lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Orde do 18 de outubro de 2010 pola que se establecen os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado en: DOG 208 28/10/2010

Departamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Estado: En vigor

PDF

Inclúe a corrección de erros publicada no DOG núm. 223, do 19 de novembro de 2010.

Por Orde do 24 de outubro de 1990 establecéronse os centros e postos de difícil desempeño na Comunidade Autónoma de Galicia. Desde o ano 1990 as condicións de desempeño dos postos de traballo víronse substancialmente modificadas, polo que é necesario proceder a unha nova regulación dos postos de traballo que poidan considerarse de especial dificultade para os efectos de puntuación nos concursos de traslados entre funcionarios docentes que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación.

En consecuencia, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-

Defínense como postos de especial dificultade, para os efectos establecidos na normativa que regula os concursos de traslados entre os funcionarios docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación, os desempeñados nos centros de educación permanente de adultos nas institucións penitenciarias, nos centros de educación especial, nas aulas específicas de educación especial nos centros ordinarios e nas escolas unitarias.

Segundo.-

-Os centros definidos como de especial dificultade publícanse como anexos a esta orde.

Disposición transitoria

Única.-

O profesorado destinado na actualidade nos centros relacionados no anexo da Orde do 24 de outubro de 1990, pola que se establecen os centros e postos de difícil desempeño na Comunidade Autónoma de Galicia, que non estean incluídos nos anexos desta orde, mentres concursen desde o mencionado centro manterán a puntuación que lles corresponda polos anos e meses de servizo prestados no centro de difícil desempeño ata o 31 de agosto de 2010.

Disposición derrogatoria

Única.-

Queda derroga a Orde do 24 de outubro de 1990 pola que se establecen os centros e postos de difícil desempeño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-

Esta orde terá efectos desde o día 1 de setembro de 2010.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Unitarias

[táboa]

Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 223, do 19 de novembro de 2010, na páxina 17.802, a táboa debe completarse coa que se mostra na corrección de erros incluída a continuación da orde.Véxase a ligazón á corrección de erros.

ANEXO II

[táboa]

Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 223, do 19 de novembro de 2010, na páxina 17.803, a táboa debe completarse coa que se mostra na corrección de erros incluída a continuación da orde.Véxase a ligazón á corrección de erros.

ANEXO III

Unidades específicas de EE

[táboa]

Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 223, do 19 de novembro de 2010, na páxina 17.804, a táboa debe completarse coa que se mostra na corrección de erros incluída a continuación da orde.Véxase a ligazón á corrección de erros.

ANEXO IV

Centros penitenciarios

[táboa]

Conforme a corrección de erros publicada no DOG núm. 223, do 19 de novembro de 2010, na páxina 17.804, a táboa debe substituírse pola que se mostra na corrección de erros incluída a continuación da orde.Véxase a ligazón á corrección de erros.

ANEXO V

Centros de menores

[figura]

Orde do 22 de outubro de 2021.

Artigo engadido:Anexo V engadido por artigo único

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia