lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias.

Publicado en: DOG 203 23/10/2015

Departamento: Consellería de Facenda

Estado: En vigor

PDF

Téñase en conta que as modificacións levadas a cabo pola Resolución do 31 de agosto de 2020 non están incorporadas no presente texto.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, o xogo das apostas é un dos xogos regulados pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, aprobada polo Parlamento de Galicia en virtude das competencias establecidas no artigo 27.27 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia, e está incluído no Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia aprobado polo Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia. No exercicio da potestade regulamentaria prevista no artigo 22.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, a Xunta, mediante o Decreto 162/2012, do 7 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobou o Regulamento de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia. As autorizacións de comercialización e explotación deste xogo comezaron expedirse no ano 2013.

O xogo das apostas vén gravado pola taxa fiscal sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias, cuxa regulación vén recollida no Decreto 3059/1966, do 1 de decembro, polo que se aproba o texto refundido de taxas fiscais.

Polo que respecta á taxa fiscal cómpre sinalar que é un tributo estatal, cuxo rendemento está cedido ás comunidades autónomas desde a Lei 30/1983, do 28 de decembro, de cesión de tributos do Estado ás comunidades autónomas. Actualmente, a norma que rexe a cesión dos tributos estatais ás comunidades autónomas é a Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía e se modifican determinadas normas tributarias. En virtude das competencias normativas recoñecidas nesta lei, a Comunidade Autónoma de Galicia aprobou o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, modificado posteriormente pola Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia; Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013; Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia; Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014; Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia. Así, en relación coa taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición, as normas legais aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia veñen recollidas no Decreto 3059/1966, do 1 de decembro (respecto ao feito impoñible e aos obrigados tributarios) e no texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, no que se regulan o resto dos elementos esenciais do tributo e mais os aspectos de liquidación e pagamento da taxa fiscal sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias.

O artigo 30 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado dispón que a consellería competente en materia de facenda aprobará, de ser o caso, os modelos mediante os que os suxeitos pasivos deberán declarar, autoliquidar e ingresar o importe correspondente na forma, no lugar e nos prazos que determine regulamentariamente. Sinala tamén o dito precepto que a consellería competente en materia de facenda poderá dispoñer que as declaracións e/ou autoliquidacións do tributo se efectúen mediante os programas informáticos de axuda que, se é o caso, se aproben. Así mesmo, poderá dispoñer a obrigatoriedade da súa presentación e o pagamento mediante medios telemáticos. Pola súa parte, o artigo 39 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado establece as obrigas de subministración de información a que quedan suxeitos os operadores dos xogos co obxecto de salvagardar a integridade e a exactitude da base impoñible na súa determinación.

No ámbito tributario, a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, desenvolve no seu artigo 34 a obriga da Administración de informar e asistir aos obrigados tributarios sobre o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas, e sinala que as actuacións da Administración tributaria que requiran a súa intervención deberán levarse a cabo da forma que resulte menos gravosa para estes, sempre que iso non prexudique o cumprimento das súas obrigas tributarias. O título III da Lei 58/2003, do 17 de decembro, recolle as normas xerais de aplicación dos tributos e, en concreto, no seu capítulo I consagra os principios xerais informadores da aplicación dos tributos; no capítulo II establécense as normas comúns aplicables ás actuacións e procedementos tributarios e os capítulos III, IV e V configuran os procedementos de xestión, de inspección e de recadación respectivamente. Dentro do primeiro capítulo, no seu artigo 96, compele a Administración tributaria para promover a utilización das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias. Así mesmo, cando sexa compatible cos medios técnicos de que dispoña a Administración tributaria, os cidadáns poderán relacionarse con ela para exercer os seus dereitos e cumprir coas súas obrigas mediante técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos coas garantías e requisitos previstos en cada procedemento. Do mesmo xeito, fíxanse os principais supostos en que cabe a utilización destes medios, cunha ampla habilitación regulamentaria. No capítulo II, a lei recolle exclusivamente as especialidades aplicables nos procedementos tributarios respecto das normas administrativas xerais. No capítulo III, contén unha regulación sistemática e suficiente da xestión tributaria e dos seus procedementos, aínda que dunha forma flexible, co fin de facilitar a adaptación dos procedementos tributarios aos avances que se vaian producindo sen que a lei constitúa un impedimento. Neste capítulo regúlanse as declaracións, as autoliquidacións e as comunicacións de datos, instrumentos mediante os cales se poden iniciar as actuacións de xestión tributaria e se contén unha relación non exhaustiva dos procedementos de xestión tributaria, e faculta o regulamento para que estableza outros procedementos que considere convenientes aos cales se aplicarán, en todo caso, as normas establecidas no capítulo II do título III da lei.

O Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, contén as normas regulamentarias contén as normas regulamentarias aplicables en materia de censos da Administración tributaria, en materia de cumprimento de obrigas tributarias, incluídas as formais, en materia de principios, disposicións xerais e procedementos de aplicación dos tributos. En concreto, no seu título III contén as normas regulamentarias concernentes aos principios e disposicións xerais da aplicación dos tributos, e, destacadamente ao emprego de medios electrónicos, informáticos e telemáticos das actuacións e procedementos tributarios, e no seu título IV contén, entre outras, as normas regulamentarias aplicables na presentación de declaracións, autoliquidacións, comunicacións de datos e nas actuacións e procedementos de comprobación de obrigas tributarias principais, accesorias e formais. É destacable que no Regulamento se faculta a persoa titular do ministerio competente en materia de facenda e os órganos equivalentes das comunidades autónomas, que no noso caso é a persoa titular da consellería competente en materia de facenda, para que, mediante orde, aprobe modelos e sistemas normalizados de autoliquidacións, declaracións, comunicacións, solicitudes ou calquera outro medio previsto na normativa tributaria, os requisitos e condicións para a súa presentación, determine os supostos e condicións en que os obrigados tributarios deberán presentar por medios electrónicos as súas declaracións, autoliquidacións, comunicacións, solicitudes e calquera outro documento con transcendencia tributaria e dite as correspondentes normas de desenvolvemento aplicables ás actuacións e procedementos tributarios que se realicen por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos e ás relacionadas cos medios de autenticación utilizados pola Administración tributaria. Do mesmo xeito, poderá aprobar a utilización de modalidades simplificadas ou especiais de declaración, autoliquidación ou comunicación de datos e os supostos en que os datos consignados se entenderán subsistentes para períodos sucesivos, se o contribuínte non comunica variación neles.

O artigo 103 da Constitución española sinala a eficacia como un dos principios que deben rexer a actuación das administracións públicas. Pola súa parte, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, alude no seu artigo 3, xunto aos principios constitucionais, aos de eficiencia e servizo aos cidadáns, e recoñece no artigo 35 o dereito dos cidadáns a que se lles facilite o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas. Para lograr estes obxectivos, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, destaca, no seu artigo 45, como instrumento idóneo, a utilización por parte das administracións de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas no desenvolvemento da súa actividade e no exercicio das súas competencias, polo que insta estas para que impulsen e apliquen as devanditas técnicas. Finalmente, a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, consagra a relación coas administracións públicas por medios electrónicos como un dereito dos cidadáns e como unha obriga correlativa das administracións. Deste xeito, a Lei 11/2007, do 22 de xuño, recoñece o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos e regula os aspectos básicos da utilización das tecnoloxías da información na actividade administrativa, nas relacións entre as administracións públicas, así como nas relacións dos cidadáns con elas coa finalidade de garantir os seus dereitos, un tratamento común ante elas e a validez e eficacia da actividade administrativa en condicións de seguridade xurídica. Pola súa vez, dispón que as administracións públicas empreguen as tecnoloxías da información consonte coa lei, asegurando a dispoñibilidade, o acceso, a integridade, a autenticidade, a confidencialidade e a conservación dos datos, informacións e servizos que xestionen no exercicio das súas competencias.

As novas tecnoloxías aplicadas aos procedementos xestores de tributos son un instrumento idóneo para conxugar os principios de eficacia da Administración tributaria e a limitación dos custos indirectos ao contribuínte, e, nesta liña, a presentación electrónica de tributos ofrécelles a posibilidade de evitar desprazamentos ás oficinas xestoras ou ás entidades bancarias para a realización do pagamento, así como a presentación dos tributos fóra do horario normal de atención ao público. Ao mesmo tempo, a utilización dos programas que a Administración tributaria implementa para a presentación electrónica dos tributos facilita cubrir os modelos, guiando o contribuínte na introdución dos datos, evitando a reiteración destes e ofrecéndolle unha axuda en liña.

Baixo esta óptica, a consellería competente en materia de facenda presta unha especial atención ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para facilitar aos cidadáns o cumprimento voluntario das obrigas tributarias desde o ano 2003. A experiencia xestora no tratamento dos modelos presentados en papel e os presentados de forma electrónica poñen tamén de manifesto as vantaxes desta forma de pagamento e presentación fronte á outra. Cando as actividades dos suxeitos pasivos son ademais desenvolvidas por medios electrónicos, como é o caso das apostas, consonte co disposto no Regulamento de apostas da Comunidade Autónoma de Galicia, semella obrigatorio que o cumprimento das obrigas tributarias sexa posible de forma electrónica. Por todo isto, e en uso da facultade xenérica de establecer a obrigatoriedade de comunicarse coas administracións públicas empregando exclusivamente medios electrónicos, cando os interesados teñan garantido o acceso e dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, consonte co disposto no artigo 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, establécese, con carácter xeral, a obriga de cubrir as obrigas tributarias principais e accesorias contidas na normativa deste tributo de forma electrónica.

Mediante esta orde, apróbanse os modelos en formato electrónico de declaracións e de autoliquidacións da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición, dítanse as normas de aplicación do tributo consonte cos principios e disposicións xerais regulamentarias contidas na normativa xeral tributaria e, por razóns de economía procedemental, modifícanse a Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras, a Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica e a Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada.

Así, en virtude do exposto e de acordo coa competencia establecida nos artigos 30 e 39 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, e de acordo co Consello Consultivo de Galicia

ACORDO:

CAPÍTULO I Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

A presente orde ten por obxecto establecer o réxime xurídico aplicable ao cumprimento das obrigas tributarias concernentes á taxa fiscal que grava a autorización, celebración ou organización de apostas deportivas e de competición cuxo rendemento corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia e aplicarase a todos os obrigados tributarios da taxa fiscal citada nas súas relacións coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

Artigo 2. Obriga de declaración, presentación e pagamento electrónicos

Os suxeitos pasivos deberán cumprir as obrigas tributarias concernentes á taxa que grava a autorización, celebración ou organización de apostas deportivas e de competición, a que se refire esta orde, por medios electrónicos, sen prexuízo do disposto na disposición adicional primeira. Para isto, deberán empregar as aplicacións informáticas que a Atriga poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria (OVT), nas condicións e consonte cos procedementos previstos nesta orde.

Artigo 3. Usuarios autorizados

1. Para os efectos do disposto no artigo anterior, as aplicacións informáticas relacionadas con este tributo poderán ser empregadas polos usuarios que se relacionan a seguir, sempre que sexan previamente autorizados pola dirección da Atriga:

a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda e que previamente fosen autorizados pola dirección da Atriga para a presentación e pagamento electrónico destes ingresos.

b) As persoas profesionais colexiadas, así como as entidades, as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscribisen coa administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.

2. Os usuarios anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas sinaladas, deberán estar previamente autorizados. Para estes efectos, deberán presentar ante a dirección da Atriga unha solicitude de autorización xunto cunha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo en que deban cumprir as obrigas tributarias referidas a este tributo. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no número anterior.

Artigo 4. Aprobación de modelos en formato electrónico

Apróbanse os modelos en formato electrónico que figuran nos anexos II e III e que se relacionan a seguir, para os efectos da aplicación da taxa fiscal que grava as apostas deportivas e de competición:

Modelo D-041. Modelo de declaración informativa de apostas deportivas e de competición.

Modelo 041. Modelo de autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición.

CAPÍTULO II Obrigas tributarias

Sección 1ª. Declaración informativa de apostas deportivas e de competición

Artigo 5. Prazos para a presentación electrónica e contido da declaración informativa de apostas deportivas e de competición

1. Nos vinte primeiros días naturais de cada trimestre natural, os suxeitos pasivos deberán presentar electronicamente ante a Atriga unha declaración, na cal comunicarán os datos seguintes:

a) Os datos correspondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos correspondentes aos premios pagados no trimestre natural inmediato anterior.

b) Os datos acumulados correspondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos acumulados correspondentes aos premios pagados, desde a data de devindicación do exercicio a que se refire a declaración ata a fin do trimestre natural inmediato anterior.

c) Unha relación individualizada dos premios superiores a 2.500 € pagados no trimestre natural inmediato anterior.

Para isto empregarán o modelo D-041 que conformarán coa aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na OVT, consonte coas instrucións recollidas a este respecto no modelo D-041 e seguindo o procedemento establecido no artigo seguinte.

2. O prazo anterior entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

Artigo 6. Procedemento para a confección electrónica da declaración informativa de apostas deportivas e de competición

1. Para cumprir as obrigas de presentación das declaracións a que se refire o artigo anterior, os suxeitos pasivos incorporarán, na OVT, os datos procedentes dun arquivo que terá as especificacións técnicas que se detallan no anexo IV, consonte co sinalado no número seguinte.

2. Para realizar a carga dos datos procedentes do arquivo a que se refire o número anterior, os suxeitos pasivos deberán empregar a aplicación «Suba de arquivos» que se lles habilitará na OVT. Unha vez transmitido o arquivo, aparecerá unha mensaxe informativa do resultado da carga. O arquivo poderá ser enviado as veces que sexan necesarias e prevalecerán sempre os datos contidos no último arquivo remitido.

3. Unha vez incorporados os datos tras a transmisión do arquivo, mostrarase o modelo D-041 debidamente cuberto, que deberá ser confirmado polo suxeito pasivo, momento en que se lle asignará un número identificativo do modelo.

4. Unha vez confirmado o modelo D-041, o suxeito pasivo deberá proceder á súa presentación electrónica, de xeito que transmitirá os datos da declaración coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado. A presentación do modelo D-041 producirase de xeito simultáneo á presentación da autoliquidación a que se refire o artigo 10 e consonte co disposto nel.

5. A aplicación informática obterá unha pegada dixital dos datos declarados correspondentes á relación de premios mediante a aplicación do algoritmo SHA-1 ou semellante dunha función resumo (Hash). Esta pegada, que supón a representación compacta dos datos declarados, incluirase no modelo D-041 e permitirá validar en calquera momento a información garantindo que esta se corresponde cos datos orixinalmente presentados. No modelo D-041 reflectirase un resumo do número de premios xunto coa súa pegada dixital de 40 carácteres hexadecimais, de forma que, para o caso dos premios, se conterá a identificación do primeiro e do último recibo con premio superior a 2.500 € declarados que corresponda segundo a orde determinada polo número do recibo.

6. A relación completa de premios cos seus datos declarados poderá obterse a través da OVT unha vez presentada a declaración, mediante a identificación do número da declaración informativa a que corresponda, podendo descargar o contido en texto plano coa incorporación da pegada dixital.

Sección 2ª. Autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición

Artigo 7. Prazos de pagamento e presentación das autoliquidacións da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición

1. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a efectuar electronicamente ante a Atriga, nos vinte primeiros días naturais de abril, xullo e outubro, unha vez transmitidos os datos da declaración D-041, os pagamentos á conta da débeda tributaria definitiva, autoliquidando e determinando o seu importe, mediante o modelo 041, que conformarán coa aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na OVT, consonte coas instrucións recollidas a este respecto no propio modelo e seguindo o procedemento establecido nos artigos seguintes.

2. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar electronicamente ante a Atriga, nos vinte primeiros días naturais do mes de xaneiro, unha vez transmitidos os datos da declaración D-041, unha declaración, na cal practicarán a autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e determinarán a débeda tributaria correspondente á actividade desenvolvida no ano natural inmediato anterior, aplicarán os pagamentos á conta que correspondan e ingresarán, se é o caso, o importe resultante, mediante o modelo 041, que conformarán coa aplicación informática que a Atriga pon á súa disposición na OVT, consonte coas instrucións recollidas a este respecto no propio modelo e seguindo o procedemento establecido nos artigos seguintes.

3. Os prazos establecidos nos números anteriores entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

Artigo 8. Procedemento electrónico para a confección das autoliquidacións correspondentes a apostas deportivas e de competición

1. Para cumprir as obrigas tributarias do artigo 7, os usuarios a que se refire o artigo 3 accederán á OVT, na aplicación denominada TAXA FISCAL SOBRE O XOGO DE APOSTAS DEPORTIVAS E DE COMPETICIÓN, e iniciarán a confección do modelo 041 correspondente á actividade de apostas declarada no modelo D-041 previamente cargado e confirmado referido ao mesmo período.

A aplicación informática mostraralle de forma diferenciada o resumo dos datos declarados consonte co deseño do modelo 041. O usuario deberá confirmar os datos. Se ten que modificalos, deberá facelo mediante a carga e a confirmación dun novo modelo D-041 cos datos rectificados. Cando o usuario modifique os datos do modelo D-041, a aplicación presentaralle novamente o resumo dos datos consonte co último D-041 cargado e confirmado.

2. Cando a autoliquidación corresponda a calquera dos tres primeiros períodos trimestrais do ano, unha vez confirmados os datos, a aplicación informática calculará o pagamento á conta da débeda tributaria definitiva, aplicando o tipo de gravame á base impoñible provisional acumulada correspondente ao ano en curso desde a data de devindicación ata o último día do período a que se refire a autoliquidación, descontando do resultado os pagamentos á conta, correspondentes ao período impositivo, que anteriormente se tivesen autoliquidado.

3. Cando a autoliquidación corresponda ao último trimestre do período impositivo, unha vez confirmados os datos, a aplicación informática calculará a débeda tributaria correspondente ao dito período impositivo, así como, de ser o caso, o importe a ingresar ou a devolver, aplicando o tipo de gravame á base impoñible acumulada correspondente ao ano a que se refire a autoliquidación e descontando da débeda tributaria resultante o importe dos pagamentos á conta correspondentes ao período impositivo, que anteriormente se tivesen autoliquidado.

4. Unha vez calculados os importes a que se refiren os números 2 e 3, o usuario deberá confirmalos, momento en que se lle asignará un número identificativo da operación. O usuario, para concluír o proceso de confección do modelo 041, deberá confirmar a operación.

5. Unha vez confirmada a operación, no mesmo prazo que para a súa presentación e previamente a esta e sempre que resulte unha cantidade positiva a ingresar, o usuario deberá seleccionar a/as forma/s de pagamento consonte as instrucións do modelo no anexo de datos de pagamento. No caso de que marque un importe a aprazar ou fraccionar, deberá presentar ante a Atriga solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación. No caso de que recoñeza débeda por algún importe, transcorrido o prazo voluntario do seu pagamento sen facelo efectivo, exixirase pola vía de constrinximento, nas condicións establecidas na normativa tributaria. No caso de que teña que ingresar algún importe, procederá consonte o disposto no artigo 9.

6. Unha vez cuberto o anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, tras a operación de pagamento, nos mesmos prazos sinalados no artigo 7, deberá proceder á presentación electrónica do modelo 041, consonte o disposto no artigo 10.

Orde do 22 de decembro de 2020.

Artigo modificado:Artigo 8 nova redacción por artigo 7 apartado un.

Artigo 9. Procedemento electrónico para o pagamento da débeda tributaria

1. Unha vez confeccionado e confirmado o impreso 041 conforme o sinalado nos artigos anteriores, cando o usuario determinase unha cantidade positiva a ingresar no anexo de datos de pagamento, deberá realizar o seu pagamento de calquera das formas sinaladas no número 2.

2. Os usuarios poderán pagar a débeda ordenando a súa domiciliación consonte coa normativa vixente na materia e/ou de calquera das formas seguintes:

a) De forma presencial en calquera das entidades de crédito colaboradoras autorizadas, mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. A aplicación informática xerará dous exemplares da carta de pagamento debidamente cubertos cos datos que o usuario facilitase na aplicación informática. Con estes dous exemplares da carta de pagamento acudirase á entidade colaboradora para realizar o pagamento. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado, quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao usuario o exemplar para o interesado co selo da entidade, coa data do ingreso, co número e co importe, así como co NRC. O dito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel. O NRC identificativo do ingreso realizado será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación electrónica da autoliquidación.

b) De forma electrónica. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da OVT da Atriga e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades de crédito colaboradoras na recadación autorizadas para tal efecto ou mediante tarxeta de crédito ou débito a través de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará a operación. No caso de ser aceptada, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerarase o correspondente NRC, para completar a presentación electrónica da autoliquidación. Unha vez realizado o pagamento, a aplicación informática xerará o recibo a que se refire o artigo 12.2.

3. O NRC a que se refire o número 2 é un código xerado informaticamente mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01‑13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola OVT. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: caracteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no anexo V.

4. A xeración do NRC pola entidade e a inclusión del nun recibo entregado ao obrigado tributario implicará:

a) Que o recibo en que figura responde a un ingreso realizado na entidade que o expide.

b) Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación que se indica nel e non a outra.

c) Que a partir do momento de xeración deste pola entidade de crédito, e sempre que o NRC non fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, queda a entidade obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe que figura no devandito recibo, e o obrigado tributario queda liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda, salvo que se poida probar de forma fidedigna a inexactitude da data ou do importe que conste na validación do xustificante.

5. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fose anulado consonte a normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade, e o suxeito pasivo deberá presentar, de ser o caso, ante a Atriga, a correspondente solicitude de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentada. Pola súa banda, a entidade deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC.

Orde do 10 de decembro de 2019.

Artigo modificado:Artigo 9 apartado 1 nova redacción por disposición derradeira novena.

Orde do 22 de decembro de 2020.

Artigo modificado:Artigo 9 nova redacción por artigo 7 apartado dous.

Artigo 10. Procedemento para a presentación electrónica das autoliquidacións

1. Unha vez calculada a débeda e, de ser o caso, realizado o seu pagamento, para concluír co proceso o usuario deberá presentar a autoliquidación electronicamente, de maneira que transmitirá os datos dela coa sinatura electrónica xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unicamente a sinatura correspondente ao seu certificado.

2. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo D-041 e o modelo 041 debidamente cubertos, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao importe a ingresar ou a devolver e, de ser o caso, co ingreso realizado e coa data do ingreso e/ou coa débeda recoñecida, coa data da presentación e validados cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres. Estes modelos serviranlle de xustificante da presentación dos números da declaración e da autoliquidación impresos neles na data sinalada nos propios modelos e, de ser o caso, do seu pagamento ou da presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do imposto.

No suposto de que a presentación fose rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o usuario deberaos emendar mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación é orixinado por un motivo non emendable, o usuario deberá repetir a presentación.

Orde do 22 de decembro de 2020.

Artigo modificado:Artigo 10 nova redacción por artigo 7 apartado tres.

Sección 3ª. Accesos á OVT e xustificantes do pagamento e da presentación de declaracións e autoliquidacións

Artigo 11. Accesos á OVT

1. Os usuarios poderán en calquera momento acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade, para cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde.

2. Para estes efectos, os usuarios deberán acceder na sección Usuarios autorizados á aplicación informática denominada TAXA FISCAL SOBRE O XOGO DE APOSTAS DEPORTIVAS E DE COMPETICIÓN. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións. Para estes efectos, cada unha delas mostrará o estado de situación en que se encontra. Con ocasión de cada acceso, os usuarios poderán comezar unha operación ou, de ser o caso, retomar as operacións pendentes e continualas.

3. Os estados de situación poden ser:

a) Borrador: é o estado en que se encontra a declaración D-041 cando foi confeccionada e gardada sen ser presentada.

b) Pendente de pagamento e presentación: é o estado en que se encontra o modelo 041 a ingresar cando foi confirmado polo usuario mais non foi realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.

c) Pendente de pagamento: é o estado en que aparece o modelo 041 a ingresar confirmado polo usuario, cando o importe a ingresar no anexo de datos de pagamento foi tramitado para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 9.2.a) mais o usuario non concluíu a transacción de pagamento.

d) Pendente de presentación: é o estado en que aparece o modelo 041 validado polo usuario, cando aínda non foi presentado e, no caso de que sexa a ingresar, unha vez seleccionada/s a/as forma/s de pagamento da débeda tributaria no anexo de datos de pagamento e, de ser o caso, ingresada a cantidade positiva a ingresar que figurase no dito anexo, consonte co disposto no artigo 9.

e) Presentado: estado en que aparecen os modelos D-041 e 041 cando, unha vez confeccionados e validados e, de ser o caso, realizadas as operacións reguladas nos artigos 8 e 9, o usuario presentase electronicamente os modelos ante a Atriga.

Orde do 22 de decembro de 2020.

Artigo modificado:Artigo 11 nova redacción por artigo 7 apartados cinco e seis.

Artigo 12. Xustificantes do pagamento e da presentación electrónica de autoliquidacións e declaracións

1. No caso de que o usuario opte polo pagamento de forma presencial nunha entidade colaboradora, o exemplar para o interesado da carta de pagamento que esta entregue nos termos previstos no artigo 9.2.a) servirá de xustificante do pagamento do número da autoliquidación impreso nel.

2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deberán conservar, no cal se identificarán, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, así como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo en conta, no recibo identificarase, ademais, o número de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.

3. A presentación das declaracións que regula esta orde e a súa data acreditaranse mediante os documentos (modelos D-041 e 041) xerados pola aplicación informática en que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da declaración, da liquidación e da cantidade que se debe ingresar ou devolver e, de ser o caso, do ingreso e/ou da débeda recoñecida, así como as datas do ingreso, de ser o caso, e da presentación. Ademais, xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca as declaracións presentadas electronicamente coas xeradas pola aplicación informática e entregadas. O modelo 041 xerado pola aplicación xustificará, así mesmo e de ser o caso, o pagamento da cantidade positiva resultante del ou a presentación da solicitude de devolución derivada da normativa do tributo nos termos previstos no número 23 do artigo 10.

4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos números anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo. No caso de que a autoliquidación non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no número 3. Os obrigados tributarios deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación.

5. Os xustificantes a que se refire o número 3 poderán ser verificados por calquera persoa de forma permanente e inmediata mediante a introdución do seu CSV no servizo de verificación de documentos da OVT da Atriga. Para estes efectos, poderanse establecer mecanismos de verificación automática do CSV a través de servizos web ou similares cos colectivos que se estableza.

Orde do 22 de decembro de 2020.

Artigo modificado:Artigo 12 nova redacción por artigo 7 apartado sete.

Orde do 16 de decembro de 2021.

Artigo modificado:Artigo 12 apartado 2 nova redacción por artigo noveno.

Sección 4ª. Libros rexistro para efectos tributarios

Artigo 13. Obriga do mantemento de libros rexistro

1. Os suxeitos pasivos están obrigados a levar os libros rexistro regulados nesta sección. Serán de aplicación as normas establecidas nas disposicións xerais en materia tributaria.

2. Os suxeitos pasivos deberán levar os libros rexistro electronicamente. O contido dos ditos libros rexistro conformarase coa información do sistema informático que xestione o xogo de apostas, sistema que deberá adaptarse ao disposto no anexo VI.

O sistema de información de apostas deberá garantir e certificar de xeito electrónico a data, hora, minuto e segundo de cada operación de formalización da aposta e mais a data, hora, minuto e segundo de cada operación de pagamento, así como a súa veracidade.

3. A Administración tributaria poderá acceder á información dos libros rexistro en calquera momento, mediante acceso seguro e compatible cos seus sistemas informáticos, visualizando a información en pantalla mediante vistas que deberán axustarse ao disposto nos seguintes artigos. Igualmente, a Administración poderá descargar a información que requira en formato .csv, .txt, .xls, .pdf ou en calquera outro formato que permita a tecnoloxía en cada momento.

4. En todo momento, poderase xerar a información dos libros rexistro mediante vistas por día ou por un período conformado de data a data. A información poderase obter tanto ao mínimo nivel de detalle configurado por cada boleto, como de forma agregada por diferentes criterios, xa sexan criterios xeográficos, por locais, por máquina, por tipoloxía de aposta ou calquera outro criterio admisible.

5. Os libros ou rexistros, que, en cumprimento da normativa en materia de xogo, deban levar os suxeitos pasivos, poderán ser empregados para efectos deste tributo, sempre que se axusten aos requisitos que se establecen nesta orde.

Artigo 14. Libro rexistro da actividade de apostas deportivas e de competición

1. O libro rexistro da actividade de apostas deportivas e de competición conterá a información correspondente ás apostas validamente formalizadas sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de eventos ou competicións deportivas. O libro rexistro estruturarase en seccións e vistas.

2. No libro rexistraranse todos os datos necesarios para unha correcta e única identificación das apostas.

3. O libro comporase de tres seccións: a sección de apostas validamente formalizadas, a sección de apostas anuladas e a sección de apostas con premio pagadas.

4. O libro deberá conter como mínimo a información seguinte:

a) Sección de apostas validamente formalizadas: número identificativo do boleto, identificación individual da aposta admitida, tipoloxía de aposta, data en que se formalizou a aposta, cantidade apostada e a identificación do evento.

b) Sección de apostas anuladas: número identificativo do boleto, identificación individual da aposta admitida, tipoloxía de aposta, data en que se formalizou a aposta, cantidade apostada, identificación do evento, data da impugnación da aposta, de ser o caso, data en que foi anulada a aposta, motivo da anulación, cantidade devolta, data da devolución e identificación do apostante.

c) Sección de apostas con premio pagadas: número identificativo do boleto, identificación individual da aposta admitida, tipoloxía de aposta, data en que se formalizou a aposta, cantidade apostada, identificación do evento, data de resolución do evento, cantidade do premio pagada, data do pagamento, e identificación do apostante e da forma de cobramento.

5. En todo momento, o sistema informático deberá permitir xerar a información correspondente a cada sección mediante vistas por día ou por un período conformado de data a data. Igualmente, poderase xerar a información de cada día ou por períodos de data a data, correspondente á información das tres seccións de modo conxunto. O sistema deberá mostrar un resumo por tipoloxía de aposta, dos seguintes datos correspondentes ao período a que se refira a vista:

a) Sección de apostas validamente formalizadas: número de apostas validamente formalizadas e suma das cantidades apostadas.

b) Sección de apostas anuladas: número de apostas anuladas e suma das cantidades devoltas.

c) Sección de apostas con premio pagadas: número de premios pagados e suma das cantidades pagadas aos premiados.

6. O sistema informático permitirá xerar a información resumo sinalada no número anterior polo período obxecto das declaracións informativas D-041 que ten que presentar o suxeito pasivo en cada caso, de xeito que, unha vez finalizado cada trimestre natural, se poderá obter unha vista na que se mostrará o resumo dos datos correspondentes ao trimestre e outra coa información acumulada desde a data de devindicación ata a fin do trimestre correspondente.

A vista reflectirá os datos correspondentes ás apostas validamente formalizadas, as apostas anuladas e os premios pagados durante o período correspondente. Os datos resumiranse clasificados por tipoloxía de aposta, segundo sexa mutua, cruzada ou de contrapartida, coa información correspondente ao número total de apostas validadas e as cantidades apostadas, o número total de apostas anuladas e as cantidades devoltas, número de premios outorgados e a cantidade asociada e o número total de premios pagados e a cantidade pagada en premios. Esta información así como a información de apoio deberá conservala en soporte informático o suxeito pasivo, consonte co disposto na lei xeral tributaria.

Artigo 15. Libro rexistro de premios

1. O libro rexistro de premios conterá a información dos premios correspondente ás apostas validamente formalizadas sobre feitos ou circunstancias que formen parte ou se desenvolvan no marco de eventos ou competicións deportivas.

2. No libro de premios consignarase a identidade, nome, apelidos e número de identificación fiscal, pasaporte ou número de identidade que corresponda en cada caso, daqueles xogadores que obtivesen premios superiores a 2.500 €, a contía exacta do premio obtido, a data da súa obtención e do seu pagamento, a cantidade apostada, a identificación do boleto xustificativo da aposta validamente formalizada, a data da validación da aposta e a sinatura ou aceptación do pagamento do xogador. No caso de que o sistema non incorporase a recollida da sinatura da persoa que obteña o premio, deberase conservar un xustificante asinado pola dita persoa do pagamento do premio e mais o boleto premiado.

Polo que respecta aos premios que se pagasen e que non superen a contía sinalada con anterioridade, consignarase a identificación de cada un dos boletos premiados, a contía exacta do premio obtido, a data da súa obtención e do seu pagamento, a cantidade apostada, a data da validación da aposta e mostrarase un resumo co número total de boletos premiados e mais o importe total dos premios. Deberase conservar a información certificada da operación de pagamento e, no seu defecto, cada un dos boletos premiados, para facer proba da realidade dos pagamentos dos premios efectuados.

No caso de que calquera premio sexa obxecto de impugnación ou reclamación farase constar esta circunstancia e se o premio foi ou non pagado e, de ser o caso, por que importe.

3. En todo momento o sistema informático deberá permitir xerar a información correspondente por día ou por un período conformado de data a data.

No caso de que sobre os premios acaezan incidencias ou se presenten reclamacións, incorporarase a información na vista correspondente nunha parte diferenciada, deixando constancia visible no premio controvertido da existencia da incidencia.

O sistema deberá mostrar un resumo, no cal se detalle por cada tipoloxía de aposta, segundo sexa mutua, cruzada ou de contrapartida, o número de premios non superiores a 2.500 € pagados e o importe asociado, o número de premios superiores a 2.500 € pagados e o importe asociado e o número total de premios pagados e o importe asociado.

4. O sistema informático, unha vez finalizado cada trimestre natural, permitirá xerar unha vista da información por cada período de autoliquidación, na cal se reflectirá a información correspondente aos premios pagados a que se refire o número 2 anterior no período a que se refire a autoliquidación.

No caso de que sobre os premios acaezan incidencias ou se presenten reclamacións, incorporarase a información na vista correspondente nunha parte diferenciada, deixando constancia visible no premio controvertido da existencia da incidencia.

O sistema deberá mostrar un resumo, no cal se detalle por cada tipoloxía de aposta, segundo sexa mutua, cruzada ou de contrapartida, o número de premios non superiores a 2.500 € pagados e o importe asociado, o número de premios superiores a 2.500 € pagados e o importe asociado e o número total de premios pagados e o importe asociado.

Esta información así como a información de apoio deberá conservala en soporte informático o suxeito pasivo, consonte co disposto na Lei xeral tributaria.

Disposición adicional primeira. Excepcionalidade ao cumprimento das obrigas tributarias de forma electrónica

De maneira excepcional e cando circunstancias extraordinarias así o aconsellen, logo de petición do interesado debidamente xustificada, a dirección da Axencia Tributaria de Galicia, valoradas as razóns aducidas polo interesado e a documentación e as probas achegadas por el para xustificar a súa demanda, poderá excepcionar a aquel da obrigatoriedade de empregar os medios electrónicos para o cumprimento das obrigas tributarias reguladas nesta orde. A resolución fixará o alcance temporal da excepcionalidade e a forma e as condicións en que deberá facer efectivas as obrigas tributarias, sen prexuízo das consecuencias que derivasen de acordo coa normativa tributaria no caso de incumprimentos das normas.

Disposición adicional segunda. Adhesión e autorización de entidades colaboradoras

1. As entidades de depósito, xa autorizadas como colaboradoras na recadación dos tributos xestionados pola Comunidade Autónoma, quedan adheridas ás obrigas derivadas da colaboración na recadación dos ingresos derivados do modelo 041 que se fagan efectivos nelas.

2. As entidades que estean autorizadas para o pagamento electrónico doutros tributos xestionados pola consellería competente en materia de facenda quedarán adheridas ao pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición sen necesidade de solicitalo á dirección da Axencia Tributaria de Galicia.

Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades de crédito en que se realice o pagamento deste tributo

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas ao tributo sobre o xogo de apostas deportivas e de competición, a entidade de crédito conservará durante un período de cinco anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Orde do 22 de decembro de 2020.

Artigo modificado:Disposición adicional terceira nova redacción por artigo 7 apartado oito.

Disposición adicional cuarta. Confidencialidade e representación

1. As persoas profesionais colexiadas, así como as entidades, as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, no exercicio das súas funcións e nas actuacións previstas nos convenios correspondentes respectarán as normas establecidas na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

2. As persoas profesionais colexiadas, así como as entidades, as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais aos cales o suxeito pasivo solicite a colaboración para a presentación electrónica deste tributo, deberán posuír a representación nos termos establecidos no artigo 46 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. A Administración poderá requirir destes, en calquera momento, a acreditación da devandita representación.

3. A falta de representación abonda das persoas no nome da cal se presente a documentación dará lugar á exixencia das responsabilidades que sexan procedentes.

Disposición adicional quinta. Presentación e pagamento en prazo

A falta de resposta do ordenador da entidade de depósito autorizada, colaboradora na xestión recadatoria, elixida polo interesado para realizar o pagamento electrónico das autoliquidacións recollidas nesta orde, así como a falta de conformidade da devandita entidade para materializar a operación polos motivos que, con ocasión do intento de efectuar o devandito pagamento, poña en coñecemento do citado interesado, non o escusarán a este do pagamento e presentación da autoliquidación dentro dos prazos establecidos na normativa correspondente a este tributo.

Disposición adicional sexta. Modificación dos anexos desta orde

No ámbito das súas competencias, habilítase a persoa titular da dirección da Atriga para modificar ou actualizar mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia os anexos a esta orde, cando sexa preciso como consecuencia da modificación das normas legais ou regulamentarias ou como consecuencia dos avances tecnolóxicos, os cambios de sistemas ou calquera outra circunstancia que precise a correspondente plasmación nos modelos aprobados ou nas normas ou especificacións técnicas aprobadas polos ditos anexos.

Disposición adicional sétima. Cumprimento das obrigas tributarias reguladas nesta orde dos feitos impoñibles devindicados nos anos 2013, 2014 e 2015

1. Os suxeitos pasivos cumprirán as obrigas tributarias reguladas nas seccións 1ª e 2ª do capítulo II correspondentes á actividade de apostas validamente formalizadas no ano 2013, nos vinte primeiros días naturais de novembro de 2015, procedendo da forma que se indica no número 4.

2. Os suxeitos pasivos cumprirán as obrigas tributarias reguladas nas seccións 1ª e 2ª do capítulo II correspondentes á actividade de apostas validamente formalizadas no ano 2014, nos vinte primeiros días naturais de decembro de 2015, procedendo da forma que se indica no número 4.

3. Os suxeitos pasivos cumprirán as obrigas tributarias reguladas nas seccións 1ª e 2ª do capítulo II correspondentes á actividade de apostas validamente formalizadas no ano 2015, nos vinte primeiros días naturais de setembro de 2016, procedendo da forma que se indica no número 4.

4. Para os efectos do disposto nos números anteriores, os suxeitos pasivos conformarán os modelos D-041 e 041 correspondentes a cada ano, seguindo as instrucións establecidas nos anexos II e III coas especialidades que se sinalan a continuación e consonte cos procedementos regulados nos artigos 6, 8, 9 e 10 desta orde:

a) No bloque denominado «Período e carácter» consignarán no exercicio, o ano a que corresponda a autoliquidación e, no período, consignarase 4.

b) No bloque denominado «Información apostas» da declaración informativa de apostas deportivas e de competición (modelo D-041), deixarán en branco a información correspondente ao período, consignando unicamente a información acumulada do ano natural.

c) No anexo da declaración informativa de apostas deportivas e de competición (modelo D-041), consignarán os datos identificativos de cada un dos premios superiores a 2.500 € que se aboasen efectivamente cada ano natural a que se refira a declaración.

d) No bloque denominado «Liquidación» da autoliquidación (modelo 041) os recadros (4) e (5) deixaranse en branco.

5. A información do sistema informático de apostas correspondente aos anos 2013, 2014 e 2015 deberá conformarse consonte coas disposicións establecidas na sección 4ª do capítulo II desta orde, de forma que estea dispoñible ao principio de cada un dos prazos establecidos nesta disposición respectivamente.

6. Os prazos establecidos nesta disposición adicional entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período sexa día inhábil ou sábado.

Disposición derradeira primeira. Modificación da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras

Introdúcense as seguintes modificacións nos anexos I e IV da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras:

Un. Engádese no anexo I, de maneira que se insira no lugar que lle corresponda segundo a orde numérica preestablecida o novo modelo de ingreso da autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición, coa seguinte redacción:

«041-Taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición. Autoliquidación».

Dous. Engádense no anexo IV as seguintes modificacións:

1) Modifícase a descrición das posicións 18-19 do deseño do rexistro do detalle de autoliquidacións (tipo 3), que queda redactada do seguinte xeito:

«Período obrigatorio para os modelos 002, 005, 011, 012, 041, 043, 044 e 045.

Libre para o resto dos modelos».

