lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

Publicado en: DOG 224 25/11/2019

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Estado: En vigor

PDF

Modificacións

As normas técnicas de planeamento regúlanse no artigo 48 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 88 e 89 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

As normas técnicas de planeamento nacen, principalmente, da necesidade dunha simplificación e normalización técnica dos instrumentos de planeamento urbanísticos, co obxecto de facilitar e axilizar a súa elaboración, tramitación e coñecemento. Por isto, cómpre entendelas e asumilas como unha oportunidade de mellora no proceso de formulación e aprobación dos documentos de planeamento, sempre na procura dunha maior transparencia e lexibilidade destes.

As normas técnicas de planeamento teñen por obxecto unificar os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento urbanístico, a terminoloxía e os conceptos urbanísticos xerais, así como calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica en materia de planeamento urbanístico.

No que atinxe ao seu procedemento de aprobación, seguiuse o regulado no artigo 89 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que exixe un período de información pública por un prazo non inferior a un mes, audiencia á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e aos colexios profesionais con competencias na formulación dos instrumentos de planeamento, e informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, antes da súa aprobación pola persoa titular da consellería competente en materia de urbanismo.

O 21 de maio de 2019, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou o inicio da tramitación das normas técnicas de planeamento, someténdoas a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 100, do 28 de maio). Asemade, comunicouse expresamente o trámite de audiencia ás seguintes entidades:

– Federación Galega de Municipios e Provincias.

– Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.– Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de Galicia.

– Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.

– Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

– Colexio Oficial de Xeógrafos de Galicia.

Unha vez finalizado o seu procedemento de tramitación e cumpridos todos os trámites preceptivos, en cumprimento do previsto no artigo 89.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, eleváronse as normas técnicas de planeamento á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia que, na súa sesión do 3 de setembro de 2019, emitiu informe favorable previo á súa aprobación definitiva pola persoa titular da consellería competente en materia de urbanismo.

Visto canto antecede, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 89.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia

Apróbanse as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que se insiren a continuación como anexo a esta orde, de conformidade coa Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia

Disposición adicional primeira. Arquivos e modelos accesibles na páxina web

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda habilitará na súa páxina web un espazo dixital axeitado en que porá á disposición de todas as persoas interesadas arquivos ou modelos normalizados, de acordo co disposto nestas normas técnicas, que faciliten e axilicen o proceso de formulación do planeamento.

Estes arquivos e modelos poderán ser modificados co fin de mantelos actualizados e adaptados a novos programas informáticos, o que será obxecto da adecuada publicidade na páxina web.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Disposición adicional primeira nova redacción do título por artigo único apartado tres.

Disposición adicional segunda. Actualización dos anexos técnicos

Os anexos técnicos das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia poderán ser obxecto de actualización coa finalidade de mantelos adaptados á normativa vixente e de poder emendar aspectos e melloras de índole técnica do seu contido.

Para estes efectos, a dita actualización realizarase mediante resolución administrativa da persoa titular do órgano autonómico competente en materia de urbanismo e será publicada mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia con indicación dos cambios operados, sen máis trámite.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo engadido:Disposición adicional segunda engadida por artigo único apartado catro.

Disposición transitoria primeira. Adaptación do planeamento

1. Os instrumentos de planeamento urbanístico que non acadasen a aprobación inicial na data de entrada en vigor destas normas técnicas de planeamento (25.5.2020), deberanse adaptar a elas na súa totalidade. Aos que a acadasen, unicamente lles será de aplicación o disposto no título III destas.

2. O título II das normas técnicas de planeamento será de aplicación ás modificacións puntuais, ao planeamento de desenvolvemento, ás delimitacións de núcleo rural e aos estudos de detalle, unicamente cando o instrumento de planeamento a que se refiran xa estea adaptado a elas.

Nestes casos, poderase empregar a cartografía ou planimetría do planeamento de orixe e, sobre esa base, delimitar o ámbito afectado e grafar a ordenación proposta, adaptada no que proceda ás normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia».

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Disposición transitoria primeira nova redacción por artigo único apartado un.

Disposición transitoria segunda. Documentación gráfica en formato editable

En todo caso, os instrumentos de planeamento que se remitan á consellería competente en materia de urbanismo para informe, aprobación ou inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia deberán achegar os datos xeográficos do documento en soporte vectorial xeorreferenciado.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Disposición transitoria segunda nova redacción por artigo único apartado dous.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor aos seis meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019

Ángeles Vázquez Mejuto

Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO Normas técnicas de planeamento

TÍTULO PRELIMINAR Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

1. As normas técnicas de planeamento terán por obxecto unificar os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento urbanístico, a terminoloxía e os conceptos urbanísticos xerais, así como calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica nesta materia. Así mesmo, facilitará a integración da información do planeamento nas infraestruturas dixitais de datos espaciais e posibilitará un acceso sinxelo aos documentos de planeamento a todos os axentes que participan na planificación do territorio e ao público en xeral.

2. As normas técnicas de planeamento terán o seguinte contido:

a) A definición e concreción dos conceptos habitualmente utilizados na elaboración das normas urbanísticas dos instrumentos de planeamento ou das ordenanzas de edificación, así como noutros documentos escritos e na rotulación e lendas dos planos.

b) As normas técnicas para a elaboración da cartografía urbanística e para o seu tratamento informático.

c) Os criterios, formatos e contidos para a elaboración dos diferentes documentos que compoñen os instrumentos de planeamento.

d) As especificacións exixidas respecto do formato dos documentos requiridos polo órgano ambiental para a tramitación da avaliación ambiental estratéxica.

e) Calquera outro que teña como finalidade reducir o grao de discrecionalidade na interpretación dos documentos de planeamento urbanístico e facilitar a súa integración nos sistemas de información territorial e urbanística de Galicia.

Artigo 2. Definicións

1. As definicións de conceptos urbanísticos empregados de xeito habitual na elaboración dos instrumentos de planeamento están recollidas no anexo I do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia.

2. En relación cos conceptos cartográficos empregados na elaboración de conxuntos de datos xeográficos, de carácter topográfico ou de temática urbanística, atenderase ás definicións contidas no Decreto 14/2017, do 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia, acordes coa lexislación básica estatal.

