lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Publicado en: DOG 79 25/04/2019

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Estado: En vigor

PDF

O Decreto 88/2018, do 26 de setembro, establece a actual estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Esa estrutura foi desenvolvida polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos. Esta última norma fixou o nivel organizativo dos órganos superiores e de dirección da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a relación de entidades do sector público que a integran.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda agrupa, xunto as competencias de ambiente, urbanismo e paisaxe, as relacionadas coa vivenda e a rehabilitación, ao ter adscrito o Instituto Galego da Vivenda e Solo, reforzando deste xeito unha área necesaria para o desenvolvemento económico de Galicia co fin de contribuír activamente ao crecemento e desenvolvemento da nosa comunidade autónoma.

Procede, por tanto, establecer a estrutura e as funcións da consellería respectando os principios de eficacia e economía que sempre deben presidir a actuación e a organización administrativa, así como a eficiencia e contención no gasto público.

Exclúese a regulación da estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, xa desenvolvida polo Decreto 97/2014, do 24 de xullo, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, así como a do resto de entidades adscritas á consellería, por contar coa súa normativa específica.

Polo que se refire á organización dos servizos periféricos, de acordo co disposto no artigo 35 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, as xefaturas territoriais previstas neste decreto dependen orgánica e funcionalmente da consellería, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das súas competencias que asume cada delegación territorial no seu correspondente ámbito territorial.

No presente decreto, a estrutura periférica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantén a súa organización en catro xefaturas territoriais na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e conserva a dita estrutura en prol da eficacia administrativa e da eficiencia no gasto público.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de marzo de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

TÍTULO I Ámbito competencial e organización xeral da consellería

Artigo 1. Ámbito competencial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma a que lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados na Constitución española, e que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

Artigo 2. Estrutura da consellería

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

a) O/a conselleiro/a.

b) A Secretaría Xeral Técnica.

c) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

d) A Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

e) A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Artigo 3. Organismos, entes e órganos adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

1. Quedan adscritos a esta consellería os seguintes organismos e entes:

a) O organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, creado pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, en virtude do mandato recollido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e cuxos estatutos foron aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro.

b) O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, creado pola Lei 3/1988, do 27 de abril.

c) O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e cuxos estatutos establece o Decreto 213/2007.

2. Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, co carácter, labores e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

a) A Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo, prevista na disposición adicional cuarta da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

b) A Comisión de Seguimento das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, creada polo Decreto 156/2012, do 12 de xullo.

c) O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, regulado no Decreto 74/2006, do 30 de marzo.

d) O Observatorio Galego da Biodiversidade, creado polo Decreto 260/2007, do 13 de decembro.

e) O Observatorio Galego de Educación Ambiental, regulado polo Decreto 193/2012, do 27 de setembro.

f) O Comité Consultivo para a Protección Animal, creado pola Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

g) O Comité Galego de Pesca Fluvial. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

h) Os comités provinciais de pesca fluvial. A presidencia dos comités será asumida polas persoas titulares das xefaturas territoriais da consellería.

i) O Comité Galego de Caza. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

j) Os comités provinciais de caza. A presidencia dos comités será asumida polas persoas titulares das xefaturas territoriais da consellería.

k) O Comité Galego das Árbores Senlleiras, creado mediante o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, presidido pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

l) A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica, regulada polo Decreto 172/2012, do 1 de agosto.

m) O Observatorio Autonómico dos Ríos de Galicia, creado polo Decreto 15/2018, do 25 de xaneiro.

n) O Consello Asesor da Paisaxe de Galicia, creado polo Decreto 19/2018, do 1 de febreiro.

o) O Comité Asesor de Habitabilidade, regulado pola Orde do 12 de xaneiro de 2011.

p) O Consello da Calidade do Aire de Galicia, regulado polo Decreto 154/2022, do 1 de setembro.

Decreto 36/2022, do 10 de marzo.

Artigo modificado:Artigo 3 apartado 2 nova redacción por disposiciión derradeira primeira apartado 1.

Decreto 154/2022, do 1 de setembro.

Artigo modificado:Artigo 3 apartado 2 nova redacción por disposiciión derradeira primeira.

TÍTULO II Servizos centrais

CAPÍTULO I

Artigo 4. O/a conselleiro/a

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO II Da Secretaría Xeral Técnica

Sección 1ª. Da Secretaría Xeral Técnica

Artigo 5. Atribucións

A Secretaría Xeral Técnica exercerá as funcións e competencias establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e demais normativa aplicable, en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a consellería, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable ou mesmo as que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da consellería.

Artigo 6. Estrutura

1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

a) Vicesecretaría Xeral.

b) Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

c) Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

A Asesoría Xurídica de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda rexerase polo disposto na Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, desenvolverá as funcións previstas no capítulo II da citada norma en relación coa súa área funcional e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

Sección 2ª. Da Vicesecretaría Xeral

Artigo 7. Funcións

1. Con nivel orgánico de subdirección xeral, a Vicesecretaría Xeral, como órgano de dirección, exercerá as funcións de coordinación e apoio na dirección e xestión das competencias da Secretaría Xeral Técnica, a execución dos proxectos, obxectivos ou actividades e demais atribucións que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, así como a súa suplencia en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

2. Directamente, ou a través dos servizos que nela se integran, desenvolverá as seguintes funcións:

a) A actuación como oficina de xestión orzamentaria.

b) A elaboración e tramitación do anteproxecto anual de orzamentos da consellería.

c) A elaboración do orzamento da Secretaría Xeral Técnica, así como a xestión e a tramitación de todos aqueles expedientes de xestión do gasto que se tramiten con cargo ao orzamento da Secretaría Xeral Técnica e, en particular, os expedientes relativos a contratos menores de gasto corrente.

d) O seguimento da execución dos créditos orzamentarios e a tramitación das súas modificacións en coordinación cos entes implicados e o seguimento do grao de realización dos obxectivos respecto aos programas e actuacións que se determinen na lei anual de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

e) A formulación, en termos obxectivos e programas de gasto, incluso plurianuais, dos plans de actuación e proxectos dos servizos orzamentarios dependentes.

f) O estudo e informe económico dos actos e disposicións con repercusión económicofinanceira nos orzamentos de gastos e ingresos.

g) O informe e a proposta, de ser o caso, á comisión orzamentaria que corresponda da revisión dos programas de gasto e desenvolver e aplicar as instrucións para a elaboración do orzamento anual.

h) A análise e coordinación de cantos recursos financeiros ten asignados a conselleria, así como a coordinación e o seguimento da aplicación dos fondos europeos ou outros finalistas que financien proxectos da consellería, sen prexuízo das funcións atribuídas ás unidades e órganos correspondentes.

i) A ordenación, xestión e administración ordinaria dos asuntos relativos ao persoal da consellería.

j) A organización e supervisión das bases de datos e de rexistro de persoal, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros departamentos da Xunta de Galicia.

k) A xestión dos plans de formación do persoal da consellería.

l) A organización dos aspectos que incumben ao réxime interior da consellería.

m) A formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da consellería.

n) As función de asesorar e emitir os informes solicitados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e, en especial, prestarlle asistencia, coordinar e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, por razón da súa competencia.

3. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Vicesecretaría Xeral contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

3.1. Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A elaboración, coordinación e tramitación do anteproxecto de orzamentos da consellería, o control da execución dos créditos orzamentarios, a tramitación dos expedientes das súas modificacións e a execución dos gastos que se lle atribúan.

b) A elaboración do orzamento da Secretaría Xeral Técnica.

c) A xestión e tramitación de todos aqueles expedientes de xestión do gasto que se tramiten con cargo ao orzamento da Secretaría Xeral Técnica.

d) O seguimento do grao de realización dos obxectivos respecto aos programas e actuacións que se determinen na lei anual de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

e) A coordinación e o seguimento dos recursos financeiros da consellería, así como da aplicación dos fondos europeos ou outros finalistas que financien proxectos da consellería, sen prexuízo das funcións que correspondan a outros órganos.

f) O estudo e informe económico dos actos e disposicións con repercusión económicofinanceira nos orzamentos de gastos e ingresos.

g) O apoio na formulación dos plans de actuación e proxectos dos servizos orzamentarios dependentes, así como na elaboración de instrucións para a elaboración do orzamento anual.

h) A análise e coordinación de cantos recursos financeiros ten asignados a consellería.

i) En xeral, prestar asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Vicesecretaría Xeral.

3.2. Servizo de Xestión de Recursos Humanos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A ordenación, xestión e tramitación dos asuntos relativos aos recursos humanos da consellería e o seguimento e control do rexistro de persoal.

b) A xestión e tramitación da nómina do persoal adscrito aos servizos centrais da consellería e das obrigas en materia de seguridade social e dereitos pasivos, así como a habilitación dos seus pagamentos.

c) A elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos aos recursos humanos da consellería.

d) A estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión.

e) A organización e supervisión e actualización das bases de datos e de rexistro de persoal, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros departamentos da Xunta de Galicia, así como a organización, custodia e arquivamento dos seus expedientes.

f) A análise da planificación, estudo, seguimento e control da execución do estado de gastos do capítulo I, incluída a elaboración de propostas de modificación de créditos.

g) A colaboración na xestión dos plans de formación do persoal da consellería.

h) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Vicesecretaría Xeral.

Sección 3ª. Da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo

Artigo 8. Funcións e estrutura

1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo exercerá as seguintes funcións:

a) O estudo e a tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería.

b) O estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta, así como a tramitación de reclamacións e recursos en materia de persoal.

c) A coordinación dos requirimentos e peticións formuladas á consellería pola persoa titular das institucións do Defensor do Pobo, Valedor do Pobo e outros órganos e institucións, así como a coordinación cos distintos centros directivos da consellería, en relación coa tramitación dos requirimentos e peticións formulados polos xulgados e tribunais.

d) O estudo e informe dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

e) A coordinación e tramitación dos plans, programas e estratexias que se promovan e elaboren desde a consellería.

f) A interlocución cos restantes órganos da Administración pública ou coas entidades correspondentes por razón da materia, no marco da elaboración dos plans, programas e estratexias da consellería.

g) A coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia, das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería.

h) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere adecuado, coas unidades da consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.

i) A tramitación dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.

j) A coordinación das actuacións da consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as cales esta exerza o protectorado, para cuxo efecto levará os libros de rexistro.

k) A elaboración de propostas de resolución daqueles procedementos cuxa resolución sexa competencia da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, sempre que non sexa competencia doutros órganos da consellería.

l) A xestión do plan de publicacións e edicións audiovisuais da consellería e as funcións relativas á súa representación na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.

m) A elaboración e tramitación das propostas competencia da consellería para a designación de membros de órganos colexiados e entidades do sector público autonómico de Galicia.

n) A coordinación das unidades responsables de transparencia e o cumprimento das obrigas de información institucional, organizativa e de planificación en materia de transparencia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

ñ) A elaboración de informes relacionados coas funcións anteriormente relacionadas, así como aqueles outros asuntos que, por razón da súa competencia, lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, sen prexuízo das competencias de asesoramento en dereito encomendadas á Asesoría Xurídica da consellería pola Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público.

o) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1. Servizo Técnico-Xurídico.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O estudo e a tramitación das reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta.

b) A tramitación dos requirimentos e peticións formuladas á consellería polo/a Defensor/a do Pobo, Valedor/a do Pobo e outros órganos e institucións, así como a coordinación coa Asesoría Xurídica en relación coa tramitación dos requirimentos e peticións formulados polos xulgados e tribunais.

c) E, en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

2.2. Servizo de Xestión Administrativa.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A tramitación dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.

b) A coordinación das actuacións da consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as cales esta exerza o protectorado, para cuxo efecto levará os libros de rexistro.

c) A coordinación das unidades responsables de transparencia e o cumprimento das obrigas de información institucional, organizativa e de planificación en materia de transparencia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

d) A xestión do plan de publicacións e edicións audiovisuais da consellería e as funcións relativas á súa representación na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.

e) E, en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

2.3. Servizo de Desenvolvemento Normativo.

a) O estudo e a tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería.

b) O estudo e revisión da normativa en tramitación doutros órganos.

c) A tramitación administrativa dos plans, programas e estratexias que promova ou elabore a consellería.

d) O estudo e informe dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.

e) A coordinación e tramitación administrativa, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería.

f) E, en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

Sección 4ª. Da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio

Artigo 9. Funcións e estrutura

1. A Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio exercerá as seguintes funcións:

a) A xestión dos expedientes de contratación de competencia por razón da materia da Secretaría Xeral Técnica.

b) A tramitación e proposta de resolución dos expedientes de contratación administrativa de competencia por razón da materia das persoas titulares das direccións xerais da consellería, e por proposta destes, agás os contratos menores.

c) O estudo, tramitación e proposta de resolución, nos expedientes de recursos en materia de contratos públicos de competencia da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio, así como en calquera outra reclamación ou requirimento na materia.

d) A coordinación do parque móbil da consellería, sen prexuízo das competencias que corresponden a outros departamentos da Xunta de Galicia e coordinación das dotacións relativas ao vestiario do persoal.

e) A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

f) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Tramitación Contractual.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións inherentes á tramitación e xestión dos expedientes de contratación da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

b) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2.2. Servizo de Recursos Contractuais e do Patrimonio.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O estudo, tramitación e proposta de resolución, nos expedientes de recursos en materia de contratos públicos de competencia da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio, así como en calquera outra reclamación ou requirimento na materia.

b) A tramitación administrativa dos expedientes regulados na lexislación patrimonial vixente e a realización de todas aquelas actuacións relativas á xestión patrimonial que lle sexan encomendadas pola persoa titular da subdirección xeral.

c) A tramitación administrativa dos expedientes relativos ao parque móbil da consellería, e as actuacións de xestión do parque móbil que lle sexan encomendadas pola persoa titular da subdirección xeral.

d) E, en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

CAPÍTULO III Das direccións xerais

Sección 1ª. Da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Artigo 10. Funcións e estrutura

1. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático exercerá as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e o impulso da investigación ambiental e o desenvolvemento tecnolóxico para o logro da adecuada protección ambiental.

2. Para o exercicio das súas funcións, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático estrutúrase nas seguintes unidades:

2.1. Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental.

2.1.1. A Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático:

a) A elaboración dos anteproxectos de orzamentos da dirección xeral, a súa execución, seguimento e coordinación.

b) As funcións inherentes á xestión económica execución, seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.

c) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da dirección xeral por razón da materia.

d) O seguimento e control dos convenios e protocolos de colaboración.

e) A planificación e realización de obras e infraestruturas que execute a consellería para unha adecuada xestión dos residuos.

f) A potenciación e establecemento de procedementos que garantan a distribución da información ambiental á cidadanía que o requira, a través do mantemento e mellora do Sistema de información ambiental de Galicia (SIAM) e, en particular, a xestión do punto focal da Rede Eionet da Axencia Europea do Medio Ambiente.

g) O asesoramento e realización de estudos e informes.

h) O estudo e a elaboración dos proxectos normativos no ámbito das súas competencias.

i) A tramitación dos expedientes sancionadores competencia da dirección xeral.

j) A xestión dos órganos de participación da consellería relativos á integración ambiental.

k) A execución da normativa de responsabilidade ambiental respecto ás análises de riscos ambientais e garantías financeiras e respecto ás ameazas inminentes de danos ambientais e/ou danos ambientais que afecten o ámbito da dirección xeral.

l) A realización de actividades encamiñadas ao control do cumprimento da normativa ambiental e, en particular, o seguimento e inspección ambiental.

m) O apoio á persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático no exercicio das súas funcións.

n) Aquelas que, por razón da súa competencia, se lle encomenden.

2.1.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.1.2.1. Servizo de Xestión Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á xestión orzamentaria, execución dos contratos administrativos, actividades de fomento e as derivadas da información ambiental.

b) En xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.1.2.2. Servizo Xurídico-Administrativo.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á área xurídico-administrativa.

b) En xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.1.2.3. Servizo de Intervención Ambiental.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe ao control do cumprimento da normativa ambiental.

b) En xeral, prestarlle asistencia así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.2. Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental.

2.2.1. A Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático:

a) A tramitación dos expedientes derivados da aplicación da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, ou norma que a substitúa.

b) O impulso da integración do referente ambiental nas distintas políticas sectoriais e, en particular, no proceso de programación, realización, seguimento e avaliación das accións financiadas por fondos europeos.

c) O apoio técnico ao exercicio por parte da persoa titular do centro directivo das funcións que ten atribuídas como autoridade ambiental de Galicia, en particular as derivadas da súa condición de membro da Rede de autoridades ambientais de España.

d) A xestión e o seguimento dos pactos ambientais.

e) As actuacións derivadas da normativa de ecoxestión, ecoauditoría e ecoetiquetaxe.

f) A homologación de empresas e equipamentos de avaliación de impactos e control da calidade ambiental.

g) A tramitación e o seguimento das autorizacións ambientais integradas.

h) A xestión e coordinación das actuacións derivadas da lexislación sobre calidade dos solos e, en particular, a tramitación dos procedementos sometidos á lexislación sobre solos potencialmente contaminados.

i) A xestión da recuperación de solos contaminados.

j) Aquelas que, por razón da súa competencia, se lle encomenden.

2.2.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.2.2.1. Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á avaliación da incidencia dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

b) En xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.2.2.2. Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á avaliación da incidencia dos efectos de determinados proxectos no ambiente.

b) En xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.2.2.3. Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á subdirección xeral no que atinxe á tramitación e seguimento das actuacións derivadas das autorizacións ambientais integradas e da calidade dos solos.

b) En xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Residuos.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Residuos exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático:

a) A elaboración e o seguimento dos programas autonómicos de prevención de residuos e dos plans autonómicos de xestión de residuos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, e das accións de desenvolvemento destes.

b) O fomento das accións de minimización da produción de residuos, da súa reutilización e reciclaxe e dos programas de colaboración cos concellos e con outras organizacións para a aplicación das accións indicadas.

c) O seguimento das autorizacións dos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor no territorio galego.

d) O establecemento e a xestión de procedementos que garantan a distribución da información en materia de residuos.

e) A tramitación das autorizacións de xestores/as e produtores/as de residuos.

f) O control da rastrexabilidade en materia de residuos.

g) A realización de campañas de formación e sensibilización en materia de residuos.

h) A elaboración de informes técnicos en materia de residuos.

i) A planificación e o fomento de accións relacionadas coa economía circular.

j) A proposta de convenios relacionados coa xestión de residuos.

k) A colaboración coas consellerías correspondentes no control da xestión dos residuos non incluídos no ámbito de aplicación da Lei de residuos de Galicia, especialmente coas consellerías con competencias en materia de sanidade, no control da xestión dos residuos producidos nos establecementos sanitarios, e do Medio Rural, no control da xestión dos residuos producidos nas explotacións agrícolas e gandeiras.

l) Aquelas que, por razón da súa competencia, se lle encomenden.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.3.2.1. Servizo de Residuos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As encomendadas á subdirección xeral no que atinxe ao control da xestión de residuos.

b) En xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.4. Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático.

2.4.1. A Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

a) A xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e a súa difusión, sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería de Economía, Emprego e Industria, no ámbito de aplicación da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) A participación no desenvolvemento de plans de continxencia fronte a catástrofes naturais ou antropoxénicas, sen prexuízo das competencias que neste eido corresponden á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

c) O impulso, o desenvolvemento e a coordinación de iniciativas e proxectos de investigación en materia ambiental, a súa difusión e divulgación.

d) A coordinación e o seguimento da estratexia galega fronte ao cambio climático e, en particular, as actuacións relacionadas co cumprimento do Acordo de París.

e) A aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro e a elaboración e seguimento de inventarios destes.

f) As funcións de control das redes de calidade do aire e do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes.

g) O soporte analítico das actuacións da dirección xeral e o desenvolvemento e posta en marcha de novos métodos analíticos instrumentais.

h) O asesoramento e asistencia aos concellos en materia de aplicación da normativa contra a contaminación acústica de Galicia.

i) A realización de campañas de formación e sensibilización en materia de cambio climático e calidade atmosférica.

j) Aquelas que, por razón da súa competencia, se lle encomenden.

2.4.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.4.2.1. Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións encomendadas á subdirección xeral no que atinxe ao soporte analítico das actuacións da dirección xeral.

b) En xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

Sección 2ª. Da Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Artigo 11. Funcións e estrutura

1. A Dirección Xeral de Patrimonio Natural exercerá as competencias e funcións atribuídas á consellería en materia de conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e dos seus elementos etnográficos, e a súa preservación para as xeracións futuras e, en particular, exercerá as seguintes:

a) O fomento de medidas de desenvolvemento socioeconómico dos espazos naturais protexidos.

b) A ordenación, conservación, protección, fomento e aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais.

c) A divulgación dos valores do patrimonio natural; a xestión dos hábitats naturais, da flora e fauna silvestres, das paisaxes naturais e dos elementos senlleiros da xea da Comunidade Autónoma galega.

d) O desenvolvemento e a dinamización do uso público e recreativo do medio natural.

e) A promoción da defensa integral da natureza e dos elementos que a compoñen.

f) A conservación específica dos espazos que compoñen a Rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000 de Galicia ou doutras zonas de alto valor ambiental, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

g) O estudo e a elaboración dos proxectos normativos no ámbito das súas funcións.

h) O informe de recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural nas materias da súa competencia.

i) As funcións inherentes á xestión económica, execución, seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.

j) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da Dirección Xeral por razón da materia.

2. Baixo a dependencia directa da persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, e para o exercicio das funcións e competencias enumeradas no artigo anterior, a dirección xeral estrutúrase nos seguintes órganos administrativos:

2.1. Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, con nivel orgánico de servizo, ao cal lle corresponden as seguintes funcións:

a) A xestión executiva ordinaria do parque nacional e o desenvolvemento dos instrumentos de planificación e xestión.

b) A coordinación das funcións de vixilancia, inspección e denuncia exercidas polos axentes forestais e axentes facultativos ambientais no ámbito do parque nacional no exercicio das súas funcións como axentes da autoridade.

c) O outorgamento das autorizacións que, segundo a normativa aplicable ao Parque Nacional, lle sexan atribuidas ao director-conservador.

d) A coordinación de actuacións en situacións de emerxencia derivadas de accidentes que requiran medidas excepcionais para preservar os valores naturais do parque nacional, salvo naqueles casos en que sexa precisa a activación dalgún plan de emerxencias.

e) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da dirección xeral.

2.2. Servizo Xurídico-Administrativo.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O estudo e a elaboración das resolucións dos procedementos administrativos sancionadores que, por razón da súa competencia, correspondan á persoa titular desta dirección.

b) A elaboración das propostas de informe dos recursos interpostos contra as resolucións ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

c) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

2.3. Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria.

a) A elaboración dos anteproxectos de orzamentos da dirección xeral, a súa execución, seguimento e coordinación.

b) As funcións inherentes á xestión económica execución, seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.

c) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da dirección xeral por razón da materia.

d) O seguimento e control dos convenios e protocolos de colaboración.

e) A tramitación das propostas de modificación de créditos consignados no orzamento da dirección xeral.

f) O impulso da tramitación administrativa de expedientes e propostas de gasto das unidades dependentes da dirección xeral.

g) A coordinación, seguimento e control dos fondos procedentes da Unión Europea e dos fondos finalistas do Estado xestionados pola dirección xeral.

h) A planificación, habilitación, e seguimento da provisión de crédito para gastos correntes dos distintos órganos e unidades administrativas dependentes da dirección xeral, incluído o aprovisionamento, o mantemento e a renovación do equipamento e material funxible non inventariable necesario para o funcionamento da dirección xeral.

i) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da dirección xeral.

2.4. Subdirección Xeral de Espazos Naturais.

2.4.1. A Subdirección Xeral de Espazos Naturais exercerá as seguintes funcións:

a) O desenvolvemento de medidas e instrumentos para a protección e conservación dos hábitats naturais, dos elementos senlleiros da xea e das paisaxes naturais e rurais que conforman no seu conxunto o patrimonio natural.

b) A conservación, protección e promoción da Rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000, así como doutras zonas de alto valor ambiental.

c) A avaliación das repercusións de plans e proxectos sobre a Rede Natura 2000.

d) A ordenación dos usos do patrimonio natural, no ámbito das súas competencias.

e) A elaboración e implementación dos instrumentos de planificación, desenvolvemento e xestión dos espazos naturais protexidos.

f) O fomento de medidas de colaboración e coordinación nas campañas relativas á obtención da bandeira azul.

g) A coordinación de procedementos de queixas e denuncias.

h) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, ou calquera outro instrumento que se considere idóneo, das actuacións, dos informes técnicos ou das autorizacións emitidas polos órganos territoriais e unidades administrativas que deles dependan, no eido das súas competencias.

i) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da dirección xeral.

2.4.2. Para o exercicio das súas funcións, a subdirección xeral contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

2.4.2.1. Servizo de Conservación de Espazos Naturais.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O exercicio das funcións relativas á protección, conservación, xestión, restauración, mellora, recuperación, divulgación e promoción dos espazos protexidos.

b) O fomento, consolidación e promoción da Rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000 e doutras zonas de alto valor ambiental.

c) A elaboración dos instrumentos de planificación e xestión.

d) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da subdirección xeral.

2.4.2.2. Servizo de Análise de Proxectos, Plans e Programas.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A elaboración dos informes, así como das propostas de concesión das autorizacións daqueles plans, programas e proxectos que requiren da avaliación das repercusións as que se refire o artigo 46 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, de patrimonio natural e da biodiversidade, sometidos a avaliación ambiental de conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sen prexuízo da solicitude dos datos técnicos que sexan necesarios ao servizo provincial correspondente.

b) A elaboración das propostas de concesión das autorizacións relativas aos usos e actividades, plans, programas ou proxectos que afecten a máis dunha provincia.

c) A emisión de informes relativos a obras, instalacións e actividades que se precisen e, en particular, no referido a accións que afecten a Rede galega de espazos protexidos ou a Rede Natura 2000.

d) A elaboración de directrices e criterios técnicos sectoriais en relación cos procedementos de avaliación dos proxectos, plans e programas que afecten o medio natural e os valores do patrimonio natural.

e) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da subdirección xeral.

2.4.2.3. Servizo de Parques Naturais.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O exercicio de funcións relativas á dirección e xestión executiva ordinaria dos parques naturais das Fragas do Eume, do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, do Monte Aloia, e dos parques naturais da Baixa Limia-Serra do Xurés, do Invernadeiro e da Serra da Enciña da Lastra, así como o seguimento das actuacións das xuntas consultivas dos devanditos espazos protexidos. Neste sentido, coordinará as actuacións dos servizos provinciais de patrimonio natural relativas ao persoal que desenvolve as súas funcións nestes espazos.

b) A elaboración de instrucións para a formulación das propostas dos orzamentos e dos programas de xestión de cada un dos espazos relacionados no parágrafo anterior, así como para a execución e desenvolvemento e seguimento dos plans reitores de uso e xestión.

c) A realización das actuacións necesarias nos supostos de emerxencia que se poidan producir no interior dos parques.

d) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da subdirección xeral.

2.5. Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas.

2.5.1. A Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas exercerá as seguintes funcións:

a) A ordenación, conservación, protección, fomento e aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais.

b) O desenvolvemento de medidas e instrumentos para a protección e conservación das especies silvestres.

c) A elaboración de normativa que afecta o exercicio da caza e da pesca fluvial e o benestar e protección dos animais de compañía animal, sen prexuízo, neste último suposto, das competencias que respecto diso teña atribuídas o órgano competente en materia de produción animal.

d) A tramitación dos expedientes administrativos para a declaración de terreos sometidos a réxime cinexético especial, así como das distintas figuras das augas continentais.

e) O control e policía da riqueza cinexética e piscícola nas augas continentais.

f) A coordinación dos establecementos e instalacións relacionados coa actividade cinexética e piscícola cuxa xestión dependa da Administración autonómica.

g) A coordinación dos centros de recuperación de fauna silvestre dependentes da Administración autonómica.

h) A elaboración, implementación e seguimento dos instrumentos de planificación, desenvolvemento e xestión das especies silvestres.

i) A emisión de informes sectoriais en relación cos procedementos de aprobacións e/ou modificacións de centros de acuicultura en augas continentais.

j) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos ou calquera documento que se considere idóneo, das actuacións, dos informes técnicos ou das autorizacións emitidas polos órganos territoriais e unidades administrativas que deles dependan, no eido das súas competencias.

k) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da dirección xeral.

2.5.2. Para o exercicio das súas funcións contará coas seguintes unidades co nivel orgánico de servizo:

2.5.2.1. Servizo de Caza e Pesca Fluvial.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A divulgación, formación e promoción específica dos recursos cinexéticos e piscícolas en augas continentais.

b) A inspección e coordinación dos establecementos e instalacións relacionados coa actividade cinexética e/ou piscícola cuxa xestión dependa da Administración autonómica.

c) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da subdirección xeral.

2.5.2.2. Servizo de Conservación da Biodiversidade.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O desenvolvemento das actuacións relativas á conservación das especies da fauna e da flora silvestre e a elaboración das propostas de catalogación de especies ameazadas e a dos plans para a súa xestión, así como a execución e seguimento destes.

b) O desenvolvemento de medidas e instrumentos de seguimento, protección, control e conservación dos elementos que compoñen a biodiversidade, con atención particular ás especies introducidas de carácter invasor.

c) A aplicación de medidas de protección e benestar de animais de compañía.

d) A coordinación dos centros de recuperación de fauna silvestre.

e) En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da subdirección xeral.

Sección 3ª. Da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Artigo 13. Funcións e estrutura

1. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo exercerá as funcións inherentes á dirección, planificación, impulso, xestión e coordinación das competencias que, en materia de urbanismo, ordenación do territorio e do litoral, así como as autorizacións e os informes na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre e no solo rústico que ten atribuídas a consellería e, en particular, corresponderanlle:

Con carácter xeral:

a) A materialización e posta en práctica da política territorial e de utilización racional do solo coa finalidade de favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio; contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación e protexer e potenciar o patrimonio natural e cultural, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

b) O exercicio das funcións que a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ou norma que a substitúa, lle atribúe á persoa titular da dirección xeral competente en materia de urbanismo.

c) O fomento da formación e da investigación, e a elaboración e divulgación de estudos e proxectos en materia de urbanismo, ordenación do territorio e litoral.

d) O fomento, seguimento e control da actividade urbanística, sen prexuízo das competencias dos municipios e o requirimento de anulación de actos de aprobación de instrumentos de plan e xestión urbanística.

e) O fomento da participación cidadá na formulación, tramitación e xestión do plan territorial e urbanístico.

f) O apoio e asesoramento necesario á Xunta Consultiva en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

g) A elaboración de proxectos e anteproxectos de disposicións normativas en materia de urbanismo, ordenación do territorio e litoral.

h) A coordinación dos servizos territoriais de urbanismo.

i) A tramitación e proposta de resolución dos procedementos de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.

j) As funcións inherentes á xestión económica, execución, seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.

k) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da dirección xeral por razón da materia.

l) O exercicio de calquera competencia en materia de urbanismo que a lexislación vixente atribúa á Administración autonómica, sen especificar o órgano que deba exercela.

m) A realización de actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

n) O outorgamento de autorizacións administrativas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, segundo o establecido na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, con excepción do establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, para as cortas de árbores; e a emisión de informes preceptivos en materia de costas, nos seguintes supostos:

1º. A emisión do informe autonómico nos procedementos de deslinde do dominio público marítimo-terrestre e as súas modificacións ou revisións e, en xeral, en todos aqueles que poidan derivar nunha delimitación ou modificación das liñas do dominio público marítimo-terrestre ou das súas servidumes de protección.

2º. A emisión de informe autonómico aos plans e normas de ordenación territorial e urbanística, así como as súas modificacións e revisións, cando incidan sobre as zonas de servidume de protección e de influencia do dominio público marítimo-terrestre.

3º. A emisión de informe nos proxectos de obra promovidos pola Administración xeral do Estado ou a Administración autonómica que afecten o dominio público marítimo terrestre ou ás servidumes de protección ou tránsito.

4º. En xeral, a emisión dos informes autonómicos requiridos en execución da normativa de costas, cando se refiran ao dominio público marítimo-terrestre ou ás súas zonas de servidume, que non estean previstos expresamente neste decreto e sempre que non estean atribuídos a outro órgano da Administración autonómica.

ñ) A preparación dos informes que conforme a lexislación de carácter sectorial lle corresponda emitir ao órgano autonómico competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

o) A análise e a proposta de informe dos expedientes de solicitude de autorización de execución de grandes establecementos comerciais sobre a súa adaptación ao plan vixente e en tramitación, para a posta en coñecemento da súa viabilidade á Comisión Consultiva de Equipamentos Comerciais.

p) Informe de recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo nas materias da súa competencia.

En materia de ordenación do territorio e do litoral:

a) Impulso da cooperación con todas as administracións públicas con competencia no territorio, especialmente coas administracións locais, co fin de promover o desenvolvemento de políticas comúns, debidamente coordinadas e programadas, que aseguren o cumprimento dos fins de protección, xestión e ordenación do territorio.

b) A programación, dirección e control da política de ordenación do territorio e do litoral.

c) A elaboración e tramitación administrativa dos instrumentos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, que se formulen por iniciativa desta consellería.

d) A coordinación coas restantes consellerías ou outros organismos ou entidades para a formulación dos seus correspondentes plans ou programas de carácter sectorial con incidencia sobre o territorio, así como o seguimento, arquivo e rexistro dos instrumentos de ordenación do territorio aprobados.

e) A elaboración de informes respecto dos demais instrumentos de ordenación do territorio previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, cando así se exixa de acordo coa dita lei e a normativa e instrumentos que a desenvolvan.

En materia de urbanismo:

a) A preparación dos informes que, con carácter previo á aprobación inicial ou definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico por parte dos concellos, prevé a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

b) A elaboración das propostas de resolución respecto dos instrumentos de planeamento urbanístico cuxa aprobación definitiva sexa competencia da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de conformidade coa Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

c) A elaboración e tramitación administrativa das normas técnicas de planeamento.

d) A tramitación administrativa dos instrumentos de planeamento urbanístico.

e) O apoio técnico e económico e a colaboración coas entidades locais para a formulación e tramitación do planeamento urbanístico e a súa xestión e execución.

f) O seguimento, arquivamento e rexistro dos instrumentos de planeamento urbanístico aprobados e o requirimento de anulación de actos de aprobación de instrumentos de plan e xestión urbanística.

g) O seguimento, control e actualización do estado do planeamento en Galicia. Diagnose das necesidades.

h) A asistencia e coordinación aos concellos en relación cos expedientes das subvencións que, en materia de planeamento, se tramiten nesta consellería.

2. Baixo a dependencia directa da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e para o exercicio das funcións e competencias enumeradas no artigo anterior, a dirección xeral estrutúrase nos seguintes órganos administrativos:

2.1. Servizo de Obras e Supervisión de Proxectos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As funcións de supervisión de proxectos técnicos e seguimento dos contratos de dirección e de execución de obra relacionados coas actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

b) Prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2.2. Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A elaboración dos anteproxectos de orzamentos da dirección xeral, a súa execución, seguimento e coordinación.

b) As funcións inherentes á xestión económica execución, seguimento, control e xestión da execución dos contratos administrativos e actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.

c) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da dirección xeral por razón da materia.

d) O seguimento e control dos convenios e protocolos de colaboración.

e) A tramitación das propostas de modificación de créditos consignados no orzamento da dirección xeral.

f) O impulso da tramitación administrativa de expedientes e propostas de gasto das unidades dependentes da dirección xeral.

g) A coordinación, seguimento e control dos fondos procedentes da Unión Europea e dos fondos finalistas do Estado xestionados pola dirección xeral.

g) A coordinación, seguimento e control dos fondos procedentes da Unión Europea e dos fondos finalistas do Estado xestionados pola dirección xeral.

2.3. Subdirección Xeral de Ordenación do Territorio.

2.3.1. A Subdirección Xeral de Ordenación do Territorio exercerá as seguintes funcións:

a) Impulso da cooperación con todas as administracións públicas con competencia no territorio, especialmente coas administracións locais, co fin de promover o desenvolvemento de políticas comúns, debidamente coordinadas e programadas, que aseguren o cumprimento dos fins de protección, xestión e ordenación do territorio.

b) A programación, dirección e control da política de ordenación do territorio e do litoral.

c) A elaboración e tramitación administrativa dos instrumentos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, que se formulen por iniciativa desta consellería.

d) A coordinación coas restantes consellerías ou outros organismos ou entidades para a formulación dos seus correspondentes plans ou programas de carácter sectorial con incidencia sobre o territorio, así como o seguimento, arquivamento e rexistro dos instrumentos de ordenación do territorio aprobados.

e) A elaboración de informes respecto dos demais instrumentos de ordenación do territorio previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio, cando así se exixa de acordo coa dita lei e coa normativa e instrumentos que a desenvolvan.

2.3.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, esta subdirección xeral contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

2.3.2.1. Servizo de Ordenación Territorial.

Correspóndenlle as funcións encomendadas á subdirección xeral no que incumbe á área temática de ordenación do territorio e, en xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da subdirección xeral.

2.3.2.2. Servizo de Autorizacións e Informes Sectoriais.

Correspóndenlle as funcións de supervisión de expedientes e a emisión de informes e autorizacións, se é o caso, relacionados coas seguintes actuacións:

a) A emisión de informes preceptivos en materia de costas, nos supostos previstos polo artigo 24 do Decreto 158/2005, do 2 de xuño, polo que se regulan as competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, con excepción do establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, para as cortas de árbores.

b) A preparación dos informes e autorizacións que, conforme a lexislación de carácter sectorial, lle corresponda emitir ao órgano autonómico competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

c) A preparación e elaboración das autorizacións administrativas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, segundo o establecido na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

2.4. Subdirección Xeral de Urbanismo.

2.4.1. A Subdirección Xeral de Urbanismo exercerá as funcións de estudo, preparación, informe e seguimento dos instrumentos de planeamento urbanístico, así como prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2.4.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, esta subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.4.2.1. Servizo de Planificación Urbanística I.

2.4.2.2. Servizo de Planificación Urbanística II.

2.4.2.3. Servizo de Planificación Urbanística III.

2.4.2.3. Servizo de Planificación Urbanística III.

a) O estudo, a preparación, o informe e o seguimento dos instrumentos de planeamento urbanístico.

b) En xeral, prestarlles asistencia e xestionar cantos asuntos lles sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Urbanismo.

2.5. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

2.5.1. A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo exercerá as seguintes funcións:

a) As encomendadas á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo no que incumbe á área xurídico-administrativa.

b) A elaboración de informes sobre os recursos interpostos contra resolucións ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo nas materias da súa competencia.

c) As correspondentes á Secretaría Xeral da Xunta Consultiva de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

d) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

2.5.2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo contará co nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

2.5.2.1. O Servizo de Apoio Xurídico- Administrativo.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) As que lle encomende a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, no que incumbe á área xurídico-administrativa.

b) Prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

2.5.2.2. O Servizo de Apoio Técnico.

Correspóndenlle as funcións que lle encomende a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico- Administrativo, no que incumbe á área técnica.

Decreto 36/2022, do 10 de marzo.

Artigo modificado:Artigo 13 apartados 1 e 2 nova redacción, e renumeración por disposiciión derradeira primeira apartados 2, 3, 4, 5, 6 e 7.

TÍTULO III Das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Artigo 14. Xefaturas territoriais

1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organízase nas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que desenvolverán as súas funcións no ámbito provincial respectivo, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación no seu correspondente ámbito territorial, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 245/2009, do 30 de abril.

2. Á fronte de cada xefatura territorial estarán os/as xefes/as territoriais, que exercerán as seguintes funcións:

a) A dirección, o despacho e a proposta de resolución dos asuntos ordinarios.

b) A coordinación dos servizos ou unidades que o integran.

c) A elaboración do anteproxecto de orzamento de gastos da xefatura territorial.

d) A xestión, administración e habilitación dos medios económicos e materiais da xefatura territorial.

e) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

f) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia da xefatura territorial.

g) Cantas outras funcións expresamente lle sexan atribuídas ou delegadas.

3. Os servizos das xefaturas territoriais dependerán funcionalmente dos órganos superiores e de dirección da consellería, dentro do ámbito das atribucións que correspondan a cada un deles, sen prexuízo da coordinación xeral que poidan exercer as persoas titulares das xefaturas territoriais, das cales dependen organicamente.

Integran cada unha das xefaturas territoriais os seguintes servizos:

3.1. Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental.

O Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental exercerá no seu respectivo ámbito territorial as seguintes funcións:

a) A xestión das denuncias ambientais recibidas e coordinación das respostas doutras unidades a esas denuncias.

b) A realización das inspeccións ambientais conforme o Programa anual de inspección ambiental.

c) A tramitación de expedientes sancionadores que lle correspondan.

d) A tramitación de expedientes derivados da aplicación da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

e) A tramitación e o rexistro das comunicacións realizadas ao abeiro do disposto na normativa de residuos.

f) A xestión de servicio de préstamo de sonómetros aos concellos para apoio no exercicio das competencias da Administración local en contaminación acústica.

g) As restantes funcións que lle poidan ser asignadas en materia de calidade ambiental e cambio climático.

3.2. Servizo do Patrimonio Natural.

Sen prexuízo da dirección da Reserva Nacional de Caza dos Ancares, que lle corresponde á Xefatura Territorial de Lugo, os servizos provinciais de Patrimonio Natural exercerán, no seu respectivo ámbito territorial, as seguintes funcións:

a) A elaboración dos informes ambientais e das propostas de concesión das autorizacións de usos e actividades, e dos proxectos que non requiran da avaliación das repercusións a que se refire o artigo 46 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, de patrimonio natural e da biodiversidade, no marco dun procedemento de avaliación ambiental, de conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Igualmente, prestarán asesoramento técnico á dirección xeral competente en materia de espazos e valores naturais, en todos aqueles casos en que esta o solicite.

b) A execución das actuacións relativas á conservación das especies da fauna e da flora silvestre no seu ámbito territorial, incluído o control dos factores de ameaza para a conservación da biodiversidade, así como todas aquelas funcións relativas á protección e benestar de animais de compañía que sexa preciso desenvolver nesta materia.

c) A execución e o control das actuacións en materia de recursos cinexéticos e piscícolas en augas continentais que corresponda desenvolver en función do seu ámbito territorial.

d) As actuacións relativas á actividade inspectora derivada da protección, conservación, xestión e recuperación do patrimonio natural e da biodiversidade.

e) As restantes funcións que lle poidan ser asignadas en materia de espazos naturais e biodiversidade e recursos cinexéticos e piscícolas.

3.3. Servizo de Urbanismo.

O Servizo de Urbanismo exercerá, no seu ámbito territorial, as seguintes funcións:

a) O estudo, a preparación, o informe e o seguimento dos instrumentos de planeamento urbanístico.

b) A preparación dos informes e autorizacións que, conforme a lexislación de carácter sectorial, lle corresponda emitir ao órgano autonómico competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

c) A tramitación dos procedementos de autorización autonómica en solo rústico.

d) A tramitación dos procedementos de autorización autonómica na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, con excepción do establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, para as cortas de árbores.

e) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Disposición adicional primeira. Ausencias e vacantes

Sen prexuízo do establecido no artigo 7.1 deste decreto e no non previsto nel, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade dos titulares dos órganos superiores e de dirección da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as competencias atribuídas por este decreto aos correspondentes órganos serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, polos órganos superiores e de dirección da consellería, seguindo a orde de prelación que se establece no Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro.

Neste sentido, a substitución será asumida pola persoa titular do órgano que ocupe o posto seguinte na orde correlativa enunciada, e corresponderalle á primeira persoa, se for o caso, substituír a última.

Disposición adicional segunda. Igualdade

No exercicio das funcións a que se refire este decreto, integrarase de xeito activo a dimensión de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Disposición adicional terceira. Principio de presenza equilibrada

Nos nomeamentos de altos cargos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como dos/as titulares e membros de órganos de entidades integrantes do sector público autonómico do seu ámbito de competencias, procurarase acadar o principio de presenza equilibrada entre homes e mulleres.

Disposición transitoria primeira. Modificación de denominacións

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase o/a conselleiro/a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, para adscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto.

Disposición transitoria segunda. Conservación material

1. As existencias de material impreso anteriores á entrada en vigor deste decreto en que se faga referencia a denominacións da anterior estrutura orgánica seguirán utilizándose ata que se esgoten, sen prexuízo da correcta identificación nos actos administrativos da dependencia orgánica da autoridade de procedencia.

2. Con independencia do establecido no punto anterior, cando se proceda á adquisición, reposición ou reedición de novo material, aplicaránselle as novas denominacións.

Disposición transitoria terceira. Informes ambientais

Os procedementos a que se refire o artigo 11.2.4.2 deste decreto, relativos á elaboración dos informes, así como as propostas de concesión das autorizacións daqueles plans, programas e proxectos que requiran da avaliación das repercusións a que se refire o artigo 46 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, de patrimonio natural e da biodiversidade, sometidos a avaliación ambiental, de conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e que no momento da entrada en vigor do presente decreto estean pendentes de informe dos servizos provinciais de Patrimonio Natural, continuarán nos respectivos servizos ata a emisión do dito informe.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ao establecido neste decreto e, en particular, o Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Disposición derradeira primeira. Modificación do Decreto 244/2011, do 29 de decembro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio

Modifícase o artigo 28 do Decreto 244/2011, do 29 de decembro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, que quedará redactado como segue:

«Artigo 28. Departamento Técnico de Estudos

1. O Departamento Técnico de Estudos exercerá as seguintes funcións:

a) A realización de traballos de investigación, análise, estudo e difusión sobre urbanismo e ordenación do territorio.

b) A promoción e o desenvolvemento dos instrumentos de xestión, ordenación e promoción da paisaxe e do desenvolvemento sustentable na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) A elaboración dos informes en materia de paisaxe previstos na normativa vixente.

2. Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, este departamento contará cos seguintes servizos:

a) Servizo de Estudos: correspóndenlle as funcións encomendadas ao Instituto de Estudos do Territorio no que se refire á análise, seguimento, formación e divulgación sobre urbanismo e ordenación do territorio e, en xeral, prestar asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da dirección do instituto ou departamento.

Así mesmo, corresponden as funcións relativas á colaboración para a promoción das estratexias e programas que contribúan a conseguir o apropiado nivel de desenvolvemento sustentable e aquelas que fomenten a participación cidadá.

b) Servizo de Coordinación e Información Territorial: correspóndenlle as funcións de elaboración, mantemento e actualización da información xeográfica e cartográfica necesaria para o desenvolvemento dos estudos relacionados co territorio, así como a súa coordinación e difusión entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia. Tamén se encargará da xestión e de desenvolvemento dos sistemas de información corporativos da Xunta de Galicia vinculados ao territorio.

c) Servizo de Planificación da Paisaxe: corresponden as funcións encomendadas ao Instituto de Estudos do Territorio no que se refire ao desenvolvemento dos instrumentos previstos na lexislación vixente sobre a protección, xestión e ordenación da paisaxe. Así mesmo, asumirá as funcións de formación e divulgación en materia de paisaxe e a elaboración dos informes en materia de paisaxe».

Disposición derradeira segunda. Disposicións de desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para ditar as disposicións necesarias para a execución e o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia