Acordo sobre a xornada de traballo do persoal empregado público da USC

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0724
Departamento: Consejo de Gobierno
Estado: En vigor
Texto Texto con anotaciones

As Administracións Públicas son competentes para establecer a ordenación do tempo de traballo do persoal ao seu servizo, de acordo co artigo 47 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto Básico do Empregado Público (en adiante EBEP). Do mesmo xeito, o artigo 105 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece esa habilitación.

Esta competencia debe ser exercida respectando, á súa vez, o establecido no artigo 37.1.m) do EBEP, que sinala como materias obxecto de negociación as referidas a calendario laboral, horarios, xornadas e permisos.

A xornada xeral de traballo no Sector Público foi establecida na disposición adicional septuaxésima primeira da Lei 2/2012, de 29 de xuño, de orzamento xerais do Estado para 2012, fixando que non podía ser inferior a trinta e sete horas e media semanais de traballo efectivo de media en cómputo anual.

A Lei 6/2018, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 recolleu na Disposición adicional centésima cuadraxésima cuarta. Xornada de traballo no Sector Público que “cada Administración Pública podrá establecer en sus calendarios laborales, previa negociación colectiva, otras jornadas ordinarias de trabajo distintas de la establecida con carácter general, o un reparto anual de la jornada en atención a las particularidades de cada función, tarea y ámbito sectorial, atendiendo en especial al tipo de jornada o a las jornadas a turnos, nocturnas o especialmente penosas, siempre y cuando en el ejercicio presupuestario anterior se hubieran cumplido los objetivos de estabilidad presupuestaria, deuda pública y la regla de gasto. Lo anterior no podrá afectar al cumplimiento por cada Administración del objetivo de que la temporalidad en el empleo público no supere el 8 % de las plazas de naturaleza estructural en cada uno de sus ámbitos.” En atención a esa disposición, e no exercicio das competencias atribuídas ao Consello de Goberno polos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, logo da negociación coas Mesas Xerais de Persoal Docente e Investigador e de Persoal de Administración e Servizos nos meses de novembro e decembro de 2018, adóptase o seguinte acordo:

1. Obxecto

O presente acordo ten por obxecto regular a xornada do persoal empregado público da Universidade de Santiago de Compostela.

2. Ámbito de aplicación

A xornada regulada neste acordo será de aplicación:

a) Ao persoal docente e investigador, funcionario e laboral.

b) Ao persoal de administración e servizos, funcionario e laboral.

c) Ao persoal contratado con cargo a execución de proxectos, programas, convenios e outro tipo de axudas.

3. Xornada laboral

A xornada ordinaria do persoal incluído no ámbito de aplicación do presente acordo terá unha duración máxima de trinta e cinco horas semanais.

4. Aplicación

Este acordo resultará de aplicación a partir do día 2 de xaneiro de 2019 para o persoal incluído nos puntos 2.a) e 2.b).

Para o persoal incluído no punto 2.c) resultará de aplicación a partir do dia 1 de febreiro de 2019.

5. Disposición final

Corresponde á Xerencia ditar as resolucións e instrucións necesarias para a execución e aplicación do presente acordo.

Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.

Volver