Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral

NORMA CONSOLIDADA

Publicado en: USCP 0270
Departamento: Consejo de Gobierno
Estado: En vigor

  

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 1

1. O Departamento de Lingua e Literatura Españolas. Teoría da Literatura e Lingúística Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (USC) rexerase polo presente Regulamento no marco do lexislado na Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, pola lei 6/2013. do 13 de xuño do Sistema Universitario de Galicia e mais polo disposto nos Estatutos da USC e demais disposicións normativas que lle sexan de aplicación.

2.Todo o persoal docente e/ou investigador vinculado ao Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingúística Xeral estará suxeito ao presente Regulamento.

Artigo 2

1. O Departamento de Lingua e Literatura Españolas. Teoría da Literatura e Lingúística Xeral agrupa. de acordo co establecido no artigo 48.2 dos Estatutos da USC. a todo o persoal docente e investigador pertencente ás áreas de coñecemento de Lingua Española. Literatura Española, Teoría da Literatura e Literatura Comparada e Lingúística Xeral.

2. O Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingúística Xeral é o órgano encargado, en todos os centros da Universidade. da programación, desenvolvemento e seguimento do ensino das materias propias das áreas de coñecemento que o integran, da formación do persoal docente e investigador vinculado a ditas áreas e€ mais da coordinación da actividade docente e investigadora realizada polos seus membros.

Artigo 3

1. O Departamento de Lingua e Literatura Españolas. Teoría da Literatura e Lingúística Xeral adscríbese á Facultade de Filoloxía, onde estará a súa sede.

2. O Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingúística Xeral participa da estrutura bicampus propia da USC e, en consecuencia, procurará acomodar o seu funcionamento a esta circunstancia.

TÍTULO I. DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DO DEPARTAMENTO

Artigo 4

1. Son órganos de dirección do Departamento:

a. O Consello de Departamento.

b. O/a Director/a.

c. O/a Secretario/a.

2. O Departamento. en atención ao establecido no artigo 3.2. contará tamén coa figura de Coordinador/a no Campus de Lugo.

CAPÍTULO I. DO CONSELLO DE DEPARTAMENTO

Artigo 5. Composición do Consello de Departamento

1. O Consello de Departamento estará composto:

a. Polos/as doutores/as membros das áreas que integran o Departamento.

b. Por unha representación do resto do persoal docente e investigador e persoal investigador en formación, que non excederá o 10% do total de membros.

c. Por unha representación do alumnado do ámbito de docencia do Departamento, que suporá o 25% do total dos membros do Consello de Departamento. Desta porcentaxe o 10% corresponderá ao alumnado de grao e mestrado e o 15% ao alumnado de doutoramento.

d. Por un/unha representante do persoal de administración e servizos.

Consonte coa disposición transitoria primeira dos vixentes Estatutos da USC, o persoal dos corpos docentes universitarios e o profesorado colaborador sen título de doutor seguirá a formar parte dos consellos de departamento mentres na Universidade de Santiago de Compostela continúe a haber persoas pertencentes ás ditas categorías de persoal docente.

2. A elección dos/as representantes no Consello de Departamento rexerase polo establecido nos Estatutos da Universidade e pola normativa específica vixente. Todos/as os/as representantes elixidos/as serano por dous anos. agás os/as estudantes, que o serán por un ano. A condición de membro do Consello perderase ao cesar a vinculación co Departamento ou ao deixar de cumprir os requisitos demandados ao sector polo cal foi elixido.

Artigo 6. Funcións do Consello de Departamento

Son funcións do Consello de Departamento:

a. A elección do/a Director/a e. de ser o caso. a proposta ao/á Reitor/a da súa remoción mediante moción de censura construtiva que, en todo caso, deberá ser aprobada por maioría absoluta dos membros do Consello de Departamento, segundo o establecido nos Estatutos da USC.

b. A planificación e coordinación da actividade docente do Departamento.

c. O apoio á actividade investigadora, nos termos establecidos no artigo 49, alínea b). dos Estatutos da USC.

d. O rexistro actualizado da produción científica e da actividade investigadora do Departamento.

e. A aprobación de programas docentes e sistemas de avaliación das materias das que sexa responsable.

f. A formulación das demandas de profesorado, de acordo coas necesidades docentes, dos programas de investigación e de doutoramento e a información sobre a procedencia do mantemento, minoración ou cambio de denominación ou categoría dunha praza.

g. A solicitude de convocatoria a concurso de prazas de corpos universitarios e persoal docente contratado, así como as propostas dos membros das comisións correspondentes. consonte a lexislación vixente e os Estatutos da USC.

h. A presentación nos órganos competentes de solicitudes de nomeamento de profesorado emérito e de doutores/as honoris causa, acompañadas dos preceptivos informes.

i. A emisión dos informes preceptivos sobre a actividade docente e investigadora do seu profesorado e persoal investigador ou sobre o rendemento académico do seu alumnado, así como a elaboración doutros informes que lle sexan solicitados por outras instancias universitarias en asuntos da súa competencia.

j. A promoción do perfeccionamento da docencia.

k. A distribución das cantidades asignadas e dispoñibles polo Departamento.

l. A creación de comisións delegadas para o mellor desenvolvemento das súas funcións.

m. A aprobación da organización de seminarios. conferencias, cursos ou congresos nos que teña algunha participación.

n. A proposta ou designación, de entre os seus membros. das persoas que representen o Departamento en comisións e en actividades en que o Departamento participe.

o. A elaboración e a proposta de reforma e aprobación do seu Regulamento de Réxime Interno.

p. Calquera outra competencia que, á marxe do establecido por este Regulamento, lle atribúan os Estatutos da Universidade ou a lexislación vixente.

Artigo 7. Funcionamento do Consello de Departamento

1. O Consello de Departamento reunirase por iniciativa da dirección ou por pedimento dun terzo dos seus membros. Realizará. polo menos. tres sesións ordinarias durante o curso académico en período lectivo.

2.As reunións do Consello de Departamento serán convocadas con polo menos dous días de antelación. No caso de convocatorias do Consello a pedimento dun terzo dos seus membros, a sesión celebrarase nos dez días lectivos seguintes ao citado pedimento.

3. As convocatorias do Consello coa orde do día remitiranse. por vía electrónica e/ou en papel, aos lugares habituais de traballo dos seus membros.

4. Figurarán tamén como puntos da orde do día aqueles que fosen solicitados por un quinto dos membros do Consello. como mínimo, sempre que a solicitude fose realizada con anterioridade á remisión da convocatoria. En caso contrario. figurarán na orde do día do seguinte consello ordinario.

5. A documentación que proceda, correspondente aos asuntos a tratar na sesión, porase a disposición dos membros do Consello do Departamento desde o mesmo día da convocatoria.

6. Para a constitución válida do Consello en primeira convocatoria será necesaria a presenza da metade dos seus membros, debendo estar presentes o/a Director/a e mais o/a Secretario/a ou as persoas que os substitúan. De non existir quórum, o Consello constituirase en segunda convocatoria media hora despois da sinalada para a primeira, sempre que estean presentes a cuarta parte dos seus membros, incluídos o/a Director/a e mais o/a Secretario/a ou as persoas que os substitúan. Este quórum poderá reclamarse antes de calquera votación. De non haber quórum, terá que realizarse unha nova convocatoria do Consello ou adiarse a votación que non cumpra este requisito para outro Consello.

7. A iniciativa razoada do/a Director/a. da Comisión Permanente ou dun quinto dos membros do Departamento, a dirección do Departamento poderá convocar a calquera persoa allea ao Consello, sexa ou non membro do Departamento, para que asista á discusión dalgún punto específico da orde do día prevista na convocatoria. Nesta circunstancia, a persoa invitada contará con voz pero non con volo e deberá ausentarse necesariamente en caso de votación.

Artigo 8. Réxime de acordos do Consello de Departamento

1. O Consello de Departamento e as Comisións Delegadas adoptarán os seus acordos por algún dos procedementos seguintes:

a. Por asentimento. Unha proposta entenderase aprobada se, unha vez enunciada polo/a Director/a (ou pola presidencia da Comisión, no seu caso), ningún dos/as asistentes manifesta reparo ou oposición á mesma.

b. Por maioría simple, sen prexuízo das maiorías especiais que establece este Regulamento.

2. A votación será secreta cando afecte a persoas ou cando así o solicite calquera membro do Consello presente na sesión. Nos demais casos será pública.

3. En caso de empate, despois dunha quenda de intervención limitada a un/ unha dos/as promotores/as de cada proposta. procederase a unha nova votación. De persistir a igualdade. decidirá o voto de calidade da persoa que exerza como presidente/a.

4. O voto dos membros do Consello, da Comisión Permanente ou do resto das comisións é persoal e indelegable, e non se admitirá o voto por correo, o voto anticipado nin o voto delegado.

Artigo 9. Actas das sesións

1. O/a Secretario/a do Departamento levantará acta de cada sesión do Consello. De non poder asistir. o/a Director/a designará a quen desenvolva a súa función.

2. As actas, en papel ou versión electrónica non modificable, estarán baixo a custodia do/a Secretario/a, e á disposición de calquera membro do Departamento para a súa consulta desde o momento de realizar a convocatoria da seguinte sesión do Consello.

CAPÍTULO II. DO/A DIRECTOR/A E DO/A SECRETARIO/A DO DEPARTAMENTO

Artigo 10. Do/a Director/a

1. O/a Director/a representa o Departamento. exerce a súa dirección. preside a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos.

2. O/a Director/a do Departamento será elixido polo Consello de Departamento de entre os seus membros, de acordo co disposto nos Estatutos da Universidade e no Regulamento Electoral Xeral da USC, e será nomeado polo/a Reitor/a.

3. O/a Director/a do Departamento cesará no seu cargo polas seguintes causas:

a. Finalización do seu mandato.

b. Dimisión.

c. Moción de censura, asinada por un terzo dos membros do Consello, que debe incluír un/unha candidato/a alternativo/a e que terá que ser aprobada pola maioría absoluta dos membros do Consello.

d. Disolución do Departamento.

4. En caso de ausencia ou enfermidade, o/a Director/a será substituído/a, con carácter accidental, polo membro do Departamento de maior categoría e antiguidade que sexa profesor/a doutor/a con vinculación permanente á Universidade.

Artigo 11. Competencias do/a Director/a

1. Son competencias da dirección do Departamento:

a. A presidencia e a convocatoria do Consello de Departamento.

b. A execución dos acordos adoptados polo Consello de Departamento e a vixilancia do seu cumprimento.

c. A organización e a coordinación, de acordo co Consello de Departamento, dos medios persoais e materiais dos que se dispoña para cumprir os obxectivos investigadores e docentes.

d. A execución das previsións orzamentarias.

e. A proposta ao/á Reitora do nomeamento de Secretario/a do Departamento.

2. As competencias da dirección do Departamento esténdense a todos os asuntos relacionados co goberno e a administración do Departamento, de non seren atribuídos a outros órganos.

Artigo 12. Do/a Secretario/a

1. O/a Secretario/a do Departamento é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do Departamento e, como tal, ten encomendada a custodia das actas e a expedición das certificacións dos acordos e de todos os actos que consten nos documentos oficiais do Departamento. Ademais, exercerá aquelas outras funcións que lle delegue o/a Director/a ou lle encomende a lexislación ou os Estatutos.

2. O/a Secretario/a será nomeado/a polo/a Reitor/a, segundo a proposta do/a Decano/a ou Director/a, de entre os/as profesores/as ou funcionarios/as dos subgrupos A1 e A2 censados no centro.

3. O/a Secretario/a cesará por decisión do/a Reitor/a, logo da proposta do/a Director/a do Departamento ou por petición propia.

Artigo 13. Do/a Coordinador/a no Campus de Lugo

1. O/a Coordinador/a do Departamento no Campus de Lugo poderá representar á dirección do Departamento ante os/as directores/as dos centros e os membros do equipo de goberno especificamente vinculados a ese Campus. Ademais terá encomendada a coordinación do Departamento en Lugo tanto nas actividades docentes como de investigación.

2. As funcións de coordinación no Campus de Lugo serán desempeñadas por un membro do Consello, cuxa actividade docente e investigadora se desenvolva fundamentalmente nese Campus. a proposta da dirección do Departamento e co referendo do pleno do Consello.

TÍTULO II. DA ORGANIZACIÓN E DO FUNCIONAMENTO DO DEPARTAMENTO

CAPÍTULO I. DA COMISIÓN PERMANENTE

Artigo 14. Comisión Permanente

1. A Comisión Permanente do Departamento estará composta por:

a. O/a Director/a.

b. O/a Secretario/a.

c. O/a coordinador/a do Departamento no Campus de Lugo.

d. Seis membros do Consello, elixidos polo sector correspondente, repartidos da maneira seguinte:

• Catro profesores/as ou investigadores/as doutores/as, un/unha por cada unha das áreas integradas no Departamento.

• Dous/dúas representantes do alumnado do ámbito de docencia do Departamento.

e. Un/unha representante do persoal de administración e servizos.

2. Son competencias da Comisión Permanente:

a. Aprobar asuntos de trámite ou de carácter urxente.

b. Pronunciarse sobre todos aqueles asuntos que o/a Director/a e o Consello sometan á súa consideración.

3. A Comisión Permanente renovarase cada dous anos. En caso de que nese período algún dos seus membros perda a condición pola que foi elixido ou cese por petición propia. será substituído de acordo co previsto nos apartados anteriores.

4. As sesións da Comisión Permanente serán convocadas cunha antelación mínima de dous días.

5. Quen desempeñe as funcións de Secretario/a do Departamento levantará acta das sesións da Comisión Permanente.

6. O Consello do Departamento deberá ser informado por escrito de todos os asuntos tratados na Comisión Permanente.

CAPÍTULO II. DAS COMISIÓNS DELEGADAS E DOS/DAS COORDINADORES/AS

Artigo 15. Comisións e coordinacións

1. No Departamento constituirase unha Comisión Delegada por cada unha das áreas de coñecemento que o integran.

2. O Consello de Departamento poderá crear, por outra parte. as coordinacións e as Comisións Delegadas que considere oportunas para o mellor desenvolvemento das súas funcións.

3. Todas as decisións delegadas deberán ser ratificadas polo Consello de Departamento para a súa aprobación definitiva.

Artigo 16. As Comisións de área do Departamento

1. Os membros do Departamento con encargo docente ou labores específicos de investigación (profesores/as e investigadores/as en formación) nas áreas de Lingua Española, de Literatura Española, de Teoría da Literatura e Literatura Comparada e de Lingúística Xeral pertencen ás respectivas Comisións de área.

2. Os/as Coordinadores/as das Comisións de área serán elixidos/as, por períodos de dous anos renovables, polas Comisións respectivas e ratificados/as polo Consello de Departamento.

3. Os/as Coordinadores/as convocan, por iniciativa propia ou por pedimento do Consello ou do/a Director/a, presiden as reunións das respectivas Comisións e elaboran os informes que lles sexan requiridos. En circunstancias extraordinarias e debidamente xustificadas, a dirección do Departamento poderá tomar a iniciativa da convocatoria.

4. As Comisións de área serán as encargadas de revisar a PDA, de elaborar as propostas de POD e de revisar os programas das materias adscritas á área para a súa aprobación en Consello de Departamento; así mesmo, coordinarán a docencia no seu ámbito e, en xeral, todos os asuntos que afecten especificamente a cada área. Estas atribucións, na medida en que se inscriban no ámbito do Departamento, están sempre supeditadas á decisión última do Consello.

CAPÍTULO III. DAS COMUNICACIÓNS

Artigo 17. Das comunicacións por vía electrónica

1. As comunicacións de convocatorias, acordos e informacións que atinxan ao Departamento e aos seus membros faranse por correo electrónico desde o enderezo electrónico oficial da Secretaría do Departamento.

2. Para aqueles asuntos que non sexan competencia directa do Consello nin dalgunha das Comisións Delegadas. a dirección ou a presidencia das Comisións Delegadas poderá consultar por vía electrónica a opinión dos membros do Departamento.

TÍTULO III. DA DOCENCIA

Artigo 18. Da actividade docente

1. O Departamento promoverá. como un dos seus obxectivos fundamentais. unha docencia de calidade dirixida á formación integral e crítica do alumnado e á preparación para o exercicio da súa actividade profesional. Así mesmo, garantirá a integración das persoas con diversidade funcional.

2. O Departamento é responsable da programación, desenvolvemento e seguimento das materias adscritas ás áreas de coñecemento pertencentes ao mesmo, de acordo coas previsións dos plans de estudo. así como cos criterios xerais emanados da Universidade. O Consello de Departamento aprobará, se procede, a proposta de planificación que cada área faga da súa actividade docente no marco que estableza a Universidade para cada curso académico.

3. O Departamento velará por que o persoal en formación desenvolva as tarefas docentes segundo os dereitos e obrigas que se deriven do seu contrato.

TÍTULO IV. DA INVESTIGACIÓN

Artigo 19. Da actividade investigadora

1. O Departamento fomentará a constitución ou integración en grupos e redes de investigación dos seus membros. As relacións entre o Departamento e tales grupos ou redes adecuaranse á normativa que a tal efecto aprobe o Consello de Goberno da USC.

2. O Departamento, ou o seu profesorado a través deste. poderá promover contratos con entidades públicas ou privadas ou con persoas físicas para a realización de traballos de carácter científico ou técnico e tamén para o desenvolvemento de cursos de especialización, formación ou perfeccionamento. acordes coas normas e procedementos establecidos pola USC.

TÍTULO V. DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 20. Da reforma do Regulamento

1. A reforma do Regulamento de Réxime Interno do Departamento poderá ser promovida polo/a Director/a ou por un quinto dos membros do Consello de Departamento, mediante escrito motivado dirixido ao/á Director/a do Departamento no que se especifique o artigo ou artigos que se pretende modificar e mais o texto alternativo proposto.

2. A proposta darase a coñecer a todos os membros do Departamento, dando un prazo mínimo de quince días lectivos para a presentación de emendas. A proposta de reforma, xunto coas emendas recibidas, incluirase como punto da orde do día na seguinte sesión ordinaria do Consello. A aprobación do proxecto de reforma deste Regulamento requirirá o voto favorable da maioría absoluta do Consello de Departamento.

Disposición final

O presente Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da publicación no taboleiro electrónico da USC trala ratificación polo Consello de Goberno da USC.

Este documento es de carácter informativo y no tiene valor jurídico. Está elaborado únicamente a partir de las normas publicadas en Lex.gal. Consulte la información contenida al respeto en la sección de preguntas frecuentes.

Volver