Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Interno do Departamento de Ciencias Morfolóxicas
NORMA CONSOLIDADA
CAPÍTULO I - DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º.
1. O Departamento de Ciencias Morfolóxicas, Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas da Universidade de Santiago de Compostela, está constituido polas seguintes áreas de coñecemento: Ciencias Morfolóxicas, Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas.
2. Nel agrúpanse tódolos docentes e investigadores de cada unha das áreas de coñecemento que integran o Departamento.
Asimesmo, poderán adscribirse temporalmente o Departamento profesores pertencentes a outro distinto, previo informe favorable deste, e de conformidade co previsto no artigo 13.3 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.
3. A sede do Departamento estará ubicada no edificio habitual de traballo do seu Director.
Artigo 2º.
Corresponde ó Departamento a titularidade e o exercicio das seguintes funcións:
1. Organizar, programar, coordenar e desenvolver as ensinanzas das súas áreas de coñecemento, de acordo coa Xunta de Centro correspondente, nos distintos ciclos ou niveis nos que se impartan.
2. Organizar e desenvolver a investigación nas súas áreas de coñecemento, así como establecer os criterios obxectivos que permitan unha racional e equitativa distribución dos medios técnicos e económicos destinados a esta finalidade, entre as áreas nel integradas.
3. Organizar e desenvolver os estudios de terceiro ciclo, así como coordenar e supervisar a elaboración de teses doutorais, de conformidade coa lexislación vixente e os criterios fixados pola Comisión de Doutorado da Universidade de Santiago de Compostela.
Artigo 3º.
Sin perxuizo do establecido no artigo anterior e das facultades de coordenación e dirección que competen ó Departamento na aplicación do artigo 12 dos Estatutos vixentes da Universidade de Santiago de Compostela, deberá oirse previamente ás áreas de coñecemento integradas no Departamento, nos asuntos relativos á organización e desenvolvemento da docencia e investigación.
Artigo 4º.
1. O amparo do artigo 11.3 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela creanse as Seccions Departamentais dos Campus ubicados en Santiago de Compostela e Lugo.
2. Constitúen unha Sección Departamental os membros do Departamento que desempeñan as súas actividades fundamentalmente no Campus correspondente.
3. O Consello de Departamento poderá propoñer á Xunta de Goberno a creación de novas Seccións Departamentais nos casos en que a dispersión xeográfica así o aconselle.
4. No caso de vacante do Director e Subdirector do Departamento, sustituiráo o profesor numerario máis antigo a efectos de elección de Director do Departamento
CAPÍTULO II DOS ÓRGANOS UNIPERSOAIS
Sección 1ª: Do Director
Artigo 5º.
1. O Director do Departamento é o seu máximo representante e exerce o seu goberno ordinario.
2. Son competencias do Director as seguintes atribucións:
a) Ostentar a representación do Departamento.
b) Convocar e presidir as reunións do Consello do Departamento, así como executar os seus acordos
c) Propoñer ó Rector o nomeamento e cese do Subdirector e Secretario do Departamento.
d) Organizar as eleccións ós órganos de goberno do Departamento, e proclamar os seus resultados
e) Exercer as funcións que o Consello de Departamento e a Comisión Permanente lle atribiirian
f) Organizar a actividade do persoal de administración e servicios (PAS), coas directrices xerais do Consello de Departamento
g) Desenvolver a xestión ordinaria dos asuntos da competencia do Departamento.
h) Exercer as competencias que lle atribuian o Ordenamento xurídico c os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, e calquera outra función que afecte o Departamento.
i) Exercerá a función de Director da Sección Departamental na que atopa adscrito.
Artigo 6º.
1. O Director do departamento é elexido polo Consello de Departamento, de entre os seus catedráticos a tempo completo ou, no caso de non haber candidatos entre Os seus profesores titulares con igual dedicación, por maioría absoluta dos seus membros, correspondendo ó Rector o seu nomeamento.
2. Si ningún candidato obtivera a maioría absoluta efectuarase unha segunda votación circunscrita a profesores numerarios a tempo completo. caso de habelos, e será elexido o que obteña maioría simple.
3. A duración do seu mandato será de tres anos, podendo ser reelexido.
4. O Director do Departamento cesará a petición propia, por haber transcurrido o período para o que foi elexido, ou por unha moción de censura tramitada de conformidade co previsto neste Regulamento, continuando en funcións hasta tanto sexa nomeado o seu sustituto.
Artigo 7º
1. As eleccións a Director do Departamento serán convocadas por quen ostente a Dirección do mesmo, ou en caso de vacante polo profesor máis antigo.
2. Na convocatoria haberá de fixarse un prazo de cinco días lectivos para a presentación de candidaturas na sede do Departamento, o un término de tes días lectivos para a celebración de sesións de exposición e debate dos programas.
3. O acto de votación deberá celebrarse no noveno día lectivo a partir da data de convocatoria, na sesión extraordinaria do Consello de Departamento convocada a este fin.
4. Si non se presentaran candidaturas para Director de Departamento de acordo co establecido no número 2 desde artigo, o Presidente da Sesión do Consello concederá os membros desde a palabra para poder presentar en dito acto as oportunas cadidaturas e a exposición dos seus programas, procedéndose a continuación o acto de votación.
Sección 2ª: Do Subdirector
Artigo 8º.
1. O Subdirector do Departamento será designado polo Director, de entre os profesores do Departamento a tempo completo, correspondendo ó Rector o seu nomeamento.
2. O Subdirector auxiliará ó Director no goberno do Departamento, coordinando e exercendo as actividades que lle asigne e ostentando a representación do Director cando lle sexa delegada.
3. No caso de ausencia ou enfermidade do Director do Departamento, corresponderá ó Subdirector do Departamento sustituir a éste e exercer as súas competencias e atribucións.
4. Nos supostos en que a Dirección quede vacante, corresponde ó Subdirector do Departamento convocar as correspondentes eleccións, nos térmos previstos no artigo anterior.
5. O Subdirector do Departamento cesará a petición propia, por decisión do Director ou cando cese o Director que o designou.
Sección 3ª: Do Secretario
Artigo 9º.
1. O Secretario será designado polo Director, de entre os membros do Departamento, correspondendo ó Rector o seu nomeamento.
2. O Secretario do Departamento actúa como fedatario das actas e acordos do Consello de Departamento, tendo como funcións as seguintes:
a) Auxiliar nas súas funcións ó Director.
b) Organizar e executar as tarefas administrativas.
c) Redactar e custodiar as actas do Consello de Departamento.
d) Expedir certificados e documentos das actas e acordos do Consello.
e) Custodiar o arquivo e selo oficial do Departamento.
f) Cuantas veñan establecidas neste Reglamento ou lle sexan encomentadas polo Director.
3. O Secretario do Departamento cesará a petición propia, por decisión do Director ou cando cese o Director que o designou.
Sección 4ª: Do Director das Seccións Departamentais
Artigo 10º.
1. As Seccións Departamentais serán dirixidas por un profesor numerario integrado nelas e elexido polo Consello de Departamento, oido o Director, tendo en conta o apartado 1) da Sección 2º do art. 5º.
2. En calqueira caso, o réxime de dedicación a tempo completo será un requisito necesario para o desenvolvemento da Dirección dunha Sección Departamental.
3. O cargo de Director de Sección Departamental desempeñarase durante tres anos con posibilidade de reelección.
4. Corresponde ós Directores de Seccións Departamentais a organización, coordinación e supervisión das actividades do Departamento no Campus correspondente, baixo as directrices aprobadas polo Consello de Departamento.
CAPÍTULO III DOS ÓRGANOS COLEXIADOS
Sección 1ª: Do Consello de Departamento
Artigo 11º.
1. O Consello de Departamento é o órgano superior de goberno do Departamento de Ciencias Morfolóxicas, Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas.
2. Corresponde ó Consello de Departamento a titularidade e o exercicio das atribucións e compétencias sinaladas no artigo 99 dos Estatudos da Universidade e no artigo 2 deste Regulamento.
Artigo 12º.
1. O Consello de Departamento estará composto por:
a) Catedráticos, profesores titulares, profesores asociados e profesores eméritos integrados no mesmo.
b) Os axudantes de Departamento.
c) Os becarios de investigación e investigadores integrados no Departamento.
d) Unha representación dos estudiantes no ámbito de docencia do Departamento, elexida anualmente entre eles que suporá o 25 % do total dos membros do Consello de Departamento, e de eles o 1O % será do primeiro e segundo ciclos e o 15 % do terceiro ciclo.
e) 2 representantes do PAS adscritos ó Departamento, elexidos entre eles por un periodo de ano.
2. O Consello de Departamento poderá invitar as súas reunións para discutir asuntos específicos, con voz pero sin voto, a tódos aqueles profesores, investigadores, estudiantes e PAS que poidan resultar afectados polos mesmos.
Artigo 13º.
1. O Consello constituirase O comezo de cada curso académico adaptándose os prazos establecidos pola Xunta de Goberno.
2. Unha vez proclamados os representantes dos sectores mencionados no número anterior, o Director ou persoa que legalmente o substitúa convocará o Consello de Departamento o noveno día lectivo posterior a celebración das eleccións a representantes dos sectores citados, a fin de constituír o Consello.
CAPÍTULO IV DO FUNCIONAMENTO DO DEPARTAMENTO
Sección 1ª: Das reunións do Consello
Artigo 14º.
1. As sesións do Consello de Departamento serán ordinarias ou extraordinarias.
2. O Consello constituirase o comezo de cada curso académico, de sn conformidade co establecido no artigo 11 do presente Regulamento. Ademáis deberá reunirse, en sesión ordinaria, o menos unha vez o trimestre.
3. Serán sesións extraordinarias as que se convoquen polo Director con tal carácter. fóra dos termos establecidos no número anterior. Procederá, en todo caso, a celebración de sesión extraordinaria cando sexa solicitada o menos polo 30 % dos membros do Consello, ou pola totalidade dos representantes dun sector.
A solicitude formularase por escrito e deberá conter o obxecto que haxa de ea tratarse.
Artigo 15º.
1. A convocatoria das sesións do Consello corresponderá ó Director, e deberá ser acordada e notificada os seus membros cunha antelación mínima de corenta e oito horas, salvo casos de urxencia e que haxa causa xustificada, caso en que será necesaria a asistencia da maioría absoluta do número legal de membros do Consello de Departamento.
2. Non obstante, quedará válidamente constituído o Consello ainda cando non se cumpliran os requisitos da convocatoria, cando esten reunidos tódolos seus membros e así o acorden por unanimidade.
Artigo 16º.
1. Xunto coa convocatoria da sesión acompañarase a orde do día, que se fixará polo Director do Departamento e que deberá ter en conta as peticións dos demáis membros, formuladas previamente a convocatoria do Consello.
2. Na orde do día poderán constar os seguintes apartados:
a) Asuntos de profesorado
b) Asuntos de alumnado
c) Rogos e preguntas
Neste último apartado non poderá adoptarse válidamente ningún acordo, sin perxuízo da deliberación do asunto debatido.
3. As actas e documentos que deban ser obxecto de deliberación na sesión do Consello, estarán a disposición dos seus membros desde a determinación da orde do día.
Artigo 17º.
1. O quorum para á válida constitución das sesións do Consello será o da maioría absoluta dos seus compoñentes.
2. Si non existira quorum, o Consello constituiráse en segunda convocatoria ea media hora despois da sinalada para a primeira. Para isto será suficiente a asistencia de, o menos un 25 % dos membros do conseilo.
Artigo 18º.
1. Corresponde o Director do Departamento asegurar o cumplimento do ordenamento e a regularidade das deliberacións e debates nas sesións do Consello, de conformidade co establecido no artigo 9 da Ley de procedemento administrativo.
A tal efecto, concederá e retirará o turno de palabra, manterá a orde nos debates e someterá a votación as cuestións que deban ser aprobadas polo Consello.
2. No caso de ausencia ou enfermidade do Director, será sustituído polo Subdirector ou, no seu caso, polo profesor máis antigo do Consello; no seu defecto, polo profesor de máis idade.
Artigo 19º.
1. Os acordos do Consello serán adoptados por maioría absoluta de asistentes, e dirimirá os empates o voto de calidade do Director.
2. As votacións poderán ser secretas cando así o solicite calquera dos membros do consello.
3. O voto non será delegable, excepto que se acredite xustificadamente a súa ausencia, por causa de permiso oficial ou por asistencia ás sesións doutros órganos de Goberno da Uiniversidade. Nestes casos o voto será emitido por escrito con antelación a reunión do Consello ma e perante o Secretario do Departamento ou Director da Sesión correspondente, quen o comunicará o iniciarse o Consello.
4. Será necesario a maioría absoluta dos membros do Consello nos seguintes casos:
a) Aprobación e reforma do Reglamento de organización, funcionamento e réxime interno do Departamento.
b) Aprobación da moción de censura para revocar o Director do Departamento.
5. Non poderá ser obxecto de acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que estén presentes tódolos membros do Consello e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría.
Artigo 20º.
1. O Secretario levantará acta de cada sesión do Consello, que conterá a indicación das persoas que interviron, circunstancias de lugar e tempo en que se celebrou, os puntos principais da deliberación, a forma e resultado da votación e o contenido dos asuntos adoptados.
2. As actas serán firmadas polo Secretario, co visto e prace do Director do Departamento, e aprobaranse na mesma ou seguinte sesión do Consello.
3. As rectificacións que os membros do Consello desexen incluir antes da aprobación dunha acta poderán incorporarse a ela.
4. As actas, custodiadas polo Secretario, estarán a disposición de cualquera membro do Departamento.
5. Os membros do Consello poderán facer constar na acta o seu voto contrario o acordo adoptado e os motivos que o xustifiquen, os efectos do establecido no artigo 14.2. da Ley de procedemento administrativo.
Sección 2ª: Das sesións doutras Comisións
Artigo 21º.
1. As Comisións que poida constituir o Consello de Departamento haberán de celebrar as súas sesións de conformidade coas reglas establecidas para as reunións do Consello, así como coas disposicións que puidera dictar o propio Consello de Departamento.
CAPÍTULO V DOS RECURSOS CONTRA OS ACORDOS DO DEPARTAMENTO
Artigo 22º.
1. Contra os acordos adoptados polos órganos de goberno do Departamento no exercicio das súas competencias, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o Rector, no prazo de quince días, e con suxeición o establecido na Ley de procedemento administrativo.
2. A resolución do recurso polo Rector pon fin a vía administrativa, podendo os interesados acudir a xurisdicción contencioso-administrativa, nos termos é prazos previstos na lexislación vixente.
CAPÍTULO VI DA MOCIÓN DE CENSURA
Artigo 23º
1. O Consello de Departamento poderá destituir ó Director mediante a aprobación dunha moción de censura.
2. A moción de censura deberá ser susbcrita o menos pola terceira parte dos membros do Consello, a fin de ser aceptada a trámite para a súa inclusión na orde do día, e haberá de conter necesariamente a proposta dun candidato.
3. A moción será debatida e votada no prazo máximo de 1 mes, a contar desde a súa presentación. A tal efecto, procederáse a convocar ó Consello para a súa deliberación e decisión.
4. Para a aprobación da moción de censura é necesario o voto favorable da maioria absoluta do número legal de membros do Consello de Departamento, e neste caso quedará elexido o candidato proposto para os firmantes da moción.
CAPÍTULO VII DOS MEDIOS ECONÓMICOS, PERSOAIS E MATERIAIS
Sección 1ª: Do orzamento
Artigo 24º
1. O orzamento do Departamento comprenderá a totalidade dos gastos e ingresos que, en cada exercicio económico, realizará o Departamento.
2. No estado de ingresos incluiranse os créditos asignados ó Departamento pola universidade e, no seu caso, polos Centros, así como os ingresos procedentes dos contratos celebrados polo Departamento ou polos seus profesores para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, nos térmos previstos nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, e os ingresos obtidos pola impartición de cursos de especialización e perfeccionamento.
3. Os créditos asignados o Departamento para o desenvolvemento de actividades docentes, serán distribuidos polo Consello, en función do número de alumnos e profesores, e das necesidades docentes de cada área de coñecemento.
4. Os créditos asignados para o desenvovemento da investigación, serán ai distribuidos polo Consello, en función de criterios obxectivos que se elaboraran previamente, e deberán axustarse ós criterios dos órganos de goberno da Universidade para a distribución de ditos fondos entre os diferentes Departamento.
5. Os créditos asignados a algún proxecto especifico aplicaranse exclusivamente o seu desenvolvemento e execución, correspondendo o investigador principal a xestión dos seus fondos.
Artigo 25º.
O Consello de Departamento elaborará en cada exercicio económico o seu proxecto de asignación de recursos. Para isto deberá contar previamente cos correspondentes documentos e estudios dos Orzamentos xerais da Universidade de Santiago de Compostela, que serán remitidos ó Departamento polos órganos encargados da súa xestión.
Sección 2ª: Das medios persoais e materiais
Artigo 26º.
1. O persoal de administración e servicios depende funcionalmente do Director do Departamento.
2. Corresponde ó Director do Departamento organizar a actividade e funcionamento dos servicios administrativos e do seu persoal, sinalando as diferentes actividades e distribuíndo os medios persoais co fin de lograr a maior eficacia na xestión administrativa.
Artigo 28º.
1. O Director do Departamento distribuirá, de acordo coas directrices xerais do Consello, en forma equitativa e de conformidade coas necesidades docentes e investigadoras, os medios materiais de apoio a xestión do Departamento.
2. A asignación de niveis de complemento de destino, e a provisión dos correspondentes postos requerirán o informe favorable do Director do Departamento, oído o Consello do mesmo.
CAPÍTULO VIII DA REFORMA DO REGULAMENTO
Artigo 29º.
1. O Regulamento de organización, funcionamento e réxime interno do Departamento de Ciencias Morfolóxicas, Anatomía e Anatomía Patolóxica Conparadas, poderá modificarse ou reformarse a iniciativa do Director do Departamento, ou cando así o soliciten o 30 % dos seus membros do Consello, ou a totalidade dos representantes dun sector.
2. A proposta de reforma deberá ser adoptada polo Consello de Departamento, para o cual deberá figurar na orde do día da súa reunión, e deberá expresar os aspectos da reforma que se solicite.
Artigo 30º.
1. As propostas de modificación do Regulamento haberán de ser debatidas pola Comisión de Regulamento, constituída a tal efecto, que deberá elaborar un proxecto e elevalo, cos votos particulares, a aprobación do Consello de Departamento.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
Transcurrido un ano da aprobación deste Reglamento, o Consello de Departamento deberá dictaminar, no prazo máximo de 1 mes, acerca da procedencia ou non da súa reforma. Declarada pertinente ésta, constituirase unha Comisión de Regulamento que elaborará un proxecto que será sometido a aprobación do Consello, de acordo co establecido nos artigos 29 e 3O do presente texto.
DISPOSICIÓN FINAL
O presente regulamento entrará en vigor o día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela.
Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.