Artigo 3. Principios aplicables

1. O contido dos instrumentos de planeamento urbanístico deberá desenvolverse seguindo os principios de máxima sinxeleza, lexibilidade e proporcionalidade en relación coas características do ámbito territorial do documento de planeamento, conforme o artigo 83 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

2. De cara a garantir a máxima transparencia e a óptima difusión dos documentos de planeamento nas infraestruturas dixitais de datos espaciais, na elaboración dos instrumentos de planeamento teranse en conta os seguintes principios:

a) Interoperabilidade, entendida como a capacidade dos sistemas de información e, dos procedementos a que estes dan soporte, de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles, conforme o Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica.

b) Difusión, poñendo á disposición da cidadanía os produtos da actividade cartográfica e facilitando o seu acceso, conforme o Decreto 14/2017, do 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia.

c) Reutilización da información, aproveitando a potencionalidade que lle outorga o desenvolvemento da sociedade da información, conforme a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.

TÍTULO I Criterios de elaboración, presentación e entrega

CAPÍTULO I Criterios xerais

Artigo 4. Documentación dos instrumentos de planeamento

1. Os instrumentos de planeamento plasmarán as súas determinacións no conxunto de documentación escrita e gráfica de que se compoñen. A documentación gráfica está formada polas distintas series de planos que conforman o documento, mentres que o resto da documentación se considera documentación escrita.

2. O contido completo do instrumento de planeamento será recollido nun índice xeral que se incorporará no documento dixital conforme a estrutura e codificación de carpetas e arquivos do anexo 4 das normas.

Neste mesmo arquivo, a continuación do índice xeral, indicaranse tamén a composición e as titulacións da totalidade dos membros do equipo redactor do instrumento.

3. Sen prexuízo disto, a totalidade dos documentos e arquivos que compoñen o plan conterán un índice propio que garanta a facilidade do seu manexo mediante a sinalización das súas páxinas numeradas ou o acceso ás diferentes partes do documento a través de marcadores que faciliten a navegación, segundo sexa posible en cada caso.

Cando os documentos dixitais non editables dun plan se teñan que dividir en varios arquivos pdf para non superaren o límite de tamaño regulado no artigo 10 destas normas, cada un deles deberá contar co seu índice propio, que cumprirá as condicións establecidas no parágrafo anterior. Así mesmo, o primeiro deles conterá o índice global do documento conxunto no cal se indicará de cantos arquivos pdf independentes se compón e o contido de cada un deles.

No caso da documentación gráfica, se o índice ten un formato de papel diferente ao da serie de planos a que corresponda, este achegarase nun arquivo independente que indicará o contido completo da serie desagregado nos arquivos dixitais en que se divida a serie, correctamente identificados.

4. A totalidade dos documentos do instrumento de planeamento indicará en todas as súas follas, cando menos: o nome do instrumento de planeamento, o nome do concello, o equipo redactor, a data de elaboración do documento e a fase da tramitación a que corresponda. No caso da documentación gráfica incluirase, ademais, o título do plano, a numeración ou código do plano e a escala gráfica e numérica, nunha cartela informativa que cumpra coas especificacións establecidas no anexo 5.

5. O nome do instrumento de planeamento configurarase seguindo as seguintes regras básicas:

a) En primeiro lugar, indicarase a figura de planeamento de que se trata, ou ben a súa condición de modificación, de corrección de erros ou de documento refundido dunha figura de planeamento e o número correlativo que lle corresponda, se hai máis dunha. Respecto disto, a numeración seriada do un ao nove estará precedida do número 0.

b) En segundo lugar, identificarase o ámbito da figura de planeamento, ben sexa remitindo ao seu ámbito territorial, ao código asignado polo planeamento xeral no caso dos ámbitos de planeamento de desenvolvemento ben, ao asentamento de poboación identificable e diferenciado administrativamente nos censos e padróns oficiais, no caso das delimitacións de núcleo rural.

c) En terceiro lugar, se procede, sinalarase o obxecto do instrumento de planeamento.

6. No caso de tratarse dunha modificación dun instrumento de planeamento, tanto na súa documentación escrita coma na gráfica deixarase constancia expresa, clara e indubitada do obxecto da modificación e dos cambios efectuados respecto ao documento orixinal.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 4 apartados 2 e 3 nova redacción por artigo único apartado cinco.

Artigo 5. Documentación escrita

1. A documentación escrita elaborarase mediante o emprego de procesadores de texto, follas de cálculo ou as aplicacións ofimáticas que correspondan segundo o documento concreto de que se trate, seguindo o principio de interoperabilidade da información.

2. Todos os documentos escritos estarán paxinados con numeración correlativa referenciada ao total de páxinas.

3. O formato de papel empregado para elaborar a documentación escrita é libre, excepto no caso da normativa urbanística, que se deberá realizar en formato A4 vertical. En todo caso, para a maquetaxe e a presentación das follas A4 seguiranse as especificacións de formato, tamaño e posición definidas no anexo 5.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 5 nova redacción por artigo único apartado seis.

Artigo 6. Documentación gráfica

1. A documentación gráfica elaborarase mediante o emprego de sistemas de información xeográfica (SIX).

2. De ser precisa a división en follas da cartografía a escala 1:10 000 e 1:5 000 para a súa elaboración e presentación, esta división realizarase en follas de tamaño A1 segundo os marcos oficiais para a distribución de follas do sistema xeográfico de referencia.

Incluirase en cada plano da serie un gráfico distribuidor das follas numeradas, cos códigos dos planos, no cal se remarque a folla que corresponda ao contido do plano.

Cando a división da cartografía en follas sexa precisa pero resulte de empregar unha escala diferente das anteriores, a elección dos marcos que se empreguen para a subdivisión será libre mais seguirá os principios de máxima sinxeleza e lexibilidade enumerados no artigo 3 destas normas.

3. Para a maquetaxe e a presentación das follas A1, A2 e A3, seguiranse as especificacións de formato, tamaño e posición definidas no anexo 5.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 6 apartados 2 e 3 nova redacción por artigo único apartado sete.

Artigo 7. Abreviaturas

Os instrumentos de planeamento empregarán, tanto na documentación escrita coma na gráfica, as abreviaturas definidas no anexo 1 destas normas técnicas. Se for preciso engadir novas abreviaturas referidas a conceptos non recollidos nestas normas, respectaranse as seguintes regras:

a) Evitarase a repetición de abreviaturas para referirse a conceptos diferentes dos indicados no anexo 1.

b) No caso de tratarse da especificación dun concepto recollido na táboa do anexo 1, empregarase a mesma codificación da táboa e engadirase a continuación a abreviatura da especificación separada mediante un guión.

c) Empregaranse preferentemente letras maiúsculas.

d) O significado do resto das abreviaturas empregadas na elaboración dos instrumentos de planeamento que non estean definidas no anexo 1, especificarase nas lendas da documentación gráfica e nunha lista incorporada á normativa urbanística do documento.

Artigo 8. Simboloxía gráfica

1. Na elaboración da documentación gráfica dos instrumentos de planeamento empregaranse os parámetros de simboloxía definidos no anexo 2 destas normas técnicas.

2. O resto da simboloxía gráfica requirida durante a elaboración do documento e que non se especifique nestas normas será definida libremente polo equipo redactor garantindo unha representación homoxénea do documento. Neste caso, as cores, tramas, tipos de liña e simboloxía individualizada gardarán similitude cos definidos nestas normas, mais non darán lugar a interpretacións equívocas dos planos e evitarán a repetición de simboloxía xa establecida.

3. A totalidade da simboloxía gráfica empregada quedará recollida e identificada nos diferentes planos da documentación gráfica a través dunha lenda de simboloxía.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 8 apartado 1 nova redacción por artigo único apartado oito.

Artigo 9. Formatos de entrega da documentación

1. A documentación dos instrumentos de planeamento formalizarase, como mínimo, nunha copia de todo o seu contido en soporte dixital, sen prexuízo de que as administracións que contraten a formulación do planeamento poidan establecer a obriga, para o redactor do documento, de entregar as copias en soporte papel que resulten precisas.

2. A entrega do documento completo en soporte dixital incluirá dous formatos que se achegarán en dúas carpetas comprimidas independentes:

• Documento en formato non editable PDF que permita a súa sinatura electrónica posterior.

• Documento no formato editable en que se elaborase tanto a documentación escrita como a gráfica.

3. O redactor do instrumento de planeamento, ou o promotor da súa formulación, acreditará mediante unha declaración responsable que a documentación do plan que se achegue para a súa tramitación urbanística e ambiental é coincidente nos diferentes formatos en que se formalice a entrega (PDF, soporte dixital editable ou papel, de ser o caso).

Así mesmo, o órgano responsable de dilixenciar o documento de planeamento acreditará, mediante unha declaración responsable, que o documento en formato pdf dilixenciado é coincidente co documento pdf sometido a aprobación ou trámite administrativo, salvo no tocante á súa manipulación para realizar o proceso de sinatura e dilixenciado dixital regulado no artigo 22 destas normas.

4. No relativo ao soporte dixital, e para garantir a ausencia de alteracións posteriores no documento, calcularase o código alfanumérico correspondente á pegada dixital (función hash) das carpetas comprimidas do documento e acreditarase a coincidencia mediante referencia a estas pegadas.

5. A declaración responsable para acreditar a coincidencia entre soportes (pdf, soporte dixital editable ou papel, de ser o caso) será elaborada de conformidade co modelo do anexo 9 destas normas técnicas, e nela indicaranse o algoritmo e o formato empregado para crear as pegadas dixitais do documento en soporte dixital.

6. A declaración responsable para acreditar a coincidencia entre o documento pdf dilixenciado e o documento pdf sometido a aprobación ou trámite administrativo será elaborada de conformidade co modelo do anexo 9.B destas normas técnicas.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 9 apartados 3, 4 e 5 nova redacción e apartado 6 engadido por artigo único apartados nove, dez e once.

Artigo 10. Condicións do soporte dixital non editable

1. Entregarase o instrumento completo de planeamento en formato dixital non editable (PDF) debidamente dilixenciado conforme o disposto no título III destas normas técnicas.

2. Os arquivos PDF xeraranse a partir dunha impresión en PDF do documento dixital editable e nunca como un escaneado óptico do documento en papel. A resolución mínima para a documentación escrita será de 150 ppp e, para a documentación gráfica, de 300 ppp; en todo caso, o tamaño máximo de cada arquivo non superará os 30Mb para permitir o seu asinado electrónico.

3. Como regra xeral, unicamente se poderán desagregar para a súa presentación en arquivos pdf independentes as follas das distintas series de planos da documentación gráfica dos instrumentos de planeamento.

4. O resto dos documentos do plan poderán dividirse en arquivos PDF diferenciados unicamente cando excedan o tamaño máximo de arquivo permitido (30 Mb).

5. En todo caso, para os efectos de poder dilixenciar correctamente o plan, cada un dos seus documentos, tanto escritos coma gráficos, deberá optar por un formato específico de papel, no relativo ao seu tamaño e orientación, que se manterá invariable para cada arquivo PDF obxecto de sinatura. Excepcionalmente, naqueles documentos en que sexa preciso incorporar páxinas de tamaño e orientación distinta, achegarán esa parte do documento desagregada nun arquivo PDF independente.

6. Identificarase claramente a orde dos arquivos desagregados dentro do conxunto total das partes que conforman o documento completo orixinal e numerarase ou identificarase cada parte a continuación do nome definido nestas NNTTPP para o documento. A numeración ou identificación que se estableza estará separada do nome do arquivo mediante un guión baixo e, no caso de empregar numeración seriada do un ao nove, esta estará precedida do número 0.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 10 apartados 3 e 6 nova redacción por artigo único apartados doce e trece.

Artigo 11. Codificación do instrumento de planeamento

1. Para unha correcta identificación e organización dos instrumentos de planeamento, as carpetas raíz do documento en soporte dixital virán identificadas coa seguinte codificación básica INE_TIP_AAAAMM_F, onde:

a) INE é o código do concello asignado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), considerados unicamente os seus cinco primeiros díxitos.

b) TIP é o tipo de instrumento de planeamento; o dominio posible é:

• Para o planeamento xeral: PXOM: plan xeral de ordenación municipal; PBM: plan básico municipal; NNSSPP: normas subsidiarias de planeamento; PXOU: plan xeral de ordenación urbana; POMR: proxecto de ordenación do medio rural.

