lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Publicado en: DOG 253 31/12/2008

Departamento: Parlamento de Galicia

Estado: En vigor

PDF

Inclúe as correccións de erros publicadas no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, e no DOG 26, do 6 de febreiro de 2009.

Exposición de motivos

I

Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 son o principal instrumento do Goberno galego para o desenvolvemento da súa política económica. Están elaborados nun contexto económico e financeiro que vén claramente marcado polas incertezas manifestadas sobre o crecemento da economía mundial, derivadas do endurecemento da crise financeira internacional, que motiva unha revisión á baixa do crecemento da maioría das economías occidentais.

Os datos relativos á primeira metade de 2008 e os indicadores dispoñibles para o terceiro trimestre reflicten unha situación económica que, nos países avanzados, amosa unha tendencia contractiva que ten como efecto a diminución do consumo privado e do investimento.

Galicia posúe unha economía cun alto grao de apertura exterior, moi integrada nos mercados internacionais, e, polo tanto, non poderá quedar á marxe da traxectoria xeral que sigan os países máis desenvolvidos.

Non obstante, desde a perspectiva económica, nos tres últimos anos Galicia experimentou un notable cambio, rompendo unha crónica tendencia. A produción de bens e servizos creceu en Galicia máis que en España, o que propiciou unha aceleración do ritmo de converxencia en renda por habitante con España e coa Unión Europea, configurándose, polo tanto, unha base menos dependente dos sectores particularmente sensibles ao cambio do ciclo que nos permite afrontar o futuro inmediato nunha posición lixeiramente máis favorable que o noso contorno e manter un diferencial razoable na senda de crecemento.

Con todo, o novo escenario económico ten a súa repercusión nas fontes de ingresos da Comunidade Autónoma e fai necesario que as estimacións orzamentarias se adecúen a unhas dispoñibilidades financeiras máis limitadas, constituíndo asemade un estímulo necesario para a mellora da eficiencia das asignacións dos recursos públicos nas diferentes políticas de gasto plasmadas nos orzamentos.

Así, para 2009 os orzamentos defínense nun marco de austeridade e contención do gasto público e elabóranse en concordancia cunha orzamentación orientada a resultados, que permite reforzar a conexión entre o proceso orzamentario e a planificación estratéxica do Goberno.

Continuando no impulso do proceso de cambio no sistema de planificación, programación e elaboración orzamentaria iniciado nesta lexislatura para o establecemento dun sistema de orzamento por resultados, os orzamentos de 2009 reflicten o esforzo realizado polos distintos centros xestores para establecer os plans e programas de gasto no marco das prioridades e obxectivos estratéxicos e operativos, marcando deste xeito un salto cualitativo no sistema de asignación de recursos e na avaliación de resultados das diferentes políticas públicas.

As contas de 2009 articúlanse ao redor de tres eixes estratéxicos en coherencia coa política económica do Goberno:

En primeiro lugar, o impulso á actividade económica para contrarrestar os efectos da crise incrementando a produtividade e competitividade da economía galega.

No mesmo senso, o reforzo da solidariedade social e a mellora dos servizos públicos básicos, incrementando a protección social dos colectivos máis débiles e o nivel de servizos sociais acadado na sociedade galega, e por último a contención do gasto corrente canalizando os recursos orzamentarios cara ao investimento en capital produtivo.

No mesmo senso, os orzamentos de 2009 poñen o acento na asistencia ás persoas maiores, con discapacidade e dependentes, elevándose o gasto para cubrir as necesidades en servizos asistenciais para a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

Nesta orientación, estes orzamentos priorizan as accións destinadas a educación, impulso da I+D+i e sociedade da información, mellora das infraestruturas do transporte, apoio á actividade empresarial e ampliación das ferramentas de financiamento empresarial, creación de emprego, servizos sociais e dependencia, transporte público, vivenda e sanidade, e favorecendo a igualdade entre homes e mulleres no traballo, cumprindo así cos compromisos contidos no acordo polo emprego no marco do diálogo social e no Acordo pola competitividade de Galicia 2008-2011.

II

Polo que respecta ao marco xurídico, esta lei articúlase en seis títulos, que conteñen sesenta e un artigos, dez disposicións adicionais, unha disposición transitoria e cinco disposicións derradeiras.

No título I, «Aprobación dos orzamentos e réxime das modificacións de crédito», determínase o ámbito de aplicación e o contido dos orzamentos xerais desta Comunidade, que, nos termos da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, está determinado polos orzamentos da Administración xeral, dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas, así como polos que corresponden ás sociedades e demais entes de dereito público.

Así mesmo, neste título sublíñase o importe dos beneficios fiscais para 2009 e regúlanse os principios que rexen as modificacións orzamentarias, establecéndose as normas sobre o nivel de vinculación para determinados créditos orzamentarios, especificándose aqueles que van ter a consideración de ampliables e sinalándose as limitacións aplicables ás transferencias de crédito.

O título II, «Gastos de persoal», está dividido en dous capítulos, destinados, respectivamente, ás retribucións do persoal e a regular outras disposicións en materia de réxime de persoal activo.

Recóllese o incremento retributivo do 2% para o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma e autorízase o incremento do 1% da masa salarial do persoal funcionario en activo e do sometido a réxime administrativo e estatutario.

As retribucións dos altos cargos, como as persoas titulares da Presidencia, ou Vicepresidencia, e das consellarías, secretarías e direccións xerais e asimiladas, non experimentarán ningún aumento en 2009, circunstancia que tamén resulta aplicable ás persoas titulares das delegacións provinciais e territoriais dos distintos departamentos da Xunta de Galicia, así como das delegacións no exterior, e ás persoas que exercen as funcións do máximo nivel executivo nas axencias públicas autonómicas, nos organismos autónomos, nas sociedades públicas e nas fundacións do sector público autonómico.

Establécese, tamén, neste título a oferta pública de emprego para 2009, que como máximo alcanzará o 30% da taxa de reposición de efectivos coa excepción das prazas para acceso ao corpo de funcionariado docente e da cobertura de prazas en hospitais e centros do Servizo Galego de Saúde.

No título III, «Operacións de endebedamento e garantía», establécese a contía máxima do incremento da posición neta debedora da Comunidade Autónoma, distinguindo, expresamente, o importe que corresponde ao financiamento de investimentos en programas destinados a atender actuacións produtivas que non excede o 0,25% do PIB. O restante endebedamento non supera o 0,75% do PIB, polo que a Comunidade se acomoda, estritamente, aos límites establecidos na Lei orgánica 3/2006, do 26 de maio, de reforma da Lei orgánica 5/2001, do 13 de decembro, complementaria da Lei xeral de estabilidade orzamentaria. Ademais, prevense operacións para financiar adquisicións de activos financeiros a suxeitos non comprendidos no sector público autonómico.

En liña co reforzamento do impulso ao apoio financeiro aos proxectos empresariais amplíase a contía dos avais que pode conceder o Instituto Galego de Promoción Económica e fíxase en cincocentos millóns de euros.

O título IV, «Xestión orzamentaria», introduce novidades como a regulación das encomendas de xestión, as transferencias de financiamento e as subvencións nominativas, establecendo normativa propia para estas institucións co obxectivo de incrementar a eficacia, a eficiencia e o control do gasto público.

Así, respecto da encomenda de xestión, defínense as entidades que terán a consideración de medio propio coas que tanto a Administración da Xunta de Galicia como as súas entidades vinculadas deberán realizar as encomendas de xestión. Establécese tamén o sistema de tarifas a que deberán adecuarse e a regulación da concesión de anticipos.

Polo que respecta ás subvencións nominativas, establécese o seu concepto, sinálase o réxime de modificación dos créditos previstos para elas e regúlase o seu réxime de pagamento. En canto ás transferencias de financiamento, establécese o seu concepto e regúlase o réxime de libramento segundo a súa natureza corrente ou de capital.

Do mesmo modo, neste título dáse cumprimento ao establecido na disposición transitoria terceira da Lei de subvencións de Galicia respecto da determinación de exoneracións a certos beneficiarios de subvencións. Tamén se actualizan as contías dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados.

O título V, «Corporacións locais», establece as novas porcentaxes de participación dos concellos galegos nos tributos da Comunidade Autónoma, a través dos distintos compoñentes do Fondo de Cooperación Local. Destaca o incremento do fondo complementario na contía de seis millóns de euros e a inclusión doutros tres millóns adicionais en concepto de compensación extraordinaria de 2005, en cumprimento dos acordos alcanzados no marco do Pacto local.

No título VI, «Normas tributarias», polo que respecta aos tributos propios procédese a incrementar nun 2% os tipos das taxas de contía fixa e introdúcense modificacións en determinadas taxas. Ademais, actualízanse os tipos de gravame do canon de saneamento e incorpóranse coeficientes redutores destes tipos para industrias específicas. Por outra parte, modifícase a tarifa do imposto de contaminación atmosférica, ampliando o número de tramos, e regúlase a súa presentación e pagamento por medios telemáticos.

En canto aos tributos cedidos, modifícase o tipo de gravame dos documentos notariais que formalicen a constitución e cancelación de dereitos de garantía para determinados suxeitos pasivos, e procédese a actualizar a taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar nun 2%.

Finalmente, nas dez disposicións adicionais que inclúe a lei abórdanse diversos aspectos entre os que hai que destacar a formulación técnica que posibilite a configuración da estrutura inicial do orzamento das axencias públicas autonómicas que se poidan constituír no exercicio, co obxectivo de incrementar o control da eficiencia do gasto público.

Inclúese, tamén, unha disposición relativa ao fondo extraordinario de axuda ás pensións, continuando na liña iniciada o ano anterior de establecemento dunha axuda complementaria ás persoas beneficiarias de pensións non contributivas de invalidez e xubilación e doutras prestacións equiparables. A súa dotación elévase a dez millóns de euros e o crédito orzamentario no que se consigna terá carácter de ampliable.

Por último, e dentro das disposicións derradeiras, inclúese un conxunto de disposicións en materias directamente relacionadas coa execución dos gastos, entre as que se atopa a modificación do artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que afecta os gastos plurianuais, co obxectivo de adaptar a súa regulación á nova lexislación en materia de contratos do sector público, así como a modificación do artigo 69, punto 2, da citada Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, establecendo a correspondente identidade entre a natureza dos ingresos que dan orixe aos expedientes de xeración de crédito e a dos gastos que se poidan xerar.

Por último, recóllese igualmente nestas disposicións a modificación de dous preceptos de carácter permanente da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2008 relativos á comprobación de valores, co obxecto de considerar o catastro inmobiliario como único rexistro oficial de carácter fiscal para os bens inmobles.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

TÍTULO I APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS E RÉXIME DAS MODIFICACIÓNS DE CRÉDITO

CAPÍTULO I APROBACIÓN DOS CRÉDITOS INICIAIS E DO SEU FINANCIAMENTO

Artigo 1º.-Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2009, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral.

b) Os orzamentos dos organismos autónomos.

c) Os orzamentos das axencias públicas autonómicas.

d) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

e) Os orzamentos das demais sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 2º.-Orzamentos da Administración xeral, dos organismos autónomos e das axencias públicas autonómicas.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas autonómicas consígnanse créditos por importe de 11.792.823.088 euros, distribuídos da forma seguinte:

[figura]

As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da comunidade autónoma, dos organismos autónomos e das axencias públicas representan 3.691.695.121 euros, distribuídos segundo o seguinte detalle:

[figura]

Dous.-A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira:

[figura]

[figura]

[figura]

Tres.-A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:

[figura]

Catro.-Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da comunidade autónoma, nos dos seus organismos autónomos e nos das axencias públicas autonómicas recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 11.792.823.088 euros, distribuídos da seguinte forma:

[figura]

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan aos tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á comunidade autónoma estímanse en 160.619.661 euros, consonte o seguinte detalle:

-Imposto sobre sucesións e doazóns: 64.194.044 euros.

-Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 64.397.924 euros.

-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 32.027.693 euros.

En cumprimento do establecido no artigo 55.2º da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 49.325.670 euros.

Artigo 3º.-Orzamento das sociedades públicas.

Un.-Sociedades mercantís.

Apróbanse os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís, que se relacionan no anexo 4 desta lei, que recollen as súas estimacións de gastos e previsións de ingresos referidas aos seus estados financeiros.

Dous.-Entes públicos.

Apróbanse os orzamentos de explotación e capital dos entes públicos aos que se refire a letra e) do artigo 1, e que se relacionan no anexo 5 desta lei, que inclúen a estimación de gastos e a previsión de ingresos referidas aos seus estados financeiros.

Tres.-Aprobación de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas.

Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas que se indican no anexo 6 desta lei con cargo aos orzamentos de gastos dos departamentos da Xunta ou dos organismos autónomos aos que figuran adscritas.

CAPÍTULO II DAS MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS

Artigo 4º.-Réxime xeral das modificacións orzamentarias.

Un.-As modificacións de créditos orzamentarios serán autorizadas consonte os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do indicado neste capítulo.

Dous.-As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, recollendo adecuadamente os motivos que a xustifican, tanto os referentes á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista e á repercusión sobre os obxectivos do programa afectado.

Á comunicación á que se refire a disposición adicional segunda do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, uniráselle unha explicación sobre os motivos que a xustifican con relación ao novo gasto proposto e a súa repercusión, se é o caso, sobre os obxectivos do programa afectado en relación cos inicialmente previstos.

Artigo 5º.-Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.

Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, atribúenselle á persoa titular da Consellería de Economía e Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorporar os créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea, de acordo co previsto nos regulamentos do Marco de apoio comunitario que resulten aplicables.

b) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído consonte o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.

c) Para incorporar ao crédito 05.41.312A.480.1 (Risga), do orzamento do ano 2009, o crédito 05.41.312A.480.1 do ano 2008, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para incorporar o crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga dos créditos xerados, con destino ao financiamento de gastos derivados da realización de probas de selección de persoal, como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos no artigo 30, «Taxas administrativas».

e) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas e prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas seccións orzamentarias no anexo 1 desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 9º.

f) Para xerar crédito polo importe que corresponda aos maiores ingresos pola prestación do servizo de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.

g) Para xerar crédito no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferenza que poida existir entre a liquidación definitiva de exercicios anteriores correspondente aos distintos mecanismos financeiros do sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e a estimada no estado de ingresos para o dito concepto.

h) Para xerar crédito, na sección orzamentaria correspondente, por contía igual ao importe das compensacións económicas a favor da comunidade autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

i) Para xerar crédito no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou se é o caso nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

j) Para xerar crédito destinado á atención das obrigas derivadas de expedientes de expropiacións e do pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria, nos supostos previstos nos artigos 41 e 42 desta lei.

k) Para xerar crédito por ingresos derivados de pagamentos indebidos efectuados con cargo a créditos do orzamento corrente ou de anteriores exercicios.

l) Para xerar crédito na sección 07, Consellería de Economía e Facenda, e na sección 11, Consellería do Medio Rural, polo importe que corresponda ao produto da venda do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais e provinciais, con destino aos fins previstos na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, e na disposición adicional cuarta da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego. Para tal fin, por pedimento da consellaría interesada, a Consellería de Economía e Facenda tramitará o oportuno expediente de desafectación, de acordo co disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega e nos artigos 24 e seguintes do seu regulamento de execución.

m) En relación co orzamento do Servizo Galego de Saúde:

1. Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Servizo Galego de Saúde:

-30, «Taxas administrativas».

-37, «Ingresos por ensaios clínicos».

-36, «Prestacións de servizos sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.

2. Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ao financiamento dos centros e servizos sanitarios transferidos á comunidade autónoma polas corporacións locais, sempre que excedan as cifras orzadas inicialmente por eses conceptos no correspondente exercicio.

3. Para xerar crédito en relación cos ingresos derivados de acordos transaccionais formalizados coas corporacións locais en materia de financiamento dos hospitais transferidos.

4. Para autorizar modificacións de crédito destinadas á atención de necesidades que se produzan ao longo do exercicio en calquera capítulo de gastos do Servizo Galego de Saúde, en relación coas dotacións do fondo de continxencia orzado no capítulo V dese organismo autónomo.

n) Para xerar crédito nas aplicacións orzamentarias de gasto do organismo autónomo Augas de Galicia financiadas polo canon de saneamento, polo importe correspondente aos maiores ingresos recadados sobre os orzados inicialmente.

ñ) Para xerar crédito no capítulo VIII de gastos cos ingresos do capítulo IX procedentes das operacións de refinanciamento de débeda ás que se refire o parágrafo terceiro do artigo 32º.Un desta lei.

o) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecuar os créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superaren o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.

p) Para introducir as variacións que sexan necesarias nos programas de gasto dos organismos autónomos, das axencias públicas autonómicas e dos entes públicos para reflectir as repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

q) Para realizar as adaptacións técnicas e as transferencias de crédito que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos e axencias públicas autonómicas ou traspaso de competencias nas que estean implicadas outras administracións, sen que en ningún caso, polo que se refire aos dous primeiros supostos, poida orixinarse incremento de gasto.

r) Autorizar transferencias de créditos entre programas incluídos en distinto grupo de función, correspondentes a servizos dunha mesma consellaría, cando teñan por obxecto cofinanciar incorporacións de remanentes de crédito de exercicios anteriores correspondentes a financiamento condicionado.

s) Para efectuar no orzamento de capital do Instituto Galego de Promoción Económica as modificacións que sexan precisas para a disposición do préstamo autorizado no punto Dous do artigo 32 desta lei.

Artigo 6º.-Vinculación de créditos.

Un.-Os créditos consignados nos estados de gastos destes orzamentos quedarán vinculados ao nivel establecido no artigo 56 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con excepción dos créditos que se relacionan a seguir, que serán vinculantes co grao de vinculación que se indica:

120.20, «Substitucións de persoal non docente».

120.21, «Substitucións de persoal docente».

120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos/as substitutos/as docentes».

120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente».

121.07, «Sexenios».

130.02, «Complemento de perigosidade, penosidade e toxicidade».

131, «Persoal laboral temporal».

132, «Persoal laboral temporal (profesorado de relixión)».

131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal».

136, «Persoal investigador en formación».

220.03, «Diario Oficial de Galicia».

226.01, «Atencións protocolarias e representativas».

226.02, «Publicidade e propaganda».

226.06, «Reunións, conferencias e cursos».

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

227.06, «Estudos e traballos técnicos».

228, «Gastos de funcionamento de centros e servizos sociais».

229, «Gastos de funcionamento de centros docentes non universitarios».

A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 05.41.311A.227.65, «Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal», e ás diferentes aplicacións do capítulo VI correspondentes a mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Os conceptos 480, «Transferencias correntes a familias», e 481, «Transferencias correntes a institucións sen fin de lucro», por unha parte, e os conceptos 780, «Transferencias de capital a familias», e 781, «Transferencias de capital a institucións sen fin de lucro», por outra, serán vinculantes entre si. A mesma consideración terán os créditos dos subconceptos 221.07, «Comedores escolares», e 223.08, «Transporte escolar», que vincularán entre eles.

Dous.-As transferencias ás que se refire o artigo 67 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas pola persoa titular da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 7º.-Créditos ampliables.

Un.-Con independencia dos supostos previstos no punto 1 do artigo 64 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:

a) Os incluídos na aplicación 07.03.621A.227.08, destinados ao pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.

b) Os destinados a satisfacer as cantidades que deben percibir as persoas titulares de oficinas liquidadoras dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferenza existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.

d) Os destinados ao pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola comunidade autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

e) Os créditos destinados ao pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes aos traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

f) Os créditos de transferencias a favor da comunidade autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da tesouraría que resulten como consecuencia da súa xestión.

g) Os incluídos na aplicación 05.30.312B.480.0, destinados ao pagamento de prestacións familiares, por fillos menores de tres anos ao seu cargo, a persoas que non están obrigadas a presentar declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.

h) Os incluídos na aplicación 21.01.811B.760.2 con destino ao pagamento da liquidación de exercicios anteriores que corresponde ao Fondo de Cooperación Local.

i) Os créditos vinculantes incluídos nas aplicacións 120.20, «Substitucións de persoal non docente», 120.21, «Substitucións de persoal docente», e 120.22, «Regularización da parte proporcional das vacacións dos/as substitutos/as docentes», que se considerarán ampliables unicamente con retencións noutros créditos do capítulo I da propia sección orzamentaria ou organismo autónomo.

j) Os créditos incluídos na aplicación 05.80.313D.480.0, destinados ao pagamento de axudas directas a mulleres vítimas de malos tratos.

k) Os créditos incluídos na aplicación 23.02.621B.480.0, destinados ao pagamento das axudas económicas do Fondo extraordinario de axudas das persoas beneficiarias de pensións e subsidios non contributivos.

Dous.-Para os efectos do previsto no artigo 64.1.g) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, terán a consideración de seccións orzamentarias as secretarías xerais da Presidencia.

Tres.-O financiamento das ampliacións de crédito, ademais de por medio dos mecanismos previstos no artigo 64.2 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderá tamén realizarse con baixas de crédito noutros conceptos orzamentarios.

Artigo 8º.-Transferencias de crédito.

Un.-Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.

Esa restrición non lles será aplicable:

a) Cando se destinen á atención de gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras situacións de natureza análoga e carácter excepcional.

b) Aos incrementos do capítulo I que, se é o caso, poidan orixinarse polo desenvolvemento de procesos de regularización derivados de acordos sobre materias de función pública subscritos entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais.

c) Aos incrementos do capítulo I derivados do cumprimento de sentenzas xudiciais firmes ou autos de obrigada execución, así como os derivados do cumprimento da disposición transitoria terceira do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e da disposición transitoria novena bis do IV Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

d) Excepcionalmente, cando as características das actuacións que deban executarse para o cumprimento da finalidade do programa orzamentario previsto exixan a adecuación da natureza económica do gasto.

Dous.-Polo que se refire ás seccións 09, «Educación e Ordenación Universitaria», e 13, «Sanidade», e á sección 05, «Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar», no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada na alínea anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 5% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20% para o Servizo Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementaren créditos do capítulo I destinados ao asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación for a de realización de obra ou servizo prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

Tres.-Con vixencia exclusiva para o exercicio do ano 2009, e sen prexuízo do disposto no resto de alíneas deste artigo, as transferencias de crédito axustaranse ás seguintes regras:

a) Poderán incrementarse os créditos autorizados inicialmente nas aplicacións orzamentarias dos subconceptos 131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal», e 120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente», mediante transferencias de crédito do concepto 131, cun límite máximo conxunto do 30% dos créditos iniciais do dito concepto. A superación deste límite con cargo a outros conceptos do capítulo I deberá ser autorizada polo Consello da Xunta por proposta do departamento solicitante e con informe previo da Intervención Xeral e da Dirección Xeral de Orzamentos.

b) Non se incrementarán os créditos autorizados inicialmente nas aplicacións orzamentarias do subconcepto 226.02, «Publicidade e propaganda».

Non obstante, esta última limitación non afectará o Servizo Galego de Saúde nin a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer público calquera tipo de modificación no funcionamento dos servizos sanitarios que deba ser coñecida polos usuarios ou medidas de seguranza en materia de protección civil derivadas da existencia de riscos non previstos, respectivamente.

c) Non se poderán diminuír os créditos consignados no programa 312D, «Servizos sociais de atención ás persoas en situación de dependencia».

Catro.-As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nas letras b) e c) do artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non afectarán as transferencias de crédito que se refiran aos artigos 43 e 73 da clasificación económica do gasto.

Con independencia do anterior, esas mesmas limitacións entenderanse referidas, no orzamento do Servizo Galego de Saúde, ao orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non aos orzamentos totais.

Cinco.-Ás transferencias de crédito que afecten unicamente a clasificación orgánica e que se efectúen entre centros de gasto do Servizo Galego de Saúde non lles serán aplicables as limitacións previstas no artigo 68 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, por teren a consideración de simples redistribucións de crédito.

Para os efectos do sinalado no parágrafo anterior terán tamén a condición de redistribucións de créditos as transferencias dentro dos centros que teñan a consideración de área sanitaria, sempre que non afecten a clasificación económica.

Seis.-Ás transferencias de crédito que afecten ás aplicacións do Servizo Galego de Saúde e que financien a sociedades mercantís e entes públicos de carácter sanitario non lles serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68.1º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Sete.-Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como nas alíneas anteriores deste artigo, o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellaría durante este exercicio non poderá diminuír as consignacións iniciais, ao nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20%.

O indicado no parágrafo anterior non será aplicable nos seguintes casos:

a) Cando teñan por obxecto incrementar conceptos do capítulo I de gastos.

b) Cando se refiran á sección 23, «Gastos de diversas consellarías».

c) Cando se refiran ao centro de xestión 5001 do Servizo Galego de Saúde.

d) Cando se refiran a fondos propios que pasen a cofinanciar proxectos con fondos europeos.

e) Cando se refiran aos créditos consignados no concepto 500, «Fondo de continxencia da Lei 5/2002», do orzamento de gastos do Servizo Galego de Saúde.

f) Cando se refiran a axudas ou subvencións, no caso de que a orde de convocatoria pola que se rexe a súa concesión asigne o gasto a diversas aplicacións orzamentarias e non sexa posible determinar previamente a contía imputable a cada unha delas.

g) As que se refiren aos artigos 43 e 73 da clasificación económica do gasto.

h) Cando se realicen entre créditos dos capítulos VI e VII do estado de gastos.

i) Cando teñan por obxecto atender gastos extraordinarios derivados de catástrofes, sinistros ou outras actuacións de natureza análoga e carácter excepcional.

j) Cando teñan por obxecto adecuar a natureza económica dos créditos dun programa orzamentario que permita o cumprimento da súa finalidade.

Artigo 9º.-Adecuación de créditos.

Para facilitar a consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2009, os créditos incluídos nos estados de gastos poderán experimentar os axustes necesarios para acomodar o seu importe ao dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da comunidade autónoma ou dos seus organismos autónomos.

Sen prexuízo do indicado no artigo 5.o) desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumprir o previsto no parágrafo anterior.

Artigo 10º.-Transferencia de remanentes líquidos de tesouraría.

Os organismos autónomos e as sociedades públicas de carácter non mercantil da comunidade autónoma transferiranlle ao orzamento da Administración xeral da comunidade autónoma o importe do remanente de tesouraría non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 621B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderalles limitar os libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria.

Artigo 11º.-Consello de Contas.

Con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos con carácter xeral, as autorizacións de ampliacións e transferencias de crédito que se atribúen á persoa titular da Consellería de Economía e Facenda entenderanse referidas ao órgano competente do Consello de Contas cando correspondan ao orzamento do citado consello.

As modificacións autorizadas deberán ser comunicadas para a súa instrumentación á Dirección Xeral de Orzamentos.

TÍTULO II GASTOS DE PERSOAL

CAPÍTULO I RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL

Artigo 12º.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ao servizo da comunidade autónoma, incluídas as que en concepto de pagas extraordinarias correspondan en aplicación do artigo 12.Dous da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, nos termos recollidos no artigo 12.Un da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, non poderán experimentar no ano 2009 un incremento global superior ao 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2008, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-Adicionalmente ao previsto na alínea Un deste artigo, a masa salarial do persoal funcionario en servizo activo ao que lle resulte aplicable o réxime retributivo do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, así como a do resto do persoal sometido a réxime administrativo e estatutario, experimentará un incremento do 1%, que se distribuirá na forma que se determine, nas normas ditadas en desenvolvemento desta lei, co obxecto de lograr progresivamente unha acomodación das retribucións complementarias, excluídas a produtividade e as gratificacións por servizos extraordinarios, que permita a súa percepción en catorce pagas ao ano, doce ordinarias e dúas adicionais nos meses de xuño e decembro.

Así mesmo, a masa salarial do persoal laboral experimentará o incremento necesario para facer posible a aplicación a este dunha contía anual equivalente á que resulte para o persoal funcionario, de acordo co disposto no parágrafo anterior desta alínea.

Tres.-Para o cálculo dos límites aos que se refire a alínea anterior, aplicarase a porcentaxe sobre o gasto correspondente ao conxunto das retribucións devengadas polo persoal funcionario nos seguintes conceptos retributivos: retribucións básicas e complementarias e a masa salarial correspondente ao persoal sometido á lexislación laboral definida no artigo 14º desta lei, sen computar para estes efectos os gastos de acción social, agás no caso do incremento previsto na alínea Un.

Non computarán, para os efectos do sinalado na alínea anterior, a indemnización por residencia e a indemnización por destino no estranxeiro.

Catro.-As retribucións que percibirá no ano 2009 o persoal funcionario ao que resulta aplicable o artigo 76 do estatuto básico do empregado público incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta do citado estatuto básico, no concepto de soldo e trienios que corresponda ao grupo ou subgrupo en que se atope clasificado o corpo ou escala a que pertenza a persoa funcionaria, referidas a doce mensualidades, serán as seguintes:

[figura]

Cinco.-Para efectos do disposto na alínea anterior, as retribucións que percibirá o persoal funcionario que ata a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 viñan referenciadas aos grupos de titulación previstos na lexislación da función pública galega, e que se corresponden nos mesmos termos cos grupos recollidos no texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, pasan a estar referenciadas aos grupos e subgrupos de clasificación profesional establecidos no artigo 76 e na disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o estatuto básico do empregado público, sen experimentar outras variacións que as derivadas dos incrementos previstos nesta lei. As equivalencias entre ambos os sistemas de clasificación son as seguintes:

[figura]

Seis.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ao establecido neste artigo, resultando inaplicables no caso contrario.

Sete.-O disposto nas alíneas precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Oito.-Este artigo aplicaráselle ao persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos o dito sector público está constituído por:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da comunidade autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As axencias públicas autonómicas.

d) As universidades de Galicia.

e) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da comunidade autónoma.

f) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 13º.-Criterios retributivos aplicables ao persoal ao servizo da comunidade autónoma non sometido á lexislación laboral.

Un.-As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 2008, sen prexuízo do establecido no punto Dous do artigo 12 desta lei se é o caso, e da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.

As pagas extraordinarias do persoal incluído no ámbito de aplicación deste artigo e que se percibirán nos meses de xuño e decembro serán dunha mensualidade do soldo, trienios, se é o caso, e complemento de destino ou concepto ou contía equivalente en función do réxime retributivo dos colectivos aos que este artigo resulte aplicable.

Os incrementos establecidos nos parágrafos anteriores non serán aplicables ás retribucións de cargos, postos e colectivos recollidos nos artigos 15, 17 e 18 desta lei.

Dous.-O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un incremento do 2% con respecto ao do exercicio de 2008, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

Tres.-Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

Catro.-As indemnizacións por razón do servizo rexeranse pola súa normativa específica.

Cinco.-As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinado persoal funcionario da comunidade autónoma, liquidaránselles ás persoas beneficiarias conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 14º.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican na alínea Oito do artigo 12 desta lei non poderá experimentar un crecemento global superior ao 2% respecto da correspondente ao ano 2008, comprendidos nesta porcentaxe todos os conceptos sen prexuízo do disposto no punto Dous do artigo 12 desta lei e do que puider derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da produtividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cuxa distribución e aplicación individual se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e mais os gastos de acción social devengados durante o ano 2008 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ao sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realizar o traballador ou traballadora.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ao réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2009 deberase satisfacer a totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas dos convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2009 e todas as que se produzan ao longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ao devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores aos que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da comunidade autónoma.

Artigo 15º.-Retribucións dos altos cargos e doutro persoal directivo.

Un.-Continúan vixentes para 2009 as retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias, establecidas no punto Un do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Dous.-Continúan vixentes para 2009 as retribucións totais dos membros do Consello de Contas de Galicia nos mesmos termos e contías establecidos na alínea Dous do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Tres.-Continúan vixentes para 2009 as retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, establecidas na alínea Tres do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Catro.-Continúan vixentes para 2009 as retribucións dos altos cargos do Tribunal Galego de Defensa da Competencia establecidas na alínea Catro do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Cinco.-Continúan vixentes para 2009 as retribucións totais percibidas, por todos os conceptos no ano 2008, agás as que lles corresponda devengar polo concepto de antigüidade se é o caso, polas persoas titulares das presidencias e vicepresidencias e, se é o caso, das direccións xerais, xerencias, outras direccións ou asimiladas, cando lles corresponda o exercicio de funcións executivas de máximo nivel, nas entidades a que se refiren as alíneas c), e) e f) do punto Oito do artigo 12 desta lei.

Seis.-Por proposta da persoa titular da consellaría á que se atopen adscritos, as retribucións iniciais das persoas titulares das presidencias e vicepresidencias e, se é o caso, das direccións xerais das entidades a que se refire a alínea anterior deste artigo serán autorizadas, logo do informe conxunto da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos, pola persoa titular da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 16º.-Complemento persoal.

