Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Matemáticas
NORMA CONSOLIDADA
Aprobado pola Xunta de Facultade o 15 de Maio de 2018 e polo Consello de Goberno o día 9 de novembro de 2018.
TÍTULO I. NATUREZA E FINALIDADES
Artigo 1.
A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela desenvolve as súas funcións, no ámbito das súas competencias, de acordo cos principios establecidos no Titulo Preliminar dos Estatutos da USC.
Para o cumprimento das funcións que lle confiren a Lexislación vixente e os Estatutos da Universidade de Compostela, a Facultade de Matemnáticas rexerase polo presente regulamento, que haberá de ser interpretado no marco dos devanditos Estatutos e demais lexislación sobre ensino universitario. Para todas aquelas cuestións non previstas neste regulamento, nos Estatutos da USC, nin na lexislación sobre o ensino universitario, aplicarase o previsto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
Artigo 2.
1. A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela é o Centro encargado do deseño, planificación da docencia, organización e xestión dos estudos conducentes á obtención de títulos académicos oficiais de Grao e Máster do ámbito das Matemáticas adscritos a ela 2. Tamén poderá organizar ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos de carácter universitario neste mesmo ámbito de coñecemento.
Artigo 3. Funcións da Facultade
De acordo cos Estatutos da USC, son funcións da Facultade as seguintes:
a) A eelaboración dos plans de estudos das titulacións impartidas polo centro e a participación na elaboración daqueloutras compartidas por varios centros.
b) Aorganización e a xestión dos servizos docentes que lle correspondan.
c) A coordinación, a supervisión e o control da actividade docente desenvolvida no centro, das prácticas tuteladas externas contempladas nos plans de estudos e a participación nos procedementos que estableza a Universidade para a avaliación da calidade docente.
d) A elaboración dun calendario de actividades lectivas para cada curso, que se deberá facer público con anterioridade á apertura da matrícula.
e) A promoción de programas de intercambio.
f) A promoción e implantación de medidas para a realización de prácticas externas.
g) A realización das actividades de xestión académica que lle encomende a Universidade.
h) A administración dos espazos, servizos, equipamentos e recursos do centro e o control da súa calidade.
i) O coñecemento da actividade investigadora que se desenvolva no centro.
l) A realización de actividades de formación permanente ou de extensión universitaria no seu ámbito de competencia.
Artigo 4.
A Facultade de Matemáticas velará especialmente pola promoción da lingua galega e o seu uso, promoverá a igualdade entre mulleres e homes e preocuparase polo desenvolvemento sustentable.
TÍTULO II. DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA FACULTADE
Artigo 5. Órganos de goberno e administración da Facultade
Os órganos de goberno e administración da Facultade de Matemáticas son os seguintes:
1. A Xunta de Facultade,
2. A decana ou decano.
3. As vicedecanas e/ou vicedecanos.
4. A secretaria ou secretario.
CAPÍTULO 1. A Xunta de Facultade
Artigo 6.
A Xunta de Facultade, segundo o establecido nos Estatutos da USC, é o órgano colexiado de goberno do centro, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión.
Artigo 7. Composición da Xunta de Facultade
1. A Xunta de Facultade está composta, de acordo co establecido nos Estatutos da USC, por.
a) A decana ou decano, que a convocará e presidirá.
b) As vicedecanas e/ou vicedecanos.
c) A secretaria ou o secretario, que o será tamén da Xunta.
d) A/o responsable da unidade de xestión de centro e departamentos,
e) A directora ou director da biblioteca da Facultade.
f) O seguinte persoal docente e investigador (PDI) e persoal investigador en formación (PIF) con docencia no centro e censado nel, así como o non censado que teña neste un encargo docente igual ou superior ao 35% da capacidade docente dun profesor a tempo completo:
- Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que representará o 51%.
- O resto, sempre que non exceda do 10% do total da Xunta. De acordo cos Estatutos da USC, a representación do persoal docente e investigador a tempo parcial non poderá exceder o 5% do total de membros da Xunta.
g) Unha representación do estudantado de grao e máster do 3294. O estudantado de grao suporá o 25% e o estudantado de máster o 7%.
h) Unha representación do persoal de administración e servizos censado no centro, nunha proporción do 7% do total da Xunta, cun mínimo de dous.
2. Todas/os as/os representantes elixidas/os serano por dous anos, excepto as/os estudantes, que o serán por un ano. A condición de membro da Xunta perderase ao cesar a vinculación co centro ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo que foi elixido. Para todo o relativo á elección de representantes na Xunta de Facultade, estarase ao establecido nos Estatutos e no Regulamento Electoral Xeral da USC.
Artigo 8. Competencias da Xunta de Facultade
Son competencias da Xunta de Facultade as que lle encomendan os Estatutos da USC:
a) A elección da decana ou decano e, de ser o caso, a súa remoción mediante unha moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada pola maioria absoluta dos membros da Xunta de Facultade.
b) A elaboración e a aprobación do seu regulamento de réxime interno.
c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro.
d) A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudos das titulacións adscritas ao centro, consonte a lexislación vixente e as normas xerais emanadas do Claustro Universitario, para o cal debe contar coa participación dos departamentos implicados no titulo.
e) A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións oficiais que, en todo caso, terá en conta a participación dos promotores de ditas titulacións, de creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e de organización das ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos.
f) A organización dos servizos docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, e igualmente a supervisión do seu cumprimento.
g) A programación dos espazos, servizos e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión.
h) A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ao centro e o control da súa aplicación,.
i) O informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación.
l) A organización de actividades de formación permanente e de extensión.
m) A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades.
n) Calquera outra competencia que lle atribúan os Estatutos da USC ou lle encomende un órgano competente ou a lexislación vixente.
Artigo 9.
A Xunta de Facultade actúa en Pleno ou en Comisión Permanente. Dótase tamén doutras comisións delegadas de carácter estable que neste regulamento se determinan, que a asesorarán e asistirán nas súas funcións, e poderá dotarse tamén, por acordo do Pleno, de comisións de carácter conxuntural para asuntos específicos.
Artigo 10. Convocatoria das sesións da Xunta de Facultade
1. O Pleno da Xunta de Facultade será convocado pola secretaria ou secretario, por orde da decana ou decano, ou na súa ausencia, dunha vicedecana ou vicedecano, con carácter ordinario polo menos tres veces durante O curso académico en periodo lectivo, e con carácter extraordinario a iniciativa da decana ou decano ou a pedimento de:
a) Un 20% dos seus membros.
b) A maioría dos membros da Comisión Permanente.
2. No caso de convocatoria extraordinaria a pedimento dos membros da Xunta ou da súa Comisión Permanente, a solicitude deberá incluír, dunha maneira explícita e concreta, a relación de asuntos que se queren tratar. A reunión deberá celebrarse no prazo máximo de 15 días hábiles desde a recepción no Rexistro da Facultade.
Artigo 11. Requisitos da convocatoria
1. Na convocatoria deberá constar a orde do día, data, hora da primeira e segunda convocatoria e lugar da reunión, así como o lugar (físico ou electrónico) no que se pode consultar a documentación referente aos puntos da orde do día, no caso de existir.
2. A convocatoria deberá ser remitida, cando menos, con dous dias de anticipación.
3. A convocatoria será remitida por medios electrónicos ao enderezo de correo electrónico institucional da USC.
4. As reunións da Xunta de Facultade celebraranse nas dependencias da Facultade sempre que sexa posible, en días administrativamente hábiles. As Xuntas de Facultade ordinarias convocaranse fóra dos períodos oficiais de exames agás que os prazos establecidos por outras instancias para a aprobación dos asuntos da súa competencia fagan necesaria a súa convocatoria neses periodos.
Artigo 12. Orde do día
1. A orde do día será elaborada pola decana ou decano, asistido pola secretaria ou secretario e os demais membros do equipo decanal. Nela figurarán inescusablemente as mencións de aprobación da acta da sesión anterior, informe da decana ou decano, asuntos de trámite e rolda aberta de intervencións, agás no caso de que a Xunta se convoque con carácter extraordinario ou urxente.
2. A convocatoria da Xunta de Facultade ordinaria deberá incluír na orde do día os puntos que previamente solicitase por escrito, cunha antelación mínima de dous días á data da remisión da convocatoria, un quinto dos membros da Xunta, ou as tres cuartas partes da totalidade das/os representantes dun sector. Esta solicitude deberá ser presentada no Rexistro da Facultade e deberá indicar a redacción exacta coa que as/os solicitantes queren que se recolla o punto ou puntos a tratar.
3. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día agás que estean presentes todos os membros da Xunta e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría.
Artigo 13. Constitución do Pleno da Xunta de Facultade
A Xunta de Facultade constituirase validamente en primeira convocatoria coa asistencia da metade, polo menos, dos seus membros, e en segunda convocatoria, que se celebrará media hora despois, aínda que non se diga expresamente, cando asistan, polo menos, o 20% dos seus membros. En ambos os dous casos, requirirase a presenza da decana Ou decano e a secretaría ou secretario ou, no seu caso, de quen as/os suplan. A asistencia xustificarase pola sinatura na listaxe habilitada para tal efecto pola secretaría ou secretario da Xunta.
Artigo 14. Invitación ás sesións
1. Deberá ser convocado para a Xunta de Facultade, con voz, pero sen voto, todo o persoal docente e investigador que imparta docencia no centro e non sexa membro dela, sempre que o solicite.
Cando a natureza dalgún punto da orde do día o aconselle, a decana ou decano poderá convidar, con voz e sen voto, a persoas que non pertenzan á Xunta de Facultade, ben a iniciativa propia, ben a pedimento das/os interesados/as ou dun 15% dos membros da Xunta. Neste caso, as persoas convidadas só estarán presentes na exposición e debate do punto ou puntos para os que foron convidadas.
Artigo 15. Desenvolvemento das sesións
1. A Xunta de Facultade será presidida pola decana ou decano, ou por quen faga as súas veces, asistido polas vicedecanas ou vicedecanos e a Secretaria ou secretario da Facultade, que o será tamén da Xunta.
2. A/o decana/o dirixe e ordena o desenvolvemento dos debates, de acordo co establecido no presente regulamento.
3. En caso de ausencia da decana ou decano, presidirá a Xunta a vicedecana ou vicedecano en quen delegue expresamente, ou ben aquela/aquel que teña sido designada/o para substituilo en caso de ausencia. En caso de ausencia da secretaria ou secretario, a decana ou decano designará á persoa que o substitúa de entre os membros da Xunta que cumpran os requisitos para este posto.
4. A/o decana/o, asistida/o polo equipo decanal e tendo en conta a opinión da Xunta de Facultade, interpretará o presente regulamento en casos de dúbida ou omisión, Tamén decidirá sobre a alteración da orde de discusión das propostas da orde do dia, o ordenamento dos debates e calquera outra cuestión que se lle encomende no presente regulamento.
Artigo 16.
1. Asistencia ás sesións da Xunta de Facultade constitúe un dereito e un deber para todos os seus membros.
2. De acordo co establecido no Regulamento Electoral Xeral da USC, serán causa de perda da condición de membro da Xunta de Facultade a inasistencia reiterada e inxustificada ás reunións, a falta de consideración grave á presidencia ou aos restantes membros do órgano, e o incumprimento do deber de sixilo, cando exista. A decisión tomarase motivadamente por acordo da Xunta de Facultade.
Artigo 17. Debates e deliberacións
1. No punto de informe da decana ou decano das xuntas ordinarias deberá darse conta das reunións que mantivesen a Comisión Permanente e as comisións delegadas desde a anterior xunta ordinaria. Ao remate do informe, calquera membro da Xunta poderá intervir para pedir aclaracións sobre os asuntos dos que se informou.
2. Nos restantes puntos da orde do día, os membros da Xunta teñen dereito ao uso da palabra durante o debate dos mesmos, e sobre calquera outro punto no apartado de rolda de intervencións. A decana/o, asistida/o polo equipo decanal, será o responsable de ordenar o desenvolvemento dos debates. Nesta función, deberá garantir o respecto ao uso da palabra de todos os membros que queiran intervir, fixar quendas e tempos de intervención, se o estima necesario, e velar por que os debates se desenvolvan cinguindose á orde do día e desde o respecto ás persoas presentes ou aludidas.
3. Calquera membro da Xunta ten dereito a presentar ante a mesma propostas de acordo ou moción referidas aos puntos da orde do día, facéndoo por escrito con antelación, ou ben no curso do debate do punto correspondente.
4. No suposto de excesiva duración da sesión da Xunta, a proposta da/o presidenta/e, e co acordo da maioria das/dos presentes, poderase decidir a interrupción da sesión, que deberá continuar no mesmo día. Procurarase, en todo caso, que o horario das sesións sexa conciliable coa vida familiar e persoal.
Artigo 18. Votación
1. As decisións da Xunta de Facultade adoptarán a forma de acordos
2. Os acordos da Xunta de Facultade serán susceptibles de recurso nos termos establecidos nos Estatutos da USC.
3. As decisións pódense adoptar por asentimento ou por votación favorable da maioría simple dos asistentes. Para axilizar O procedemento, as votacións poderán ser públicas e a man alzada, ou nominais e secretas. Serán, en todo caso, secretas en calquera dos seguintes casos:
a) Cando o soliciten un minimo do 10% dos membros asistentes.
b) Cando afecten a persoas concretas.
4. No caso de seren sometidas a votación, as decisións adoptaranse polo maior número de votos a favor dunha determinada proposta.
5. En ningún caso se admitirá a delegación de voto nin en membros da Xunta nin en persoas alleas. Tampouco será admitido o voto anticipado.
6. En relación ás propostas que se sometan a votación presentadas por membros da Xunta, deberáselle entregar á/ao secretaria/o o texto literal da proposta e esta/e procederá á súa lectura antes de sometela a votación.
7. De existiren unicamente dúas propostas, aprobarase a que acade maioría simple dos presentes.
8. De haber máis de dúas propostas, efectuarase unha primeira votación con todas elas e, no caso de que ningunha supere o 50% dos votos emitidos, nunha segunda votación entre as dúas máis votadas aprobarase a que acade maioría simple dos presentes.
9. En caso de empate, despois dunha quenda de intervencións limitada a unha/un das/dos promotoras/es de cada proposta, procederase a unha nova votación. En caso de persistir o empate, decidirá o voto de calidade da/o decana/o, agás nos casos en que se especifique outro procedemento.
10. Exceptúanse das maiorias indicadas nos apartados anteriores aqueles acordos para os que explicitamente este regulamento, os Estatutos da USC ou calquera outra norma de rango superior aplicable estableza a esixencia dunha maioria cualificada distinta.
11. En calquera caso, os acordos deberán tomarse coa presenza, polo menos, do 10% dos membros da Xunta de Facultade.
Artigo 19. Das actas
1. Asecretaria ou secretario levantará acta de cada sesión, nos termos establecidos no artigo 18 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Nela deberá especificarse:
a) Os membros da Xunta da Facultade que asistiron á reunión e as ausencias previamente comunicadas.
b) A orde do día da sesión e o lugar e data de celebración.
c) Os puntos principais das deliberacións.
d) O contido dos acordos adoptados, especificando, no caso de realizárense votacións, o número de votos favorables a cada unha das propostas, así como, se procede, o número de votos en contra e abstencións.
e) De ser solicitado por calquera membro da Xunta, na acta figurará o seu voto contrario ou abstención respecto do acordo adoptado e os motivos que o xustifican; a este efecto poderá formular por escrito, no prazo de dous días, o seu voto particular, que se incorporará á acta. En todo caso, deberá anunciar a intención de voto particular na propia sesión.
2. A actade cada sesión poderá aprobarse na mesma sesión ou na inmediata seguinte ordinaria. Para a aprobación da acta dunha sesión anterior, nas xuntas ordinarias, achegarase o borrador da mesma, xunto coa convocatoria, aos seus membros. A aprobación da acta farase tras dar a oportunidade aos membros da xunta presentes de manifestaren as súas observacións á mesma e, no seu caso, de presentar as alegacións que estimen. No caso en que non fose posible facilitar o borrador da acta con antelación, deberá darse lectura íntegra á mesma para a súa aprobación.
3. As actas, unha vez aprobadas, imprimiranse conforme ao establecido pola Secretaria Xeral e deberán ser asinadas pola secretaria Ou secretario, Ou quen faga as súas funcións, e visadas pola/o presidenta/e da Xunta. Periodicamente recompilaranse e encademaranse nun libro de actas para a súa conservación e arquivo. As actas aprobadas, asinadas e visadas estarán baixo custodia da secretaria ou secretario é poderán ser consultadas por calquera membro da Xunta de Facultade.
4. Asecretaria ou secretario da Xunta, co visto e prace da decana ou decano, expedirá certificación dos acordos específicos que se tivesen adoptado a calquera membro da Xunta de Facultade que o solicite por escrito. Con anterioridade á aprobación da acta tamén se poderán emitir certificacións sobre os acordos que se adoptaron, facéndose constar neste caso tal circunstancia.
Artigo 20. Comisión Permanente
1. A Xunta de Facultade dótase, ao abeiro do establecido nos Estatutos da USC, dunha Comisión Permanente que estará composta por:
a) A decana ou decano, que a presidirá.
b) A/o vicedecana/o ou vicedecanas/os.
c) A/o secretaria/o da Facultade, que o será tamén da Comisión Permanente.
d) Unha representación da Xunta de Facultade distribuida do seguinte xeito:
i. As directoras ou directores de departamento con sede no centro.
ii. Unha/un representante de cada área de coñecemento dos departamentos con sede no centro, a proposta destes.
iii. Un PDU/PIF membro da Xunta de Facultade en representación das áreas de coñecemento de departamentos sen sede no Centro, se os houbera, elixido por e de entre os membros deste sector da Xunta de Facultade.
iv. Catro estudantes elixidos por e de entre os membros deste sector da Xunta de Facultade.
v. Un membro do PAS, elixido por e de entre Os membros deste sector na Xunta de Facultade.
2. A representación do estudantado e do PAS na Comisión Permanente será renovada cando se renove a súa representación na Xunta de Facultade. As persoas do PDI que forman parte de Comisión Permanente por razón do seu cargo cesarán cando o fagan neste, sendo substituídos pola persoa que asuma este. As/os representantes do PDI dos apartados 1.d.ii) e 1.d.iii) renovaranse cando o faga a Xunta de Facultade.
Artigo 21. Competencias da Comisión Permanente
1. Son competencias da Comisión Permanente, por delegación da Xunta de Facultade:
a) Coñecer e decidir sobre os asuntos de trámite.
b) Coñecer e decidir sobre os asuntos que lle fosen expresamente delegados polo Pleno.
c) Adoptar acordos ordinarios sobre asuntos que impliquen a aplicación de procedementos e criterios previamente acordados polo Pleno.
d) Asesorar e facer propostas ao Pleno de mellora de procedementos e criterios de toma de decisión sobre asuntos ordinarios.
e) Coñecer e decidir sobre os asuntos que lle sexan presentados por outras comisións delegadas da Xunta de Facultade e elevalos, no seu caso, ao Pleno.
f) Asesorar en todas aquelas cuestións que a decana ou decano ou o Pleno da Xunta He soliciten no exercicio das súas competencias.
2. En ningún caso se poderán delegar na Comisión Permanente as competencias que os Estatutos da USC encomendan á Xunta de Facultade en materia de:elección de decana/o; aprobación do Regulamento de Réxime Interno; aprobación dos proxectos de plans de estudos; aprobación das liñas xerais da política académica; informe verbo da creación, modificación e supresión de departamentos.
Artigo 22. Funcionamento da Comisión Permanente
1. A Comisión Permanente reunirase cando sexa necesario para a tramitación dos asuntos que ten encomendados e establecerá, se o estima necesario, unha periodicidade para as súas reunións ordinarias.
2. En todos os aspectos referidos á convocatoria e normas de funcionamento, estarase ao previsto neste regulamento para a Xunta de Facultade.
CAPÍTULO II. Das Comisións da Facultade de Matemáticas
Artigo 23. Comisións
1. As comisións delegadas son instancias de asesoramento, que actúan por delegación da Xunta. A súa función é emitir informes, coordinar, estudar, elaborar propostas de carácter operativo ou resolver Os asuntos que este regulamento ou OS órganos competentes de gobemo da Facultade lles encomenden para o desempeño dos seus cometidos. Tomarán decisións e executarán acordos unicamente nos casos que este regulamento estableza, ou naqueles que expresamente lle encomende o Pleno da Xunta de Facultade ou norma de orde superior.
2. Ascomisións delegadas estables son:
a) Comisión de Biblioteca.
b) Comisión Permanente.
c) Comisión de Título do Grao en Matemáticas.
3. Á marxe destas comisións estables, a Xunta de Facultade poderá arbitrar a creación e constitución de comisións delegadas conxunturais para situacións puntuais ou asuntos concretos.
4. O réxime de organización e funcionamento das comisións delegadas, no referente a convocatorias, quórum, adopción de acordos e perda da condición de membro das mesmas, será o establecido para o Pleno da Xunta de Facultade.
5. A Facultade conta con outras comisións, non delegadas da Xunta de Facultade, que poden vir determinadas por normas de orde superior para o desenvolvemento das funcións que estas lles encomenden. As comisións non delegadas da Xunta de Facultade son:
a) Comisión de Calidade.
b) Comisión de Economía, Infraestruturas, Administración e Servizos.
c) Comisión de Igualdade.
d) Comisión de Normalización Lingúistica.
e) Comisión de Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
f) Outras comisións que poidan crearse ao abeiro de novas normas ou procedementos.
Cada unha destas comisións terá estrutura de seu e será presidida pola/o decana/o ou membro do equipo decanal en quen delegue. A/o secretaria/o da Xunta de Facultade serao tamén das Comisións, se formara parte delas, en caso contrario, será elixida/o de entre os membros integrantes da comisión. No caso das/os estudantes, a súa renovación farase cando se renove a representación das/os estudantes na Xunta de Facultade. A renovación dos restantes membros das diferentes comisións farase cada catro anos, coincidindo preferentemente coa renovación da Xunta de Facultade.
6. Os membros das comisións que O sexan por razón de cargo poderán ser substituídos pola persoa que eles mesmos indiquen de xeito puntual por ausencia xustificada.
7. En caso de renuncia ou perda da condición de membro de Comisión, a Xunta de Facultade arbitrará o procedemento de renovación, sendo este análogo ao cal foi elixido dita persoa e á maior brevidade posible.
Artigo 24, A Comisión de Biblioteca
1. A Comisión de Biblioteca créase ao abeiro dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e as súas funcións enténdense supeditadas ao Regulamento da Biblioteca Universitaria.
2. A Conmisión de Biblioteca estará formada, consonte ao establecido no Regulamento do Servizo de Biblioteca da USC, por:
a) A/o decana/o ou a persoa en quen delegue, que actuará como presidenta/e.
b) A directora ou director da Biblioteca de Centro ou a/o bibliotecaria/o encargada/o desta.
c) Unha profesora ou profesor por cada área de coñecemento dos Departamentos con sede no Centro, elixido entre o profesorado do departamento con docencia no centro e que formen parte da Xunta de Facultade. A/o representante da área á que pertenzan os docentes con sede no Observatorio actuará tamén como representante da Biblioteca do Observatorio Astronómico “Ramón Mª Aller”, adscrita á Facultade de Matemáticas.
d) Tres representantes do alumnado, elixidos entre o estudantado que forme parte da Xunta da Facultade, dos que dous serán de Grao e un de Máster.
3. Os seus membros renovaranse ordinariamente cada catro anos ou, no caso das/os estudantes, cando se renove a súa representación na Xunta de Facultade.
Artigo 25. Funcións da Comisión de Biblioteca
Serán funcións da Comisión de Biblioteca da Facultade:
a) Aprobar a politica de desenvolvemento das coleccións e distribuír o orzamento no ámbito da súa competencia, de acordo coas liñas xerais emanadas da Comisión da Biblioteca Universitaria.
b) Elaborar as normas de funcionamento dos servizos bibliotecarios no marco do Regulamento da Biblioteca Universitaria.
Estas normas estarán a disposición do público na Biblioteca da Facultade.
c) Aprobar o informe anual da Biblioteca da Facultade e elevalo á Dirección da Biblioteca Universitaria.
d) Asesorar nas diferenzas de criterio que poidan xurdir entre a Biblioteca e calquera dos seus usuarios.
e) Propoñer as medidas previstas no artigo 38 do Regulamento da Biblioteca Universitaria.
P) Asesorar en todos os asuntos que pola súa importancia se considere necesario someter á súa consideración.
9) Garantir, en réxime de consulta e/ou empréstito, un número de exemplares axeitado da bibliografía obrigatoria de todas as materias para o alumnado universitario.
Artigo 26. A Comisión do Título de Grao en Matemáticas
1. A Comisión do Titulo de Grao en Matemáticas é o órgano colexiado ordinario de xestión do título de Grao en Matemáticas e ocuparase daquelas cuestións que atinxan ao normal desenvolvemento do programa de estudos que establece a memoria do Grao en Matemáticas.
2. A Comisión do Título de Grao en Matemáticas estará formada conforme o que se estableza na norma xeral aplicable da USC ou, no seu defecto, por:
a) A/o decana/o ou persoa en quen delegue, que a presidirá.
b) A coordinadora ou coordinador académica/o do título que será PDI do título.
c) Unha/un secretaria/o, que será elixida/o entre os membros da comisión.
d) A/o responsable de calidade do centro (RCC).
e) A/o responsable Académica/o de Mobilidade (RAM).
f) A/o responsable da unidade de xestión de centro e departamentos da Facultade.
g) Unha representación do PDI e do estudantado da Xunta de Facultade distribuída do seguinte xeito:
i.-As/os directoras/es de departamento con sede no Centro.
ii.-A/o secretaria/o da Facultade, sempre que sexa PDI.
iii.-Unha/un representante por cada unha das áreas de coñecemento de departamentos con sede no centro e tales que o número de créditos que estas impartan no título de Grao en Matemáticas sexa superior ó 10% do número de créditos de que consta este. No cómputo anterior, non se contabilizarán os TFGs nin as prácticas en empresas. As/os mencionadas/os representantes serán propostas/os polo departamento.
iv.-Un PDI/PIF membro da Xunta de Facultade en representación das áreas de coñecemento de departamentos sen sede no centro, se os houbese, e das áreas que, estando nun departamento con sede no centro, non figuren incluídas no apartado ii). A/o representante será elixida/o na Xunta de Facultade por e de entre os membros deste sector.
v.-Tres estudantes matriculadas/os no Grao en Matemáticas que sexan membros da Xunta de Facultade, elixidos por e de entre os membros deste sector.
3. A renovación da comisión do título efectuarase cada catro anos, coincidindo preferentemente coa renovación da Xunta de Facultade. A renovación da representación do alumnado farase cando se renove a súa representación na Xunta de Facultade.
Artigo 27. Competencias da Comisión do Título de Grao en Matemáticas
Serán funcións da Comisión do Título as que se lle poidan asignar no marco do SGC do centro e, en calquera caso, as seguintes:
a) Formular a proposta de oferta de prazas e criterios de admisión, de acordo coa memoria do título, para a súa aprobación pola xunta de centro e posterior aprobación polo Consello de Goberno visto o informe emitido pola xunta de centro.
b) Formular a proposta de programación docente anual (PDA) e a asignación de docencia das materias do título a áreas de coñecemento, previa consulta aos departamentos participantes, para a súa aprobación pola xunta de centro e posterior aprobación pola vicerreitoría con competencias na materia. Unha vez comunicada por parte do centro a aprobación do PDA aos departamentos que interveñen na docencia do título, estes asignarán o profesorado ás materias do titulo de acordo coa normativa vixente e a cualificación docente e investigadora do PDI.
c) Aprobar as propostas de colaboración docente do persoal extemo á USC, para a súa tramitación pola vicerreitoría competente, indicando os custos e recursos cos que conta para a súa participación.
d) Analizar a guía docente (programación) de cada materia previamente aprobada polo departamento que ten asignada a encarga docente, para supervisar que o programa e demais partes da programación anual de cada materia se adaptan á memoria verificada do título (MVT) vixente e dar traslado do seu informe á xunta do centro para a súa aprobación.
e) Asesorar, se así se lle solicita, sobre o recoñecemento de competencias do alumnado matriculado no título.
f) Tramitar propostas de modificación do título consonte ao establecido na normativa en vigor, sen menoscabo de que, na elaboración dun plano novo,se nomee unha comisión específica a tal fin.
g) Elaborar o calendario de exames, horarios e a organización das clases das materias do Grao en Matemáticas.
h) Analizar e promover a mellora da calidade da docencia, supervisando a metodoloxía didáctica, os métodos de avaliación e o rendemento das/os docentes e discentes.
i) Mediar, dentro dos límites das súas competencias, nos conflitos que no aspecto docente poidan xurdir entre os membros dos colectivos da Facultade.
l) Coñecer e informar sobre calquera conflito que puidera xurdir no desenvolvemento da docencia.
m) Todas aqueloutras funcións de tipo académico necesarias para o correcto desenvolvemento do titulo de Grao en Matemáticas e que non fosen encargadas a ningún outro órgano.
Artigo 28. A Comisión de Calidade
1. A Comisión de Calidade estará formada por:
a) A decana ou decano, que a presidirá.
b) A/o responsable de Calidade da Facultade.
c) As coordinadoras ou coordinadores das titulacións oficiais adscritas á Facultade.
d) A/o responsable da unidade de xestión de centro e departamentos.
e) As directoras ou directores de departamento con sede no centro.
f) Unha/un estudante elixido por e de entre os membros deste sector da Xunta de Facultade.
2. A Comisión de Calidade ten como función o aseguramento da calidade das titulacións oficiais e do Sistema de Garantía Intemo de Calidade da Facultade, de acordo co que neste se establece.
Artigo 29. A Comisión de Economia, Infraestruturas, Administración e Servizos
1. A Comisión de Economía, Infraestruturas, Administración e Servizos estará integrada por:
a) A/o decano/a ou persoa na que delegue, que actuará como Presidenta/e.
b) A/o responsable de Asuntos Económicos da Facultade.
c) A/o conserxe da Facultade.
d) Un PDI por cada área dos departamentos con sede na Facultade, a proposta dos departamentos de ditas áreas.
e) Tres representantes do alumnado, dos que dous serán do Grao en Matemáticas e un de Máster, elixidos polo alumnado que forme parte da Xunta da Facultade.
2. Son competencias da Comisión de Economia, Infraestruturas, Administración e Servizos:
a) Elaborar a proposta de orzamentos da Facultade.
b) Asesorar ao equipo decanal na avaliación de necesidades materiais en infraestruturas e equipamento da Facultade e na proposta das actuacións máis eficaces na procura de solucións, mellora dos servizos e utilización óptima de recursos.
c) Velar porque se respecte a lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo, dereitos laborais e individuais, respecto ao medio ambiente, etc.
d) Calquera outra competencia nestes ámbitos que non sexa exclusiva da Xunta de Facultade.
Artigo 30. A Comisión de Igualdade
1. A Comisión de Igualdade estará formada por:
a) A/o decana/o ou persoa en quen delegue, quen convocará e presidirá.
b) Unha/un representante de cada Departamento con sede no Centro, a proposta destes.
c) Unha/un representante de profesorado polas restantes áreas con docencia na Facultade correspondentes a Departamentos sen sede no Centro, elixido por e de entre os membros deste sector da Xunta de Facultade.
d) Dous estudantes, preferentemente un de Grao e outro de Máster, elixidos polo alumnado que forme parte da Xunta da Facultade.
e) Un membro do PAS, elixido polos membros deste sector que formen parte da Xunta de Facultade.
2. A Comisión de Igualdade velará polo cumprimento efectivo do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos da Facultade, no marco das políticas específicas deseñadas neste eido pola Universidade de Santiago de Compostela e en colaboración cos órganos competentes desta.
Artigo 31. A Comisión de Normalización Lingúística
1. A Comisión de Normalización Lingúistica estará formada por:
a) A/o decana/o.
b) Un membro do PDI por cada área dos Departamentos con sede na Facultade, a proposta destes.
c) Unha/un representante das outras áreas de coñecemento con docencia na Facultade, elixido por e de entre os membros deste sector da Xunta de Facultade.
d) Un membro do PIF por cada Departamento con sede no Centro a proposta do Departamento correspondente.
e) Dous membros do PAS que desenvolvan as súas tarefas na Facultade.
f) Tres estudantes, preferentemente dous de Grao e un de Máster, elixidas/os polo alumnado que forme parte da Xunta de Facultade.
2. A Comisión de Normalización Linguistica ten as funcións de:
a) Impulsar o cumprimento da normativa en materia de normalización lingúistica no ámbito da Facultade.
b) Promover o uso normalizado do galego en todas as actividades que nela se desenvolven, tanto internas como externas.
c) Velar pola aplicación do Plan de Normalización Linguistica da USC no marco da Facultade.
Artigo 32. A Comisión de Tecnoloxías da Información e a Comunicación
1. A Comisión de Tecnoloxías da Información e a Comunicación estará formada por:
a) A/o decana/o ou persoa en quen delegue, quen convocará e presidirá.
b) A/o responsable da Rede de Aulas de informática (RAI) con destino na Facultade.
c) Unha/un representante de cada área de coñecemento dos Departamentos con sede no Centro, a proposta destes.
d) Unha/un representante das áreas con docencia na Facultade correspondentes a Departamentos sen sede no Centro, elixido por e de entre os membros deste sector da Xunta de Facultade.
e) Dous estudantes, preferentemente un de Grao e outro de Máster, elixidos polo alumnado que forme parte da Xunta da Facultade.
2. A Comisión de Tecnoloxías da Información e a Comunicación ten as funcións de:
a) Avaliar as necesidades materiais en infraestruturas e equipamento da Facultade, relacionadas coa informática e as tecnoloxías da comunicación.
b) Propoñer actuacións eficaces na busca de solucións, avance dos servizos e utilización óptima de recursos nestes campos.
CAPÍTULO III. Do Equipo Decanal
Artigo 33.
Os órganos de goberno unipersoais da Facultade (decana ou decano, vicedecana/s ou vicedecano/s e secretaria ou secretario) están, para as súas funcións, competencias, designación e período de mandato, ao establecido nos Estatutos da USC.
Artigo 34.
A elección de decana ou decano farase de acordo co establecido nos Estatutos e no Regulamento Electoral Xeral da USC.
Artigo 35.
1. No caso de se presentar, ao abeiro do establecido no Regulamento Electoral Xeral da USC, unha moción de censura para a remoción da decana ou decano, esta/e deberá convocar sesión da Xunta de Facultade extraordinaria, con ese único punto na orde do día, no prazo máximo de 15 dias hábiles a partir do da súa entrada no Rexistro da Facultade. Nesta Xunta, actuará como presidenta/e o membro do PDI máis antigo de acordo cos Estatutos da USC e estará asistida/o pola/o secretaria/o da Facultade.
2. A/o candidata/o e a/o decana/o disporán dun tempo máximo de trinta minutos cada un para fixaren as súas posicións; a seguir abrirase unha quenda de preguntas que se prolongará durante un tempo máximo de 1 hora e a continuación procederase á votación, que será nominal e secreta.
3. A moción considerarase aprobada de obter un número de votos favorables superior á metade dos membros da Xunta; neste caso proclamarase decana/o electa/o a persoa proposta na moción de censura.
4. Logo de ser nomeada/o a/o nova/o decana/o, esta/e desempeñará o cargo o resto do periodo para a/o que fora elixida/o a/o decana/o censurada/o.
5. Se a moción de censura non fose aprobada, as/os súas/seus asinantes non poderán presentar outra durante o mesmo periodo de mandato,
TÍTULO II. DA REFORMA DO REGULAMENTO
Artigo 36.
1. A iniciativa, motivada e articulada, da reforma total ou parcial deste regulamento correspóndelle á/ao decana/o ou ao 30% dos membros da Xunta de Facultade
2. Recibida a proposta, no prazo máximo de 3 días hábiles, a/o decana/o enviará copia a todos os membros da Xunta de Facultade e no prazo máximo de 15 dias hábiles convocará un pleno extraordinario da Xunta de Facultade para a toma en consideración.
3. Se a proposta recibise os votos favorables do 30% dos membros da Xunta de Facultade, abrirase un prazo de 15 días hábiles para a presentación de emendas e convocarase unha nova sesión do pleno da Xunta de Facultade para someter a aprobación o texto e as correspondentes emendas. As modificacións totais ou parciais esixirán o acordo maioritario da Xunta, con votación favorable de máis da metade dos seus membros en primeira votación e máis dun terzo na segunda,
4. Se a proposta fose rexeitada, non poderá presentarse outra proposta de reforma nos mesmos termos ata transcorrido un prazo de 2 anos.
5. No caso de que a reforma do regulamento veña motivada pola necesidade de adaptación aos Estatutos ou calquera outra normativa de obrigado cumprimento, farase de oficio, mediante presentación do proxecto e a apertura do prazo de emendas, non sendo necesario someter a oportunidade da reforma á consideración da Xunta.
Disposición transitoria
No prazo máximo de 30 días, contados a partir da entrada en vigor do presente regulamento, procederase á elección dos membros das Comisións previstas nel.
Disposición final
O presente regulamento entrará en vigor ao dia seguinte da súa publicación na sede electrónica da USC, logo da súa aprobación polo Consello de Goberno.
Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.