• Para o planeamento de desenvolvemento: PP: plan parcial; PE: plan especial; PEP: plan especial de protección; PERI: plan especial de reforma interior; PEPRI: plan especial de protección e reforma interior; PEID: plan especial de infraestruturas e dotacións; PS: plan de sectorización; PAU: programa de actuación urbanística.

• Para outras figuras de planeamento: DNR: delimitación de solo de núcleo rural; ED: estudos de detalle; DSU: delimitación de solo urbano.

No caso do planeamento de desenvolvemento e doutras figuras de planeamento, indicarase a continuación do tipo de instrumento [TIP] e separada deste por un guión baixo (_) unha abreviatura representativa do código ou nome do ámbito, do nome do núcleo ou da numeración correlativa que corresponda segundo o caso, que non exceda os sete (7) caracteres.

No caso de que se trate dunha modificación dun destes instrumentos, a nomenclatura do tipo de instrumento (TIP) estará precedida das letras MP; no caso de que se trate dunha corrección de erros, estará precedida das letras CE e, no caso de tratarse dun documento refundido, das letras DR. Nos tres casos xuntaráselle á letra o número de modificación, corrección de erros ou texto refundido de que se trate, tendo en conta que a numeración seriada do un ao nove estará precedida do número 0 segundo o seguinte formato: MP01, MP02, MP03...

Así mesmo, no caso concreto das modificacións puntuais de plan xeral para a delimitación de núcleo rural que adoptan a tramitación dunha delimitación de núcleo rural segundo o artigo 189.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, a codificación do tipo de instrumento estará seguida das siglas DNR segundo o seguinte formato: MP01PXOMDNR.

c) AAAAMM é a data do documento achegado en cada fase, identificada co ano e co mes, e referenciada ao momento final deste proceso.

Enténdese que este momento será coincidente no tempo, de forma aproximada, coa data da sinatura electrónica do documento por parte do redactor do plan. Con todo, permítese a existencia de partes do documento asinadas con anterioridade e que se incorporen de novo sense ter modificado o seu contido, ben que na súa nomenclatura si deberán atender á codificación básica empregada para o documento no seu conxunto.

d) F é a identificación dos documentos segundo a fase de tramitación urbanística e ambiental a que correspondan, e o dominio posible é: B: borrador; AI: documento correspondente á fase de aprobación inicial; PPDEAE: proposta do plan para a formulación da declaración ambiental estratéxica; PPMA: proposta do plan para a formulación da memoria ambiental (naqueles instrumentos que continúan a súa tramitación ao abeiro da Lei 9/2006, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente); AP: documento correspondente á fase de aprobación provisional, e AD: documento aprobado definitivamente.

No caso de que se acheguen sucesivas addendas do documento en cada unha das fases, entendendo por addenda a documentación adicional ou complementaria que se achegue a maiores da inicialmente remitida, indicarase a continuación da nomenclatura da fase (F), separada por un guión baixo, o número de addenda (ADD). Para isto, a numeración seriada do un ao nove estará precedida do número 0 e seguirase o seguinte formato de codificación: PPDEAE_ADD01, PPDEAE_ADD02... AP_ADD01, AP_ADD02...

Cando se remitan documentos completos correspondentes a unha mesma fase de xeito sucesivo, o modo normal de diferencialos será a través da data do documento, mais, no caso excepcional de que esta poida coincidir, diferenciaranse engadindo á abreviatura da fase o número que corresponda. Respecto disto, a numeración seriada do un ao nove estará precedida do número 0 e seguirá o seguinte formato de codificación: PPDEAE01, PPDEAE02...AP01, AP02....

2. Tendo en conta esta codificación básica, achegaranse dúas carpetas diferenciadas para cada un dos soportes dixitais que serán nomeadas do seguinte xeito:

• Documento dixital en formato non editable PDF: INE_TIP_AAAAMM_F_01PDF.

• Documento dixital en formato editable: INE_TIP_AAAAMM_F_02EDIT.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 11 apartado 1 nova redacción por artigo único apartado catorce.

CAPÍTULO II Contido e estrutura do documento dixital

Artigo 12. Contido dos instrumentos de planeamento

1. A documentación dos instrumentos de planeamento será a definida no Regulamento da Lei do solo de Galicia para cada tipo de instrumento, sen prexuízo de que a esta documentación se poida engadir aquela outra que se considere conveniente ou resulte precisa durante a formulación dos documentos.

2. Así mesmo, os instrumentos de planeamento xeral contarán cunha ficha en que se recolla a vixencia do planeamento do concello tras a súa aprobación.

3. Nesta ficha, elaborada polo redactor do documento coa información facilitada polo concello, ou polo promotor deste, de ser o caso, deixarase constancia expresa do planeamento completo que resultará vixente no concello tras a entrada en vigor do instrumento de planeamento xeral, incluído este. Ademáis, listarase o planeamento que perde a súa vixencia tras esta entrada en vigor.

Esta ficha realizarase segundo o modelo do anexo 7 destas normas e achegarase como un anexo á memoria xustificativa do documento.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 12 apartados 2 e 3 nova redacción por artigo único apartado quince.

Artigo 13. Estrutura e codificación do documento en formato dixital

1. Á vista do contido mínimo que indica o Regulamento da Lei do solo de Galicia para os diferentes instrumentos de planeamento, da codificación básica que se define nestas normas e dos documentos preceptivos que se regulan nelas, establécense no anexo 4 a preceptiva estrutura e codificación de carpetas e arquivos que se deben seguir na elaboración e presentación dos documentos, co fin de estandarizar e facilitar o seu manexo. Deste xeito, o documento de planeamento en soporte dixital deberase organizar seguindo a xerarquía e a nomenclatura de carpetas definidas no anexo 4, e os arquivos que o compoñan nomearanse segundo a codificación establecida.

No caso de tratarse dunha modificación puntual dun instrumento de planeamento non regulado na Lei do solo de Galicia, seguirase a estrutura de carpetas e arquivos definida no anexo 4 para o instrumento de planeamento que sexa asimilable con este e de conformidade coa codificación establecida no artigo 11.