O persoal funcionario designado para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas autonómicas que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantiver unha relación de servizo permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderá percibir retribucións inferiores ás que tiña asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferenza entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servizos extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle correspondan polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase, se é o caso, na mesma porcentaxe que corresponda ao incremento retributivo atribuído con carácter xeral na lei de orzamentos de cada exercicio.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 17º.-Retribucións das persoas titulares das delegacións provinciais e territoriais dos departamentos da Xunta de Galicia.

Continúan vixentes para 2009 as contías das retribucións das persoas titulares das delegacións provinciais e territoriais dos distintos departamentos da Xunta de Galicia establecidas no artigo 17 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Así mesmo, terán dereito a percibir os trienios que puideren ter recoñecidos como persoal funcionario e persoal ao servizo das administracións públicas.

Artigo 18º.-Retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior.

Continúan vixentes para 2009 as contías das retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior establecidas no artigo 18 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008, sen prexuízo do dereito ás indemnizacións, axudas de custo e aplicación de coeficientes por razón de servizo que puideren corresponderlles por residencia no estranxeiro. Así mesmo terán dereito a percibir os trienios que puideren ter recoñecidos como persoal funcionario e persoal ao servizo das administracións públicas.

Artigo 19º.-Retribucións do persoal funcionario da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o estatuto básico do empregado público.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 12 desta lei, as retribucións que percibirá no ano 2009 o persoal funcionario incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o estatuto básico do empregado público, que desempeñe postos de traballo para os que o Goberno da comunidade autónoma aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ao grupo ou subgrupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o persoal funcionario, de acordo coas contías reflectidas no artigo 12.Catro desta lei referidas a doce mensualidades.

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ao ano, percibiranse de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 1989. O importe de cada unha destas pagas será dunha mensualidade do soldo, trienios e complemento de destino.

Cando o persoal funcionario prestar unha xornada de traballo reducida durante os seis meses anteriores aos meses de xuño e decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente redución proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

[figura]

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos nos que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ao posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ao posto que se desempeñe experimentará na súa contía un incremento do 2% con respecto ao aprobado para o exercicio do ano 2008, sen prexuízo do previsto no artigo 12.Dous desta lei.

e) O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o persoal funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 69.3º c) do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.

O complemento de produtividade establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría correspondente e logo do informe das consellarías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda, unha vez escoitados os órganos de representación do persoal. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de produtividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servizos extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta do departamento correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servizos extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2009, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios, para estes efectos.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ao producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista nos parágrafos anteriores, o incremento de retribucións de carácter xeral que se establece nesta lei só se computará no 50% do seu importe, entendendo que teñen este carácter o soldo, referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o específico.

Dous.-O persoal funcionario interino incluído no ámbito de aplicación da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o estatuto básico do empregado público, percibirá a totalidade das retribucións básicas, incluídos trienios e pagas extraordinarias, e a totalidade das retribucións complementarias que correspondan ao posto de traballo para o que sexa nomeado, excluído o que estea vinculado á condición de persoal funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de produtividade poderá atribuírselle, se é o caso, ao persoal funcionario interino ao que se refire a alínea anterior, así como ao persoal laboral temporal e ao persoal funcionario en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ao persoal funcionario que desempeñe análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de persoal funcionario de carreira.

Artigo 20º.-Retribucións do persoal ao servizo das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Un.-En aplicación do previsto na disposición transitoria sexta.1.a) da Lei 55/2003, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, o persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 19.Un.a), b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda.Dous do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes ao complemento específico, ao complemento de atención continuada e mais ao complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, lle correspondan ao referido persoal experimentará o incremento do 2% respecto do importe aprobado para o exercicio de 2008, sen prexuízo da percepción adicional dun incremento equivalente ao establecido na alínea Dous do artigo 12 desta lei.

A contía individual do complemento de produtividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c) e na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987 e no artigo 43.2 da Lei 55/2003, e nas demais normas ditadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 12 desta lei.

Tres.-O complemento retributivo de carreira profesional rexerase pola súa normativa específica.

Artigo 21º.-Execución do acordo sobre medidas retributivas.

O Acordo da Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e do Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia sobre medidas retributivas, asinado o 11 de xuño de 2007 entre as organizacións sindicais -CIG, CC.OO., UGT e CSICSIF- e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, será executado con cargo aos créditos consignados no capítulo I.

CAPÍTULO II OUTRAS DISPOSICIÓNS EN MATERIA DE RÉXIME DO PERSOAL ACTIVO

Artigo 22º.-Prohibición de ingresos atípicos.

O persoal comprendido dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daquel sometido ao réxime de arancel, non poderá percibir ningunha participación nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servizo ou xurisdición, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estiveren normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre gozo de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 23º.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2009 poderán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei, así como para axustar aquelas á creación, de ser o caso, de prazas derivadas da condición de indefinición da relación laboral prevista tanto na disposición transitoria terceira do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, como na disposición transitoria novena bis do IV Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia, segundo o procedemento que se determine.

Se a persoa declarada laboral indefinida non estiver adscrita a un posto de traballo, este incluirase na relación de postos de traballo da consellaría ou organismo afectado, de tal xeito que, unha vez modificada esta, a persoa afectada pola sentenza será adscrita ao posto de nova creación. Posteriormente procederase á súa inmediata cobertura polo procedemento legal ou regulamentariamente previsto.

Artigo 24º.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 2008 non se correspondan coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 14/2006, do 28 de decembro, e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán no ano 2009 un incremento do 2% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da comunidade autónoma, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas, nos casos de adscrición durante o ano 2009 de persoal funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ao posto de traballo a que se adscribe, o devandito persoal funcionario percibirá as retribucións que correspondan ao posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por proposta das consellarías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do persoal funcionario.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ao persoal funcionario, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 25º.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Será necesario informe favorable emitido conxuntamente polas consellarías de Economía e Facenda e de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para determinar ou modificar as condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ao servizo de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da comunidade autónoma e os seus organismos autónomos.

c) As axencias públicas autonómicas.

d) As universidades de Galicia.

e) As fundacións públicas sanitarias e as demais fundacións do sector público da comunidade autónoma.

f) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2009, deberase solicitar da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que poidan contraerse como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante o ano 2008.

Cando a consecuencia de convenios ou acordos colectivos resulte a obriga de recoñecementos de complementos persoais de carácter transitorio, deberá establecerse que estes complementos serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza nos exercicios sucesivos, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán o complemento de antigüidade, o complemento de produtividade nin as horas extraordinarias para estes efectos.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, o incremento de retribucións de carácter xeral que se establece nesta lei só se computará no 50% do seu importe.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo cuxas retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante o ano 2008.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe ao que se refire a alínea Un deste artigo.

Tres.-Para os efectos das alíneas anteriores, entenderase por determinación ou modificación das condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) O asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados na alínea Un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) A aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) A fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) O outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

e) Determinación das retribucións correspondentes ao persoal contratado no exterior.

Catro.-Co fin de emitir o informe sinalado na alínea Un deste artigo, as consellarías, os organismos e os entes remitiranlles á Consellería de Economía e Facenda e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o correspondente proxecto, con carácter previo ao seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, xunto coa achega da valoración de todos os seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2009 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ao control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto nos artigos 13º e 14º desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ao que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non se poderán autorizar gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2009 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 26º.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos, das axencias públicas autonómicas e das sociedades e fundacións públicas da comunidade autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Artigo 27º.-Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos.

Un.-Os departamentos da Xunta de Galicia, os organismos autónomos e as axencias públicas autonómicas poderán formalizar durante o ano 2009 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servizos que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servizos correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servizos non poidan ser executados por persoal fixo.

d) Que se refiran a obras e proxectos concretos.

Do cumprimento dos anteriores requisitos deberase deixar constancia no correspondente expediente de contratación.

Dous.-Os contratos teranse que formalizar seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Nos contratos farase constar a obra ou o servizo para cuxa realización se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puideren derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

O gasto xerado por estas contratacións, con excepción das suxeitas normativamente ao Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, así como o gasto que corresponda ás contratacións de persoal temporal dedicado á extinción de incendios forestais e ás contratacións de persoal temporal asociado a proxectos de investigación, imputaranse ao concepto correspondente do artigo 13 no programa e na consellaría de que se trate.

Tres.-A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos nos que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada do departamento certificará, despois da proposta fundamentada do xestor, que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.

Catro.-A contratación poderá exceder o exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servizos que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Cinco.-O servizo xurídico do departamento ou organismo emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Seis.-Non se poderán realizar contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servizos previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Sete.-Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ao 31 de decembro de 1999 poderán continuar imputándose ao capítulo VI do orzamento de gastos do correspondente departamento ata o seu termo.

Artigo 28º.-Nomeamento de persoal funcionario interino para a execución de programas de carácter temporal previstos no anexo de investimentos.

Un.-Os departamentos da Xunta de Galicia, os organismos autónomos e as axencias públicas autonómicas poderán realizar nomeamentos de persoal funcionario interino para a execución de programas de carácter temporal, consonte o previsto no artigo 10.1º, letra c), da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o estatuto básico do empregado público, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:

a) Que tales programas correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da comunidade autónoma.

b) Que a súa duración non exceda o vixente exercicio orzamentario.

c) Que a natureza das funcións que se van desenvolver sexa propia do persoal funcionario.

Dous.-Non se poderán realizar os citados nomeamentos sen o previo informe conxunto da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Economía e Facenda.

Para a emisión do dito informe o departamento solicitante deberá achegar unha memoria xustificativa do contido do programa e da súa duración, custo e financiamento.

Os créditos de investimentos entenderanse adecuados para a imputación do custo correspondente a estes nomeamentos se non existe crédito suficiente no concepto orzamentario destinado especificamente para tal fin.

Tres.-A selección e nomeamento do persoal ao que se refire este artigo axustarase ao procedemento establecido polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. No nomeamento farase constar o programa temporal á cuxa execución se adscribe e a súa duración.

Artigo 29º.-Nomeamento de profesorado interino a tempo parcial en centros docentes non universitarios.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá efectuar, nos centros docentes non universitarios, o nomeamento de profesorado interino con horarios de traballo inferiores aos establecidos con carácter xeral, que percibirá as retribucións básicas e complementarias de forma proporcional á xornada traballada.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tratará de completar o horario docente do persoal interino, compartindo, de ser necesario, varios centros de ensino, para minimizar deste xeito o número de prazas ofertadas segundo o parágrafo anterior.

No caso de ser necesario o nomeamento para prazas a tempo parcial, daráselle preferencia para optar a estas ao profesorado que voluntariamente queira acceder a elas, sobre todo a aquelas persoas que aleguen necesidades de conciliación da vida familiar e laboral.

Artigo 30º.-Profesores e profesoras de corpos docentes.

Sen prexuízo do establecido con carácter xeral no artigo 74, punto 5, do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e atendendo as peculiaridades do persoal docente, recoñecidas polo artigo 1, punto 2, do referido texto refundido, os profesores e profesoras dos corpos docentes previstos no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán percibir ata o total das súas retribucións tanto básicas coma complementarias cando sexan autorizados para o gozo de licenzas por estudos durante o curso escolar, nos supostos, termos, prazos e condicións que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Artigo 31º.-Oferta de emprego público para o ano 2009.

Un.-Durante o ano 2009, o número total de prazas de novo ingreso do persoal do sector público ao que se refire a alínea Oito do artigo 12º desta lei será, como máximo, igual ao 30% da taxa de reposición de efectivos e concentraranse nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na comunidade autónoma. Dentro deste límite, a oferta de emprego incluirá todos os postos e prazas desempeñados por persoal laboral contratado ou persoal interino nomeado, ao que se refire a alínea a) do punto 1 do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, excepto aqueles sobre os que exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de provisión. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 9º desta lei.

A limitación a que se fai referencia na alínea anterior non será aplicable:

a) Á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en relación co número de prazas para o acceso ao corpo de persoal funcionario docente para o desenvolvemento da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ao Servizo Galego de Saúde en relación coa cobertura das correspondentes prazas nos seus hospitais e centros de saúde.

Dous.-O Consello da Xunta poderá autorizar, coa limitación establecida na alínea Un deste artigo, por proposta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ou, se é o caso, das consellarías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria das prazas vacantes.

Tres.-As convocatorias de prazas vacantes dos entes públicos aos que se refire o artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e das sociedades de carácter mercantil dependentes do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia, deberán ser autorizadas conxuntamente pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e pola Consellería de Economía e Facenda.

Catro.-Durante o ano 2009 non se procederá á contratación de novo persoal laboral temporal nin ao nomeamento de persoal funcionario interino nos supostos previstos nas letras a) e b) da alínea Un do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, no ámbito a que se refiren as letras b), c), e) e f) da alínea Oito do artigo 12 desta lei, xa se trate de postos reservados nas relacións de postos de traballo ou nos cadros de persoal a persoal laboral ou a persoal funcionario.

Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables:

a) Persoal docente, non docente e laboral de centros docentes.

b) Persoal de institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

c) Persoal de centros e residencias de servizos sociais.

d) Persoal adscrito ao servizo de defensa contra incendios forestais.

e) Persoal dos servizos públicos de emprego.

As ditas contratacións adecuaranse estritamente ás necesidades do servizo e terán como límite máximo as previsións orzamentarias establecidas para o efecto.

Así mesmo, poderán acordarse as substitucións transitorias do persoal laboral, do persoal docente, do persoal que preste servizos en centros de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde, do persoal non docente de centros de educación, do persoal veterinario que preste os seus servizos en matadoiros e lonxas ou nos servizos de sanidade e produción animal dependentes da Consellería do Medio Rural, do persoal administrativo que preste os seus servizos nas oficinas de rexistro unificadas da Administración da comunidade autónoma e do persoal que se atope en situación de permiso por parto, adopción ou acollemento, sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, e cando unha vez valorada polos responsables de xestión a duración prevista da dita situación resulten absolutamente imprescindibles para o funcionamento do servizo.

Durante o ano 2009 poderán atenderse os excesos ou acumulacións de tarefas mediante a contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino sen adscrición a praza, logo da autorización conxunta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Economía e Facenda e de acordo cos límites que se establecen na letra a) da alínea Tres do artigo 8 desta lei. O gasto derivado destas contratacións imputarase necesariamente aos subconceptos 131.24, «Acumulacións de tarefas de persoal laboral temporal», e 120.24, «Acumulacións de tarefas de persoal funcionario non docente».

TÍTULO III OPERACIÓNS DE ENDEBEDAMENTO E GARANTÍA

CAPÍTULO I OPERACIÓNS DE CRÉDITO

Artigo 32º.-Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un. A posición neta debedora da comunidade autónoma incrementarase durante o ano 2009 nunha contía máxima de 598.130.000 euros, dos que 149.532.500 euros corresponden ao financiamento de investimentos en programas destinados a atender actuacións produtivas, segundo o previsto no artigo 3 da Lei orgánica 5/2001, do 13 de decembro, complementaria á Lei xeral de estabilidade orzamentaria, modificada pola Lei orgánica 3/2006, do 26 de maio. Ademais, para o financiamento da adquisición de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.c) do artigo 2 do Real decreto lexislativo 2/2007, de 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, autorízase un incremento de 17.000.000 de euros, que se destinarán á ampliación de capital na sociedade pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense, S. A.

Para estes efectos, tomarase a posición neta debedora de todos os organismos autónomos, sociedades mercantís e entidades de calquera condición que conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da comunidade autónoma conforme as normas do sistema europeo de contas nacionais e rexionais.

Co obxecto de optimizar a carga financeira global da comunidade autónoma, a posición neta debedora da Administración xeral poderá incrementarse coa finalidade de amortizar préstamos dos organismos, entes e sociedades indicadas no parágrafo precedente, no mesmo importe que se amortice. Os ingresos derivados deste aumento de endebedamento deberán xerar créditos no capítulo VIII do orzamento de gastos da Administración xeral, e conseguintemente poderáselles outorgar préstamos polos mesmos importes ás entidades aludidas.

Dous.-A posición neta debedora será efectiva ao termo do exercicio, podendo ser excedida no curso deste, e quedará automaticamente revisada:

a) Polas desviacións que poidan xurdir entre as previsións de ingresos contidas nesta lei e a súa evolución real.

b) Nas contías necesarias para financiar as adquisicións de activos financeiros con destino a suxeitos non comprendidos no punto 1.c) do artigo 2 do Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, que poidan xurdir ao longo do exercicio.

c) Na contía necesaria para a adquisición de activos financeiros por parte do Instituto Galego de Promoción Económica, por un importe máximo de 200.000.000 de euros. Ese posible maior endebedamento debe estar destinado á adquisición de activos financeiros de suxeitos non comprendidos no mencionado punto 1.c) do artigo 2 do Real decreto lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria.

d) Nas contías asumidas en concepto de débeda polas variacións na composición do sector da administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, en termos do sistema europeo de contas nacionais e rexionais, como consecuencia de que entes que estaban nel considerados pasan a deixar de estalo ou viceversa.

e) Na contía máxima do endebedamento autorizado nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2006, 2007 e 2008 que non fose utilizado, sempre que estea dentro dos límites establecidos nos programas de endebedamento acordados co Ministerio de Economía e Facenda.

f) Polo importe reflectido, en concepto de anticipo reintegrable ou préstamo, nos convenios de colaboración que se formalicen entre a Comunidade Autónoma de Galicia e outras administracións públicas para o financiamento de investimentos incluídos en plans ou programas conxuntos.

Tres.-Autorízase a persoa titular da Consellería de Economía e Facenda para formalizar as operacións de endebedamento ás que se refire este artigo. A formalización poderá realizarse de maneira fraccionada, en función das necesidades de financiamento da comunidade autónoma. Estas operacións poderán instrumentarse mediante a emisión de débeda pública, a concertación de créditos ou calquera outro instrumento financeiro dispoñible no mercado.

Igualmente é facultada para converter ou renegociar as operacións de endebedamento xa formalizadas, co obxecto de conseguir a xestión máis adecuada do conxunto do endebedamento da comunidade autónoma.

Artigo 33º.-Débeda da tesouraría.

Un.-A comunidade autónoma, para a atención de necesidades da Administración xeral, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesouraría, por prazo inferior a un ano, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e o concepto 400, agás o subconcepto 05.

Dous.-Autorízase a persoa titular da Consellería de Economía e Facenda a determinar as condicións concretas e a formalizar estas operacións de crédito ou emisión de débeda pública, en calquera das súas modalidades.

Artigo 34º.-Outras operacións financeiras.

A formalización de calquera operación de carácter financeiro a medio ou longo prazo non referida nos artigos precedentes, como instrumentos de leasing, factoring e outros, por parte dos departamentos da Administración xeral e dos organismos autónomos, sociedades mercantís e entidades de calquera condición que en materia de estabilidade orzamentaria estean comprendidas no perímetro de consolidación conforme as normas do sistema europeo de contas nacionais e rexionais, cando o seu importe acumulado exceda os 200.000 euros, deberá contar coa correspondente autorización da Consellería de Economía e Facenda, a través da dirección xeral competente en materia de política financeira, para efectos de acadar o financiamento máis apropiado e as mellores condicións en cada caso.

Artigo 35º.-Endebedamento dos organismos autónomos e das sociedades públicas.

Un.-Os organismos autónomos, as sociedades mercantís e as entidades de calquera condición que conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da comunidade autónoma conforme as normas do sistema europeo de contas nacionais e rexionais, así como calquera unidade participada pola comunidade autónoma con representación directa ou indirecta, maioritaria, poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesouraría, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación.

A superación dese límite deberá ser autorizada pola Consellería de Economía e Facenda.

Independentemente do anterior, o saldo vivo o 31 de decembro de 2009 non poderá superar por estas operacións o saldo vivo o 31 de decembro do exercicio anterior, agás autorización expresa da Consellería de Economía e Facenda.

Dous.-Para concertar calquera tipo de operacións de endebedamento a longo prazo ou de cobertura sobre elas, os organismos autónomos, as sociedades mercantís e as entidades de calquera condición que conforme a normativa aplicable en materia de estabilidade orzamentaria estean incluídos dentro do sector das administracións públicas e consoliden o seu endebedamento co da comunidade autónoma conforme as normas do sistema europeo de contas nacionais e rexionais, así como calquera unidade participada pola comunidade autónoma con representación directa ou indirecta, maioritaria, deberán conseguir a autorización previa da Consellería de Economía e Facenda.

Tres.-O endebedamento autorizado ao Instituto Galego de Promoción Económica no punto Dous do artigo 32 terá por obxecto o financiamento de actividades que lle son propias e consecuentemente outorgará préstamos, directamente ou a través de entidades financeiras, a pequenas e medianas empresas. O importe autorizado poderá ser disposto nunha ou sucesivas operacións, sen que en ningún caso o importe acumulado disposto sexa superior ao importe global dos préstamos outorgados e dispostos ás pequenas e medianas empresas.

Catro.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ao financiamento de actuacións en materia de vivenda, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade do referido instituto unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2009 non poderá superar en ningún caso os 24.000.000 de euros. Non obstante, o volume da débeda viva na fin do exercicio non excederá o do 31 de decembro do ano anterior, agás con autorización expresa da Consellería de Economía e Facenda.

Cinco.-O réxime de autorización establecido nos puntos anteriores realizarase a través da dirección xeral competente en materia de política financeira, que asesorará as mencionadas entidades nas distintas operacións financeiras co obxecto de elixir o instrumento máis apropiado, obter as mellores condicións dos mercados financeiros e conseguir unha mellor administración do conxunto do endebedamento da comunidade autónoma.

Co mesmo fin, as mencionadas entidades dependentes da comunidade autónoma deberán remitirlle á Consellería de Economía e Facenda a través da referida dirección xeral, nos primeiros quince días de cada trimestre, e de conformidade coas instrucións que esta estableza, a seguinte información relativa á fin do trimestre inmediato anterior:

a) Detalle da situación de endebedamento, desagregando cada operación financeira.

b) Detalle das operacións financeiras activas.

CAPÍTULO II AFIANZAMENTO POR AVAL

Artigo 36º.-Avais.

Un.-Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, o importe máximo dos avais que a Xunta de Galicia poderá conceder durante o ano 2009 será de 30.000.000 de euros.

De conformidade co disposto no artigo 45 do mesmo texto legal, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá conceder durante o ano 2009 avais en contía que non supere en ningún momento o saldo efectivo vixente de 500.000.000 de euros.

Co obxecto de atender proxectos de axuda ao desenvolvemento no exterior, e dentro do saldo indicado no parágrafo anterior, o Instituto Galego de Promoción Económica poderá avalar operacións de crédito ata 30.000.000 de euros.

Dous.-O Consello da Xunta, por proposta da persoa titular da Consellería de Economía e Facenda, poderá acordar, logo de petición fundada dos interesados á consellaría correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ao abeiro do artigo 10.2º do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á comunidade autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, afectar grave ou substancialmente o mantemento da capacidade produtiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.

TÍTULO IV XESTIÓN ORZAMENTARIA

CAPÍTULO ÚNICO DOS PROCEDEMENTOS DE XESTIÓN ORZAMENTARIA

Artigo 37º.-Intervención limitada.

Un.-A contía á que se refire o artigo 97.1º a) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, queda establecida no importe fixado para ter a consideración de contratos menores de subministración na lexislación reguladora da contratación do sector público.

Dous.-Con independencia do establecido no artigo 97.1º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non estarán sometidas a intervención previa as modificacións nos contratos administrativos especiais de transporte escolar producidas como consecuencia de cambios nas rutas, sempre que a súa contía non supere o 20% do prezo do contrato/día que se vai modificar nin que o importe anual que represente a modificación supere os 18.000 €.

Malia o indicado no parágrafo anterior, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma comprobará, antes da fiscalización do primeiro pagamento, o cumprimento de todos os requisitos esixidos para autorizar e comprometer o gasto.

Artigo 38º.-Fiscalización de nomeamentos ou de contratos para substitución de persoal.

A fiscalización de nomeamentos e de contratos para substitucións de persoal por razóns de necesidade e de urxencia conxuntural realizarase con carácter previo á alta en nómina, mediante a verificación da adecuación do proceso de selección coa normativa vixente e da existencia de nomeamento ou de contrato, así como de crédito adecuado e suficiente.

Artigo 39º.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 40º.-Autorización do Consello da Xunta para a tramitación de determinados expedientes de gastos.

Requirirá autorización por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de contratación e de encomendas de xestión cando o importe do gasto nestes expedientes sexa superior a 4.000.000 de euros.

A tramitación de expedientes que comporte a modificación de convenios que fosen previamente autorizados polo Consello da Xunta requirirá autorización do mesmo órgano. Non obstante, non será precisa esta autorización cando a modificación non supoña unha alteración do obxecto nin comporte incremento do importe total ou no número de exercicios orzamentarios, sempre que a distribución do importe correspondente a cada exercicio respecte os límites aos que fai referencia o artigo 58.3º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Logo de obterse a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ao órgano de contratación do departamento, organismo autónomo, axencia pública autonómica, sociedade ou fundación pública que xestione o crédito.

Artigo 41º.-Tratamento dos créditos para expropiacións.

Os créditos destinados ao pagamento de expropiacións autorizadas con motivo da realización de expedientes de obras financiadas con fondos propios que na fin do anterior exercicio non fosen executados darán lugar, ao pechamento deste, á emisión de documentos «ADOK» en formalización con imputación á conta extraorzamentaria, e serán considerados no ano 2009 como ingresos do artigo 68, «Reintegros de operacións de capital», podendo dar lugar á xeración de crédito no subconcepto de expropiacións do capítulo VI de gastos.

Artigo 42º.-Tratamento do crédito destinado ao pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria.

O crédito destinado ao pagamento da prima adicional da póliza de responsabilidade civil e patrimonial sanitaria da Xunta de Galicia que se instrumente no concepto «Primas de seguros» da sección «Gastos de diversas consellarías» que na fin do anterior exercicio non fose executado dará lugar, ao pechamento deste, á emisión dun documento «ADOK» en formalización con imputación á conta extraorzamentaria, e terá a condición de ingreso do capítulo III no exercicio de 2009 coa finalidade de xerar crédito nas dotacións que para ese obxecto figuren no estado de gastos.

Artigo 43º.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral, as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2009 a Administración xeral da comunidade autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1º b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, non poderán referenciarse por riba da evolución do índice de prezos ao consumo de Galicia. Igualmente, as revisións de prezos e tarifas que afecten a concertos ou convenios xa subscritos non poderán experimentar un incremento superior ao do IPC galego do anterior exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteracións das condicións dos concertos ou convenios, a persoa titular da Consellería de Economía e Facenda, por proposta do departamento correspondente, poderá autorizar a inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 44º.-Encomendas de xestión.

Un.-As encomendas de xestión que realicen a Administración da Xunta de Galicia e as súas entidades vinculadas deberán realizarse con entidades que teñan a consideración de medio propio da Xunta de Galicia.

Para estes efectos teñen a consideración de medio propio aquelas entidades nas que concorren as tres condicións seguintes:

a) Ter recoñecido expresamente nos seus estatutos ou na súa norma de creación o carácter de medio propio.

b) Realizar a parte esencial da súa actividade coa administración da que é medio propio ou coas súas entidades vinculadas ou dependentes.

c) A consellaría ou departamento que realiza a encomenda de xestión posúe sobre os órganos de dirección da entidade un control análogo ao que ten respecto dos seus propios servizos.

O sinalado nas letras anteriores enténdese sen prexuízo do establecido na disposición adicional trixésima da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, ou do que dispoña a normativa estatal de carácter básico.

Dous.-As encomendas de xestión deberán adecuarse a un sistema de tarifas aprobado por unha comisión mixta paritaria constituída por representantes da consellaría ou departamento ao que estea adscrita a entidade e da Consellería de Economía e Facenda, agás que, conforme coa normativa vixente, estiver establecido un procedemento específico.

As consellarías ou departamentos aos que figuran adscritas as entidades que na data de entrada en vigor desta lei non dispoñan de sistema de tarifas deberán aprobar un sistema no prazo de seis meses segundo o previsto no parágrafo anterior.

Tres.-Poderanse conceder anticipos nos termos recollidos, se for o caso, nos convenios instrumentados coa entidade que reciba a encomenda. A falta de convenio os anticipos poderanse conceder ata un límite máximo do 50% do importe previsto para a anualidade e sempre que estea debidamente xustificada a aplicación dos anticipos anteriores.

Catro.-O importe correspondente aos gastos xerais e corporativos da entidade á que se lle realiza a encomenda non superará o 6% do importe da encomenda nas relativas a execucións de obras, e o 10% nos demais casos, agás autorización expresa do Consello da Xunta, logo do informe do órgano competente da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 45º.-Transferencias de financiamento.

Un.-Teñen a consideración de transferencias de financiamento as achegas en diñeiro nominativas a favor dos organismos e das entidades vinculadas ou dependentes da Administración da Comunidade Autónoma destinadas a financiar global ou parcialmente a súa actividade con carácter indiferenciado.

Dous.-As achegas de natureza corrente deberán librarse con carácter mensual por doceavas partes, agás que mediante convenio se regule outro réxime diferente de pagamento. Este convenio deberá someterse a informe da Consellería de Economía e Facenda sobre a adecuación do réxime de libramento proposto ao ritmo de execución do gasto corrente da entidade.

Os convenios que, de ser o caso, estiveren vixentes á entrada en vigor desta lei deberán ser revisados nos tres primeiros meses do exercicio para os efectos de axustarse ao disposto neste artigo.

Tres.-As achegas de capital libraranse atendendo o ritmo de execución do gasto de capital da entidade.

Catro.-Os convenios que se formalicen para regular o réxime de libramentos das transferencias de financiamento non precisarán de autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.

Cinco.-A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma verificará a correcta aplicación destas achegas mediante o uso das técnicas de fiscalización e auditoría previstas no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e nas normas que a desenvolven.

Artigo 46º.-Subvencións nominativas.

Un.-Teñen a consideración de subvencións nominativas aquelas nas que a dotación orzamentaria e o beneficiario individualizado polo nome ou razón social aparecen determinados expresamente no estado de gastos dos orzamentos da comunidade autónoma.

Dous.-Non poderán incrementarse os créditos previstos nesta lei para subvencións nominativas.

Tres.-Os convenios nos que, se é o caso, se estableza a concesión de subvencións nominativas regularán así mesmo o réxime de xustificación, pagamentos e anticipos que, se é o caso, se poidan librar. Con carácter excepcional, logo da xustificación da súa ineludible necesidade, os anticipos poderán acadar o 100% do importe concedido.

Catro.-Os convenios aos que se refire a alínea anterior non precisarán de autorización previa do Consello da Xunta de Galicia.

Artigo 47º.-Concesión directa de axudas e subvencións.

A resolución de concesión de subvencións correntes que con carácter excepcional se realicen ao abeiro do disposto nos artigos 19.4º c) e 26.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requirirá autorización do Consello da Xunta cando a súa contía supere o importe de 6.010 euros por beneficiario e ano, ou as concedidas por cada departamento da Administración autonómica excedan globalmente os 60.100 euros no exercicio, exceptuadas as que vaian ser formalizadas mediante convenio ou instrumento bilateral, ás que lles será aplicable o réxime xeral previsto no artigo 26.3 da dita Lei 9/2007. Os importes elevaranse a 12.000 euros e 120.300 euros, respectivamente, para a sección 04, servizo 10, Secretaría Xeral da Presidencia.

Artigo 48º.-Obrigas dos/as beneficiarios/as das axudas e subvencións.

Un.-Quedan exentos/as de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa administración pública da comunidade autónoma ou ser debedor/a por resolución de procedencia de reintegro os/as beneficiarios/as das subvencións seguintes:

a) As outorgadas a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus organismos autónomos, entes públicos, sociedades públicas, fundacións e demais entes vinculados ou dependentes da Xunta de Galicia que deban exercer a súa actividade con suxeición ás normas de dereito público.

b) As outorgadas a favor dos órganos estatutarios de Galicia.

c) As libradas a favor da Administración do Estado, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas dela dependentes, así como dos órganos constitucionais.

d) As libradas a favor doutras comunidades autónomas, dos seus organismos autónomos e das entidades públicas delas dependentes.

e) As outorgadas a favor das universidades.

f) As outorgadas a favor das corporacións locais e dos seus organismos autónomos.

g) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudos en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

h) As subvencións con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo IV, «Transferencias correntes», destinadas a familias e institucións sen fins de lucro.

i) As que non superen os 3.000 euros individualmente e se concedan con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo VII, «Transferencias de capital», destinadas a familias e institucións sen fins de lucro.

j) Aquelas axudas ou subvencións nas que, por concorreren circunstancias debidamente xustificadas, derivadas da natureza, do réxime ou da contía da subvención, así se estableza mediante orde da consellaría competente en materia de economía e facenda.

k) As subvencións destinadas a financiar proxectos ou programas de acción social e cooperación internacional que se concedan a entidades sen fins lucrativos, así como a federacións, confederacións ou agrupacións delas.

l) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ao artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario/a e axuda o importe de 1.500 euros.

m) As concedidas aos/ás beneficiarios/as para a mellora da condición de financiamento que se paguen a través das entidades financeiras correspondentes.

n) As axudas que se concedan para incentivar a contratación de seguros no sector agrario e acuícola, amparados no Plan de seguros agrarios combinados.

ñ) As axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnizatorio.

Dous.-Quedan exceptuados da obriga de presentación de garantías que establece o artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, os centros tecnolóxicos que sexan recoñecidos como tales pola consellaría competente en materia de investigación, desenvolvemento e innovación.

Artigo 49º.-Pagamento de axudas e subvencións.

O pagamento das bolsas que se concedan a persoas físicas beneficiarias directas destinadas expresamente a financiar estudos e investigación en centros públicos ou privados, con aboamentos que se efectúen a través de nóminas mensuais, poderá efectuarse de forma anticipada, con suxeición ao establecido no artigo 31.6º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 50º.-Convocatorias de axudas e subvencións.

O prazo de presentación de solicitudes de concesión de subvencións establecidas nas correspondentes convocatorias conforme o establecido no artigo 20.2º g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso será inferior a un mes. O prazo indicado non será aplicable cando a convocatoria veña prefixada por unha normativa de carácter estatal ou comunitario.

Artigo 51º.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 80% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial nin con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, nin con fondos propios que cofinancien, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura e Deporte para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa devandita Lei 12/1991 lles corresponde aos traballos de dotación artística, e non lle serán aplicables as limitacións establecidas no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e na alínea Sete do artigo 8º desta lei.

Artigo 52º.-Módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados.

Un.-De acordo co establecido nas alíneas segunda e terceira do artigo 117 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o importe do módulo económico por unidade escolar, para efectos de distribución da contía global dos fondos públicos destinados ao sostemento dos centros concertados para o ano 2009, é o fixado no anexo 2 desta lei.

Dous.-As retribucións de persoal docente terán efectividade desde o 1 de xaneiro de 2009 sen prexuízo da data na que se asinen as táboas salariais para 2009 do V Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos, e a Administración autonómica pode aceptar pagamentos a conta, logo da solicitude expresa e coincidente de todas as organizacións patronais e consulta coas sindicais, ata o momento no que se produza o asinamento das correspondentes táboas, considerándose que estes pagamentos a conta terán efecto a partir do 1 de xaneiro de 2009.

As contías sinaladas para salarios de persoal docente, incluídas cargas sociais, serán aboadas directamente pola administración, mediante pagamento delegado, sen prexuízo da relación laboral entre o profesorado e o titular do centro respectivo. A distribución dos importes que integran os «gastos variables» efectuarase de acordo co establecido nas disposicións reguladoras do réxime de concertos.

O compoñente do módulo destinado a «outros gastos» terá efectos a partir do 1 de xaneiro de 2009. As contías correspondentes a este módulo aboaranse mensualmente, e os centros poden xustificar a súa aplicación ao rematar o correspondente exercicio económico de forma conxunta para todas as ensinanzas concertadas do centro.

Tres.-Os centros que impartan os catro cursos da educación secundaria obrigatoria serán dotados do financiamento dos servizos de orientación educativa. Esta dotación realizarase sobre a base de calcular o equivalente a unha xornada completa do profesional axeitado a estas funcións, en función do número de unidades de educación secundaria obrigatoria que teña concertadas o centro e ata un máximo de vinte e cinco horas por centro. Os custos do persoal orientador, que se incluirán na nómina de pagamento delegado do centro, serán os correspondentes ao salario, gastos variables e complemento retributivo segundo o establecido nos módulos económicos por unidade escolar do primeiro e segundo curso ou de terceiro e cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, respectivamente.

Catro.-Facúltase o Consello da Xunta para fixar as relacións profesor/unidade concertadas adecuadas para impartir o plan de estudos vixente en cada nivel obxecto do concerto, calculadas con base nas xornadas de profesor con vinte e cinco horas semanais. Así mesmo tamén se autoriza o Consello da Xunta para modificar os módulos económicos fixados no anexo 2 desta lei, en aplicación das melloras que se aproben para o ensino concertado en 2009 e dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

A administración non asumirá os incrementos retributivos, as reducións horarias ou calquera outra circunstancia que conduza a superar o previsto nos módulos económicos do anexo 2 desta lei, agás os derivados dos acordos sobre a paga extraordinaria por antigüidade na empresa prevista na Resolución do 28 de decembro de 2006, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación do V Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

Cinco.-A relación profesor/unidade dos centros concertados poderá ser incrementada en función do número total de profesorado afectado polas medidas de recolocación que se viñesen adoptando ata o momento da entrada en vigor desta lei e se atope na nómina de pagamento delegado.

TÍTULO V CORPORACIÓNS LOCAIS

CAPÍTULO ÚNICO FINANCIAMENTO E COOPERACIÓN ECONÓMICA COAS CORPORACIÓNS LOCAIS

Artigo 53º.-Créditos asignados ás corporacións locais.

O montante total dos créditos que se asignan ás corporacións locais nestes orzamentos, derivados da súa participación nos tributos do Estado, do Fondo de Cooperación Local e da subscrición de convenios e da concesión de subvencións, ascende a 1.275.440.704 euros.

Artigo 54º.-Participación das corporacións locais nos tributos do Estado.

O crédito orzamentario inicial destinado ao pagamento das entregas a conta correspondentes aos concellos e ás deputacións provinciais pola súa participación nos tributos do Estado ascende a 837.853.307 euros.

Artigo 55º.-Fondo de Cooperación Local

Un.-A achega da Xunta de Galicia, con recursos propios, ao financiamento das entidades locais farase efectiva a través do Fondo de Cooperación Local, como instrumento de participación específico daquelas nos tributos da comunidade autónoma.

Dous. Conforme o indicado na disposición adicional oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, a porcentaxe, debidamente homoxeneizada, de participación do Fondo de Cooperación Local na recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Administración xeral queda establecida no 2,7113961% para o exercicio de 2009.

Esa porcentaxe desagrégase da forma seguinte:

-Un 1,8945459% corresponde a un fondo principal que será obxecto de distribución entre todos os municipios de Galicia.

-Un 0,3599439% corresponde ao fondo adicional establecido na disposición adicional sexta da Lei 13/2004, do 29 de decembro, para a súa distribución entre os concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes.

-Un 0,4569063% asígnaselle ao fondo complementario establecido nos artigos 49.Dous da Lei 7/2005, do 29 de decembro, 47.Tres da Lei 14/2006, do 28 de decembro, e 52.Tres da Lei 16/2007, do 26 de decembro.

Tres.-Adicionalmente, como consecuencia do acordo subscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para o Pacto local, o fondo complementario incrementarase en 6.000.000 de euros para o ano 2009.

Catro.-Ademais, no ano 2009 incluiranse 3.000.000 de euros en concepto de compensación extraordinaria do ano 2005.

Cinco.-Polo que respecta aos fondos principal e adicional mencionados na alínea Un deste artigo, os criterios de distribución continuarán sendo, en tanto non sexan modificados pola Comisión Galega de Cooperación Local, os establecidos no Decreto 5/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Fondo de Cooperación Local durante o período 2002- 2004, e esténdense ao ano 2009 as referencias incluídas na citada disposición sobre o ano 2004.

No referente á distribución do fondo complementario continuarán aplicándose, en tanto non sexan modificados pola Comisión Galega de Cooperación Local, os criterios establecidos no Decreto 197/2006, do 19 de outubro, polo que se regula a distribución do fondo complementario do Fondo de Cooperación Local para o ano 2006. Estes criterios tamén se aplicaran á distribución da compensación extraordinaria do ano 2005.

Seis.-A comunidade autónoma poderá reter das cantidades que lles correspondan aos concellos como participación no Fondo de Cooperación Local, para a súa posterior compensación, o importe das débedas firmes, líquidas e exixibles, contraídas polos concellos coa comunidade autónoma, cos seus organismos autónomos e coas entidades de dereito público da comunidade autónoma que non teñan que adecuar por lei a súa actividade ao ordenamento xurídico privado.

Artigo 56º.-Transferencias derivadas de convenios ou subvencións.

As transferencias ás entidades locais de Galicia derivadas da subscrición de convenios ou da concesión de subvencións, que figuran recollidas nos diferentes programas de gasto destes orzamentos, ascenden a 309.856.609 euros, coa distribución funcional que figura no anexo 3.

TÍTULO VI NORMAS TRIBUTARIAS

CAPÍTULO I TRIBUTOS PROPIOS

Artigo 57º.-Taxas.

Un.-Elévanse os tipos das taxas de contía fixa vixentes na Comunidade Autónoma de Galicia, ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,02 ás contías exixibles á entrada en vigor desta lei, exceptuando as tarifas que experimenten algunha modificación na contía no número Dous deste artigo; este coeficiente seralles aplicable tanto ás contías, de carácter mínimo ou máximo, como ás deducións, que se establecen en todo tipo de tarifas, tanto de taxas de contía fixa como variable.

Considéranse taxas de contía fixa cando non están determinadas por unha porcentaxe sobre unha base ou esta non se valora en unidades monetarias.

Exceptúanse do incremento establecido anteriormente aquelas taxas que se recadan mediante efectos timbrados.

Dous. Introdúcense as seguintes modificacións na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa redacción vixente:

1) Modifícase o subpunto Un do punto 3 do artigo 27, quedando redactado como segue:

«Un. Nas tarifas 25 e 26 da modalidade de actuacións profesionais, que se relacionan no anexo 3, a entidade encargada de realizar o control metrolóxico na fase de instrumentos en servizo que realizase os labores por calquera das figuras legalmente establecidas».

2) Engádeselle o punto 4 ao artigo 30, quedando redactado como segue:

«4. Os informes de avaliación dos ensaios clínicos ou estudos postautorización con medicamentos de uso humano ou produtos sanitarios cando se solicite a exención da tarifa 59 da modalidade de actuacións profesionais, sempre que cumpran os seguintes criterios, que deberán ser debidamente acreditados:

a) O promotor do estudo deberá ser un centro do sistema sanitario público, universidade pública, organización científica ou institución sen ánimo de lucro, ou un/unha investigador/a con vinculación laboral a algunha destas institucións.

b) O promotor do estudo será responsable do inicio, xestión e orzamento dun ensaio clínico ou estudo postautorización. A propiedade dos datos derivados do estudo pertencerá ao promotor.

c) O estudo non formará parte dun programa de desenvolvemento clínico que teña por finalidade a comercialización do medicamento ou produto sanitario obxecto da investigación.

d) O promotor deberá garantir mediante declaración escrita ao Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia que se cumpren os criterios para ser considerado un estudo de investigación clínica non comercial».

3) Modifícase a subalínea 01 da alínea 07 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«01 Autorización de explotación e autorización de instalación e localización (por cada máquina incluída nela):

-Máquinas tipo «A»: 47,77 €.

-Máquinas tipo «A especial»: 58,28 €.

-Máquinas tipo «B»: 95,46 €.

-Máquinas tipo «C»: 190,79 €.

4) Modifícase a subalínea 02 da alínea 07 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«02 Modificacións no contido da autorización:

-Suspensión provisional, reinicio da explotación da máquina en suspensión provisional, transmisión da autorización de explotación da máquina, traslado de máquinas a outros ámbitos territoriais, troco ou calquera outra circunstancia que altere o contido da autorización, excepto a baixa definitiva: 45,06 €.

-Baixa definitiva: 22,53 €»

5) Modifícase a subalínea 03 da alínea 07 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«03 Cambios no boletín de instalación e baixa deste ou cambios de titularidade do negocio desenvolvido no establecemento que dispón dunha autorización de instalación e localización e/ou cambios na autorización de instalación e localización e a súa extinción ou denuncia da validez da autorización de instalación e localización (por cada máquina incluída):

-Máquinas tipo «A»: 18,08 €.

-Máquinas tipo «A especial»: 23,32 €.

-Máquinas tipo «B»: 45,06 €.

-Máquinas tipo «C»: 90,04 €».

6) Modifícase a subalínea 06 da alínea 07 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«06 Comunicación de cambio de titularidade do negocio desenvolvido nun establecemento que dispón de autorización de instalación e localización: 19,19 €».

7) Modifícase a subalínea 07 da alínea 07 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«07 Comunicación de localización de máquina:

-Máquinas tipo «A»: 11,05 €.

- Máquinas tipo «A especial»: 13,99 €.

- Máquinas tipo «B»: 22,08 €.

- Máquinas tipo «C»: 44,17 €».

8) Modifícase a subalínea 08 da alínea 07 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«08 Homologación ou modificación dos modelos de máquinas recreativas e de xogo: primeira inscrición da homologación dun modelo de máquina.

No caso das máquinas tipo B, a contía multiplicarase por cada xogo que insira a máquina.

-Máquinas tipo «A»: 100 €.

-Máquinas tipo «A especial»: 150 €.

-Máquinas tipo «B»: 300 €.

-Máquinas tipo «C»: 500 €».

9) Suprímese a subalínea 09 da alínea 07 do anexo I con todas as súas subalíneas.

10) Modifícase a subalínea 10 da alínea 07 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«10 Inscrición provisional de proba de prototipos de modelos de máquinas recreativas ou de azar: 68,78 €».

11) Suprímense as subalíneas 11, 12 e 13 da alínea 07 do anexo 1.

12) Engádeselle a subalínea 15 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«15 Outras inscricións no Rexistro de Modelos de máquinas: modificacións substanciais da inscrición, cancelación da inscrición ou autorización da cesión da inscrición. No caso das máquinas tipo B a contía multiplicarase polo número de xogos que se modifiquen.

-Máquinas tipo «A»: 73,59 €.

-Máquinas tipo «A especial»: 93,25 €.

-Máquinas tipo «B»: 184,01 €.

-Máquinas tipo «C»: 220,79 €».

13) Engádeselle a subalínea 16 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«16 Inscrición no rexistro de modelos de modificacións non substanciais da inscrición segundo o tipo de máquina.

-Máquinas tipo «A»: 36,80 €.

-Máquinas tipo «A especial»: 46,62 €.

-Máquinas tipo «B»: 92,00 €.

-Máquinas tipo «C»: 110,39 €».

14) Engádeselle a subalínea 17 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«17 Homologación de tarxetas prepagamento para máquinas tipo «B»: 184,01 €».

15) Engádeselle a subalínea 18 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«18 Homologación de fichas, tarxetas magnéticas prepagamento ou outros soportes físicos autorizados para máquinas tipo «C»: 220,79 €».

16) Engádeselle a subalínea 19 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«19 Homologación de interconexión de máquinas:

-Máquinas tipo «A»: 200 €.

-Máquinas tipo «B»: 300 €.

-Máquinas tipo «C»: 500 €».

17) Engádeselle a subalínea 20 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«20 Modificación de sistemas de interconexión de máquinas de xogo:

-Máquinas tipo «A»: 73,59 €.

-Máquinas tipo «B»: 92,80 €.

-Máquinas tipo «C»: 127,89 €».

18) Engádeselle a subalínea 21 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«21 Autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas de xogo e as súas modificacións:

-Máquinas tipo «A»: 73,59 €.

-Máquinas tipo «B»: 92,80 €.

-Máquinas tipo «C»: 127,89 €».

19) Engádeselle a subalínea 22 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«22 Autorización de instalación do centro de control do sistema de interconexión de máquinas de xogo tipo «A» entre establecementos: 1.500,30 €».

20) Engádeselle a subalínea 23 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«23 Autorización de instalación do centro de control do sistema de interconexión de máquinas de xogo tipo «B» entre casinos: 1.500,30 €».

21) Engádeselle a subalínea 24 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«24 Autorización de instalación do centro de control do sistema de interconexión de máquinas de xogo tipo «C» entre salóns: 1.500,30 €.

22) Engádeselle a subalínea 25 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«25 Proba e exhibición de prototipo de modelos, por cada unidade de prototipo 80,11 €».

23) Engádeselle a subalínea 26 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«26 Inscrición no Rexistro de Modelos de cambio de xogo en máquinas de vídeo tipo «B»: 300 €».

24) Engádeselle a subalínea 27 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«27 Recoñecementos de modelos e certificacións de laboratorio:

-Máquinas tipo «A»: 73,59 €.

-Máquinas tipo «A especial»: 93,25 €.

-Máquinas tipo «B»: 184,01 €.

-Máquinas tipo «C»: 220,79 €».

25) Engádeselle a subalínea 28 á alínea 07 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«28 Cesión de inscrición de modelos:

-Máquinas tipo «A»: 73,59 €

-Máquinas tipo «A especial»: 93,25 €

-Máquinas tipo «B»: 184,01 €.

-Máquinas tipo «C»: 220,79 €».

26) Modifícase a redacción da alínea 08 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«08 Rexistro de empresas de máquinas de xogo».

27) Modifícase a subalínea 01 da alínea 08 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«01 Autorizacións: 238,45 €».

28) Modifícase a redacción da alínea 09 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«09 Autorizacións en salóns recreativos ou de xogo».

29) Modifícase a subalínea 01 da alínea 09 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«01 Autorización de instalación: 238,45 €».

30) Modifícase a subalínea 03 da alínea 09 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«03 Modificacións substanciais da autorización de instalación: 238,45 €».

31) Modifícase a subalínea 04 da alínea 09 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«04 Consulta previa de viabilidade: 200 €».

32) Engádeselle a subalínea 05 á alínea 09 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«05 Autorización previa á suspensión de funcionamento por un período superior a 6 meses: 95,39 €».

33) Engádeselle a subalínea 06 á alínea 09 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«06 Modificacións non substanciais da autorización de instalación: 95,39 €».

34) Engádeselle a subalínea 07 á alínea 09 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«07 Inscricións na sección cuarta do rexistro de empresas 238,45».

35) Engádeselle a subalínea 08 á alínea 09 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«08 Outras autorizacións e comunicacións 92,80».

36) Modifícase a subalínea 02 da alínea 10 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«02 Autorización de instalación: 238,45 €».

37) Modifícase a subalínea 03 da alínea 10 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«03 Permiso de apertura de sala de bingo:

Terceira categoría (ata 200 xogadores/as): 953,49 €.

Segunda categoría (entre 201 e 400 xogadores/ as): 1.191,91 €.

Primeira categoría (entre 401 e 600 xogadores/ as): 1.430,22 €

Categoría especial (entre 601 e 800 xogadores/ as): 2.383,71 €».

38) Modifícase a subalínea 04 da alínea 10 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«04 Modificación de autorizacións de instalación e os permisos de apertura: 238,45 €».

39) Modifícase a subalínea 05 da alínea 10 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«05 Outras autorizacións e inscricións: 114,55 €»

40) Modifícase a subalínea 06 da alínea 10 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«06 Inscrición de empresas no rexistro de xogo do bingo: 953,52 €».

41) Modifícase a subalínea 07 da alínea 10 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«07 Documentos profesionais: 19,20 €».

42) Modifícase a subalínea 08 da alínea 10 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«08 Homologación de material de xogo do Regulamento 181/2002: 200 €».

43) Engádeselle a subalínea 09 á alínea 10 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«09 Variacións de datos na inscrición de empresas no rexistro do xogo de bingo: 476,82 €».

44) Engádeselle a subalínea 10 á alínea 10 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«10 Cambios de colocación da sala de bingo segundo a categoría da sala:

-Terceira categoría (ata 200 xogadores/as): 953,49 €.

-Segunda categoría (entre 201 e 400 xogadores/ as): 1.191,91 €.

-Primeira categoría (entre 401 e 600 xogadores/ as): 1.430,22 €.

-Categoría especial (entre 601 e 800 xogadores/ as): 2.383,71 €».

45) Engádeselle a subalínea 11 á alínea 10 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«11 Peche da sala por máis de 30 días consecutivos: 200 €».

46) Engádeselle a subalínea 12 á alínea 10 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«12 Transmisión da autorización de instalación: 238,45 €».

47) Engádeselle a subalínea 13 á alínea 10 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«13 Modificacións substanciais da sala segundo a categoría da sala:

-Terceira categoría (ata 200 xogadores/as): 953,49 €.

-Segunda categoría (entre 201 e 400 xogadores/ as): 1.191,91 €.

-Primeira categoría (entre 401 e 600 xogadores/ as): 1.430,22 €.

-Categoría especial (entre 601 e 800 xogadores/ as): 2.383,71 €».

48) Engádeselle a subalínea 14 á alínea 10 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«14 Modificacións non substanciais das salas 238,45 €».

49) Engádeselle a subalínea 15 á alínea 10 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«15 Cambios nos cadros de persoal ou servizo da sala: 114,55 €».

50) Engádeselle a subalínea 16 á alínea 10 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«16 Cambios na maquinaria relacionada co desenvolvemento do xogo: 114,55 €».

51) Modifícase a subalínea 06 da alínea 11 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«06 Documentos profesionais: 19,20 €».

52) Modifícase a subalínea 07 da alínea 11 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«07 Homologación de material de xogo de casino: 200 €».

53) Modifícase a subalínea 08 da alínea 11 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«08 Autorización para a realización de torneos/ campionatos dos distintos xogos autorizados: 3.000 €».

54) Modifícase a alínea 20 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«20 Actuacións en materia de títulos académicos e profesionais.

01 Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE ou pola LOE e dos seus duplicados:

[figura]

02 Homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros non universitarios:

Solicitude de homologación ao título superior de música, danza ou arte dramática: 90,09 €.

Solicitude de homologación ao título español de bacharel, técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas e deseño, técnico deportivo superior ou título profesional de música ou danza: 45,05 €.

Solicitude de homologación ao título español de formación profesional, técnico artes plásticas e deseño, técnico deportivo: 45,05 €.

Solicitude de homologación ao título español de conservación e restauración de bens culturais: 45,05 €.

Solicitude de homologación ao certificado de aptitude das escolas oficiais de idiomas: 45,05 €.

Solicitude de validación por cursos ou módulos de ensinanzas españolas de nivel non universitario: 22,52 €.

Cando se trate de títulos ou estudos non mencionados expresamente nas subalíneas anteriores, aplicarase a contía correspondente ao título ou estudos equivalentes polos seus efectos ou nivel académico».

55) Modifícase a redacción da alínea 22 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«22 Outras actuacións en materia de xogo».

56) Engádeselle a subalínea 01 á alínea 22 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«01 Expedición de certificados sobre empresas ou establecementos de xogo: 45,06 €».

57) Engádeselle a subalínea 02 á alínea 22 do anexo 1, coa seguinte redacción:

«02 Dilixenciado de libros de xogo: 50 €».

58) Modifícase a subalínea 01 da alínea 33 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«01 Tramitación de solicitudes de inscrición, anotación ou cancelación:

-Con carácter xeral.

Cando o autor e a titular son a mesma persoa: 10,67 €.

Cando o autor e a titular son distintas persoas: 26,66 €.

-Casos específicos: obras audiovisuais, programas de ordenador, bases de datos, páxinas web e multimedia:

Cando o autor e a titular son a mesma persoa: 17,06 €.

Cando o autor e a titular son distintas persoas 32 €

-Por colección de obras: musicais, relatos, poemas, fotografías, etc.:

Polo conxunto da obra: 10,67 €.

Por cada unha das obras contidas: 1,07 €.

No caso das obras musicais, devengarase sempre a tarifa tanto polo conxunto da obra como por cada unha das composicións musicais incluídas. Nos demais tipos de obras, o aboamento polos distintos títulos contidos ten carácter opcional. O pagamento das dúas tarifas supón a inclusión dos distintos títulos que forman parte dunha mesma obra, xunto co título xenérico do conxunto da obra, no correspondente asento rexistral.

-Por obras colectivas: 74,65 €».

59) Modifícase a alínea 44 do anexo 1, quedando redactada como segue:

«44 Acreditacións do nivel de competencia en lingua galega:

01 Inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso: 15,61 €.

-Para os/as residentes en países de América, agás Canadá e USA: 5,61 €.

02 Validación de estudos de lingua galega polos certificados de acreditación do nivel de lingua galega Celga 1, 2, 3, 4 ou 5: 23 €.

03 Expedición de duplicados de títulos, diplomas e/ou certificados de participación en actividades formativas ou de acreditación do nivel de coñecemento de lingua ou linguaxe administrativa galega: 7 €».

60) Modifícase a subalínea 07 da alínea 01 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«07 Actuacións relativas ás concesións de servizos de transporte regular permanente ou temporal de uso xeral:

-Outorgamento e ampliación das concesións:

Por cada quilómetro medio diario: 0’607385 €.

O número medio diario de quilómetros percorridos será o resultado de dividir o número de quilómetros por percorrer nas expedicións previstas ao longo do ano na concesión ou ampliación solicitada por 365.

-Modificación das condicións da concesión: Por cada modificación: 53,35 €.

-Visado dos cadros de tarifas: 26,66 €.

Cando os cadros de tarifas presentados para a súa validación coincidan cos editados e achegados ás empresas previamente pola propia administración titular do servizo público, e este procedemento se efectúe de xeito telemático no contorno das aplicacións informáticas postas en operativa pola propia administración, o anterior importe minorarase nun 90%».

61) Modifícase a subalínea 12 da alínea 01 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«12 Aprobación de revisión de tarifas na explotación de estación de autobuses: procedemento ordinario: 73,59 €.

Cando a revisión solicitada se efectúe anualmente, mediante a aplicación, nun procedemento simplificado, do incremento do IPC do ano anterior, consonte o previsto no procedemento simplificado definido nas correspondentes ordes de revisión de tarifas, o anterior importe minorarase nun 90 %».

62) Modifícase a subalínea 16 da alínea 07 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«16 Autorización de veterinario para a expedición de autorizacións de traslado de animais e, de ser o caso, outorgamento de clave de acceso vía web ao aplicativo informático para a súa emisión on line.

-Por autorización: 117,05 €.

-Por renovación da autorización sen clave de acceso ao aplicativo informático: 11,74 €.

-Por renovación da autorización con clave de acceso ao aplicativo informático: 90 €».

63) Modifícase a letra C da alínea 08 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«C. Liquidación e ingreso.

O ingreso, en cada caso, realizarase mediante autoliquidación do suxeito pasivo correspondente, na forma e nos prazos que se establezan regulamentariamente.

Os suxeitos pasivos das taxas trasladarán estas cargándolles o seu importe total nas correspondentes facturas aos interesados, practicando as liquidacións procedentes consonte o sinalado na alínea B anterior.

As devanditas liquidacións deberán ser rexistradas nun libro oficial habilitado para o efecto e autorizado pola autoridade sanitaria correspondente. A omisión deste requisito dará orixe á imposición das sancións de orde tributaria que correspondan, con independencia das que se poidan determinar ao tipificar as condutas dos titulares das explotacións na orde sanitaria.

1. Os titulares da explotación dos establecementos dedicados ao sacrificio de animais para consumo humano e de instalacións de transformación da caza poderán aplicar con respecto ás cotas establecidas as seguintes deducións cando as teñan recoñecidas:

1.1. Deducións por sistemas de autocontrol avaliados: esta dedución aplicarase cando o establecemento dispoña dun sistema de autocontrol baseado na análise de perigos e puntos de control críticos (APPCC), estea avaliado pola autoridade competente e esta avaliación sexa favorable.

Establécese como importe da dedución a aplicación da porcentaxe do 35% da cota mencionada.

Os titulares da explotación dos establecementos poderán deducir os importes sinalados por «sistemas de autocontrol implantados e avaliados», logo do informe preceptivo e vinculante asinado polo persoal que a autoridade sanitaria designe como avaliador do sistema de autocontrol do establecemento. Este requisito pode ser substituído pola certificación do establecemento baixo o ámbito da norma UNE-EN ISO 22000 de sistemas de xestión da inocuidade dos alimentos (requisitos para calquera organización na cadea alimentaria).

1.2. Deducións por actividade planificada e estable:

1.2.1. Cando o establecemento dispoña na súa produción dun sistema de planificación e programación e o leve a cabo dun xeito tal que permita aos servizos de inspección coñecer o servizo que ten que prestar cunha anticipación mínima de 72 horas coa finalidade de prever os recursos necesarios e optimizar a súa organización, o importe da dedución corresponderá ao resultado de aplicar o 15% á cota establecida.

Os titulares da explotación dos establecementos poderán deducir os importes sinalados por «actividade planificada e estable», logo do informe preceptivo e vinculante asinado polos servizos veterinarios oficiais que levan a cabo o control oficial no establecemento que certifique o cumprimento dos requisitos establecidos.

1.2.2. Por horario laboral regular e diúrno: naqueles establecementos nos que o horario regular da actividade se desenvolva en días laborables, iniciándose entre as 6.00 e as 8.00 horas ou a partir das 15.00 horas e termine antes das 22.00 horas, o importe da dedución corresponderá ao resultado de aplicar o 15 % ao importe da cota establecida.

No caso de matadoiros de aves e lagomorfos a porcentaxe da dedución limitarase a un 5% cando polo menos a metade da xornada de sacrificio se desenvolva no antedito horario.

1.2.3. Por horario regular da administración: naqueles establecementos nos que o horario regular da actividade se desenvolva en días laborables, excluídos os sábados, entre as 7.45 e as 15.15 horas, o importe da dedución corresponderá ao resultado de aplicar o 20 % no importe da cota establecida.

No caso de matadoiros de aves e lagomorfos a porcentaxe da dedución limitarase a un 5 % cando polo menos a metade da xornada de sacrificio se desenvolva no antedito horario.

As deducións correspondentes aos puntos 1.2.2 e 1.2.3 non terán carácter aditivo.

1.3. Deducións pola inspección ante mortem nas explotacións: esta dedución poderase aplicar cando as operacións de inspección ante mortem se realicen na explotación de orixe dos animais e non sexa necesario repetila no matadoiro, segundo se indica no anexo I, sección I, capítulo II, punto b.5, do Regulamento 854/2004, do 29 de abril.

Establécese como importe da dedución a aplicación da porcentaxe do 10% da cota mencionada.

Os titulares da explotación dos establecementos poderán deducir os importes sinalados por «inspección ante mortem nas explotacións», logo do informe preceptivo e vinculante asinado polos servizos veterinarios oficiais que levan a cabo o control oficial no establecemento que certifique o cumprimento dos requisitos establecidos.

1.4. Dedución pola aplicación de medidas de protección do benestar animal: aqueles establecementos que, dentro do marco do sistema de autocontrol, dispoñan e executen un plan eficaz de aplicación das normativas sobre benestar animal que inclúa tanto a identificación do cumprimento destas en orixe como o seu control durante o transporte, a estancia no matadoiro e durante o sacrificio, poderán aplicar unha dedución dun 5 % no importe da cota establecida.

Os titulares da explotación dos establecementos poderán deducir os importes sinalados por «aplicación de medidas de protección do benestar animal», logo do informe preceptivo e vinculante asinado polo persoal que a autoridade sanitaria designe como avaliador do sistema de autocontrol do establecemento.

2. Os titulares da explotación de salas de despezamento poderán aplicar con respecto ás cotas establecidas en cada liquidación do período impositivo as seguintes deducións cando as teñan recoñecidas:

Deducións por sistemas de autocontrol implantados e avaliados: esta dedución aplicarase cando o establecemento dispoña dun sistema de autocontrol baseado na análise de perigos e puntos de control críticos (APPCC), estea avaliado pola autoridade competente e esta avaliación sexa favorable.

Establécese como importe da dedución a aplicación da porcentaxe do 50% da cota mencionada.

Os titulares da explotación de salas de despezamento poderán deducir os importes sinalados por «sistemas de autocontrol implantados e avaliados», logo do informe preceptivo e vinculante asinado polo persoal que a autoridade sanitaria designe como avaliador do sistema de autocontrol do establecemento. Este requisito pode ser substituído pola certificación do establecemento baixo o ámbito da norma UNE-EN ISO 22000 de sistemas de xestión da inocuidade dos alimentos (requisitos para calquera organización na cadea alimentaria).

Debido a que os requisitos que xustifican as deducións na cota poden variar, poderanse revisar aqueles trimestralmente antes de que o suxeito pasivo realice a autoliquidación correspondente ao período establecido, podendo ser revogado ou mantido o recoñecemento do dereito á súa aplicación ata a seguinte revisión».

64) Engádese a subalínea 13 á alínea 12 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«13 Inscrición no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Primeira inscrición: 120 €.

-Modificación da inscrición: 40 €.

-Renovación da inscrición: 60 €».

65) Modifícase a subalínea 01 da alínea 19 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«01 Apertura e clasificación, cambios de grupo, categoría, titularidade, especialidade, modalidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito á autorización turística de establecementos hoteleiros e extrahoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas vacacionais, albergues turísticos e turismo rural:

-Establecementos de ata 10 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 56,26 €.

-Cambios: 28,15 €.

-Establecementos de 11 a 20 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 80,39 €.

-Cambios: 40,19 €.

-Establecementos de 21 a 50 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 144,66 €.

-Cambios: 72,35 €.

-Establecementos de 51 ata 100 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 200,89 €.

-Cambios: 100,48 €.

-Establecementos de máis de 100 unidades de aloxamento:

-Apertura e clasificación: 241,10 €.

-Cambios: 120,55 €».

66) Modifícase a subalínea 04 da alínea 19 do anexo 2, quedando redactada como segue:

«04 Autorización, concesión dos títulos licenza, cambios de grupo, titularidade, domicilio e calquera outro suxeito á autorización turística das axencias de viaxes, centrais de reservas e das sucursais:

Axencias de viaxes e centrais de reserva:

-Apertura e clasificación casa matriz: 200,89 €.

-Cambios: 100,48 €.

Sucursais:

-Autorización: 80,39 €

-Cambios: 40,19 €».

67) Engádeselle a alínea 49 ao anexo 2, coa seguinte redacción:

«49 Autorización previa para a instalación de aeródromos, aeroportos e heliportos non declarados de utilidade pública ou para a modificación relevante da instalación e inscrición no correspondente rexistro administrativo: 500 €.

No suposto de autorización previa de aeródromos en sentido estrito e heliportos eventuais, a contía será o 75% da anterior».

68) Suprímese a alínea 24 do anexo 3.

69) Modifícase a redacción da alínea 25 do anexo 3, quedando redactada como segue:

«25 Verificación despois de reparación ou modificación e verificación periódica de instrumentos de medida, feita por entidade encargada de realizar o control metrolóxico na fase de instrumentos en servizo; por instrumento:

01 Instrumentos de medida de lonxitude: 1 €.

02 Instrumentos non automáticos de medida de masa ata 600 kg: 1 €.

03 Instrumentos non automáticos de medida de masa de máis de 600 kg: 6 €.

04 Instrumentos automáticos de medida de masa: 1 €.

05 Instrumentos de medida de volume non automáticos: 6 €.

06 Instrumentos automáticos de medida de volume: surtidores, por mangueira: 1 €.

07 Instrumentos automáticos de medida de volume: sistema de medida sobre camión cisterna: 2 €.

08 Instrumentos automáticos de medida de volume: contadores de auga fría: 2 €.

09 Instrumentos de medida de temperatura: termómetros e rexistradores de temperatura: 2 €.

10 Instrumentos de medida de presión: manómetros e vacuómetros: 1 €.

11 Instrumentos de contaxe de persoas: 1 €.

12 Contadores de máquinas recreativas: 2 €.

13 Instrumentos de medida de son: sonómetros: 2 €.

14 Instrumentos de medida de velocidade: cinemómetros: 2 €.

15 Opacímetros e analizadores de gases de escape: 2 €.

16 Taxímetros: 2 €.

17 Medidores de concentración de alcohol en aire expirado: etilómetros: 2 €.

18 Refractómetros: 1 €.

19 Contadores eléctricos: 1 €».

70) Modifícase a redacción da alínea 26 do anexo 3, quedando redactada como segue:

«26 Verificación de instrumentos de medida, como consecuencia de reclamación de parte, realizada por un laboratorio de verificación metrolóxica ou por entidade encargada de realizar o control metrolóxico na fase de instrumentos en servizo, por instrumento: 10 €».

71) Suprímese a alínea 34 do anexo 3 coas súas subalíneas.

72) Modifícase a redacción da alínea 51 do anexo 3, quedando redactada como segue:

«51 Autorización de licenza comercial específica por metro cadrado de superficie útil para exposición e venda ao público: 3,69 €».

73) Modifícase a redacción da alínea 58 do anexo 3, quedando redactada como segue:

«58 Rexistro de entidades en materia de control metrolóxico

01 Rexistro de Control Metrolóxico de fabricantes, importadores, comercializadores, arrendadores e reparadores con sede na Comunidade Autónoma de Galicia:

Primeira inscrición: 90,00 €

Pola renovación da inscrición, da tarifa anterior o 50%.

02 Autorizacións ou habilitacións de organismos autorizados de verificación metrolóxica, organismos notificados e organismos de control metrolóxico: 100 €.

03 Rexistro, modificacións, ampliacións e traslados de organismos autorizados de verificación metrolóxica, organismos notificados de control metrolóxico: 53 €».

74) Engádeselle a alínea 63 ao anexo 3, coa seguinte redacción:

«63 Dirección de contratos de servizo de apoio á dirección de obras hidráulicas.

A base impoñible será o importe de cada unha das certificacións expedidas polo servizo. O tipo de gravame será do 4%».

75) Engádeselle a regra décimo terceira á tarifa E- 1 contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, quedando redactada como segue:

«Décimo terceira. Cando as características físicas e climatolóxicas do porto obriguen, a xuízo de Portos de Galicia, ao uso cotián do guindastre, a tarifa que lle sexa aplicable por uso intensivo en función dos servizos realizados durante o ano natural será:

Do servizo 5 ao 15: o 60 % da tarifa que corresponda segundo a regra décimo primeira.

Do servizo 16 ao 20: o 50 % da tarifa que corresponda segundo a regra décimo primeira.

Do servizo 20 en adiante: o 40 % da tarifa que corresponda segundo a regra décimo primeira.

En todo caso será aplicable a regra novena».

76) Modifícase a regra sétima da tarifa E-2 contida na subalínea 02 da alínea 99 do anexo 3, quedando redactada como segue:

«Sétima. As contías, expresadas en euros, serán, por metro cadrado ou fracción e día natural ou fracción, as seguintes:

[figura]

[figura]

Na zona de almacenamento situada a máis de 35 m do cantil do peirao dos portos incluídos nos grupos A e B aplicarase a tarifa do grupo inmediato inferior correspondente.

Para os elementos mecánicos tales como guindastres ou cintas móbiles que ocupen superficie descuberta e que sirvan de apoio ás operacións de carga e descarga de mercadorías de toda índole realizadas por vía marítima, que deban estar na zona de manobra e tránsito con carácter fixo ou eventual, seranlles aplicables as contías definidas no cadro anterior para a zona de almacenamento en superficie descuberta aplicada ao grupo correspondente e á superficie ocupada polo aparello e a súa zona de manobra.

En ocupacións de superficies cubertas que dispoñan de varios andares, a tarifa que se aplicará segundo o cadro anterior será o sumatorio de cada un dos andares, aplicando o 100% dela para a planta baixa e o 50% para os andares primeiro e seguintes, considerando en cada caso a superficie útil correspondente.

Na ocupación de tubaxes, canalizacións ou instalacións soterradas xerais do porto, a tarifa será o 50 % do que lle correspondería segundo os cadros anteriores, agás que o seu uso impida a utilización da superficie exterior. Neste caso a tarifa sería a indicada nesta regra para a superficie descuberta. A superficie por considerar para canalizacións será a da proxección horizontal da tubaxe ou instalación de que se trate, cunha superficie mínima de 0,5 metros cadrados por cada metro lineal de canalización.

As contías da tarifa para as ocupacións de superficie destinadas a usos non relacionados directamente coas actividades portuarias serán, expresadas en euros, as seguintes:

[figura]

77) Modifícase a letra B) do punto 3 contida na subalínea 03 da alínea 99 do anexo 3, quedando redactada como segue:

«B) Límites:

a) Nos casos previstos nas letras a), b), c), d) e e) do punto anterior, a cota da taxa deberase axustar aos seguintes límites en función do parámetro utilizado para a determinación desta no decreto:

Non poderá exceder as seguintes contías, en función do volume do tráfico portuario:

-0,28 € por tonelada de granel líquido.

-0,54 € por tonelada de granel sólido.

-1,08 € por tonelada de mercadoría xeral.

-21,65 € por contedor ou unidade de transporte.

-1,85 € por vehículo.

-1,62 € por pasaxeiro/a.

-4,87 € por vehículo en réxime de pasaxe.

-30,60 € por servizo técnico-náutico ou de consignación de buques prestado.

-2,04 € por metro cúbico ou 6,12 € por tonelada, por servizo de recollida de refugallos, segundo corresponda.

Cando o tipo se estableza sobre a facturación anual ou o volume de negocio desenvolvido no porto polo titular da autorización, non será superior ao 5 %.

b) No caso previsto na letra f) do punto anterior, a cota da taxa deberase axustar aos seguintes límites en función do parámetro utilizado para a determinación desta no decreto:

No caso de instalación de terrazas de establecementos de hostalería, a cota da taxa non poderá exceder a seguinte contía:

-1,53 € por mesa e día.

Cando o tipo se estableza sobre a facturación anual ou o volume de negocio desenvolvido no porto polo titular da autorización, a cota da taxa non será superior ao 7%.

c) En todos os casos anteriores, a contía anual da taxa non poderá ser inferior á cota desta taxa aplicada ao tráfico ou actividade mínima anual establecida no título habilitante da ocupación do dominio público».

Corrección de erros. Artigo 57 redactado conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2009.

Artigo 58º.-Canon de saneamento. Modificación da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia.

Un.-Modifícase o número 1 do artigo 40 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, que queda redactado como segue:

«1. O tipo de gravame expresarase en euros/metro cúbico ou en euros pola unidade de contaminación en función da base impoñible á que teña que aplicarse.

Establécense os seguintes valores do tipo de gravame do canon:

a) Usos industriais ou asimilados:

-Tipo xeral por volume: 0,351 euros/metro cúbico.

-Materias en suspensión: 0,205 euros/kg.

-Sales solubles: 3,296 euros/S/cm metro cúbico.

-Materia oxidable: 0,411 euros/kg.

-Metais: 9,261 euros/kg equimetal.

-Materias inhibidoras: 0,043 euros/equitox.

b) Usos domésticos: 0,209 euros/ metro cúbico».

Dous.-Engádeselle un novo punto 8 ao artigo 40 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, coa seguinte redacción:

«8. Coeficiente de piscifactorías:

Nos usos industriais da auga procedente de captacións superficiais do dominio público-hidráulico realizados en piscifactorías, o tipo de gravame aféctase polo coeficiente seguinte en función da relación de dimensionamento:

[figura]

Sendo a relación de dimensionamento o valor resultante de multiplicar o volume anual, cuantificado por algún dos sistemas referidos no artigo 39, expresado en metros cúbicos, pola superficie das balsas de cultivo, expresado en metros cadrados, e dividido entre a superficie das balsas de decantación multiplicada por 20.000, expresado en metros cadrados.

Nos termos que regulamentariamente se establezan, cando a instalación dispoña de sistemas de filtración adecuados para o tratamento da vertedura, estes coeficientes afectaranse por un factor de 0,8».

Artigo 59º.-Modificacións na Lei 12/1995, do 29 de decembro, do imposto sobre a contaminación atmosférica.

Introdúcense as seguintes modificacións na Lei 12/1995, do 29 de decembro, do imposto sobre a contaminación atmosférica, na súa redacción vixente:

Un.-Modifícase o artigo 12º, quedando redactado como segue:

«Artigo 12º.-Cota tributaria.

1. A cota tributaria virá determinada pola aplicación da seguinte tarifa impositiva por tramos de base:

[figura]

2. A tarifa impositiva poderá ser modificada pola lei de orzamentos de cada ano».

Dous.-Modifícase o artigo 15, quedando redactado como segue:

«Artigo 15º.-Liquidación e ingreso.

Os suxeitos pasivos están obrigados, na forma e nos prazos que se establezan regulamentariamente para o efecto, a liquidar e ingresar o imposto que corresponda a cada un dos focos de emisión dos que sexan titulares.

A consellaría competente en materia de facenda poderá dispoñer que as declaracións e autoliquidacións se efectúen mediante os programas informáticos de axuda que, de ser o caso, se aproben.

Así mesmo, poderá dispoñer a obriga da súa presentación e pagamento mediante medios telemáticos».

CAPÍTULO II TRIBUTOS CEDIDOS

Artigo 60º.-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

No exercicio das competencias atribuídas pola Lei 18/2002, do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e das condicións da devandita cesión, e consonte o disposto na letra a) do punto 1 do artigo 41 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e das cidades con estatuto de autonomía, o tipo de gravame aplicable aos documentos notariais que formalicen a constitución e cancelación de dereitos reais de garantía, cando o suxeito pasivo sexa unha sociedade de garantía recíproca con domicilio social no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será do 0,1%.

Artigo 61º.-Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar.

No uso das competencias atribuídas pola Lei 18/2002, do 1 de xullo, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e das condicións da devandita cesión, e consonte o disposto na letra c) do punto 1 do artigo 42 da Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e das cidades con estatuto de autonomía, e en virtude do establecido no artigo 5.Dous.4 da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, modifícanse os tipos de gravame e as cotas fixas da taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar, no sentido que a seguir se indica:

Un.-Nos casinos de xogo aplicarase a seguinte tarifa:

[figura]

Dous.-Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización dos xogos, a cota determinarase en función da clasificación das máquinas realizada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, segundo as normas seguintes:

A) Máquinas tipo «A» especial:

Cota anual: 500 euros.

B) Máquinas tipo «B» ou recreativas con premio:

a) Cota anual: 3.740 euros.

b) Cando se trate de máquinas ou aparellos automáticos tipo «B» nos que poidan intervir dous ou máis xogadores/as de forma simultánea e sempre que o xogo de cada un deles sexa independente do realizado por outros xogadores/as, serán aplicables as seguintes cotas:

-Máquinas ou aparellos de dous xogadores/as: dúas cotas de acordo co previsto na alínea a).

-Máquinas ou aparellos de tres ou máis xogadores/ as: 7.640 euros máis o resultado de multiplicar por 3.080 o produto do número de xogadores/as polo prezo autorizado para a partida.

C) Máquinas tipo «C» ou de azar:

Cota anual: 5.460 euros.

No caso de modificación do prezo máximo de 0,20 euros autorizado para a partida en máquinas de tipo «B» ou recreativas con premio, as cotas tributarias establecidas na letra B) anterior incrementaranse en 18,80 euros por cada céntimo de euro no que se incremente o novo prezo máximo autorizado.

Se a modificación se producir con posterioridade ao devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con permisos de data anterior a aquela en que se autorice a suba deberán autoliquidar e ingresar a diferenza de cota que corresponda na forma e nos prazos que determine a Consellería de Economía e Facenda.

Malia o previsto no parágrafo anterior, a autoliquidación e ingreso será só do 50 % da diferenza se a modificación do prezo máximo autorizado para a partida se produce despois do 30 de xuño.

Disposición adicionais

Primeira.-Información ao Parlamento

Un.-A Consellería de Economía e Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referente ás seguintes actuacións:

a) As ampliacións de crédito realizadas para atender o pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola comunidade autónoma.

b) As operacións de endebedamento por prazo superior a un ano formalizadas pola comunidade autónoma e polos seus organismos autónomos ou sociedades públicas, conforme as autorizacións contidas nesta lei.

c) Os avais amortizados, pagamentos efectuados por falidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto polo que respecta aos avais concedidos pola comunidade autónoma coma polos seus organismos autónomos e sociedades públicas.

d) As autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do índice de prezos ao consumo.

e) A enumeración nominal e individualizada das concesións de subvencións ou axudas autorizadas polo Consello da Xunta ás que se refire o artigo 47º desta lei.

f) Os plans a que se refire a disposición adicional segunda desta lei.

Dous.-A Consellería de Economía e Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:

a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizadas conforme o previsto na letra q) do artigo 5º desta lei.

b) As modificacións efectuadas consonte o indicado no artigo 9º.

c) Os orzamentos dos organismos autónomos, das axencias públicas autonómicas e das sociedades públicas que poidan entrar en funcionamento ao longo do ano 2009.

Tres.-A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que subscriba no desenvolvemento da súa actividade.

Segunda.-Sociedades públicas.

As entidades públicas e sociedades mercantís ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que, se é o caso, poidan presentar perdas de explotación están obrigadas a elaborar un plan coa finalidade de restablecer a situación de equilibrio nos seus orzamentos.

O citado plan deberáselle remitir á Consellería de Economía e Facenda para a súa aprobación, dentro dos tres meses seguintes a aquel no que se detectase a situación de desequilibrio ou, en todo caso, a partir da aprobación das contas anuais nas que esta circunstancia se reflicta.

Terceira.-Autorización de orzamentos en sociedades de nova creación.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aprobar os orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ao longo do ano 2009.

Cuarta.-Orzamento inicial das axencias públicas autonómicas.

Un.-Para as axencias públicas que se puideren constituír ata o 31 de decembro de 2009, de conformidade coa disposición adicional quinta do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que asuman funcións doutros centros directivos, organismos ou entidades, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da Consellería de Economía e Facenda e por iniciativa da consellaría da que dependa a axencia pública, establecerá as dotacións do seu orzamento inicial.

O orzamento financiarase mediante a minoración dos créditos que teña atribuídos o centro, organismo ou entidade cuxas funcións asuma, sen que supoña un incremento do gasto público, e terá a vinculación orzamentaria establecida para axencias na disposición adicional quinta do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Dous.-Non obstante, cando a axencia que se constitúa asuma na súa totalidade funcións dun organismo autónomo, procederase á adaptación do orzamento do organismo ao réxime previsto na disposición adicional quinta do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, de conformidade co seguinte:

A vinculación do orzamento a partir da entrada en vigor do estatuto da axencia será a prevista na disposición adicional quinta do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Para incorporar ao orzamento do organismo os recursos e as dotacións correspondentes ás operacións comerciais que de ser o caso realizase, tramitarase un expediente de modificación orzamentaria que autorizará a persoa titular da Consellería de Economía e Facenda manténdose o equilibrio orzamentario.

Tres.-No caso de que polas datas de aprobación dos estatutos, ou por calquera outra circunstancia que dificulte a aplicación do disposto nos puntos anteriores, se considere procedente non alterar durante 2009 a estrutura e o réxime orzamentario dos centros ou organismos afectados, esta circunstancia farase constar no decreto polo que se aprobe o correspondente estatuto.

Quinta.-Propostas normativas e outras actuacións.

A formulación de iniciativas lexislativas por parte da Xunta de Galicia, así como a aprobación de normas de rango regulamentario, plans ou programas de actuación de contido económico-financeiro, requirirán a previa dispoñibilidade dunha memoria económico-financeira que avalíe adecuadamente os custos que esas propostas poidan representar, e que considere as posibilidades ou alternativas existentes para o seu financiamento cando delas poida derivar un incremento do gasto público.

Sexta.-Modificación dos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde.

Correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización das modificacións, dentro de cada centro de xestión, dos cadros de persoal estatutario, de persoal MIR e de calquera outro tipo de persoal de institucións sanitarias dependentes do organismo non incluídos nas relacións de postos de traballo, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo correspondente do devandito centro.

En idénticas condicións correspóndelle ao Servizo Galego de Saúde a autorización da modificación prevista no parágrafo anterior dos cadros de persoal funcionario sanitario pertencentes ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares.

En todo caso, daráselle conta á Consellería de Economía e Facenda unha vez tramitada a correspondente modificación.

Sétima.-Prestacións familiares por coidado de fillos menores.

Aquelas persoas que, na data de entrada en vigor desta lei, teñan ao seu cargo fillos menores de tres anos terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2007, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estiveren obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período.

A percepción desta prestación axustarase ao procedemento que estableza a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, que esixirá xustificación documental dos requisitos precisos para o seu gozo, sen que o mesmo menor poida dar lugar a máis dunha prestación.

Oitava.-Alleamento de solo empresarial polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo, nos supostos de alleamento de terreos destinados a creación de solo industrial e residencial, así como parcelas ou polígonos empresariais ou residenciais terminados que se realicen a favor das sociedades públicas con participación maioritaria polo anterior organismo, para que o alleamento se poida efectuar con pagamento aprazado, non superior a dez anos e sen repercusión de intereses.

Novena.-Fondo extraordinario de axudas ás persoas beneficiarias de pensións e subsidios non contributivos.

Continuando coa liña iniciada nos orzamentos de 2008, dótase con 10.000.000 de euros o Fondo extraordinario de axudas económicas con destino ás persoas beneficiarias de pensións de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, de pensións do Fondo de Asistencia Social (FAS) e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos (SGIM), que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 23.02.621B.480.0.

O Consello da Xunta, por proposta do departamento competente en materia de benestar social e logo do informe da Consellería de Economía e Facenda, aprobará as normas de desenvolvemento necesarias para a determinación do importe, recoñecemento do dereito e pagamento das axudas que se establecen para o ano 2009.

Décima.-Aplicación de tarifas nos servizos públicos regulares permanentes de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de uso xeral.

Durante o ano 2009, as empresas que viñesen explotando concesións de servizos públicos regulares permanentes de transporte interurbano de viaxeiros por estrada de uso xeral continuarán na súa explotación ata a aprobación do novo marco legal do transporte público de viaxeiros en Galicia, mantendo así mesmo o dereito a percibir pola prestación dos servizos as tarifas que resulten aplicables conforme o anterior título contractual.

A continuidade na explotación producirase sen necesidade de requirimento previo por parte da administración e será obrigatoria para o concesionario durante o prazo dun ano contado desde a data da caducidade. A partir do transcurso dese período, requirirá un aviso previo á administración cun prazo mínimo de tres meses de antelación á data en que se pretenda cesar na explotación, podendo neste caso a administración encomendar a explotación do servizo aos prestatarios dos servizos que, situados nas súas proximidades, garden unha maior interrelación con este.

Disposición transitoria

Primeira.-Portos de Galicia. Redución da contía da tarifa X-5.

Nas instalacións deportivas construídas por Portos de Galicia e xestionadas por particulares mediante a correspondente concesión ou autorización administrativa que á entrada en vigor desta lei incluíren nos pregos de condicións a redución da contía da tarifa X-5 de ata o 15 % por subrogarse nas obrigas de pagamento dos suxeitos pasivos que utilicen as instalacións, manterase esta redución mentres estea vixente ese título administrativo. No caso de modificación ou prórroga deste, aplicarase o disposto na regra décimo terceira da tarifa X-5, contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Modificación do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Modifícanse os seguintes preceptos do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Un.-Modifícanse os puntos 1 e 3 do artigo 58º, que quedarán redactados da seguinte maneira:

«1. Poderán adquirirse compromisos de gastos de carácter plurianual, aínda que a súa execución deba iniciarse no exercicio seguinte, cando o seu contido coincida cos que a seguir se especifican:

a) Investimentos e transferencias de capital.

b) Transferencias correntes derivadas de normas con rango de lei, ou que se concedan a través de convocatorias ou do asinamento de convenios, logo da autorización do compromiso plurianual por parte do Consello da Xunta.

c) Gastos en bens e servizos cuxa contratación baixo as modalidades establecidas na Lei de contratos do sector público non poida ser estipulada ou resulte antieconómica por prazo que comprenda un só exercicio orzamentario.

d) Arrendamentos de bens inmobles que vaian ser utilizados por organismos ou servizos da comunidade autónoma.

e) Cargas financeiras derivadas de operacións de endebedamento da Comunidade ou dos seus organismos autónomos.

f) Activos financeiros.

g) Convenios con universidades e outras institucións ou centros docentes cando aqueles deban executarse durante cursos académicos coincidentes con dous exercicios orzamentarios».

«3. O número de exercicios aos que se poden aplicar os gastos incluídos nas letras a), b), c), f) e g) do número 1 non poderá ser superior a catro.

O gasto que nestes casos se comprometa con cargo a exercicios futuros non poderá exceder o resultado de lle aplicar ao crédito inicial, a nivel de concepto, as seguintes porcentaxes: no exercicio inmediato seguinte o 70%, no segundo exercicio o 60% e nos exercicios terceiro e cuarto o 50%. Tampouco poderá ser inferior ao 10% do importe total do expediente de gasto, en ningún dos anos aos que se estenda a súa execución material, agás, se é o caso, no derradeiro exercicio.

O total dos importes comprometidos con cargo a exercicios futuros no conxunto dos conceptos que definen un nivel de vinculación non poderá superar as porcentaxes arriba indicadas, calculadas sobre o crédito inicial dese conxunto de conceptos.

Nos contratos de obra de carácter plurianual, con excepción dos realizados baixo a modalidade de aboamento total do prezo, efectuarase unha retención adicional de crédito do 10 % do importe de adxudicación, no momento en que esta se realice. Esta retención aplicarase ao exercicio en que finalice o prazo fixado no contrato para a terminación da obra ou ao seguinte, segundo o momento en que se prevexa realizar o pagamento da certificación final. Estas retencións computarán dentro das porcentaxes establecidas neste artigo.

Dous.-Modifícase o punto 2 do artigo 69, que quedará redactado da seguinte maneira:

«2. As xeracións de crédito a que se fai referencia no número anterior unicamente poderán realizarse polo exceso de ingresos sobre as cifras inicialmente orzadas, e cando deriven de operacións incluídas na alínea c) destinaranse unicamente a cubrir gastos da mesma natureza que os que se orixinaron pola prestación do servizo».

Segunda.-Modificación da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2008.

Modifícanse os seguintes preceptos da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2008.

Un.-Modifícase o artigo 60º, que quedará redactado da seguinte maneira:

«Artigo 60º.-Estimación por referencia aos valores que figuren nos rexistros oficiais de carácter fiscal nos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Nas comprobacións de valor de inmobles polo medio establecido no artigo 57.1.b) da Lei 58/2003, xeral tributaria, a Administración tributaria poderá aplicar coeficientes multiplicadores que se aproben e publiquen mediante orde da Consellería de Economía e Facenda aos valores contidos no catastro inmobiliario. Tratándose doutro tipo de bens, a comprobación de valores poderá referirse directamente aos que figuren nos rexistros oficiais de carácter fiscal que determine a Administración tributaria galega, a cal poderá declarar o recoñecemento como rexistro oficial de carácter fiscal de calquera rexistro elaborado ou asumido como oficial pola Xunta de Galicia que inclúa valores deses bens, sempre que se aproben e publiquen mediante orde da Consellería de Economía e Facenda. Na aplicación dos valores procedentes destes rexistros poderase proceder á súa actualización mediante os índices de variación de prezos publicados polas distintas administracións públicas ou por institucións especializadas.”

Dous.-Modifícase o artigo 62º, que quedará redactado da seguinte maneira:

«Artigo 62º.-Ditame de peritos da administración.

Nas comprobacións de valor de inmobles polo medio establecido no artigo 57.1.e) da Lei 58/2003, xeral tributaria, estas poderán tomar como referencia, para os efectos de motivación suficiente, os valores contidos no rexistro oficial de carácter fiscal do artigo 60º desta lei ou os valores básicos e prezos medios de mercado a que alude a normativa técnica mencionada no artigo 61º desta lei.»

Terceira.-Modificación da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia.

Modifícase o punto j) do artigo 11 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, que queda redactado como segue:

«j) Reclamacións de responsabilidade patrimonial de contía superior a 1.500 euros».

Cuarta.-Desenvolvemento da lei.

Facúltase a Xunta de Galicia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Quinta.-Vixencia.

As disposicións desta lei terán vixencia exclusiva para o ano 2009, agás os artigos 44º, 59º e 60º e as disposicións derradeiras primeira, segunda e terceira, que terán vixencia indefinida.

Sexta.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2009.

Santiago de Compostela, vinte e tres de decembro de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

ANEXO 1

[táboa]

ANEXO 2

[táboa]

ANEXO 3

[táboas]

ANEXO 4

[táboa]

ANEXO 5

[táboa]

ANEXO 6

[táboas]

Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, a táboa da páxina 23.476 debe substituírse pola que se mostra na corrección de erros incluída a continuación da lei.Véxase a ligazón á lei 16/2008.
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.498, o artigo 40 denomínase «Á ADMINISTRACIÓN XERAL E ORGANISMOS PÚBLICOS DO ESTADO».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.505, os programas chámanse: «431A - DIRECCIÓN E SERVIZOS XERAIS DE CULTURA », «432A - BIBLIOTECAS, ARQUIVOS, MUSEOS E EQUIPAMENTOS CULTURAIS», «432B - FOMENTO DAS ACTIVIDADES CULTURAIS», «432C - FOMENTO DO AUDIOVISUAL» e «441A - PROTECCIÓN E PROMOCIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO ARTÍSTICO E CULTURAL».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.507, os programas chámanse: «411A - DIRECCIÓN E SERVIZOS XERAIS DE SANIDADE», «413A - PROTECCIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE PÚBLICA», «414A - FORMACIÓN DE GRADUADOS E POSGRADUADOS» e «581A - ELABORACIÓN E DIFUSIÓN ESTATÍSTICA».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.508, cómpre corrixir os nomes dos capítulos e artigos seguintes que son como seguen: «11 - PERSOAL EVENTUAL DE GABINETE», «13 - LABORAIS», «16 - COTAS, PRESTACIÓNS E GASTOS SOCIAIS A CARGO DO EMPREGADOR», «2 - GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS», «22 - MATERIAL SUBMINISTRACIÓNS E OUTROS», «43 - A ORGANISMOS AUTÓNOMOS E AXENCIAS PÚBLICAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA», «44 - A SOCIEDADES PÚBLICAS E OUTROS ENTES PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA», «47 - A EMPRESAS PÚBLICAS», «48 - A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO», «60 - INVESTIMENTO NOVO EN INFRAESTRUTURA E BENS DESTINADOS A USO XERAL», «61 - INVESTIMENTOS DE REPOSICIÓN EN INFRAESTRUTURA DE BENS DESTINADOS» e «74 - A SOCIEDADES PÚBLICAS E OUTROS ENTES PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.514, cómpre corrixir o nome do artigo seguinte que é como segue: «86 - ADQUISICIÓN DE ACCIÓNS FÓRA DO SECTOR PÚBLICO».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.517, cómpre corrixir os nomes dos artigos seguintes que son como segue: «16 - COTAS, PRESTACIÓNS E GASTOS SOCIAIS A CARGO DO EMPREGADOR» e «74 - A SOCIEDADES PÚBLICAS E OUTROS ENTES PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.519, onde di: «SECCIÓN - 22 D EBEDA P BLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA», debe dicir: «SECCIÓN - 22 DÉBEDA PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA». Tamén cómpre corrixir os nomes dos artigos seguintes que son como segue: «31 - GASTOS EMISIÓN, FORMALIZ., MODIF., E CANCELACIÓN DE DÉBEDA PÚBLICA», «95 - AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA PÚBLICA E PRÉSTAMOS» e «911A - AMORTIZACIÓN DE GASTOS FINANCEIROS DA DÉBEDA PÚBLICA».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.520, cómpre corrixir os nomes dos programas seguintes que son como seguen: «161A - ELECCIÓNS E PARTIDOS POLÍTICOS», «313C - OUTROS SERVIZOS SOCIAIS DE PROMOCIÓN SOCIAL», «515A - OUTRAS INFRAESTRUTURAS», «542 - INFRAESTRUTURAS E XESTIÓN DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO», «621A - ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA TRIBUTARIA PATRIMONIAL E DE CONTROL», «621 - IMPREVISTOS E FUNCIÓNS NON CLASIFICADAS», «722A - PROMOCIÓN SOCIAL E DIVULGACIÓN DA TECNOLOXÍA PESQUEIRA», «741A - APOIO Á MODERNIZ. INTERNAC. E MELLORA DA COMPET., INNOV. E PROD. EMPRESA» e «811C - OUTROS SOPORTES FINANCEIROS ÁS ENTIDADES LOCAIS».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, nas páxinas 23.525, 23.526, 23.527, 23.528, 23.529 e 23.530; as táboas deben substituírse polas que se mostran na corrección de erros incluída a continuación da lei.Véxase a ligazón á lei 16/2008.
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.531, cómpre corrixir os nomes dos capítulos e artigos seguintes que son como segue: «12 - FUNCIONARIOS» e «2 - GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.532, cómpre corrixir o nome do artigo seguinte que é como segue: «83 - CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS FÓRA DO SECTOR PÚBLICO».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.533, onde di: «… CAP TULOS», debe dicir: «… CAPÍTULOS».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.536, as táboas deben substituírse polas que se mostran na corrección de erros incluída a continuación da lei.Véxase a ligazón á lei 16/2008.
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.538, cómpre corrixir os nomes dos programas seguintes que son como segue: «451A - FOMENTO DA REHABILITACIÓN E DA CALIDADE DA VIVENDA», «451 - ACCESO Á VIVENDA», «451C - DIRECCIÓN E SERVIZOS SOCIAIS DE VIVENDA E SOLO» e «531A - PROMOCIÓN DE SOLO PARA ACTIVIDADES ECONÓMICAS».
Corrección de erros. Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 8, do 13 de xaneiro de 2009, na páxina 23.539, as táboas deben substituírse polas que se mostran na corrección de erros incluída a continuación da lei.Véxase a ligazón á lei 16/2008.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia