lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Decreto 130/2021, do 7 de outubro, polo que se declara loito oficial en Galicia con motivo do falecemento do conselleiro de Facenda e Administración Pública, don Valeriano Martínez García.

Publicado en: DOG 194 Bis 07/10/2021

Departamento: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Estado: En vigor

PDF

Para manifestar o seu sentimento e o do pobo galego por causa do falecemento do conselleiro de Facenda e Administración Pública, don Valeriano Martínez García, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a dor dos seus membros e a de toda a cidadanía.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de outubro de dous mil vinte e un, DISPOÑO

DISPOÑO:

Artigo único

1. Declárase loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas do día 7 de outubro ata as 24.00 horas do día 9 de outubro de 2021.

2. Nos devanditos días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de outubro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia