Regulamento do Réxime Interno do Centro de estudos da Empresa: Responsabilidade Social e Competencia da USC (CERGI)
NORMA CONSOLIDADA
CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º.- Natureza e denominación
O CERGI, CENTRO DE ESTUDOS DA EMPRESA: RESPONSABILIDADE SOCIAL E COMPETENCIA constitúese pola Universidade de Santiago de Compostela e a Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia como Centro de carácter mixto dedicado á investigación, formación e estudo da Responsabilidade social, o Bo Goberno e a Competitividade da Empresa, tanto cara aos mercados nos que participan como respecto dos seus accionistas, investidores, consumidores e a sociedade en xeral.
Artigo 2º.- Ámbito de actuación e de vixencia
1. O CENTRO terá fundamentalmente dous ámbitos de actuación:
1.1. É un Centro de investigación dedicado a Análise dos aspectos xurídicos, económicos e sociais da competencia e á responsabilidade social, goberno corporativo e protección do investidor nos planos galego, nacional, europeo e internacional.
1.2. É un Centro de desenvolvemento práctico das tarefas sobre as que investiga, podendo prestar asesoramento, ou emitir ditames nos eidos da Competencia, do Bo Goberno empresarial, da Responsabilidade Social Corporativa e da Protección do Investidor, e facelo directamente ou indirectamente a través da contratación con expertos externos.
2. O CENTRO terá un ámbito de vixencia indefinido; isto non obstante, calquera das partes asinantes do Convenio polo que se crea, poderá denunciar este con alomenos un ano de anticipación.
Artigo 3º.- Fins
No eido do seu ámbito de actuación, son fins do Centro:
a) Promover, impulsar e desenvolver o coñecemento, investigación e difusión das materias propias.
b) Levar a cabo as tarefas de formación e ensino que sexan promovidas ou encomendadas pola USC ou polos promotores externos da USC.
c) Establecer vínculos de colaboración con outras organizacións galegas, nacionais ou internacionais co obxectivos converxentes cos do CENTRO.
d) Participar no ensino de Terceiro Ciclo e de Posgrao no marco da organización programada ó efecto pola USC.
e) Crear e manter unha biblioteca especializada.
f) Crear e manter unha base de datos expertos nos eidos de competencia do CENTRO de adscrición voluntaria.
g) Crear e manter un sitio web.
h) Promover a edición dunha revista especializada en temas de competencia, responsabilidade social, goberno corporativo e protección do inversor, así como publicacións especializadas en temas da súa competencia.
Artigo 4º.- Sede
En tanto non dispoña doutra sede que lle poidan asignar as autoridades académicas da Universidade, o CENTRO terá a súa sede na área de Dereito Mercantil na Facultade de Derecho.
Artigo 5º.- Réxime
Sen prexuízo de aplicación das normas xerais de carácter administrativo, o CENTRO rexerase polo disposto na Lei de Ordenación Universitaria, polos Estatutos da USC aprobados por Decreto da Xunta de Galicia, polo Regulamento de creación e funcionamento dos Centros Propios da Universidade de Santiago de Compostela e por este Regulamento.
CAPÍTULO II.- ORGANIZACIÓN
Artigo 6º.- Órganos de goberno
Os órganos de goberno do CENTRO son:
a) O Consello do Centro
b) O Director
c) O Secretario
Artigo 7º.- Composición do Consello de Centro
O Consello do Centro, que se renovará cada 4 años, estará composto por:
a.- O Director do Centro, que o convocará e presidirá.
b.- Un representante da Xunta de Goberno da Universidade nomeado polo Reitor.
c.- Dous representantes da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
d.- O Secretario do Centro.
e.- Tres representantes do persoal científico adscrito ó Centro, que deberán ter acondición de profesores da USC.
Artigo 8º.- Funcións do Consello de Centro
1. Son funcións do Consello de Centro:
a) Elixir o Director do Centro e propoñer o seu nomeamento ó Rector e, de ser o caso, a súa remoción mediante acordo adoptado polo voto favorable de dous tercios dos seus compoñentes.
b) Aprobar o orzamento e a programación anual das actividades do CENTRO.
c) Aprobar a memoria anual de actividades e a memoria económica.
d) Aprobar o ingreso de novos membros do persoal científico do CENTRO e o seucesamento.
e) Emitir informes sobre os contratos do CENTRO e dos seus profesores aos quese refire o artigo 18 deste Regulamento.
f) Propoñer á Xunta de Goberno da USC e á autoridade competente da Xuntade Galicia a aprobación ou modificación do Regulamento do CENTRO.
g) Nomeamento de membros honorarios do CENTRO.
h) Aqueloutras que se establezan en desenvolvemento de disposicións contidasnos instrumentos normativos polos que se rixe o CENTRO.
2. Salvo que se esixan outras maiorías, o Consello adoptará acordos polo voto favorable da metade dos asistentes. No caso de empate na votación, o voto do Presidente será dirimente.
3. O Consello do Centro reunirase na sede do CENTRO polo menos unha vez ao ano, e cada vez que sexa convocado polo seu presidente. O presidente deberá convocalo a petición dos 3/4 dos seus membros.
4.- As convocatorias das sesións será realizada polo Director e nela deberá constar:lugar de reunión, data, hora e orde do día. A convocatoria deberá ser notificada, cando menos, cunha antelación de cinco días hábiles. Considerarase como medio ordinario de notificación o correo electrónico dirixido ao enderezo que cada membro do Consello debe ter na USC.
5. O Consello constituirase validamente, en primeira convocatoria, coa asistencia da metade máis un dos seus membros e en segunda, que se celebrará media hora despois, coa presenza dun 25% dos seus membros. En todo caso, é necesaria a asistencia do Director e do Secretario ou dos membros do Consello que legalmente os substitúan.
Artigo 9º.- O Director do Centro
1.- O Director do CENTRO será un profesor ou un investigador da USC, co título de doutor, con dedicación a tiempo completo.
2.- O Director será elexido polo Consello de Centro e nomeado polo Rector da USC por un período de catro anos, non podendo desempeñar o cargo máis de dous mandatos consecutivos.
3.- Correspóndelle ó Director:
a. Convocar o Consello de Centro a lo menos unha vez o ano, presidir as reunións que celebre e executa-los seus acordos.
b. Representar o CENTRO no ámbito da súa competencia.
c. Elaborar as propostas anuais de programación e orzamento do CENTRO.
d. d. Redactar a memoria de actividades e a memoria económica.
e. Nomear o Secretario.
f. Dirixir e coordinar as actividades do CENTRO.
g. Autorizar os gastos do orzamento anual do Centro.
h. Aqueloutras funcións que lle poidan corresponder en virtude de disposiciónsque lle sexan aplicables.
Artigo 10º.- O Secretario do Centro
1.- O Secretario do CENTRO será nomeado polo Director entre os membros do Centro. No caso de non pertencer a o Consello de Goberno, intervirá con voz, perosen voto.
2.- Son funcións do Secretario:
a. Redactar as actas das sesións do Consello.
b. Custodiar os arquivos e a documentación do CENTRO.
c. Expedir as certificacións no ámbito da súa competencia. d. Auxiliar ó Director nas súas función.
CAPÍTULO III.- MEMBROS
Artigo 11º.- Membros do CENTRO pertencentes á Universidade de Santiago
1.- Estará integrado por profesores, axudantes, bolseiros, membros doutros Centros o Institutos e investigadores da USC, que realicen ou houbesen realizado investigación no ámbito das actividades do CENTRO.
2.- De conformidade co establecido no apartado anterior, formarán parte do persoal científico inicial do CENTRO os profesores e institucions que se relacionan no ANEXO I deste Regulamento.
3.- Sen prexuízo do disposto nos apartados anteriores, poderán incorporarse como membros do CENTRO profesores e investigadores doutras áreas de coñecemento non contempladas no apartado 1 deste artigo, previa solicitude que deberá contar coa autorización previa do consello de departamento para realizar no centro a totalidade ou parte da súa xornada investigadora. De desestimarse a solicitude de ingreso esta é recorrible ante Consello de Goberno da Universidade.
Artigo 12º.- Membros científico-académicos e técnicos pertencentes a outras universidades, institutos de investigación e Organismos públicos ou privados; e profesionais de recoñecido prestixio en materias relacionadas coa materia
1.- Poderán integrarse e pertencer ao CENTRO a título individual profesores e investigadores doutras Universidades e Centros de Investigación con obra publicada e especializada en materias relacionadas co ámbito de actividade do CENTRO.
2.- Asemade, poderán integrarse e pertencer ao CENTRO aquelas persoas que presten os seus servizos en institucións da Xunta de Galicia, ou no Goberno Central,ou en organismos como a Comisión Nacional do Mercado de Valores, o Banco Central, Sociedades Gestoras, etc. e que desempeñen funcións vencelladas co Bo Goberno, a Responsabilidade Social, e a Protección do Investidor, sempre que estean en posesión do título de licenciado ou equivalente; así como os avogados, auditores e outros profesionais de recoñecido prestixio nos eidos de actividade do CENTRO.
Artigo 13º.- Membros honorarios
O Consello de Centro, por voto favorable de dous tercios dos seus membros, poderá nomear membros honorarios, con voz pero sen voto, entre as persoas que destaquen ou houberan destacado en calquera campo relacionado co ámbito de actuación do CENTRO.
Artigo 14º.- Adicación dos membros
O persoal científico desenvolverá as súas actividades no CENTRO, sen mengua das obrigas docentes e de investigación, ou de calquera outro tipo, ás que estean suxeitos en virtude do réxime que lles sexa de aplicación pola súa pertenza á USC, a outras Universidades galegas, Goberno Central ou do seu organismo de orixe.
Artigo 15º.- Perda de condición de membro do CENTRO
A condición de membro do CENTRO perderase por renuncia, que se fará chegar por escrito ao Director e que este comunicará ao Consello do Centro.
Tamén se perderá dita condición por perda da condición que xustificou o seu ingreso, así como por acordo adoptado polo voto favorable de dous terzos dos membros do Consello de Centro.
CAPÍTULO IV.-RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 16º.- Orzamento
O CENTRO terá o seu propio orzamento de ingresos e gastos que deberá ser confeccionado anualmente polo Director e aprobado polo Consello de Centro.
Artigo 17º.- Ingresos
Terán a consideración de ingresos do CENTRO:
a) As axudas e subvencións outorgadas ó CENTRO por organismos ou entidades públicas ou privadas, así como por persoas individuais.
b) As cantidades de diñeiro procedentes de proxectos de investigación concedidos a membros do CENTRO para investigación nas materias propias do mesmo.
c) As cantidades de diñeiro procedentes de contratos concluídos con entidades públicas ou privadas.
d) As cantidades de diñeiro procedentes de asignacións que se poidan facer ó CENTRO nos orzamentos da USC.
e) Os dereitos económicos que correspondan pola impartición de cursos ou seminarios.
f) As cantidades que se poidan obter pola asesoría ou estudios efectuados dentrodos ámbitos do seu obxecto.
Artigo 18º .- Actuacións do CENTRO para terceiros
O CENTRO e o seu profesorado a través del, poderán contratar con entidades públicas e privadas e con persoas físicas a realización de traballos de carácter científico, así como o desenvolvemento de cursos de especialización, informes, e consultas nas condicións establecidas na lexislación vixente e nos Estatutos da USC.
Artigo 19º.- Bens inventariables
Os bens inventariables que adquira o CENTRO para o cumprimento dos contratos que celebren conforme ó previsto no artigo 18, serán de propiedade da USC, salvo que por un convenio específico, que será aprobado pola Xunta de Goberno da Universidade e/ou pola competente autoridade da Xunta de Galicia, se estableza outro réxime sobre a titularidade dominical dos bens así adquiridos.
Artigo 20.- Gastos
Corresponde ó Director do Centro autorizar os gastos dentro do orzamento anual; a tramitación do expediente de gasto realizarase de acordo coas normas xerais da USC.
DISPOSICIÓNS FINAIS
Primeira.-
O presente Regulamento entrará en vigor a partir da aprobación do presente Regulamento por parte do Consello de Goberno da USC.
Segunda.-
O presente Regulamento poderá ser modificado por acordo da Xunta de Goberno da USC, e o Director do Centro informará das modificacións adoptadas ás autoridades competentes dos promotores alleos á USC.
Terceira.-
A interpretación do presente Regulamento é competencia da Xunta de Goberno da USC.
ANEXO I .- NÓMINA DOS Membros INICIAIS DO CENTRO:
1. Don Ángel Fernández-Albor Baltar, Catedrático de Dereito Mercantil.Membro do ECGI.
2. Don Francisco Hernández Rodríguez, Profesor Titular de Dereito Mercantil. Membro do ECGI.
3. Dona Elena Fátima Pérez Carrillo. Doutor en Dereito. Membro do ECGI.
4. Don Marcos Ricardo Torres Carlos. Doutor en Dereito. Membro do ECGI.
5. Don Carlos Ruiz Miguel. Catedrático de Dereito Constitucional.
6. Don César García Novoa. Catedrático Dereito Financeiro.
7. Dona Begoña Villaverde Gómez. Profesora Contratada Doutor. Dereito Financeiro e Tributario.
8. Dona Soraya Rodríguez Losada. Bolseira FPU. Dereito Financeiro e Tributario.
9. Don Luís Otero González. Prof. Titular de Economía Financeira
10. Don Javier Lete Achirica. Profesor Titular de Dereito Civil
11. Dona Consuelo Ferreiro Regueiro. Profesora Titular de Dereito do Traballo
12. Don Javier Framiñán Santas. Profesor Contratado Doutor. Dereito Mercantil.
Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.