Regulamento de Réxime Interno do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 1284
Departamento: Consejo de Gobierno
Estado: En vigor

  

TÍTULO PRELIMINAR

Art. 1.-

O Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (en adiante IDEGA) configúrase como un Instituto Universitario propio da USC, ó abeiro do disposto no artigo 10 da Lei 6/2001, de 21 de decembro modificada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, nos decretos e normas que a desenvolven, nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, nas Normas para a creación e funcionamento de institutos universitarios aprobadas polo seu Consello de Goberno (Regulamento de Creación e Xestión de Institutos de Investigación da USC — aprobado o 18 de outubro de 2017).

Art. 2.-

O IDEGA rexerase, a parte de pola normativa legal de rango superior que lle sexa aplicable, polo presente Regulamento.

TÍTULO I: DA NATUREZA E DOS OBXECTIVOS DO INSTITUTO

Art. 3.-

Os obxectivos do IDEGA son os seguintes:

a) A investigación básica e aplicada no ámbito das ciencias sociais, sobre os problemas de desenvolvemento económico no pasado e no presente, con especial atención á realidade social e económica de Galicia. Baixo este presuposto o IDEGA convertese nun ámbito de encontro interdisciplinar.

b) A realización de actividades formativas.

c) A realización de informes e asesoramento técnico a institucións, empresas e persoas nos ámbitos de competencia do instituto.

d) A creación de bases de datos e bases bibliográficas e documentais, ó servicio da comunidade científica, de carácter especializado nas áreas de investigación propias do Instituto.

e) A promoción e colaboración na organización de seminarios, debates, congresos, reunións científicas e actividades análogas, referidas á natureza e funcións propias do IDEGA.

Art. 4.-

O IDEGA poderá establecer relacións de colaboración con outros institutos, departamentos, centros e órganos de goberno da Universidade, así como con organismos competentes da Administración central, da Comunidade Autónoma de Galicia e administracións locais, con institucións educativas, culturais e sociais de ámbito local, autonómico, estatal e internacional e cos Institutos de similar configuración doutras universidades, de acordo co artigo 10 da Lei 6/2001, de 21 de decembro, modificada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril.

Art. 5.-

A investigación no IDEGA levarase a cabo:

a) Mediante proxectos das diversas convocatorias públicas.

b) Mediante convenios e contratos con institucións ou empresas.

c) Mediante a investigación propia do Instituto, a través de proxectos individuais ou de grupo, baixo a responsabilidade das diferentes seccións, aprobados polo Consello Científico,

Art. 6.-

A actividade docente será coordenada polo Consello Científico, que se encargará da elaboración dos programas formativos.

TÍTULO II: DA ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN

Art. 7.-

O IDEGA, para o mellor cumprimento dos seus obxectivos, deberá dispor dunha estrutura organizativa e de recursos capaz.

Art. 8.-

O IDEGA contará con unidades técnicas, de infraestruturas e administrativas, para o apoio as diferentes actividades dos grupos de investigación adscritos ao IDEGA.

Nestas unidades, de xeito exclusivo ou compartido, desenvolve a súa actividade o persoal de administración e servizos que a Universidade adscriba ó Instituto.

TÍTULO III: DO PERSOAL DO INSTITUTO

Art. 9.-

O persoal do IDEGA constitúeno:

a) Os investigadores vinculados:Persoal docente e investigador (PDI) doutor da Universidade de Santiago de Compostela vinculados ao Instituto e/ou investigadores doutores de outras institucións adscritos á USC mediante acordos institucionais que recoñezan a súa relación formal co Instituto.

b) Os investigadores non permanentes:Persoal investigador contratado especificamente con cargo a programas ou proxectos de investigación de acordo co marco laboral e normativo aplicable.

c) Investigadores en formación:Persoal investigador matriculado nalgún programa de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela que conte coa dirección ou codirección dun investigador vinculado ao Instituto.

d) Os investigadores colaboradores:Persoal investigador non incluído nos apartados anteriores que colaboren asiduamente nalgún proxecto ou programa do Instituto.

e) Persoal de Administración e Servicios que a Universidade adscriba ó Instituto.

Art. 10.-

Vinculación dos investigadores:

a) A vinculación formal dos investigadores ao IDEGA realizarase en base a criterios e méritos de investigación e idoneidade cos fins do Instituto e deberá propiciar a incorporación de novos grupos e ámbitos de traballo.

b) No proceso de vinculación formal dos investigadores valoraranse os méritos dos últimos catro anos que figuren no seu curriculum, e os recoñecementos, nese mesmo período, acreditados polas Axencias Oficiais de Avaliación ou pola propia USC.

c) O compromiso de vinculación será de catro anos. Transcorrido a ese período se o investigador manifesta o seu desexo de continuar será sometido a unha nova avaliación na que se considerarán os seus méritos e o compromiso mantido co Instituto.

d) A actividade de investigación e a produción científica dos investigadores do IDEGA a efectos de filiación e valoración de indicadores estarán vinculadas ao Instituto.

e) Excepcionalmente, poderá considerarse o recoñecemento de investigadores vinculados con dedicación parcial cando a súa contribución sexa determinante para a incorporación de capacidades disciplinares de interese para o desenvolvemento do Instituto e a súa Axenda Científica.

f) Os investigadores que soliciten o ingreso no IDEGA deberán poñelo en coñecemento do seu Departamento, que deberá informar favorablemente ou non da correspondente vinculación. O informe, que non será vinculante, deberá ser considerado no correspondente proceso de vinculación formal.

g) A desvinculación do persoal docente e investigador da USC ao IDEGA será aprobada pola Xunta de Goberno e terá causa nalgunha das seguintes situacións:

1.- A instancias do Consello Científico do Instituto, da Comisión Asesora Externa e/ou do/a Director/a do Instituto.

2.- A instancias do/a interesado/a, por calquera causa, cun preaviso de 3 meses.

Art. 11.-

Co obxectivo de asegurar a solvencia científica establécese a figura do Investigador Garante como aquel investigador da USC, vinculado formalmente ao IDEGA, que, por reunir criterios de excelencia e competencia científica, avala e garante O desenvolvemento da axenda científica e obxectivos definidos para o Instituto.

O Investigador Garante ten que cumprir as seguintes características curriculares:

a) Posuír unha traxectoria científica acreditada no ámbito de actuación do IDEGA. A estes efectos, medirase sobre a base do impacto normalizado das publicacións científicas que será igual ou superior á media nacional na área de coñecemento Regulamento de réxime interno correspondente. Adicionalmente, acreditará a posesión de, polo menos, dous sexenios da actividade investigadora ou méritos equivalentes a xuízo da Comisión de Investigación delegada do Consello de Goberno, estando activo o último tramo avaliado.

b) Ter sido investigador responsable de proxectos de investigación internacionais, do Programa Marco da Unión Europea ou dos Plans Nacionais e Estatais de I+D+I da Administración Xeral do Estado, seleccionados mediante concorrencia competitiva nos últimos catro anos. Quedan excluídas as accións complementarias e de mobilidade.

TÍTULO IV: DOS ÓRGANOS DE GOBERNO

Art. 12.-

O IDEGA terá órganos de goberno colexiados e individuais. Os órganos colexiados son a Xunta de Goberno e o Consello Científico. Os órganos individuais son o/a Director/a e o/a Secretario/a.

Art. 13.-

A Xunta de Goberno integrarana:

a) O Reitor da Universidade, ou Vicerreitor en que delegue, que a presidirá e a convocará.

b) O(s)/a(s) Vicerreitor(es)/a(s) con competencias en materia de investigación da USC, que poderá actuar como Vicepresidente/a.

c) Un vogal en representación do Consello de Goberno da USC, nomeado polo Reitor.

d) Un vogal en representación do Consello Social da USC.

e) Os representantes de institucións públicas ou privadas que contribúen de maneira substancial e estable ao financiamento ou á actividade investigadora do Instituto.

f) O Director ou a Directora do IDEGA.

g) O Secretario ou a Secretaria do IDEGA, que o será tamén da Xunta de Goberno.

Os membros universitarios deberán constituír sempre a maioría da Xunta de Goberno.

Art. 14.-

Serán funcións da Xunta de Goberno:

a) Aprobar a elección do/a Director/a do Instituto tras a proposta do Consello Científico e, de darse o caso, propoñerlle a súa remoción ao Reitor, mediante acordo adoptado pola maioría absoluta dos seus membros.

b) Aprobar a proposta de orzamento e a programación do Instituto.

c) A aprobación da memoria anual de actividades e a memoria económica, da que se lle dará conta ao Consello de Goberno da USC.

d) A promoción do financiamento e a dotación do Instituto.

e) A proposta ao Consello de Goberno da USC da incorporación á Xunta de Goberno do Instituto de novos membros, en representación da comunidade universitaria ou de institucións públicas ou privadas.

f) A proposta ao Consello de Goberno da USC da modificación do Regulamento de Réxime Interno do Instituto.

Art. 15.-

As sesións da Xunta de Goberno do IDEGA serán:

a) Ordinarias, cun mínimo de unha ó ano, convocada polo/a Presidente/a, que fixará a orde do día, asistido polo/a Secretario/a.

b) Extraordinarias, sempre que se considere necesario, a iniciativa do presidente, do/a director/a do Instituto, ou a pedimento da metade mais un dos seus membros.

Art. 16.-

Na orde do día das sesións ordinarias teñen que figurar como puntos a aprobación da acta ou actas anteriores, así como os asuntos de trámite, rogos e preguntas.

A convocatoria, coa orde do día da sesión ordinaria, ten que estar en poder dos membros da Xunta de Goberno cunha antelación mínima de catro días hábiles, prazo no que tamén deberá estar ó seu dispor a documentación ou información relacionada directamente cos asuntos da mesma.

Art. 17.-

Poderán presentarse propostas de inclusión ou modificación de puntos da orde do día, se están presentes todos os membros da Xunta de Goberno e a decisión adoitase por maioría.

Art. 18.-

As sesións da Xunta de Goberno quedan constituídas validamente en primeira convocatoria ó estaren presentes a metade mais un dos seus membros e, en segunda, cun terzo dos seus membros.

Art. 19.-

O Consello Científico estará integrado por 12 membros:

a) O/a director/a do IDEGA, que o presidirá e convocará.

b) O/a secretario/a do IDEGA, que o será tamén do Consello Científico.

c) Unha representación de 7 investigadores vinculados ao IDEGA dos que como mínimo 2 serán investigadores garantes.

d) Unha representación de 2 investigadores non permanente e en formación vinculados ao IDEGA.

e) Unha representación de 1 investigador colaborador vinculado ao IDEGA.

Art. 20.-

Son funcións do Consello Científico:

a) A proposta á Xunta de Goberno da persoa que exerza a dirección do Instituto.

b) A aprobación do ingreso de novos membros do persoal científico do Instituto, e o seu cesamento. O acordo correspondente deberá contar co informe previo da Comisión Asesora Externa e deberá ser ratificado pola Xunta de Goberno do Instituto.

c) A información das propostas de programas, orzamento e€ memoria económica € de actividades do Instituto.

d) A programación das actividades científicas, docentes e de asesoramento técnico do instituto e a vixilancia da súa realización.

e) A información dos contratos do Instituto ou do seu profesorado.

Art. 21.-

As sesións do Consello Científico do IDEGA serán:

a) Ordinarias, cun mínimo de tres ó ano, convocadas polo/a Director/a, que fixará a orde do día, asistido polo/a Secretario/a.

b) Extraordinarias, sempre que o requira o cumprimento dalgunha das súas funcións, por iniciativa propia do/a Director/a ou a petición do 259o dos seus membros. Serán convocadas polo/a Director/a, e incluirán na orde do día os puntos propostos por quen solicite a convocatoria.

Art. 22.-

Na orde do día das sesións ordinarias teñen que figurar como puntos a aprobación da acta ou actas anteriores, así como os asuntos de trámite, rogos e preguntas, e tamén aqueloutros solicitados polo 25% dos seus membros.

A convocatoria, coa orde do día da sesión ordinaria, ten que estar en poder dos membros do Consello Científico cunha antelación mínima de catro días hábiles, prazo no que tamén deberá estar ó seu dispor a documentación ou información relacionada directamente cos asuntos da convocatoria.

Art. 23.-

Poderán presentarse propostas de inclusión ou modificación de puntos da orde do día, se están presentes todos os membros do Consello Científico e a decisión adoitase por maioría.

Art. 24.-

As sesións do Consello Científico quedan constituídas validamente en primeira convocatoria ó estaren presentes a metade mais un dos seus membros e, en segunda, cun terzo dos seus membros.

Art. 25.-

A Comisión Permanente está integrada polo/a director/a, o/a secretario/a, e dous investigadores vinculados ao Idega que sexan membros do Consello Científico e elixidos Regulamento de réxime interno por este.

Reúnese por convocatoria do/a director/a e baixo a súa presidencia, e actuará como secretario/a o do IDEGA, que levantará a acta dos acordos tomados. Estas actas daranse a coñecer ó Consello nas súas reunións periódicas.

Art. 26.-

Son funcións da Comisión Permanente:

a) Colaborar co/a director/a e co/a secretario/a na dirección e o goberno ordinario do Instituto.

b) Aplicar as liñas xerais aprobadas anualmente na programación de actividades e orzamentos do Instituto.

c) Presentarlles propostas ó Consello Científico en materias de competencia deste.

d) Emitirinformes sobre as actividades docentes e investigadoras do Instituto.

e) Aquelas outras competencias que lle delegue expresamente o Consello Científico.

Art. 27. -

A persoa que exerza de Director ou Directora do IDEGA será elixida entre o persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela co título de doutor e vinculación permanente á Universidade, e vinculación formal ao IDEGA; exercerá a representación deste así como as funcións de dirección e xestión ordinaria.

Art. 28. -

A persoa que exerza a dirección do Instituto será elixido pola Xunta de Goberno, tras a proposta do Consello Científico.

1. A sesión do Consello Científico na que se elixirá director/a será convocada con carácter extraordinario con ese único punto na orde do día e, para estar validamente constituído, requirirase a metade mais un dos seus membros totais. A elección de director/a requirirá dos votos favorables de cando menos 2/3 dos presentes.

2. O/a director/a será nomeado por catro anos e non poderá ocupar o cargo máis de dous mandatos consecutivos. Tanto a súa elección como o seu cesamento rexerase polo preceptuado para os/as Directores/as de Departamento e Institutos desta Universidade.

Art. 29.-

Correspóndelle ó director/a do IDEGA:

a) A convocatoria e a presidencia do Consello Científico, a execución dos seus acordos e a súa representación perante o Consello de Goberno da USC.

b) A representación do Instituto no ámbito da súa competencia.

c) A elaboración das propostas de orzamento e a programación do Instituto.

d) A redacción da memoria de actividades e a memoria económica.

e) A proposta ao Reitor para o nomeamento da persoa que exerza como secretario.

f) A autorización dos gastos dentro do orzamento anual. Convocar e presidi-las reunións do Consello Científico e executar Os seus acordos.

Art. 30.-

A persoa que exerza como Secretario/a do IDEGA é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do Instituto e, como tal, ten encomendada a custodia das actas e a expedición de certificacións dos acordos e de todos os actos ou feitos que consten nos documentos oficiais do Instituto. Ademais, exercerá aqueloutras funcións que lle encomende o/a Director/a de acordo coa a lexislación vixente e os Estatutos da USC.

O/a secretario/a será nomeado/a polo Reitor, logo da proposta do Director/a, de entre o persoal científico do IDEGA que reúna os requisitos establecidos no artigo 71 dos Estatutos da USC ou os funcionarios dos subgrupos A1 e A2 que presten servizos no IDEGA.

TÍTULO V: A COMISIÓN ASESORA EXTERNA

Art. 31.-

A Comisión Asesora Externa será un órgano asesor integrado por científicos de prestixio no ámbito de actuación do Instituto. Será designada polo Reitor a proposta da Xunta de Goberno do Instituto que establecerá o seu réxime de funcionamento.

Art. 32.-

A designación dos membros da Comisión Asesora Externa farase por un período de catro anos, renovables.

Art. 33.-

Serán funcións da Comisión Asesora Externa as seguintes:

a) Asesorar á Xunta de Goberno e ao Director/a do Instituto sobre a definición temática e orientación da investigación a desenvolver no Instituto así como sobre calquera outro aspecto que se considere oportuno.

b) Asistir á dirección e á Xunta de Goberno sobre o seguimento da evolución da investigación e do centro e da transferencia dos resultados da investigación.

c) Avaliar periodicamente a actividade científica dos grupos dos investigadores vinculados ao Instituto, e emitir os correspondentes informes de valoración.

d) Informar sobre o interese da vinculación de novos investigadores ao Instituto.

TÍTULO VI: DO RÉXIME ECONÓMICO E DOS MEDIOS MATERIAIS

Art. 34.-

O IDEGA terá orzamento propio de ingresos e gastos, que se integrará no Orzamento Xeral da Universidade.

Art. 35.-

A proposta de distribución do orzamento será elaborada anualmente polo/a director/a e, despois de recibir o informe do Consello Científico, someterase á aprobación da Xunta de Goberno. Cos mesmos requisitos procederase á aprobación da liquidación do orzamento.

Art. 36.-

Serán ingresos do IDEGA:

a) As cantidades que no orzamento da Universidade se lle adscriban anualmente.

b) As cantidades que poidan derivarse de publicacións, así como de calquera servicio a entidades públicas ou privadas, e persoas físicas.

c) As cantidades recibidas en concepto de proxectos, convenios, contratos, infraestrutura e axuda á investigación.

d) As subvencións, doazóns, legados e axudas de todo tipo outorgadas por entidades públicas ou privadas e persoas naturais.

Art. 37.-

A instrumentación científica e demais medios materiais adquiridos polo IDEGA e os seus investigadores estarán inventariados no IDEGA, formando parte do patrimonio da Universidade. Existirá un inventario sempre actualizado de tódolos medios dispoñibles.

TÍTULO VI: DA REFORMA DO REGULAMENTO

Art. 38.-

As propostas de modificación do presente Regulamento compétenlle á Xunta de Goberno do IDEGA, sempre de acordo cos Estatutos da Universidade.

Art. 39.-

Calquera proposta de modificación do Regulamento deberá constar na orde do día da convocatoria da sesión da Xunta de Goberno do IDEGA, e expresarase nela mesma o artigo ou artigos que se propón reformar.

Art. 40.-

A proposta de modificación deberá ir avalada por 1/3 dos membros da Xunta de Goberno, e requirirá unha maioría de 2/3 dos membros para a súa aprobación.

Art. 41.-

A reforma aprobada pola Xunta de Goberno do IDEGA deberá ser presentada á Xunta de Goberno da Universidade para a súa ratificación.

Disposición transitoria

A adaptación deste Regulamento seguirá o previsto na disposición transitoria do Regulamento de Creación e Xestión de Institutos de Investigación da USC, aprobado polo Consello de Goberno da Universidade na sesión ordinaria celebrada o 31 de xaneiro de 2018.

Disposición final

O presente Regulamento entrará en vigor coa publicación no taboleiro electrónico da USC logo da aprobación polo Consello de Goberno da Universidade.

Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.

Volver