Acordo do Consello de Goberno do 17 de xullo de 2026, polo que se modifica o Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela
NORMA CONSOLIDADA
OBXECTO.
O obxecto da presente proposta é a análise do Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela, para os efectos de adaptar o texto á nova estrutura organizativa da USC; tendo en conta a modificación de RPT de persoal directivo acordada polo Consello de Goberno o día 29 de maio de 2026, cómpre actualizar a composición da Comisión Permanente de Valoración de Méritos e a Comisión de Selección das comisións de servizo de nivel 26 ou superior.
NORMATIVA APLICABLE.
Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
Acordo do 29 maio de 2026 Consello de Goberno pola que se modifica a RPT de persoal directivo profesional.
ANTECEDENTES.
O regulamento, aprobado na sesión do Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020, entrou en vigor no momento da súa publicación no Taboleiro electrónico o día 4 de novembro de 2020, sendo modificado por acordos do Consello de Goberno do 28 de decembro de 2022 e 11 de outubro de 2023.
Tendo en conta o exposto, acórdanse as seguintes modificacións:
PRIMEIRA. Nova redacción do apartado 2 do artigo 12.
Artigo 12. Comisión Permanente de Valoración de Méritos.
A Comisión estará formada polos seguintes membros que serán designados e nomeados pola Xerencia da seguinte forma:
• A persoa responsable da vicexerencia ou da xefatura de servizo que designe a Xerencia, que a presidirá.
• Unha persoa funcionaria da Asesoría Xurídica.
• Unha persoa funcionaria da área de Bibliotecas.
• Unha persoa funcionaria designada pola Xerencia.
• Dous membros propostos pola Xunta de Persoal.
• A persoa que ostente a secretaría será designada polo presidente/a.
SEGUNDA. Nova redacción dos apartados 4 do artigo 23.
Artigo 23. Procedemento de selección.
4. Nos postos de xefatura de nivel 26 ou superior constituirase unha comisión de selección formada polos seguintes membros:
A persoa responsable da vicexerencia ou da xefatura de servizo que designe a Xerencia, que a presidirá.
A persoa responsable do servizo ou unidade da que dependa a praza que se oferta en comisión.
Unha persoa funcionaria adscrita aos servizos con competencias en xestión de recursos humanos, que exercerá a secretaría.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA. Modificación da composición da Comisión Permanente de Valoración de Méritos.
A modificación da composición da Comisión Permanente de Valoración de Méritos será aplicable aos procedementos de provisión que se convoquen con posterioridade á entrada en vigor desta modificación regulamentaria. Nos procedementos de provisión xa iniciados na devandita data manterase a composición da Comisión Permanente de Valoración de Méritos vixente.
Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.