Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0257
Departamento: Consejo de Gobierno
Estado: En vigor
Texto Texto con anotaciones

CAPITULO PRELIMINAR

Artigo 1.

1. O Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela rexerase, no marco do sinalado na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e no Real Decreto 2360/1984, do 12 de decembro, polo disposto nos Estatutos da Universidade e no presente Regulamento.

2. Todo o personal docente ou investigador vinculado ó Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado estará suxeito ó presente Regulamento.

Artigo 2

1. O Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela agrupa a tódolos docentes, investigadores e alumnos pertencentes ás áreas de coñecemento de Dereito Administrativo, Dereito Constitucional e Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais salvo os que obteñan a adscrición a outro departamento por aplicación do artigo 8º do R.D. 2360/1984 do 12 de decembro.

2. O Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado é o órgano encargado en tódolos centros da Universidade da programación e desenvolvemento do ensino e a investigación nas devanditas áreas de coñecemento.

Artigo 3

O Consello de Departamento poderá propor á Xunta de Goberno a creación ou supresión de seccións departamentais. O seu réxime e funcionamento scrá regulado pola Xunta de Goberno.

Artigo 4

Os membros do Departamento terán dereito:

a) A ser ouvidos polos distintos órganos de goberno do mesmo

b) A presentar solicitudes, queixas ou suxerencias ante os órganos de goberno do mesmo.

c) Calquera outra que lles recoñeza o ordenamento xurídico.

CAPÍTULO PRIMEIRO. DOS ÓRGANOS DE GOBERNO

Artigo 5

Son órganos de dirección e xestión do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado:

a) O Consello de Departamento.

b) O Director.

c) O Secretario.

Artigo 6

Crearase unha comisión permanente para tramita-las xestións ordinarias e coñecer das toa cuestións que lle delegue o Consello de Departamento.

Artigo 7.

Para a elección de representantes nos Órganos colexiados, ou para a elección de titulares de órganos unipersoais, non se admitirá o voto delegado nin o voto anticipado.

Artigo 8.

1. As decisións dos órganos colexiados do departamento adoptarán a forma de acordos, e as do Director a de resolucións.

2. Os acordos dos órganos colexiados do departamento adoptaranse por maioría simple, salvo que por acordo dos mesmos ou por determinación normativa se estableza expresamente o ; contrario. Os acordos poderán considerarse adoptados por asentimento sen necesidade de ks votación, cando, logo da proposta en tal sentido do presidente do órgano colexiado, non se manifeste ningunha opinión en contra.

3. Como regra xeral, as votacións que se realicen nos órganos colexiados do departamento serán públicas. Serán segredas cando afecten a persoas concretas ou cando o determine o Presidente ou o soliciten alomenos tres membros do mesmo.

4. Non se admite a delegación de voto nin o voto anticipado.

5. Os acordos dos órganos colexiados do departamento serán susceptibles de recurso ordinario ante a Xunta de Goberno. As resolucións dos cargos unipersoais poderán impugnarse ante o rector.

SECCIÓN PRIMEIRA. DO CONSELLO DE DEPARTAMENTO

Artigo 9.

1. O Consello de Departamento estará composto por:

a) Os Catedráticos e Profesores Titulares de Universidade e Escola Universitaria do Departamento.

b) Os profesores eméritos do Departamento.

c) Os profesores contratados a tempo completo do Departamento.

d) Os axudantes do Departamento.

c) Os profesores contratados a tempo parcial do Departamento, nunha proporción que non exceda do 10% do total de membros do Consello.

d) Unha representación de bolseiros e persoal investigador do Departamento, nunha proporción do 5% do total de membros do Consello.

e) Unha representación dos estudiantes do ámbito de docencia do Departamento, elixidos cada dous anos, que suporá o 25% do total dos membros do Consello de Departamento. Desta porcentaxe, o 10% corresponderá a estudantes de primeiro e segundo ciclo, e o 15% ás de terceiro ciclo.

2. O Consello de Departamento poderá invitar para asistir ás súas reunións para discutir asuntos específicos, con voz pero sen voto, a calquera membro da comunidade unversitaria que poida resultar afectado por eles ou que se considere de interés para a súa opinión sobre os asuntos tratados.

Artigo 10.

1. Corresponderá ó Consello de Departamento:

a) A elección do director e, de se-lo caso, a proposta ó rector da súa remoción mediante moción de censura constructiva que, en todo caso, deberán ser aprobadas por maioría absoluta dos membros do Consello de Departamento.

b) A planificación da actividade docente, así como o control do seu cumprimento.

c) A coordinación da actividadc investigadora do Departamento.

d) A formulación das demandas de profesorado de acordo coas necesidades docentes do Departamento, dos seus programas de investigación e do terceiro ciclo, e a infromación sobre a procedencia do mantemento, minoración ou cambio de denominación ou categoría dunha praza.

e) A solicitude de convocatoria a concurso das prazas vacantes de catedráticos e profesores titulares e a solicitude de contratación de profesores asociados, profesores visitantes e axudantes, así como as propostas de membros das comisións correspondentes consonte a lexislación vixente.

f) A concesión do consentimento ó director do Departamento para a negociación dos traballos e cursos ós que se refire o artigo 11 da Lei de reforma universitaria, sempre que isto afecte ó Departamento como tal e non tiña sido delegado no Consello de Departamento.

g) A aprobación do orzamento anual do Departamento.

h) A aprobación e modificación do regulamento de réxime interno.

i) A creación de comisións para o mellor desenvolvemento das súas funcións.

k) A promoción do perfeccionamento da docencia.

l) Aproba-lo deseño e programación dos programas de doutoramento e, no seu caso, a designación do Coordenador responsable dos mesmos.

m) Propoñe-la contratación de investigadores e persoal de apoio á investigación.

n) Propoñer nomeamento de doutores honoris causa.

ñ) Emitir informes sobre os pedimentos do Departamento de financiamento da investigación con cargo a fondos da Universidade

o) Calquera outra competencia que lle atribúa, ó marxe do establecido por este j regulamento, a lexislación vixente.

2. En relación coas atribucións previstas nas letras d), e), m) e n) será, en todo caso, preceptiva proposta emanada da correspondente Area de coñecemento afectada polo acordo de que se trate en cada caso. Quedan excluidas desta previsión as propostas formuladas polos alumnos presentes no Consello.

Artigo 11.

1. O Consello de Departamento reunirase, con carácter ordinario ou extraordinario, por iniciativa do director, ou tralo pedimento dun tercio dos seus membros. En todo caso, celebrará polo menos unha reunión ordinaria cada trimestre do ano lectivo.

No caso de convocatorias do Consello a pedimento dun tercio dos seus membros, a xuntanza celebrarase nos dez días lectivos seguintes ó dito pedimento.

2. As reunións do Consello de Departamento serán comunicadas polo menos con coarenta e oito horas de anterioridade, salvo nos casos de urxencia, en que se fará cun mínimo de vintecatro horas. As convocatorias serán persoais e serán remitidas ó centro da USC onde cadaquen desenvolva o seu traballo. No caso dos estudiantes de primeiro e segundo ciclos, a comunicación realizarase no local asignado para os seus representantes nos distintos centros.

3. A convocatoria, así como a orde do día, efectuaraa o Director oída a Comisión permanente. Figurarán tamán como puntos da orde do día aqueles que fosen solicitados alomenos por 3 membros do Consello, sempre que a solicitude fose realizada con anterioridade á remisión da convocatoria polo Director.

4. Para a válida constitución do Consello será necesaria a presencia en primeira convocatoria do Presidente do mesmo, ou persoa que o substitúa, o Secretario, ou persoa que o substitúa, e alomenos a metade dos seus membros. Para a válida constitución en segunda convocatoria, que terá lugar quince minutos máis tarde, bastará coa presencia do Presidente, ou persoa que o substitúa, o Secretario, ou persoa que o substitúa, e alomenos un cuarto dos seus membros.

5. Os acordos adoptaranse por maioría simple, agás que o Consello estime conveniente a fixación dunha maioría distinta. Para a válida adopción de acordos será necesario que estean presentes, alomenos, un cuarto do total dos membros do departamento

6. As reunións do Consello terán lugar onde determine o Director na convocatoria.

7. De tódalas reunións do Consello o Secretario redactará unha acta.

8. As reunións ordinarias do Consello terán lugar en periodo lectivo.

SECCIÓN SEGUNDA. DA COMISIÓN PERMANENTE

Artigo 12.

1. A Comisión Permanente estará composta por:

a) O director do Departamento.

b) O secretario do Departamento, que tamén o será da mesma

c) Un profesor ou axundante en representación de cada unha das tres áreas integrantes do Departamento.

d) Dous representantes dos estudiantes, bolseiros e persoal investigador do Departamento.

2. Os membros da Comisión Permanente, que deberán ser membros do Consello, serán nomeados polo Consello de Departamento, a proposta de cada un dos sectores ós que representan, por un periodo de tempo de dous anos.

3. Cando a Comisión Permanente o estime oportuno poderá convocar a calquera membro do Consello do Departamento, para tratar temas concretos, para que participe na mesma, con voz pero sen voto.

Artigo 13.

1. Son competencias propias da Comisión Permanente:

a) Propor ó Consello de Departamento a programación económica.

b) Propor ó Consello de Departamento a programación docente

c) Ser oída denantes da elaboración da orde do día das sesións do Consello de Departamento, cando o Deirector o someta á súa consideración.

d) Asesora-lo director en tódolos asuntos que este someta á súa consideración.

2. O Consello poderá delegar na Comisión Permanente:

a) A emisión dos informes preceptivos sobre a actividade docente e investigadora do seu profesorado, persoal investigador e ós investigadores, ou sobre o rendemento académico do seu estudiantado.

b) A emisión dos informes ós que fai referencia(o artigo 10.2 dá Normativa de actuación das comisións de selección do profesorado interino c contratado.

c) Emiti-los informes sobre pedimentos de permisos oficiais que comprendan máis de 10 días lectivos.

d) Emitir informes sobre a procedencia de que os axudantes realicen noutra institución os estudios ós que se refire o artigo 34.4 da Lei de reforma universitaria.

e) Realiza-la solicitude de prazas pola vía de urxencia.

f) Nomea-los titores dos alumnos do programa de doutoramento a cargo do Departamento, avalialos e outorgala suficiencia investigadora dos mesmos.

g) Admitir ou rexeita-los proxectos de tese de doutoramento e aproba-las modificacións de proxecto, director ou directores ou título; da-la súa conformidade para a presentación das teses así como formula-las propostas para o nomeamento das comisións que deberán xulgalas.

h) Aproba-las convalidacións e adaptacións que soliciten os alumnos de terceiro ciclo dos programas de doutoramento que imparta o Departamento.

i) Ser oído para a admisión de estudiantes de terceiro ciclo doutras univsersidades e informar sobre a validación dos cursos realiazados.

k) Calquera outra competencia que lle delegue de xeito expreso o Consello.

Artigo 14.

1. A Comisión Permanente reunirase por decisión do director do Departamento, ou a petición da metade dos seus membros.

2. As convocatorias e a súa comunicación rexeranse polas mesmas regras aplicables ó Consello de Departamento.

3. No referente ó quorum para a valida constitución da Comisión será aplicable o establecido en relación co Consello, agás o relativo á segunda convocatoria. As votacións e ós acordos deberán respetar os mesmos requisitos que no caso do Consello de Departamento.

4. De tódalas reunións da Comisión Permanente o Secretario redactará unha acta.

5. O Director informará de tódodos acordos adoptados pola Comisión permanente na primeira reunión ordinaria do Consello que se celebre con posterioridade a elas.

Artigo 15.

1. Os membros elexibles do Consello de Departamento e da Comisión Permanente cesarán por algunha das seguintes causas:

a) Perda da condición pola que foron elexidos.

b) Por renuncia, que deberá ser comunicada polo Consello de Departamento.

c) Por finalización legal do seu mandato.

2. No caso de cesamento dun membro elexible do Consello de Departamento ou da Comisión Permanente, éste será substituído polo seguinte membro máis votado, ata que proceda unha nova elección.

SECCIÓN TERCEIRA. DO DIRECTOR

Artigo 16.

1. O director representa ó departamento, excerce a súa dirección, preside a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos.

2. A dirección do Departamento corresponderalle por elección a un dos seus membros que teña categoría de catedrático de Universidade. De non haber candidato desta categoría, ou no caso de non acadar ningún dos candidatos maior número de votos positivos que negativos, procederase á celebración dunha nova elección á que poderán incorpora-la súa candidatura os profesores titulares de Universidade e os catedráticos de escola universitaria que posúan o título de doutor. Se neste último proceso o número de votos negativos é superior ó de positivos, deberá repetirse a elección e poderán ser candidatos os profesores titulares de escola universitaria co título de doutor.

3. En todo caso a dirección do Departamento corresponderalle a un profesor con adicación a tempo completo.

4. De non se poder levar a cabo o nomeamento do director do departamento por falta de candidatos que reúnan os requisitos esixidos, a Xunta de Goberno, trala proposta do rector, encargará provisoriamente das funcións de dirección a un dos profesores do departamento ou, no seu defecto, doutro departamento. Rematado o curso académico, convocaranse eleccións.

5. O director do departamento será clixido pulo vunscllo de departamento nos termos dos apartados anteriores de acordo co procedemento que ós efectos estableza a Xunta de Goberno. O director do departamento será nomeado polo rector. O nomeamento comunicaraselles á Xunta de Goberno e ós decanos e directores das facultades e escolas onde o departamento desenvolva as súas funcións docentes e investigadoras.

6. En caso de ausencia ou enfermidade, o director será substituído, con carácter accidental, polo catedrático ou profesor titular designado polo director, e no seu defecto, polo de maior antiguidade.

7. O cargo de director de departamento desempeñarase durante catro anos, con posibilidade de ser reelexido de acordo co establecido nos Estatutos da USC.

8. O director cesará no seu cargo polas seguintes causas:

a) Demisión, que deberá ser comunicada polo Consello de departamento.

b) Moción de censura constructiva aprobada pola maioría absoluta dos membros do Consello de Departamento.

c) Finalización do seu mandato.

Artigo 17.

1. Son competencias do director do departamento:

a) A presidencia e a convocatoria do consello de departamento.

b) A execución dos acordos adoptados polo consello de departamento e a vixilancia do seu cumprimento.

c) A organización e a coordinación, de acordo co consello de departamento, dos medios persoais e materiais dos que se dispoña para cumpri-los obxectivos investigadores e docentes.

d) A execución das previsións orzamentarias.

e) A negociación con entidades públicas e privadas, e de acordo co consello de departamento, para a contratación de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como para o desenvolvemento de cursos de especialización, sempre que isto afecte ó departamento no seu conxunto.

f) Calquera outra función que afecte ó departamento e que non se lle atribuíse explicitamente ó seu consello ou a outros órganos da Universidade.

2. As competencias do director do departamento esténdense a tódolos asuntos relacionados co goberno e a administración do departamento, de non serén atribuídos a outros órganos.

SECCIÓN CUARTA. DO SECRETARIO

Artigo 18.

1. O secretario do departamento é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do departamento e, como tal, ten encomendada a custodia dos libros de actas e a expedición das certificacións dos acordos e de tódolos actos que consten nos documentos oficiais do departamento. Ademais exercerá aqueloutras funcións que lle delegue o director ou lle encomende a normativa vixente.

2. O secretario será nomeado polo Rector a proposta do director de entre os profesorado e axudantes do departamento.

3. O secretario cesará por demisión ou por decisión do director do departamento.

CAPÍTULO SEGUNDO. DA ORGANIZACIÓN DOCENTE

Artigo 19

Son funcións do departamento en materia docente:

a) A programación e seguimento das ensinanzas propias da área ou áreas de coñecemento da súa competencia, en coordinación coa organización xeral dos centros nos que estas se impartan.

b) A organización dos estudios de doutoramento.

c) A formación do persoal docente do mesmo.

d) A iniciativa para a creación, mantemento, minoración ou cambio de denominación de prazas de profesorado, funcionario ou contratado, así como, de selo caso, a proposta dos membros da Comisión encargada de resolvelas.

e) Calquer outra actividade encamiñada ó axeitado desenvolvemento da actividade docente.

Artigo 20

O Consello de Departamento realizará anualmente a planificación da súa actividade docente e remitiraa ós distintos centros para a súa tramitación ó Rectorado. Así mesmo remitirá ó Rectorado a relación das materias dispensadas por cada un dos seus profesores.

Artigo 21

1. O reparto da carga docente farase de xeito proporcionado e equitativo entre tódolos profesores.

2. A distribución das obrigas docentes deberá contemplar, no posible, a necesidade de cubrir tódalas ausencias que, por motivos xustificados, se poidan producir por parte de calquera dos membros do Departamento ó longo do curso.

Artigo 22

1. Os programas das materias serán elaborados con especial atención ás peculiaridades dos programas de estudios de cada centro, do currículo necesario para os estudiantes e da realidade social galega.

2. O Departamento deberá depositar nos respectivos centros, coa antelación suficiente, os programas das materias ó seu cargo, que se desenvolverán no curso académico seguinte, así como unha relación dos profesores asignados para dispensalas.

Artigo 23

O Departamento poderá organizar seminarios, conferencias, cursos ou congresos conferencias ou seminarios, sen cargo ós créditos do Departamento poderán comunicarallo ó seu director ós efectos de figuraren na memoria anual do Departamento.

CAPÍTULO TERCEIRO. DA INVESTIGACIÓN

Artigo 25

Son funcións do Departamento en materia investigadora:

a) O desenvolvemento de cursos de especialización e actualización científicas e a contratación de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, sempre que isto afecte á Departamento no seu conxunto.

b) A articulación e a coordinación da actividade investigadora realizada polos seus membros, individualmente ou formando parte de grupos de investigación.

c) O rexistro actualizado da producción científica e da actividade investigadora do departamento.

d) Calquera outra actividade encamiñada ó axeitado desenvolvemento da actividade docente e invetigadora.

Artigo 26

O Departamento encargarase do rexistro actualizado da producción científica e da actividade investigadora do Departamento. Para iso os profesores e investigadores do Departamento remitirán, conxuntamente por liñas de investigación ou de forma individualizada ó seu secretario, información sobre os seguintes asuntos:

a) Liñas de investigación que desenvolvan, así como, se procede, persoal dependente deles ou adscritos ás liñas de investigación de que son responsables.

b) Datos para a actualización do seu currículo científico e académico.

c) Axudas recibidas para o desenvolvemento de proxectos de investigación: contía, equipos ou aparellos adquiridos, etc.

Artigo 27

1. O Departamento, ou os seus profesores a través del, poderá contratar con entidades públicas ou privadas ou ben con persoas físicas, a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, e mailo desenvolvemento de cursos de especialización, formación e perfeccionamento, sempre que isto afecte ó Departamento no seu conxunto.

2. O procedemento para o asinamento de ditos contratos é o establecido no Regulamento para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico e desenvolvemento de cursos de especialización, aprobado pola Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela.

Artigo 28

Tendo en conta os seus programas de investigación, o Departamento poderá propoñer á Universidade a contratación temporal de persoal que colabore no seu desenvolvemento, con cargo ós fondos específicos de investigación asignados pola Universidade ou ós procedentes de financiamento exterior.

CAPÍTULO CUARTO. DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR

Artigo 29

1. As solicitudes de bolsas ou contratos temporais con cargo a créditos xerais do Departamento serán presentadas ó seu Consello para a súa aprobación e tramitación ó Rectorado, no seu caso.

2. As propostas de nomeamento de bolseiros e mailas de contratación de persoal con cargo a fondos dun proxecto/contrato de investigación serán postas en coñecemento do Consello de Departamento polo investigador responsable do dito proxecto/contrato.

CAPÍTULO QUINTO. DO RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 30

Para atende-las súas necesidades, o Departamento contará cos seguintes recursos:

a) Os créditos que se lle concedan nos orzamentos da Universidade.

b) As imposicións procedentes dos contratos/cursos ós que se refire o artigo 25 do presente Regulamento.

c) Calquera outra que se lle poida atribuír.

Artigo 31

1. O director do Departamento elaborará e presentará á seu Consello o orzamento anual de gastos e ingresos para a súa aprobación.

2. O orzamento anual do Departamento elaborarase de xeito que figuren polo menos unha partida correspondente á docencia e outra investigación.

CAPÍTULO SEXTO. DA REFORMA DO REGULAMENTO

Artigo 32

A iniciativa para a reforma do presente Regulamento corresponderá ó director ou a 3 membros do Consello de Departamento,

Disposición adicional única

No momento de aprobación deste Regulamento o Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado adscribirase á Facultade de Dereito, onde terá a súa sede. O Consello de Departamento poderá por maioría absoluta modificar a adscripción e a sede do mesmo.

Disposición final

O presente Regulamento entrará en vixencia ó día seguinte día da súa ratificación pola Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela.

Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.

Volver