Acordo do Consello de Goberno do 28 de maio de 2019, polo que se aproba o Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na Universidade de Santiago de Compostela

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0549
Departamento: Consejo de Gobierno
Estado: En vigor
Texto Texto con anotaciones
MODIFICACIONES
Véxase a Resolución da Secretaría Xeral do 15-10-2025, pola que se publica as relacións de cargos académicos e de responsablews académicos vixentes no momento de aprobación desta resolución.

O Real Decreto 1086/1989, sobre retribucións do profesorado universitario regula, en relación co complemento específico do profesorado universitario, unha compoñente retributiva singular polo desempeño de cargos académicos, establecendo un elenco de cargos así como a posibilidade de que as universidades regulen outros, equiparándoos para efectos retributivos a algún dos anteriores.

Así mesmo, tras a aprobación do Real Decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios e a instauración de complementos autonómicos, as universidades aprobaron diferentes catálogos de cargos de xestión que, para efectos da acreditación, se asimilan a cargos académicos unipersoais.

Na Universidade de Santiago de Compostela, o 31 de xaneiro de 2017 o Consello de Goberno adoptou un acordo de reorganización e revisión da redución docente e do complemento económico dos cargos académicos na USC, o que supuxo un primeiro paso cara á clarificación do seu tratamento. Aínda así, en virtude do principio de transparencia que debe operar en todas as institucións públicas, enténdese procedente dotar á USC dunha regulación xeral nesta materia que permita diferenciar os cargos académicos como tal, aos que resulta de aplicación o artigo 71 dos estatutos, daqueloutras designacións que, podendo ter un recoñecemento económico e/ou redución docente, non teñen aquel alcance.

Por todo o anterior, o Consello de Goberno na súa sesión do 28 de maio de 2019 aprobou o seguinte

REGULAMENTO POLO QUE SE ESTABLECE O RÉXIME DE REDUCIÓN DOCENTE E DE RETRIBUCIÓN DE CARGOS E RESPONSABLES ACADÉMICOS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Artigo 1. Obxecto

Esta norma ten por obxecto a regulación do réxime de redución docente e retributivo dos cargos e responsables académicos da Universidade de Santiago de Compostela.

Artigo 2. Cargos académicos

Son cargos académicos os establecidos como tal na normativa xeral de aplicación, os que se determinen nos Estatutos da USC e aqueloutros nos que se declare a súa equiparación polo

Consello de Goberno, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

- Ter conferida inequivocamente, polo seu carácter unipersoal e non pola pertenza a un órgano colexiado, unha potestade de carácter directivo na organización ou na xestión da USC.

- Ter un nomeamento realizado por resolución reitoral

- Levar aparellada unha retribución económica e/ou o recoñecemento dunha redución do encargo docente na planificación académica da USC.

Artigo 3. Requisitos para o exercicio de cargos académicos

3.1. De conformidade co artigo 71 dos Estatutos da USC, para desempeñar cargos académicos é necesario

a) que o profesorado estea acollido ao réxime de dedicación a tempo completo

b) que o estudantado estea matriculado na modalidade de matrícula ordinaria

c) que o persoal de administración e servizos teña como único emprego o que desenvolva na Universidade de Santiago de Compostela

3.2. En ningún caso se poderá exercer a titularidade de máis dun cargo nin a de calquera deles simultaneamente coa de órganos unipersoais de goberno doutra universidade ou do Consello Superior de Investigacións Científicas e dos seus centros respectivos, ou coa de representante sindical.

Artigo 4. Clasificación dos cargos académicos

4.1. Conforme ao establecido no Real Decreto 1086/1989, son cargos académicos unipersoais xerais os seguintes:

- Reitor/a

- Vicerreitor/a e Secretario/a Xeral

- Decano/a e Director/a de Escola Técnica Superior

- Director/a de Departamento e de Instituto Universitario

- Vicedecano/a, Subdirector/a e Secretario/a de Facultade e de Escola Técnica Superior

- Secretario/a de Departamento

4.2. Tamén teñen a consideración de cargos académicos unipersoais os previstos como tal nos estatutos da USC e os que acorde o Consello de Goberno conforme ao establecido neste regulamento.

Artigo 5. Nomeamento e cese de cargos académicos

5.1. As propostas de nomeamento de cargos académicos dirixiranse á Secretaría Xeral da USC, que valorará a súa procedencia e daralle o curso que corresponda.

5.2. O nomeamento dos cargos, agás o propio, será realizado polo reitor da USC, mediante resolución reitoral que será publicada no Taboleiro Electrónico Oficial da USC.

5.3. As propostas de perda da condición de cargo e de cese deberán remitirse á Secretaría Xeral da USC, que tramitará a resolución reitoral de cese, cos mesmos requisitos de publicidade que os nomeamentos.

Con carácter xeral, cando se produza o cese da persoa titular do cargo esta continuará en funcións ata o nomeamento da persoa que a substitúa, debendo atender exclusivamente os asuntos de mero trámite.

5.4. A Secretaría Xeral levará un seguimento de cada un dos mandatos. Se fora necesario, proporá ou ordenará a convocatoria de eleccións naqueles ámbitos onde se excedera a duración do mandato.

Artigo 6. Efectos do nomeamento de cargos académicos

6.1. Os efectos do nomeamento como cargo académico poderán ser:

a) Retributivos, coa percepción da compoñente singular do complemento específico por desempeño de cargo académico

b) De redución do encargo docente, conforme ao establecido neste regulamento

O desempeño do cargo poderá dar lugar aos dous efectos sinalados ou unicamente a un deles, segundo quede configurado.

6.2. Quen desempeñe un cargo académico terá dereito a percibir unha compensación polos gastos en que incorra no exercicio do cargo.

Artigo 7. Creación de novos cargos académicos polo Consello de Goberno

7.1. O Consello de Goberno, de xeito motivado, poderá establecer outros cargos académicos en función das necesidades de goberno, administración ou xestión da USC.

7.2. O acordo indicará o obxecto da creación, os efectos que se derivan da mesma de conformidade co artigo anterior e a súa asimilación, indicando o tipo de complemento retributivo e/ou de redución docente. Tamén indicará se o cargo ten carácter permanente ou temporal.

7.3. A revogación do cargo polo Consello de Goberno implicará o cese da persoa que o desempeñe.

Artigo 8. Complemento retributivo

8.1. De acordo co previsto na regulación xeral, existirán os seguintes complementos retributivos polo desempeño de cargo:

CARGO ACADÉMICOCÓDIGOCOMPLEMENTO
ReitorC1
Vicerreitor/a e Secretario/a XeralC2
Decano/a e Director/aEscolaTécnica SuperiorC3
Director/a de Departamento e deInstituto UniversitarioC4
Vicedecano/a, Subdirector/a eSecretario/a de Facultade e deEscola Técnica SuperiorC5
Secretario/a de DepartamentoC6

8.2. O importe deste complementos será o que se determine anualmente na normativa orzamentaria.

Artigo 9. Redución docente

Establécense os seguintes tipos de redución docente:

REDUCIÓN DOCENTE(horas/curso)CÓDIGO REDUCIÓNDOCENTE
240R1
150R2
90R3
60R4
40R5
30R6
20R7

Artigo 10. Responsables académicos

10.1. Por resolución reitoral poderán designarse responsables académicos, sen a consideración de cargo académico, nos seguintes supostos:

- Director/a ou subdirector/a en centros propios da USC de estudo e investigación, agás os centros singulares e equiparables.

- Subdirector/a de centros do Sistema Universitario de Residencias (SUR).

- Director/a e subdirector/a de Cátedras Institucionais.

- Representante da USC en empresas, institucións, fundacións, comisións e outros.

- Dirección, presidencia ou coordinación de grupos de traballo ou comisións que se formen na USC

10.2. As persoas designadas terán dereito á compensación polos gastos nos que incorran por razón da súa actuación, logo da aceptación dos mesmos polo órgano do que dependan. No caso de que teñan algún efecto adicional, de redución docente ou retributivo, este deberá figurar na resolución de nomeamento.

10.3. Con carácter ordinario as persoas designadas como responsables académicos deberán ter como única dedicación a da Universidade.

10.4. Darase conta ao Consello de Goberno das designacións que impliquen custo para a USC.

Artigo 11. Cargos e responsables académicos existentes na actualidade

11.1. No anexo I figuran os cargos académicos vixentes no momento da aprobación deste regulamento, cos seus correspondentes efectos.

11.2. Para a creación de novos cargos seguirase o procedemento establecido no artigo 5.

11.3. Terán a consideración de responsables académicos os que no momento da aprobación deste regulamento figuran no anexo II, cos efectos que nel se indican, e aqueles que foran designados ao abeiro do establecido no artigo 10.1 deste regulamento.

Artigo 12. Rexistro de cargos e designacións

A Secretaría Xeral levará un rexistro actualizado de cargos académicos. Tamén manterá actualizada a relación das designacións efectuadas por resolución reitoral.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA

A adecuación ao novo réxime dos cargos e responsables académicos actuais producirase con efectos do día 1 de setembro de 2019.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA

Os cargos de director/a do Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS) e das Escolas de Doutoramento actuais continuarán co réxime anterior ata que se produza o nomeamento dos cargos académicos derivados da nova estrutura.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Este regulamento derroga o acordo do Consello de Goberno do 31 de xaneiro de 2017, de reorganización e revisión da redución docente e do complemento económico dos cargos académicos na USC.

DISPOSICIÓN FINAL

Este regulamento entrará en vigor na data da súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial da USC.

ANEXO I CARGOS ACADÉMICOS

CARGOREDUCIÓN DOCENTECÓDIGOCOMPLEMENTOOBSERVACIÓNS
CÓDIGOHORAS/CURSO
Reitor/aR1240C1
Vicerreitor/aR1240C2
Secretario/a XeralR1240C2
Decano/a /Director/a deCentroR2150C3
Director/a de Escola deDoutoramentoR2150C3
Director/a de DepartamentoR390C4
Director/a de Instituto deinvestigaciónR390C4
Vicedecano/aSubdirector/a de CentroR390C5
Subdirector/a Escola deDoutoramentoR390C5Un por cada sección
Secretario/a de CentroR390C5
Secretario/a de Escola deDoutoramentoR390C5
Secretario/a deDepartamentoR390C6
Secretario/a de Instituto deinvestigaciónR390C6
Valedor/a da ComunidadeUniversitariaR1240C2
Delegado/a do Reitor para oEnsino Medio erepresentante na CIUGR1240C2
Adxunto a Vicerreitor/aR2150C3

CARGOREDUCIÓN DOCENTE CÓDIGOCOMPLEMENTOOBSERVACIÓNS
CÓDIGOHORAS/CURSO
Delegado de Protección deDatos (DPD)R2150C3
Director/a de Centro SingularR2150C3
Comisionado/a para oCampus da CidadaníaR2150C3
Director/a da Escola dePráctica XurídicaR390C3
Director/a do Centro deEstudos PropiosR390C3
Director/a do Hospital ClínicoVeterinario "Rof Codina"R2150C3Acordo coa Fundación Rof-Codina
Director/a do Museo deHistoria NaturalR390C4
Director/a do Xardín BotánicoR390C4
Director/a do ObservatorioAstronómico "Ramón MariaAller"R390C4
Coordinador/a científico/a da Rede de Estacións Biolóxicas” da USC (REBUSC)R390C4
Director/a do Centro deEstudos e DocumentaciónEuropeosR390C4
Coordinador/a da Oficina deIgualdadeR390C4
Coordinador/a do Plan deDesenvolvemento SostibleR390C4

CARGO REDUCIÓN DOCENTE   CÓDIGOCOMPLEMENTO OBSERVACIÓNS
  CÓDIGO HORAS/CURSO    
Director/a Comisario doCentro de BiomedicinaExperimental (CEBEGA) R3 90 C4  
Director/a do Centro deTecnoloxías para aAprendizaxe R3 90 C4  
Director/a do IV Ciclo R3 90 C4  
Director/a de ResidenciaUniversitaria ou ColexioMaior R3 90 C4  
Subdirector/a, Director/aadxunto/a ou Secretario/a deCentro Singular R3 90 C5 Só pode aplicarse a un dos cargos
Asesor/a R4 60 C5  
Dirección de Campus Terra  R2 150 C3  

CARGO ACADÉMICOREDUCCIÓN DOCENTECÓDIGO COMPLEMENTO
 HORAS/CURSO 
Coordinador/a de Diversidade LGBTI+ e CulturalR3-90C4

Acordo do Consello de Goberno do 24 de setembro de 2020, polo que se modifica o Anexo I do Regulamento da Universidade de Santiago de Compostela polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na Universidade de Santiago de Compostela.

Artigo modificado: Anexo I nova redacción por artigos primeiro e segundo.

Acordo do Consello de Goberno do 29 de setembro de 2022, polo que se modifica o Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC.

Artigo modificado: Anexo I nova redacción por artigo único.

Acordo do Consello de Goberno do 30 de abril de 2026, polo que se modifica o Anexo I do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC.

Artigo modificado: Anexo I nova redacción por punto único.

Acordo 10/CG, do 19 de xuño de 2026, polo que se modifica o Anexo I do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC.

Artigo modificado: Anexo I nova redacción por punto único.

ANEXO II RESPONSABLES ACADÉMICOS NA USC

RESPONSABLEACADÉMICOREDUCIÓN DOCENTE CÓDIGO COMPLEMENTO
CÓDIGOHORAS/CURSO
Coordinador/a do Programa "A Ponte" en LugoR390C4
Subdirector/a de Colexio Maior ou ResidenciaR460C5
Supervisores/as de instalacións de experimentación decría e de subministro de animais de laboratorio (xefeveterinario do animalario)R460C6
Supervisor/a de Instalación Radiactiva Autorizada (IRA)R460C6
Director/a Científico/a do Museo Domus do MitreoR390C6
Presidente do Comité de Bioética.R390
Secretario/a do Comité de BioéticaR460
Delegado/a da USC no Centro Superior de Hostelería deGaliciaR460
Director/a do Centro de Estudos e InvestigaciónsTurísticas (CETUR)R460
Coordinador/a de Programa de Doutoramento con 10ou + alumnos novosR460
Coordinador/a de Programa de Doutoramento conmenos de 10 alumnosR630
Coordinador/a do Practicum de MestresR390
Coordinador/a de Área de Coñecemento (máis de 30profesores)R540
Coordinador/a de Área de Coñecemento (16-30profesores)R630
Coordinador/a de Área de Coñecemento (menos de 16profesores)R720
Director/a do Coro Universitario C4
Coordinador/a de grao/máster universitario (titulación exclusiva da USC) 60
Coordinador/a de grao con programas de dobre grao asociados 30 h adicionais por cada dobre grao
Coordinador/a xeral de grao/máster universitario (título conxunto, sen coordinador/a local) 90
Coordinador/a xeral de grao/máster universitario (título conxunto, con coordinador/a local) 45
Coordinador/a local de grao/máster universitario (título conxunto, con coordinador/a xeral na USC) 45
Coordinador/a local de grao/máster universitario (título conxunto, con coordinador/a xeral de fóra da USC) 60

RESPONSABLE ACADÉMICO  REDUCIÓN DOCENTE   CÓDIGO COMPLEMENTO OBSERVACIÓNS
  CÓDIGO HORAS/CURSO    
Coordinador/a de área de coñecemento (5-15 profesores) R7  20    
Presidente/a do Comité de Ética  R3 90 C4  

RESPONSABLES ACADÉMICOS NOUTRAS ENTIDADES

RESPONSABLE ACADÉMICOREDUCIÓN DOCENTE CÓDIGOCOMPLEMENTOOBSERVACIÓNS
CÓDIGOHORAS/CURSO
Secretario/a Executivo/ado Grupo Compostela(CGU)R390C3O pago do complementoeconómico faise con cargo aAsociación Grupo Compostelade Universidades (CGU).
Director/a do InstitutoTecnolóxico deMatemática Industrial(ITMATI)R390
Director/a da FundaciónCentro de EstudosEurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER)R390
Dirección do Centro de Biomedicina e Veterinaria (CEBIOVET)R4900 O complemento económico será establecido e financiado pola Fundación Rof Codina.

RESPONSABLE ACADÉMICOREDUCIÓN DOCENTECÓDIGOCOMPLEMENTOOBSERVACIÓNS
HORAS/CURSO
Coordinador/a do nodo galego CLARIAH120---

Este anexo recolle unicamente os responsables académicos que teñan recoñecida redución docente e/ou complemento económico.

Acordo do Consello de Goberno do 26 de xaneiro de 2023, polo que se modifica o Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC.

Artigo modificado: Anexo II nova redacción por artigo único.

Acordo do Consello de Goberno do 23 de novembro de 2023, polo que se modifica o Anexo II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC.

Artigo modificado: Anexo II nova redacción por artigo único.

Acordo do Consello de Goberno do 23 de febreiro de 2024, polo que se modifica o Anexo II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na Universidade de Santiago de Compostela.

Artigo modificado: Anexo II nova redacción por artigo único apartados un e dous.

Acordo do Consello de Goberno do 28 de novembro de 2025, polo que se modifica o Anexo II do Regulamento polo que se establece o réxime de redución docente e de retribución de cargos e responsables académicos na USC.

Artigo modificado: Anexo II nova redacción por artigo único.

Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.

Volver