2. A incorporación nos instrumentos de planeamento de novos documentos, epígrafes ou elementos non previstos no Regulamento da Lei do solo de Galicia, nin nestas normas técnicas, levarase a cabo de xeito ordenado e a continuación dos documentos definidos no RLSG, garantindo sempre que os instrumentos sigan a ser identificables no seu conxunto.

3. Os documentos incorporados codificaraos libremente o redactor do documento e engadiranse a continuación dos documentos definidos no Regulamento da Lei do solo de Galicia, integrándose de forma axeitada e sen alterar a estrutura establecida no anexo 4.

4. Cando non proceda incorporar algún dos documentos sinalados no Regulamento da Lei do solo de Galicia, manterase igualmente a carpeta correspondente na estrutura do plan e incluirase nela un documento no que se deixe constancia do motivo da súa falla. Este documento manterá a codificación establecida no anexo 4 para o documento ausente engadíndolle ao final o código «_NP» que indique a súa falta de procedencia.

5. Do contido mínimo do Regulamento da Lei do solo de Galicia recollido nas táboas do anexo 4 considéranse documentación gráfica, para os efectos destas normas técnicas, as series de planos identificadas nas táboas do anexo cun asterisco (*).

A escala mínima de elaboración desta documentación gráfica será a fixada no Regulamento da Lei do solo de Galicia e dividirase a información en varios planos temáticos cando así o requira a lexibilidade do plano.

Os planos temáticos dunha serie de planos identificada nas táboas do anexo 4 nomearanse seguindo a codificación establecida para ela nese anexo, seguida dunha abreviatura identificativa do contido do plano temático separada da codificación da serie mediante un guión baixo.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 13 apartados 1 e 5 nova redacción por artigo único apartado dezaseis e dezasete.

CAPÍTULO III Criterios específicos para a elaboración da documentación gráfica

Artigo 14. Documentación gráfica en soporte dixital editable

1. A documentación gráfica do plan realizarase en formato compatible cos sistemas de información xeográfica (SIX) e estará definida no sistema de referencia ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989), fuso 29N.

Quedan exceptuados da obriga de ser elaborados en formato compatible con SIX os estudos de detalle, ben que a súa documentación gráfica, con independencia do seu formato de elaboración, deberá estar definida en todo caso no sistema de referencia ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989), fuso 29N.

2. Considéranse datos SIX os datos almacenados cunha referenciación xeográfica ligada a un sistema de referencia de coordenadas. Pola contra, non se consideran datos SIX aqueles pegados ou almacenados en arquivos sen un sistema de referencia de coordenadas, como son as composicións de mapas (layouts) en formato Postcript, JPEG, TIFF, PDF, EPS, WMF, PNG ou calquera outro de imaxe dixital.

3. De seren precisos, os datos en formato raster entregaranse preferentemente como bandas individuais, empregando o formato de arquivo Geographic Tag Image File Format (GeoTIFF). Para os datos tabulares, admitiranse as follas de cálculo e os arquivos delimitados por comas (.csv). A documentación escrita achegarase nos seus formatos de creación segundo sexan textos, follas de cálculo ou o tipo de documento que corresponda.

4. Como parte da documentación gráfica en formato dixital editable, requírese a achega dos arquivos de proxecto do documento (.mxd, .qgs...), a partir dos cales se xere o documento en formato non editable (PDF) e a fonte de datos (.shp, .gpkg, .gdb, .mdb, .gml, .jpg, .tiff, .pdf, .png ...) empregada para a súa elaboración. Esta documentación organizarase en carpetas segundo as indicacións do anexo 4 destas normas técnicas.

5. A este respecto, no anexo 3 regúlase o modelo de datos dunha serie de arquivos vectoriais que se deben achegar con carácter preceptivo como parte da documentación gráfica en formato editable, ben como arquivos independentes, ben como parte dunha base de datos empaquetada. O resto dos arquivos vectoriais empregados para a formulación do documento tamén deberán ser achegados, ben que, o seu modelo de datos é de carácter libre. No caso de tratarse dunha modificación puntual dun instrumento de planeamento, achegaranse os arquivos vectoriais definidos no anexo 3 que sexan precisos segundo o obxecto da modificación puntual.

6. A etiquetaxe dos datos espaciais contidos nos arquivos vectoriais regulados no anexo 3 realizarase atendendo aos parámetros de etiquetaxe definidos no anexo 2 destas normas, en consonancia co modelo de datos establecido para cada un destes arquivos.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 14 apartado 1 nova redacción por artigo único apartado dezaoito.

Artigo 15. Criterios de calidade da documentación gráfica en soporte dixital editable

A documentación gráfica en soporte dixital editable elaborarase tendo en conta os seguintes criterios de calidade:

a) A información gráfica dos recintos ou ámbitos representada no documento dixital non editable (PDF) debidamente dilixenciado deberá coincidir exactamente coa contida nos arquivos vectoriais do documento dixital editable.

b) As entidades xeográficas do documento de planeamento representaranse como punto, liña ou polígono, en función da capa de información vectorial a que se refiran e segundo o indicado nas especificacións do modelo de datos do anexo 3 destas normas técnicas.

c) Os recintos, ou partes de recintos, que aparezan representados en diferentes capas ou planos deberán de ser idénticos.

d) As liñas comúns entre recintos estremeiros deberán ser idénticas, de xeito que non haxa ocos ou solapamentos entre recintos, agás en casos xustificados, como pode ser a superposición de ámbitos clasificados con distintas categorías de solo rústico.

e) Deberase controlar a asignación de códigos e de atributos ás diferentes entidades xeográficas, de xeito que se garanta que non haxa xeometrías con códigos que non existen no documento de planeamento ou atributos alfanuméricos que non pertenzan ao dominio previsto no modelo de datos do anexo 3 destas normas técnicas. Tamén se garantirá a corrección semántica na asignación de códigos e de atributos de cara a evitar posibles incongruencias ou problemas de compatibilidade.

f) As delimitacións dos recintos de planeamento deberán ter unha calidade posicional (erro menor ou igual de) axeitada á escala de representación: admítese as seguintes marxes de erro:

[figura]

Artigo 16. Metadatos do soporte dixital editable

A cartografía da documentación gráfica do instrumento de planeamento subministrarase acompañada dos seus metadatos, xerados conforme o núcleo español de metadatos (NEM), co fin de proporcionar a información precisa para que poida ser catalogada, compartida e explotada de xeito seguro e eficaz por todo tipo de usuarios ao longo do tempo. Durante a súa elaboración teranse en conta as indicacións da última actualización do núcleo español de metadatos (NEM).

CAPÍTULO IV Criterios específicos do documento en formato papel

Artigo 17. Documentación en soporte papel

1. O documento en soporte papel, no caso de ser requirido, será da máxima calidade de reprodución posible, de xeito que non se perda información respecto do documento orixinal dixital e se garanta a súa lexibilidade.

2. A documentación presentarase no interior de caixas de proxecto ou arquivadores normalizados A3 ou A4, que non poderá superar de forma individual os 15 kg de peso, de acordo coa Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos á manipulación de cargas do Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo, co fin de que poida ser manexado sen dificultade, tendo en conta a maioría da poboación.

3. Cada caixa ou arquivador achegado incluirá externamente un resumo do seu contido e estará identificado no seu lombo cunha etiqueta en que se indique, cando menos, o nome do instrumento de planeamento, o nome do concello, o equipo redactor, a data de realización do documento e a fase da tramitación a que corresponda. Para a elaboración desta etiqueta tomarase como referencia o modelo de cartela informativa definido no anexo 5 destas normas.

TÍTULO II Base cartográfica

Artigo 18. Cartografía

1. A documentación gráfica dos instrumentos de planeamento urbanístico deberá ser formulada empregando como soporte unha base cartográfica en formato vectorial.

2. De existir cartografía oficial da Xunta de Galicia a escala 1:5 000, empregarase como soporte para a documentación gráfica dos instrumentos de planeamento que se elaboren a esa escala ou a escalas menores (de menor detalle), e actualizarase no caso de ser necesario. En caso contrario, deberase realizar unha base cartográfica que cumpra co indicado neste artigo.

A cartografía dispoñible na Xunta de Galicia a escalas 1:5 000 ou 1:10 000 porase á disposición de todas as persoas interesadas no Portal de mapas de información xeográfica de Galicia.

3. Para o resto da documentación gráfica dos instrumentos de planeamento que precisen escalas maiores (de maior detalle), quen formule o planeamento deberá, simultaneamente producir cartografía á escala necesaria.

4. A base cartográfica completa que se empregue para a formulación do planeamento, en calquera escala, deberá ser achegada como parte do documento de planeamento en formato editable e poderá ser empregada pola Administración autonómica para completar a súa infraestrutura de datos espaciais. Ademais, a cartografía que se actualice ou elabore a escala 1:5 000 porase á disposición do Instituto de Estudos do Territorio, para os efectos da súa comprobación, segundo o procedemento establecido no artigo 82 do Regulamento da Lei do solo, e da súa integración no Sistema de información territorial de Galicia, se procede.

5. Para estes efectos, será obrigatoria, cando menos, a integración no Sistema de información territorial de Galicia da cartografía elaborada a escala 1:5 000 para os documentos de planeamento xeral.

6. Co fin de facilitar esta integración, a cartografía que se produza a escala 1:5 000 deberá estar harmonizada co disposto neste título das normas técnicas e co seu anexo 8, no cal se indica o catálogo mínimo de obxectos xeográficos que debe incorporar a base cartográfica a esta escala.

Así mesmo, de actualizarse a Base topográfica de Galicia (BTG), respectarase o seu modelo de datos sen alterar as especificacións definidas para cada obxecto xeográfico ou fenómeno contido na base.

7. A tramitación do instrumento de planeamento poderá continuar coas sucesivas fases establecidas no seu procedemento ata acadar a súa aprobación definitiva, con independencia do proceso de comprobación da base cartográfica e da súa integración no Sistema de información territorial de Galicia.

8. Sen prexuízo disto, como apoio na formulación do planeamento urbanístico poderase empregar a información cartográfica doutras fontes oficiais, como pode ser a catastral.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 18 nova redacción por artigo único apartado dezanove.

Artigo 19. Propiedade intelectual

1. A Xunta de Galicia posúe a propiedade intelectual e todos os dereitos sobre a información xeográfica xerada polo Instituto de Estudos do Territorio e sobre os servizos propios que utilicen esa información xeográfica e sexan prestados pola Infraestrutura de datos espaciais de Galicia (IDEG).

2. A licenza de uso baixo a cal se distribúen estes ficheiros de información xeográfica ampara o uso comercial e non comercial, a reutilización, a redistribución, a modificación e a xeración de produtos e servizos de valor engadido a partir dos produtos e servizos de datos xeográficos dixitais da Xunta de Galicia. O usuario titular da licenza comprométese a citar o Instituto de Estudos do Territorio mediante a fórmula: «Cartografía cedida por © Instituto de Estudos do Territorio. Xunta de Galicia» como orixe e propietario da información xeográfica fornecida ante calquera exhibición ou difusión dela, ou de parte dela, ou de calquera produto que, aínda sendo de forma parcial, a incorpore ou derive dela.

Artigo 20. Sistema de coordenadas

A base cartográfica estará definida no sistema de referencia ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989), a orixe das altitudes terán como referencia o nivel medio do mar en Alacante e o sistema de proxección será o UTM (Universal Transversal Mercator), fuso 29N.

TÍTULO III Disposicións comúns

Artigo 21. Criterios de interpretación

1. As dúbidas na interpretación dos instrumentos de planeamento urbanístico producidas por imprecisións ou contradicións entre os seus documentos resolveranse aplicando o principio de interpretación integrada das normas.

2. En caso de detectarse incoherencias entre os diferentes formatos de entrega do documento, prevalecerá sempre o documento dixital en formato non editable (PDF) debidamente dilixenciado, ao cal se lle atribúe a condición de disposición de carácter xeral, para os efectos do artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e que será obxecto de inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 88.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Artigo 22. Sinatura e dilixenciado dixital

1. Os instrumentos de planeamento en soporte dixital non editable (PDF) estarán asinados dixitalmente polo redactor do plan. Ademais, deberán contar coa oportuna dilixencia, municipal ou autonómica segundo corresponda, que deixe constancia visible da condición do documento a través do texto da dilixencia e da sinatura electrónica que a acredite.

A sinatura electrónica do equipo redactor non ten que ser visible nos documentos en pdf, mais será válida e verificable pola Administración que reciba o documento en primeiro termo en cada unha das fases do procedemento de tramitación.

2. En todo caso, os documentos aprobados inicialmente, os aprobados provisionalmente, os aprobados definitivamente, os documentos refundidos e as correccións de erros dos instrumentos de planeamento deberán estar dilixenciados.

3. Para estes efectos, reservarase en todos os documentos do plan un espazo axeitado, libre de texto e imaxes, para estampar os datos asociados á sinatura electrónica (identificación do asinante, data e hora), o código de verificación, de ser o caso, e o texto da dilixencia que corresponda.

4. En relación co seu tamaño e posición, tomaranse como referencia as indicacións do anexo 5 destas normas técnicas mentres non se desenvolva a Plataforma urbanística dixital de Galicia prevista na disposición adicional primeira da Lei do solo de Galicia.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Artigo 22 apartados 1 e 4 nova redacción por artigo único apartados vinte e vinte e un.

Artigo 23. Protección de datos no documento de planeamento

1. Para a inscrición dos instrumentos de planeamento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o previsto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e para os efectos de dar cumprimento á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, así como ao resto da lexislación aplicable, deben adoptarse as medidas precisas para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal contidos no planeamento.

2. Para estes efectos, trataranse os datos de carácter persoal contidos nos documentos de planeamento mediante o oportuno procedemento de disociación que impida que aparezan no documento público datos persoais ou información que poidan asociarse a unha persoa identificada ou identificable.

Artigo 24. Publicidade das subvencións concedidas

1. Os instrumentos de planeamento que obtivesen unha subvención para a súa elaboración, ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, reservarán na totalidade da súa documentación, tanto escrita coma gráfica, un espazo axeitado, libre de texto e imaxes, que permita dar adecuada publicidade do carácter público desta subvención.

2. En relación co tamaño e posición deste espazo, na documentación do plan seguiranse as indicacións do anexo 5 destas normas técnicas.

Artigo 25. Extracto da avaliación ambiental

O artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece que xunto co acordo de aprobación definitiva, publicarase no Diario Oficial de Galicia a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público, así como, cando proceda, un extracto do procedemento de avaliación ambiental do documento. Esta información recollerase nun formulario tipo, conforme o modelo recollido no anexo 6 destas normas técnicas, que se achegará xunto co resto da documentación do procedemento de avaliación ambiental segundo a estrutura de carpetas e arquivos definida no anexo 4 destas normas.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo derrogado:Artigo 26 derrogado por disposición derrogatoria única.

Artigo 27. Garantías nos documentos refundidos de planeamento

1. O órgano autonómico competente para a aprobación definitiva de calquera instrumento de planeamento poderá condicionar a súa eficacia á elaboración dun documento refundido. Nese caso, o Concello enviará ao órgano autonómico o documento refundido correctamente dilixenciado, conforme o disposto nestas normas técnicas, xunto cun informe municipal no que se identifiquen con claridade as partes do documento, tanto escritas coma gráficas, que foron modificadas na elaboración do documento refundido para dar cumprimento ás condicións impostas na orde de aprobación emitida.

2. O órgano autonómico, no prazo dun mes, verificará formalmente a documentación indicada neste informe e, de estar esta correcta, procederá a dilixenciar o documento.

Anexo 1: lista de abreviaturas

[táboa]

Modificación. Anexo 1 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Anexo I nova redacción por artigo único apartado vinte e dous.

Anexo 2: simboloxía gráfica e parámetros de etiquetaxe

• Clasificación e categorización do solo

• Dotacións urbanísticas

• Ámbitos de planeamento remitido, ordenado detalladamente e incorporado

• Ordenanzas dos sistemas dotacionais

• Ordenanzas do Plan básico autonómico

• Construcións

• Afeccións sectoriais

Anexo 2: simboloxía gráfica e parámetros de etiquetaxe

CLASIFICACIÓN E CATEGORIZACIÓN DO SOLO

[táboa]

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

DOTACIÓNS URBANÍSTICAS (XEOMETRÍAS DE TIPO LINEAL E PUNTUAL)

[táboa]

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

DOTACIÓNS URBANÍSTICAS (XEOMETRÍAS DE TIPO POLIGONAL PARTE I)

[táboa]

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

ÁMBITOS DE PLANEAMENTO REMITIDO, ORDENADO DETALLADAMENTE OU INCORPORADO

[táboa]

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

ORDENANZAS DOS SISTEMAS DE DOTACIÓNS (3)

[táboa]

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

ORDENANZAS DO PLAN BÁSICO AUTONÓMICO

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

CONSTRUCIÓNS

[táboa]

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

AFECCIÓNS SECTORIAIS (1)

[táboa]

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Anexo 2: Lenda de simboloxía gráfica (parte I)

[Documento: ord_CMATV----_1010A_2019_20191010]

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Anexo 2: Lenda de simboloxía gráfica (parte II)

Modificación. Anexo 2 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo único apartado vinte e dous.

Anexo 3: modelo de datos dos arquivos vectoriais

Neste anexo regúlase o modelo de datos dunha serie de arquivos vectoriais que se deben achegar con carácter preceptivo como parte da documentación gráfica en formato editable dos instrumentos de planeamento. O dominio posible para cada campo do modelo de datos está indicado nas táboas deste anexo, sen prexuízo de que, como regra xeral, para aqueles campos dos cales se dispoña de datos, o valor que se vai indicar será “cf”: sen datos, e, para aqueles que non resulten de aplicación, o valor a indicar será “na”: non aplicable.

Os campos definidos neste modelo, así como o seu dominio, considéranse preceptivos, pero permítese a incorporación de novos campos na estrutura da táboa de atributos dos arquivos vectoriais, de ser necesario para un correcto tratamento da información xeográfica.

1 . Arquivos vectoriais dos instrumentos de planeamento xeral

1.1 Delimitación do instrumento de planeamento xeral

Incluirase unha capa vectorial coa delimitación do ámbito territorial do instrumento de planeamento xeral. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

[figura]

1.2 Dotacións urbanísticas

Achegarase a información xeográfica das dotacións urbanísticas segundo o artigo 65 do Regulamento da Lei do solo de Galicia. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

1.3 Clasificación e categorización do solo

Achegarase a información xeográfica da clasificación e categorización do solo proposta polo plan xeral. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

1.4 Cualificación do solo urbano consolidado

Achegarase a información xeográfica da cualificación do solo urbano consolidado proposto polo plan xeral. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

1.5 Ámbitos de planeamento remitido

Achegarase a información xeográfica dos ámbitos cuxa ordenación detallada está remitida polo instrumento de planeamento xeral a un planeamento de desenvolvemento. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

1.6 Ámbitos con ordenación detallada

Achegarase a información xeográfica dos ámbitos de desenvolvemento ordenados detalladamente polo plan xeral. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

1.7 Ámbitos de planeamento incorporado

Achegarase a información xeográfica dos ámbitos de planeamento que o planeamento xeral incorpora. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

[figura]

1.8 Análise do modelo de asentamento poboacional

Achegarase a información xeográfica dos núcleos rurais delimitados polo instrumento de planeamento xeral de conformidade co documento de análise do modelo de asentamento poboacional. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

1.9 Construcións tradicionais

Achegarase a información xeográfica das construcións de tipo tradicional existentes nos núcleos rurais delimitados polo instrumento de planeamento. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

[figura]

1.10 Parcelas edificables polo método gráfico

No caso de xustificar o grao de consolidación dos núcleos rurais polo método gráfico, achegarase unha capa vectorial na cal se delimiten as parcelas edificables no núcleo rural conforme o establecido no artigo 35 do RLSG. Esta capa terá as características indicadas na seguinte táboa.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

1.11 Cualificación do solo de núcleo rural

Achegarase a información xeográfica da cualificación do solo de núcleo rural proposto polo instrumento de planeamento. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

2 . Arquivos vectoriais dos instrumentos de desenvolvemento (1) e (2)

2.1 Delimitación do instrumento de desenvolvemento

Incluirase unha capa vectorial coa delimitación do ámbito territorial do instrumento de planeamento de desenvolvemento. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

2.2 Cualificación do solo

Achegarase a información xeográfica da cualificación dos terreos. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

2.3 Edificacións

Achegarase a información xeográfica das edificacións existentes e proxectadas no ámbito do planeamento de desenvolvemento. Esta capa elaborarase segundo o seguinte modelo de datos.

[táboa]

Modificación. Anexo 3 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

3 . Arquivos vectoriais das delimitacións de núcleo rural

No caso das delimitacións de solo de núcleo rural (DNR), deberanse achegar os arquivos vectoriais regulados nos puntos 1.1, 1.2, 1.3, 1.8, 1.9, 1.10 e 1.11, segundo corresponda, empregando no campo “TIP” da codificación básica o dominio “DNR”.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Anexo III nova redacción por artigo único apartado vinte e dous.

Anexo 4: Estrutura e codificación de carpetas e arquivos das figuras de planeamento

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM)

[táboa]

Modificación. Anexo 4 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

BORRADOR DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM)

[táboa]

Modificación. Anexo 4 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

PLAN BÁSICO MUNICIPAL (PBM)

[táboa]

Modificación. Anexo 4 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

PLAN PARCIAL (PP) E PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR (PERI)

[táboa]

Modificación. Anexo 4 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

PLAN ESPECIAL (PE) (4)

[táboa]

Modificación. Anexo 4 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

DELIMITACIÓN DE NÚCLEO RURAL (DNR)

[táboa]

Modificación. Anexo 4 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

ESTUDO DE DETALLE (ED)

[táboa]

Modificación. Anexo 4 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Anexo IV nova redacción por artigo único apartado vinte e dous.

Anexo 5: Modelo de cartela e formato A1, A2, A3 e A4

• Formato A1_V

• Formato A1_H

• Formato A2_V

• Formato A2_H

• Formato A3_V

• Formato A3_H

• Formato A4_V

• Formato A4_H

[Documento: ord_CMATV----_1010A_2019_20191010]

Modificación. Anexo 5 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Anexo V nova redacción por artigo único apartado vinte e dous.

Anexo 6: Modelo de extracto da avaliación ambiental1

[Documento: ord_CMATV----_1010A_2019_20191010]

Modificación. Anexo 6 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Anexo VI nova redacción por artigo único apartado vinte e dous.

Anexo 7: Ficha da vixencia do planeamento do concello tras a aprobación do documento en tramitación (1)

[táboa]

Modificación. Anexo 7 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Anexo VII nova redacción por artigo único apartado vinte e dous.

Anexo 8: Catálogo mínimo de obxectos xeográficos da base topográfica do planeamento urbanístico

A continuación detállase a listaxe de obxectos xeográficos que conforman o conxunto mínimo de elementos que debe conter unha base topográfica de planeamento urbanístico para cumprir co perfil das normas BTG.

O seguinte perfil débese utilizar para as escalas 1:10 000 e 1:5 000, e contén un conxunto de elementos obrigatorios que conforman o núcleo deste perfil. Estes elementos correspóndense cos obxectos xeográficos identificados co nivel 1 (N1) na táboa seguinte. Os obxectos xeográficos fillo identificados co nivel 2 (N2) poderanse cartografar como un obxecto xeográfico independente ou engadir como un atributo do obxecto xeográfico pai (N1), nun novo campo identificado como ID_TIPO.

[táboa]

[táboa]

Modificación. Anexo 8 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Anexo VIII nova redacción por artigo único apartado vinte e dous.

Anexo 9: Declaración responsable da coincidencia entre soportes

[Documento: ord_CMATV----_1010A_2019_20191010]

Modificación. Anexo 9 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Anexo 9B: Declaración responsable do proceso de dilixenciado

Modificación. Anexo 9 nova redacción.Véxase a ligazón á orde do 8 de abril de 2022.

Orde do 8 de abril de 2022.

Artigo modificado:Anexo IX nova redacción por artigo único apartado vinte e dous.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia