lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Resolución do 27 de outubro de 2021 pola que se actualizan os modelos en formato electrónico das declaracións e autoliquidacións dos tributos propios da Comunidade Autónoma e dos tributos sobre o xogo.

Publicado en: DOG 216 10/11/2021

Departamento: Axencia Tributaria de Galicia

Estado: En vigor

PDF

Resolución publicada na sección III, outras disposicións, do DOG.

O Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia, aprobou a imaxe corporativa institucional do Goberno e do sector público autonómico de Galicia.

O artigo 2 deste decreto establece que a Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia se axustarán ao previsto nesta norma no concernente:

a) Á elaboración e emisión de documentos, modelos normalizados e material impreso.

b) Ás informacións, publicacións, comunicacións ou calquera expresión en todo tipo de soportes, incluídos os medios electrónicos e/ou dixitais e audiovisuais, así como os carteis ou as sinalizacións que elaboren ou utilicen.

Esta nova imaxe corporativa exixe a adaptación das imaxes dos modelos das declaracións e autoliquidacións dos impostos propios e dos tributos sobre o xogo. As instrucións dos modelos, pola súa parte, non se ven afectadas polo cambio de imaxe, motivo polo que non son obxecto desta resolución.

Cada unha das ordes que aproban os modelos en formato electrónico destes tributos autoriza, nunha disposición adicional, a Dirección da Atriga para modificar ou actualizar os seus anexos mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), cando for preciso como consecuencia da modificación das normas legais ou regulamentarias ou como consecuencia dos avances tecnolóxicos, dos cambios de sistemas ou calquera outra circunstancia que precisase a correspondente plasmación nos modelos aprobados ou nas normas ou especificacións técnicas aprobadas polos ditos anexos.

En concreto, as disposicións que autorizan a modificación ou actualización dos anexos son as que se relacionan a seguir:

a) A disposición adicional quinta da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se regula a presentación e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos.

b) A disposición adicional sexta da Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada.

c) A disposición adicional sexta da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico.

d) A disposición adicional quinta da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se regula a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

e) A disposición adicional sétima da Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a xestión e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo.

f) A disposición adicional quinta da Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica.

g) A disposición adicional sexta da Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición, e se modifican determinadas normas tributarias.

h) A disposición adicional sexta da Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro.

Por todo isto, consonte o exposto, de acordo co establecido nas disposicións adicionais das ordes que se citan,

RESOLVO:

Primeiro. Modifícase a Orde da Consellería de Facenda do 27 de febreiro de 2009, pola que se regula a presentación e o pagamento telemático da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, substituíndo a imaxe do modelo de autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo en casinos, 044 formato electrónico contido no seu anexo I, polo modelo que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Modifícase a Orde da Consellería de Facenda do 25 de marzo de 2011, pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, substituíndo:

a) A imaxe do modelo en formato electrónico da declaración de alta/modificación no Censo telemático de aproveitamentos hidráulicos para usos industriais (modelo 010), contido no seu anexo II, polo que figura no anexo II desta resolución.

b) A imaxe do modelo en formato electrónico de autoliquidación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada (modelo 011), contido no seu anexo III, polo modelo que figura no anexo III desta resolución.

Terceiro. Modifícase a Orde da Consellería de Facenda do 27 de xaneiro de 2014, pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico, substituíndo:

a) A imaxe do modelo en formato electrónico de declaración de alta/modificación de datos no Censo electrónico de parques eólicos de Galicia (CEPEG) (modelo 007), contido no seu anexo II, polo modelo que figura no anexo IV desta resolución.

b) A imaxe do modelo en formato electrónico de autoliquidación do canon eólico (modelo 012), contido no seu anexo III polo modelo que figura no anexo V desta resolución.

Cuarto. Modifícase a Orde da Consellería de Facenda do 27 de xaneiro de 2014, pola que se regula a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo, substituíndo:

a) A imaxe do modelo S: solicitude de subministración de cartóns de bingo, contido no seu anexo II, polo modelo que figura no anexo VI desta resolución.

b) A imaxe do modelo 006: comunicación de modificación dos datos do Censo electrónico de salas de bingo de Galicia (Cesbiga), contido no seu anexo III, polo modelo que figura no anexo VII desta resolución.

c) A imaxe do modelo D043: modelo en formato electrónico de declaración informativa do xogo do bingo (modelo D043), contido no seu anexo IV, polo modelo que figura no anexo VIII desta resolución.

d) A imaxe do modelo 043, da taxa fiscal sobre o xogo. Bingo. Autoliquidación, contido no anexo V da orde, polo modelo que figura no anexo IX desta resolución.

e) A dilixencia de entrega e guía de circulación de cartóns de bingo, contida no anexo VIII da orde, polo modelo que figura no anexo X desta resolución.

Quinto. Modifícase a Orde da Consellería de Facenda do 17 de marzo de 2014, pola que se regula a xestión, a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo, substituíndo:

f) A imaxe do modelo D-046, da taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas de xogo. Declaración informativa de máquinas de xogo (formato electrónico), contido no anexo II da orde, polo modelo que figura no anexo XI desta resolución.

g) A imaxe do modelo 045, da taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas de xogo. Autoliquidación (formato electrónico), contido no anexo III da orde, polo modelo que figura no anexo XII desta resolución.

