efectos, cada unha delas mostrará o estado de situación en que se encontra. Con ocasión de cada acceso, os usuarios poderán comezar unha operación ou, de ser o caso, retomar as operacións pendentes e continualas.

3. Os estados de situación poden ser:

a) Borrador: é o estado en que se encontra a declaración D-041 cando foi confeccionada e gardada sen ser presentada.

b) Pendente de pagamento e presentación: é o estado en que se encontra o modelo 041 a ingresar cando foi confirmado polo usuario mais non foi realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.

c) Pendente de pagamento: é o estado en que aparece o modelo 041 a ingresar confirmado polo usuario, cando o importe a ingresar no anexo de datos de pagamento foi tramitado para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 9.2.a) mais o usuario non concluíu a transacción de pagamento.

d) Pendente de presentación: é o estado en que aparece o modelo 041 validado polo usuario, cando aínda non foi presentado e, no caso de que sexa a ingresar, unha vez seleccionada/s a/as forma/s de pagamento da débeda tributaria no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, ingresada a cantidade positiva a ingresar que figurase no dito anexo, consonte co disposto no artigo 9.

e) Presentado: estado en que aparecen os modelos D-041 e 041 cando, unha vez confeccionados e validados e, de ser o caso, realizadas as operacións reguladas nos artigos 8 e 9, o usuario presentase electronicamente os modelos ante a Atriga».

Sete. Modifícase o artigo 12, que queda redactado como segue:

«Artigo 12. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de autoliquidacións e declaracións

1. No caso de que o usuario opte polo pagamento de forma presencial nunha entidade colaboradora, o exemplar para o interesado da carta de pagamento que esta entregue nos termos previstos no artigo 9.2.a) servirá de xustificante do pagamento do número da autoliquidación impreso nel.

2. Se o usuario opta polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que o obrigado tributario deberá conservar, no cal se identificará o número da conta ou da tarxeta de crédito ou de débito que realiza o pagamento, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.

3. A presentación das declaracións que regula esta orde e a súa data acreditaranse mediante os documentos (modelos D-041 e 041) xerados pola aplicación informática en que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da declaración, da liquidación e da cantidade que se debe ingresar ou devolver e, de ser o caso, do ingreso e/ou da débeda recoñecida, así como as datas do ingreso, de ser o caso, e da presentación. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca as declaracións presentadas electronicamente coas xeradas pola aplicación informática e entregadas. O modelo 041 xerado pola aplicación xustificará, así mesmo e de ser o caso, o pagamento da cantidade positiva resultante del ou a presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do tributo nos termos previstos no número 23 do artigo 10.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos números anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3. Os obrigados tributarios deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación.

5. Os xustificantes a que se refire o número 3 poderán ser verificados por calquera persoa de forma permanente e inmediata mediante a introdución do seu CSV no servizo de verificación de documentos da OVT da Atriga. Para estes efectos, poderanse establecer mecanismos de verificación automática do CSV a través de servizos web ou similares cos colectivos que se estableza».

Oito. Modifícase a disposición adicional terceira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice o pagamento deste tributo

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas ao tributo sobre o xogo de apostas deportivas e de competición, a entidade de crédito conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Artigo 8. Modificación da Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro

A Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro, queda modificada como segue:

Un. Modifícase o artigo 13, que queda redactado como segue:

«Artigo 13. Procedemento electrónico para a confección das autoliquidacións correspondentes ao ICAM

1. Para cumprir as obrigas tributarias do artigo 12, os usuarios a que se refire o artigo 3 accederán á OVT, na aplicación denominada IMPOSTO COMPENSATORIO AMBIENTAL MINEIRO, e iniciarán a confección do modelo 013 correspondente ao período a que se refira a autoliquidación, seguindo as instrucións contidas no propio modelo. Para estes efectos, os suxeitos pasivos deberán estar previamente identificados co código do obrigado tributario no Cecidam. A aplicación informática mostraralle de forma diferenciada o resumo dos datos declarados consonte o deseño do modelo 013. O usuario deberá confirmar os datos.

2. O pagamento á conta da débeda tributaria definitiva correspondente ao mes de setembro calcularase aplicando o tipo de gravame vixente á base impoñible provisional acumulada correspondente ao ano en curso desde o inicio do período impositivo ata o último día do mes de xuño.

3. Cando se trate da autoliquidación a que se refire o número 2 do artigo 12, unha vez confirmados os datos, a aplicación informática calculará a débeda tributaria correspondente ao dito período impositivo, así como, de ser o caso, o importe a ingresar ou a devolver, aplicando o tipo de gravame á base impoñible acumulada correspondente ao ano a que se refire a autoliquidación e descontando da débeda tributaria resultante o importe do pagamento á conta correspondente ao período impositivo que anteriormente se tivese autoliquidado.

4. Unha vez calculados os importes a que se refiren os números 2 e 3, o usuario deberá confirmalos, momento en que se lle asignará un número identificativo da operación. O usuario, para concluír o proceso de confección do modelo 013, deberá confirmar a operación.

5. Unha vez confirmada a operación, no mesmo prazo da súa presentación e previamente a esta e sempre que resulte unha cantidade positiva a ingresar, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento consonte as instrucións do modelo no anexo de datos de pagamento. No caso de que marque un importe a aprazar ou fraccionar, deberá presentar ante a Atriga solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación. No caso de que recoñeza débeda por algún importe, transcorrido o prazo voluntario do seu pagamento sen facelo efectivo, exixirase pola vía de constrinximento, nas condicións establecidas na normativa tributaria. No caso de que teña que ingresar algún importe, procederá consonte o disposto no artigo 14.

6. Unha vez cuberto o anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, tras a operación de pagamento, no mesmo prazo sinalado no artigo 12, deberá proceder á presentación electrónica do modelo 013, consonte o disposto no artigo 15».

Dous. Modifícase o artigo 14, que queda redactado como segue:

«Artigo 14. Procedemento electrónico para o pagamento da débeda tributaria

1. Unha vez confeccionado e confirmado o impreso 013 conforme o sinalado no artigo 13, cando o usuario determine unha cantidade positiva a ingresar no anexo de datos de pagamento, deberá realizar o seu pagamento de calquera das formas sinaladas no número 2.

2. Os usuarios poderán pagar a débeda ordenando a súa domiciliación consonte coa normativa vixente na materia e/ou de calquera das formas seguintes:

a) De forma presencial en calquera das entidades de crédito colaboradoras autorizadas, mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. A aplicación informática xerará dous exemplares da carta de pagamento debidamente cubertos cos datos que o usuario facilitase na aplicación informática. Con estes dous exemplares da carta de pagamento acudirase á entidade colaboradora para realizar o pagamento. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao usuario o exemplar para o interesado co selo da entidade, coa data do ingreso, co número e co importe, así como co NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel. O NRC identificativo do ingreso realizado será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación electrónica da autoliquidación.

b) De forma electrónica. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades de crédito colaboradoras na recadación autorizadas para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerarase o correspondente NRC, para completar a presentación electrónica da autoliquidación. Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo a que se refire o artigo 17.2.

3. O NRC a que se refire o número 2 é un código xerado informaticamente mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo IV.

4. A xeración do NRC pola entidade e a inclusión del nun recibo entregado ao obrigado tributario implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación que se indica nel e non a outra.

c) Que a partir do momento de xeración deste pola entidade de crédito, e sempre que o NRC non fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, queda a entidade obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe que figura no devandito recibo, e o obrigado tributario queda liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda, salvo que se poida probar de forma fidedigna a inexactitude da data ou do importe que conste na validación do xustificante.

5. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade, e o suxeito pasivo deberá presentar, de ser o caso, ante a Atriga, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentada. Pola súa banda, a entidade deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC».

Tres. Modifícase o artigo 15, que queda redactado como segue:

«Artigo 15. Procedemento para a presentación electrónica das autoliquidacións

1. Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o seu pagamento, para concluír co proceso o usuario deberá presentar a autoliquidación electronicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unicamente a sinatura correspondente ao seu certificado.

2. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 013 debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao importe a ingresar ou a devolver e, de ser o caso, co ingreso realizado e coa data do ingreso e/ou coa débeda recoñecida, coa data da presentación e validado cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres. Este modelo serviralle de xustificante da presentación do número da autoliquidación impreso nel na data sinalada no propio modelo e, de ser o caso, do seu pagamento ou da presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do imposto.

No suposto de que a presentación fose rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o usuario deberaos emendar mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación é orixinado por un motivo non emendable, o usuario deberá repetir a presentación».

Catro. Modifícase o título da sección 3ª do capítulo II, que pasa a ser o seguinte:

«Sección 3ª. Accesos á OVT e xustificantes do pagamento e da presentación de declaracións e autoliquidacións»

Cinco. Modifícase o número 3 do artigo 16, que queda redactado como segue:

«Artigo 16. Accesos á OVT

1. Os usuarios poderán, en calquera momento, acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade, para cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde.

2. Para estes efectos, os usuarios deberán acceder na sección Usuarios autorizados á aplicación informática denominada IMPOSTO COMPENSATORIO AMBIENTAL MINEIRO. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións. Para estes efectos, cada unha delas mostrará o estado de situación en que se encontra. Con ocasión de cada acceso, os usuarios poderán comezar unha operación ou, de ser o caso, retomar as operacións pendentes e continualas.

3. Os estados de situación poden ser:

a) Borrador: é o estado en que se encontra a declaración 008 cando foi confeccionada e gardada sen ser presentada.

b) Pendente de pagamento e presentación: é o estado en que se encontra o modelo 013 a ingresar cando foi confirmado polo usuario mais non foi realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.

c) Pendente de pagamento: é o estado en que aparece o modelo 013 a ingresar confirmado polo usuario, cando o importe a ingresar no anexo de datos de pagamento foi tramitado para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 14.2.a) mais o usuario non concluíu a transacción de pagamento.

d) Pendente de presentación: é o estado en que aparece o modelo 013 validado polo usuario, cando aínda non foi presentado e, no caso de que sexa a ingresar, unha vez seleccionada/s a/as forma/s de pagamento da débeda tributaria no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, ingresada a cantidade positiva a ingresar que figurase no dito anexo, consonte co disposto no artigo 14.

e) Presentado: estado en que aparecen os modelos 008 e 013 cando, unha vez confeccionados e validados e, de ser o caso, realizadas as operacións reguladas nos artigos 13 e 14, o usuario presentase electronicamente os modelos ante a Atriga».

Seis. Modifícase o artigo 17, que queda redactado como segue:

«Artigo 17. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de autoliquidacións e declaracións

1. No caso de que o usuario opte polo pagamento de forma presencial nunha entidade colaboradora, o exemplar para o interesado da carta de pagamento que esta entregue nos termos previstos no artigo 14.2.a) servirá de xustificante do pagamento do número da autoliquidación impreso nel.

2. Se o usuario opta polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que o obrigado tributario deberá conservar, no cal se identificará o número da conta ou da tarxeta de crédito ou de débito que realiza o pagamento, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.

3. A presentación da autoliquidación que regula esta orde e a súa data acreditaranse mediante o documento (modelo 013) xerado pola aplicación informática en que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da declaración, da liquidación e da cantidade que se debe ingresar ou devolver e, de ser o caso, do ingreso e/ou da débeda recoñecida, así como as datas do ingreso, de ser o caso, e da presentación. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca as declaracións presentadas electronicamente coas xeradas pola aplicación informática e entregadas. O modelo 013 xerado pola aplicación xustificará, así mesmo e de ser o caso, o pagamento da cantidade positiva resultante del ou a presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do imposto nos termos previstos no número 2 do artigo 15.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos números anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3. Os obrigados tributarios deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación.

5. Unha vez que a aplicación informática acepte a presentación de calquera declaración realizada mediante o modelo 008 polo usuario, xerarase o dito modelo debidamente cuberto cos datos declarados e validado cun CSV formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo serviralle de xustificante da presentación da declaración de alta ou da declaración de modificación segundo corresponda, na data sinalada no propio modelo. O obrigado tributario deberá conservar a declaración aceptada e validada co correspondente CSV.

6. Os xustificantes a que se refiren os números 3 e 5 poderán ser verificados por calquera persoa de forma permanente e inmediata mediante a introdución do seu CSV no servizo de verificación de documentos da OVT da Atriga. Para estes efectos, poderanse establecer mecanismos de verificación automática do CSV a través de servizos web ou similares cos colectivos que se estableza».

Sete. Modifícase a disposición adicional terceira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice o pagamento deste imposto

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas ao ICAM, a entidade de crédito conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Disposición adicional única. Dispoñibilidade do pagamento mediante tarxeta de débito ou crédito mediante un sistema terminal punto de venda (TPV) virtual

O pagamento das débedas tributarias dos impostos propios e das taxas fiscais sobre o xogo xestionados pola Atriga con tarxeta de crédito ou de débito, a través de sistemas de terminal punto de venda (TPV) virtual poderá efectuarse cando o dito sistema estea operativo, segundo dispoña a resolución da dirección da Atriga que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

Valeriano Martínez García

Conselleiro de Facenda e Administración Pública

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia