Decreto 21/1999, do 5 de febreiro, polo que se regula a utilización da rede Internet pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia
NORMA CONSOLIDADA
- Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ó cidadán
- Capitulo II derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 3 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 4 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 5 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 6 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 7 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención á cidadanía
- Capitulo II derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 3 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 4 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 5 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 6 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Artígo 7 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
- Decreto 201/2011, do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia na internet
- Derrogado por disposición derrogatoria única.
A irrupción de Internet como ferramenta de comunicación nos últimos anos e o continuo incremento na súa utilización por parte da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia fai necesaria a introducción dunha normativa que regule a utilización desta nova canle por parte da Administración galega e do persoal ó seu servicio.
Esta regulación ten que ter en conta que Internet constitúe unha nova alternativa para achega–la Administración ó cidadán e incrementa–los servicios que presta, pero, ó mesmo tempo, que é unha posible vía para a incorrecta utilización dos datos subministrados polos cidadáns á Administración, que debe protexerse do acceso e uso indebido.
Así mesmo, a utilización de Internet como ferramenta para o traballo diario dentro da Administración debe ser regulada, para que a utilización deste novo recurso sirva para mellora–lo funcionamento interno e o servicio prestado ós cidadáns.
Para iso, establécese a Rede Corporativa da Xunta de Galicia, como único medio de acceso a Internet para os servicios que se encontren integrados naquela, co fin de garanti–la seguridade, confidencialidade e continuidade da información e dos servicios virtuais que se establezan. Con isto, proponse unha plataforma única de acceso que poida ser máis facilmente protexible e sirva tamén de correa de transmisión dos novos avances tecnolóxicos que poidan incorporarse con carácter corporativo.
Por último, cómpre regula–lo papel da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia como difusora e impulsora desta nova tecnoloxía no ámbito territorial da súa competencia.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove,
DISPOÑO:
CAPÍTULO I Disposición xerais
Artigo 1º.
A presente norma ten por obxecto regula–la utilización da rede Internet pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no exercicio das súas competencias e no desenvolvemento das súas actividades tanto no ámbito interno dela como nas súas relacións cos cidadáns.
Artigo 2º.
1. Para os efectos da presente norma, enténdese por Rede Corporativa da Xunta de Galicia o conxunto dos recursos e sistemas que serven de plataforma para a comunicación electrónica entre os distintos servicios da Administración autonómica e entre estes e o exterior, así como os que, dando servicio a terceiros, forman parte da mesma arquitectura de telecomunicacións, comparten sistemas de seguridade comúns ou se encadran baixo a mesma autoridade de xestión.
2. Correspóndelle á Consellería da Presidencia e Administración Pública a planificación e xestión da Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
Artigo derrogado: Artígo 3 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Artigo derrogado: Artígo 3 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Artigo derrogado: Artígo 4 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Artigo derrogado: Artígo 4 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Artigo derrogado: Artígo 5 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Artigo derrogado: Artígo 5 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Artigo derrogado: Artígo 6 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Artigo derrogado: Artígo 6 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Artigo derrogado: Artígo 7 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Artigo derrogado: Artígo 7 derrogado por disposición derrogatoria primeira.
Capítulo III Da utilización de Internet polo persoal ó servicio da Administración autonómica
Artigo 8º.
Os servicios e os organismos autónomos da Administración autonómica ou calquera outro integrado na Rede Corporativa da Xunta de Galicia accederán a Internet, exclusivamente, a través da dita rede.
Artigo 9º.
A utilización de Internet polo persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia axustarase en todo momento ás necesidades do traballo desempeñado e á normativa específica reguladora desta utilización.
Sobre a xestión do servicio de acceso a INTERNET na Rede Corporativa da Xunta de Galicia
Artigo 10º.
Será competencia da Comisión de Informática:
a) Aprobar, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública:
-Os principios de coordinación xeral da publicación de todo tipo de información a través de Internet.
-As normas de estilo, de presentación do contido, de imaxe corporativa e de carácter técnico da Xunta de Galicia en relación con Internet.
b) Elaborar e aprobar, se é o caso, as normas reguladoras da utilización da rede Internet polo persoal ó servicio da Administración autonómica.
c) Autorizar calquera proxecto de utilización de Internet por parte das consellerías.
d) Regula–la utilización dos protocolos, algoritmos, software e hardware necesarios para o uso de Internet.
Artigo 11º.
Será competencia da Consellería da Presidencia e Administración Pública:
-O establecemento, administración, xestión e mantemento do acceso a Internet desde a Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
-A creación, administración, xestión e mantemento das infraestructuras necesarias para a difusión de información a través de Internet.
-O establecemento, administración, xestión e mantemento de infraestructuras básicas relacionadas con Internet, como servicio de directorio, mensaxería electrónica, xestión de claves de sinatura e cifrado, telefonía a través de Internet, rexistro de entrada e saída, servicio de busca de información e, en xeral, calquera outra que, polas súas características, afecte máis dunha consellería.
-A xestión administrativa e técnica de calquera nome de dominio da Xunta de Galicia, integrado na Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
-A elaboración de estatísticas e a súa coordinación sobre a utilización de Internet.
-A proposta á Comisión de Informática das normas de uso de Internet por parte do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.
-A proposta de protocolos, algoritmos, sofware ou hardware que utilizará a Administración autonómica para acceder a Internet, desde a Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
-A administración do acceso a Internet e a supervisión da súa correcta utilización por parte do persoal adscrito á Xunta de Galicia.
-A creación, xestión e mantemento dos sistemas de xestión necesarios da Rede Corporativa da Xunta de Galicia.
Artigo 12º.
Correspóndelle a cada consellería velar pola correcta utilización do acceso a Internet por parte do seu persoal adscrito.
Disposición transitoria
Única.-
Aqueles servicios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia integrados na Rede Corporativa da Xunta de Galicia que actualmente conten con acceso a Internet por un medio diferente a ela, elaborarán, nun prazo máximo de tres meses desde a publicación do presente decreto, un plan de adaptación da súa situación a esta norma
Disposición derradeira
Única.-
A Consellería da Presidencia e Administración Pública nun prazo máximo de seis meses a partir da publicación desta norma, elaborará un plan para o establecemento dos sistemas necesarios para realiza– las comunicacións oficiais a través de Internet segundo o disposto no artigo 6º.
Santiago de Compostela, cinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.