[sic.] a) O modelo 046, da taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas de xogo. Autoliquidación (formato electrónico), contido no anexo IV da orde, polo modelo que figura no anexo XIII desta resolución.

Sexto. Modifícase a Orde da Consellería de Facenda do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica, substituíndo:

a) A imaxe do modelo en formato electrónico da declaración de alta/modificación no Censo electrónico de focos emisores de substancias contaminantes (modelo 004), contido no anexo II da orde, polo modelo que figura no anexo XIV desta resolución.

b) A imaxe do modelo en formato electrónico de autoliquidación mensual do imposto sobre a contaminación atmosférica (modelo 002), contido no anexo III da orde, polo modelo que figura no anexo XV desta resolución.

c) A imaxe do modelo en formato electrónico de autoliquidación anual do imposto sobre a contaminación atmosférica (modelo 003), contido no anexo IV da orde, polo modelo que figura no anexo XVI desta resolución.

Sétimo. Modifícase a Orde da Consellería de Facenda do 20 de outubro de 2015, pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición, e se modifican determinadas normas tributarias, substituíndo:

a) A imaxe do modelo en formato electrónico da declaración informativa de apostas deportivas e de competición (modelo D041), contido no seu anexo II, polo modelo que figura no anexo XVII desta resolución.

b) A imaxe do modelo en formato electrónico de autoliquidación da taxa fiscal de apostas deportivas e de competición (modelo 041), contido no seu anexo III, polo modelo que figura no anexo XVIII desta resolución.

Oitavo. Modifícase a Orde da Consellería de Facenda do 18 de decembro de 2017, pola que se establecen as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro, substituíndo:

a) A imaxe do modelo en formato electrónico da declaración de alta/modificación de datos no Censo electrónico de concesións e instalacións de depósito ou almacenamento mineiros (modelo 008), contido no seu anexo II, polo modelo que figura no anexo XIX desta resolución.

b) A imaxe do modelo en formato electrónico de autoliquidación do imposto compensatorio ambiental mineiro (modelo 013), contido no seu anexo III, polo modelo que figura no anexo XX desta resolución.

Noveno. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria

Os modelos de declaracións e autoliquidacións que se substitúen por esta resolución seguirán tendo vixencia para o cumprimento das obrigas tributarias se fosen xerados pola Oficina Virtual Tributaria.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2021

Mª Victoria González Vázquez

Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO I

Modelo en formato electrónico de autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo en casinos (modelo 044)

[Documento]

ANEXO II

Modelo en formato electrónico da declaración de alta/modificación no Censo telemático de aproveitamentos hidráulicos para usos industriais (modelo 010)

[Documento]

ANEXO III

Modelo en formato electrónico de autoliquidación do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada (modelo 011)

[Documento]

ANEXO IV

Modelo en formato electrónico da declaración de alta/modificación de datos en el Censo electrónico de parques eólicos de Galicia (CEPEG) (modelo 007)

[Documento]

ANEXO V

Modelo en formato electrónico de autoliquidación do canon eólico (modelo 012)

[Documento]

ANEXO VI

Solicitude de subministración de cartóns de bingo (modelo S)

[Documento]

ANEXO VII

Solicitude de subministración de cartóns de bingo (modelo S)

[Documento]

ANEXO VIII

Modelo en formato electrónico da declaración informativa do xogo do bingo (modelo D043)

[Documento]

ANEXO IX

Modelo en formato electrónico da declaración informativa do xogo do bingo (modelo D043)

[Documento]

ANEXO X

Dilixencia de entrega e guía de circulación de cartóns de bingo

[Documento]

ANEXO XI

Modelo en formato electrónico da taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas de xogo. Declaración informativa de máquinas de xogo (modelo D046)

[Documento]

ANEXO XII

Modelo en formato electrónico da taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas de xogo. Autoliquidación (modelo 045)

[Documento]

ANEXO XIII

Modelo en formato electrónico da taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas de xogo. Autoliquidación (modelo 046)

[Documento]

ANEXO XIV

Modelo en formato electrónico de declaración de alta/modificación no Censo electrónico de focos emisores de substancias contaminantes (modelo 004)

[Documento]

ANEXO XV

Modelo en formato electrónico de autoliquidación mensual do imposto sobre a contaminación atmosférica (modelo 002)

[Documento]

ANEXO XVI

Modelo en formato electrónico de autoliquidación anual do imposto sobre a contaminación atmosférica (modelo 003)

[Documento]

ANEXO XVII

Modelo en formato electrónico de declaración informativa de apostas deportivas e de competición (modelo D041)

[Documento]

ANEXO XVIII

Modelo en formato electrónico de autoliquidación da taxa fiscal de apostas deportivas e de competición (modelo 041)

[Documento]

ANEXO XIX

Modelo en formato electrónico de declaración de alta/modificación de datos no Censo electrónico de concesións e instalacións de depósito ou almacenamento mineiros (modelo 008)

[Documento]

ANEXO XX

Modelo en formato electrónico de autoliquidación do imposto compensatorio ambiental mineiro (modelo 013)

[Documento]

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia