lex.gal dereito galego consolidado

Norma Consolidada

Orde do 13 de agosto de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se suspende a exixencia da exhibición de documentación para o acceso a determinados establecementos prevista nela e na Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e se substitúe por unha regulación transitoria e provisional.

Publicado en: DOG 155 Bis 13/08/2021

Departamento: Consellería de Sanidade

Estado: En vigor

PDF

A eficacia da regulación transitoria e provisional establecida no punto primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto desta orde comezará ás 00.00 horas do día 17 de agosto, e estenderase ata o momento en que teña efectos a Orde do 13 de agosto de 2021 pola se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021.
No caso das celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 14 e 15 de agosto que xa estivesen concertados antes do día 13 de agosto, non serán aplicables as limitacións que sexan consecuencia da elevación do nivel de restrición, ben que estas celebracións e eventos deberán ser comunicados polos titulares dos establecementos á correspondente xefatura territorial da Consellería de Sanidade para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.

I

A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia fai necesario que as autoridades sanitarias autonómicas sigan adoptando determinadas medidas de prevención orientadas a conter a propagación da infección e dirixidas a facer fronte á crise sanitaria derivada da COVID-19.

Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020 sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. O obxecto dese acordo foi establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de sanidade. Establécese, ademais, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de conformidade coa normativa aplicable e en vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación das medidas concretas contidas no anexo do citado acordo.

Con base no disposto no citado punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, adoptáronse, mediante a Orde do 25 de xuño de 2021, unha serie de medidas que teñen por obxecto regular distintas actividades coa finalidade de que se poidan desenvolver en condicións de seguridade, minimizando ao máximo o risco de contaxio e a propagación da enfermidade.

Estas medidas específicas tradúcense, en moitos casos, no establecemento de capacidades máximas e na regulación destas, xa que se demostrou que para lograr o fin proposto resulta imprescindible evitar as aglomeracións e garantir o mantemento en todo momento da distancia de seguridade, reducindo o contacto físico ou a proximidade en condicións favorecedoras do contaxio. A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma exixiu modificar determinados aspectos da orde coa finalidade de adaptar as medidas contidas nela á realidade actual, o que se fixo mediante a Orde do 1 de xullo de 2021.

Posteriormente, mediante a Orde do 8 de xullo de 2021 introducíronse novas modificacións e prorrogouse a eficacia da Orde do 25 de xuño ata as 00.00 horas do 24 de xullo de 2021, e mediante a Orde do 15 de xullo de 2021 modificáronse a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Neste marco, e coa finalidade de que as medidas de prevención fronte á COVID-19 sigan adaptándose á evolución da situación epidemiolóxica, mediante a Orde do 22 de xullo de 2021 acometeuse unha nova prórroga e modificación da Orde do 25 de xuño, de conformidade coa previsión contida no punto noveno da citada Orde do 25 de xuño de 2021, segundo a cal, en cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nela deben ser obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria, e modificouse a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Mediante a Orde do 29 de xullo de 2021 modificouse o anexo II da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Finalmente, mediante a Orde do 5 de agosto de 2021 introducíronse novas modificacións e prorrogouse a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa vixencia se estende ata as 00.00 horas do día 21 de agosto.

Unha vez sentado o anterior, débese destacar que, en termos xerais, se mantén na Comunidade Autónoma a situación epidemiolóxica que motivou a adopción das medidas recollidas na citada orde, ben que resulta necesario introducir determinadas modificacións coa finalidade de adaptala á concreta evolución da situación epidemiolóxica de determinados concellos, coa finalidade de incluír no nivel de restricións que en cada caso corresponda os concellos en que variou a situación.

Así mesmo, debe terse en conta que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en dous autos notificados o día 12 de agosto de 2021, que resolven solicitudes de medidas cautelarísimas presentadas en recursos contencioso-administrativos presentados contra a Orde do 22 de xullo de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, denega as medidas de suspensión solicitadas, pero, nos seus fundamentos de dereito entende que as medidas referidas á obrigación de presentar un certificado emitido polo Servizo Público de Saúde que acredite as circunstancias que se apuntan en relación coa hostalaría e a restauración (vacinación, recuperación ou proba diagnóstica de infección activa negativa) requirirían de autorización xudicial preceptiva conforme o disposto na nova redacción do artigo 10.8 da LXCA dada pola Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais organizativas para facer fronte á COVID-19, por consideralas como medidas restritivas de dereitos. Polo exposto, o Tribunal entende que estas medidas carecen de vixencia na Comunidade Autónoma de Galicia, por canto non se someteron a autorización á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Administración autonómica considerou no seu día que o contido destas medidas non precisaba de autorización xudicial preceptiva, ao non limitar ou restrinxir dereitos fundamentais e basearse no artigo 38.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Porén, tendo en conta o criterio manifestado nestes autos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Administración autonómica considera que o procedente é solicitar, canto antes, a dita autorización, para evitar calquera dúbida en relación coa vixencia e eficacia da exixencia destes certificados e fomentar así a seguridade xurídica.

Debe lembrarse que, en todo caso, o empeño da Administración autonómica é garantir o libre exercicio das actividades económicas concernidas, compatibilizándoo coa maior seguridade sanitaria posible. Así mesmo, cabe lembrar que a exixencia deste certificado permitiu a apertura dos interiores da hostalaría e restauración en situacións en que antes estaban pechados, así como do lecer nocturno, en circunstancias en que antes estaba suspendida. Por iso, enténdese que a exixencia de certificados é, en todo caso, unha medida alternativa menos gravosa ao peche destas actividades.

Deste modo, mentres non se pronuncie o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a autorización da exixencia dos certificados anteditos, cuxa solicitude se presentou neste mesmo día debe suspenderse expresamente, por razóns de coherencia, a eficacia das previsións da regulación vixente en que se prevía a exixencia destes certificados, e substituír esta exixencia por unha regulación transitoria e provisional. Debe resaltarse o carácter transitorio e provisional desta regulación, que non prexulga, polo tanto, de ningún xeito, a conformación definitiva que terá esta regulación, no caso de non ser autorizada a medida de exixencia de certificados. Neste sentido, no caso de non autorizarse a medida de exixencia de certificados, esta regulación será revisada na próxima reunión do Comité Clínico. Para o comezo da eficacia desta regulación transitoria e provisional debe darse un tempo suficiente que permita o seu coñecemento e a adaptación a esta regulación dos sectores afectados.

II

A adopción das medidas contidas nesta orde vén determinada pola evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria da Comunidade Autónoma. Así resulta do informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 11 de agosto de 2021, do cal se destacan os seguintes datos:

En relación coa situación epidemiolóxica de Galicia, o número reprodutivo instantáneo (Rt), que indica o número de contaxios orixinados por un caso activo, está por debaixo do 1, o que indica unha diminución na transmisión da infección. Todas as áreas están por debaixo do 1, agás as da Coruña e Ferrol que superan o 1.

Do total de concellos de Galicia, 32 non notificaron casos nos últimos 14 días. O número de concellos sen casos nos últimos 7 días foi de 60. Isto supón un aumento en 10 concellos a 14 días e en 16 concellos a 7 días desde hai unha semana, que era de 135 e 180, a 14 e 7 días.

Entre o 27 de xullo e o 2 de agosto, realizáronse 78.745 probas diagnósticas de infección activa polo virus SARS-CoV-2 (54.269 PCR e 24.476 test de antíxenos) cunha porcentaxe de positividade a sete días do 11,57 %, o que supón un descenso do 7,5 %, respecto a entre o 20 e o 26 de xullo, que era do 12,51 %.

A incidencia acumulada a 7 e 14 días é de 253 e 547 casos por cen mil habitantes, respectivamente, valores inferiores aos observados hai unha semana, en que eran de 294 e 628 casos por cen mil habitantes, respectivamente (descenso do 14 % a 7 días e do 13 % a 14 días).

A tendencia diaria mostra, desde o 1 de marzo, un primeiro tramo de crecemento lento, cunha porcentaxe de cambio diaria (PCD) do 0,6 %, un segundo tramo decrecente, a un ritmo non moi rápido, cunha PCD do -2,2 %, e un terceiro, a partir do 19 de xuño, de crecemento cunha PCD do 11,2 %, e a partir do 17 de xullo un decrecemento lento cunha PCD do -1,4 %.

En canto á evolución por grupos de idade, obsérvase que a incidencia acumulada nos grupos de idade de 12 a 39 anos está descender, especialmente nos de 20 a 39 anos. Non obstante estase a observar un incremento na incidencia dos grupos de idade de 70 e máis anos. O incremento observado nos de 0 a 11 anos parece que se estabiliza, o mesmo que nos grupos de 40 a 69 anos.

Así, segundo o modelo de predición espérase un descenso tanto a 7 como a 14 días, aínda que a 7 días semella que haberá unha ralentización. Non obstante, hai que tomalo con precaución, pois a amplitude dos intervalos de confianza volveu ampliarse, o que implicaría que a evolución podería ir en calquera sentido (ascende, estabilízase, descende).

No que respecta á situación das áreas sanitarias, as taxas a 14 días están entre os 330,67 casos por 100.000 habitantes de Ourense e os 719,61 da Coruña. As taxas de incidencia a 14 días seguen a diminuír con respecto ás de hai 7 días, agás nas áreas sanitarias da Coruña (onde aumentan a 7 e 14 días) e na de Ferrol (que aumenta a 7 días, aínda que en menor medida). As áreas de Santiago e Ourense baixaron de 150 casos por 100.000 habitantes a 7 días.

No que respecta á hospitalización dos casos COVID-19, a media de pacientes en hospitalización de agudos nos últimos 7 días foi de 233,4, o que significa un descenso do -1,0 % con respecto ás de hai sete días. A taxa de pacientes en hospitalización de agudos é de 8,6 ingresados por 100.000 habitantes, cun descenso, tamén, do -1,0 % con respecto a hai 7 días. En canto aos ingresos COVID-19 nas unidades de críticos (UCI) nos últimos 7 días, a media foi de 49,1 e a taxa a 7 días de ingresados nas UCI é de 1,8 ingresados por 100.000 habitantes, o que supón un aumento do 37,6 % con respecto a hai sete días, tanto na media como na taxa.

As defuncións pola COVID-19 están a aumentar, aínda que a onda está a descender, debido a que tanto as hospitalizacións como as defuncións levan un atraso a respecto da incidencia de casos.

No que se refire á situación epidemiolóxica dos concellos de Galicia, naqueles con poboación igual ou maior de 10.000 habitantes (54), 34 presentan unha taxa axustada de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por cen mil habitantes, fronte aos 43 do informe anterior, 3 superan os 500 casos por 100.000 habitantes, Viveiro, O Grove e Sanxenxo. Pola súa banda, dos concellos de menos de 10.000 habitantes (259), 69 presentan unha taxa axustada de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por cen mil habitantes, fronte aos 61 de hai unha semana. Deles, 8 presentan taxas axustadas de incidencia iguais ou superiores a 500 casos por cen mil habitantes (A Capela, Cee, Fisterra, Pontedeume, Alfoz, A Pobra do Brollón, Larouco e Riós).

No que atinxe ás comarcas, só a comarca de Fisterra se atopa no nivel máximo. No nivel alto están as comarcas de: Vigo, O Salnés, Pontevedra, O Morrazo, O Condado, O Baixo Miño, Verín, Terra de Caldelas, A Ulloa, A Mariña Occidental, A Mariña Central, Lugo, Chantada, Terra de Soneira, Muros, Eume, Betanzos e Bergantiños.

En relación coas variantes do virus SARS-CoV-2, desde a posta en marcha da vixilancia da prevalencia das variante en Galicia, baseada na aplicación dunhas PCR específicas sobre unha mostra aleatoria das mostras positivas para SARS-CoV-2 por PCR da semana previa, identificadas nos servizos de microbioloxía dos hospitais CHUAC, CHUS, CHUVI, CHUO, HULA e Vithas (Vigo), na semana epidemiolóxica 30/2021 (do 26 de xullo ao 1 de agosto), a porcentaxe de positividade para a posible variante Alfa foi dun 15 % (IC95 %: 14-17 %) e para a variante Delta foi do 82 % (IC95 %: 81-84 %).

Polas diferenzas nas fraccións de mostraxe entre áreas sanitarias, a prevalencia axustouse ao número de casos en cadansúa área, que é notablemente diferente á prevalencia sen axustar 90 % (IC95 %: 89-91 %) e 9 % (IC95 %: 8-10 %) para as variantes Delta e Alfa, respectivamente.

Ata a semana 30, incluída, das variantes de preocupación (VOC) identificáronse 921 casos da variante Alfa con secuenciación completa; da variante Beta (B.1.351 ou surafricana), 34 por secuenciación completa; da variante Gamma (P1 ou brasileira), 82 casos por secuenciación completa; e da variante Delta (B.1.617.2 ou india), 227 casos. Ademais das VOC, tense constancia de 4 mostras coa variante Eta (B.1.525 ou nixeriana); 9 mostras coa variante Iota (B.1.526 ou de Nova York); 21 mostras coa variante Lambda (C.37) e 26 mostras con variante B.1.621 (colombiana).

O informe conclúe que a taxa de incidencia diminúe tanto a 7 como a 14 días. A tendencia amosou un novo cambio cara ao descenso, cunha porcentaxe de cambio diaria do -1,4 %, a partir do 17 de xullo. O Rt no global de Galicia segue por debaixo do 1. A taxa de incidencia a 14 días, no global de Galicia, está nos 547 casos por cen mil habitantes. Todas as áreas sanitarias diminúen a súa incidencia tanto a 7 como a 14, agás a da Coruña que aumenta a 7 e 14, e a de Ferrol, que o fai a 7 días.

No que atinxe aos concellos de máis de 10.000 habitantes, xa aplicando o axuste de taxas, hai 32 concellos con taxas de incidencia a 14 días iguais ou superiores a 250 casos por cen mil habitantes. Nos de menos de 10.000 hai 60 concellos que superen unha taxa de incidencia de 250 casos por cen mil habitantes.

Neste momento, a variante Delta é a prevalente e a prevalencia da Alfa segue a diminuír. O feito de que a variante Delta teña unha maior transmisibilidade explica, entre outros posibles motivos, a alta incidencia.

Cómpre indicar que o criterio que se vén utilizando para determinar os niveis de restrición aplicables a cada un dos concellos da Comunidade Autónoma é, ademais do da situación sanitaria, o da taxa de incidencia acumulada segundo os casos por cada 100.000 habitantes, tanto a 14 días como a 7 días; esta última permite reaccionar con maior rapidez e eficacia fronte aos gromos.

Desta maneira establecéronse os seguintes niveis de restricións: nivel de restricións máximo, alto, medio e medio-baixo.

Atendendo ás taxas de incidencia acumulada a 14 días, sitúanse no nivel medio-baixo os concellos con taxas por debaixo dos 150 casos por cada 100.000 habitantes; no medio, os concellos con taxas que se atopen entre os 150 e por debaixo dos 250 casos por cada 100.000 habitantes; no alto, os concellos con taxas que se atopen entre os 250 e por debaixo dos 500 casos por cada 100.000 habitantes, e no nivel de restrición máxima, os concellos cuxas taxas de incidencia acumulada sexan máis de 500 casos por 100.000 habitantes.

Pola súa banda, atendendo ás taxas de incidencia acumulada a 7 días, sitúanse no nivel medio-baixo os concellos que se atopen por debaixo dos 75 casos por cada 100.000 habitantes; no medio, os concellos que se atopen entre os 75 e por debaixo dos 125 casos por cada 100.000 habitantes; no nivel alto, os concellos que se atopen entre os 125 e por debaixo dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, e no nivel de restrición máxima, os concellos cuxas taxas de incidencia acumulada sexan máis de 500 casos por 100.000 habitantes.

A taxa de incidencia acumulada non é o único criterio que se ten en conta para determinar o nivel aplicable a cada concello, xa que este dato se modula en función doutros factores e da análise da situación do propio concello. Así, o criterio da incidencia vese completado coa consideración de criterios demográficos (pois debe terse en conta que en concellos de escasa poboación poucos casos poden dar lugar a taxas moi elevadas, que deben ser postas no debido contexto). Ademais, os servizos de saúde pública e o Comité e o Subcomité Clínico veñen analizando as características específicas de cada gromo. Neste sentido, vénse prestando unha especial atención á existencia de gromos non controlados ou de casos sen vínculo epidemiolóxico, así como ao feito de que non se observe unha melloría clara na evolución da situación epidemiolóxica.

Actualmente, o avance da campaña de vacinación masiva esta a conseguir protexer a poboación e retomar actividades económicas e sociais ata o de agora limitadas para evitar un maior número de contaxios. Non obstante, e mentres non se alcance a inmunidade de grupo, é necesario seguir adoptando medidas preventivas e de control que permitan garantir as máximas condicións de seguridade e reducir o risco de contaxio e propagación da COVID-19. Estas medidas deben ser adecuadas e eficaces de acordo coa evolución da situación epidemiolóxica e de capacidade do sistema asistencial.

Tendo en conta o expresado en relación con que existe unha porcentaxe moi elevada de poboación vacinada, o cal permitiu unha redución importante de hospitalizacións e falecementos, foi necesario actualizar os indicadores de risco establecidos antes do inicio da campaña de vacinación. Deste xeito, a partir da adopción destes novos criterios, as medidas de prevención e control pretenden adaptarse ao novo escenario en que nos atopamos, onde prevalecen os casos entre a poboación máis nova, na cal unha porcentaxe maioritaria non ten consecuencias clínicas importantes. Neste sentido, saliéntase que dous terzos dos casos se están a dar entre os 15 e os 39 anos de idade e que existe un menor risco de padecer a enfermidade grave nesas franxas de idade.

Na situación actual concorren, en definitiva, determinadas circunstancias que aconsellan axustar as taxas de incidencia acumulada mediante a aplicación dun factor de corrección baseado no risco de ingreso hospitalario, xa que a situación da carga asistencial hospitalaria é, neste momento, de 3,2 e 0,6 ingresos por 100.000 habitantes en hospitalización de agudos e en unidades de críticos, respectivamente, a pesar das taxas de incidencia elevadas que se están a observar. Isto indica que a onda ten un menor impacto nos ingresos pola COVID-19, o que se atribúe aos factores aludidos de vacinación dos maiores e á idade dos casos.

Para reflectir este feito, a partir da adopción deste novo criterio, a incidencia acumulada global a 14 e 7 días axustarase segundo evolucione o risco de ingreso en cada momento. A consideración do risco de ingreso como factor permitirá manter os niveis de restricións establecidos na súa forma actual (nivel máximo, nivel alto, nivel medio e nivel medio-baixo), pero cunha actualización dos valores que provocan a entrada nun ou noutro nivel segundo o factor expresado do risco de ingreso, o que permitirá ter en conta en cada momento de forma dinámica os efectos positivos do avance da campaña de vacinación.

Para determinar nesta orde os concellos de nivel de restrición máximo e alto tivéronse en conta as taxas de incidencia a 14 e 7 días axustadas, mais mantendo as mesmas taxas de incidencia previas ao axuste.

A metodoloxía utilizada para o cálculo da incidencia acumulada axustada por risco de ingreso parte do cálculo dun factor de corrección que se interpreta como o risco relativo de ingreso no período comprendido entre agosto de 2020 e marzo de 2021 (período de referencia) comparado co momento actual. Este factor é superior a 1, debido á vacinación e á diferente distribución por idade dos casos, que actualmente se concentran fundamentalmente na poboación de 15 a 29 anos. Para axustar a incidencia a 7 e 14 días dos concellos, divídese a taxa bruta polo factor de corrección.

O factor de corrección calcúlase, para cada día, como o cociente entre a taxa bruta de ingresos nos últimos 28 días e a taxa axustada por idade, aplicando o método directo e usando como poboación estándar o número de casos do período de referencia.

A taxa bruta de ingresos a 28 días é a porcentaxe de casos que ingresaron entre os casos con diagnóstico por PCR ou tests de antíxenos acumulados nos últimos 28 días. As taxas específicas de ingreso por idade calcúlanse do mesmo xeito pero no grupo de idade correspondente.

A taxa axustada de ingresos calcúlase aplicándolle as taxas específicas de ingreso por idade a 28 días á poboación de referencia. A suma dos valores obtidos por idade divídese entre o total de casos do período de referencia (97.996) e o resultado interprétase como a porcentaxe de casos que terían ingresado se tivesen a mesma distribución por idade ca no período de referencia (taxa de ingresos axustada).

Igualmente, para o descenso de nivel de restrición, terase en conta a evolución das súas taxas de incidencia que indique un claro descenso desta e se a aparición de casos novos entra dentro do esperado no contexto dos gromos que se estean a desenvolver nos concellos.

A cada un dos distintos niveis de restrición seranlle de aplicación as medidas xerais e específicas previstas para cada caso nas disposicións vixentes, aprobadas polas autoridades sanitarias competentes, tendo en conta, ademais, que no día de hoxe está cientificamente constatado que, mentres non exista unha alta cobertura poboacional de vacinación, as intervencións non farmacolóxicas son as intervencións de saúde pública máis efectivas contra a COVID-19, medidas que se poderán ir suavizando na súa aplicación en vista da situación epidemiolóxica no territorio e do aumento da cobertura vacinal.

Debe destacarse, ao fío do anterior, que Galicia conta cunha poboación especialmente envellecida, cunha porcentaxe de persoas de 65 e máis anos (ano 2020) do 25,4 % fronte ao 19,6 % do conxunto de España.

Porén, tamén hai que ter en consideración que, aínda que esta cobertura se obteña en determinados grupos, a distribución poboacional pode ser desigual, se se ten en conta toda a poboación e non os grupos de idade prioritarios que se están a vacinar en primeiro lugar. Tampouco se pode esquecer que mentres non se consiga conter a pandemia no mundo, con países con alta circulación do virus, poden aparecer novas variantes do virus que poidan ter a capacidade de escapar á inmunidade proporcionada polas vacinas actuais. Ademais, a circulación da variante Delta pode facer que haxa escape á inmunidade naquelas persoas que non estean completamente vacinadas e certo escape nas completamente vacinadas, sen esquecer que esta variante se considera que é un 40-60 % máis transmisible que a variante Alfa.

Non obstante, estas medidas aplicaranse con criterios epidemiolóxicos pero tamén de proporcionalidade e estarán en vixencia só polo tempo preciso para asegurar que a evolución desta situación epidemiolóxica é boa e se está a cortar a transmisión, que é o obxectivo destas medidas.

En atención ao exposto, tendo en conta o indicado no citado informe da Dirección Xeral de Saúde Pública e logo de escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, acórdase manter no nivel máximo de restrición, o concello do Grove, pola súa taxa axustada de incidencia a 14 días e á espera de que a evolución da súa situación epidemiolóxica consolide o descenso da incidencia.

Pola súa banda, descenden ao nivel alto de restrición, desde o máximo actual, os concellos de Muros, Burela, Foz, Meaño e Sanxenxo, pola súa taxa axustada a 14 días. Tamén descenden ao nivel alto de restricións, pola súa taxa axustada a 7 e 14 días, os concellos de Baiona e Viveiro.

Mantéñense no nivel alto de restrición os concellos da Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carballo, Culleredo, Oleiros, Sada, Ames, Ferrol, Lugo, Ribadeo, Xove, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilagarcía de Arousa, A Guarda, Nigrán, O Porriño, Redondela, Tui e Vigo, polas súas taxas axustadas a 7 e 14 días. Tamén se manteñen no nivel alto de restrición, polas súas taxas a 14 días, os concellos de Ribeira, Chantada, O Barco de Valdeorras, Verín, Poio, Vilaboa, Gondomar e Salvaterra de Miño. A pesar de que as súas taxas a 7 días están a mellorar considérase preciso que continúen neste nivel ata asegurar o descenso na súa incidencia, co fin de evitar que a súa incidencia volva ascender.

Tamén se manteñen neste nivel alto, aínda que as súas taxas a 7 e 14 días indican o nivel máximo, os concellos de Cee, Fisterra e Pontedeume, xa que os casos nestes tres concellos están asociados a gromos de orixe coñecida, está a mellorar a incidencia a 7 días nos concellos de Cee e Pontedeume e, no concello de Fisterra, os poucos casos novos que se deron desde hai unha semana son en contactos xa corentenados, polo que se considera que este nivel sería suficiente para estes tres concellos.

Ascenden ao nivel alto de restrición, desde o nivel medio en que estaban, os concellos de Miño, Outeiro de Rei, Arbo, As Neves e Tomiño, polas súas taxas a 7 e 14 días. Nestes concellos observouse que os seus casos case se duplicaron nunha semana, a pesar de atoparse xa no nivel medio. No caso de Tomiño, ademais, acababa de descender do nivel alto ao medio, tal como indicaban as súas taxas naquel momento. O concello de Laxe, desde o nivel medio, aínda que a súa taxa a 7 días indica o nivel máximo, debido a que se trata dun concello pequeno en que poucos casos aumentan rapidamente a súa incidencia, polo que se considera que, polo de agora, sería suficiente o nivel alto de restricións.

Igualmente, ascende ao nivel alto desde o nivel medio-baixo actual, e non ao máximo que indica a súa taxa a 7 días, o concello de Malpica de Bergantiños, xa que a maior parte dos casos están asociados a un gromo relacionado co ocio nocturno e o resto de casos ou son importados doutras provincias ou están agrupados en pequenos gromos de orixe coñecida. Polo tanto, considérase que este nivel, polo de agora podería ser suficiente para o control da súa incidencia.

Tamén ascende ao nivel alto de restrición, e non o máximo que indica a súa taxa a 7 días, o concello de Cabanas (no nivel medio-baixo actualmente), posto que se considerou necesario ver a evolución da súa incidencia antes de ascendelo ao nivel máximo, xa que se trata dun concello con pouco menos de 3.000 habitantes.

Mantéñense no nivel medio de restricións, polas súas taxas a 7 e 14 días, os concellos de Bergondo, Curtis, Carnota, Rianxo, Silleda, As Pontes de García Rodríguez, Cedeira, Guitiriz, Mondoñedo, Sarria, Vilalba, Coles, Caldas de Reis, Catoira, Cangas, Ponteareas e Salceda de Caselas; pola súa taxa a 14 días, os concellos de Oroso e Celanova; tamén se manteñen neste nivel o concello de Corcubión, aínda que a súa taxa a 7 días indica o nivel máximo, xa que os seus casos están dentro dun gromo de orixe controlada. Ademais, trátase dun concello con pouca poboación en que poucos casos aumentan a súa incidencia de xeito artificial.

Igualmente, segue no nivel medio o concello de Riós, aínda que a súa taxa a 14 días indica o nivel máximo, xa que sae trata dun concello de pouca poboación e no cal os casos xa están a diminuír, polo que se considera que, dadas as características do concello, pode manterse neste nivel e non ir a niveis superiores. O mesmo ocorre cos concellos de Coristanco, Muxía, Oza-Cesuras, Vimianzo, Touro, Cospeito, A Rúa, Monterrei, Xinzo de Limia, A Lama, Cuntis e Mondariz, a pesar de que as súas taxas a 7 e/ou 14 días indican o nivel alto. Nestes concellos a evolución da súa situación epidemiolóxica nos últimos 7 días é boa, polo que se considera que poden manterse neste nivel sen necesidade de ascendelos ao nivel alto que indican as súas taxas, xa que, polo de agora, parece suficiente este nivel medio para o control da incidencia neles. En xeral, son concellos pequenos ou medianos, agás o de Xinzo de Limia que é o que rolda os 10.000 habitantes, pero no cal os casos se deben a gromos de orixe coñecida e controlados, polo que as medidas de nivel medio parecen axeitadas para o control.

Mantéñense no nivel medio os concellos de Narón e Neda, aínda que a súa taxa a 7 días aumentou en ambos os concellos desde hai unha semana, porque se considera, no caso de Narón, que é un concello de case 40.000 habitantes, que se pode esperar a ver a evolución da súa situación epidemiolóxica antes de ascendelo ao nivel alto e, no caso de Neda, concello con pouca poboación, tamén se pode esperar. Non obstante estes concellos manteranse en vixilancia nos vindeiros días, por se é preciso ascendelos.

Ascenden ao nivel medio de restricións, desde o nivel medio-baixo, os concellos de Paderne e Ponteceso, aínda que a súa taxa a 7 días indica o nivel máximo, xa que se considera que se podería esperar a ver a evolución da súa situación epidemiolóxica debido a que os seus casos están en gromos de orixe coñecida e deberíase manter a vixilancia sobre eles antes de ascendelos a un nivel superior. O mesmo sucede cos concellos de Abegondo, Cabana de Bergantiños, Coirós, Ares e Pazos de Borbén, nos cales as súas taxas indicarían o nivel alto, pero non se trata de concellos grandes, e nos cales ademais os casos están ben asociados a gromos ou se trata de casos importados doutras provincias, polo que se podería considerar, de momento, este nivel medio de restricións e non o alto que indican as súas taxas de incidencia.

Tamén se sitúan no nivel medio, tal como indican as súas taxas a 7 e/ou 14 días, os concellos de Camariñas, Carral, Cerceda, Fene e Allariz.

Descende desde o nivel máximo ao nivel medio de restricións o concello de Monterroso, a pesar de que a súa taxa a 14 días indica o nivel alto, xa que a súa taxa a 7 días xa é de nivel medio-baixo e os casos, que formaban parte dun gromo de orixe coñecida, xa están a diminuír, polo que, dado o tamaño deste concello considérase que podería descender ao nivel medio en vez de ao alto. Tamén descenden desde o nivel alto ao medio os concellos de Palas de Rei e Avión, aínda que as súas taxas seguen a indicar este nivel alto, xa que se trata de concellos que teñen os gromos xa controlados, cos casos a diminuír, sen apareceren casos novos e tratarse de concellos con pouca poboación. Así mesmo, descende ao nivel medio desde o nivel alto o concello da Illa de Arousa, aínda que a súa taxa a 7 e 14 días indique o nivel alto, posto que este concello ten a taxa a 7 días preto do límite inferior do rango da taxa a 7 días. Este concello foi evolucionando ben e a súa situación epidemiolóxica está a mellorar, tal como indica a non aparición de casos novos e a diminución dos casos a 14 días.

Finalmente, descenden desde o nivel alto ao nivel medio de restricións os seguintes concellos, tal como indican as súas taxas: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Santiago de Compostela, Teo, Valga, Cariño, Ortigueira, Cervo, Monforte de Lemos, O Carballiño, Ourense, Barro, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Moaña, Mos e O Rosal.

Para o resto de concellos de Galicia recoméndase o nivel medio-baixo de restricións.

A eficacia desta orde comezará ás 00.00 horas do día 14 de agosto de 2021 e estenderase durante o período en que se manteña a eficacia da Orde do 25 de xuño de 2021, sen prexuízo do seguimento e da avaliación continua a que está sometida co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

III

As medidas que se adoptan nesta orde teñen o seu fundamento normativo no artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e nos artigos 34 a 38.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, a persoa titular da Consellería de Sanidade ten a condición de autoridade sanitaria, polo que é competente para adoptar as medidas de prevención específicas para facer fronte ao risco sanitario derivado da situación epidemiolóxica existente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa urxencia que a protección da saúde pública demanda.

Na súa virtude, en aplicación do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Suspensión da exixencia da exhibición de documentación para o acceso a determinados establecementos prevista na Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e na Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e substitución por unha regulación transitoria e provisional

1. Suspéndese a exixencia da exhibición de documentación para o acceso a determinados establecementos prevista nos números 3.22, III.2.1. e III.2.7 do punto 4.1 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, así como no número 4.1 do anexo da Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

2. A exixencia desta documentación substituirase pola regulación transitoria e provisional establecida nos puntos segundo, terceiro, cuarto e quinto desta orde.

3. Sen prexuízo do indicado, as autoridades sanitarias, coa finalidade de compatibilizar o desenvolvemento das correspondentes actividades coa seguridade sanitaria e asegurar un nivel elevado de protección da cidadanía, recomendan que só se acceda ao interior dos locais de hostalaría e restauración e xogos e apostas situados nos concellos con nivel alto de restrición, recollidos na letra B do anexo II da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, cando cumpra algunha das seguintes condicións:

1º. Que a persoa conta coa pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.

2º. Que a persoa dispón dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/ C 24/01, do Consello de Europa. A proba debe ser realizada nas últimas 72 horas anteriores.

3º. Que a persoa se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 diagnosticada e está no período comprendido entre o día 11 e o 180, ambos incluídos, despois da PDIA positiva.

Segundo. Modificación das letras a) e b) do parágrafo 1 do punto 3.22 (hostalaría e restauración) do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Modifícanse as letras a) e b) do parágrafo 1 do punto 3.22 (hostalaría e restauración) do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que quedan redactadas como segue:

«a) Nos concellos enumerados na letra A do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co cincuenta por cento da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez. Estes establecementos permanecerán pechados ao público para o consumo no interior do local.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, as agrupacións de mesas, e a ocupación máxima será de dez persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas. Así mesmo, controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos que se determinan para este caso no número 2 deste punto e nas medidas aprobadas pola consellería competente en materia de sanidade no marco do Plan de hostalaría segura, e sen que se poidan admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.

b) Nos concellos enumerados na letra B do anexo II da presente orde, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio e de terraza co cincuenta por cento da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do trinta por cento. Non se poderá prestar servizo na barra.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, as agrupacións de mesas, e a ocupación máxima será de seis persoas no interior e dez persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas. Así mesmo, controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

O horario de peche ao público será ás 23.00 horas. Os establecementos que utilicen a opción de ampliar o seu horario ata a 1.00 horas deberán cumprir os requisitos que se determinan para este caso no número 2 deste punto e nas medidas aprobadas pola consellería competente en materia de sanidade no marco do Plan de hostalaría segura, e sen que se poidan admitir novos clientes a partir das 00.00 horas».

Terceiro. Modificación dos números 1 e 2 da epígrafe III.2.1 do punto 4.1 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

Modifícanse os números 1 e 2 da epígrafe III.2.1 do punto 4.1 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que quedan redactados como segue:

«1. Nos concellos enumerados na letra A do anexo II, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, estarán pechados temporalmente.

2. Nos concellos enumerados nas letras B, C e D do anexo II, os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade. Nos concellos enumerados na letra B do anexo II non se poderá superar o 30 % da súa capacidade permitida. Nos concellos enumerados na letra C e D do anexo II non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade permitida».

Cuarto. Regulación transitoria dos establecementos de lecer nocturno

Durante o período a que se estenda a eficacia desta regulación, de acordo co establecido no número 1 do punto sétimo desta orde, e en substitución do disposto na letra a) do número 2 da epígrafe III.2.7 do punto 4.1 do anexo I da Orde de 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e en substitución das capacidades máximas establecidas no número 4.3.2 do anexo da Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, os establecementos de lecer nocturno, situados nos concellos enumerados na letra C do anexo II da dita orde, poderán prestar servizos de terraza co cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Os establecementos situados nos concellos enumerados na letras D do anexo II poderán prestar servizos de terraza co cen por cento da capacidade máxima permitida. En ambos os casos, para o servizo no interior a ocupación máxima será do trinta por cento da capacidade máxima permitida.

Quinto. Suprímese a letra j) do número 2 da epígrafe III.2.7 do punto 4.1 do anexo I da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación

Sexto. Modifícase o anexo II da Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado segundo o anexo desta orde

Sétimo. Eficacia

1. As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 14 de agosto. Porén, a eficacia da regulación transitoria e provisional establecida no punto primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto desta orde comezará ás 00.00 horas do día 17 de agosto, e estenderase ata o momento en que teña efectos a Orde do 13 de agosto de 2021 pola se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire ás medidas de prevención consistentes na exhibición de documentación para o acceso a determinados establecementos, que será obxecto de publicación, se é o caso, unha vez que sexa autorizada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. No caso de non ser autorizada a orde citada, a eficacia desta regulación transitoria e provisional manterase ata súa substitución polas correspondentes medidas de prevención que estableza a Consellería de Sanidade.

2. No caso das celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 14 e 15 de agosto que xa estivesen concertados antes do día 13 de agosto, non serán aplicables as limitacións que sexan consecuencia da elevación do nivel de restrición, ben que estas celebracións e eventos deberán ser comunicados polos titulares dos establecementos á correspondente xefatura territorial da Consellería de Sanidade para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.

3. En cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas previstas nesta orde serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2021

Julio García Comesaña

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

«ANEXO II

A) Concellos con nivel de restrición máxima:

Grove (O)

B) Concellos con nivel de restrición alta:

Ames

Arbo

Arteixo

Baiona

Barco de Valdeorras (O)

Betanzos

Bueu

Burela

Cabanas

Cambados

Cambre

Carballo

Cee

Chantada

Coruña (A)

Culleredo

Ferrol

Fisterra

Foz

Gondomar

Guarda (A)

Laracha (A)

Laxe

Lugo

Malpica de Bergantiños

Marín

Meaño

Meis

Miño

Muros

Neves (As)

Nigrán

Oleiros

Outeiro de Rei

Poio

Pontedeume

Pontevedra

Porriño (O)

Portas

Redondela

Ribadeo

Ribeira

Sada

Salvaterra de Miño

Sanxenxo

Soutomaior

Tomiño

Tui

Verín

Vigo

Vilaboa

Vilagarcía de Arousa

Viveiro

Xove

C) Concellos con nivel de restrición media:

Abegondo

Allariz

Ares

Avión

Barro

Bergondo

Boiro

Cabana de Bergantiños

Camariñas

Cangas

Carballiño (O)

Cariño

Carnota

Carral

Catoira

Cedeira

Celanova

Cerceda

Cervo

Coirós

Coles

Corcubión

Coristanco

Cospeito

Cuntis

Curtis

Fene

Guitiriz

Illa de Arousa (A)

Lama (A)

Melide

Moaña

Mondariz

Mondoñedo

Monforte de Lemos

Monterrei

Monterroso

Mos

Muxía

Narón

Neda

Oroso

Ortigueira

Ourense

Oza-Cesuras

Paderne

Padrón

Palas de Rei

Pazos de Borbén

Pobra do Caramiñal (A)

Ponteareas

Ponte Caldelas

Ponteceso

Pontes de García Rodríguez (As)

Rianxo

Riós

Rosal (O)

Rúa (A)

Salceda de Caselas

Santiago de Compostela

Sarria

Silleda

Teo

Touro

Valga

Vilalba

Vilanova de Arousa

Vimianzo

Xinzo de Limia

D) Concellos con nivel de restrición media-baixa:

Abadín

Agolada

Alfoz

Amoeiro

Antas de Ulla

Aranga

Arnoia (A)

Arzúa

Baleira

Baltar

Bande

Baña (A)

Baños de Molgas

Baralla

Barbadás

Barreiros

Beade

Beariz

Becerreá

Begonte

Blancos (Os)

Boborás

Bola (A)

Bolo (O)

Boqueixón

Bóveda

Boimorto

Brión

Calvos de Randín

Camariñas

Campo Lameiro

Cañiza (A)

Capela (A)

Carballeda de Avia

Carballeda de Valdeorras

Carballedo

Cartelle

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Castro de Rei

Castroverde

Cenlle

Cerdedo-Cotobade

Cerdido

Cervantes

Chandrexa de Queixa

Corgo (O)

Cortegada

Covelo

Crecente

Cualedro

Dodro

Dozón

Dumbría

Entrimo

Esgos

Estrada (A)

Folgoso do Courel

Fonsagrada (A)

Forcarei

Fornelos de Montes

Frades

Friol

Gomesende

Gudiña (A)

Guntín

Incio (O)

Irixo (O)

Irixoa

Lalín

Láncara

Larouco

Laza

Leiro

Lobeira

Lobios

Lourenzá

Lousame

Maceda

Manzaneda

Mañón

Maside

Mazaricos

Meira

Melón

Merca (A)

Mesía

Mezquita (A)

Moeche

Mondariz-Balneario

Monfero

Montederramo

Moraña

Mugardos

Muíños

Muras

Navia de Suarna

Negreira

Negueira de Muñiz

Nogais (As)

Nogueira de Ramuín

Noia

Oia

Oímbra

Ordes

Ourol

Outes

Paderne de Allariz

Padrenda

Pantón

Parada de Sil

Paradela

Páramo (O)

Pastoriza (A)

Pedrafita do Cebreiro

Pereiro de Aguiar (O)

Peroxa (A)

Petín

Pino (O)

Piñor

Pobra de Trives (A)

Pobra do Brollón (A)

Pol

Pontecesures

Pontedeva

Pontenova (A)

Porqueira

Porto do Son

Portomarín

Punxín

Quintela de Leirado

Quiroga

Rábade

Rairiz de Veiga

Ramirás

Ribadavia

Ribadumia

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riotorto

Rodeiro

Rois

Rubiá

Samos

San Amaro

San Cibrao das Viñas

San Cristovo de Cea

Sandiás

San Sadurniño

Santa Comba

Santiso

San Xoán de Río

Sarreaus

Saviñao (O)

Sober

Sobrado

Somozas (As)

Taboada

Taboadela

Teixeira (A)

Toén

Toques

Tordoia

Trabada

Trasmiras

Trazo

Triacastela

Valadouro (O)

Val do Dubra

Valdoviño

Vedra

Veiga (A)

Verea

Viana do Bolo

Vicedo (O)

Vila de Cruces

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Vilar de Barrio

Vilar de Santos

Vilardevós

Vilariño de Conso

Vilarmaior

Vilasantar

Xermade

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Espadanedo

Zas»

Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico. Está elaborado unicamente a partir das normas publicadas en Lex.gal. Consulte a información contida ao respecto na sección de preguntas frecuentes.

Universidade de Santiago de Compostela
Parlamento de Galicia
Xunta de Galicia