Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de Internet LEX.GAL: DEREITO GALEGO CONSOLIDADO (en diante Lex.gal) que o Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia poñen a disposición dos usuarios e usuarias de Internet. Xunto a estas disposicións son de aplicación a este portal as disposicións contidas no aviso legal do dominio de segundo nivel “xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O dominio http://www.lex.gal en Internet é da titularidade da Xunta de Galicia. Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son cotitularidade do Parlamento de Galicia, da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante, os propietarios do portal).

O contido facilitado a través deste portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade oficial das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Non obstante, a información contida no portal foi obtida das correspondentes publicacións oficiais e é permanentemente actualizada, ben que non se garante a inexistencia de erros no contido deste portal, nin que se atope totalmente actualizado.

Os titulares do portal reservan para si o dereito a realizaren cambios no devandito dominio sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos daquel ou cambiar o seu deseño.

Os titulares do portal non se fan responsables dos danos e perdas que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas nel, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

Os titulares do portal prohiben expresamente a realización de framings ou a utilización por parte de terceiros de calquera outro mecanismo que altere o deseño, configuración orixinal ou contidos da súa sede electrónica.

Os usuarios que se propoñan establecer un hiperenlace entre a súa páxina web e a do portal lex.gal deberán ter en conta o seguinte:

  • O establecemento do hiperenlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre os propietarios do portal e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte daqueles dos seus contidos ou servizos. Por tanto, non se declarará nin se dará a entender que os propietarios do portal autorizaron expresamente o hiperenlace nin que supervisaron ou asumiron de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web desde a que se establece o hiperenlace.
  • Os propietarios do portal non se responsabilizan de ningún modo nin garanten a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento do hiperenlace poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web do hiperenlace.
  • A páxina web na que se estableza o hiperenlace non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, eslogan ou outros signos distintivos pertencentes aos propietarios do portal, excepto aqueles signos que formen parte do mesmo hiperenlace.
  • A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá información con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.

Reutilización da información do portal

As condicións xerais de reutilización dos documentos aloxados no portal Lex.gal, que a seguir se relacionan, vinculan calquera persoa física ou xurídica (en diante, axente reutilizador) que, con fins comerciais ou non, reutilice información procedente daquel, polo mero feito de facelo.

Está permitido:

  • A copia e difusión da información aquí contida.
  • A modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.
  • A reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación, necesaria para desenvolver a actividade de reutilización autorizada, en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e polo prazo máximo permitido pola lei.

Baixo estas condicións:

  • Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
  • Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita poderá realizarse da seguinte maneira: «Orixe dos documentos: Lex.gal».
  • Debe mencionarse a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre e cando estea incluída no documento orixinal.
  • Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que a Xunta de Galicia participa, patrocina ou apoia a reutilización que se leve a cabo con ela.
  • Deben conservarse, non alterarse nin suprimirse os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicables incluídos, de ser o caso, no documento posto á disposición para a súa reutilización.
  • Respectarase o marco lexislativo vixente e, en particular, todo o disposto na Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal (LO 15/1999) e na Lei da propiedade intelectual (Texto refundido no RDL 1/1996).

Non están incluídos nas condicións de reutilización os seguintes documentos:

  • Dominios, logotipos e elementos gráficos e a súa forma de presentación.
  • Elementos cuxa propiedade intelectual pertence ou está compartida con terceiros.

Exención de responsabilidade

  • A utilización dos conxuntos de datos realizarase por parte dos usuarios baixo a súa propia conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a eles responder fronte a terceiros por danos que puideren derivarse dela.
  • Os propietarios do portal non serán responsables do uso que da súa información fagan os axentes reutilizadores nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada.
  • Os propietarios do portal non garanten a continuidade –aínda que tratará de mantela– na posta á disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles.
  • O axente reutilizador áchase sometido á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.