Acordo das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia sobre os procedementos de admisión aos estudos universitarios de grao

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1239
Departamento: Consejo de Gobierno
Estado: En vigor

Curso 2025-26

O presente acordo das universidades públicas do sistema universitario de Galicia (SUG) está baseado na lexislación vixente: Real Decreto 534/2024, de 11 de junio, por el que se regulan los requisitos de acceso a las enseñanzas universitarias oficiales de Grado, las características básicas de la prueba de acceso y la normativa básica de los procedimientos de admisión; Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica la Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación; Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo; Resolución do 11 de abril de 2025, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización da Proba de Acceso á Universidade (PAU) no curso 2024/2025, (DOG do 24 de abril de 2025) e supletoriamente, no que resulten compatibles co novo marco normativo, pola Orde de 24 de marzo de 2011, pola que se regulan as probas de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e o proceso de admisión ás tres universidades do sistema universitario de Galicia.

O Real Decreto 534/2024, de 11 de xuño (BOE nº 142, de 12 de xuño) establece que a admisión pode facerse de forma directa, previa solicitude de praza, ou a través dun procedemento de admisión. Así mesmo, o punto 1 do artigo 3 establece que a admisión levarase a cabo con respecto aos principios de igualdade, non discriminación, mérito e capacidade.

O artigo 25 do Real Decreto 534/2024 indica que as Universidade públicas establecerán os criterios de valoración, as regras que vaian a aplicar para establecer o orde de prelación na adxudicación de prazas e, no seu caso, os procedementos de admisión. Así mesmo, farán públicos os procedementos que vaian aplicar para a admisión ás distintas ensinanzas universitarias oficiais de Grao, o seu contido, regras de funcionamento e as datas de realización dos mesmos, así como os criterios de valoración e a súa ponderación e baremos, e as regras para establecer a orde de prelación na adxudicación de prazas que vaian aplicar.

O Artigo 37 do antedito RD 534/2024 indica que as universidades públicas establecerán o orde de prelación na adxudicación de prazas que vaian a aplicar que, en calquera caso, deberá respectar os porcentaxes de reserva de prazas recollidos no Capítulo VI (reserva de prazas para maiores de 25 anos, maiores de 45 anos e 40 anos con experiencia laboral ou profesional, estudantes con discapacidade, deportistas de alto nivel e de alto rendemento e titulados universitarios). Así mesmo, poderán establecer cotas de reserva de prazas e diferentes regras de prelación, en función das diferentes formas de acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao.

Pola súa banda, o artigo 26 do mesmo real decreto establece que lles corresponde ás Universidades adoptar cantas decisións sexan necesarias para a aplicación dos ditos procedementos de admisión, así como establecer mecanismos de coordinación entre elas, podendo acordar a realización conxunta de todo ou parte dos procedementos de admisión, así como o recoñecemento mutuo dos resultados das valoracións levadas a cabo nos procedementos de admisión. O punto 8 do Artigo 25 sinala que, as Administracións educativas adoptarán as decisións que correspondan no ámbito das súas competencias para a aplicación destas medidas. Consonte ao exposto anterior, o artigo 11 da Lei 6/2013, do 13 de xuño (DOG nº 125, de 3 de xullo de 2013) do Sistema Universitario de Galicia (SUG), establece no seu punto 1 que para os efectos do ingreso nos centros universitarios, as universidades públicas integrantes do SUG constitúense nun distrito único para os estudos de Grao e Máster.

A Resolución do 11 de abril de 2025, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización da Proba de Acceso á Universidade (PAU) no curso 2024/2025, (DOG do 24 de abril de 2025), establece na resolución Décimo quinto o sistema de cálculo da cualificación de acceso e da Nota de admisión.

Do dito nos parágrafos anteriores e de acordo co establecido no convenio asinado polos reitores das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) en presenza do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria con data do 12 de marzo de 2001, e das competencias conferidas á Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) polas universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, acórdase que sexa a dita

Comisión interuniversitaria a encargada de establecer a normativa relativa aos procedementos de admisión ás distintas ensinanzas universitarias oficiais de Grao do SUG, o seu contido, regras de funcionamento e as datas de realización dos ditos procedementos, así como os criterios de valoración e a súa ponderación e baremos, e as regras para establecer a orde de prelación na adxudicación de prazas das ensinanzas oficiais de Grao das universidades de Coruña, Santiago de Compostela, e Vigo por consonte ás seguintes

BASES.

Primeira. REQUISITOS DE ACCESO AS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO NO SUG

Segundo o Real Decreto 534/2024, de 11 de xuño, poderán acceder aos estudos universitarios oficiais de Grao, nas condicións que para cada caso se determinen no antedito Real Decreto, aquelas persoas que reúnan os requisitos de algún dos colectivos A) a K) que se indican a continuación:

1.- Estudantes con estudos de Bacharelato ou Técnico Superior de Formación Profesional.

A) Alumnado en posesión do título de Bacharelato ou equivalente (Artigo 4 do RD 534/2024).

Alumnado en posesión do título de Bacharelato do sistema educativo español ou equivalente que teñan superada a proba de acceso á Universidade (PAU) prevista no Artigo 38 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, e regulada no capítulo III do antedito RD 534/2024. A súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será a cualificación da Fase Xeral da PAU.

CAU (≥ 5) = NMB x 0.6 + NFO x 0.4

B) Alumnado coa proba de acceso superada segundo normativas anteriores (Disposición adicional quinta do RD 534/2024).

Alumnado que teña superada a proba de acceso segundo normativas anteriores (PREU, COU, LOXSE, Proba de acceso á universidade establecida no artigo 38 da Lei Orgánica 2/2006, ou no artigo 36bis tras a redacción dada pola Lei Orgánica 8/2013). A súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será a nota definitiva de acceso (NDA) que tiveren no seu día.

CAU (≥ 5) = NDA

C) Alumnado con títulos de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño e de Técnico Deportivo Superior (Artigo 5 do RD 534/2024).

O alumnado en posesión dos títulos oficiais de Técnico/a Superior de Formación Profesional, de Técnico/a Superior de Artes Plásticas e Deseño e de Técnico/a Deportivo Superior pertencente ao Sistema educativo español poderán acceder á universidade sen necesidade de realizar a proba de acceso. A súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será igual á nota do título ou, no caso de que esta non figure no mesmo, a nota media do seu expediente (NMTS).

CAU (≥ 5) = NMTS

2.- Estudantes con estudos estranxeiros sen necesidade de realizar a PAU (Art. 6.1. do RD 412/2014).

D) Alumnado procedente de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de outros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais aplicables en materia de acceso á universidade, en réxime de reciprocidade, sempre que cumpra os requisitos académicos esixidos nos seus sistemas educativos para acceder as súas universidades. A súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será a Nota da credencial (NC) expedida pola UNED ou órgano competente equivalente.

CAU (≥ 5) = NC - UNED

E) Alumnado en posesión do título de Bacharelato Europeo en virtude das disposicións contidas no convenio polo que se establece o Estatuto das Escolas Europeas, feito en Luxemburgo o 21 de xuño de 1994. A súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será a Nota da credencial (NC) expedida pola UNED ou órgano competente equivalente.

CAU (≥ 5) = NC - UNED

F) Alumnado que obtivese o Diploma de Bacharelato Internacional, expedido pola

Organización de Bacharelato Internacional, con sede en Xenebra. A súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será a Nota da credencial (NC) expedida pola UNED ou órgano competente equivalente.

CAU (≥ 5) = NC - UNED

3.- Alumnado de sistemas educativos estranxeiros que deben superar unha proba de acceso (Disposición adicional cuarta do RD 412/2014).

G) Alumnado en posesión de títulos, diplomas ou estudos homologados ou declarados equivalentes ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados en sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se teñan subscrito acordos internacionais aplicables en materia de acceso á universidade en réxime de reciprocidade realizarase nos termos que estableza o real decreto que desenvolva o establecido na disposición adicional trixésima sexta da Lei Orgánica 2/2006. A súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será a Nota proporcionada, pola súa credencial (NC) expedida pola UNED, ou órgano competente equivalente.

CAU (≥ 5) = NC – MEFP, CEUFP ou UNED

4. Alumnado con estudios universitarios ou título de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores (Artigo 7 e Disposición adicional sétima do RD 412/2014).

H) Persoas en posesión dun título universitario oficial de Grado ou Título de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores, Máster ou títulos equivalentes e/ou alumnado en posesión dun título universitario oficial de diplomatura universitaria, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, correspondentes á anterior ordenación das ensinanzas universitarias ou título equivalente. No caso de titulados estranxeiros/as, incluídos os do EEES, o título ten que estar homologado ou ter a declaración de equivalencia á titulación ou nivel académico antes da finalización do prazo de preinscrición para titulados/as.

5. Procedementos específicos de acceso e admisión (Capítulo VI do RD 534/2024).

I) Persoas maiores de vinte e cinco anos (M25) que superen a proba de acceso establecida no Artigo 28 do RD 534/2024 e que non posúan ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por outras vías.

K) Persoas maiores de corenta e cinco anos (M45) que superen a proba de acceso establecida no Artigo 28 do RD 534/2024 organizada pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) e que non posúan ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por outras vías.

L) Persoas maiores de corenta anos (M40) con experiencia laboral que non posúan ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por outras vías.

Segunda. DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS ENTRE AS DISTINTAS COTAS.

De acordo co Artigo 37 do RD 534/2024, as Universidades establecerán a orde de prelación na adxudicación das prazas, respectando as porcentaxes de reserva de prazas recollidos nos artigos 39 ao 43.

1.- Cota Xeral: As prazas da cota xeral adxudicaranse ao estudantado dos colectivos A – G da base primeira. Pertencen a esta cota o total de prazas que para cada título oferten as universidades despois de descontar as prazas das cotas de reserva que se indica no punto 2.

2.- Cotas de reserva: Reservarase unha porcentaxe do total de prazas que para cada título oferten as universidades para as cotas de reserva que se sinalan a continuación:

a) Cota Titulados/as: Estudantado do colectivo H da base primeira. Reservarase o 1 por 100, aproximado ao primeiro enteiro por exceso, do total de prazas que se oferten para cada grao.

b) Cota M25: Estudantado do colectivo I da base primeira. Reservarase o 2 por 100, aproximado ao primeiro enteiro por exceso, do total de prazas que se oferten para cada grao.

c) Cota M45 e M40: Estudantado do colectivo K da base primeira (M45). Reservarase un 1 por 100, aproximado ao primeiro enteiro por exceso, do total de prazas que se oferten para cada grao. Tamén se reservará o 1 por 100, aproximado ao enteiro mais próximo (mínimo 1 praza), para o estudantado do colectivo L (M40).

d) Cota Discapacidade: Estudantado do colectivo xeral con discapacidade ou con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade (NEEPACPD): Para o estudantado da cota xeral que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, así como para aqueles/as estudantes con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade que, nos seus estudos anteriores, teñan precisado de recursos e apoios para a súa plena inclusión educativa, reservarase o 5 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria, aproximado ao primeiro enteiro por exceso. Esta reserva tamén se realizará nos dobres graos e graos abertos.

A tal efecto, o estudantado do colectivo xeral con discapacidade ou con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade deberán presentar o correspondente certificado de cualificación e recoñecemento do grao de discapacidade expedido polo órgano competente da Comunidade Autónoma de procedencia do interesado/a así como a certificación da Consellería de Educación da Comunidade Autónoma onde cursou Bacharelato na que conste a súa condición de estudante con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade, que durante a súa escolaridade anterior precisasen de recursos e apoios para a súa plena normalización educativa.

e) Cota Deportistas de Alto Nivel e Alto Rendemento: Estudantado da cota xeral que sexan Deportistas de Alto Nivel ou de Alto Rendemento: Para o estudantado da cota xeral que acredite esta condición de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento, reservarase o 3 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria, aproximado ao primeiro enteiro por exceso, agás nos casos das ensinanzas universitarias oficiais de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e grao en Fisioterapia en que se reservará un 8 por 100 do total, aproximado ao primeiro enteiro por exceso.

Para poder inscribirse na cota de Deportistas de alto Nivel e Alto Rendemento é necesario entregar a seguinte documentación xustificativa:

- os/as Deportistas de Alto Nivel deben presentar copia da resolución do "Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes que recoñeza a súa condición de deportista de alto nivel indicando a data de publicación de dita resolución no«Boletín Oficial do Estado».

- os/as Deportistas de Alto Rendemento deben presentar a "acreditación da cualificación de deportista de alto rendemento realizada polo Consello Superior de Deportes ou a comunidade autónoma, segundo corresponda, indicando na mesma en base a que "letra a), b), ..., g)" do Artigo 2.3. están acreditados como deportistas de alto rendemento.

- os/as Deportistas de Alto Rendemento que xustifiquen tal condición pero que non xustifiquen no prazo establecido a "letra a), b), ..., g)" do Artigo 2.3. pola que están acreditados serán incluídos dentro da letra g).

f) Cota Deportistas Galegos: Estudantado galego da cota xeral que sexan deportistas de alto nivel e de alto rendemento deportivo ou que conten co recoñecemento como persoas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas e árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo en base o Decreto 165/2020 do 17 de setembro de 2020 (DOG de 29 de setembro). Reservarase unha porcentaxe do 2 por 100, aproximado ao primeiro enteiro por exceso, das prazas nas ensinanzas universitarias oficiais de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para o estudantado da cota xeral que sexa recoñecido.

Os/As deportistas da cota e) e da cota f) estarán exentos da realización das probas específicas de acceso ao grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

3.- Só poderá optar aos dobres graos o estudantado que reúna os requisitos legais de acceso e admisión para ambos graos. Por tratarse de ensinanzas non rexistradas no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), nas Simultaneidades de Estudos de Grao só se ofertarán prazas pola Cota Xeral. Non se ofertarán prazas polas cotas de reserva, salvo para o estudantado con discapacidade.

Terceira. CRITERIOS ESPECÍFICOS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN CADA COTA.

1.- Cota Xeral.

Para o estudantado da cota xeral, a ordenación en cada un dos estudos universitarios oficiais de Grao nas Universidades do Sistema Universitario de Galicia farase en función da súa Nota de Admisión que poderá chegar ata un máximo de 14 puntos A Nota de Admisión establecerase mediante a suma da Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) e a cualificación vinculada ao Grao, resultante das ponderacións (0,1 ou 0,2) sobre a cualificación acadada nas materias da táboa de ponderacións establecida polas tres universidades do SUG para o acceso aos estudos oficiais de grao no curso académico 2025-26 (DOG núm. 216, do 8 de novembro de 2024). O resultado da Cualificación vinculada ao Grao (M1 x 0,1 ou 0,2 + M2 x 0,1 ou 0,2) será dun máximo 4 puntos. Para o cálculo desta Cualificación vinculada ao Grao só se terán en conta os resultados obtidos nas ABAU/PAU de 2023, 2024 e 2025.

Nota de admisión = CAU + a*M1 + b*M2

M1, M2 = Cualificacións de dúas das materias das que se examinase oalumno/a na ABAU de 2023 ou 2024 e PAU de 2025 que proporcionenmellor nota de admisión de acordo coa táboa de ponderacións, nocaso de que as devanditas materias fosen aprobadas cunha notamínima de 5 puntos.
a, b = Parámetros de ponderación das materias que proporcionen mellornota de admisión.

Cando se produza empate para a adxudicación de prazas, terá opción preferente o estudantado que na fase xeral da proba de acceso á universidade elixise unha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento do ensino a que se solicita acceder (Art. 49.1 apartado a) da Orde do 24 de marzo de 2011, DOG 4-4-2011).

2.- Cotas de reserva.

2.a) Cota Titulados/as.

A súa Nota de Admisión que coincide coa súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será a nota media do título universitario oficial correspondente (NMTG) ou, no caso de que presente un título de máster, a nota media ponderada, en función do número de créditos, resultante da nota media do máster e do título universitario oficial que o faculte para o acceso as ensinanzas de Máster.

CAU (≥ 5) = NMTG

ou

CAU (≥ 5) = (NMTG*NºCG + NMTM*NºCM)/( NºCG + NºCM)

NMTG indica a nota media do título de grao e tamén das anteriores diplomaturas, enxeñerías técnicas, licenciaturas, enxeñerías ou Títulos Homologados NMTG e NºCG indican, respectivamente, a Nota media e o número de créditos dos estudos de Grao ou do título universitario oficial que o faculte para o acceso as ensinanzas de Máster, e NMTM e NºCM indican, respectivamente, a Nota media e o número de créditos dos estudos de Máster.

A estes efectos, no caso de títulos distintos dos de grao consideraranse as diplomaturas e Enxeñerías Técnicas como Titulacións de 180 créditos e as licenciaturas como Titulacións de 300 créditos.

Está incluído neste colectivo de titulados os que teñan homologado ou declarada a equivalencia a titulación ou nivel académico en base ao disposto no Real Decreto 967/2014 ou no Real Decreto 889/2022, segundo corresponda. Neste caso se a homologación ou a declaración de equivalencia á titulación ou nivel académico non ten asignada unha nota do expediente a súa Cualificación de acceso será un 5,000.

2.b) Cota M25:

A súa Nota de Admisión que coincide coa súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será a Nota da súa Proba de Acceso á Universidade para Maiores de 25 anos

(NPAU-M25). Dentro da súa cota terán preferencia na admisión nas universidades do Sistema Universitario Galego o estudantado que teña realizado a proba de acceso na CiUG e na rama de coñecemento vinculada á opción escollida na fase específica.

CAU (≥ 5) = NPAU-M25

2.c) Cota M40 e M45.

Para o estudantado do colectivo L da base primeira (maiores de 40 anos), a admisión depende da normativa de cada universidade.

Para o estudantado do colectivo K da base primeira (Maiores de 45 anos) a súa Nota de Admisión que coincide coa súa Cualificación de Acceso á Universidade (CAU) será a Nota da súa Proba de Acceso á Universidade para Maiores de 45 anos (NPAU-M45) organizada pola CiUG.

CAU (≥ 5) = NPAU-M45

2.d) Cota Discapacidade.

A súa Nota de Admisión está determinada pola súa pertenza á Cota Xeral:

Nota de admisión = CAU + a*M1 + b*M2

e) Cota Deportistas de Alto Nivel e Alto Rendemento.

As prazas reservadas para este colectivo adxudicaranse tendo en consideración o descrito no artigo 2 do Real Decreto 971/2007, de 13 de xullo, BOE do 25 de xullo de 2007, nomeadamente:

1º) Deportistas de Alto Nivel incluídos nas resolucións adoptadas ao efecto polo

Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes (Artigo 2.2. do RD 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento). Dentro deste grupo a prelación será a Nota de Admisión que está determinada pola súa pertenza á Cota Xeral:

Nota de admisión = CAU + a*M1 + b*M2

2º) Deportistas de Alto Rendemento (Artigo 2.3. do RD 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel y alto rendemento). Dentro deste grupo, terán preferencia, de acordo co citado artigo, os deportistas incluídos no apartado a) sobre os do b), os o b) sobre el c), os do c) sobre os do d), e así sucesivamente. Dentro da mesma letra a prelación será a Nota de Admisión que está determinada pola súa pertenza á Cota Xeral:

Nota de admisión = CAU + a*M1 + b*M2 f) Cota Deportistas Galegos.

As prazas reservadas para este colectivo adxudicaranse en primeiro lugar aos Deportistas galegos de Alto Nivel e Alto Rendemento de acordo aos criterios da cota anterior de deportistas. A continuación ás persoas que sexan adestradoras e técnicas de alto nivel deportivo terán preferencia sobre as persoas que sexan xuíces e xuízas e árbitros e árbitras de alto nivel deportivo e estas terán preferencia sobre as persoas deportistas de rendemento deportivo de base (Artigo 22 do Decreto 165/2020 do 17 de setembro de 2020. DOG de 29 de setembro)

Dentro de cada categoría a prelación será a Nota de Admisión que está determinada pola súa pertenza á Cota Xeral:

Nota de admisión = CAU + a*M1 + b*M2 Os/As deportistas da cota e) e da cota f) estarán exentos da realización das probas específicas de acceso ao grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Cuarta. CRITERIOS XERAIS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS.

1.- Prazos de Solicitude.

No caso dos titulados universitarios e alumnado coas Probas de Acceso á Universidade para maiores de 25 ou 45 anos superadas, haberá un único prazo de solicitude correspondente á convocatoria ordinaria.

Para o resto de cotas (Xeral, Deportistas de Alto Nivel e Alto Rendemento, Deportistas Galegos e Discapacidade) poderase solicitar na convocatoria ordinaria e extraordinaria.

As prazas obxecto de reserva para deportistas da cota e) e da cota f) manteranse nas diferentes convocatorias de prescrición que se realicen (artigo 27 do Real decreto 412/2014 e artigo 23 do Decreto 165/2020).

As prazas obxecto de reserva das cotas de titulados, M25, M45 e discapacidade que queden sen cubrir por solicitantes da convocatoria ordinaria acumularanse ás ofertadas pola cota xeral. Non obstante, no caso da cota de discapacidade, cando a totalidade das prazas para una titulación determinada se esgoten na convocatoria ordinaria, e en dita convocatoria se tivese destinado á cota xeral algunha das prazas reservadas a estudantes con discapacidade, por non haber suficientes solicitantes para estas últimas, a CiUG incrementará na convocatoria extraordinaria as prazas destinadas a este estudantado ata completar o 5 por cento desta cota de discapacidade.

Aqueles solicitantes que reúnan os requisitos para solicitar praza pola cota xeral e polas cotas de reserva para Titulados, Deportistas e Persoas con discapacidade ou NEEPACPD poderán facer uso de dita posibilidade.

2.- Orde de prelación na adxudicación das prazas da convocatoria ordinaria e extraordinaria.

Para a admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao en que se produza un procedemento de concorrencia competitiva, é dicir, en que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, adxudicaranse as prazas atendendo aos seguintes criterios:

1º) En primeiro lugar, adxudicaranse prazas ao estudantado que presente a súa solicitude de admisión para o ingreso na convocatoria ordinaria.

2º) En segundo lugar, adxudicaranse prazas ao estudantado que presente a súa solicitude de admisión para o ingreso na convocatoria extraordinaria.

O alumnado que presente a súa solicitude de admisión para o ingreso na convocatoria extraordinaria, terá a mesma consideración na adxudicación de prazas que o alumnado que aprobe a PAU na convocatoria extraordinaria, aínda que superase a proba de acceso á universidade ou os estudos que o habiliten para acceder á universidade na convocatoria ordinaria do ano en curso ou en anos anteriores.

O alumnado que presente a súa solicitude na convocatoria ordinaria non poderá presentala na extraordinaria.

3.- Asignación de prazas.

3.1.- A CiUG asignará as prazas ofertadas en cada ensinanza universitaria en cada un dos prazos de matrícula que se establezan. A cada estudante asignaráselle a ensinanza universitaria de maior preferencia que lle corresponda en función da cota pola cal se solicita o acceso e tendo en conta, en todo caso, a orde de prelación, os criterios de valoración e a preferencia para a adxudicación de prazas establecidos.

3.2.- En cada prazo de matrícula publicarase a relación de estudantes convocados/as para matricularse en cada ensinanza universitaria, indicando os lugares e as datas para formalizar a matrícula.

Os/As estudantes poderán consultar en calquera momento a súa situación na aplicación informática NERTA da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades coa que se xestiona todo o proceso.

Os/As estudantes convocados/as para matricularse na ensinanza universitaria solicitada en primeiro lugar de preferencia, deberán matricularse no prazo establecido para o efecto; de non facelo perderán os seus dereitos de matrícula nesa convocatoria.

Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumnado solicite en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se as ensinanzas universitarias solicitadas por enriba dela esgotaron as súas prazas (que figurarán como “PECHADAS” en NERTA).

A CiUG, mediante a aplicación informática NERTA, remitirá telematicamente a cada universidade os datos persoais e académicos do estudantado convocado a matricularse nela en cada prazo. Finalizado o prazo de matrícula, cada universidade remitirá telematicamente ós xestores da aplicación informática NERTA a relación de estudantes matriculados/as.

3.3.- Na convocatoria extraordinaria non se ofertarán prazas nas ensinanzas universitarias que teñan a matrícula cuberta na convocatoria ordinaria, ou aquelas nas que, tendo en conta a matrícula existente e a correspondente listaxe de agarda de solicitantes, a CiUG considere que existen datos obxectivos que permitan prever esa circunstancia. En todo caso, non se poderán deixar prazas vacantes previamente ofertadas mentres existan solicitudes formalizadas dentro dos prazos establecidos.

3.4.- As universidades poderán establecer condicións ou probas especiais para o acceso a determinadas ensinanzas. Estas condicións ou probas especiais deberán ser incluídas polas universidades na memoria do plan de estudos verificado e autorizado.

3.5. O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas a través do formulario da páxina Web da CiUG. A dita reclamación irá dirixida ao presidente da CiUG e a resolución da reclamación será resolta polo delegado/a na CiUG do reitor da universidade en que se imparta a ensinanza universitaria obxecto da reclamación. O resultado comunicaráselle ao interesado ou interesada a través das listaxes de asignación de prazas.

Contra a resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a propia CiUG, que porá fin á vía administrativa. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso potestativo de reposición.

No caso de presentar recurso contencioso-administrativo, a Administración demandada será a universidade responsable da ensinanza universitaria en que o/a estudante solicita o ingreso.

3.6. A CiUG publicará a convocatoria de preinscrición onde establecerá as normas e prazos para a xestión do proceso común de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e o sistema de confirmación de lista de espera que debe seguir cada estudante mentres non sexa convocado na titulación de primeira preferencia.

O 9 de setembro, a CiUG comunicará ás universidades a relación de titulacións con prazas vacantes e sen lista de agarda para que poidan proceder á matrícula extraordinaria nestas titulacións.

A CIUG dará por finalizado o procedemento de matrícula o mércores, 15 de outubro, para as titulacións con todas as prazas cubertas e, a partir do 20 de outubro, comunicará ás universidades a situación final do acceso.

O presente acordo entrará en vigor na data da súa publicación no Taboleiro Electrónico Oficial de cada unha das universidades.

Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.

Volver