2) Modifícase a descrición das posicións 20-22 do deseño do rexistro do detalle de autoliquidacións (tipo 3), engadindo, de maneira que se insira no lugar que lle corresponda segundo a orde numérica preestablecida o novo modelo de ingreso da autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición, coa seguinte redacción:

«041-Taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición. Autoliquidación».

Disposición derradeira segunda. Modificación da Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada

Introdúcense as seguintes modificacións na Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada:

Un. Modifícase a denominación do Censo telemático de aproveitamentos hidráulicos para usos industriais, que pasa denominarse Censo electrónico de aproveitamentos hidráulicos para usos industriais, e substitúense todas as mencións que se fagan a el na orde, pola súa nova denominación.

Dous. Modifícase o número 2 do artigo 1, quedando redactado como segue:

«2. Para os efectos do disposto no número anterior, as aplicacións informáticas deste imposto poderán ser empregadas polos usuarios que se relacionan a seguir, sempre que sexan previamente autorizados pola dirección da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga):

a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios impostos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.

b) Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresarias ou profesionais, que subscribisen coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste».

Tres. Modifícase o número 3 do artigo 1, que queda redactado como segue:

«3. Os usuarios anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas deste imposto, deberán presentar ante a dirección da Atriga unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo en que deban cumprir as obrigas tributarias referidas a este imposto. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no número anterior».

Catro. Modifícase o número 1 do artigo 4, que queda redactado como segue:

«1. Os suxeitos pasivos deberán, con carácter xeral, no prazo de presentación da primeira autoliquidación e previamente a esta, presentar electronicamente ante a Atriga unha declaración inicial dos datos do aproveitamento consignados no modelo 010.

Para realizar esta declaración empregarán a aplicación informática que a Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia poña á súa disposición na oficina virtual tributaria».

Cinco. Modifícase o número 1 do artigo 5, que queda redactado como segue:

«1. Os suxeitos pasivos deberán ingresar e presentar electronicamente ante a Atriga o modelo 011, no cal practicarán a autoliquidación do imposto e determinarán a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo, nos vinte primeiros días naturais seguintes á finalización deste. O prazo anterior entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período sexa día inhábil ou sábado.

Para isto empregarán a aplicación informática que a Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia poña á súa disposición na oficina virtual tributaria e deberán estar previamente identificados co código de aproveitamento no Censo electrónico de aproveitamentos hidráulicos para usos industriais».

Seis. Modifícase o número 2 do artigo 5, que queda redactado como segue:

«2. Os suxeitos pasivos declararán os datos necesarios para proceder ao cálculo da débeda tributaria e, unha vez calculada esta, o suxeito pasivo deberá realizar o pagamento da cantidade resultante da autoliquidación, de calquera das formas sinaladas no número seguinte, ou ben marcar na propia autoliquidación que vai solicitar o aprazamento ou o fraccionamento da débeda. Neste último caso, deberá presentarse ante a Atriga unha solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que se poida entender presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación».

Sete. Modifícase o artigo 7, que queda redactado como segue:

«Cando se produza algunha variación nos datos inscritos no censo, referentes ao aproveitamento ou ao encoro, os suxeitos pasivos deberán, con carácter xeral, presentar comunicación electrónica daquela ante a Atriga a través do modelo 010, no prazo de vinte días naturais contados desde o momento en que se produza a dita modificación e, en calquera caso, antes do pagamento e presentación electrónicos da autoliquidación correspondente ao período impositivo en que se producise a modificación que se vai declarar.

Para isto empregará a aplicación informática a que fai referencia o artigo 4 anterior e seguirá o procedemento regulado nel».

Oito. Modifícase o número 1 do artigo 9, que queda redactado como segue:

«1. Nos vinte primeiros días naturais seguintes á data de extinción da concesión, o suxeito pasivo deberá, con carácter xeral, ingresar e presentar electronicamente ante a Atriga o modelo 011, no cal practicará a autoliquidación do imposto correspondente ao período impositivo en que se produza a extinción da concesión e determinará a débeda tributaria de maneira proporcional ao número de días deste.

Para isto empregará a aplicación informática a que fai referencia o artigo 5 anterior e seguirá o procedemento regulado nel».

Nove. Modifícase a disposición adicional primeira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional primeira. Excepcionalidade ao cumprimento das obrigas tributarias de forma electrónica

De forma excepcional e cando circunstancias extraordinarias así o aconsellen, logo de petición do interesado debidamente xustificada, a dirección da Atriga, valoradas as razóns aducidas polo interesado e a documentación e as probas achegadas por el para xustificar a súa demanda, poderá eximilo da obrigatoriedade de empregar os medios electrónicos para o cumprimento das obrigas tributarias reguladas nesta orde. A resolución fixará o alcance temporal da excepcionalidade e a forma e as condicións en que deberá facer efectivas as obrigas tributarias, sen prexuízo das consecuencias que deriven consonte a normativa tributaria no caso de incumprimentos das normas».

Dez. Modifícase a disposición adicional terceira, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional terceira. Obrigas de conservación de soportes informáticos das entidades colaboradoras na xestión recadatoria

No suposto de pagamento electrónico das autoliquidacións referidas ao imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, a entidade de depósito autorizada, colaboradora na xestión recadatoria, que xere o correspondente NRC xustificante deste, conservará durante un período de seis anos os soportes informáticos que motivaron o devandito NRC».

Once. Engádense dúas disposicións adicionais, a quinta e a sexta, coa seguinte redacción:

«Disposición adicional quinta. Presentación e pagamento en prazo

A falta de resposta do ordenador da entidade de depósito autorizada, colaboradora na xestión recadatoria, elixida polo interesado para realizar o pagamento electrónico das autoliquidacións recollidas nesta orde, así como a falta de conformidade da devandita entidade para materializar a operación polos motivos que, con ocasión do intento de efectuar o devandito pagamento, poña en coñecemento do citado interesado, non o escusarán do pagamento e presentación da autoliquidación dentro dos prazos establecidos na normativa correspondente a este tributo.

Disposición adicional sexta. Modificación dos anexos desta orde

Habilítase a persoa titular da dirección da Atriga para modificar ou actualizar mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia os anexos a esta orde, cando sexa preciso como consecuencia da modificación das normas legais ou regulamentarias ou como consecuencia dos avances tecnolóxicos, os cambios de sistemas ou calquera outra circunstancia que precise a correspondente plasmación nos modelos aprobados ou nas normas ou especificacións técnicas aprobadas polos ditos anexos».

Disposición derradeira terceira. Modificación da Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica

Modifícase a redacción da disposición adicional quinta, que queda redactada como segue:

«Disposición adicional quinta. Modificación dos anexos desta orde

Habilítase a persoa titular da dirección da Atriga para modificar ou actualizar mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia os anexos a esta orde, cando sexa preciso como consecuencia da modificación das normas legais ou regulamentarias ou como consecuencia dos avances tecnolóxicos, os cambios de sistemas ou calquera outra circunstancia que precise a correspondente plasmación nos modelos aprobados ou nas normas ou especificacións técnicas aprobadas polos ditos anexos».

Disposición derradeira cuarta. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2015

Valeriano Martínez García

Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración D-041 e de autoliquidación 041 da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición

[figura]

Identificación de usuarios para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración D-041 e de autoliquidación 041 da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición

IDENTIFICACIÓN DO SUXEITO PASIVO:

[figura]

IDENTIFICACIÓN DO/S USUARIO/S DA APLICACIÓN:

[figura]

RESPONSABLE DE INFORMÁTICA:

[figura]

1 O idioma poderase cubrir «galego» ou «castelán» segundo se desexe.

2 Acceso. Se se pon «total», poderanse ver todos os expedientes presentados; se se pon «parcial», só se poderán ver os expedientes gravados por ese usuario exclusivamente.

ANEXO II

Modelo en formato electrónico de declaración informativa de apostas deportivas e de competición (modelo D-041)

[Documento: ord_CFA------_2010A_2015_20151020]

Modificación. Anexo II nova redacción.Véxase a ligazón á Resolución do 27/10/2021..

Instrucións.

– Período e carácter:

Neste bloque deberán consignarse os datos correspondentes a período ao que corresponde a declaración, así como o carácter dela, de xeito que:

a) No exercicio farase constar o ano a que corresponden os datos incluídos na declaración.

b) No período consignarase o trimestre ao que corresponden os datos incluídos na declaración numerados do 01 ata o 04, desde o primeiro trimestre natural ata o cuarto trimestre natural do ano.

Exemplo: do 1 ao 20 de outubro do ano 20XX terase que presentar a declaración correspondente ao trimestre inmediato anterior, polo que en exercicio consignarase 20XX e en período, consignarase 03.

Se a declaración é unha complementaria doutra xa presentada, marcarase o recadro denominado «Complementaria» e consignarase o número da declaración á cal complementa.

Neste bloque, unha vez presentada a declaración, cargarase o número da operación de referencia, o número de expediente e a data de presentación.

– Suxeito pasivo:

Neste bloque deberanse consignar os datos identificativos do suxeito pasivo: NIF, apelidos e nome ou razón social, enderezo fiscal ou enderezo para efectos de notificacións. O enderezo que será cargado informaticamente é o enderezo fiscal do seu certificado dixital. Se quere consignar un enderezo diferente para os efectos de notificación, deberá comunicalo con carácter previo na Oficina Virtual Tributaria. Para isto deberá acceder ao módulo de «Xestión de datos persoais» no submenú «Catálogo de servizos».

– Representante:

No caso de actuar mediante representante, deberá consignar os datos deste: NIF, apelidos e nome ou razón social e enderezo.

– Información apostas:

Neste bloque consignarase de forma resumida a información correspondente ao xogo de apostas desenvolvido no período ao que se refire a declaración, agrupada segundo a tipoloxía das apostas, en mutuas, cruzadas ou de contrapartida. Recollerase, así mesmo, e coa mesma estrutura, a información acumulada correspondente ao xogo de apostas desenvolvido no ano natural ata a fin do período a que se refire a declaración.

A información requirida consignarase en columnas segundo a descrición seguinte:

Información apostas do período:

[figura]

Información acumulada apostas ata a fin do período:

[figura]

– Resumo do contido do anexo:

Este bloque reflectirá un resumo dos datos contidos no anexo da declaración informativa presentada e mais a súa pegada dixital.

– Relación identificativa dos premios superiores a 2.500 €:

A declaración contén (número de boletos) premios que, ordenados por «Nº boleto», van dende (Nº boleto) ata (Nº boleto).

A súa pegada dixital SHA-1 é:

[XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX]

ANEXO. Datos premios.

-– Relación identificativa dos premios superiores a 2.500 €:

Neste bloque consignaranse os datos identificativos de cada un dos premios superiores a 2.500 € que se aboasen efectivamente no período, distinguindo pola tipoloxía da aposta.

[figura]

A declaración será datada e asinada polo suxeito pasivo ou polo seu representante.

O anexo poderá ser descargado polos suxeitos pasivos unha vez presentada a declaración informativa, mediante a identificación do seu número e poderán descargar o seu contido.

Resolución do 27 de outubro de 2021.

Artigo modificado:Anexo II nova redacción por artigo sétimo apartado a).

ANEXO III

Modelo en formato electrónico de autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición (modelo 041)

[Documento: ord_CFA------_2010A_2015_20151020]

Modificación. Anexo III nova redacción.Véxase a ligazón á Resolución do 27/10/2021..

Instrucións:

Presentarase unha autoliquidación que agrupará os datos declarados no modelo D-041 correspondentes á actividade do xogo de apostas desenvolvido desde a data de devindicación ata a fin do período ao que se refire a autoliquidación.

– Período e carácter:

Neste bloque deberán consignarse os datos correspondentes ao período a que corresponde a declaración, así como o carácter dela, de xeito que:

a) No exercicio farase constar o ano natural a que corresponden os datos incluídos na declaración.

b) No período consignarase o trimestre a que corresponden os datos incluídos na declaración numerados do 1 ata o 4, desde o primeiro trimestre natural ata o cuarto trimestre natural do ano.

Exemplo: do 1 ao 20 de outubro do ano 20XX terase que presentar a declaración correspondente ao trimestre inmediato anterior, polo que en exercicio se consignará 20XX e en período, se consignará 3.

Se a autoliquidación é unha complementaria doutra xa presentada, marcarase o recadro denominado «Complementaria» e consignarase o número da autoliquidación a que complementa.

– Suxeito pasivo:

Neste bloque deberanse consignar os datos identificativos do suxeito pasivo: NIF apelidos e nome ou razón social, enderezo fiscal ou enderezo para efectos de notificacións. O enderezo que será cargado informaticamente é o enderezo fiscal do seu certificado dixital. Se quere consignar un enderezo diferente para os efectos de notificación, deberá comunicalo con carácter previo na Oficina Virtual Tributaria. Para isto deberá acceder ao módulo de «Xestión de datos persoais» no submenu «Catálogo de servizos».

– Representante:

No caso de actuar mediante representante, deberá consignar os datos deste: NIF, apelidos e nome ou razón social e enderezo fiscal.

– Apostas deportivas e de competición:

[figura]

– Liquidación:

Neste bloque deberá procederse á autoliquidación do importe da débeda tributaria que se deba ingresar en cada período consonte cos datos declarados.

Neste bloque practicarase o cálculo e a autoliquidación que correspondera ao período sinalado na epígrafe «Carácter» da declaración e que será, no caso dos períodos 1, 2 e 3, a conta da débeda tributaria definitiva do ano natural a que se refire a autoliquidación.

Base impoñible (1): nos recadros (1a), (1b) e (1c) trasladaranse os importes consignados nos recadros de igual nome do bloque anterior, e, no recadro (1) consignarase o resultado total da columna denominada «Base impoñible» consignada no recadro de igual nome do bloque anterior.

Tipo de gravame (2): nos recadros (2a), (2b) e (2c) trasladaranse as porcentaxes consignadas nos recadros de igual nome do bloque anterior. O recadro (2) consignarase unicamente no caso de que coincidan (2a), (2b) e (2c).

Total (3): nos recadros (3a), (3b) e (3c) trasladaranse os importes consignados nas casiñas de igual nome do bloque anterior, e, no recadro (3) consignarase o resultado total da suma dos importes anteriores.

Para deducir PAC autoliquidados exercicio (4): no caso de que se tivesen autoliquidado pagamentos á conta (PAC, en diante) da débeda tributaria do ano natural a que se refire a autoliquidación, consignarase, segundo proceda en cada un dos recadros (4a), (4b), (4c) os importes correspondentes ás autoliquidacións do ano natural presentadas con anterioridade. No recadro (4), consignarase o resultado total da suma dos importes anteriores.

PAC a ingresar (5): esta liña deixarase en branco, en caso das autoliquidacións correspondentes ao período 4 de cada ano natural. No resto delas, nos recadros (5a), (5b) e (5c) trasladarase o importe positivo que corresponda ao resultado de minorar as cantidades consignadas nos recadros (3a), (3b) e (3c) nos importes consignados nos recadros (4a), (4b) e (4c) respectivamente. No caso de que o resultado sexa negativo, consignarase cero. No recadro (5) consignarase o importe resultado da suma dos importes consignados nos recadros (5a), (5b) e (5c).

Cota diferencial (6): esta liña só será cuberta en caso das autoliquidacións correspondentes ao período 4 de cada ano natural. No resto delas, deixarase en branco. Nos recadros (6a), (6b) e (6c) trasladarase o importe que corresponda ao resultado de minorar as cantidades consignadas nos recadros (3a), (3b) e (3c) nos importes consignados nos recadros (4a), (4b) e (4c) respectivamente.

Importe autoliquidacións anteriores (7): esta liña só será cuberta en caso de que se trate dunha autoliquidación complementaria. Neste caso, consignarase o importe que se teña autoliquidado na autoliquidación á cal se complementa.

Total a ingresar/a devolver (8): no recadro (8) trasladarase, segundo corresponda, o importe positivo do recadro (5) ou o importe positivo ou negativo do recadro (6), minorado, de ser o caso, polo importe do recadro (7).

Importe ingresado/a devolver (I): no recadro (I) trasladarase o importe positivo ou negativo do recadro (8).

– Devolución:

No caso de que o importe do recadro (8) sexa unha cantidade a devolver derivada da normativa do imposto, o suxeito pasivo deberá:

• Marcar o recadro da súa solicitude, consignar o importe cuxa devolución solicita e, consignar, empezando pola esquerda, os datos identificativos da conta (IBAN) da súa titularidade na que desexa recibir a devolución. No caso de contas en entidades financeiras españolas, o código IBAN estará composto por 24 díxitos, que deberán cubrirse comezando pola esquerda.

• Marcar o recadro polo que renuncia á devolución do importe a favor do Tesouro da Facenda galega e consignar o importe correspondente. Neste caso, o importe que figurará no recadro (I). Importe ingresado/a devolver será 0.

– Ingreso:

No caso de que o importe do recadro (8) sexa positivo e o suxeito pasivo pretenda solicitar un aprazamento ou fraccionamento da débeda tributaria, deberá marcar o recadro correspondente a «Aprazamento/fraccionamento» e deberá presentar ante a Axencia Tributaria de Galicia, solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que a solicitude poida entenderse presentada por marcar este recadro. Neste caso, o importe que figurará no recadro (I). Importe ingresado/a devolver será 0.

A declaración será datada e asinada polo suxeito pasivo ou polo seu representante.

Resolución do 27 de outubro de 2021.

Artigo modificado:Anexo III nova redacción por artigo sétimo apartado b).

ANEXO IV

Especificacións técnicas do/s arquivo/s informático/s para confeccionar as declaracións D-041 e as autoliquidacións 041

A) Características dos arquivos informáticos que se van remitir electronicamente:

Os arquivos informáticos que se van remitir electronicamente a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) deberán cumprir as seguintes características:

• Nome do arquivo: D041_NNNNNNNNN_AAAA_TT, onde os valores seguintes serán:

– NNNNNNNNN: o NIF da empresa (9 carácteres ou díxitos).

– AAAA: os 4 díxitos correspondentes ao exercicio fiscal ao que se refire a declaración.

– TT: os 2 díxitos correspondentes ao trimestre ao que se refire a declaración.

• Extensión do arquivo: TXT.

• O ficheiro contendo os datos para a confección dos modelos D-041 e 041 será de formato texto plano codificación ISO 8859-1.

• Todos os campos alfanuméricos e alfabéticos presentaranse aliñados á esquerda e recheos de brancos pola dereita, en maiúsculas sen carácteres especiais, e sen vogais acentuadas. Tódolos campos numéricos se presentarán aliñados á dereita e recheos a ceros pola esquerda sen signos e sen empaquetar. Todos os campos terán contido, de non ser que se especificase o contrario na descrición do campo. Se non o teñen, os campos numéricos cubriranse a ceros e tanto os alfanuméricos como os alfabéticos a brancos.

B) Deseños lóxicos. descrición dos rexistros dos datos do arquivo:

Para cada declarante, incluiranse catro tipos diferentes de rexistro, que se distinguen pola primeira posición, consonte cos seguintes criterios:

• Tipo 1: rexistro único da declaración: datos de identificación da declaración. Deseño de tipo de rexistro 1 dos recollidos máis adiante nestes mesmos puntos.

• Tipo 2: rexistro dos datos para a declaración informativa e para a autoliquidación. Recolle a información correspondente ao período a que se refire a declaración. Deseño de tipo de rexistro 2 dos recollidos máis adiante nestes mesmos puntos.

• Tipo 3: rexistro dos datos para a declaración informativa e para a autoliquidación. Recolle a información correspondente de xeito acumulado desde a data de devindicación do exercicio ata a fin do período a que se refire a declaración. Deseño de tipo de rexistro 3 dos recollidos máis adiante nestes mesmos puntos.

• Tipo 4: rexistro dos datos para a declaración informativa e para a autoliquidación. Recolle a información correspondente á relación de premios. Deseño de tipo de rexistro 5 dos recollidos máis adiante nestes mesmos puntos.

A orde de presentación será a do tipo de rexistro, existindo

• Para o tipo 1: un rexistro.

• Para o tipo 2: un rexistro por tipoloxía de aposta.

• Para o tipo 3: un rexistro por tipoloxía de aposta.

• Para o tipo 4: un rexistro por cada premio superior a 2.500 € declarado.

Tipo de rexistro 1: rexistro da declaración: datos da declaración (posicións, natureza e descrición dos campos).

Para o tipo 1: un rexistro.

[figura]

Para o tipo 2: un rexistro por cada tipoloxía de aposta.

[táboa]

Para o tipo 3: un rexistro por cada tipoloxía de aposta.

[táboa]

Para o tipo 4: un rexistro por cada premio superior a 2.500 € declarado.

[táboa]

ANEXO V

A entidade financeira xerará o NRC (número de referencia completo) segundo o apartado B.2) do anexo VII da Orde EHA/2027/2007, do 28 de xuño de 2007 (BOE do 9 de xullo), correspondente á xeración de NRC para liquidacións practicadas pola Administración, modelos 060, 061 e 069. O NRC xerarase a partir dun rexistro de 48 carácteres codificados en EBCDIC:

• MMMNNNNNNNNNDC (14): número de xustificante, sendo

– MMMNNNNNNNNND (13): número de xustificante asignado pola Oficina Virtual Tributaria

– C (1): carácter de control calculado polo banco, utilizando o mesmo algoritmo especificado na citada orde. A Oficina Tributaria facilitará á Entidade Colaboradora o algoritmo para o cálculo deste carácter de control.

• XXXXXXXXX (9): NIF do debedor

• NNNNNNNNNNNNN (13): importe de cargo

• AAAAMMDD (8): data de cargo

• XXXX (4): código de Banco de España da entidade

O número de referencia completo (NRC) resultante terá 22 posicións:

• MMMNNNNNNNNNDC (14): número de xustificante (o mesmo que o especificado enriba)

• XXXXXXXX (8): carácteres de control resultantes de aplicar unha función MAC 4 do algoritmo DES (segundo norma X9.9-1) aos datos anteriores (48 carácteres) utilizando a clave privada do banco. Esta función xerará 8 carácteres de control; é dicir, a «sinatura».

ANEXO VI

Sistema informático de desenvolvemento do xogo de apostas deportivas e de competición

O sistema informático de desenvolvemento do xogo deberá garantir a exactitude na determinación da base impoñible e a transparencia no desenvolvemento do xogo.

O sistema informático deberá cumprir os requisitos e condicións estritas consonte a homologación, en especial:

a) Estará composto por hardware tolerante a fallos cun sistema de alimentación ininterrompida, no cal vai instalado o propio sistema de xestión e control de xogo.

b) Deberá contar cunha réplica para entrar en funcionamento en caso de que quede fóra de servizo por calquera causa.

c) O acceso ao sistema, soportes e equipamento que incidan directa ou indirectamente no xogo de apostas deportivas e de competición será limitado e controlado, e soamente se permitirá a persoas autorizadas para tal fin.

O sistema rexistrará, ao instante de se produciren, todas as operacións realizadas e, en concreto:

a) Recollerá a data, hora, minuto e segundo de formalización de cada aposta.

b) Recollerá a data, hora, minuto e segundo de cada momento en que se acepte unha aposta e o seu resultado, a recadación obtida polas apostas validamente formalizadas e o importe dos premios outorgados, así como en xeral todos os datos necesarios para o cálculo correcto da base impoñible, segundo se dispón nesta orde.

c) Almacenará a relación de xogadores que obteñan premios de importe superior ao que se estableza nesta orde.

d) A información a que fan referencia as alíneas anteriores deberá gardarse durante o prazo de prescrición do tributo. O sistema deberá garantir e certificar de forma electrónica a data, hora, minuto e segundo de cada operación, así como a imposibilidade de manipulación dos datos.

e) No caso de producirse avarías ou calquera outro tipo de problema que impida o funcionamento do sistema informático de desenvolvemento do xogo de apostas deportivas e de competición para os efectos de control e verificación posterior, deberá rexistrarse a incidencia de maneira que se identifiquen claramente a tipoloxía, as causas, os compoñentes afectados xunto coa data e hora da causa, así como da súa resolución.

A información contida nos sistemas de arquivo do sistema informático deberá estar en todo momento á disposición da Administración tributaria, para os efectos do exercicio das súas competencias.

Á dita información terá acceso o persoal da Administración tributaria e de apoio á Administración tributaria que sexa designado pola dirección da Axencia Tributaria, para o cal o sistema deberá permitir unha conexión segura a través da internet. Para iso, as empresas autorizadas deberán articular os mecanismos necesarios para unha comunicación informática segura, confidencial e íntegra compatible cos sistemas das administracións que permita realizar calquera consulta en tempo real sobre o sistema informático do xogo das apostas, consonte co establecido nesta orde.

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia