Resolución da Xerencia do 29 de maio de 2026 sobre xestión orzamentaria coa nova estrutura de órganos de Goberno

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1287
Departamento: Gerencia
Estado: En vigor
Texto Texto con anotaciones

Por resolución reitoral do 10 de abril de 2026, determinouse o número e a denominación das vicerreitorías da Universidade de Santiago de Compostela (USC), logo da publicación do Decreto 26/2026, do 6 de abril, de nomeamento da reitora dando así publicidade á estrutura do novo equipo de goberno da USC.

O 20 de maio de 2026 publicouse a Resolución de 8 de maio de 2026 pola que se delegan competencias en determinados órganos universitarios, derrogando a Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 pola que se delegan competencias en determinados órganos universitarios.

O 29 de decembro de 2025 publicouse no Taboleiro electrónico da USC a Resolución do Xerente da USC, de 29 de decembro de 2025, de prórroga do orzamento para o exercicio económico 2026.

O artigo 18.1 do Regulamento de xestión orzamentaria da USC (en diante, o Regulamento) establece que para determinar a estrutura orzamentaria atenderase á organización existente en cada momento na USC.

Así mesmo, o artigo 20.3 establece que a clasificación orgánica imputará o gasto en función da estrutura organizativa que o xestione, tendo en conta a codificación establecida para as unidades de gasto en que estea organizada a USC en cada momento.

O artigo 47 do Regulamento indica que se configuran como unidades de gasto as estruturas organizativas da USC e o artigo 48 establece a competencia de execución do gasto, nas fases de autorización, disposición e conformidade de gasto, ás persoas que ocupen a dirección das unidades de gasto.

Nos orzamentos vixentes determinadas partidas orzamentarias están asignadas a códigos orgánicos correspondentes á estrutura de órganos de goberno anterior, vixente ata o 9 de maio de 2026. Para os efectos de facilitar a xestión orzamentaria, considerase axeitado manter transitoriamente durante o exercicio 2025 a estrutura de partidas orzamentarias coa codificación orgánica preexistente, sen prexuízo de que, en aplicación da nova estrutura organizativa e do establecido na Resolución pola que se delegan competencias, a xestión dun mesmo código orgánico corresponda a diferentes órganos de Goberno.

Por todo o anterior, esta xerencia no uso das súas atribucións

RESOLVE:

Primeiro.

A xestión orzamentaria das partidas actualmente dotadas nos orzamentos da USC continuará realizándose coa mesma codificación orgánica, funcional e económica.

Segundo.

A codificación orgánica dos créditos orzamentarios que se aproben a partir da entrada en vigor desta resolución será conforme á estrutura organizativa actualmente vixente.

Terceiro.

Sen prexuízo do código orgánico asignado, a competencia para a execución do gasto corresponderá as/os directoras/es de unidades de gasto de conformidade co establecido na Resolución do 8 de maio de 2026 de delegación de competencias.

Cuarto.

As unidades de asuntos económicos continuarán realizando a tramitación das mesmas partidas que actualmente teñen asignadas.

Disposición transitoria

O disposto nesta resolución terá vixencia dende o día seguinte ao da súa publicación no Taboleiro electrónico da USC ata a entrada en vigor dos orzamentos da USC para o ano 2027.

O xerente

Juan Manuel Díaz Villoslada

Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.

Volver